O MILIARIO DE SANTIAGUIÑO DE ANTAS. Unha nova ollada a...

16
1 O MILIARIO DE SANTIAGUIÑO DE ANTAS. Unha nova ollada a unha pedra antiga. Rafael María Rodríguez Martínez (Artigo publicado no Boletín do S.E.R.E.N.(Seminario de Estudios Redondeláns, Nº4. 2007) Non é a primeira vez, e con seguridade tampouco a última, que se escrebe sobre o miliario de Antas, tamén coñecido como “O Marco” ou a “Anta de Maniola” 1 . De todos é coñecido á súa importancia , tanto como documento histórico como pola identificación e sentimento de propiedade que a comunidade local proxecta e proxec- tou sobre él, emanado éste dunha serie de propiedades relacionadas con curacións e ritos de fertilidade que lle foron sendo conferidas á peza romana ao longo dos seus case 2.000 anos de antigüidade. Os traballos que aquí presento, son o resultado das sondaxes arqueolóxicas execu- tadas entre os días 16 e 26 de abril do ano 2007 no entorno inmediato do citado ben ar- queolóxico. Esta intervención, incluíuse dentro das actividades complementarias recollidas dentro do Proxecto de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal “VÍAS ATLÁNTI- CAS” que liderou a Excma Deputación de Pontevedra. Os obxectivos plantexados á hora de proxectar a intervención centrábanse en dous aspectos; o primeiro, aclarar se a posición do miliario era a orixinaria, se se atopaba “in situ” e o segundo obxectivo, dilucidar se no entorno aínda se conservaban restos da traza viaria orixinaria da vía romana Bracara ad Asturicam por Lucus Augusti, máis coñecida como Vía XIX do Itinerario Antonino. Como veremos a seguir, duas das catro sondaxes arqueolóxicas executadas fornece- ron resultados positivos, documentando restos da infraestructura viaria (aínda que alterada) e poñendo de manifesto o emprazamento primario do marco miliario, así como unhas di- mensións e factura que nos indican que estamos ante un miliario Altoimperial. De novo, e como levo facendo desde que o grupo S.E.R.E.N me invitou a colabo- rar con eles por primeira vez, debo agradecerlles profusamente á posibilidade de publicar un novo artigo neste seu boletín e de todos os redondeláns e pontevedreses inquedos polo coñecemento da súa historia e da súa cultura; de novo a María, por seguir soportando as “neuras” dun arqueólogo; a Antonio Torrón, compañeiro de aventuras no Proxecto “Vías

Transcript of O MILIARIO DE SANTIAGUIÑO DE ANTAS. Unha nova ollada a...

Page 1: O MILIARIO DE SANTIAGUIÑO DE ANTAS. Unha nova ollada a ...viasatlanticas.depo.gal/documentos/Miliario%20Santiagui%f1o%20de… · grandes cidades do Imperio romano, facendo constar

1

O MILIARIO DE SANTIAGUIÑO DE ANTAS.

Unha nova ollada a unha pedra antiga.

Rafael María Rodríguez Martínez

(Artigo publicado no Boletín do S.E.R.E.N.(Seminario de Estudios Redondeláns, Nº4. 2007)

Non é a primeira vez, e con seguridade tampouco a última, que se escrebe sobre o

miliario de Antas, tamén coñecido como “O Marco” ou a “Anta de Maniola”1.

De todos é coñecido á súa importancia , tanto como documento histórico como

pola identificación e sentimento de propiedade que a comunidade local proxecta e proxec-

tou sobre él, emanado éste dunha serie de propiedades relacionadas con curacións e ritos

de fertilidade que lle foron sendo conferidas á peza romana ao longo dos seus case 2.000

anos de antigüidade.

Os traballos que aquí presento, son o resultado das sondaxes arqueolóxicas execu-

tadas entre os días 16 e 26 de abril do ano 2007 no entorno inmediato do citado ben ar-

queolóxico. Esta intervención, incluíuse dentro das actividades complementarias recollidas

dentro do Proxecto de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal “VÍAS ATLÁNTI-

CAS” que liderou a Excma Deputación de Pontevedra.

