Espazo natural Río Sor

69
Río Sor

Transcript of Espazo natural Río Sor

Page 1: Espazo natural Río Sor

Río Sor

Page 2: Espazo natural Río Sor

Inclúe o curso do río Sor e as súas cabeceiras coas serras que o rodean: Faladoira, Tras da Serra, Veiga do Xunco... Únese polo nordeste co LIC “Costa da Mariña Occidental” na desembocadura do Sor, na ría do Barqueiro, e polo suroeste co LIC “Río Baleo”, na serra da Faladoira.

Page 3: Espazo natural Río Sor

SUPERFICIE: 7.932 haTIPO DE PROTECCIÓN: Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC).

Page 4: Espazo natural Río Sor

CONCELLOS: As Pontes e Mañón (A Coruña), Muras, Ourol e O Vicedo (Lugo).

Page 5: Espazo natural Río Sor
Page 6: Espazo natural Río Sor

SERRA DA FALADOIRAEsténdese con dirección NNE-SSO entre os concellos de Mañón e Ortigueira. É unha serra de cumes suaves e grandes desniveis polos que discorren os ríos. O cume máis alto é o Caxado, con 756 m. Está formada maiormente por bandas de lousas negras, gneis “ollo de sapo”, xistos cristalinos e areíscas das que sobresaen cristas de granito e cuarcita.As augas da vertente leste van aos ríos Sor e Eume, e as da oeste ao Mera e ao Baleo.

Page 7: Espazo natural Río Sor

Vista dos cumes achairados do alto da serra da Faladoira.

Page 8: Espazo natural Río Sor

Montes de Tras da Serra e A Faladoira desde Ambosores

Page 9: Espazo natural Río Sor

Montes da Veiga do Xunco desde o val do rego de Santar coas fragas de Santar e Campelos da Auga.

MONTES DA VEIGA DO XUNCO:Esténdense con dirección N-S desde a serra do Bostelo ata o val do Sor en Ambosores, entre as dúas principais cabeceiras do Sor (Regos de Tras da Serra e Santar) O Cume máis alto ten 688 m.As súas abas acollen importantes formacións de bosque autóctono.

Page 10: Espazo natural Río Sor

Cumes da Veiga do Xunco

Page 11: Espazo natural Río Sor

Montes da Veiga do Xunco

Page 12: Espazo natural Río Sor

A Fraga Gorda, nas cabeceiras do rego de Tras da Serra.

Page 13: Espazo natural Río Sor

A Fraga Gorda

Page 14: Espazo natural Río Sor

Vista cara ao norte desde o cume da Veiga do Xunco co val do rego de Couce Mouro, afluente do Santar.

Page 15: Espazo natural Río Sor

MONTES DE TRAS DA SERRA, entre a Veiga do Xunco e a Faladoira. Están rodeados polo vales do rego de Tras da Serra e o seu afluente o Batán

Page 16: Espazo natural Río Sor

Montes dos Callós desde a Ribeira do Bispo (Mañón)

Page 17: Espazo natural Río Sor

Montes da Veiga desde a Ribeira do Bispo

Page 18: Espazo natural Río Sor

Montes da Veiga da Torre desde a Ribeira do Bispo

Page 19: Espazo natural Río Sor

RÍO SORFórmase pola unión do Xantes (Pico Montouto) e Tras da Serra co Batán e Solloso (Penadaugas e Serra das Campas). Recolle as augas das serras da Faladoira, Coriscada e Gañidoira. Ten un curso sinuoso, con fortes desniveis e zonas encaixadas e, despois de 49 km de percorrido, desemboca na ría do Barqueiro onde forma un amplo esteiro. No espazo protexido recibe pola dereita ao Santar e Cristo dos Callós e pola esquerda ao Casateites, Arganzo e Rego do Rosario.

Page 20: Espazo natural Río Sor

O Sor en Ambosores

Page 21: Espazo natural Río Sor

O Sor en Ribeira do Bispo (Mañón)

Page 22: Espazo natural Río Sor

O Sor en Ribeira do Bispo (Mañon)

Page 23: Espazo natural Río Sor

O Sor en Ponte Segade (Mañón)

Page 24: Espazo natural Río Sor

O Sor en Cubelas (Mañón)

Page 25: Espazo natural Río Sor

Canón do Sor entre Mañón e O Vicedo

Page 26: Espazo natural Río Sor

O Sor en Caión, no seu encontro co Couce que cae nel formando un salto.

