Post on 19-Jul-2020
qwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwerty
uiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasd
fghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzx
cvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmq
wertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyui
opasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfg
hjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxc
vbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmq
wertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyui
opasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfg
hjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxc
vbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmq
wertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyui
opasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfg
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
CEIP A GÁNDARA DE NARÓN
CURSO 2018-2019
Eva Mª Bouza Rey- DIRECTORA
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
2
ÍNDICE
1. LOGRO DE OBXECTIVOS E PROBLEMAS ATOPADOS…...……………..3
2. XORNADA ESCOLAR. ……........………..……………………..……………….8
3. MEMORIAS.
3.1. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA...........………………..8
3.2. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTAR……...............20
3.3. EQUIPA DE TIC………………………………………………........…...……...24
3.4. EQUIPA DE BIBLIOTECA…………………………………........…...….…….26
3.5. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN…………………………...…........…32
3.6. EQUIPA DE CONVIVENCIA…………………………………............……….40
3.7. COMISIÓN DE COORDINACIÓN PEDAGÓXICA………………........…….44
3.8. EDUCACIÓN INFANTIL …………………………………............……………46
3.9. EDUCACIÓN PRIMARIA 1º E 2º NIVEL………………............…………….49
3.10. EDUCACIÓN PRIMARIA 3º E 4º NIVEL ……………............…………..…51
3.11. EDUCACIÓN PRIMARIA 5º E 6º NIVEL ……………..............……………54
3.12. MEMORIA DE PROA (CONTRATO PROGRAMA)……..........………..…58
3.13. PLAN DE FORMACIÓN DE PROFESORADO.......................……………59
4. RELACIÓNS COAS FAMILIAS……………………………..........…………….60
5. RESEÑA ECONÓMICA………………………........………….…………………60
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
3
A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis,
departamentos e comisións creadas ao efecto. Foi aprobada polo Claustro o día
27 de xuño de 2019 e informado o Consello Escolar o día 28 do mesmo mes.
1.- LOGRO DE OBXECTIVOS E PROBLEMAS ATOPADOS.
Renovación de recursos audiovisuais : A principios de curso instalouse
unha nova pizarra dixital na aula 117 do primeiro andar, doada por unha
editorial. Cambiouse o ordenador da sala de profesores por estar obsoleto
e cambiouse tamén un dos ordenadores de uso de alumnado da biblioteca
xa que deixou de funcionar. Montouse tamén un aula para inglés no
primeiro andar, na aula 109, e dotouse dun ordenador e un proxector novo,
xunto cuns altofalantes. Hai que seguir renovando algúns dos equipos que
xa están mais vellos e presentan deficiencias de funcionamento. No mes
de setembro mercamos polo sistema de renting unha nova fotocopiadora
en cor, xa que a que tiñamos era moi lenta e xa estaba fora de garantía.
Instalamos así mesmo unha copiadora pequena no mostrador de
administración para uso da administrativa cando ten que entregar copia
das solicitudes presentadas polos pais, para que non teña que desprazarse
ao local de reprografía e introducir un código numérico para facer esas
copias, logrando así un resultado máis rápido nas xestións administrativas.
Mercouse así mesmo un teléfono inalámbico para as aulas de E. Infantil
porque o anterior deixou de funcionar e un móbil de tarxeta para facer
chamadas e recibilas para o profesorado que foi á excursión de sexto.
Traballo Cooperativo: Continouse neste curso o traballo de xeito
cooperativo sendo cada vez maior o número de profesorado que aplica
este método nas súas aulas. O alumnado cada vez pide máis traballos
deste tipo.
Traballo por Proxectos: Neste curso continuamos un plan de
Formación en Centros asesorados polo CFR. É o segundo ano de
formación. Como froito dese curso realizamos de xeito conxunto dous
proxectos no colexio. O primeiro foi un Mercadillo Solidario para recadar
fondos para unha ONG que se dedicase a protexer o medioambiente. A elixida foi
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
4
ADEGA. A actividade realizouse entre os meses de novembro e decembro,
realizándose o mercadillo o día 21 de decembro con gran éxito de público. Foi un
traballo moi ben acollido polo alumnado e as familias.
O segundo proxecto realizado foi no terceiro trimestre e consistiu na
elaboración dunha serie de contos onde os protagonistas eran dous irmáns
Carme e Miguel. A idea partiu dunha obra de teatro interpretada por 6º B e
a colección de contos atopase custodiada na biblioteca escolar dentro do
apartado Producións Propias.
Contratos-Programas: Continouse cos Contratos-Programas na
modalidade PROA, concedido cun presuposto de 400 €. Foi impartido por
un profesor externo Xacobe Ágreda Casal que se incorporou ao colexio a
partir do 11 de febreiro e foi coordinado polo profesor Enrique Blanco
Guillén.
Rede wifi do centro: A pesar de que estamos dentro do programa
escolas conectadas o sinal wifi do centro non é todo o potente que se
precisaría. Hai aulas de infantil que teñen pouca cobertura. Reclamamos a
colocación dun punto wifi a maiores para mellorar a cobertura e instalárono
no segundo trimestre pero aínda así o sinal non é moi potente e nas aulas
de E.Infantil quéixanse que as veces non teñen internet.
Carga horaria da Dirección do centro: Cando comezamos o curso
contabamos cun/ha profesor/a máis que creemos que viña para evitar que
a directora tivese que facerse cargo dunha titoría, xa que o curso anterior
estivera exercendo como titora e directora ademais de responsable da
Biblioteca Escolar e xa manifestara ante Inspección Educativa que era
demasiada carga de traballo o que lle impedía facer satisfactoriamente
ningunha das funcións. O curso organizouse así e os horarios elaboráronse
en base a ese profesor a maiores. A sorpresa foi cando o día 11 de
setembro xubílase unha compañeira e non mandan a ninguén para cubrir
esa xubilación porque segundo dixeron en Persoal Docente o cadro de
persoal do centro estaba completo e esa persoa que nós creemos que
estaba para liberar de docencia á directora era en realidade para cubrir a
praza da xubilación. Polo que comezado o curso houbo que reorganizalo
todo de novo, distribución de titorías e elaboracións de novos horarios.
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
5
Todo iso creou un malestar entre o profesorado e volveu a deixar a
directora cunha sobrecarga de tarefas o mesmo que no curso anterior, xa
que volvía a ser titora de 5º B, directora e encargada da biblioteca.
Aulas masificadas: A situación do centro fai que as aulas estean
completas a vinte e cinco alumnos/as por aula. Cando hai alumnado
repetidor incrementase a ratio. Isto fai que se aumente o traballo das
titorías, aumenta o tempo das avaliacións e hai menos tempo para a
atención individual do alumnado. Ademais o alumnado con necesidades de
apoio ten menos tempo de reforzo.
Obras realizadas polo Concello: Comezamos o curso pasado cunha
caldeira nova instalada pola Xunta, pero as tubaxes tiñan puntos de óxido e
filtraban humidades. Neste curso romperon as xuntas de varias tubaxes e
inundouse unha aula de infantil. O concello procedeu a cambiar todas as
xuntas, pero as tubaxes seguen sendo vellas e teñen fugas por algunha
zonas. Seguen sen amañar as deficiencias do ximnasio. Os teitos están
feitos de pranchas de escaiola que están soltas. O cabreado eléctrico
tamén presenta deficiencias de colocación. Un dos radiadores do ximnasio
foi cambiado a mediados de curso porque estaba estragado, pero seguen
sen protección e o profesorado de E.F. manifesta que son perigosos así, o
mesmo que as columnas que non teñen suficiente protección. Cambiaron
as canastras de baloncesto exteriores pero non as porterías de fútbol.
Tampouco pintaron ningunha parte máis polo que hai zonas do colexio sen
pintar co bloque ao aire entre elas o ximnasio e a aula de psicomotricidade.
O tellado tamén necesita ser reparado xa que hai zonas con goteiras nos
días de choiva.
No patio de E. Infantil hai que reparar unha arqueta que está solta e que os
nenos moven co conseguinte perigo. Tamén manifestan as profesoras de
educación infantil que hai unha zona de cortiza no patio que está
deteriorada e que deberían quitar o areeiro porque a area está sucia e os
gatos fan nela as súas necesidades. A figueira segue sen podar e no
outono enchese de avespas polos figos.
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
6
Necesitaríamos que reparasen os baños de nenos de E. Infantil xa que
están vellos e moitos nenos pequenos manifestan que non queren usalos
porque perden auga, teñen unha antigüidade de vinte e oito anos.
Tamén hai un baño de profesores no 2º andar que non pechan as portas.
Todas estas deficiencias comunícanse ao concello ao longo do curso pero
van reparando sen cambiar, polo que volven a estragarse.
Relacións con outras institucións: O colexio colaborou e participou en
diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en
actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación Vial
da policía Local de Narón. Participamos nas saídas ciclistas e nos talleres
de bicicletas. No festival INTERCENTROS e en Teatro con G das Equipas
de Normalización Lingüística. Así como con numerosas institucións sobre o
Alzheimer, cancro, transplante de órganos...
Colaboramos co CFR recibindo no noso centro a visita de vinte
profesores/as, dez de Gales e dez romaneses o venres 7 de xuño.
Ensinámoslles o noso colexio e o noso xeito de traballar. Marcharon
manifestando que lles gustara moito.
Alumnado:
Comezamos o curso con 48 alumnos/as de 4º de E. Infantil, 24 en cada
aula. En 4º A de E. Infantil deuse de baixa unha nena en novembro, de alta
outra en xaneiro de 2019, e un alumno de nacionalidade romanesa que
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
7
deixou de asistir ao colexio no mes de novembro, foi dado de baixa
definitivamente no mes de marzo de 2019. Mentres que no 4º B de E.
Infantil comezaron e remataron os mesmos. Polo que pasan para 5º de E.
Infantil 47 alumnos/as e se incorporarán dous novos, o que fai un total de
49 quedando unha praza vacante.
No 5º nivel de E. Infantil comezamos con 49 alumnos/as. 25 na aula A e
24 na B. No mes de xaneiro do 2019 incorporouse un novo alumno no
grupo B, quedando as dúas aulas con 25. Pasan para 6º de E. Infantil os
50, non quedando ningunha praza libre.
En 6º de E. Infantil comezamos con 47 alumnos/as repartidos do
seguinte xeito: 25 no grupo B e 23 no grupo A. No mes de xaneiro
incorporouse un neno que xa fora anteriormente alumno do colexio
quedando os grupos con 25 e 24 respectivamente. O curso que ven
estarán todos/as en 1º de E. Primaria e incorporarase unha alumna nova
con n.e.e. polo que non quedará ningunha vacante.
O número total de alumnado de E. Infantil do centro foi de 146
alumnos/as.
As aulas de E. Primaria estiveron todas ao completo agás 4º B que
comezou con 24 alumnos pero que no mes de xaneiro completouse coa
chegada dunha alumna que xa estivera anteriormente no colexio,
quedando así con 25 alumnos. Houbo tres aulas de 5º de E. Primaria que
comezaron e remataron con 22 alumnos/as por aula. E nas aulas de 2º de
E. Primaria estaba o número ao completo 50, pero distribuídas en 26 en 2º
B e 24 en 2º A. Isto foi debido a que houbo repetidores e quedaron así
repartidos. Tamén hai que dicir que un dos alumnos de 3º B renunciou á
súa praza de cara ao curso que ven polo que as vacantes que hai en
primaria son unha para 4º de E.P. e 9 para 6º de E. Primaria.
O número total de alumnado de E. Primaria neste curso foi de 316
alumnos/as.
O alumnado total do colexio foi de 463 alumnos/as entre E. Infantil e
E. Primaria.
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
8
2- XORNADA ESCOLAR.
No horario da xornada escolar seguiuse o programado na programación
xeral. O horario quedou da seguinte maneira:
1ª sesión : 9:00 a 9:50
2ª sesión: 9:50 a 10:40
3ª sesión: 10:40 a 11:30
Recreo: 11:30 a 12:00
Tempo de lectura: 12:00 a 12:20/ Titoría.
4ª sesión: 12:20 a 13:10
5ª sesión: 13:10 a 14:00
O tempo de lectura decidiuse neste curso que fora impartido polos/as titores
correspondentes en cada curso, quedando os especialistas para facer
substitucións no caso que faltase o/ a titor/a.
3.1- EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
INTRODUCIÓN
Ao longo deste curso escolar 2018-19, este equipo en colaboración cos outros
equipos do colexio: convivencia, actividades complementarias e extraescolares,
biblioteca, TICs… realizamos moitas actividades, celebracións e conmemoracións
co obxectivo xeral de promover o uso da lingua galega, tanto de forma oral como
na escrita.