Os obxectivos plantexados á hora de proxectar a intervención centrábanse en dous

aspectos; o primeiro, aclarar se a posición do miliario era a orixinaria, se se atopaba “in

situ” e o segundo obxectivo, dilucidar se no entorno aínda se conservaban restos da traza

viaria orixinaria da vía romana Bracara ad Asturicam por Lucus Augusti, máis coñecida

como Vía XIX do Itinerario Antonino.

Como veremos a seguir, duas das catro sondaxes arqueolóxicas executadas fornece-

ron resultados positivos, documentando restos da infraestructura viaria (aínda que alterada)

e poñendo de manifesto o emprazamento primario do marco miliario, así como unhas di-

mensións e factura que nos indican que estamos ante un miliario Altoimperial.

De novo, e como levo facendo desde que o grupo S.E.R.E.N me invitou a colabo-

rar con eles por primeira vez, debo agradecerlles profusamente á posibilidade de publicar

un novo artigo neste seu boletín e de todos os redondeláns e pontevedreses inquedos polo

coñecemento da súa historia e da súa cultura; de novo a María, por seguir soportando as

“neuras” dun arqueólogo; a Antonio Torrón, compañeiro de aventuras no Proxecto “Vías

Page 2: O MILIARIO DE SANTIAGUIÑO DE ANTAS. Unha nova ollada a ...viasatlanticas.depo.gal/documentos/Miliario%20Santiagui%f1o%20de… · grandes cidades do Imperio romano, facendo constar

2

Atlánticas”; a todo o grupo que participou nas sondaxes, aportando o seu traballo físico

e/ou intelectual (Toñito, Lucho, Dimanche, Víctor, Sergio, Dani e Soraya); a Antonio Ro-

dríguez Colmenero, Rubén Álvarez e Juan Naveiro polas súas orientacións e pulos; aos

veciños da zona e ás comunidades de montes propietarias dos terreos que nos facilitaron as

correspondentes autorizacións e como non, a todo ese xentío que conforma o “grupi”

social cos que comparto e disfruto moitas horas de ocio e, non tantas, de traballo.

– O PROXECTO VÍAS ATLÁNTICAS.

O primeiro punto a tratar, antes de presentar resultados, é situar o traballo, presentar o

marco que cinguíu e posibilitou o plantexamento e posterior execución das sondaxes arque-

olóxicas avaliativas no entorno do miliario de Santiaguiño de Antas.

A intervención executada, enmárcase dentro do Proxecto Vías Atlánticas, éste foi pre-

sentado ao programa INTERREG III-A polas institucións territoriais polas que discorrían as

antigas Vías XIX e XX do Itinerario Antonino, como proxecto para a promoción e difusión

dun roteiro turístico-cultural de carácter transnacional.

Estas infraestructuras de comunicación atravesaban o territorio de 5 Cámaras municipais

portuguesas: Braga, Vila Verde, Ponte de Lima, Paredes de Coura e Valença; e tres provincias

galegas: Pontevedra, A Coruña e Lugo.

(Vista xenérica do decurso da Vía XIX)

1 Orge Quinteiro (2001)

Page 3: O MILIARIO DE SANTIAGUIÑO DE ANTAS. Unha nova ollada a ...viasatlanticas.depo.gal/documentos/Miliario%20Santiagui%f1o%20de… · grandes cidades do Imperio romano, facendo constar

3

No Proxecto Vías Atlánticas participan como socios tódalas institucións territoriais de-

nantes citadas, sendo esta unha iniciativa transnacional, que nace a resultas da unión dos inter-

eses comúns e máilas necesidades dos socios, incluídos neste proxecto.

A recuperación como itinerario turístico-cultural do percorrido destas vías romanas, su-

pón un atractivo roteiro temático para os demandantes de novos productos turísticos, poiden-

do xerar ó achegamento á arqueoloxía do público en xeral.

Vías Atlánticas artéllase en diversas liñas de actuación transnacional que se poden

resumir en:

1. Promoción sostible turístico-cultural, que compatibilice o propio uso turístico

coa conservación do Patrimonio, tanto sexa o histórico, como o natural, contri-

buíndo finalmente ó desenrolo económico das comunidades de acollida.

