DOCUMENTO ADXUNTO LINGUA GALEGA (Del 14 al 30 de ......c) do d) nesta e) cos f) polas g) neses h)...

Post on 20-Feb-2021

1 views 0 download

Transcript of DOCUMENTO ADXUNTO LINGUA GALEGA (Del 14 al 30 de ......c) do d) nesta e) cos f) polas g) neses h)...

  • DOCUMENTO ADXUNTO LINGUA GALEGA (Del 14 al 30 de abril)

    Martes, 14 de abril de 2020.

    ROSCO DE PASAPALABRA – Debuxa o teu rosco aquí.

    A – As palabras o, a, os , as son ______________________

    B – Extremidade do corpo que vai dende o ombreiro ata a man __________________

    C- Signo de puntuación que se usa para separar os elementos dunha enumeración.

    D- Monumento prehistórico de pedra, en forma de mesa xigantesca ___________________

    E- Fallo, equivocación. _____________________

    F - Conxunto formado por unha palabra e todas as que se forman a partir dela. ___________

    G - Lingua propia de Galicia. ____________________

    H- Papel que se usa no retrete _______________________

    I- Adxectivos que non varían, é dicir, que se usan igual para masculino que para feminino.

    _________________________

    L- Electrodoméstico para lavar os pratos, vasos, tarteiras … _______________________

    M- Prefixo da palabra minisaia. ______________________

    N- Dous, oitavo, catro, vinte e sete, etc., son determinantes… ____________________

    Ñ- Contén o ñ. Árbore que dá castañas. ________________________

    O- Punto cardinal oposto ao Leste. ______________________

    P- Elemento que se engade ao principio das palabras para formar outras novas. ___________

  • Q- Pequeno establecemento instalado ao aire libre para a venda de periódicos, caramelos etc.

    ________________________

    R- Tempo entre clases que teñen os nenos no colexio para xogar. ____________________

    S- Numeral ordinal que vén despois do quinto. _________________

    T- Conxunto de cousas moi valiosas gardadas nun cofre. _______________________

    U- Conxunto pezas de roupa, todas iguais, que levan os alumnos dun colexio, os traballadores dunha empresa,

    etc. ______________________

    V- Número cardinal que vén despois de dezanove. ____________________

    X- Personaxe que está dentro dunha lámpada marabillosa e que concede desexos. _____________

    Z- Establecemento onde venden zapatos. ____________________

    Mércores, 15 de abril de 2020

    AUTOAVALIACIÓN

    1. Sinala o que corresponda en cada caso: Lévanse na cabeza: a) Lévanse na cabeza: petos – chapeu – cinto – pamela – chistera – sortella b) Son complementos da roupa: bolso – camisa – gravata – gabardina – xoias – pantalón c) Son pezas de roupa interior: abrigo – calzóns – medias – calcetíns – bragas – paraugas d) Lévanse nos pés: pantuflas – luvas – zocos – saia – tenis – mandil 2. Indica cales das seguintes palabras conteñen sufixos: a) anteollos b) vestiario c) calzador d) roupa e) suadoiro f) batín g) minisaia h) camisola 3. Na seguinte lista, sinala só os artigos: a) unha b) este c) aqueles d) o e) as f) esa g) un h) os 4. Localiza os artigos determinados: a) un b) a c) uns d) o e) as f) unhas g) unha h) os 5. Identifica as contraccións de preposición e artigo: a) daquel b) nuns

  • c) do d) nesta e) cos f) polas g) neses h) cunha 6. Marca as oracións que conteñen demostrativos: a) Este xersei dáme moita calor; prefiro poñer esa chaqueta. b) Garda a roupa no armario. c) Non me gusta nada aquela moda dos anos setenta. d) Queres probar ese pantalón, o do escaparate? e) O chándal do equipo é de cor azul. 7. Sinala as palabras en que o x soa como en xamón: a) maxia b) éxito c) xeito d) saxofón e) baixo f) extintor g) xoaniña h) excursión i) xuntar l) texto m) caxato n) galaxia 8. Sinala as palabras en que o x soa como en éxito: a) exclamar b) xeado c) exame d) xornal e) flexible f) conxunto g) máximo h) xirafa i) exposición l) laranxa m) próximo n) xullo 9. Elixe a palabra que corresponde a cada definición: a) Peza de vestir exterior masculina con mangas, corpo cinguido ata a cintura e faldróns que chegan ata os xeonllos: chaleco – chuvasqueiro – levita – capa b) Peza de roupa impermeable para protexerse da chuvia: chaquetón – gabardina – catiúscas – cazadora c) Peza de roupa que se pon por riba doutras pezas para non manchalas: capote – carapucha – mandil – bata d) Peza do vestiario para cubrir a man, dedo por dedo: manga – calcetín – luva – manopla 10. Indica cales dos seguintes títulos corresponden a contos populares: a) A contar ovellas. b) Carapuchiña Vermella. c) Cama e conto. d) Os tres porquiños. e) Eu conto, ti cantas… f) O lobo e os sete cabuxos. 11. Cales dos seguintes elementos podes atopar nun parque infantil? a) encerado b) randeeira c) lavalouza d) tobogán e) cabalgata