Un ano máis, como xa é costume, colaboramos con outros centros públicos da
contorna deste Concello a través do Certame de Intercentros, que este ano xa
celebramos a edición XXX.
Ademais do xa mencionado, levamos tamén varios anos con actividades que
contribúen á celebración do Magosto, Samaín, Nadal, Día da Paz, Día de Rosalía,
Entroido, Día do Libro, Letras Galegas principalmente, así como a outras que se
viñan celebrando (concurso da postal, do calendario, carriño viaxeiro coa
intencionalidade de que o alumnado apreciase a importancia de coidar a lingua
galega).
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
9
CELEBRACIÓN DE FESTAS TRADICIONAIS.
Magosto e Samaín
Nestas celebracións participou todo o alumnado do centro. Empregando as TICs,
prensa e material da biblioteca, buscaron información sobre a historia desta
tradición. Elaboráronse traballos como murais, debuxos … que foron expostos
nos corredores do colexio.
Dende o equipo aportamos información e actividades (contos, encrucillados, sopa
de letras, adiviñas, trabalinguas, etc.) sobre a festa tradicional do Magosto e
tamén do Samaín.
No Magosto asáronse castañas e todo o alumnado saíu ao patio á degustación.
No Samaín decorouse o colexio con morcegos, arañas e diferentes debuxos
desta temática. Nas clases e corredores expuxéronse cabazas que decoraron os
alumnos/as.
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
10
Dende este equipo e en colaboración co equipo de Biblioteca, fixemos unha
recompilación de libros, contos, cómics, etc sobre esta temática e adaptada por
niveis para que o noso alumnado tivese acceso a eles dun xeito máis rápido e
fácil.
Festa de Nadal
Para a celebración do Nadal decoráronse as aulas e os corredores do centro cos
murais e traballos realizados polo alumnado dos distintos niveis de infantil e
primaria.
Adoitábase celebrar un festival onde os nosos alumnos e alumnas cantan, bailan,
recitan, fan teatro … etc. Pero este curso como novidade e por mor do grupo de
traballo do profesorado sobre as Tarefas Integradas decidiuse cambiar o festival
por un MERCADILLO SOLIDARIO e deixar a celebración do festival ao que por
certo están convidadas as familias dos rapaces para un día da semana das
Letras Galegas.
O Mercadillo foi un gran éxito, non só polo recadado que foi doado a unha ONG,
senón tamén na participación do alumnado na realización de traballos manuais
para vender, organización do mesmo, etc así coma a participación das familias e
membros do Concello, tales como a Alcaldesa e Concelleira de ensino, entre
outros.
Seguiuse co costume da realización dun concurso para escoller o debuxo que
sería impreso na postal do cole para logo enviar ás familias, así coma o debuxo
que unha vez seleccionado é impreso decoraría o calendario 2019.
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
11
Houbo unha grande participación por parte de todo o alumnado.
Postal 2018 Resultou gañadora do deseño da postal de Nadal o alumnado
da aula de Educación infantil de 3 anos A.
Calendario 2019. O debuxo elixido para ser introducido no calendario 2019
do centro foi o da alumna de 5º A, Patricia López Pazos.
Aínda que só resultaron gañadores dous debuxos, estiveron expostos no corredor
da entrada do centro todos os dos demais participantes.
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
12
Día da Paz
Durante todo o curso, desde o departamento de orientación léronselles contos aos
alumnos sobre temas de convivencia e intentouse resolver os conflitos mediante a
mediación e o diálogo.
Dende o Equipo de Dinamización en colaboración co Equipo de Actividades
complementarias e extraescolares, celebramos o Dia da Paz, despois do recreo
(coa que se pretendeu que todos alumnos e alumnas de infantil e primaria,
reflexionasen sobre os temas fundamentais que interveñen na paz e nos
conflitos).
No acto, tras a lectura dun manifesto pola paz cantouse unha canción no
vestíbulo do colexio por parte de todo o alumnado e profesorado.
Decorouse un sombreiro de copa con debuxos e lemas alusivas á Paz situado no
corredor da entrada do centro.
Dende o equipo había programado tamén un mural conmemorativo para esta
data, na que terían que participar todos os niveis do centro pero por mor de falta
de tempo non se puido levar a cabo.
Entroido
Nas aulas fixéronse actividades relacionadas co Entroido,
receitas, costumes antigas desta festa, etc.
Os alumnado fixo rimas en galego
dos mandados do Entroido,
rematamos esta festa coa queima
do Meco.
Os nenos e nenas remataron o
venres vindo todos disfrazados
con roupas vellas e outros
materiais, a temática elixida foi superheroes/heroínas,
aínda que sempre aplicando a súa imaxinación e
creatividade.
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
13
Día de Rosalía
Despois de buscar e
seleccionar vídeos,
cancións e historia
sobre a grande
escritora Rosalía de
Castro subiuse á
web do centro para
que toda a
comunidade tivese
acceso á mesma.Resumimos tamén toda esa información nun mural.
Día do libro
En todos os niveis, dende infantil ata sexto de primaria dedicouse un tempo á
lectura de diferente tipoloxía. Ademais disto, entre todo o alumnado elaboramos
un mural en conmemoración desta data, onde cada clase tiña que elixir un libro
que recomendase ler e escribilo nunha folla dunha árbore instalado no corredor
da entrada para que todos puidesen ver esas recomendacións.
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
14
Letras Galegas
Este ano o día das Letras Galegas dedicouse a Antón Fraguas Fraguas e o
alumnado, axudado polos mestres e mestras, traballaron a súa vida e obra con
diversas actividades.
Dende o Equipo facilitamos información, actividades varias e outro material sobre
o autor homenaxeado coa intención de afondar no coñecemento e divulgación da
súa obra.
Coa colaboración do Equipo de Actividades complementarias e extraescolares no
festival das Letras Galegas, fixéronse todo tipo de actuacións e representacións,
empregando a lingua galega e centrando o festival arredor deste autor. Nos
paneis da entrada do colexio estiveron expostos os carteis enviados pola
Consellería sobre a vida do autor así coma outros facendo homenaxe á súa vida e
obra feito polo alumnado. Asemade, en colaboración co Equipo de Biblioteca
leváronse a cabo os “CARRIÑOS VIAXEIROS”, con libros da biblioteca de diversa
tipoloxía e temática.
Contos “ Carme e Miguel” a través do traballo cooperativo.
Co obxectivo de fomentar o uso da lingua galega, tanto escrita como oral, e
aproveitando que a meirande parte do profesorado está inmerso na formación do
traballo cooperativo, decidiuse elaborar diferentes tipos de contos na nosa lingua
e usando diferentes técnicas ( con textos, con pictos..etc). Cada clase
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
15
encargaríase de facer un destes contos. Expuxéronse logo todos no corredor da
entrada do colexio, para que toda a comunidade educativa poida facer uso deles.
Coñecemento do noso patrimonio cultural e social
Realizáronse saídas e actividades ofertadas polo Concello de Narón, obras
teatrais, contacontos e diferentes visitas realizadas adaptadas ao alumnado dos
distintos niveis.
Respecto á situación do profesorado.
Aínda que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega está composta por catro
persoas, que son as encargadas de planificar as actividades e de facer un
seguimento do cumprimento dos obxectivos programados, a participación do
profesorado do claustro foi positiva, promovendo en todas as actividades
realizadas nas aulas o uso do galego.
Respecto á situación do alumnado.
Este ano participouse no XXX Certame Intercentros e por acordo de todo
profesorado, decidiuse elaborar murais e contos ilustrados, relacionados co
persoeiro homenaxeado ou coa tradición, arte, costumes, flora,… galega.
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
16
Tamén se participou no apartado de expresión oral con dúas obras de teatro: O
malhumor e Carme e Miguel, representadas polo alumnado de 6º A e 6º B
respectivamente, e dirixidas pola orientadora do centro.
Esta foi unha tarefa común na que participou todo o alumnado e profesorado,
fomentando o galego e o traballo en equipo.
Visita de autores de literatura galega.
Este ano o alumnado do colexio recibiu a visita de varios autores e contaontos
para todas as etapas e ciclos coma por exemplo: Iago López, Ana Meilán…
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
17
Colaboración con outros centros do Concello
Como cada ano celebrouse entre todos os centros do Concello de Narón o
Certame Intercentros organizado polo Concello de Narón. Neste Certame, que
este ano acadou a edición XXX participaron todos os colexios e institutos da zona,
onde os alumnos e alumnas de diversos cursos realizaron distintas actividades,
integramente en galego: obras de teatro, monólogos, bailes, cantigas, regueifas,
exposición de murais e recollida de premios.
Este certame, que este curso foi organizado polo CEIP de Piñeiros, fai que todos
os anos, os centros pertencentes a este concello estean en continua interrelación
e persigan un mesmo obxectivo: a potenciación da lingua galega, na expresión
oral, escrita e ilustrativa, por medio dos traballos
realizados.
Edición do nº 27 xornal ALFAR
Coa implicación de toda a comunidade educativa,
editouse, integramente en galego, o xornal
correspondente ao ano 2019. Nel, os nenos e
nenas de todos os ciclos e niveis e coa axuda
dos mestres e mestras, realizaron diversos
traballos de creación ou investigación.
Con isto, déuselle ao alumnado a posibilidade de que publicasen os seus traballos
e así promover o uso do galego nos textos escritos.
Como en cursos anteriores, colaboraron todos os departamentos do colexio na
elaboración da revista.
Utilización das TICs
Establecéronse quendas para a utilización da aula de informática onde o profesor
correspondente lles ensinaba a utilizar Internet, polo que atoparon moitos
recursos para facer uso didáctico deles, sobre todo, na páxina da Xunta e a Web
do colexio. Alí puideron atopar, na sección de lingua galega, moitos recursos
como: xogos, contos, etc, e traballar con eles dun xeito divertido.
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
18
Tamén, a utilización das TICs, serviulles para buscar información sobre o escritor
homenaxeado este ano na semana das Letras Galegas,e así puideron coñecer e
traballar a súa obra.
Enquisas
Como todos os cursos coa realización da matrícula para o alumnado de novo
ingreso fáiselle a cada unha familia unha pequena enquisa sobre en que lingua
desexa que sexa educado o seu fillo ou filla. A maioría contestan que en castelán,
xa que estamos nunha zona onde o uso do castelán e moi frecuente.
Para a elaboración do Plan seguimos utilizando ás enquisas feitas xa que a
situación non variou.
AVALIACIÓN
Os obxectivos recollidos na P.X.A. ao principio de curso foron acadados
satisfactoriamente.
Temos que dicir que houbo algunhas actividades programadas que non puidemos
realizar sobre todo por falta de tempo ou coincidir con outras.
Non se programou nada para o día da Prensa aínda que as titoras si fixeron
actividades nas súas aulas. Por exemplo. Durante todo o curso recibiuse o xornal
“A voz de Galicia” para o alumnado de 6º de primaria e todos os días lían e facían
actividades sobre el.
Con respecto á participación e implicación tanto por parte do alumnado, como dos
mestres e familias foi moi boa, quedando reflectida nas actividades anteriormente
descritas. Aínda que ás veces debido a coincidir para a mesma conmemoración
con actividades doutros equipos decidiuse non facer todas. As actividades que
requiriron da participación doutros colexios e outras institucións tamén resultaron
satisfactorias.
Como en cursos anteriores, un dos problemas que nos atopamos é que a
dotación económica non é suficiente e temos que, unha parte importante dos
gastos, cargalas no presuposto xeral do colexio.
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
19
MOSTRAS DO MATERIAL ELABORADO
- Calendario curso 2019.
- Revista escolar.
Todos os traballos así como información variada foi subida á web do colexio e
foi impresa no xornal.
RESUMO ECONÓMICO (gastos das actividades ao longo do curso).
Magosto e Samaín: 20€ (material funxible).
Nadal: 33.06 € (material funxible) + 161,66 € (calendario escolar e tarxeta
Nadal 2019)
Día da Paz: 15 € (material funxible).
Día de Rosalía: 13.15€ (material funxible)
Día do libro: 11,85€ (material funxible)
Contos cooperativos: 7,90€ ( material funxible)
Entroido: 42,33 € (material funxible, material tecnolóxico e material meco)
e 65,90€ ( xogos tradicionais).
Letras Galegas: 46,66 € (material funxible) ,63€ (Bolanda edicións) e 65€
(Ir Indo).
