DOCUMENTO ADXUNTO LINGUA GALEGA (Del 14 al 30 de ......c) do d) nesta e) cos f) polas g) neses h)...

14
DOCUMENTO ADXUNTO LINGUA GALEGA (Del 14 al 30 de abril) Martes, 14 de abril de 2020. ROSCO DE PASAPALABRA Debuxa o teu rosco aquí. A As palabras o, a, os , as son ______________________ B Extremidade do corpo que vai dende o ombreiro ata a man __________________ C- Signo de puntuación que se usa para separar os elementos dunha enumeración. D- Monumento prehistórico de pedra, en forma de mesa xigantesca ___________________ E- Fallo, equivocación. _____________________ F - Conxunto formado por unha palabra e todas as que se forman a partir dela. ___________ G - Lingua propia de Galicia. ____________________ H- Papel que se usa no retrete _______________________ I- Adxectivos que non varían, é dicir, que se usan igual para masculino que para feminino. _________________________ L- Electrodoméstico para lavar os pratos, vasos, tarteiras … _______________________ M- Prefixo da palabra minisaia. ______________________ N- Dous, oitavo, catro, vinte e sete, etc., son determinantes… ____________________ Ñ- Contén o ñ. Árbore que dá castañas. ________________________ O- Punto cardinal oposto ao Leste. ______________________ P- Elemento que se engade ao principio das palabras para formar outras novas. ___________

Transcript of DOCUMENTO ADXUNTO LINGUA GALEGA (Del 14 al 30 de ......c) do d) nesta e) cos f) polas g) neses h)...

  • DOCUMENTO ADXUNTO LINGUA GALEGA (Del 14 al 30 de abril)

    Martes, 14 de abril de 2020.

    ROSCO DE PASAPALABRA – Debuxa o teu rosco aquí.

    A – As palabras o, a, os , as son ______________________

    B – Extremidade do corpo que vai dende o ombreiro ata a man __________________

    C- Signo de puntuación que se usa para separar os elementos dunha enumeración.

    D- Monumento prehistórico de pedra, en forma de mesa xigantesca ___________________

    E- Fallo, equivocación. _____________________

    F - Conxunto formado por unha palabra e todas as que se forman a partir dela. ___________

    G - Lingua propia de Galicia. ____________________

    H- Papel que se usa no retrete _______________________

    I- Adxectivos que non varían, é dicir, que se usan igual para masculino que para feminino.

    _________________________

    L- Electrodoméstico para lavar os pratos, vasos, tarteiras … _______________________

    M- Prefixo da palabra minisaia. ______________________

    N- Dous, oitavo, catro, vinte e sete, etc., son determinantes… ____________________

    Ñ- Contén o ñ. Árbore que dá castañas. ________________________

    O- Punto cardinal oposto ao Leste. ______________________

    P- Elemento que se engade ao principio das palabras para formar outras novas. ___________

  • Q- Pequeno establecemento instalado ao aire libre para a venda de periódicos, caramelos etc.

    ________________________

    R- Tempo entre clases que teñen os nenos no colexio para xogar. ____________________

    S- Numeral ordinal que vén despois do quinto. _________________

    T- Conxunto de cousas moi valiosas gardadas nun cofre. _______________________

    U- Conxunto pezas de roupa, todas iguais, que levan os alumnos dun colexio, os traballadores dunha empresa,

    etc. ______________________

    V- Número cardinal que vén despois de dezanove. ____________________

    X- Personaxe que está dentro dunha lámpada marabillosa e que concede desexos. _____________

    Z- Establecemento onde venden zapatos. ____________________

    Mércores, 15 de abril de 2020

    AUTOAVALIACIÓN

    1. Sinala o que corresponda en cada caso: Lévanse na cabeza: a) Lévanse na cabeza: petos – chapeu – cinto – pamela – chistera – sortella b) Son complementos da roupa: bolso – camisa – gravata – gabardina – xoias – pantalón c) Son pezas de roupa interior: abrigo – calzóns – medias – calcetíns – bragas – paraugas d) Lévanse nos pés: pantuflas – luvas – zocos – saia – tenis – mandil 2. Indica cales das seguintes palabras conteñen sufixos: a) anteollos b) vestiario c) calzador d) roupa e) suadoiro f) batín g) minisaia h) camisola 3. Na seguinte lista, sinala só os artigos: a) unha b) este c) aqueles d) o e) as f) esa g) un h) os 4. Localiza os artigos determinados: a) un b) a c) uns d) o e) as f) unhas g) unha h) os 5. Identifica as contraccións de preposición e artigo: a) daquel b) nuns

