Miño Neira

Post on 14-Apr-2017

69 views 2 download

Transcript of Miño Neira

ESPAZOS NATURAISMiño-Neira

Abrangue o curso do río Miño desde o Caneiro de Santalla, aguas abaixo da cidade de Lugo, ata a localidade de Leboriz, e o río Neira, desde a súa confluencia co Miño ata a Ponte de Neira.

SITUACIÓN: Centro-sur da provincia de Lugo. Localidades de referencia: Lugo, Neira e Cela. SUPERFICIE: 842,2 ha CONCELLOS: Guntín, Lugo, O Corgo, O Páramo.VALORES NATURAIS:Río, bosques de ribeira, aves acuáticas...

PROTECCIÓN•Forma parte da Reserva da Biosfera Terras do Miño.•Foi declarado como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais en 2007, provisionalmente, por 3 anos. Logo foi incluído na proposta de ampliación de 2008 con 18.210 ha, que a Xunta reduceu en 2011 a 842 ha, proposta que actualmente está paralizada, polo que o espazo quedou sen protección.

CLIMATemperado oceánico submediterráneo, cunha precipitación anual acumulada entre os 800-1.200 mm e unha temperatura media anual de 13-14ºC.

Nace na Serra de Meira e desemboca na Guarda, no Océano Atlántico. Despois de atravesar a Terra Cha comeza a encaixarse alternando tramos estreitos entre rochas graníticas, con rápidos, e zonas de rochas máis brandas, onde discorre mainamente formando illas. Neste espazo recibe pola dereita os regos Cuíña, Vilavite e Ceza, e pola esquerda os ríos Chamoso e Neira.

RÍO MIÑO

Ínsua de Santa Comba, entre Guntín e O Corgo

http://sixpac.xunta.es/visorsixpac/

Ínsua de Santa Comba

Acceso á insua de Santa Comba desde O Corgo

O río Chamoso pouco antes de se xuntar co Miño

O Miño na Fervenza (O Corgo)

O Miño na Fervenza (entre O Corgo e Guntín)

O Miño na Fervenza (entre O Corgo e Guntín)

O Miño entre o Corgo, Guntín e o Páramo pouco despois de recoller as augas do Neira.

Nace nas proximidades de Fontaneira (Baleira). Ten un percorrido de 56 km e desemboca no Miño entre os concellos O Páramo e O Corgo. Neste espazo recibe pola marxe esquerda os rego de Vigo de Fondo e O Castro.

RÍO NEIRA

Ponte Neira

O Neira en Ponte Neira (Cela), no linde entre O Corgo e O Páramo. Na ribeira de O Corgo hai unha ampla área de lecer.

Presa no Neira, entre O Páramo e O Corgo Cela).

Nora á beira do Neira, en Cela. Accedese desde Ponte Neira por un camiño que hai á dereita un pouco antes de chegar á ponte.

HÁBITATS-Curso de augas correntes, con remansos e presenza de illas.-Bosque ripario de Osmundo-Alnion.-Bosque mixto de carballo (Quercus robur) e rebolo (Q, pyrenaica).-Augas estancadas con vexetación acuática.-Formacións naturais de matogueira (uceiras e toxeiras) e restos de estripeiras.-Repoboacións forestais constituídas principalmente por Pinus radiata.-Cultivos de diversa natureza con arborado disperso e/ou formando sebes.-Núcleos de poboación rural.

FLORAO espazo forma parte da rexión Eurosiberiana (provincia Atlántica-Europea e subprovincia Cántabro-Atlántica.A vexetación máis representativa é a que está ligada á auga Acolle excelentes representacións de bosques de galería e paisaxes agrarias con sebes de grande valor ambiental.

-BOSQUE DE RIBEIRA dominado por salgueiros (Salix atrocinerea), freixos (Fraxinus angustifolia) e amieiras (Alnus glutinosa) acompañados de Carex paniculata subsp. lusitanica, Rorippa islandica, chantaxe de auga (Alisma plantago-aquatica), pé de boi (Oenanthe crocata), Sium angustifolium, herba salgueira (Lythrum salicaria), raíña (Filipendula ulmaria), narcisos (Narcissus pseudonarcissus)…

Salgueiros e pé de boi na beira do Miño

Herbas da prata (Ranunculus peltatus)

Narcissus pseudonarcissus ssp. Nobilis

-CARBALLEIRAS de carballo (Quercus robur) e, en menor medida, rebolo (Q, pyrenaica), con sotobosque de Ajuga reptans, Stellaria holostea, Stellaria graminea, Silene dioicaedrys, leiteira (Euphorbia dulcis), Crepis lapsanoides, Geum urbanum, Allium scorzonerifolium, Galium broteranium (endemismo ibérico-occidental), violeta (Viola riviviana), paxariños (Linaria triornithophora), fentos (Dryopteris filis-mas, Pteridium aquilinum)…-Nos claros aparecen estripos (Crataegus monogyna), sanguiño (Frangula alnus), silveiras (Rubus ulmifolia), roseiras (Rosa spp).

-Augas remansadas con vexetación acuática: salgueiriño Lytrum salicaria, Apium nodiflorum, Gliceria declinata, Eleocharis palustris, chantaxe de auga (Alisma plantago-aquatica), Ranunculus peltatus subsp. peltatus var. peltatus, Polygonum amphibium, ambroíño (Nymphaea alba), lirios (Iris pseudoacorus), espadanas (Tipha), Platanaria (Sparganium erectum)...

Lirio (Iris pseudoacorus)Platanaria (Sparganium erectum). Medra en augas de pouco andar.