Intercentros: 182,47 € (cartón pluma intercentros)
Xornal Alfar nº XXVII: 140 € (impresión dos xornais, tóner e material
funxible).
Todos os gastos que superaron a subvención da Consellería para
normalización, foron asumidas polos gastos xerais do centro.
TOTAL GASTOS: 867,98€
A directora A coordinadora
Eva Mª Bouza Rey Mª Carmen Sanmartín Couto.
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
20
3.2- EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTRIAS E
EXTRAESCOLARES.
1. INTRODUCIÓN.
A presente memoria ten como finalidade recoller e analizar as actividades que o
Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias deste centro organizou e
desenvolveu ao longo deste curso 2018-2019.
Ademais das inicialmente contempladas na Programación Xeral Anual, ao longo
do curso apareceron ofertas de actividades que, polo interese educativo que
presentaban, incorporáronse ás actividades xa previstas.
Membros do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares no
presente curso académico 2018/2019:
- Mª Jesús Felpeto Rey (4º E.P)
- Purificación Pernas García. ( Música)
- María del Carmen Julías Casás. (E.I.)
- Sandra Gómez Mariño (5º E.P.)
- Emma Mª Salgueiro Veiga (ING.) Coordinadora.
2. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS ORGANIZADAS POLO PROPIO CENTRO
EN HORARIO LECTIVO
A continuación exponse un resumo das actividades, conmemoracións ou festividades
que foron desenvolvidas durante o presente curso académico:
a) Conmemoracións:
Samaín
Data de celebración: dende o luns 29 de outubro ata o venres 2 de novembro.
Actividades realizadas:
Exposición de cabazas e mazarocas: organizouse entre os días 29 de
outubro e o 2 de novembro na entrada do colexio. Pedíuselles ao alumnado
de Educación Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria que trouxeran
da casa cabazas e mazarocas xa decoradas. Os alumnos de 5º e 6º curso
tiveron que traelas baleiras para facer a actividade de decoración nas aulas.
Decoración das portas con motivos desta conmemoración.
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
21
Magosto
Data de celebración: venres 2 de novembro.
Actividades realizadas:
Degustación de castañas asadas: celebrouse o magosto no patio do
colexio. A duración da degustación de castañas estaba prevista de 12:00 a
13:30 horas, aínda que se acurtou un pouquiño pola choiva (rematou ás
13:00h). A ANPA achegou o zume e asou as castañas.
Nadal
Os alumnos/as de relixión confeccionaron un Belén.
Adornáronse as portas das aulas con motivos de Nadal.
Visita de Papá Noel polas aulas: o xoves día 20 de decembro os nenos/as
entregaron as cartas a Papá Noel e a cambio este deulles unhas chuches. Esta
visita estivo organizada pola ANPA.
Árbore de Nadal: cada curso elaborou adornos para poñer nunha grande
árbore de Nadal, que se colgou do pasamáns do 1º andar do colexio. Este ano
cada neno/a elaborou unha campá.
Este curso, en vez do Festival de Nadal, o día 21 de decembro celebrouse un
mercadillo solidario, enmarcado dentro dun plan PFPP (Plan de Formación
Permanente do Profesorado). Neste proxecto participou todo o colexio e foi o
alumnado o que tivo o maior protagonismo, xa que tiveron que organizar todo
eles coa supervisión dos mestres. Invitáronse ás familias e ás autoridades
locais e foi un éxito.
Día da Paz:
Data de celebración: Mércores, 30 de xaneiro.
Actividades propostas:
Elaborouse un sombreiro de copa xigante invertido baixo o lema
“Abracadabra, que a paz se faga”. O obxectivo foi que cada curso puxera
un arame decorado con debuxos relacionados coa paz (pombas, símbolos
da paz, mans, bicos, bolboretas...). Estivo exposta no vestíbulo durante
varios meses, quitándose posteriormente por cuestións de espazo.
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
22
Canción da paz: Todo o alumnado cantou a canción de Mamá Cabra “O
mundo é grande” dentro do colexio e unhas cancións africanas ensaiadas
previamente coa mestra de música.
Entroido
Data de celebración: dende o luns 25 de febreiro ata o venres 1 de marzo.
Actividades realizadas:
Mandatos do Meco: Este curso celebramos a semana do Entroido no que cada
día os nenos/as traían unha parte dun traxe de superheroe ou superheroína,
que se lle sumaba á do día anterior ata chegar ao xoves, que completaban o
disfrace.
Decoración do vestíbulo e corredores do colexio.
Festa do Entroido: o venres 1 de marzo celebramos o Entroido cun desfile de
disfraces polo patio do colexio. Antes do desfile, nas aulas, levouse a cabo a
degustación das larpeiradas típicas destas datas. Pedíuselles ás familias a
colaboración para traer doces típicos de Entroido.Dado que chovía, non
puidemos queimar o meco ese día e tivemos que cambiar a data para o
seguinte día sen choiva.
2. FESTIVAIS
Festival de Nadal:
Como xa se indicou anteriormente, aínda que inicialmente estaba previsto que se
celebrara este festival o día 21 de decembro de 2018 (solicitamos ao Pazo da Cultura
a reserva para dito día a principios de setembro), finalmente cambiouse por un
Mercadiño solidario, logo da votación no claustro e posterior aprobación.
Festival do Día das Letras Galegas
Data de celebración: mércores 15 de maio.
Actividades realizadas:
Festival das Letras Galegas: realizado no Pazo da Cultura coa
asistencia das familias dos nenos/as. As entradas foron entregadas polo
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
23
pazo, para controlar que non se colleran máis entradas das permitidas
(unha soa entrada por familia, debido a temas de aforo). Este ano a
figura homenaxeada foi Antón Fraguas.
Actividades de fin de curso
Data de celebración: Venres, 21 de xuño.
A ANPA contratou á empresa “La Guagua” para realizar as seguintes actividades con
todos os grupos do colexio. O horario foi o seguinte:
De 9:30 a 10:15 Conto para Educación Infantil.
De 10:30 a 11:15 Conto para 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.
De 12:00 a 13:15 Gymkhana e malabares para 4º, 5º e 6º de Educación
Primaria.
O resto do tempo, cada curso organizou o último día á súa maneira. Non se seguiu o
horario normal, e os especialistas estiveron apoiando nos diferentes cursos de
Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Educación Primaria..
3. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS: VISITAS, EXCURSIÓNS E SAÍDAS
Respecto ás actividades complementarias ou saídas que se levaron a cabo nos
distintos niveis e ciclos educativos foron organizadas polos distintos ciclos en función
das súas preferencias ou da relación que tiveran cos contidos educativos a tratar nese
momento. Ditas saídas aparecen reflectidas en cada unha das memorias dos ciclos.
4. PROPOSTAS DE MELLORA .
A ter en conta:
No magosto, tratar de que o alumnado vaia pasando a ver o proceso de
asado das castañas.
Sempre ter un plan B na organización das actividades, por se chove.
Facer unha proba de son os días previos ao Festival das Letras Galegas
para comprobar que todo funciona correctamente.
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
24
Nos festivais, as inclusións de última hora provocan trastornos na
organización e desenvolvemento do mesmo, polo que o recomendable sería
ter todas as actuacións definitivas cun mínimo de antelación.
Deberíase saber dende principio de curso que grupos son os que van a
actuar en cada festival, para que sexan equitativos en tempo e número de
actuacións.
Programar a festa de fin de curso con diferentes actividades coordinadas
polo equipo de actividades complementarias e extraescolares, a maiores
das actividades que poida organizar a ANPA.
A xefa de estudos A coordinadora
Asdo.: María Jesús Felpeto Rey Asdo: Emma Mª Salgueiro Veiga
3.3- MEMORIA DO EQUIPO DINAMIZADOR DE TIC.
No curso 2018/19 os membros do equipo foron:
Carlota Pena Freijomil ( 3º E.P.)
Ana Ayala Rodríguez (E.I.)
Dolores Sagrario González López (Relixión) Coordinadora
José Bernardo Montero Doce . (E.F.)
Houbo menos reunións que en cursos anteriores, pero as persoas do equipo
estiveron máis involucradas a nivel individual en traballos con TIC.
3.3.1-Consecución dos obxectivos marcados:
1. Conseguido o obxectivo do manexo por parte do profesorado das dúas
fotocopiadoras novas.
2. Aínda que se sumou algún profesor máis a dar clase na Aula de
Informática, esta segue estando infrautilizada e quedan horas en que está
libre.
3. Non se ampliou a Bibliografía sobre TIC da Biblioteca. Detectouse un baixo
uso deste tipo de libros; así é que, probablemente, busquemos no futuro
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
25
mercar materiais en soporte dixital (vídeos, música, xogos …) en lugar de
buscar o dixital como temática finalista.
4. A aula de 2º A foi dotada dunha pizarra dixital que regalou unha editorial.
Mercouse un ordenador para a sala de profesores, e outro ordenador para
a biblioteca, é está pedido outro para o vindeiro curso. Tamén a aula de
inglés foi dotada dun proxector e un ordenador novos.
5. En relación ao PFPP: PROXECTOS de TRABALLO COOPERATIVO, dicir
que logrou, ademais da formación, que moitos mestres utilizásemos
multitude de soportes dixitais nos nosos proxectos de aula (de fotografía,
de vídeo, de presentacións …), ademais de implicar aos alumnado e ás
familias no manexo de TIC.
6. Continuouse a xestionar a WEB do Colexio (as profesoras Ana Ayala e
Dolores González, integrantes do E.D. de TIC foron as encargadas de
renovar contidos: menús do comedor, algunhas das revistas escolares (O
Alfar) de anos anteriores, vídeos e fotos de festividades e excursións…)
7. Imos conseguindo lentamente que o profesorado do centro se anime a
meter traballos dos nenos na páxina web do colexio.
8. Non conseguimos o obxectivo de dotar a todas as aulas do centro con
pizarras dixitais.
3.3.2- Como propostas de mellora temos as seguintes:
- Solicitar ás administracións (Xunta, Deputación ou Concello) estas
dotacións: varias pizarras dixitais de dobre uso que completen o
equipamento nas aulas, un novo ordenador para a Sala do Profesorado
(un dos actuais está obsoleto), dous ordenadores para a Biblioteca (de
acceso ao alumnado, debido á gran demanda observada) .
- A mellora na cobertura de Internet nos puntos cegos que aínda existen no
colexio. Ademais sería desexable que as obras necesarias se realicen fora
do horario lectivo.
- Crear un sinxelo manual de uso para o profesorado do novo aparato de
escaneado e fotocopiado chegado ao centro no mes de setembro.
- Continuar, ao marxe de novas iniciativas, con estes aspectos: a formación
en Proxectos de Traballo Cooperativo, a xestión da Web do centro, o fomento do
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
26
uso da aula de Informática, as charlas para o alumnado de 5º e 6º sobre os usos
correctos/perigosos de Internet.
A Coordinadora A Xefa de Estudos
Asdo: Dolores Sagrario González López Asdo: Mª Jesús Felpeto Rey
3.4. EQUIPA DE BIBLIOTECA
Durante o presente curso escolar 2018-2019 o equipo de biblioteca estivo
formado polas seguintes profesoras :
• Mª Elena Pérez Fernández ( 2º EP)
• Anilda Vidal Sanjurjo (6º E.P.)
• Mª Belén Bellón Navarro (E.I.)
• Dolores Basoa López (E.I.)
• Belén Belén Casanova Mayo (3º E.P.)
• Eva Mª Bouza Rey (coordinadora) (5º E.P.)
Este curso a encargada da biblioteca seguía a ser a directora do centro, polo que
horas que aparecían no horario como traballo en biblioteca (dúas semanais)
moitas veces, non podían realizarse por xurdir algún contratempo ou necesidade
na dirección do centro que precisaban atención inmediata. A catalogación de
fondos realizouse a maior parte do tempo polas tardes por non dispoñer de
horario suficiente na xornada de mañá e quedan fondos sen catalogar para o
vindeiro curso.
O resto de equipo de biblioteca tiña no seu horario unha hora semanal dispoñible
para o traballo nela, consistente na revisión dos fondos e na introdución nas
fichas bibliográficas da colocación dos exemplares así como completar co nome
do/a ilustrador/a no caso que o houbera. Dado que nunha primeira catalogación
estes datos estaban se cubrir, e a persoa que sabía onde estaba cada libro
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
27
xubilouse no curso pasado, polo que moitas veces resultaba difícil atopar un libro
que constaba que se atopaba na biblioteca pero había que revisar todos os
andeis para dar con el.