2. Xestión sostible do Patrimonio arqueolóxico, histórico e natural, acadando o

compromiso e máila cooperación na xestión destes patrimonios, de tódolos axentes

que interveñen no propio proxecto. Deste xeito conquerirase reinvestir parte da

rendibilidade económica en investigación, protección, interpretación, e formación.

3. Coordinación dun plan de acción transnacional, aprobado dacordo co orzamen-

to e calendario establecido, artellándose entre os socios distintos niveis de interlocu-

ción, acordando tódolos instrumentos e mecanismos necesarios de comunicación.

4. Participación de axentes sociais. Información e sensibilización, renovando algúns

valores sociais sobre o significado do Patrimonio Cultural, para alcanzar un amplo

consenso social en torno ás novas ideas e proxectos, estimulando a sensibilización

para contribuír á preservación do patrimonio natural e cultural dos municipios im-

plicados, e axudando aos visitantes a coñece-los e aprecia-los. Por último, crearase

unha páxina web do Proxecto, e a tal efecto, deseñaranse as diferentes ferramentas

multimedia necesarias.

5. Intercambio de experiencias. Formación e trocos de diferentes experiencias, ba-

seado na integración dos distintos recursos culturais e materiais da zona afectada

por este proxecto, feito que incidirá na propia planificación turística desta activida-

de, procurando ofertar unha boa calidade dos servicios e unha ampliación dos co-

ñecementos a nivel transnacional. Este intercambio de experiencias se realizará en

tódolos niveis de actuación.

6. Avaliación e seguimento. Desde a páxina web (www.viasatlanticas.org) poderase

dispor, de xeito sinxelo, de tódala información sobre a execución práctica e a evolu-

Page 4: O MILIARIO DE SANTIAGUIÑO DE ANTAS. Unha nova ollada a ...viasatlanticas.depo.gal/documentos/Miliario%20Santiagui%f1o%20de… · grandes cidades do Imperio romano, facendo constar

4

ción xeral do proxecto, tomando como referencia as liñas de actuación claves sobre

as que se argumentan tanto o proxecto, coma os indicadores da proposta de actua-

ción.

Os obxectivos xerais do Proxecto Vías Atlánticas, unha vez desenrolada a súa exe-

cución práctica, baséase na consecución dos seguintes extremos ideais:

1º.- Promoción da actividade turística común, asegurando a posta en valor das di-

versas vertentes do Patrimonio (natural, cultural, histórico e arqueolóxico).

2º.- Concepción dunha oferta conxunta do producto turístico con poder diferencia-

dor, orientándoa cara os mercados de orixe máis axeitados.

3º.- Identificación dun producto turístico común, asentado sobre os valores ambien-

tais e patrimoniais do ámbito do proxecto, estimulando o seu emprego e disfroi-

te, de xeito sostible.

(Logo común do Proxecto “Vías Atlánticas”)

– A VÍA XIX DO ITINERARIO ANTONINO ou VÍA BRACARA AD ASTURI-

CAM

Aínda que os contactos entre as comunidades indíxenas do noroeste e Roma non

eran estranos, co remate das Guerras Cántabras no ano 19 a.C., o territorio galaico entra

definitivamente na órbita romana.

Xorde entón a necesidade de dotar o territorio de elementos de control administra-

tivo, motivo co cal a administración imperial romana funda nos territorios de Gallaecia tres

cidades, as capitais dos tres conventus xurídicos Bracara Augusta, Lucus Augusti e Asturica

Augusta.

Este control administrativo, conleva unha reordeación do territorio, e un dos ele-

mentos empleados por Roma para levar a cabo esta tarefa, son as vías terrestres de comu-

nicación que asemade se converterán nun importante factor de dinamización socio-

económica.