Polygonum amphibium

Carpaza boieira (Halimium lasianthum

-MATOGUEIRAS con xestas (Cytisus multiflorus, Cytisus striatus), toxos (Ulex europaeus, Ulex minor), breixos (Erica umbellata, Erica cinerea, Calluna vulgaris), carpaza boieira (Halimium lasianthum), Cistus psilosepalus), tomelo (Thymus caespititius, endemismo ibérico), Osyris alba, Hypericum humifusum, Agrostis curtisii, Carex binervis, orquídeas (Serapias lingua, Serapias parviflora)...

Salgueiro na Fervenza (O Corgo)-2,70 m de perímetro.

ÁRBORES SENLLEIRAS

Amieira na Fervenza (O Corgo)-3,76 m de perímetro.

Carballo na Fervenza (O Corgo)-5,63 m de perímetro.

Carballo na Fervenza (O Corgo)-4,18 m de perímetro.

Carballo na Fervenza (O Corgo)-4,10 m de perímetro.

Rebolo na Fervenza (O Corgo)Carballo na Fervenza (O Corgo)

Lontra (Lutra lutra)

FAUNAA fauna máis destacada deste espazo é a ligada ao bosque de ribeira e ao medio acuático, sobre todo aves, anfibios e insectos.

MAMÍFEROSLontra (Lutra lutra), furapresas (Galemys pyrenaica), teixugo (Meles meles), algaria (Genetta genetta), fuíña (Martes foina), morcegos (Rhinolophus ferromequinum e Myotis daubentonii)…

Chasco (Saxicola torquata),

AVES Papuxas (Sylvia undata, S. atricapilla, S. communis, S. borin), piquelo azul (Sitta europaea), reiseñor da auga (Cettia cettia), lavandeira real (Motacilla cinerea), merlo rieiro (Cinclus cinclus), martiño peixeiro (Alcedo atthis), ferreiriños (Parus. ater, P. major, P. caeruleus, Aegtithalos caudatus), agabeador (Certhia brachydactila), estreliña riscada (Regulus ignicapillus), picafollas (Phylloscopus ibericus, P. collybita), Carriza (Troglodytes troglodytes), ouriolo (Oriolus oriolus), varios frinxílidos (Carduelis chloris, C. carduelis, C. cannabina, Fringilla coelebs, Serinus serinus, Pyrrhula pyrrhula), escribentas (Emberiza cirlus e E. citrinella) avenoiteira (Caprimulgus europaeus), azulenta común (Prunella modularis), chasco (Saxicola torquata), laverca (Alauda arvensis), picaxuncos (Cisticola juncidis), pica das árbores (Anthus trivialis), picanzo vermello (Lanius collurio), cuco (Cuculus canorus), rula (Streptopelia turtur), anduriña común (Hirundo rustica)...

Ferreiro abelleiro (Parus major)

...lavanco (Anas platyrhynchos), garza real (Ardea cinerea), cegoña (Ciconia ciconia), miñato queimado (Milvus migrans), Miñato común (Buteo buteo), gabián (Accipiter nisus), Azor (Accipiter gentilis), falcón peregrín (Falco peregrinus), falcón pequeno (Falco subbuteo), lagarteiro peneireiro (Falco tinnunculus), avelaiona (Strix aluco), curuxa (Tyto alba), moucho de orellas (Otus scops).

Lavancos (Anas platyrhynchos)

Lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi)

RÉPTILESLagarto arnal (Lacerta lepida), lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi), víbora de Seoane (Vipera seoanei)…

ANFIBIOSRa patilonga (Rana iberica), estroza (Hyla molleri), saramaganta (Chioglossa lusitanica), sapiño pinto (Discoglossus galganoi)…

Exemplar xuvenil de estroza ou rela (Hyla molleri)

Chondrostoma arcasii

PEIXESTroita (Salmo trutta fario), escalo (Squalius carolitertii), picón ou espiñento (Gasterosteus aculeatus), Chondrostoma arcasii, Chondrostoma duriense ...

INVERTEBRADOSDestaca a grande variedade de insectos ligados á auga (libeliñas, cabalos do demo, chinches de auga, patinadores, mosquitos…) e dos bosques de ribeira (vacaloura, escaravello de cornos longos, bolboretas…); moluscos (lesmas, caracois, mexillón de río); vermes…

Libeliña (Calopterix splendens)Mexillón de río (Margarita margaritifera) só se atopa en ríos coas augas limpas. Pode acadar máis de 10 cm de lonxitude. Está en perigo de extinción.

ACTIVIDADESPesca, lecer, muíños, regadío...

HISTORIA-PATRIMONIO CULTURALNoutros tempos (ata a construción dos encoros) era unha área de pesca importante, especialmente da anguía, para o que se construían caneiros.Ao longo do río consérvanse pontes e muíños.

Muíño na Fervenza (O Corgo)

amieiras están a padecer unha agresiva praga de fungos, especialmente o Phytophttora alni, que está matando árbores por toda a cunca do Miño-Sil, no Eume, no encoro de Cecebre... co conseguinte efecto ecolóxico sobre as ribeiras e as augas dos ríos.

PROBLEMASEspecies invasoras, contaminación, pragas...

A Fervenza (O Corgo)Unha amieira de 4,85 m de perímetro víctima dos fungos.

Carballeira na ruta da Fervenza (O Corgo)

PUNTOS DE INTERESE•As Ínsuas •Caneiros•Rápidos da Fervenza (entre O Corgo e Guntín)•Muíños: A Fervenza (O Corgo), Ferroi (Guntín).•Áreas de Lecer: A Fervenza, Ponte Neira, desembocadura do Chamoso.•Pontes: Ponte Neira, Chamoso. •Nora de Ponte Neira

Montaxe: Adela LeiroFotos: Adela Leiro, Mon Daporta