Espazo natural Serra da Cova da Serpe

22
Serra da Cova da Serpe

Transcript of Espazo natural Serra da Cova da Serpe

Serra da Cova da Serpe

Espazo de media montaña na Dorsal Galega, que colle sobre todo as abas occidentais da provincia da Coruña (concellos de Aranga, Curtis, Sobrado e Toques, e unha pequena parte na provincia de Lugo (concellos de Guitiriz e Friol). Conecta polo sur co LIC Serra do Careón.Superficie: 4.063,4 ha

CONCELLOS: Aranga, Curtis, Sobrado e Toques (A Coruña); Guitiriz e Friol (Lugo)

TIPO DE PROTECCIÓNProposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) eZona especial de conservación (ZEC).Pendiente de aprobación.

SERRA DA COVA DA SERPEEsténdese con dirección N-S facendo de linde entre Guitiriz e Friol (Lugo) e Curtis e Sobrado (A Coruña).Está formada por granitos de dúas micas, gneis “ollo de sapo”, xistos, cuarcitas e granitos intrusivos. Ten un aspecto masivo e suave cunha maior inclinación cara ao leste. Na vertente leste nacen afluentes do Parga e na oeste do Mandeo.

O monte máis alto é o Pico da Cova, con 841 m.

Vista desde Friol.

Cova da Serpe antes de instalarse o parque eólico (2006)

Pena Cova da Serpe, na Pena Furada. Segundo a lenda nesta cova vivía unha gran serpe que comía ao gando e ás persoas.

Vista desde o Pico da Cova cara a Curtis.

Vista desde o Pico da Cova cara a Guitiriz.

Vista de Corno de Boi desde a Cova da Serpe.

SERRA DE CORNO DE BOIPequena serra situada entre os concellos de Friol (Lugo) e Toques e Sobrado (A Coruña). Na vertente oeste nace o río Mandeo e na leste afluentes do Narla (Miño).

O Campelo, cume do Corno de Boi, con 803 m.

Vista desde o cume de Corno de Boi cara a Sobrado.

FLORA:A maioría do terreo está ocupado por mato de xestas, toxos, breixos e fentos con amplas zonas de repoboación con piñeiros e eucaliptos, e prados. Nas partes baixas consérvanse pequenas áreas de carballeiras.

Prados e carballeira nas abas do Cova da Serpe.

Os breixos (Erica cinerea) forman parte das matogueiras que cobren os cumes

Echium plantagineum

Gando no Marco das Pías

FAUNA:O máis destacado son as aves de monte, de bosque ou de matogueira: miñato común, lagarteiro, azor, papuxas, lavercas, cotovías...

Pyronia cecilia, unha bolboreta común nos lindeiros dos camiños.

Papuxa das amorias (Sylvia atricapilla), un paxaro típico das matogueiras.

Montaxe e fotos: Adela Leiro e Mon Daporta (xullo 2012).