Page 5: O MILIARIO DE SANTIAGUIÑO DE ANTAS. Unha nova ollada a ...viasatlanticas.depo.gal/documentos/Miliario%20Santiagui%f1o%20de… · grandes cidades do Imperio romano, facendo constar

5

O trazado da vía XIX e das outras vías principais de época romana do NO se coñe-

ce grazas a fontes literarias clásicas:

• TABLA PEUTINGUER: ou mapa de Castorius. Trátase dun mapa de rutas te-

rrestres trazado, tal vez, no século II, aínda que a única copia conservada é do sécu-

lo XII-XIII e o segmento referido a Hispania perdeuse, sendo restituído por Miller

no 1962.

• ITINERARIO ANTONINO: principal fonte empregada para o estudo das vías

romanas. Escrito a fins do século III D.C.; contén un conxunto de camiños entre as

grandes cidades do Imperio romano, facendo constar as etapas intermedias na ruta

(MANSIOS) e as distancias en millas romanas existentes entre elas. É unha compi-

lación de rutas de época imperial, parece que de época de Caracalla e que foi escrito

co gallo dunha viaxe deste Emperador

• ANÓNIMO DE RAVENNA; chamado también Ravennate, catálogo nominal de

tipo cosmográfico que abarca todo el mundo conocido en el siglo VII, utilizando

como base la Tabla Peutinguer.

• TABLILLAS DE BARRO DE ASTORGA: fonte de controvertida validez, xa

que se discutíu moito sobre á súa autenticidade. Trátase de catro tabellae de cerámica

aparecidas na comarca de Astorga, mandadas facer por un controvertido e desco-

ñecido persoaxe, o duovir ou duunviro Lépido. Nelas recóllense diferentes vías do

NO hispánico. Cronolóxicamente encádranse entre os séculos I e II, segundo Garc-

ía Bellido pode aproximarse á súa cronoloxía a unha data entre os anos 69 e 742.

Pero non só contamos con fontes escritas para coñecer as vías do NO, no territorio

aínda fican importantes pegadas desta infraestructura romana; tramos de “agger” ou plata-

forma viaria orixinaria, pontes, miliarios (dos que no concello de Redondela se documenta-

ron 5) e restos de mansios viarias.

Asemade, dos datos aportados pola bibliografía clásica e da arqueoloxía, a toponimia, a

epigrafía e a topografía axudan a establecer o posible percurso desas vías.

A determinación actual do trazado da Vía XIX interpreta os dados de todas esas fontes

e fixa a traza, evoluíndo desde as primeiras propostas que prestaban atención exclusivamen-

2 Rodríguez Colmenero; Ferrer Sierra e Álvarez Asorey (2004; 26)

Page 6: O MILIARIO DE SANTIAGUIÑO DE ANTAS. Unha nova ollada a ...viasatlanticas.depo.gal/documentos/Miliario%20Santiagui%f1o%20de… · grandes cidades do Imperio romano, facendo constar

6

te á toponimia e buscaban na toponimia moderna a identificación das mansios viarias co-

ñecidas a través das fontes.

(Exemplo de trazado seguindo a toponimia proposto por Estefanía Álvarez (según Peña Santos;1991)

Esta Vía XIX do Itinerario Antonino ou Vía Bracara Asturicam, por Lugo, enlazaría as

tres capitais conventuais por un percorrido fácilmente accesible dende a costa e, que na

parte pontevedresa do trazado discorrería pola Depresión Meridiana (accidente xeográfico

empregado xa en época prerromana como eixo de comunicación) buscando facilitar o ac-

ceso e distribución das mercadorías chegadas por mar ás capitais administrativas que esta-

blece o Imperio no NO Hispánico, así como facilitar o control efectivo (tanto administrati-

vo como humán) de aqueles territorios máis alonxados do dominio directo destas novas

cidades.

No concello de Redondela, a Vía entraría polo punto no que se levou a cabo a inter-

vención arqueolóxica para seguir polos terreos por onde hoxe discorre o Camiño Portu-

gués; chegar ó núcleo urbán, seguir dirección Cesantes e dende ahí ata O Viso, case ate os

pés do Castro de A Peneda, para xa entrar en territorios de Soutomaior.

Page 7: O MILIARIO DE SANTIAGUIÑO DE ANTAS. Unha nova ollada a ...viasatlanticas.depo.gal/documentos/Miliario%20Santiagui%f1o%20de… · grandes cidades do Imperio romano, facendo constar

7

– OS MILIARIOS DO NO PENINSULAR.

