Lamigueiro chopo negro (Populus nigra) chopo negro black poplar peuplier choupo

Post on 08-Jan-2016

138 views 0 download

description

Lamigueiro chopo negro (Populus nigra) chopo negro black poplar peuplier choupo. CLASE Anxiospermas ORDE Salicales FAMILIA Salicáceas. - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of Lamigueiro chopo negro (Populus nigra) chopo negro black poplar peuplier choupo

Lamigueirochopo negro

(Populus nigra)chopo negroblack poplar

peuplierchoupo

CLASEAnxiospermasORDESalicalesFAMILIASalicáceas

É unha árbore orixinaria de Europa e oeste de Asia que pode acadar ata 30 m de altura, de forma columnar, coa copa longa e estreita, algo máis ensanchada nas femias e nos exemplares vellos. En Galicia é máis abundante na zona oriental, especialmente á beira dos ríos. Foi introducida desde a Idade Media e atópase como especie cultivada ou subespontánea.Medra moi rápido nos primeiros anos e gosta de terreos húmidos.

TALOToro dereito coas ponlas ascendentes que comezan a saír desde o pé. A tona é lisa, de cor gris-castaña nos novos e a medida que se fai vello con fendas verticas negras.

FOLLASCaedizas, simples, alternas, co limbo de forma triangular ou ovo-romboidal, coa punta prolongada e a beira dentada, de 5 a 9 cm de lonxitude, de cor verde brillante polo dereito e máis claras polo revés. Cando nacen son de cor verde-amarela nos exemplares machos e verde-encarnada nos exemplares femia. No outono adquiren unha cor amarela viva.

FLORESUnisexuais, separadas en distintos pés e saen antes que as follas.

As flores femininas son amentos de 6 a 7 cm de lonxitude.

As flores masculinas son amentos 5 cm de lonxitude, cos estames encarnados.

FROITOSSon cápsulas de cor verde e despois castaña que se abren na madurez para liberar unhas sementes diminutas rodeadas de peliños brancos. Maduran a finais da primavera.

CICLO ANUAL-CHOPOFolla

Flor

Froito

xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro

Nalgunhas zonas do Sil, a Terra Chá e o Xurés aparece naturalizado o chopo tremedor (Populus tremula) que se caracteriza por ter os rabos das follas aplanados e máis longos.

A forma longa e estreita é a característica máis destacada dos chopos da variedade “Itálica”, coñecida como chopo lombardo.

Chopo negro do Pazo de Mariñán. Acada os 26 m de altura e 4,60 m de perímetro. Ten máis de cen anos.

Xardíns do Campo de San Francisco. Noia. Hai 14 chopos, de ata 26 m de altura, plantados na segunda metade do século XIX.

USOSA madeira é branda e lixeira e utilízase especialmente para embalaxes, xoguetería e carpintería lixeira. A tona emprégase en curtiduría e para facer tintes.En mediciña popular as infusión das xemas empréganse contra as afeccións das vías urinarias, bronquite, artrite, reumatismo, hemorroides.

Os chopos cultívanse polo seu rápido desenvolvemento. Tamén se poden plantar como depuradores dos solos e das augas residuiais porque reteñen os metais pesados.

O chopo é a árbore máis produtiva que existe. Hai variedades que poden talarse en turnos de 8-10 anos. A especie máis cultivada é o Populus deltoides e o “chopo americano” (P. x euramerican), híbrido deste e do P. canadensis.

Os lamigueiros, tan tremelantes sempre,adormentáronse dentro da tarde.

Luis Pimentel “Sombra do aire na herba”

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro Mon Daporta Internet