ESCOLA ESPAZO DE CONVIVENCIA

21
A ESCOLA: “ ESPAZO DE CONVIVENCIA INTERCULTURALCamiñemos xunt@s FONTE: MANUAL PARA UNHA EDUCACIÓN INTERCULTURAL-UNESCO

Transcript of ESCOLA ESPAZO DE CONVIVENCIA

Page 1: ESCOLA ESPAZO DE CONVIVENCIA

A ESCOLA: “ ESPAZO DE CONVIVENCIA INTERCULTURAL”

Camiñemos xunt@s

FONTE: MANUAL PARA UNHA EDUCACIÓN INTERCULTURAL-UNESCO

Page 2: ESCOLA ESPAZO DE CONVIVENCIA

OS NOSOS CENTROS: UNHA REALIDADE MULTICULTURAL

Actualmente conviven nas nosas escolas estudantes procedentes de diferentes países e/ou de culturas minoritarias

polo que debemos reflexionar e actuar para acadarmos un saber valorativo sobre os novos retos que temos como

cidadáns nun tempo en un espazo interrelacionado e cada vez máis interdependente.

“VIVIMOS NUN SOLO MUNDO, APRENDEMOS PARA UN SOLO

MUNDO”

Page 3: ESCOLA ESPAZO DE CONVIVENCIA

UN RETO: “APRENDER A VIVIR XUNTOS”UN OBXECTIVO: “EDUCACIÓN DE CALIDADE PARA TODAS E TODOS

O noso traballo debe contribuir á consecución dunha cultura de paz e á coexistencia pacífica dos pobos, favorecendo a

reflexión sobre o pluralismo cultural e o diálogo intercultural evitando, deste xeito, situacións de abuso, racismo, xenofobia

e marxinación.

Para saber e exercer:“Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia débense comportar fraternalmente uns cos outros”Art.1: Declaración Universal dos DD.HH.

A ESCOLA É UN ÁMBITO REAL, PRÓXIMO E COTIÁ ONDE COMPARTIR E APRENDER A EXERCER O COIDADO DOS DEREITOS HUMANOS.

Page 4: ESCOLA ESPAZO DE CONVIVENCIA

QUE É A EDUCACIÓN INTERCULTURAL?

Conceptos claves: INTEGRACIÓN: obtención dun espazo social lexitimado; ter

dereito e posibilidade de preservar o patrimonio cultural; compartir con igualdade de oportunidades o acceso aos bens e servizos da sociedade; adquirir dereitos e obrigas non discriminatorias.

DIÁLOGO INTERCULTURAL: diálogo entre o interior e o exterior; entre os costumes propios e os adquiridos, diálogo entre os deberes e os dereitos.

TRANSCULTURALIDADE: a aprendizaxe e comprensión das manifestacións culturais diversas ou diferentes á nosa é un exercicio de fortalecemento da nosa capacidade de respectar, tamén, aos veciños máis próximos con crenzas e xeitos de vivir distintos aos nosos. O respecto cara aos outros pobos ou persoas implica valores éticos fondamente democráticos.

Page 5: ESCOLA ESPAZO DE CONVIVENCIA

A EDUCACIÓN INTERCULTURAL É UNHA RESPOSTA AO RETO DE PROPORCIONAR UNHA EDUCACIÓN DE

CALIDADE PARA TODAS E TODOS INSCRITA NA PERSPECTIVA DOS DEREITOS HUMANOS.

O desafío da educación intercultural consiste en establecer e manter un equilibrio entre os seus principios rectores xerais e as esixencias

de contextos culturais específicos.

Page 6: ESCOLA ESPAZO DE CONVIVENCIA

A CULTURA É O NÚCLEO DA IDENTIDADE INDIVIDUAL E SOCIAL E UN ELEMENTO IMPORTANTE NA

CONCILIACIÓN DAS IDENTIDADES GRUPAIS NUN MARCO DE COHESIÓN SOCIAL.

As nosas escolas tense convertido nos últimos anos en lugares de encontro multicultural e multiétnico.

Page 7: ESCOLA ESPAZO DE CONVIVENCIA

DEBEMOS FACER FINCAPÉ NO TERMO “CULTURA MINORITARIA” E QUE SE REFIRE Á CULTURA DOS

GRUPOS MARXINADOS E VULNERABELS QUE VIVEN Á SOMBRA DA CULTURA MAIORITARIA.

Page 8: ESCOLA ESPAZO DE CONVIVENCIA

A EDUCACIÓN INTERCULTURAL PRETENDE LOGRAR UN MODO DE CONVIVENCIA EVOLUTIVO E SOSTIBLE EN SOCIEDADES MULTICULTURAIS, PROPICIANDO A

INSTAURACIÓN DO COÑECEMENTO MUTUO, O RESPECTO E O DIÁLOGO ENTRE OS DIFERENTES

GRUPOS CULTURAIS.

Page 9: ESCOLA ESPAZO DE CONVIVENCIA

A EDUCACIÓN INTERCULTURAL NON PODE SER UN SIMPLE “APARTADO” DO PROGRAMA SENÓN QUE

DEBE ABARCAR O ENTORNO PEDAGÓXICO COMO UN TODO.