Trátase do elemento viario máis abundante no NO Peninsular, téñense catalogados

644 miliarios (a vía XIX, da que forma parte o ben no que se levou a cabo a presente inter-

vención, posúe un total de 107 ata a data) nembargantes, as maiores concentracións de

estes elementos prodúcense nos tramos viarios pertencentes ao convento bracarense3, un

exemplo podería ser o territorio do concello redondelán no que documentaron 5 marcos

milliarios.

Existen miliarios de época republicana no Imperio, pero os máis antigos do NO

adscríbense ao reinado de Augusto, o cal resulta lóxico xa que é o momento en que este

territorios pasan a formar parte efectiva do Imperio Román, tras o fin das Guerras Cánta-

bras. No caso de Redondela, o máis antigo data do século II d.C. e está adicado a Adriano

(miliario de Padrón, na parroquia de Saxamonde) e o máis recente do século IV d.C. adica-

do a Decencio (miliario de Quintela).

Pero ¿qué son os miliarios?, trátase de elementos cilíndricos que levan, xeralmen-

te, unha inscripción na súa metade superior, na que se recolle o nome do Emperador, as

titulaturas imperiais e a distancia en millas (millia passum) entre un “caput viae” e un nú-

cleo urbán importante, que conformaría o campo epigráfico e unha estructura irrregular,

que non presta atención ao acabado, destinada a ir soterrada, o que se coñece como “to-

cón”.

(Exemplo da división dun miliario. Miliario da Ponte do Burgo,Pontevedra (Peña Santos;1991)

3 Ib ídem (2004; 52).

Page 8: O MILIARIO DE SANTIAGUIÑO DE ANTAS. Unha nova ollada a ...viasatlanticas.depo.gal/documentos/Miliario%20Santiagui%f1o%20de… · grandes cidades do Imperio romano, facendo constar

8

Estes vestixos da romanización están realizados maioritariamente en granito, aínda que

existen exemplares noutros materiais e non presentan unhas dimensións estandarizadas.

Así, son un importante documento, tanto na Antigüedade (posto que informaban os viaxei-

ros das distancias que tiñan que percorrer) como na actualidade (nos aportan datos cro-

nolóxicos, así como indicios da existencia dunha estructura viaria).

Entre todos estes cipos ou columnas cilíndricas, ademais de miliarios, documén-

tanse columnas conmemorativas como a achada nas inmediacións da Ponte do Couto

(Pontevedra) adicada a Maximino, que cumplen unha finalidade propagandística da

figura dun determinada Emperador.

- OS TRABALLOS ARQUEOLÓXICOS EXECUTADOS.

O tipo de intervención arqueolóxica proxectada e autorizada pola Dirección Xeral

de Patrimonio Cultural (con data de 06 de febreiro de 2007) foron unhas sondaxes arque-

olóxicas (5 en concreto) de carácter avaliativo.

(Localización da zona)

Os traballos pretendían cubrir un dobre obxectivo -como expuxemos liñas atrás-, por

unha banda, comprobar se o marco miliario de Santiaguiño de Antas se atopa “in situ” ou

Page 9: O MILIARIO DE SANTIAGUIÑO DE ANTAS. Unha nova ollada a ...viasatlanticas.depo.gal/documentos/Miliario%20Santiagui%f1o%20de… · grandes cidades do Imperio romano, facendo constar

9

se se trasladou para ser empregado como marco territorial e, por outra banda, documentar

a posible existencia de restos do trazado orixinario da Vía XIX na zona.

En tres das catro sondaxes, documentouse unha secuencia estratigráfica sinxela, sendo

a realizada entorno ao miliario a máis complexa pola presenza de diferentes elementos e

estructuras (o miliario, a gabia de cimentación, a plataforma viaria e a afección contem-

poránea)

Asemade da escavación manual das diferentes sondaxes proxectadas, leváronse a cabo

traballos de iluminación nocturna coa intención de identificar restos do epígrafe empre-

gando diferentes tipos de luz e orientación.

