Post on 23-Jun-2015
Memorias dun neno labrego.
Xosé Neira VilasEdiciós do Castro
Realizado por:Raquel Montes GómezPatricia Pérez LoresCarla Regueira MuñizMarta Martínez Lores
1
Xosé Neira Vilas (Vila de Cruces,Pontevedra, 1928), narrador, ensayista, periodista e poeta galego.A súa infancia foi marcada por un época de emigración e traballo que reflexa neste libro e se identifica co protagonista.A súa obra en narrativa critica a sociedade galega de principios do século vinte, sempre cunha linguaxe sinxela para a comprensión dos seus lectores.
2
Personaxes principais:
3
• Balbino: é o pequeno protagonista desta historia. É un neno labrego pícaro e aventureiro. Sucédenlle unha serie de acontecementos que están relacionados coa pobreza na que vive. Isto non lle impide enfrentarse ós problemas que sofre e acabar traballando para un señor que o trata moi ben.• A Nai: é a nai do protagonista. Sempre vai coa
tía Carme.• O Pai: é un home serio e comprensible con
Balbino que quere un bo futuro para o seu fillo e a maioría das veces acaba discutindo co seu fillo por iso.• Tía Carme: axuda a Balbino en varias ocasións e
sempre o comprende.• O Padriño: dálle consellos a Balbino sobre a vida
para chegar moi lonxe e ser unha persoa de importancia.
4
Personaxes secundarios:• O Señor: é o xefe da aldea. Tivo un gran
problema co pai do Balbino por culpa do rapaz e casi os bota.• Manolito: é o fillo do señor que sempre insulta a
Balbino e o rapaz farto diso dálle cunha pedra que o fai sangrar.• Lelo: é o mellor amigo do protagonista que ten
que emigrar a América pero os rapaces singuen en contacto por carta.• Celia e Miguel: son os dous irmáns de Balbino.
Miguel emigra a América e Celia acolle ó rapaz e o axuda a atopar traballo.• Eladia: mestra do protagonista do que queda
namorado.
5
Resumo:Este libro trata dun rapaz chamado Balbino. O neno é labrego e ten unha familia moi pobre, pero esto non lle impedirá que lle sucedan moitas aventuras que plasmará nun caderno. É un neno aventureiro e vergonzoso que pensa moito no mundo e o reflexa nos episodios na súa vida como labrego.
6
Pasaxes que máis nos gustaron:
“Eu son Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen di ,un ninguén. E ademáis , pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesares do que lle aconteceu por causa miña.”
“ Debe ser boa cousa chegar a grande. Os grandes son donos de si e do mundo. Fan e desfán, gobernan, arman o merlo con guerras, negocios e canta trangallada hai.Pero, como di a madriña, non sempre é puro o que reluce. Os grandes teñen as súas tristuras e desacougos. E ás veces inda nos gañan en rapazadas. De non ser así non se encabuxarían cando lles sinalamos algo que está mal.”
“Hai quen di que todo o que nos acontece está sinalado de antemán. Que andamos por camiños mallados. Cadaquén vai polo seu, queira que non, coma se o levase un anxo ou unha meiga. Eu non creo tal cousa.”
7
Recomendacións:Recomendámosvos este libro para que o leades. Aínda que o que lle pasa ó protagonista é triste, non é máis que a realidade da época en Galicia.É unha obra en narrativa cun vocabulario sinxelo e moi fácil de ler.
Gustóunos, e estamos seguras de que a vós tamén vos gustaría.
Esperamos que vos gustase a nosa presentación.
8
FIN
Música banda sonora celta, Carlos Núñez