  • f) papeleira g) xampú h) fonte i) fregadoiro l) areeiro m) videoconsola n) balancín 12. Marca as palabras que pertencen á mesma familia: a) andar: andaina – desandar – andadeiro – andador – andadura – camiñar b) neno: nenez – neneiro – anenar – anaina – nenada – rapaz c) flor: planta – floreiro – aflorar – flora – florecer – floreado d) rama: ramo – ramallete – ramallada – enramar – ramaxe – árbore 13. Sinala as frases que conteñen posesivos: a) o meu can b) catro árbores c) a súa casa d) décimo posto e) o voso mestre f) dúas veces g) as túas lentes h) uns amigos i) os nosos cartos 14. Relaciona cada número co numeral correspondente: a) 22: vintena – vinte e dous – vintedous b) 8.º: oito – oitavo – dezaoito c) 12: decena – doceavo – doce – duodécimo d) 19: dez e nove – noveno – noventa – dezanove 15. Indica cales das seguintes palabras son determinantes: a) demostrativos b) adxectivos c) nomes d) artigos e) posesivos f) numerais 16. Escolle a palabra con b que corresponde a cada definición: a) Persoa que non sabe estar moito tempo quieta: bruta – bulebule – burbulla b) Conxunto de liñas mal feitas, que non representan nada: barullo – garabato – debuxo c) Antónimo de cheo: baleiro – abarrotado – abondo d) Bóla de fío enrolado: balón – nobelo – burato 17. Identifica as características propias dun texto que contén normas: a) Adoita expresarse con fórmular do tipo: «Rógase…», «Está permitido…», «Non se permite…», etc. b) Normalmente, é un escrito moi longo de carácter literario. c) Pode incluír prohibicións. d) Non ten una finalidade concreta. e) Expresa as regras que hai que seguir de maneira ordenada. f) A linguaxe utilizada é sinxela, clara e de oracións breves. 18. Indica cales dos seguintes textos adoitan conter normas: a) A lista da compra. b) Un manual de seguridade viaria. c) Un cómic. d) As leis. e) A descrición dunha paisaxe. f) O regulamento arbitral. 19. A diferenza doutro tipo de poemas, que é o característico dos poemas narrativos? Sinala a resposta correcta: a) Que expresan os sentimentos do autor ou da autora. b) Que nunca están escritos en verso.

  • c) Que contan unha historia. 20. Cales dos seguintes elementos adoitan aparecer nun poema narrativo? a) narrador b) decorado c) cuestionario d) personaxes e) diálogo f) regulamento g) rima h) esquema

  • Xoves, 16 de abril de 2020 – Comprensión lectora.

  • Luns, 20 de abril. – LEMOS POESÍA – CANCIÓNS DE BERCE

    1. Completa cada definición cunha palabra do poema:

    ………………. : Cama de neno pequeño, que xeralmente se pode abanar.

    ………………. : Tecido moi suave cuberto de pelo curto e mesto.

    ………………. : Bolboreta nocturna que se sente atraída pola luz.

    ………………. : Arbusto con espiñas no que nacen as rosas.

    ………………. : Mover o berce para que un bebé durma.

  • 2. Agora relaciona cada ilustración cunha destas palabras: solpor , aurora.

    Agora defíneas coas túas palabras:

    A aurora é ….

    O solpor é …

    Martes, 21 de abril. – VOCABULARIO SOBRE O CEO

    ¿Canto recordamos de Ciencias Sociais?

    1. Completa as oracións coas palabras do debuxo anterior.

    Unha …………………… é un astro que brilla con luz propia.