- OS RESULTADOS E CONCLUSIÓNS.

Como xa se recolleu ao longo do texto, os resultados fornecidos pola intervención

arqueolóxica resultaron positivos, podendo interpretar e expor a evolución dos terreos nos

que se executaron as sondaxes.

A zona limítrofe entre os concellos de Mos e Redondela por onde hoxe discorre o

Camiño de Santiago Portugués, foi fondamente alterada nas últimas duas décadas por cau-

sas antrópicas diversas; a explanación do terreo para crear un espazo de aparcamento, con-

levou unha forte compactación do terreo, tal e como amosan as unidades estratigráficas

superiores e a inclusión de elementos antrópicos claramente actuais (latas de bebidas varias,

vidros, plásticos, etc); con carácter previo á realización do aparcamento, existía na zona un

poboado xitano que tamén deixou á súa pegada nas sondaxes arqueolóxicas (numerosos

restos do que podería denominarse com “lixo antrópico actual” o deixan patente, roupa e

calzado, vidros, plásticos), este “poboado” provocou unha forte afección nas estructuras

cronolóxicamente anteriores.

Vista da U.E. 004 de S4.

Page 10: O MILIARIO DE SANTIAGUIÑO DE ANTAS. Unha nova ollada a ...viasatlanticas.depo.gal/documentos/Miliario%20Santiagui%f1o%20de… · grandes cidades do Imperio romano, facendo constar

10

¿Pero qué pasaba na zona en tempos máis remotos?, durante época moderna e medie-

val, a profusión coa que se alterou a superficie do marco miliario a través do gravado de

cruces e cazoletas indícanos o seu emprego como marco territorial. Neste punto conflúen

os terreos das parroquias de Santa María de Guizán, San Salvador de Louredo e San Marti-

ño de Vilar de Enfesta e o ben foi empregado para marcar eses límites territoriais (na zona

do miliario na que conflúe cada unha das parroquias gravouse unha cruz máis profunda e

de maior tamaño). Pero non só funcionou como marco territorial, as cazoletas ou coviñas e

o retoque sufrido no seu extremo superior, conferíndolle un aspecto fálico, indican o uso

do miliario como elemento propiciatorio da fertilidade, aínda que testemuñas de veciños da

zona, tamén falan de propiedades curativas “(...) ós rapaciños cando tiñan un mal que non daba

curado con mediciñas traíannos os pais á pedra e os sentaban riba e días despois sanaban do mal”.

Por suposto, a profusión de cruciformes sobre o miliario, tamén deixa patente a cris-

tianización dun elemento pagán pola sociedade rural e eminentemente cristiana da zona.

(Vista nocturna do miliario)

¿E qué indicios temos da época do miliario? ¿Qué evidencias quedaron de época

romana?

Ao inicio dos traballos arqueolóxicos,a idea preconcebida coa que se traballaba era

que o miliario se achaba nunha posición secundaria, froito do seu traslado ao punto de

Page 11: O MILIARIO DE SANTIAGUIÑO DE ANTAS. Unha nova ollada a ...viasatlanticas.depo.gal/documentos/Miliario%20Santiagui%f1o%20de… · grandes cidades do Imperio romano, facendo constar

11

confluencia das parroquias primeiro e dos concellos de Mos e Redondela despois, pero os

traballos amosaron unha realidade diferente.

Nas sondaxes S2 e S3 documentouse parte da infraestructura viaria de época

romana (unidades estratigráficas 004 e 008), ésta limitábase por duas cunetas de 50 cm

de profundidade con sección en “V”. A plataforma viaria documentada, presentaba unha

amplitude de 9 metros e posuía unha “capa de rodadura” de arxila duns 15 cm de espe-

sor. Obsérvase como primeiro se prepara o terreo natural, rebaixándose e homoxenizán-

dose á súa superficie e, posteriormente, aplícase a capa de arxila, paralelos similares

documéntanse na Vía Asturica a Bracara por Chaves (Portugal) nas paraxes de Valde-

rrey e Calzada de Valdería ambas na provincia de León4, onde os constructores aprovei-

tan materias primas de fácil adquisión nas proximidades para a realización dunha sinxe-

la infraestructura viaria, creando unha vía de comunicación e control territorial con ra-

pidez.

