Transcript of PROGRAMACION - Galiciacentros.edu.xunta.es/iesdefene/webantiga/downloads/... · Web...
PROGRAMACION2 Obxectivos xerais……………………………………………………………… 3
3.1.1 Obxectivos xerais………………………………………………… 4
3.1.6 Mínimos exixíbeis………………………………………………… 53
3.1.8 Materiais e recursos didácticos…………………………………… 55
3.1.9 Metodoloxía……………………………………………………… 55
3.1.11 Plan de actividades de atención a pendentes………………………
59
3.1.12 Criterios e procedementos de avaliación de pendentes……………
59
3.1.13 Atención a diversidade…………………………………………… 59
3.1.14 Alumnado con perda do dereito á avaliación continua……………
59
3.2 Materias de economía e organización de empresas de 2º de
bacharelato…… 60
3.2.1 Obxectivos xerais………………………………………………… 60
3.2.6 Mínimos exixíbeis………………………………………………… 71
3.2.8 Materiais e recursos didácticos…………………………………… 73
3.2.9 Metodoloxía……………………………………………………… 73
3.2.11 Plan de actividades de atención a pendentes………………………
76
3.2.12 Criterios e procedementos de avaliación de pendentes……………
76
3.2.13 Atención a diversidade…………………………………………… 77
3.2.14 Alumnado con perda do dereito á avaliación continua……………
77
4 Atención a pendentes…………………………………………………………… 78
5 Temas transversais……………………………………………………………… 78
8 cursos de formación.
1 MEMBROS DO DEPARTAMENTO
Economía e Organización de Empresa de 2º de bacharelato
2 OBXECTIVOS XERAIS
Os estudios do Bacharelato teñen un dobre obxectivo; por un lado,
orientar e preparar para os estudios superiores e, polo outro,
contribuír á formación xeral do alumnado. O Bacharelato debe
desenvolver nos alumnos e nas alumnas actitudes e capacidades de
análise e de valoración crítica do mundo contemporáneo, a
comprensión dos elementos fundamentais da investigación e do método
científico, así como consolidar unha madureza persoal e moral que
permita participar de forma solidaria no desenvolvemento e na
mellora do seu contorno social.
Nunha sociedade na que as formas de organización económica revisten
modos cada vez máis complexos cómpre o estudio da Economía e da
empresa, non só como instrumento para a comprensión dos procesos
económicos, senón tamén para a formación e fundamentación de
actitudes éticas e sociais fronte a problemas tales como a
distribución da renda, o paro, o subdesenvolvemento, o deterioro
medioambiental ou a función da empresa no mundo contemporáneo. A
materia de Economía non só cobre este aspecto terminal das
ensinanzas de Bacharelato, senón que, por medio dos contidos
seleccionados, proporciona unha formación básica introductoria que
capacita ós alumnos e ás alumnas que desexen acceder á Formación
Profesional de grao superior e ós estudios universitarios de
Economía e de Administración Xestión de Empresas.
Desta maneira, a materia de Economía, xunto co resto das materias,
contribúe a dar resposta ás necesidades educativas demandadas pola
sociedade e recollidas nos obxectivos xerais do Bacharelato, tanto
no seu aspecto xeral ou terminal coma na súa vertente propedéutica
ou preparatoria.
Esta materia introduce ó alumnado nos conceptos básicos que
permiten comprende–lo funcionamento dos sistemas económicos. A
Economía ocúpase dos sistemas mediante os que cada sociedade
procura o benestar material. A ensinanza desta pódese entender como
unha análise altamente formalizada do intercambio baseado nas
decisións individuais de producción e de consumo nun marco de
competencia. Este enfoque, que é característico da Economía
Neoclásica, aínda que debe ser coñecido polo alumnado, non é o
único posible. A función da Economía no Bacharelato debe ser máis
ampla ca aquela; trátase de realizar un enfoque, tanto positivo
coma normativo, no que os elementos socioeconómicos teñan unha
participación equivalente á dos estrictamente técnicos e
formais.
