O río que nos une,unha ollada ao Anllóns desde A Laracha

Post on 09-Jul-2015

780 views 3 download

description

O río Anllóns é a columna vertebral da comarca de Bergantiños; acolle unha grande diversidade biolóxica, pero tamén recibe numerosas agresións derivadas das actividades humanas.

Transcript of O río que nos une,unha ollada ao Anllóns desde A Laracha

O río que nos une

Unha ol lada ao Anllóns desde A

LarachaIES Agra de Leborís

Desde o seu nacemento a carón do Xalo, até desembocar na ría de Corme e Laxe, o Anllóns convértese na columna vertebral de Bergantiños.

Testemuña milenaria dos cambios na paisaxe ao seu paso pola Laracha

contempla

como matos e pradeiras gañaron terreo nas zonas máis altas

A paisaxe agraria de pequenas parcelas separadas por sebes de arbustos

autóctonos

Plantacións forestais

Eucaliptos

Piñeiros

Chopos

Castiñeiros

O bosque de ribeira protexe o río como

un tesouro

Ameneiros e freixos compiten polo dominio do ceo.

Outras árbores son quen de sobrevivir máis preto do chan, á procura dun oco no que medrar.

Ou agochadas baixo a sombra das máis altas

Á hedra non l le queda outra que gavear na procura de luz.

E aos carballos mesmo non l les importa estar un pouco máis lonxe da auga

Sombra e humidade, son as condicións que atopan as plantas do sotobosque.

Aquí teñen os fentos un hábitat perfecto.

O bosque de ribeira e o río forman unha enorme despensa para incontábeis especies de insectos, vermes, arácnidos, moluscos, crustáceos, …

Peixes, anfibios, réptiles,…

Aves, …

E mamíferos.

Pero este refuxio de biodiversidade vese constantemente ameazado polas actividades humanas.

Introducimos especies invasoras que compiten coas autóctonas.

Contaminamos as augas, eliminamos a vexetación da ribeira, …

Nós sempre poderemos atopar traballo noutro conto, pero o bosque xa nunca será o mesmo.

QUE OS NOSOS RÍOS SIGAN VIVOS

Aínda estamos a tempo de conservar vivos moitos dos nosos ríos, de preservar as comunidades que só neles e nas súas beiras teñen acougo.

IES Agra de Leborís A Laracha