Unha vez construída a infraestructura viaria, prepárase unha zona lateral desta para

colocar o marco miliario, ábrese unha gabia elipsoidal para albergar o “tocón” ou base do

miliario, colócase a peza, refórzase o posicionamento con varias cuñas e reénchese a gabia

con terra, tal e como se documentou en S3.

(Detalle das cuñas e da gabia elíptica)

4 Moreno Gallo, I. (2006)

Page 12: O MILIARIO DE SANTIAGUIÑO DE ANTAS. Unha nova ollada a ...viasatlanticas.depo.gal/documentos/Miliario%20Santiagui%f1o%20de… · grandes cidades do Imperio romano, facendo constar

12

A identificación desta estructura viaria contribúe a deixar de lado a crenza de que as

vías romanas estaban todas elas “empedradas” e á súa estructura interna artellábase entor-

no a unha serie de capas consecutivas que a conformaban.

(Vista do marco miliario antes e despois da intervención)

¿E qué descubrimos do marco miliario?, a sondaxe 3 ou S3, cambiou a percepción

que se tiña do ben arqueolóxico. Do 1,70 m de altura que posuía antes da intervención ar-

queolóxica o miliario pasou a ter unha altura de 3 m, de non posuir restos do epígrafe

Page 13: O MILIARIO DE SANTIAGUIÑO DE ANTAS. Unha nova ollada a ...viasatlanticas.depo.gal/documentos/Miliario%20Santiagui%f1o%20de… · grandes cidades do Imperio romano, facendo constar

13

orixinario, os traballos de iluminación nocturna, posibilitaron detectar varios elementos

atribuíbles a éste, aínda que á súa degradación e o reaproveitamento do campo epigráfico

para realizar os cruciformes imposibilita unha lectura. Estes elementos epigráficos son le-

tras soltas (“D”, “O”, “V”, “X” e “SS”) e unha palabra (“FILI?”, elemento integrante do

formulario imperial que se recolle en moitos epígrafes de miliarios, conformando parte do

nome do emperador indicando á súa filiación, trala presentación da onomástica persoal do

emperador e á súa trianómina). Asemade, o número de cruciformes creceu, documentán-

dose algúns exemplos complexos (un calvario, e duas cruces con peana).

(Vista das novas gravuras documentadas)

Os traballos arqueolóxicos executados no entorno do miliario de Santiaguiño de

Antas, permítennos plantexar a seguinte evolución e transformación do terreo:

1ª Fase: Preparación do terreo natural da zona para albergar a plataforma viaria, posible-

mente en algún momento de finais do século I d.C.

Page 14: O MILIARIO DE SANTIAGUIÑO DE ANTAS. Unha nova ollada a ...viasatlanticas.depo.gal/documentos/Miliario%20Santiagui%f1o%20de… · grandes cidades do Imperio romano, facendo constar

14

2ª Fase: Homoxenización e nivelación da plataforma viaria cunha capa de arxila (de posible

orixe local) para facilitar o tránsito, a principios do século II d.C

3ª Fase: Colocación do marco miliario. Nesta fase, escávase nunha zona lateral da vía unha

gavia elíptica para albergar o miliario. Colócase éste e as correspondentes cuñas para estabi-

lizalo e cimentalo e rechéase a gabia con terra ate a altura da vía, cubrindo a parte destinada

a ir soterrada, o tocón (paralelos idénticos os temos nos Miliario del Campo na Vía da Prata

e no miliario da milla XXVIII da mesma ruta), cronolóxicamente realizaríase a continua-

ción da fase anterior.

(Proposta das fases de construcción da Vía)

4ª Fase: Durante a Idade Media e Moderna, cristiánase o miliario, retocando o epígrafe e

transformándoo en elementos cruciformes e cazoletas. O marco cambia á súa utilidade e

pasa a empregarse como marco territorial (límite de parroquias) e confírenselle á vez pro-

piedades relacionadas coa fertilidade e curación

5ª Fase: Durante os últimos 20 anos a zona viuse afectada por diferentes actuacións, o esta-

blecemento dun poboado xitano na zona, a construcción dunha nave industrial destinada a

taller de pedra e a creación dunha zona chaira destinada a aparcamento que contribuiron a

degradar o entorno inmediato.