3 MATERIAS DO DEPARTAMENTO
3.1- ECONOMIA 1º BACHARELATO
3.1.1Obxectivos xerais
−Coñecer e utilizar os conceptos económicos básicos. Elaborar e
formular xuízos e criterios persoais acerca de problemas económicos
de actualidade. Comunicar as súas opinións a outros, argumentar con
precisión e rigor e aceptar a discrepancia e os puntos de vista
distintos como vía de entendemento e enriquecemento persoal.
−Coñecer o funcionamento do sistema económico, identificando as
diferentes magnitudes que se utilizan para seguir a súa evolución.
Identificar e comprender o papel dos axentes económicos como
protagonistas da actividade económica.
−Obter unha visión sintética do funcionamento económico a nivel
mundial, manifestando interese por coñecer tanto os grandes
problemas económicos actuais como as desigualdades económicas
mundiais, a fame e o subdesenvolvemento, os problemas demográficos
e de sobreexplotación dos recursos e a relación entre a produción e
o consumo coa degradación medioambiental; analizándoos con sentido
crítico e solidario.
−Interpretar as mensaxes, datos e informacións que aparecen nos
medios de comunicación sobre problemas económicos actuais.
Relacionar os feitos económicos significativos co contexto social,
cultural e político en que ocorren. Trasladar esta reflexión á
situación cotiá e analizar as medidas correctoras que se
propoñen.
−Identificar o ciclo da actividade económica, distinguindo os
diferentes sistemas económicos e formándose un xuízo persoal acerca
das bondades e defectos de cada un deles.
−Identificar os mecanismos e valores da economía de mercado
coñecendo o seu
funcionamento, así como os seus límites e fallos, formulando un
xuízo crítico do sistema.
−Coñecer e comprender os rasgos característicos da situación e
perspectivas da economía galega e española, analizando a súa
situación no contexto económico internacional.
−Analizar e valorar criticamente as repercusións do crecemento
económico sobre o medio ambiente e a calidade de vida das
persoas.
3.1.2. Contidos
Unidade 1: A economía
Unidade 3: Os factores de producción
Unidade 4: As economías domésticas
Unidade 5. A empresa
Unidade 6: O mercado
Unidade 8: Macromagnitudes
Unidade 10: O diñeiro e o sistema monetario
Unidade 11: O sector público e a política económica
Unidade 12: Crise, desemprego e inflación
Unidade 13: Comercio internacional e balanza de pagamentos
Unidade 14: Relacións económicas internacionais
Unidade 15: A Unión Europea
Unidade 16: A moeda única europea
Unidade 17: O noso contorno económico
3.1.2.2. Programación
Obxectivos didácticos
· Recoñecer a escaseza como o principal problema da realidade
económica.
· Determinar o obxecto de estudio da ciencia económica.
· Distinguir as actividades económicas e clasificalas segundo sexan
de producción, de distribución ou de consumo.
· Describir o funcionamento da actividade de producción.
· Recoñecer os distintos tipos de factores de producción e
clasificalos segundo sexan recursos naturais, traballo ou
capital.
· Clasificar bens e servicios atendendo a diferentes
criterios.
· Identificar e describir os tres axentes económicos básicos:
consumidores, empresas e sector público.
· Recoñecer o mercado como lugar de encontro dos axentes económicos
e describir diferentes tipos de mercados: de bens e servicios, de
factores e de traballo.
· Explicar cómo se posicionan os diferentes axentes económicos en
cada un dos mercados descritos.
· Recoñecer as ramas e as disciplinas que constitúen a ciencia
económica.
Contidos
Conceptos
· A economía.
· Clasificación de actividades económicas.
· Clasificación de factores de producción, de bens, de axentes
económicos e de tipos de mercado.
Actitudes, valores e normas
· Educación moral e cívica: comportamento responsable nas visitas a
instalacións industriais.
Actividades de aprendizaxe
· Examinar a estructura da unidade.
· Evocar coñecementos previos a partir dos contidos presentados e
das actividades propostas no apartado Actividades previas.
· Observar unha serie de situacións concretas e localizar o ben
escaso que aparece en cada unha.
· Ler un texto para chegar a comprender o alcance da palabra
economía nas súas diferentes acepcións. Memorizar comprensivamente
a definición de ciencia económica.
· Analizar diversas actividades concretas do ser humano para chegar
a distinguir as actividades económicas das que non o son. Memorizar
comprensivamente a definición de actividade económica.
