Post on 15-Apr-2017
Espazo de media montaña na Dorsal Galega, que colle sobre todo as abas occidentais da provincia da Coruña (concellos de Aranga, Curtis, Sobrado e Toques, e unha pequena parte na provincia de Lugo (concellos de Guitiriz e Friol). Conecta polo sur co LIC Serra do Careón.Superficie: 4.063,4 ha
TIPO DE PROTECCIÓNProposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) eZona especial de conservación (ZEC).Pendiente de aprobación.
SERRA DA COVA DA SERPEEsténdese con dirección N-S facendo de linde entre Guitiriz e Friol (Lugo) e Curtis e Sobrado (A Coruña).Está formada por granitos de dúas micas, gneis “ollo de sapo”, xistos, cuarcitas e granitos intrusivos. Ten un aspecto masivo e suave cunha maior inclinación cara ao leste. Na vertente leste nacen afluentes do Parga e na oeste do Mandeo.
Pena Cova da Serpe, na Pena Furada. Segundo a lenda nesta cova vivía unha gran serpe que comía ao gando e ás persoas.
SERRA DE CORNO DE BOIPequena serra situada entre os concellos de Friol (Lugo) e Toques e Sobrado (A Coruña). Na vertente oeste nace o río Mandeo e na leste afluentes do Narla (Miño).
FLORA:A maioría do terreo está ocupado por mato de xestas, toxos, breixos e fentos con amplas zonas de repoboación con piñeiros e eucaliptos, e prados. Nas partes baixas consérvanse pequenas áreas de carballeiras.
Gando no Marco das Pías
FAUNA:O máis destacado son as aves de monte, de bosque ou de matogueira: miñato común, lagarteiro, azor, papuxas, lavercas, cotovías...