Con estes novos argumentos arqueolóxicos, podemos concluir que o miliario de

pequenas dimensións que se pensaba Baixoimperial e movido da zona orixinaria, convertiu-

se nun miliario Altoimperial (quizáis de Adriano?) do século II d.C. e localizado en posición

primaria á beira da estrada orixinaria romana, causa da súa ubicación nese lugar fai 1.900

anos.

Page 15: O MILIARIO DE SANTIAGUIÑO DE ANTAS. Unha nova ollada a ...viasatlanticas.depo.gal/documentos/Miliario%20Santiagui%f1o%20de… · grandes cidades do Imperio romano, facendo constar

15

- BIBLIOGRAFÍA

� Álvarez Asorey, R.D. (2002): “El límite oceánico de separación entre el Conventus Lucensis y

el Bracarensis a partir del estudio de los miliarios de la Vía XIX del Itinerario de Antonino”.

Larouco, 3. Lugo; 169-176.

� Adam, J.P. (1996): “La construcción romana: materiales y técnicas”. Edit de los Oficios.

León.

� Caamaño Gesto, J.M. (1978): “Aportaciones al estudio de las vías romanas: técnicas de cons-

trucción y características generales de su trazado”. Rev. Minia, nº2: 1-9. Braga.

� Caamaño Gesto, J.M. (1984): “As vías romanas”. Cadernos do Museo do Pobo Gale-

go, 3. Santiago de Compostela.

� Caamaño Gesto, J.M. (1987): “Vías romanas”. Gran Enciclopedia Gallega, Vol.

XXX; 31-33. Gijón.

� Chevalier, R. (1972): “Les voies romaines”. París.

� Estefanía Álvarez, Mª. D. (1960): “Vías romanas de Galicia”. Zephyrus, XI; 5 ss. Sa-

lamanca.

� Ferrer Sierra, S (2006): “Señalización Romana de las Vías en el Noroeste de Hispania”. En:

Nuevos Elementos de Ingeniería Romana. III Congreso de las Obras Públicas Ro-

manas. Astorga; 67-85.

� Filgueira Valverde, J e García Alén, A 1954-1956): “Materiales para la carta arqueológica

de la provincia de Pontevedra”. El Museo de Pontevedra. T. VIII. Pontevedra.

� Madoz, P (1845): “Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de

Ultramar”. Madrid.

� Naveiro López, J (1991): “El comercio antiguo en el NW Peninsular”. Monografías

Urxentes do Museu, nº5. A Coruña.

� Nárdiz Ortiz, C (1992): “El territorio y los caminos en Galicia. Planos históricos de la red

viaria”. Madrid.

� Peña Santos, E. De la (1991): “Consideraciones sobre las vías romanas de la provincia de

Pontevedra”. Castrelos, Rev del Museo Municipal Quiñones de León, nº 3-4. Vigo:

218-243.

� Pérez Losada (2002): “Entre a cidade e a aldea. Estudio arqueohistórico dos “aglomerados”

secundarios romanos en Galicia”. Brigantium, 13. A Coruña.

� Orge Quinteiro, J.A. (2001): « Os miliarios romanos de Redondela. Apuntamentos para

unha historia de Redondela”. El Museo de Pontevedra, Vol. LV, Pontevedra; 19-26.

Page 16: O MILIARIO DE SANTIAGUIÑO DE ANTAS. Unha nova ollada a ...viasatlanticas.depo.gal/documentos/Miliario%20Santiagui%f1o%20de… · grandes cidades do Imperio romano, facendo constar

16

� Rodríguez Colmenero, A; Ferrer Sierra, S e Álvarez Asorey, R.D (2004): “Miliarios e

outras inscricións viarias romanas do Noroeste Hispánico”. Edit Consello de Cultura Gale-

ga. Lugo.