  • c) do d) nesta e) cos f) polas g) neses h) cunha 6. Marca as oracións que conteñen demostrativos: a) Este xersei dáme moita calor; prefiro poñer esa chaqueta. b) Garda a roupa no armario. c) Non me gusta nada aquela moda dos anos setenta. d) Queres probar ese pantalón, o do escaparate? e) O chándal do equipo é de cor azul. 7. Sinala as palabras en que o x soa como en xamón: a) maxia b) éxito c) xeito d) saxofón e) baixo f) extintor g) xoaniña h) excursión i) xuntar l) texto m) caxato n) galaxia 8. Sinala as palabras en que o x soa como en éxito: a) exclamar b) xeado c) exame d) xornal e) flexible f) conxunto g) máximo h) xirafa i) exposición l) laranxa m) próximo n) xullo 9. Elixe a palabra que corresponde a cada definición: a) Peza de vestir exterior masculina con mangas, corpo cinguido ata a cintura e faldróns que chegan ata os xeonllos: chaleco – chuvasqueiro – levita – capa b) Peza de roupa impermeable para protexerse da chuvia: chaquetón – gabardina – catiúscas – cazadora c) Peza de roupa que se pon por riba doutras pezas para non manchalas: capote – carapucha – mandil – bata d) Peza do vestiario para cubrir a man, dedo por dedo: manga – calcetín – luva – manopla 10. Indica cales dos seguintes títulos corresponden a contos populares: a) A contar ovellas. b) Carapuchiña Vermella. c) Cama e conto. d) Os tres porquiños. e) Eu conto, ti cantas… f) O lobo e os sete cabuxos. 11. Cales dos seguintes elementos podes atopar nun parque infantil? a) encerado b) randeeira c) lavalouza d) tobogán e) cabalgata

  • f) papeleira g) xampú h) fonte i) fregadoiro l) areeiro m) videoconsola n) balancín 12. Marca as palabras que pertencen á mesma familia: a) andar: andaina – desandar – andadeiro – andador – andadura – camiñar b) neno: nenez – neneiro – anenar – anaina – nenada – rapaz c) flor: planta – floreiro – aflorar – flora – florecer – floreado d) rama: ramo – ramallete – ramallada – enramar – ramaxe – árbore 13. Sinala as frases que conteñen posesivos: a) o meu can b) catro árbores c) a súa casa d) décimo posto e) o voso mestre f) dúas veces g) as túas lentes h) uns amigos i) os nosos cartos 14. Relaciona cada número co numeral correspondente: a) 22: vintena – vinte e dous – vintedous b) 8.º: oito – oitavo – dezaoito c) 12: decena – doceavo – doce – duodécimo d) 19: dez e nove – noveno – noventa – dezanove 15. Indica cales das seguintes palabras son determinantes: a) demostrativos b) adxectivos c) nomes d) artigos e) posesivos f) numerais 16. Escolle a palabra con b que corresponde a cada definición: a) Persoa que non sabe estar moito tempo quieta: bruta – bulebule – burbulla b) Conxunto de liñas mal feitas, que non representan nada: barullo – garabato – debuxo c) Antónimo de cheo: baleiro – abarrotado – abondo d) Bóla de fío enrolado: balón – nobelo – burato 17. Identifica as características propias dun texto que contén normas: a) Adoita expresarse con fórmular do tipo: «Rógase…», «Está permitido…», «Non se permite…», etc. b) Normalmente, é un escrito moi longo de carácter literario. c) Pode incluír prohibicións. d) Non ten una finalidade concreta. e) Expresa as regras que hai que seguir de maneira ordenada. f) A linguaxe utilizada é sinxela, clara e de oracións breves. 18. Indica cales dos seguintes textos adoitan conter normas: a) A lista da compra. b) Un manual de seguridade viaria. c) Un cómic. d) As leis. e) A descrición dunha paisaxe. f) O regulamento arbitral. 19. A diferenza doutro tipo de poemas, que é o característico dos poemas narrativos? Sinala a resposta correcta: a) Que expresan os sentimentos do autor ou da autora. b) Que nunca están escritos en verso.

  • c) Que contan unha historia. 20. Cales dos seguintes elementos adoitan aparecer nun poema narrativo? a) narrador b) decorado c) cuestionario d) personaxes e) diálogo f) regulamento g) rima h) esquema

  • Xoves, 16 de abril de 2020 – Comprensión lectora.

  • Luns, 20 de abril. – LEMOS POESÍA – CANCIÓNS DE BERCE

    1. Completa cada definición cunha palabra do poema:

    ………………. : Cama de neno pequeño, que xeralmente se pode abanar.

    ………………. : Tecido moi suave cuberto de pelo curto e mesto.

    ………………. : Bolboreta nocturna que se sente atraída pola luz.

    ………………. : Arbusto con espiñas no que nacen as rosas.

    ………………. : Mover o berce para que un bebé durma.

