Post on 04-Aug-2020
Tanto o xornal capitali-no como o semanario eumésacolleron interesantes novasque seleccionamos. Entretodas elas sorprenderonmevarios artigos publicados en“Ecos” valorando a unifi-
NOVAS DE PONTEDEUME E A SÚA COMARCAPUBLICADAS EN ECOS DEL EUME E EN LA VOZ DE GALICIA
EN 1913
Xavier Brisset Martín
cación dos concellos de Cabanas e Pontedeume. A proposta non foi adiante e siguedebatíndose, 100 anos despois, como única solución á viabilidade económica da xestiónlocal no Baixo Eume.
Nese ano quedou aberta para o público a vía ferroviaria Betanzos – Ferrol e a estra-da Cabanas – As Pontes. Na cidade da Coruña comezou a funcionar o tranvía electrico.
Na vila celebrouse a II Festa da árbore e o I Concurso gandeiro, mentres o duquede Alba subastaba algunha das súas posesións na comarca.
Varios eumeses fundaron a sociedade “La Protectora” que tivo protagonismo nosseguintes anos celebrando as Festas do peixe, por primeira vez en Galicia, ceibandosalmóns no río Eume.
No rural vanse introducindo, moi a modo, as modernas máquinas trilladoras men-tres as aldeas van quedando sen mozos. No fenómeno emigratorio, en pleno vigor, partic-iparon numerosísimos adolescentes varóns que, prematuramente, se embarcaron para nonir movilizados a Marrocos. Declarados prófugos, periódicamente se lles ofrecía o indultosempre que pagaran a redención a metálico.
As poderosas asociacións de emigrantes continuaron asumindo responsabilidadesna construcción e dotación de escolas, delatando o imperdonable absentismo do Estadonesta materia.
Mentres, no Arsenal de Ferrol, segue o programa de rearme naval que ofrece tra-
ballo a case 4.000 obreiros. O 7 de maio botouse o acoirazado “Alfonso XIII”. Entre os
festexos programados actuou o piloto mugardés José Piñeiro que tras numerosas pasadas
a poucos metros por riba dos espectadores, caeu ó mar resultando ileso.
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios
2
Pintura do acoirazado Alfonso XIII
Os traballadores do naval ferrolán protagonizaron un conflictivo fin de ano. Dende
o 25 de novembro ata pasado o Nadal mantiveron parado o estaleiro esixindo a renuncia
do contramaestre Casado, acusado de malos tratos sistemáticos. O interlocutor da empre-
sa, o inxeñeiro inglés Mr. Spiers, negouse a acceder á petición alegando o principio de
autoridade.
A folga extendeuse á cidade, contando co apoio das asociacións agrarias da bis-
barra. Personal da Mariña fíxose cargo do funcionamento da fábrica de luz e dos fornos
que fornecían de pan á cidade, mentres a Garda civil protexía os envíos de leite para os
hospitais.
Concentraronse forzas de Asturias, León e Palencia e dous escuadróns do
Regimiento Galicia, que durante varios días foron acollidos en casas particulares de
Pontedeume. Este servicio de aloxamento deu motivo a protestas pois nalgunhas casas man-
daron acoller a dous soldados, mentres outros veciños da mesma rúa quedaban liberados.
Cando o conflicto ía para duas semanas, os traballadores da Coruña, solidarizán-
dose cos compañeiros forroláns, decretando a folga xeral na capital. Durante nove días,
do 8 ata o 16 de decembro, parou a cidade, véndose a persoal da Armada e do Exercito
descargando nos peiraos.
O contramaestre Casado firmou a renuncia, pero chegou contraorden de Londres.
Se filtra nos xornais que antes de ceder, a empresa pechaba o estaleiro.
Os últimos 15 días a folga resiste gracias ó reparto de alimentos e cartos enviados
dende outras cidades.
En votación secreta celebrada o 28 de decembro unha maioría dos obreiros decide
regresar ó traballo. Son ceibados os detidos e non haberá represalias. Parece que Casado
retirou a súa renuncia.
A folga xeral realizada na Coruña con motivo deste conflicto no Arsenal, foi a ter-
ceira e última do ano. A fins de abril convocouse a primeira, en protesta da visita á cidade
de Juan de la Cierva. Avogado, acudía citado pola Audiencia para defender dous casos
particulares, pero seu protagonismo como ministro de Gobernación na represión da
“Semana tráxica” catalana, catro anos antes, ainda non se esquecera. Maurista convenci-
do, como os máis dos conservadores coruñeses, foi, durante tres días, arroupado polos
seus correlixionarios tan intensamente como asubiado polos obreiros e republicáns.