ACTIVIDADES REALIZADAS:
• Petición de axuda por parte do Profesor Gandarín:
SOCORRO!!!!
Acabásenos o tempo!! Precisamos da vosa axuda. O planeta está sufrindo. Os
bosques onde viviamos os meus amigos e máis eu están desaparecendo. Os
mares onde nadaban os meus amigos peixes están cheos de plásticos. O aire
onde voaba cos meus amigos paxaros está cheo de fumes que nos impiden
respirar.
O noso futuro e o voso está unido. Fagamos algo xuntos para poñer remedio ao
desastre que se aproxima.
Se pensamos e actuamos xuntos encontraremos
unha solución.
CONTO CON TODOS VÓS!!! AXÚDADEME!!!
Está carta foi a desencadéante do Proxecto dun Mercadillo Solidario para recadar
fondos destinados a unha ONG que se dedicase a mellorar e protexer o
medioambiente. Esta actividade realizouse por parte de todo o colexio durante os
meses de novembro e decembro, concluíndo cun mercadillo no día 21 de
decembro, onde o alumnado recadou a cantidade de 2400 € que foron entregados
a ONG galega ADEGA.
• Ampliación dos fondos bibliográficos : Os criterios seguidos para a
adquisición de novos exemplares foi a de ampliar fondos para as dúas
exposicións programadas: O fútbol na biblioteca escolar e libros sobre mulleres e
nenas para celebrar no mes de marzo O mes das mulleres. Para iso mercáronse
diferentes exemplares que trataban sobre esa temática. Procuramos así mesmo
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
28
dotar á biblioteca de varios exemplares dos libros marcados como lectura do Plan
Lector nos diferentes cursos:
A señorita Bubble de Ledicia Costas para 6º.
Muriel de María Canosa, Kusuma de Héctor Cajaraville e Olock –Lolo de Elvira
Menéndez para 5º .
Vaia Tropa! de Antón Cortizas , A batalla da pequena Chamán Curi Coca de
Rosa Aneiros e Una terrible palabra de nueve letras de Pedro Mañas para 4º.
Ota quere voar de Ánxela Loureiro e O raposo e a mestra de Manuel Rivas para
3º.
Fantasmas no corredor de Agustín Fernández Paz, Dragonalia de Carlos
Reviejo, Narices de Ana Rábano, O arranxacontos de Paula Merlán para 2º.
O cociñeiro Martiño de Iago López para 1º.
Ademais recibimos unha subvención de Bibliotecas escolares no mes de xaneiro
para ampliar os fondos da biblioteca inclusiva, e tamén mercamos exemplares
recomendados por ese motivo.
• Colocación de andeis novos: Dos cartos recibidos na subvención tamén
usamos parte para cambiar os andeis da zona dedicada aos libros de primeiros
lectores. Mercamos catro andeis novos e retiramos dous que estaban
deteriorados. Dous dos que estaban en mellor uso recolocáronse para poesía e
biografías por que así se liberaba espazo nos andeis antigos para seguir
colocando narrativa.
• Adquisición dun carriño expositor: Cos cartos da subvención tamén se
mercou un carriño con baldas superiores para a exposición de libros. Consta de
catro rodas que permiten o seu desprazamento pola biblioteca sen esforzo. É de
cor madeira claro e verde, polo que da un toque mais alegre e permite ver e
escoller calquera dos libros expostos máis ao nivel dos usuarios.
• Equipo de alumnado axudantes de biblioteca: Durante o presente curso
escolar tivemos un certo número de alumnas e alumnos, principalmente de 5º de
Primaria, aínda que tamén os había de cursos inferiores que prestaron axuda na
biblioteca durante algúns recreos. Encargábanse de colocar nos andeis os libros
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
29
devoltos, separar os exemplares que tiñan algún dano coa fin de reparalos se era
posible, e tamén orientaban aos seus compañeiros onde estaban os libros que
viñan a buscar.
• Continuación da reserva do uso dos ordenadores da biblioteca durante o
recreo: Establécense dúas quendas de uso de 15 minutos cada unha en cada un
dos dous ordenadores da biblioteca. Este curso un dos ordenadores tivo moitos
fallos de funcionamento e ao final estragouse de todo polo que mercamos un
novo para substituílo. Aínda está sen colocar polo que nestes dous últimos meses
so podían usar un.
• Préstamos de lotes de libros para as aulas: Cada titor ten un número de
usuario de biblioteca, este curso saíron varios lotes de libros para ler nas aulas co
carné do titor. Isto permitiu renovar os fondos da biblioteca de aula e poder ter
durante máis tempo libros en préstamo. Esta é unha actividade que se vai pouco
a pouco consolidando.
• Visitas de escritores: Durante este curso recibimos a visita dos escritores:
María Canosa, Héctor Cajaraville, Elvira Menéndez, Ánxela Loureiro, Antón
Cortizas, Paula Merlán, Ledicia Costas e Iago López. Tamén o alumnado de 3º de
E.P. acudiu ao colexio de Sta. Xoana de Lestonac para ver a representación
musicada da obra :O raposo e a Mestra de Manuel Rivas e falar co autor.
• Outras actividades na Biblioteca:
1. Maxia a cargo de unha avoa maga que actuou para o alumnado de E.Infantil
e o mago Kiko, facilitado pola Ed. Santillana que actuou para E.Infantil e 1º e
2º de E. Primaria. Actividades que resultaron moi do agrado dos nenos e
nenas.
2. Os avós cóntanos seus oficios: Dentro do Proxecto realizado por 6º de E.
Infantil sobre os avós, foron varios os que pasaron pola biblioteca para contar
como eran os oficios nos que traballaron, entre eles moitos a piques de
desaparecer como o de zoqueiro.
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
30
• Exposicións temporais: Durante o presente curso escolar realizáronse dúas
exposicións temporais coa seguinte temática:
1. Mes de outubro: O fútbol na Biblioteca Escolar
Este ano vai de fútbol. Pasa pola biblioteca e segue vivindo aventuras
protagonizadas por futbolistas. Coñeces O soño de Iván... As aventuras e
misterios de Futbolísimos...Descubriches Ás Fieras Fútbol-club? Non o
dubides, o mundo do fútbol agarda por ti na Biblioteca Escolar.
Esperamos a vosa visita.
2. Mes de marzo: Mes das mulleres.
Por ese motivo na biblioteca escolar seleccionamos una serie de libros
que falan sobre elas. Pioneiras, investigadoras... Que significa ser
Feminista? Por que o 8 de marzo é o día das mulleres? Descubre na
Biblioteca Escolar todo isto e moito máis sobre mulleres que foron
abrindo camiño. Agardámosvos.
• Os carriños da Lingua: En colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua
Galega preparáronse catro carriños con libros escritos nesa lingua. Cada carriño
contaba con trinta títulos diferentes adaptados as idades do alumnado aos que
ían dirixidos. Rotaron polas diferentes aulas do colexio para usar na Hora de ler.
Esta actividade realizouse no mes de maio e xuño e a permanencia dos carriños
foi de dúas semanas por aula. Os carriños eran para E. Infantil, outro para 1º e 2º
de Primaria, outro para 3º e 4º de primaria e un para 5º e 6º de primaria. Os títulos
que contiñan eran de narrativa, poesía, teatro, cómic e biografías.
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
31
• Producións propias: Catalogamos todos os anos un exemplar da revista
escolar O Alfar, este ano a edición XXVII elaborada por todo o alumnado do
centro.
No terceiro trimestre e dentro do Proxecto Carme e Miguel, o alumnado do centro
escribiu e ilustrou diferentes contos onde os protagonistas eran uns irmáns
mellizos, Carme, unha nena con dislexia e Miguel, un neno con TDHA e déficit de
atención. Eses contos están expostos no corredor da entrada e pasarán a formar
parte dos fondos da biblioteca.
APERTURA E USO DA BIBLIOTECA:
• Neste curso escolar a biblioteca estivo aberta para préstamos durante todos os
recreos da semana xa que a partir do segundo trimestre establecéronse quendas
rotatorias entre tres profesores, mentres que durante o primeiro trimestre a persoa
encargada da biblioteca era a única que facía esas gardas e so abría a biblioteca
os días que non chovía.
• Traballos na biblioteca: Dentro do horario escolar cada curso ten unha hora
semanal para traballar dentro da biblioteca, e para empregar os recursos que nela
había.
• As profesoras encargadas da vixilancia e préstamos foron Eva Mª Bouza
Rey polo que sempre estaba de garda nos recreos nos que a biblioteca
permanecía aberta durante o primeiro trimestre. A partir do mes de febreiro
entraron a facer gardas de biblioteca por quendas os profesores David López
Fernández e Jorge Blanco Lagos, o que permitiu que a encargada descansase
algúns días.
ACTIVIDADES PENDENTES PARA O CURSO QUE VEN:
• Formación de usuarios na Biblioteca Escolar, tanto para o profesorado como
para o alumnado. Aínda hai moitos profesores e alumnos que non saben moverse
na biblioteca para atopar a información que precisan.
• Aumentar fondos bibliográficos e dixitais para a realización dos traballos por
Proxectos.
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
32
• Formar a máis profesorado no programa de xestión MEIGA.
• Apadriñamentos lectores:
Durante este curso estivemos barallando a posibilidade de facer esta actividade
que ao final non se levou a cabo por falta de tempo xa que ao deixalo para o
terceiro trimestre acumuláronse as actividades quedando esta adiada para o
vindeiro curso.
A xefa de estudos A coordinadora
Asdo.: Mª Jesús Felpeto Rey Asdo.: Eva Mª Bouza Rey
3.5- MEMORIA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN .
1.COMPOSICIÓN:
Este curso as compoñentes do Departamento de Orientación foron as seguintes :
- Silvia Sabín Mesa : Coordinadora do 3º ciclo.
- Purificación Inmaculada Pernas García : Coordinadora do 2º ciclo
- Rocío Cano Corredoira: Coordinadora do 1º ciclo
- Marina Rubio Jérez: Coordinadora de Educación Infantil.
- Mª Dolores Fontela Martínez : Especialista de P.Terapéutica.
- Patricia Vázquez Lojo: Pedagoxía Terapéutica.
- Nuria María Pita Fernández: Especialista de AL.
- David López López: especialista de AL( compartido) e con centro base
neste centro.
- Mª Carmen Ogaza Rojas : Orientadora.
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
33
2.- OBXECTIVOS
2.1- Obxectivos xerais referidos ó centro :
Traballamos para acadar os seguintes obxectivos:
- Posta en práctica e seguimento do Plan de Atención á Diversidade aprobado
en xuño do 2013.
- Colaborar na Planificación e Organización educativa do centro no relacionado
co alumnado con necesidades educativas especiais.
- Potenciar a cooperación entre o centro e as familias.
- Colaborar cos equipos de dinamización do centro: co equipo de dinamización
da Convivencia Escolar, de Normalización Lingüística e Actividades
Extraescolares.
2.2- Obxectivos xerais referidos ó alumnado :
Podemos considerar que traballamos en tódolos obxectivos propostos, aínda que,
o grado de consecución non foi en todos igual de satisfactorio.
Estamos bastante satisfeitos do logrado cos seguintes obxectivos:
- Identificar as necesidades do alumnado con n.e.e e atención ás demandas de
orientación que presentaron.
- Levar á práctica detección temperá de necesidades educativas.
- Valorar durante o curso o alumnado que presentou dificultades, para deseñar
programas de reforzo e sempre que foi posible horario de apoio.
- Apoio ao alumnado que presentaba dificultades específicas de aprendizaxe.
- Reunión coa PT e Orientadora do I. E. S para falar do alumnado que se vai
incorporar ao instituto.
- Integración do alumnado no seu grupo e prevención do acoso escolar.
-Traballo cooperativo. Na maioría das aulas estase a traballar dinámicas e
estruturas de traballo cooperativo e empézase a notar unha melloría neste
sentido.
- Iniciación ao traballo por proxectos. Todo o alumnado participou nun proxecto
antes de Nadal e a maioría en proxectos ao longo do curso.
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
34
Segue sendo necesario afundir en:
- Avaliación por competencias.
- Sesións de titoría semanais en tódalas clases.
- Desenvolver estratexias de aprendizaxe que favorezan a lectura, ortografía,
comprensión lectora e resolución de problemas.
- Traballar na resolución de conflitos, mellorar as habilidades sociais, os aspectos
emocionais das persoas e os modelos de comunicación. Debemos intentar
traballar máis á asertividade en lugar da agresividade ou a inhibición.