    Un grupo de estrelas forma unha …………………………… .

    A galaxia onde está a Terra chámase ………………………. .

    Todos os ………………………. xiran ao redor do ………… .

    A ………… tarda catro semanas en dar unha volta arredor da Terra.

    O ……………………….. viaxa na ………………… espacial.

  • 2. Asocia cada expresión co significado que corresponda:

    ……………………….………… : Ser afortunado.

    …………………….…………… : Sentir unha dor moi aguda e intensa.

    …………………….…………… : Ir para a cama a pouco de anoitecer.

    ………………….……………… : Desexar o imposible.

    ……………………..…………... : Crerse superior aos demais.

    ……………………..…………... : Gabar ou eloxiar a alguén en exceso.

    Mércores, 22 de abril. – CAMPOS SEMÁNTICOS.

    1. Relaciona as imaxes cos nomes do recadro.

    A que campo semántico pertencen? …………………………………………………..

    2. Escribe catro palabras de cada campo semántico:

    A RÚA AS VIAXES A NOITE

    O CONXUNTO DE PALABRAS DA MESMA CLASE QUE SE REFIREN A

    UN MESMO TEMA FORMAN UN CAMPO SEMÁNTICO.

  • Xoves, 23 de abril – DÍA DO LIBRO – Tan só con leres un libro.

    Escoitamos a canción https://www.youtube.com/watch?v=j2zH7a3nAW0

    Nome algún dos animais que aparecen na canción:…..……………….................................

    …………………………………………………………………………………………………………….

    …………………………………………………………………………………………………………….

    Que personaxe da canción nos quere enfeitizar? ………………………………………………

    Onde atopou todo o que conta? …………………………………………………………………...

    Luns, 27 de abril. – OS PRONOMES PERSOAIS

    Permítennos substituír os nomes das persoas e dos animais. Poñamos uns exemplos:

    Alicia e Xosé xogan sempre no parque Eles xogan sempre no parque.

    Martín e mais eu somos curmáns Nós somos curmáns.

    1. Agora é a túa quenda! Substitúe o subliñado por un pronome persoal.

    Laura perdeu o autobús.

    O veciño de arriba ten un telescopio no balcón.

    A meniña chegou moi cansa de tanto andar.

    Meu avó e mais eu saímos cada tarde dar un paseo.

    Mónica e Helena viven en Ourense.

    Alberte e ti tedes os mesmos gustos.

    2. Localiza os pronomes persoais deste texto e rodéaos.

    Aínda que ti non me creas, dígoche que uns marcianos aterraron onte no xardín da miña

    casa. Meu irmán asustouse moito, pero eu baixei a saudalos. Eles estrañáronse un

    pouco ao principio, pero axiña colleron confianza e puxéronse a falar. Non lles entendín

    nada, porque non falan coma nós. Iso si: son ben simpáticos.

    https://www.youtube.com/watch?v=j2zH7a3nAW0

  • Martes, 28 de abril.

    No trimestre pasado falamos moito do Camiño de Santiago como parte da nosa cultura.

    1. Explícalle en lingua galega a algún membro da familia todo o que recordes deste

    tema.

    2. Na aula vimos unha credencial de peregrino. Recordas o que é? Le e elixe:

    a) Un documento que demostra os lugares polos que pasa un.

    b) Un permiso para entrar na catedral.

    c) Unha mochila con equipamento e alimentos.

    Mércores, 29 de abril. – Comprensión lectora: “O medo á escuridade”

    O medo é unha emoción normal e natural e todo o mundo ten medo algunha vez. Pero

    tamén é importante saber afrontar estes medos e superalos, en lugar de loitar por

    agochalos. Hoxe imos ler sobre o medo á escuridade.

    3

    https://www.google.es/url?sa=i&url=http%3A%2F%2Fnuestraclaseelisa.blogspot.com%2F2016%2F11%2Fel-monstruo-de-los-colores-miedo.html&psig=AOvVaw2WzbZWSn0bnYCsvW-agxjc&ust=1587334898668000&source=images&cd=vfe&ved=0CAIQjRxqFwoTCKDqnrmB8-gCFQAAAAAdAAAAABAJ

  • Xoves, 30 de abril – REPASO

    Sabemos que un arrolo é unha nana, un canto de berce para durmir aos bebés.

    Fai unha oración coa palabra “arrolo”.

    ……………………………………………………………………………………………………………….