Espazo natural Río Baleo

24
Río Baleo

Transcript of Espazo natural Río Baleo

Page 1: Espazo natural Río Baleo

Río Baleo

Page 2: Espazo natural Río Baleo

Inclúe o curso do río Baleo e as súas cabeceiras Rego do Lombao, san Miguel e Picheiras, así como a Serra da Panda e unha pequena parte na vertente noroeste da serra da Faladoira. O espazo únese no esteiro do Baleo co LIC Ortigueira-Mera.

Page 3: Espazo natural Río Baleo

Concellos:Ortigueira

Page 4: Espazo natural Río Baleo

SUPERFICIE: 849,8 ha (841,8 terrestres e 8 acuáticas)

TIPO DE PROTECCIÓN:Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) eZona especial de conservación (ZEC).

Page 5: Espazo natural Río Baleo

RÍO BALEONace entre os cumes das serras da Faladoira e A Panda e desemboca na ría de Ladrido formando un amplo esteiro que se xunta coa ría de Ortigueira. Os principais afluentes, dentro do espazo protexido, son os regos de San Miguel, Lombao e Picheira.

Page 6: Espazo natural Río Baleo

Val do rego de Lombao nos cumes da Panda

Page 7: Espazo natural Río Baleo

Río Baleo en Os Carboeiros

Page 8: Espazo natural Río Baleo

Esteiro do Baleo

Page 9: Espazo natural Río Baleo

SERRA DA PANDAEsténdese con dirección NNE-SSO, paralela á serra da Faladoira, da que a separan os vales dos ríos San Miguel e Lombao, cabeceiras do Baleo.

Page 10: Espazo natural Río Baleo

A serra da Panda desde A Faladoira

Page 11: Espazo natural Río Baleo

Seixos nos cumes da Panda

Page 12: Espazo natural Río Baleo

Desde os cumes da Panda hai excelentes panorámicas da costa de Cariño e Ortigueira.

Page 13: Espazo natural Río Baleo

SERRA DA FALADOIRAEsténdese con dirección NNE-SSO entre os concellos de Mañón e Ortigueira e pecha polo norte a Depresión das Pontes. É unha superficie plana con ondulacións suaves cunha media de 500 m de altura. Os montes máis altos son o Caxado, con 756 m e a Faladoira, con 605 m.Está formada maiormente por bandas de lousas negras xunto con gneis “ollo de sapo”, xistos cristalinos e areíscas das que sobresaen cristas de granitos e cuarcitas. Na súa vertente oeste fórmase o río Baleo.

Page 14: Espazo natural Río Baleo

Serra da Faladoira (vertente oeste)

Page 15: Espazo natural Río Baleo

FLORA No curso do río consérvanse bosques de ribeira con amieiras, salgueiros, freixos, fentos, brións... Os cumes dos montes están cubertos de mato e pasteiros con algunha áreas de repoboación de eucaliptos. Nalguns vales consérvanse pequenas carballeiras.

Page 16: Espazo natural Río Baleo

Xensá (Gentiana pneumonanthe)

Page 17: Espazo natural Río Baleo

Breixo das brañas (Erica ciliaris)

Page 18: Espazo natural Río Baleo

Estripo (Crataegus monogyna)

Page 19: Espazo natural Río Baleo

FAUNAÉ a típica dos ríos (anfibios, cabalos do demo, troitas, lontras...) e dos bosques de ribeira (aves insectívoras, lesmas, saramaganta...). Nos montes críase gando en libertade.

Page 20: Espazo natural Río Baleo

Bolboreta (Limenitis...) sobre unha ponla de avelaira.

Page 21: Espazo natural Río Baleo

Bolboreta (Arethusana...)

Page 22: Espazo natural Río Baleo

Pimpín (Fringilla coelebs)

Page 23: Espazo natural Río Baleo

Cabalos na serra da Panda

Page 24: Espazo natural Río Baleo

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta (Xuño 2012)