Espazo xeográfico

Post on 22-Jan-2018

83 views 3 download

Transcript of Espazo xeográfico

ESBOZOÉ a forma máis sinxela de

visualizar o espazo

xeográfico, a partir dun

debuxo simple. Serve

para representar e

localizar lugares e a súa

ruta de acceso. É moi

usado polas persoas e

ata pequenos negocios.

PLANO

É outra forma de localizar lugares ou sitios de interese, só que a

diferenza do esbozo, o plano pode abarcar zonas máis extensas:

MAPAUn mapa é un modelo ou representación simplificada do mundo que

nos rodea, que nos permite estudalo e comprendelo mellor.

ELEMENTOS BÁSICOS DUN MAPA

● LENDA: Lista explicativa que define con detalle os símbolos utilizados no mapa

ESCALA: é a relación matemática

que existe entre as dimensións reais

e as do debuxo que representa a realidade

sobre un plano ou mapa

TIPOS DE MAPASMAPA FÍSICO

MAPA POLÍTICO

MAPA TOPOGRÁFICO

MAPA HISTÓRICO

MAPA TURÍSTICO

MAPA XEOLÓXICOMAPA HIDROLÓXICO

MAPA DEMOGRÁFICO

MAPA COMUNICACIÓNS

ATLAS

Son un conxunto de mapas temáticos

organizados de certa maneira,

acompañados de datos estadísticos e

monográficos que ofrecen información

xeográfica do mundo e/ou dunha parte

del .

GLOBO TERRÁQUEO

Consiste nunha esfera que contén un mapa

político do mundo, adaptado a esa forma

redonda. Unha característica desta

representación é que simulan a inclinación

terráqueos posúen relevo e ata luz.

FOTOGRAFÍAS E IMAXES● FOTOGRAFÍAS AÉREAS:

tómanse dende un avión ou dron a certa altitude.

Poden servir de base para crear mapas.

● IMÁXENES DE SATÉLITES:

● É similar ao anterior, pero é tomado dende o

espazo por satélites. O seu uso é moi

importante Xa que podemos coñecer procesos e

fenómenos que afectan ao o espazo xeográfico

case en tempo real.

RECORDA:

Escribe no caderno da parte de Sociais, poñendo o título do tema (Espazo

Xeográfico) e o número da actividade a realizar. Le a actividade dúas veces

e fai o que se che pide.

1) Fai un esbozo da túa habitación.

2) Fai un esbozo da planta baixa do edificio de primaria.

3) Fai un plano da aula. Que escala lle pos?

4) Imaxinade que sodes piratas e que enterrachedes un tesouro no cole . Fai un mapa e a ver se os

teus compañeiros o atopan (Grupo de 4)

5) En grupo de 4 fai un mapa turístico dun pobo que vos inventedes: poñedelle nome ao pobo,

monumentos, paisaxes naturais…….

6) Investiga que son:

Hemisferio

Trópico

Ecuador

Paralelo

Meridiano

Latitude

Lonxitude

7) Clasifica os seguintes mapas:

8) Fai un esquema das representacións do

espazo xeográfico.

9) Fai 20 probas Obxectivas do que

aprendiches.

Mapa 1 Mapa 2 Mapa 3 Mapa 4Mapa 1

Mapa 5 Mapa 6Mapa 7

● Realizado por :

María Sanmartín Malvárez

Este traballo é puramente educativo, é para traballar na miña aula.

Quero agradecer as persoas, que lles utilicei imaxes ou recursos para facer esa presentación, a súa xenerosidade.

Se alguén non quere que algunha imaxe non apareza que o comunique . GRAZAS