Page 27: Espazo natural Río Sor

Fervenza de Augas CaídasRego do Couce ou Seixo

Caión (Mañón)

Page 28: Espazo natural Río Sor
Page 29: Espazo natural Río Sor

Último tramo do curso do Sor

Page 30: Espazo natural Río Sor

Centro ictioxénico

Page 31: Espazo natural Río Sor

Ponte Ulló ou de Por da Tronca

Page 32: Espazo natural Río Sor
Page 33: Espazo natural Río Sor
Page 34: Espazo natural Río Sor

Dúas instalacións de cadeiras mecánicas para cruzar o río.

Muíños Vellos

Albariños

Page 35: Espazo natural Río Sor

Área de lecer nas beiras do Sor (Ribeiras do Sor, Mañón).

Page 36: Espazo natural Río Sor

Desembocadura do rego do Muro Novo no Sor (Rio Barba, O Vicedo)

Page 37: Espazo natural Río Sor

O Sor en Ribeiras de Sor

Page 38: Espazo natural Río Sor

O Sor en Ribeiras de Sor

Page 39: Espazo natural Río Sor

Esteiro do Sor coa Ínsua de San Martiño

Page 40: Espazo natural Río Sor
Page 41: Espazo natural Río Sor

Esteiro do Sor

Page 42: Espazo natural Río Sor

Esteiro do Sor

Page 43: Espazo natural Río Sor

A ponte vella da estrada e a ponte do ferrocarril sobre o esteiro do Sor, no límite do espazo protexido.

Page 44: Espazo natural Río Sor

FLORANo curso do río consérvanse bosques de ribeira con amieiras, salgueiros, freixos, fentos, brións...

Page 45: Espazo natural Río Sor

Bosques nas abas da Veiga do Xunco

Os cumes dos montes están cubertos de mato e pasteiros con algunha áreas de repoboación de eucaliptos. Nos vales do curso alto consérvanse grandes masas de fragas autóctonas.

Page 46: Espazo natural Río Sor

No curso medio e baixo a maior parte do val está ocupado por plantacións de eucaliptos e so se conserva algún resto de bosque de galería e carballeira na beira do río.

Page 47: Espazo natural Río Sor

Bosques e prados nas abas da Veiga do Xunco

Page 48: Espazo natural Río Sor

Breixos e toxos

Page 49: Espazo natural Río Sor

Xensá (Gentiana pneumonanthe)

Page 50: Espazo natural Río Sor

Froitos de pereira brava (Pyrus cordata)

Page 51: Espazo natural Río Sor

Salgueiro nas beiras do Sor

Page 52: Espazo natural Río Sor

Menta de auga (Mentha aquatica).

Page 53: Espazo natural Río Sor

Molinia caerulea

Page 54: Espazo natural Río Sor

Dentabrú (Osmunda regalis)

Page 55: Espazo natural Río Sor

Narciso (Narcissus triandrus)

Trevo acedo (Oxalis acetosella)

Page 56: Espazo natural Río Sor

Allium triquetrum

Dúas plantas invasoras que se atopan nas beiras do Sor

Hedychium gardnerianum

Page 57: Espazo natural Río Sor

FAUNAA fauna é a típica dos ríos (anfibios, cabalos do demo, troitas, lontras...), dos bosques de ribeira (aves insectívoras, lesmas, saramaganta...) e dos matos e espazos abertos das serras (coellos, lavercas, picas, papuxas, rapinas...)

Saramaganta (Chioglossa lusitanica)

Page 58: Espazo natural Río Sor

Ferreiro abelleiro (Parus major)

Page 59: Espazo natural Río Sor

Lagarta da serrra (Iberolacerta monticola)

Page 60: Espazo natural Río Sor

Candil curvado (Onychogonphus uncatus)

Page 61: Espazo natural Río Sor

Coenonympha dorus

Coenonympha dorus bieli

Page 62: Espazo natural Río Sor

Bolboreta (Arethusana arethusa)

Page 63: Espazo natural Río Sor

Saltón (Omocestus viridulus)

Page 64: Espazo natural Río Sor

Cabras na Veiga do Xunco

Page 65: Espazo natural Río Sor

Gando na Faladoira

Page 66: Espazo natural Río Sor

Muíño no Sor en Ambosores (Ourol)

Os elementos etnográficos son outro dos atractivos desta área

Page 67: Espazo natural Río Sor

Muíño en Ribeira do Bispo (Mañón)

Page 68: Espazo natural Río Sor

Ouriceiras nas beiras do Sor, en Caión.

Page 69: Espazo natural Río Sor

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta

(xuño 2012)