Eses mesmos días comezou a folga dos metalúrxicos esixindo a xornada de oito
horas. Un mes despois recibiron a solidaridade das demais sociedades obreiras que con-
vocaron outra folga xeral na cidade durante os días 2, 3 e 4 de xuño. A mediación do
alcalde e do gobernador civil foron achegando posicións polo que mandaron buscar a un
dos empresarios que debía asinar o acordo e se desplazara a Carballo. Alí dixeron que
marchara a Ponteceso, polo que enviaron por él o automobil do alcalde. Pero ao parecer
xa saira para Camelle, distante varias leguas e onde se chegaba por un camiño de ferradu-
ra, polo que tiveron que arreglar sen él.
A preocupación das organizacións obreiras que desexaban manter a paz entre as
nacións europeas se expresaba na II Internacional, que, coa adhesión das asociacións dos
traballadores galegos, celebrou congresos en Basilea e Londres. Ante a treboada bélica
que se albiscaba no horizonte, denunciar a escalada armamentística era o compromiso que
unía ós traballadores de todos os paises que de ningunha maneira querían enfrontarse
entre si. Fracasaron, pero deso toca falar o ano que ven.
3
Novas de Pontedeume e a súa comarca publicadas en ECOS DEL EUME
e en LA VOZ DE GALICIA durante 1913
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios
4
13 de xaneiro
5
Novas de Pontedeume publicadas en ECOS DEL EUME
e en LA VOZ DE GALICIA durante 1912
8 de febreiro
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios
6
20 de febreiro
7
Novas de Pontedeume publicadas en ECOS DEL EUME
e en LA VOZ DE GALICIA durante 1912
23 de marzo
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios
8
27 de marzo
19 de abril
9
Novas de Pontedeume publicadas en ECOS DEL EUME
e en LA VOZ DE GALICIA durante 1912
7 de xullo
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios
10
28 de xullo
11
Novas de Pontedeume publicadas en ECOS DEL EUME
e en LA VOZ DE GALICIA durante 1912
31 de agosto
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios
12
28 de outubro
13
Novas de Pontedeume publicadas en ECOS DEL EUME
e en LA VOZ DE GALICIA durante 1912
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios
14
15
Novas de Pontedeume publicadas en ECOS DEL EUME
e en LA VOZ DE GALICIA durante 1912
12 de xaneiro
12 de xaneiro
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios
16
16 de marzo
17
Novas de Pontedeume publicadas en ECOS DEL EUME
e en LA VOZ DE GALICIA durante 1912
16 de marzo
30 de marzo
30 de marzo
Continúa na páxina seguinte...
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios
22
23
Novas de Pontedeume publicadas en ECOS DEL EUME
e en LA VOZ DE GALICIA durante 1912
Continúa na páxina seguinte...
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios
24
11 de maio
25
Novas de Pontedeume publicadas en ECOS DEL EUME
e en LA VOZ DE GALICIA durante 1912
18 de maio
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios
26
8 de xuño
27
Novas de Pontedeume publicadas en ECOS DEL EUME
e en LA VOZ DE GALICIA durante 1912
Continúa na páxina seguinte...
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios
28
8 de xuño
29
Novas de Pontedeume publicadas en ECOS DEL EUME
e en LA VOZ DE GALICIA durante 1912
8 de xuño
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios
30
22 de xuño
31
Novas de Pontedeume publicadas en ECOS DEL EUME
e en LA VOZ DE GALICIA durante 1912
6 de xullo
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios
32
17 de agosto
33
Novas de Pontedeume publicadas en ECOS DEL EUME
e en LA VOZ DE GALICIA durante 1912
Continúa na páxina seguinte...
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios
34
24 de agosto
35
Novas de Pontedeume publicadas en ECOS DEL EUME
e en LA VOZ DE GALICIA durante 1912
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios
36
37
Novas de Pontedeume publicadas en ECOS DEL EUME
e en LA VOZ DE GALICIA durante 1912
Continúa na páxina seguinte...
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios
38
39
Novas de Pontedeume publicadas en ECOS DEL EUME
e en LA VOZ DE GALICIA durante 1912
Continúa na páxina seguinte...
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios
40
14 de setembro
41
Novas de Pontedeume publicadas en ECOS DEL EUME
e en LA VOZ DE GALICIA durante 1912
23 de novembro
2 de novembro
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios
42
21 de decembro