- Axudar a mellorar a autoestima do alumnado.
- Técnicas de relaxación que axuden a enfrontarse ao alumnado a distintas
situacións problemáticas.
2.3-Obxectivos referidos ó profesorado :
- Recollemos información nas sesións da avaliación de E.Infantil e Primaria ó
longo de todo o curso co obxectivo de detectar as necesidades que se
presentaban no centro.
- Participamos en varias reunións entre titores, especialistas de PT, de AL,
profesorado de apoio e orientadora en tódolos grupos ó longo do curso para facer
un seguimento do alumnado de apoio.
- Reunímonos coa especialista que traballa co alumnado de etnia xitana para
coordinar actividades.
- Reunións co coordinador de Proa e coa persoa que fai o acompañamento para
facer seguimento do alumnado.
- Intentamos colaborar con todo o profesorado na resolución das necesidades
que ían formulando e apoiamos a súa actuación na medida do posible,
proporcionándolle materiais e estratexias metodolóxicas para favorecer a súa
labor docente e titorial.
2.4- Obxectivos referidos ás familias:
- Mantivéronse contactos periódicos de forma individual coas familias que o
solicitaron e noutras ocasións con familias que nos parecía necesario falar con
elas, para darlles información e asesoramento.
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
35
- Fomentamos o achegamento das familias ó departamento de Orientación para
poder axudar nas dúbidas e problemas que puideran ter con respecto ós seus
fillos.
Consideramos fundamental seguir traballando neste sentido para mellorar os
casos nos que aínda non hai unha boa colaboración.
3.-TRABALLO REALIZADO NO C.E.I.P “ A GÁNDARA”:
3.1-Constitución do departamento :
Reunímonos a principios de curso para informar a tódolos compoñentes das
nosas obrigas como membros do departamento de orientación .
3.2-Elaboración do Plan de Orientación :
A partires do Plan de Orientación presentado o curso pasado deseñamos o Plan
deste curso eliminando o que xa tiñamos conseguido e aumentando o que
queriamos traballar neste curso.
3.3-Organización de apoios ó alumnado con necesidades educativas especiais :
- Elaboración dos horarios de apoio das especialista de Pedagoxía Terapéutica e
de Audición e Linguaxe, tendo en conta as necesidades educativas detectadas
nos nosos alumnos. Estas necesidades en casos xa estaban detectadas de
cursos pasados e noutros casos houbo que facer probas específicas ao longo do
curso. As especialistas de PT ofreceron ao longo do curso apoio a 54 alumnos e
as especialistas de AL a 53 alumnos. Todo este alumnado foi valorado e o os
diagnósticos eran diversos : Discapacidade, Trastorno de Conduta, Trastorno
Xeneralizado do Desenvolvemento, Trazas do espectro Autista, Déficit de
Atención con ou sen Hiperactividade, Déficit cognitivo, Trastorno específico da
Linguaxe, Trastorno nas área de Lingua, Trastorno na área de matemáticas,
Trastorno na fala, Mutismo selectivo, Dislalias, e alumnado que presenta
deficiencias polas súas condicións persoais ou de ambiente familiar
desfavorecido. De todo o alumnado atendido as especialistas de PT e de AL
elaboraron un informe para o Departamento de Orientación.
- Este apoio por parte das especialistas de PT/AL foi en moitos casos fóra da
aula.
O motivo era para facer agrupamentos con alumnado de distintas clases,
segundo as necesidades que presentaban, ou por ter que traballar aspectos
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
36
concretos con diferentes metodoloxías e materiais que entorpecerían a labor do
profesorado dentro da aula.
Noutras ocasións o apoio realizouse dentro da aula.
- Ademais deste apoio por parte das especialistas de PT/AL, o resto do
profesorado facía apoio nas horas de libre disposición . Os titores apoiaban na
aula do mesmo nivel e os especialistas nas aulas onde había máis necesidades.
3.4-Medidas encamiñade á prevención, detección e resolución de dificultades
- Presentación dos protocolos de actuación e avaliación elaborados no centro no
caso de: Trastorno de conduta, Autismo, Dislexia, Déficit de Atención con/sen
Hiperactividade, Trastorno da linguaxe e Altas capacidades.
-Valoración de 43 alumnos ao longo do curso, que presentaban problemas de
articulación, por parte das especialistas de A.L respondendo á solicitude das
titoras.
- Aplicación do test Bady-G infantil a todo o alumnado de 6º de E. Infantil. En
casos que presentaron resultados baixos neste test pasouse o test individual
“Columbia”.
- Petición ao Equipo de Orientación Específico da Coruña para colaborar no
diagnóstico de dous alumnos de Trastorno Grave de Conduta.
- Aplicación dos Badys ao alumnado de Primaria de 2º e 5º . Nos casos que
presentaron resultados baixos aplicouse o test Wisc-IV ou DSM-IV a alumnos/as
de 5º curso e a alumnos de 2º de xeito individual .
- Aplicación do test DST-J a 10 alumnos/as que podían presentar trazas de
disléxia.
- Aplicación do test Tale, de xeito individual a todo o alumnado de 2º curso e ó
alumnado que acudía a apoio de 1º e 3º curso de E. Primaria.
- Aplicación de probas de comprensión lectora ó alumnado de 2º e 5º curso de
E.Primaria.
- Aplicación do test “ MOXO” ( avaliación do Déficit de Atención e
Hiperactividade) a dous alumnos de 2º curso de E. Primaria.
- Reunións co profesorado implicado para informar dos resultados dos test.
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
37
- Información individual a tódolos pais dos alumnos a quen se lles aplicaron as
probas , para que souberan os resultados dos seus fillos, así como para recibir
pautas a traballar para mellorar os resultados cando eran baixos .
- Elaboración de 7 certificacións para solicitar becas ò alumnado con n.e.e.
- Elaboración e revisión de 60 informes psicopedagóxicos.
- Sociograma en todas as aulas de E. Primaria.
- Colaborar na elaboración de 4 Adaptacións Curriculares.
- Información á Inspección Educativa das novas necesidades educativas de cara
ao vindeiro curso.
- No caso de alumnado con n.e.e as especialistas PT/AL elaboraron distintos
materiais: material para traballar coa tablet, adaptación de lecturas , modificación
de temas para facelos máis visuais, traballo coa pizarra dixital, fichas diversas,
elaboración de contos con pictogramas para traballar na hora de lectura.
- O alumnado con necesidades educativas especiais que estaba recibindo apoio
por parte das especialistas de PT e /ou AL, en varias ocasións fixo os exames en
pequeno grupo coas especialistas ou con profesorado de apoio nas horas de libre
disposición.
3.5-Atención ás demandas de orientación que se presentaron :
- Seguimento de todo o alumnado con necesidades educativas de E.Infantil e
Primaria.
- Modificación dos horarios do profesorado de Pedagogía Terapéutica e de
Audición e Linguaxe ó longo de todo o curso, debido a: novas necesidades
detectadas nas avaliacións, melloría dalgúns alumnos, modificacións dos grupos
polo seu funcionamento e polas necesidades de apoio de novo alumnado.
3.6- Medidas encamiñadas a favorecer o traballo en equipo:
- Continuouse no centro con aprendizaxe cooperativo en moitas aulas.As
actividades cooperativas foron :
- Dinámicas encamiñadas a favorecer as relacións dentro do grupo :
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
38
Mundo de cores.
A maleta.
Os cumpridos.
A pelota ( con múltiples variables, adaptándose ao que se quería traballar:
que dixeran como se sentían, situacións de alegría, tristeza e outras emocións)
- Estruturas máis empregadas:
Lectura compartida.
1-2-4.
Folio xiratorio.
Lapis ó centro.
Os 4 sabios.
- Elaboración dos Plans de Equipo, Seguimento e Avaliación dos mesmos
nalgunhas aulas que se facía Traballo Cooperativo.
- Iniciación o traballo por proxectos.
Elaborouse un Proxecto que implicou a todo o profesorado e alumnado do centro
e que rematou cun “ Mercadillo Solidario” que se celebrou en Nadal cun resultado
moi satisfactorio.
Na maioría das aulas participaron no seguinte Proxecto : “Carme e Miguel” e
elaboráronse contos de forma cooperativa.
- Co obxectivo de fomentar a boa convivencia, o traballo en equipo, os valores e a
expresión oral no alumnado, varias persoas do Departamento ensaiaron :
cancións, bailes e dúas obras de teatro. Unha das obras xiraba en torno ao tema
de dislexia e déficit de atención e outra sobre escenas de mal humor. As dúas
representáronse no festival das Letras Galegas do colexio, en Intercentros do
Concello de Narón e no teatro Jofre polo tema de Teatro con G de Normalización
Lingüística.
- Coa intención de fomentar no alumnado os valores dentro das aulas e o
respecto polas diferenzas contáronse en tódalas aulas varios contos inventados
cos seguintes temas :
- O autismo: Conto de “ Alma”.
- A dislexia: Conto de “ Carme e Miguel”.
- A violencia de xénero: Conto de “ Damián e Elvira”.
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
39
A partires deses contos elaborábanse actividades para mellorar as relacións entre
o alumnado.
- Formáronse nenos /as de 5º e 6º para ser mediadores. Actuaron a partires do
segundo trimestre.
- Tamén se levou a cabo durante os recreos e nalgunhas sesións da hora de
lectura actividade de xadrez con alumnado de 3º,4º e 5º de E. Primaria.
3.7- Formación do profesorado:
- Participar no Plan de Formación Permanente do Profesorado ( PFPP) “Traballo
por proxectos de forma cooperativa”, que tivo dúas partes : Un curso que se
celebrou no CFR de Ferrol e un seminario que se celebrou no colexio.
- Participar no Grupo de Traballo de Orientadores de “ Ferrolterra”.
- Algúns membros do departamento asistiron ao “IX Congreso Nacional e
Iberoamericano de Dislexia e Outras Dificultades Específicas de Aprendizaxe“ que
se celebrou en Palma de Mallorca no primeiro trimestre.
- Tamén algún compoñente do departamento asistiu ao curso “ Competencia
Comunicativa: Ler para escribir, escribir para ler” que se celebrou en Ferrol.
4.- PROPOSTAS PARA O VINDEIRO CURSO :
- Mellorar na avaliación por competencias.
- Seguir levando á práctica o Plan de Atención á Diversidade que se elaborou e
mellorar o que se considere necesario.
- Empregar a caixa de suxestións para que todo o profesorado, alumnado ou pais
(de xeito anónimo ou non) poidan manifestar os seus problemas e cousas que se
poidan mellorar.
- Afundir nas sesións de titoría semanais en tódalas clases.
- Traballar para acadar unha boa convivencia no colexio, buscando unha
comunicación axeitada entre o profesorado, profesorado-alumnado e profesorado-
familias.
- Intentar que todo o profesorado se implique dalgún xeito en tódolos proxectos
do centro: Plan de Convivencia, Plan Lector, Tic, Avaliación por competencias,
Traballo por proxectos, Traballo cooperativo etc .
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
40
- Seguir coas reunións ó longo do curso entre especialistas, titores e orientadora
de cara ó seguimento do alumnado con necesidades educativas especiais.
- Deseñar obxectivos a acadar co alumnado que presenta n.e.e para traballar
conxuntamente entre titores, especialistas e profesorado de apoio.
- Deseñar adaptacións curriculares para o alumnado que o necesite .
- Deseñar medidas axeitadas de avaliación e adaptación de exames para o
alumnado con n.e.e, tendo en conta os protocolos de actuación facilitados.
- Aumentar a formación de todo o profesorado en temas como: aprendizaxe
cooperativo, a dislexia, intelixencias múltiples, proxectos, modificación de
conduta, déficit de atención, avaliación por competencias … para traballar
axeitadamente co alumnado.
- Afundir no emprego das Tics para a atención á diversidade e para mellorar a
comunicación entre a comunidade educativa.
- E sobre todo, traballar na mellora das habilidades sociais: formarse en
prevención de acoso escolar , disciplina positiva, detección de malos tratos ou
abusos.
- É necesario traballar a relaxación en tódalas aulas, a mediación como mellor
forma de resolución de problemas, a necesidade de xerar expectativas positivas ,
a escoita, a empatía, e sobre todo a asertividade na relación cos demais.
A Xefa de Estudos A Orientadora
Asdo: Mª Jesús Felpeto Rey Asdo : Mª Carmen Ogaza Rojas
3.6- EQUIPA DE CONVIVENCIA.
1.- Composición.
Mª del Mar Rey Lago (E. Infantil).
Marina Valencia González ( E.Infantil).