Debe abarcar a vida escolar e a adopción de decisións, a formación e capacitación dos e das docentes, os programas de estudos, as lingoas

de ensinanza, os materiais pedagóxicos e as interaccións entre os estudantes.

Page 10: ESCOLA ESPAZO DE CONVIVENCIA

COMO TRABALLAR NOS NOSOS CENTROS

Analizar a realidade do noso alumnado e do seu contorno.

Fixar os obxectivos a acadar e que sexan asumidos pola comunidade educativa.

Establecer as estratexias para conseguilos. Consensuar os valores a traballar. Escoller a metodoloxía a utilizar. Impulsar o traballo por “proxectos”. Propoñer un plan de avaliación.

Page 11: ESCOLA ESPAZO DE CONVIVENCIA

FIXAR OBXECTIVOS:

XERAL: Entablar un diálogo cultural efectivo e permanente que favoreza unha convivencia harmónica e

pacífica”.

Page 12: ESCOLA ESPAZO DE CONVIVENCIA

ESPECÍFICOS

Agrupados en grandes bloques:

• Promover a sensibilización, a implicación da comunidade educativa nos valores que determinen un profundo interese pola educación intercultural e para a paz.

• Formar cidadáns e cidadás capaces de afrontar a convivencia nun mundo complexo e dinámico e

comprometidos na construcción dunha sociedade máis xusta e equitativa.

• Incorporar a diversidade cultural e o respecto á diferenza como un valor de enriquecemento na comunicación e

interacción entre persoas e grupos.

• Desenvolver modelos organizativos, metodolóxicos e didácticos que favorezan a integración das minorías

étnicas e culturais e do alumnado inmigrante.

Page 13: ESCOLA ESPAZO DE CONVIVENCIA

ESTRATEXIAS PARA CONSEGUILOS

• Organizar equipos de traballo interdisciplinares e de diferentes idades e niveis educativos.

• Impulsar parcerías con escolas e viaxes de estudio co estranxeiro e outras comunidades

autónomas.

•Estudiar os lugares do patrimonio mundial cunha perspectiva interdisciplinar.

• Desenvolver proxectos de solidariedade con grupos minoritarios.

•Defender unha cultura de paz e democracia.

• Alimentar sentimentos de solidariedade e equidade nos planos nacional e internacional.

• Traballar por unha comunidade educativa, xusta, pacífica e democrática.

• Fomentar a cooperación entre as escolas e as familias.

• Participar nas actividades do barrio como elemento clave da integración escolar.

• Potenciar unha visión positiva do mundo e fomentar a esperanza.

Page 14: ESCOLA ESPAZO DE CONVIVENCIA

VALORES A DEFENDER

•Cultura de Paz, solidariedade e cooperación internacional.

• Identidade e diversidade cultural.

• Respecto por todos os pobos e culturas.

• Respecto ás diferenzas.

•Diálogo intercultural.

•Dereitos Humanos.

Page 15: ESCOLA ESPAZO DE CONVIVENCIA

METODOLOXÍA

Orientada á adquisición dunha serie de aptitudes psicosociais adscritas a tres grandes categorías:

•Cognitivas: espíritu crítico, resolución de problemas, adopción de solucións,...

•Afectivas: autoestima, manexo do estrés e das emocións, capacidade de resposta, superación do umbral do fracaso,...

•Sociais: capacidade de negociar e de decir “non”, autoafirmación, cooperación, empatía,...

Page 16: ESCOLA ESPAZO DE CONVIVENCIA

TRABALLO POR “PROXECTOS” NOS QUE PARTICIPEN:

• Estudantes de todos os niveis educativos.

• Profesoras e profesores

• Equipo directivo.

• Gabinete de Orientación.

• As familias.

•As asociacións veciñais e culturais.

• ONGs e Institucións.

• Medios de comunicación.

Page 17: ESCOLA ESPAZO DE CONVIVENCIA

PROXECTO: “CAMIÑOS DE IDA E VOLTA”

Para traballar os contidos de inmigración, diálogo intercultural e dereitos humanos.

Page 18: ESCOLA ESPAZO DE CONVIVENCIA

PROXECTO: CAMPAÑA INTERNACIONAL “TODOS IGUAIS NA DIFERENZA”

Coa finalidade de promover a igualdade na diversidade e

denunciar todas as formas de discriminación.

Page 19: ESCOLA ESPAZO DE CONVIVENCIA

PROXECTO: “A TRATA TRANSATLÁNTICA DE ESCRAVOS”

Busca sacar do olvido o comercio

triangular de escravos e descubrir

as consecuencias do mesmo en África

e as Américas.

Ao tempo estudar e denunciar as formas

de escravitude modernas.

Page 20: ESCOLA ESPAZO DE CONVIVENCIA

PLAN DE AVALIACIÓN

Presenta varios niveis:

• Avaliación das actitudes e comportamentos.

• Avaliación do proceso e do traballo.

• Avaliación do traballo cooperativo.

• Avaliación dos materiais.

• Autoavaliación do traballo de coordinación do profesorado e avaliación do mesmo por parte do

alumnado.

Page 21: ESCOLA ESPAZO DE CONVIVENCIA

Luisa Márquez – Pontevedra 2010