  • 2. Agora relaciona cada ilustración cunha destas palabras: solpor , aurora.

    Agora defíneas coas túas palabras:

    A aurora é ….

    O solpor é …

    Martes, 21 de abril. – VOCABULARIO SOBRE O CEO

    ¿Canto recordamos de Ciencias Sociais?

    1. Completa as oracións coas palabras do debuxo anterior.

    Unha …………………… é un astro que brilla con luz propia.

    Un grupo de estrelas forma unha …………………………… .

    A galaxia onde está a Terra chámase ………………………. .

    Todos os ………………………. xiran ao redor do ………… .

    A ………… tarda catro semanas en dar unha volta arredor da Terra.

    O ……………………….. viaxa na ………………… espacial.

  • 2. Asocia cada expresión co significado que corresponda:

    ……………………….………… : Ser afortunado.

    …………………….…………… : Sentir unha dor moi aguda e intensa.

    …………………….…………… : Ir para a cama a pouco de anoitecer.

    ………………….……………… : Desexar o imposible.

    ……………………..…………... : Crerse superior aos demais.

    ……………………..…………... : Gabar ou eloxiar a alguén en exceso.

    Mércores, 22 de abril. – CAMPOS SEMÁNTICOS.

    1. Relaciona as imaxes cos nomes do recadro.

    A que campo semántico pertencen? …………………………………………………..

    2. Escribe catro palabras de cada campo semántico:

    A RÚA AS VIAXES A NOITE

    O CONXUNTO DE PALABRAS DA MESMA CLASE QUE SE REFIREN A

    UN MESMO TEMA FORMAN UN CAMPO SEMÁNTICO.

  • Xoves, 23 de abril – DÍA DO LIBRO – Tan só con leres un libro.

    Escoitamos a canción https://www.youtube.com/watch?v=j2zH7a3nAW0

    Nome algún dos animais que aparecen na canción:…..……………….................................

    …………………………………………………………………………………………………………….

    …………………………………………………………………………………………………………….

    Que personaxe da canción nos quere enfeitizar? ………………………………………………

    Onde atopou todo o que conta? …………………………………………………………………...

    Luns, 27 de abril. – OS PRONOMES PERSOAIS

    Permítennos substituír os nomes das persoas e dos animais. Poñamos uns exemplos:

    Alicia e Xosé xogan sempre no parque Eles xogan sempre no parque.

    Martín e mais eu somos curmáns Nós somos curmáns.

    1. Agora é a túa quenda! Substitúe o subliñado por un pronome persoal.

    Laura perdeu o autobús.

    O veciño de arriba ten un telescopio no balcón.

    A meniña chegou moi cansa de tanto andar.

    Meu avó e mais eu saímos cada tarde dar un paseo.

    Mónica e Helena viven en Ourense.

    Alberte e ti tedes os mesmos gustos.

    2. Localiza os pronomes persoais deste texto e rodéaos.

    Aínda que ti non me creas, dígoche que uns marcianos aterraron onte no xardín da miña

    casa. Meu irmán asustouse moito, pero eu baixei a saudalos. Eles estrañáronse un

    pouco ao principio, pero axiña colleron confianza e puxéronse a falar. Non lles entendín

    nada, porque non falan coma nós. Iso si: son ben simpáticos.

    https://www.youtube.com/watch?v=j2zH7a3nAW0

  • Martes, 28 de abril.

    No trimestre pasado falamos moito do Camiño de Santiago como parte da nosa cultura.

    1. Explícalle en lingua galega a algún membro da familia todo o que recordes deste

    tema.

    2. Na aula vimos unha credencial de peregrino. Recordas o que é? Le e elixe:

    a) Un documento que demostra os lugares polos que pasa un.

    b) Un permiso para entrar na catedral.

    c) Unha mochila con equipamento e alimentos.

    Mércores, 29 de abril. – Comprensión lectora: “O medo á escuridade”

    O medo é unha emoción normal e natural e todo o mundo ten medo algunha vez. Pero

    tamén é importante saber afrontar estes medos e superalos, en lugar de loitar por

    agochalos. Hoxe imos ler sobre o medo á escuridade.

    3

    https://www.google.es/url?sa=i&url=http%3A%2F%2Fnuestraclaseelisa.blogspot.com%2F2016%2F11%2Fel-monstruo-de-los-colores-miedo.html&psig=AOvVaw2WzbZWSn0bnYCsvW-agxjc&ust=1587334898668000&source=images&cd=vfe&ved=0CAIQjRxqFwoTCKDqnrmB8-gCFQAAAAAdAAAAABAJ

  • Xoves, 30 de abril – REPASO

    Sabemos que un arrolo é unha nana, un canto de berce para durmir aos bebés.

    Fai unha oración coa palabra “arrolo”.

    ……………………………………………………………………………………………………………….