Nuria Gutiérrez González (1º ciclo e coordinadora).
Rocio Cano Corredoira (1º ciclo)
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
41
Mª Dolores Carpente Carpente (2º ciclo )
Begoña Redondo Carballo (3º ciclo)
Mª Carmen Ogaza Rojas ( orientadora).
2.- Traballo desenvolvido.
-Elaboramos e aprobamos o Plan de Convivencia tendo en conta os aspectos que
considerabamos necesario mellorar do pasado curso:
1. Estableceuse en cada aula un horario semanal de titoría. Nesa sesión
intentouse traballar a partires de libros seleccionados diferentes temas:
emocións, trastornos, habilidades sociais.
2. Realizáronse Técnicas de relaxación en todas as aulas.
3. Actuaron de mediadores nos recreos o alumnado voluntario de 5º e 6º.
4. Entregamos anexos, en cada nivel, elaborados no centro sobre: Dislexia,
Autismo, Déficits de Atención, Hiperactividade, Trastornos de conduta,
Trastorno da Linguaxe e Hemiparexia.
5. Intentamos facer prevención de “bulling” e de calquera outro tipo de abuso,
caixa de suxestións para que manifestaran anonimamente o que vían, ao
longo do curso se lle preguntou ao alumnado como se sentían na casa e
no cole e por que.
6. Afondouse no traballo Cooperativo na maioría das aulas e realizouse un
Proxecto de centro que implicou a todo o alumnado e rematou cun
Mercadillo Solidario.
No primeiro trimestre seleccionouse o tema a tratar en todas as aulas
mediante unha votación organizada polo alumnado do 1º ciclo, e saíu
elixido a loita contra a contaminación dos plásticos nos mares.
Dentro das aulas do primeiro e segundo ciclo elaborouse material para
vender no mercadillo.
O terceiro ciclo encargouse da organización, publicidade e invitacións.
Ao final fíxose en Nadal o mercadillo e a cantidade recadada (2.400
euros) foi entregada á Asociación “ Adega”.
O mercadillo foi aberto ao público con gran éxito.
Na maioría das aulas fíxose algún outro proxecto no segundo /terceiro
trimestre.
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
42
7. Continouse controlando a limpeza do patio polo alumando de 1º , 2º e 3º
de E. Primaria.
8. Continuamos traballando nas distintas datas sinaladas ao longo do curso:
a Violencia de xénero, Día da Paz, Día da Árbore, Muller Traballadora,
Autismo e Acoso escolar.
9. Mercáronse libros relacionados cos distintos temas propostos:
“ De mayor quiero ser…feliz” nº 1 e 2 de Anna Morató García. Ed.
Beascoa.
“ Medusa se ha vuelto a enfadar”. Ester Asnina. Editorial Parramón.
“ La magia de una sonrisa”. Ester Alsina. Editorial Parramón.
“ El emocionómetro del inspector Drilo” de Susanna Isern. Editorial
nubeOcho.
“ Wonder todos somos únicos”de R.J.Palacio de Editorial S.A.U
3º.- Avaliación do traballo realizado:
1.- Continuar traballando as emocións e diferentes trastornos a través de
contos.
Seleccionáronse varios contos sobre as emocións . As persoas titoras traballaban
estes contos con diferente temática. Un dos máis empregados no 1º e 2º ciclo foi
o: “ De mayor quiero ser… feliz”.
A orientadora contou algún sobre : A Dislexia e Hiperactividade
( Carme e Miguel), Violencia de Xénero ( Damián e Elvir) Acoso Escolar
(“Pedro”), Autismo ( Alma).
2.- Técnicas de relaxación.
Realizouse en todas as aulas. É necesario retomalo o vindeiro curso e poder
facelo máis a miúdo.
3.- Mediadores en 5º e 6º curso.
Houbo un grupo grande de voluntarios para facer de mediadores. Fixeron moitas
mediacións ao longo do curso.
4.- Entregar anexos en cada nivel elaborados no centro sobre: Dislexia,
Autismo, Déficits de Atención, Hiperactividade, Trastornos de conduta, Trastorno
da Linguaxe e Hemiparexia.
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
43
Consideramos que a información facilitada nos anexos é interesante e pode
axudar a deseñar estratexias con ese alumnado e tamén na súa avaliación. Falta
facer un seguimento dos mesmos.
5.- Prevención de “bulling” e de calquera outro tipo de abuso: Caixa de
suxestións: Como se senten na casa e no cole e por que. Poden escribir e/ ou
debuxar caras
En cada aula había unha caixa de suxestións para que os nenos/as puideran
poñer alí as queixas ou comentarios de como se sentían. Ao longo do curso
intentouse varias veces que todos escribiran algo.
A valoración de todo o realizado foi positiva, pero sempre se necesita seguir
traballando nisto.
6.-Seguir traballando e formándose na aprendizaxe cooperativo e iniciámonos
no traballo por proxectos.
A experiencia do traballo por proxectos foi tamén moi positiva e preténdese
continuar no vindeiro curso con el.
7.- Continuar co control da limpeza do patio.
O control dos patios por parte dos cursos 1º, 2º e 3º de Primaria resultou
satisfactorio. Continuarase realizando no vindeiro curso.
8.- Continuar traballando nas distintas datas sinaladas ao longo do curso: a
Violencia de xénero, Día da Paz, Día da Árbore, Muller Traballadora, o Acoso
escolar.
9.- Adaptación de exames para alumnado con dificultades específicas de apoio
educativo.
4º .-Propostas para o vindeiro curso:
- Continuar coas sesións de titoría semanais para facer un seguimento dos
problemas que se presentan, traballando as habilidades sociais. Propoñer que,
polo menos, unha vez cada quince días, todos os alumnos e alumnas da clase
escriban nun papel como se atopan . Este papel meterano na caixa da clase para
así, poder axudarlles o máximo posible.
- Continuar traballando técnicas de relaxación en todas as aulas.
- Continuar formando mediadores desde o inicio do curso.
- Seguir coa limpeza do patio.
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
44
- Seguir coa caixa de suxestións para que todo o profesorado que queira, pais
ou alumnado poida manifestar propostas, dicir cousas que non funcionan e que se
poidan mellorar, co obxectivo de mellorar a convivencia do centro.
- Falar ao inicio do curso das características do alumnado disléxico, autista, con
síndromes ou déficit de atención para saber mellor como tratalo.
- Incidir na importancia de que todo o profesorado se implique nas actividades
propostas para que estas sexan efectivas.
- Presentar as actividades nos diferentes niveis habitualmente.
- Continuar traballando en aprendizaxe Cooperativo e Proxectos.
- Continuar coa adaptación de exames para alumnado con dificultades
específicas de apoio educativo.
- Aumentar a participación de toda a comunidade educativa na ornamentación
estética e conservación dos espazos comúns.
- Baúl de xogos para o recreo co obxectivo de que o alumnado poida xogar a
outras cousas que non sexa o fútbol.
A Xefa de Estudos A Coordinadora
Mª Jesús Felpeto Rey Nuria Gutiérrez González
3.7- COMISIÓN DE COORDINACIÓN PEDAGÓXICA.
3.7.1.Compoñentes :
- Xefa de estudios: Mª Jesús Felpeto Rey.
- Orientadora: Mª Carmen Ogaza Rojas.
- Presidenta: Eva Mª Bouza Rey.
- Pedagoxía Terapéutica:Mª Dolores Fontela Martínez e Patricia Vázquez Lojo
- Audición e Linguaxe: Nuria Pita Fernández e David López Fernández.
-Equipo Dinamización da Lingua Galega: Mª Carmen Sanmartín Couto
- Coordinadora Infantil: Marina Rubio Jerez
-Coordinadora 1º e 2º curso: Rocío Cano Corredoira.
-Coordinadora 3º e 4º curso: Purificación Pernas García.
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
45
- Coordinadora 5º e 6º curso:Silvia Sabín Mesa.
- Coordinadora de biblioteca: Eva Mª Bouza Rey.
3.7.2.Desenvolvemento do Plan de traballo: Este curso a comisión continuou
traballando a posta en marcha do Plan de Atención á Diversidade. Iniciamos o
curso compartindo cos mestres estratexias e pautas xerais para compensar as
dificultades, que se puxeron de manifesto coas distintas probas realizadas aos
nenos/as e as probas de avaliación individualizadas pasadas nos cursos pasados
aos nenos e nenas de 3º de E.P. As estratexias estiveron baseadas en
metodoloxías de aprendizaxe cooperativa xa que teñen un gran potencial para a
aprendizaxe e ademais manteñen unha gran relación coas competencias básicas.
Estes dous aspectos formaron parte dos obxectivos do Plan de Formación
Permanente de Profesorado do centro xunto co traballo por Proxectos.
Concretáronse as pautas, avaliación e detección dos nenos/as con necesidades
de apoio específicas incluídos os nenos/as con TDAH. Nas seguintes reunión
fixéronse recordatorios de ditas pautas, especialmente sobre o déficit de atención,
os nenos/as con problemas de conduta e con hiperactividade. Como todos os
anos lembrouse o Plan de Atención Titorial e presentouse como unha fonte de
recursos para facer fronte as dificultades que se puideran presentar ao longo do
curso incluídos os nenos/as con problemas de conduta. Recordamos a
importancia de traballar as técnicas de estudio. Fomentouse o coidado do aspecto
do interior do edificio expoñendo nos taboleiros e lugares habilitados, os traballos
feitos polos nenos/as. En diferentes reunións puxemos en coñecemento o
protocolo de detección e prevención do acoso escolar. A finais de curso
nomeouse un instrutor para determinar se había acoso no caso dun neno de 4º de
E.P. O instrutor determinou que non era acoso pero propuxo unha serie de
medidas encamiñadas a que a situación denunciada non fora a mais, entre as
medidas adoptadas está a remodelación das aulas de 5º de primaria do curso que
ven onde se mesturarán os dous grupos de 4º deste curso. Puxemos en
funcionamento en todas as aulas as caixas de suxestións para que o alumnado
teñan canles anónimos (ou non segundo o neno/a desexe) para manifestar
medos, dúbidas, ou calquera tema que queira. Tamén se aplicaron outras
medidas para previr ditas situacións como os mediadores. Outro protocolo
importante que se deu a coñecer foi o de protección de datos e de actuacións
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
46
ante emerxencias. Revisouse o Protocolo de funcionamento de comedor escolar
establecendo novas normas.
Queda pendente: Artellar mecanismos de seguimento para mellorar o
funcionamento dos distintos Plans de dinamización do centro. Intentar buscar
solucións en colaboración coa Xefatura de Estudos, co Equipo de Dinamización
da Convivencia nos conflitos relacionados coa conduta, a través de distintas
técnicas de resolución de conflitos (especialmente a través da Mediación) e
aplicando o Normas de organización e funcionamento (N.O.F.) do centro que
haberá que revisar o curso vindeiro.
A Xefa de Estudios Presidenta
Mª Jesus Felpeto Rey Eva Mª Bouza Rey
3.8- MEMORIA DE EDUCACIÓN INFANTIL.
Os membros da equipa de Educación Infantil durante o curso 2018-19 foron:
Ed. Infantil 3 anos A: Ana Ayala Rodríguez.
Ed. Infantil 3 anos B: Mª del Carmen Julias Casas.
Ed. Infantil 4 anos A: Mª del Mar Rey Lago.
Ed. Infantil 4 anos B: Fátima María Muíños Rodríguez.
Ed. Infantil 5 anos A: Mª Dolores Basoa López.
Ed. Infantil 5 anos B: Mª Belén Bellón Navarro.
7ª plaza de Educación Infantil : Marina Rubio Jerez.
8ª plaza de Educación Infantil: Marina Valencia González.
Relixión: Dolores González López.
Lingua Estranxeira: Emma Mª Salgueiro Veiga.
Audición e Linguaxe: David López Fernández.
Educación Física : Enrique Blanco Guillén y Bernardo Montero Doce.
Educación Musical: Purificación Pernas García.
Orientadora: Mª Carmen Ogaza Rojas
Coordinadora: : Marina Rubio Jerez.
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
47
Fixéronse as reunións de Ciclo correspondentes, nas que se trataron os
seguintes temas:
- Composición de Ciclo e elección de coordinadora. Reparto nas equipas de
dinamización.
- Calendario e preparación das saídas extraescolares para este curso.
- Acordos sobre as necesidades materiais do ciclo e gasto de presuposto
asignado.
- Programación da participación nas diferentes festas e conmemoracións no
colexio (Samaín, Magosto, Nadal, Día da Paz, Entroido, Letras Galegas…)
- Eleccións de ítems para os boletíns de información trimestral.
