O diñeiro - Educacióncentros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/departamentos/econom… · O...

Post on 19-Jul-2020

0 views 0 download

Transcript of O diñeiro - Educacióncentros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/departamentos/econom… · O...

O diñeiro

Historia dunha ambición

Non todo o diñeiro é igual

Orixe Cualidades Usos Clases Funcións O euro

Historia

Do troco ao diñeiro Cando e donde aparece

O troco

Os primeiros homes cando desexaban cambiar carne de vaca por coello tiñan que poñerse dacordo en canta cantidade dun daban polo outro

Mais o troco… Necesita unha dobre

coincidencia de intereses dos que trocan entre sí

Exixe porse dacordo na cuantía en cada intercambio

Non permite máis que un mercado de bens de primeira necesidade

Resulta moi difícil nunha sociedade especializada

O INTERCAMBIO E O DIÑEIRO

Ferreiro:Necesita vender

un aradoe mercar carne

Agricultor:necesita vender trigo e mercar

un arado

Gandeiro: necesita vender

carne e mercar trigo

O DIÑEIRO EVITA A NECESIDADE DA DOBRE COINCIDENCIA DE INTERESES NECESARIA NO TROCO

O INTERCAMBIO E O DIÑEIRO: O dobre fluxo de bens e diñeiro asegura os intercambios múltiples.

CONSUMIDOR PRODUCTOR

Compra de productos

Pago polos productos

Para ser diñeiro, ten que ser… Aceptado

socialmente Duradeiro Transportable Escaso

Homoxéneo Divisible Difícil de falsificar

Aceptado socialmente

Calqueira cousa coa que a xente estea dacordo con que é diñeiro, será diñeiro

Duradeiro

A xente non está disposta a aceptar como pagamento dun ben algo que perda o seu valor en pouco tempo.

Facilmente transportable

Cando a xente ten que facer pagamentos de certa magnitude o medio de pago debe ser lixeiro en relación ao seu valor.

Limitado e escaso

Non se pode utilizar como diñeiro un ben que se atope a disposición de calqueira en cantidades ilimitadas

Divisible

As cousas de pouco valor só se poden mercar con cartos de pouco valor.

Tamén son útis os múltiplos: podes pagar un coche con moedas de un €?

Homoxénea

Tódalas unidades daquilo que utilicemos como diñeiro deben ser iguais.

Difícil de falsificar

Hai que ter garantía de que aquilo que recibimos como diñeiro, non hai dúbida de que o é.

Cantas clases de diñeiro hai? Diñeiro-mercadoría Diñeiro-metálico Diñeiro-papel Diñeiro-símbolo Diñeiro-bancario

Diñeiro-mercadoría

É a forma predominante cando o que teñen lugar son trocos e se utiliza unha mercadoría de forma habitual en todos os trocos

Diñeiro-metálico-1

O ouro e prata sustitúen as mercadorías como diñeiro

Primeiro, en bruto, valéndose de instrumentos de pesaxe…

Diñeiro-metálico-2

…Despois facendo bloques do mesmo peso e tamaño, como os lingotes, que levan o selo da fábrica correspondente…

Diñeiro-metálico-3

…E logo, baixo a forma de moedas acuñadas, xeralmente polos estados

Diñeiro-papel-1

Os billetes de banco xorden para evitar levar nas viaxes comerciales grandes cantidades de ouro e prata

Diñeiro-papel-2

Por exemplo: Depositábase o ouro nun banco de Florecia, que garantía que a persoa portadora dun documento dispón da cantidade de ouro, e que facía efectivo na sucursal de Londres.

Diñeiro-símbolo-1

Cando o diñeiro deixa de estar respaldado por unha certa cantidade de ouro, que é o que fai que manteña o seu valor?...

Diñeiro-símbolo-2

…A fe, a confianza en que os demáis acepten eses billetes que levamos na man

A confianza nunha moeda descansa sobre a fortaleza económica do país e, sobre todo, na política económica do goberno correspondente

Diñeiro-bancario

Hoxe, a maior parte das nosas transaccións as facemos sen moedas e billetes: mediante cheques, tarxetas, pagos telefónicos…

O único que importa realmente son as anotacións nas contas bancarias da xente.

As funcións do diñeiro

Medio de cambio Depósito de valor Unidade de conta

Medio de cambio

O diñeiro debe ser aceptado para pagar toda clase de bens e servicios

Depósito de valor

O diñeiro débese poder gardar para realizar compras no futuro sen que perda valor de xeito importante.

Se a inflación é elevada, non é lóxico aforrar, senon gastar xa.

Unidade de conta

O diñeiro permítenos medir e comparar os prezos dos diversos productos existentes na economía