- Elección de material e libros de texto para o vindeiro curso.
- Elaboración da memoria.
- Formulación de melloras ante os problemas que van xurdindo no ciclo
Neste Ciclo fixéronse as saídas programadas:
1º trimestre: Os nenos/as de 3, 4 e 5 anos foron ao teatro. Esta actividade
é programada polo Concello no Auditorio de Narón.
2º trimestre: Dúas saídas a Aldea Nova en 5 anos.
3º trimestre: Excursión á Granxa-Belelle (3 e 4 anos). Excursión a Aldea
Nova (5 anos).
No primeiro trimestre levamos a cabo a nivel de centro un Mercadillo, froito da
formación recibida no CFR e a través do grupo de traballo Tarefas integradas.
Para o seu desenvolvemento participou todo o ciclo de Ed. Infantil, e as familias
colaboraron activamente. Tamén tivemos unha sesión de maxia para toda a Ed.
Infantil e primeiro ciclo de Ed. Primaria (actividade ofrecida por unha das editoriais
escollidas en infantil).
Fixéronse as reunións xerais de pais de principio de curso, a reunión xeral de pais
ao final de curso fíxose só no final de ciclo (5 anos).
As titorías foron os martes de 16:00 a 17:00, con aqueles pais que o solicitaron.
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
48
O número total de alumnos en Educación Infantil foi de 145 alumnos. Aínda que
no mes de outubro deuse de baixa unha alumna na aula de 3 anos A e no mes de
xaneiro incorporouse outro alumno na aula de 4 anos B e unha alumna en 3 anos
A. No mes de novembro, un alumno da aula de 3 anos A non volveu a asistir ó
centro, non houbo ningunha comunicación por parte da nai. Finalmente deuse de
baixa do centro escolar.
Nas clases de 5 e 4 anos houbo varios alumnos que recibiron atención
individualizada por parte do Departamento de Orientación precisando de AL.
Na maioría dos casos non foros tratados o tempo necesario.
Cabe destacar tamén que algún neno de Educación Infantil presenta
problemas graves de conduta.
Neste curso continuamos coas mesmas dificultades que no derradeiro ano,
para poder desenvolver a nosa tarefa docente :
Excesiva ratio en Educación Infantil.
Falta de persoal de limpeza no horario lectivo.
Cando chove non se pode saír ao recreo.
Aulas e espazos comúns moi reducidas en relación á ratio
O firme da zoa dedicada ao fútbol non é o axeitado para o patio de infantil.
É prexudicial para a saúde dos nosos alumnos polo po que se levanta,
alerxias, esvaran os nenos constantemente … etc.
Por todo isto solicitamos que se fagan as xestións oportunas encamiñadas a
solucionar estas dificultades e poder levar a cabo a nosa labor docente dun xeito
máis racional e digno.
Este curso promocionan todos os alumnos/as de 6º de Ed. Infantil. En total: 49
alumnos.
A Xefa de Estudios A Coordinadora
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
49
Asdo: Mª Jesús Felpeto Rey Asdo:Marina Rubio Jerez.
3.9- EDUCACIÓN PRIMARIA 1º E 2º NIVEL.
A equipa está formada por:
- Rocío Cano Corredoira (Coordinadora).
- María del Carmen Sanmartín Couto (1ºB)
- Nuria Gutierrez González (2ºA)
- María Elena Pérez Fernández (2ºB)
- Nuria Pita Fernández (A.L.).
- Dolores Sagrario González López (Relixión).
- Enma Salgueiro Veiga (Inglés)
Esta equipa mantivo as reunión necesarias ao longo do curso para cumprir co
Plan de traballo establecido ó comezo do mesmo e tomar decisións relativas aos
seguintes aspectos:
SEGUIMENTO E CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS
Os membros desta equipa colaboraron e acordaron os distintos materiais a
empregar na aula, traballo que foi concretado polos titores de cada nivel, en
función das necesidades do mesmo. Tamén colaboraron na realización das
avaliacións iniciais e dos diferentes aspectos que se solicitaron dende o
Departamento de Orientación: tests, probas de lectura e/ou escritura,
matemáticas, sociogramas, entre outros; así como coas iniciativas que foron
propostas pola Comisión de Coordinación Pedagóxica.
Durante este curso académico 2018/2019, no 1º curso de Educación Primaria
contamos con 50 alumnos/as dos cales, 47 promocionan a 2º de Primaria con
todas as materias aprobadas. Porén hai un alumno que non promociona e dous
que si o fan, pero con dúas materias suspensas (lingua castelá e lingua galega).
Pola súa banda, en 2º de Educación Primaria, contamos tamén con 50 alumnos e
alumnas. Todos eles promocionan, aínda que catro o fan coa materia de lingua
galega suspensa.
Tendo en conta estes datos, pódese dicir que os obxectivos mínimos dos niveis
foron acadados amplamente pola maioría do alumnado.
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
50
REUNIÓNS COAS FAMILIAS.
Tal como así queda recollido na lexislación vixente, durante o mes de setembro
do ano 2018, cada unha das titoras deste ciclo, mantivemos unha reunión
conxunta con todas as familias do noso alumnado, co fin de informalas dos
aspectos esenciais de funcionamento e organización que ían guiar o traballo ao
longo do curso: materiais, equipo docente, elementos básicos de traballo na aula,
saídas, avaliación, merendas... A maiores, levamos a cabo entrevistas individuais
co fin de manter una colaboración óptima coas familias e un intercambio
bidireccional de información, para que o proceso de ensino/aprendizaxe dos seus
fillos e fillas resultase o mellor posible, os martes en horario de 16.00 a 17.00
horas.
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.
Ao longo do curso, as integrantes desta equipa participamos en todas as festas e
datas de obrigada conmemoración que se programaron dende os diferentes
grupos de traballo do centro, dende Convivencia, Dinamización da lingua galega,
Biblioteca ou Actividades Complementarias e Extraescolares.
25 de Novembro de 2018: Día internacional contra a violencia de xénero.
30 de Xaneiro de 2019: día escolar da non violencia e da paz.
8 de Marzo de 2019: día internacional da muller.
23-26 de Abril del 2019: semana do libro.
13-17 de Maio de 2019: semana das letras galegas.
Ademais celebramos o Magosto coas tradicionais castañas, un mercadillo
solidario no Nadal co fin de recadar fondos para unha asociación que loita pola
defensa do medio ambiente (ADEGA), o Entroido coa temática dos superheroes e
superheroínas, festival das Letras Galegas, no Pazo da Cultura, certame
intercentros...
SAÍDAS E OBRADOIROS
O longo do curso leváronse a cabo varias saídas e obradoiros.
1º TRIMESTRE
- Visita ás instalacións do Pazo da Cultura (1º EP)
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
51
- Taller de hábitos de alimentación saudable a cargo do Concello, no centro
(1º e 2º EP)
- Obra de teatro “A nena e o grilo máis aló” no Pazo da Cultura (1º e 2º EP).
- Taller de animación a lectura a cargo de Iago López co seu libro “O
cociñeiro Martiño” (1º EP)
2º TRIMESTRE
- Visita a Aldea Nova onde realizamos unha mañá temática de hábitos
saudables (1ºEP)
- Circuíto de Educación Viaria no centro coa colaboración da Policía Local
de Narón (1º e 2ºEP)
- Visita ao Centro de maiores Manuela Pérez Sequeiro e a Biblioteca
Municipal de Narón (2ºEP)
3º TRIMESTRE
- Visita a Aldea Nova onde realizamos unha mañá temática de hábitos
saudables (2ºEP)
- Taller de Ciencia Divertida na ludoteca (2º EP).
- Taller de animación a lectura a cargo de Paula Merlán co seu libro “O
arranxa contos” (2º EP).
- Taller de receitas saudables con froita contando coa participación das
familias do alumnado (2º EP).
- Actuación de maxia (1º e 2º EP)
A xefa de estudos A coordinadora
María Jesús Felpeto Rey Rocío Cano Corredoira
3.10- EDUCACIÓN PRIMARIA 3º e 4º NIVEL.
Con data do 25 de xuño do 2019 reunímonos os profesores de 3º e 4º
nivel de Primaria para a elaboración da memoria de final de curso.
COMPOÑENTES :
Purificación Pernas García ( MÚS) (coordinadora de Ciclo)
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
52
Carlota Pena Freijomil (3º A)
Belén Casanova Mayo (3º B)
María Jesús Felpeto Rey (4º A)
Mª Dolores Carpente Carpente (4ªB)
Mª Dolores Fontenla Martínez (P.T.)
Enrique Blanco Guillén (E.F.)
Mª Carmen Ogaza Rojas ( Orientadora)
REUNIÓNS DE PAIS
A principio de curso realizáronse reunións de pais no 3º e 4º nivel para
explicar as liñas xerais a seguir e as saídas programadas para o curso.
SAÍDAS REALIZADAS E OUTRAS ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS:
Realizáronse as saídas programadas a principio de curso, ademais de
outras que fomos engadindo a medida que se foron ofertando.
1º TRIMESTRE:
- Os nenos de 3º e 4º nivel asistiron á Mostra de teatro organizada polo
Concello .
- Os nenos de 3º nivel realizaron una excursión ao Museo de Belas Artes da
Coruña e os de 4º nivel visitaron o Museo etnográfico da Capela e realizaron unha
visita polos arredores..
2º TRIMESTRE:
- Os nenos de 3º viaxaron a Coruña para visitar “A Casa dos Peixes” e os de
4º visitaron O Museo do Humor de Fene.
3º TRIMESTRE
- Os nenos do 3º nivel realizaron una visita ao Museo Caldoval en
Mugardos onde realizaron como actividade complementaria á visita talleres
de mosaicos. Pola súa banda os nenos de 4º nivel visitaron Aldea Nova en
Narón ,onde realizaron diversos talleres sobre Ciencia
divertida.
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
53
- Os nenos de 3º e 4º nivel participaron tamén na Volta
Ciclista,organizada polo Concello,ademais de outras actividades de
Educación Vial.
PARTICIPACIÓN NAS FESTAS:
Os nenos do 3º e 4º nivel participaron xunto co resto do Colexio na
celebración das distintas festas e conmemoracións:
Magosto : Ademais de participar co resto do Colexio na festa celebrada no
patio, os nenos de 3º elaboraron bonecos con mazarocas, axudados polos
profesores.
Samaín: Os nenos adornaron cabazas para a exposición do Colexio.
Nadal: Os nenos de 3º e 4º nivel participaron na celebración dun mercadillo
solidario elaborando na clase de plástica diversos agasallos para vender e
recadar fondos para a ONG ADEGA.
Día da Paz: Todo o Colexio cantou a canción de Mama Cabra : “O mundo é
grande”.
Ademais cantaron e bailaron as cancións africanas : “Simamaca e Sisisi
Dolada”.
Entroido : Celebramos una festa ,disfrazándonos de personaxes heroes e
comemos lambetadas típicas do Entroido.
Día das Letras Galegas: Os nenos de 3º e 4º nivel participaron no certame
Intercentros organizado polo Concello coa elaboración de murais centrados nas
grandes mulleres .
Por último despedimos o Curso coa festa de Final de Curso ,organizada
pola ANPA do Colexio.
CONSECUCIÓN DE OBXECTIVOS.
En canto á consecución de obxectivos os resultados foron satisfactorios nos
dous niveis xa que a maioría dos nenos acadaron os obxectivos fixados a
principio de curso e aqueles que tiveron dificultades recibiron apoio por parte dos
especialistas e por parte do profesorado que tiña horario libre para completar o
traballo dos especialistas en P.T. e A.L. De 3º A promociona un alumno con C.S.,
C. N. e ING. suspensas , outro con matemáticas e outro con inglés. De 3º B
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
54
promociona un alumno con C.N., C.S, e L.G. suspensas e outro con inglés. De
4ºA promocionan dous alumnos con matemáticas suspensas, outro con C.N., C.S.
e inglés e outro con C.S. e inglés. De 4º B promociona un neno con L.G.
suspensas e outro con C.N. e C.S.
A xefa de estudos A coordinadora
Asdo: Mª Jesús Felpeto Rey Asdo: Mª Purificación Pernas García
3.11- EDUCACIÓN PRIMARIA DE 5º E 6º NIVEL.
Titores de 5º durante o presente curso:
- Sandra Gómez Mariño (5ºA e coordinadora de nivel)
- Eva Mª Bouza Rey (5ºB)
- Jorge Blanco Lagos (5ºC)
Titores de 6º durante o presente curso:
- Anilda Vidal Sanjurjo (6ºA e coordinadora de nivel)
- Mª Begoña Redondo Carballo (6ºB, substituta durante todo o curso de
Lucía Vellón Fernández por baixa maternal. Esta última incorporouse o 26
de xuño.
Profesores especialistas en ambos cursos:
- Silvia Mª Sabín Mesa ( Inglés en 5ºB, 5ºC, 6ºA e 6ºB)
- Emma Mª Salgueiro Veiga (Inglés 5ºA)
- José Bernardo Montero Doce (EF en 5ºB,5ºC e 6ºB)
- Enrique Blanco Guillén (EF en 5ºA e 6ºA)
- Purficación Pernas García ( Música)
- Dolores González López ( Relixión Católica)
Ao longo do curso mantivéronse reunións periódicas para tratar os
diferentes puntos recollidos na Programación Xeral Anual, os diferentes asuntos
que foron xurdindo, e, tamén, para a revisión de temas puntuais concernentes a
todo o colexio, e outros temas que se detallan.
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
55
1.- SAÍDAS, FESTAS E PARTICIPACIÓNS EN ACTIVIDADES
a) SAÍDAS:
Fixéronse as saídas previstas no Plan de Centro, agás a final de quinto de
primaria. A maiores realizáronse outras que foron xurdindo ao longo do curso e
consideramos interesantes, e que se relacionan a continuación:
- O 24 de outubro o alumnado de 5º fixo unha saída en bicicleta,
organizada polo concello ao Mosteiro do Couto.
- Os días 17 e 18 de outubro os alumnos de 5º visitaron EXPONAV e unha
exposición en “ A fundación A Banca”.
- No primeiro trimestre o alumnado de 6º visitou o museo MUNCYT en A
Coruña.
- Asistimos ás xornadas de teatro organizadas polo Concello e o 13 de
novembro vimos a obra “CRECER” da Compañía El Callejón del Gato.
- O 22 de novembro o alumnado de 5º e 6º fixo unha saída en bicicleta
organizada polo concello a favor da Igualdade.
-O 22 de xaneiro o alumnado de 6º visitou o IES Terra de Trasancos
nunha xornada de portas abertas.
-O 15 de marzo o alumnado de 5º asistiu a unha charla sobre os
transplantes de órganos, organizada por ALCER.
- O día 3 de abril o alumnado de 6º realizou unha saída a Santiago para
visitar O Parlamento e A Xunta de Galicia.
-Os día 10 de abril o alumnado de 5º realizou unha excursión a Santiago
de Compostela, para visitar a catedral (nela en concreto “O Pórtico da Gloria”) e
unha exposición sobre máquinas inventadas por Leonardo da Vinci no Mosteiro
de San Martín Pinario.
-O día 29 de abril o alumnado de 6º participou no Certame Intercentros no
apartado de Expresión Oral. As dúas obras representadas por 6º B e 6º A
acadaron cadanseu premio Accésit.
- Ao longo de todo o curso, cada quince días, o alumnado de 6º asistiu a
unhas charlas sobre igualdade e convivencia cunha monitora do concello, na hora
de libre disposición, comezando o 26 de outubro e rematando a finais de maio.
Foi beneficioso para o alumnado no seu desenvolvemento persoal e social.
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
56
-O 3 de maio o alumnado de 5º e 6º fixo unha saída en bicicleta
organizada polo concello.
-O 2 de xuño o alumnado de 5º levou a cabo un obradoiro de bicicletas
organizado polo concello.
-O 11 de xuño o alumnado de 6º participou no certame Teatro con G”
celebrado no Teatro Jofre, en Ferrol, representando dúas obras de teatro.
- A excursión de finais de curso de 5º de E.P. estaba nun principio
programada para Viveiro cunha viaxe en tren. Houbo que cambiala porque FEVE
non nos garantía prazas para todos no tren. A seguinte proposta foi ao Parque
Acuático de Cerceda para o mércores 19 de xuño pero houbo que suspendela
porque esa semana chovía. Queda pendente de facer unha saída conxunta a
comezos do curso que ven.
- O alumnado de 6º realizou unha viaxe de Fin de Etapa a Madrid entre os
días 28 e 31 de maio. Asistiron 39 alumnos/as e acompañaron tres profesores:
Anilda Vidal, Mª Belén Bellón e José Bernado Montero.
b) FESTAS E PARTICIPACIÓNS
Participamos en:
-Tódalas celebracións conxuntas do Centro: Samaín, Magosto, Nadal (coa
realización dun mercadillo), Día da Paz, Entroido, Letras Galegas e Fin de Curso.
Tamén participamos no Certame Intercentros .
- Nun obradoiro de Nutrición e outro de Igualdade os nenos de 5º en un de
Igualdade os de 6º ao longo do curso.
- O 26 de novembro visitounos a escritora Ledicia Costa, o 10 de abril visitounos a
escritora María Canosa, o 26 de abril visitounos a escritora Elvira Méndez e o 21
de maio o escritor Héctor Cajaraville.
-28 de febreiro unha charla sobre os transplantes de órganos organizada
por ALCER.
2.- REUNIÓNS DE PAIS
As reunións cos pais desenvolvéronse tal e como estaban programadas no
Plan de Centro.
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
57
Nas reunións iniciais deuse información dos obxectivos a acadar, das
normas de funcionamento, das saídas e respondeuse ás preguntas que
xurdían.
Na reunión final de 6º curso déronselles aos pais recomendacións de
traballo para o verán.
As reunións individuais celebráronse tódolos martes en horario de 16 a 17
horas dun xeito regular e, con certa flexibilidade de horario, cando era
necesario por parte dos pais
A orientadora do IES Terra de Trasancos acudiu un día ao colexio para ter
unha toma de contacto cos alumnos de 6º.
3.- ACCIÓN TITORIAL
Realizáronse sesións sempre que foron necesarias, principalmente cando
xurdía algún problema e cumpría tratalo de xeito xeral entre toda a clase, ou
noutros casos, en pequeno grupo, só cos alumnos implicados.
4.- RESULTADOS ACADÉMICOS
Durante este curso cinco alumnos de 5º e seis de 6º, participaron no plan
PROA, asistindo a clases de acompañamento no colexio polas tardes dúas veces
á semana. Observamos que nalgúns casos o aproveitamento de ditas clases foi
satisfactorio, apreciándose melloría no seu rendemento académico; pero noutros
casos non ocorreu así, debido, principalmente á falta de interese deses alumnos e
á pouca implicación por parte das familias.
Consideramos que para un maior aproveitamento desta actividade, debería
comezar no mes de outubro.
O grao de consecución de obxectivos, tanto de etapa coma os das
diferentes áreas, foi en xeral satisfactorio para a maioría dos alumnos. En 5º
nivel, dun total de 66 alumnos promocionan a totalidade, pero pasan dúas nenas
para sexto con algunha materia pendente. Unha con C.N. e C. S. e outra con
C.N., C.S. e inglés
Hai que sinalar que en 6º nivel, dun total de 50 alumnos, promocionan á
ESO a totalidade, aínda que acceden a Ed. Secundaria 8 alumnos con algunha
materia pendente, dous deles por imperativo legal. De 6º A pasan catro nenos
con inglés suspenso, e unha nena por imperativo legal. De 6º B pasan dous nenos
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
58
con C.S. e un neno con C.N., C.S. e Inglés e unha nena con C.N. , C.S., L.G.,
L.C. e inglés , estes dous últimos por imperativo legal.
Os mestres destes dous niveis queremos facer constar que hai un exceso
de contidos en tódalas áreas, en relación ó número de sesións ( necesitaríanse
máis sesións para cada materia, e non as hai).
A Coordinadora de 5º A Coordinadora de 6º
Asdo.: Sandra Gómez Mariño Asdo.: Anilda Vidal Sanjurjo
A Xefa de Estudos A coordinadora de 5º e 6º
Asdo.: Mª Jesús Felpeto Rey Asdo: Silvia Mª Sabín Mesa
3.12- PROA 2019
Coordinador do programa: Enrique Blanco Guillén.
Profesor externo que impartiu as clases: Xacobe Ágreda Casal.
Alumnado participante: 5 alumnos/as de 5º de primaria e 6 alumnos/as de 6º de
primaria.
Un alumno e unha alumna de 6º de primaria cambiaron o seu turno (martes e
xoves) para o de 5º de Primaria (luns e mércores) xa que lles resultaba imposible
ir neses días por tema de actividades extraescolares.
O horario de traballo foi de luns a xoves de 16 a 18 horas e os luns de 9 a 14
horas para apoio dentro das aulas de 5º e 6º de primaria.
Os resultados obtidos foron satisfactorios e o único que pedimos é que comece
antes para mellorar aínda máis os resultados.
Desexamos continuar co programa o curso que ven.
O coordinador
Asdo: Enrique Blanco Guillén.
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
59
3.13- PLAN DE FORMACIÓN DO PROFESORADO.
Durante o presente curso escolar levamos a cabo un PFPP titulado: O traballo
por Proxectos de xeito cooperativo, no que estivemos implicados a maior parte
do profesorado, 24 persoas no Seminario e 20 nun curso. A duración do
seminario foi de 20 horas e 15 horas o curso. Estivo coordinado por Mª Carmen
Ogaza Rojas.
Parte do equipo de profesorado de E.Infantil e algúns de E.Primaria participaron
nun curso do método ABN de matemáticas o 14 de decembro de 2018, celebrado
na Coruña.
A profesora encargada da biblioteca participou no mes de marzo nun curso “A
autonomía na procura de información en liña e o éxito escolar”.
Parte do departamento de orientación asistiu ao “9º Congreso Nacional e
Iberoamericano de Dislexia y otras dificultades específicas de aprendizaje” en
Palma de Mallorca no primeiro trimestre.
Os cinco profesores/as funcionarios en prácticas superaron o curso de Lingua
Galega e a formación inicial en igualdade, así como o obradoiro de metodoloxías
activas e as estratexias para programación de funcionarios en prácticas.
Un profesor e unha profesora superaron o nivel C1 e C2 de Lingua Galega na
Escola Oficial de Idiomas, ademais o profesor superou tamén o nivel B1 de
Lingua inglesa, e participou nos encontros do profesorado de apoio. Unha
profesora do departamento de Orientación participou nun curso celebrado en
Ferrol sobre Competencia Comunicativa:Ler para escribir, escribir para ler,
ademais de facer un Obradoiro para a mellora da competencia comunicativa en
Lingua inglesa (nivel básico).
Outra profesora realizou tamén os cursos de “Atención a urxencias sanitarias”,
“Convivencia positiva e prevención de conflitos”, “Novas ferramentas para a
ensinanza da E. Artística” e “Personalización da ensinanza e inclusión educativa”.
Outra profesora participou nas Xornadas de Formación do Programa Piteas nun
curso sobre Metodoloxías activas de Santillana.
MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019
60
4. RELACIÓNS COAS FAMILIAS.
Fixéronse as xuntanzas que marca a lei, unha a principio do curso e ao
final nalgúns cursos. Tamén se fixeron as que cada titor ou titora coidou
necesarias de maneira individual ou colectiva.
Os titores/as de educación Infantil mantiveron unha reunión informativa o
día 26 de xuño para os pais dos nenos/as de novo ingreso de infantil de 3
anos para o curso 2019-2020.
Cos pais/nais do alumnado con algún tipo de dificultades de aprendizaxe
ou de conduta, fixéronse varias xuntanzas cos profesores implicados, a
orientadora e nalgún caso algún membro do equipo directivo.
Mantívose boa relación coa directiva da ANPA ao longo do curso.
Ademais das reunión mantivéronse informados aos pais a través de
distintos medios: circulares en soporte de papel, información colgada na
páxina do colexio, vía teléfono ou a través dos taboleiros do centro.
5.- RESEÑA ECONÓMICA.
Remanente do ano 2018…………………………………….………18.575,40 €
Ingresos Biblioteca Inclusiva (2018)………………………………….400,00 €
TOTAL REMANENTE……………………………………………… 18.975,00 €
Ingresos da Consellería…40% Gastos funcionamento…..……. 13.288,00 €
Ingresos da Consellería 30% Gastos funcionamento……………..9.966,00 €
TOTAL DE INGRESOS…………………………………… ………42.229,40 €
Total de Gastos a 27-06-19…………………………………………..18.658,81
SALDO EN CONTA A 27-06-19……………………………………23.543,59 €
A Secretaria
Asdo: Carlota Pena Freijomil.