· Ler un texto e observar un diagrama para distinguir os conceptos
de input e output aplicados ás actividades de producción.
· Ler un texto e confeccionar un cadro síntese no que se recollan
as características esenciais dos diferentes factores de producción
(terra, traballo e capital).
· Analizar un cadro para diferenciar os distintos tipos de bens
atendendo a diversos criterios de clasificación.
· Ler un texto e elaborar un cadro síntese no que se reflictan as
características, as funcións e os tipos de decisións que adopta
cada un dos axentes económicos.
· Ler un texto e observar un diagrama de bloques para diferenciar
os distintos tipos de mercado e a forma de posicionarse os axentes
económicos en cada un deles.
· Ler un texto e observar un diagrama de bloques para distinguir o
obxecto de estudio da microeconomía e da macroeconomía.
Actividades de avaliación
· Exemplificar situacións nas que se pon de manifesto a escaseza
dalgún tipo de ben.
· Definir correcta e rigorosamente o concepto de ciencia
económica.
· Distinguir, a partir dun caso concreto, entre realidade económica
e actividade económica.
· Enumerar actividades que sexan económicas e outras que non o
sexan.
· Clasificar as actividades económicas previamente enumeradas
segundo sexan de producción, de distribución ou de consumo.
· Analizar un proceso de producción concreto e identificar as
transformacións sucesivas que se levan a cabo no producto.
· Identificar e categorizar diferentes factores de
producción.
· Localizar factores que poden ser considerados de producción ou de
consumo segundo a utilidade que se lles dea.
· Enumerar bens e servicios dispoñibles no contorno e clasificalos
segundo o seu tipo.
· Relacionar os axentes económicos cos tipos de decisións que
adoptan.
· Identificar os bens, servicios e factores que se intercambian en
cada un dos diferentes tipos de mercado e a posición que ocupa
neles cada un dos axentes económicos.
· Analizar unha información económica extraída dun medio de
comunicación e identificar as actividades económicas, os mercados e
os axentes económicos a que fai referencia.
UNIDADE DIDÁCTICA 2: Os sistemas económicos
Obxectivos didácticos
· Enumerar os principais problemas económicos e explicar en qué
consisten.
· Explicar as relacións entre os problemas económicos e os procesos
da actividade económica.
· Definir o concepto de sistema económico.
· Localizar no espacio xeográfico e no tempo os principais sistemas
económicos.
· Describir as características do sistema escravista, o feudal, o
mercantilista e o capitalista.
· Argumentar as consecuencias sociais do sistema capitalista que dá
orixe á crítica marxista.
· Describir a función do sector público no sistema socialista e as
consecuencias sobre o resto do sistema.
· Determinar as razóns do fracaso do sistema socialista.
· Explicar as características do sistema de economía mixta de
mercado e valorar criticamente os seus erros.
· Comparar as solucións que proporciona o sistema de economía mixta
de mercado e o sistema socialista ós principais problemas
económicos.
Contidos
Conceptos
· sistema socialista e o seu fracaso. Causas.
· A economía mixta de mercado.
· Erros do sistema de economía mixta de mercado.
Procedementos
· Localización no tempo dos diferentes sistemas económicos.
Actitudes, valores e normas
· Educación moral e cívica: valoración dos aspectos positivos e
negativos dos dous sistemas económicos.
· Educación moral e cívica: actitude favorable a reflexionar
criticamente sobre as propias ideas e valores.
Actividades de aprendizaxe
· Examinar a estructura da unidade.
· Evocar coñecementos previos a partir dos contidos presentados e
das actividades propostas no apartado Actividades previas.
· Ler un texto e observar un diagrama de bloques para diferenciar
os grandes problemas económicos e a súa interrelación coas
actividades económicas.
· Observar e reproducir detalladamente un cadro de dobre entrada no
que se reflicta a evolución histórica dos sistemas económicos e as
zonas xeográficas onde se implantaron.
· Confeccionar unha síntese comparativa dos trazos definitorios dos
sistemas escravista, feudal e mercantilista.
· Ler e sintetizar un texto no que se describen as etapas polas que
atravesou o sistema capitalista desde as súas orixes.
· Ler e sintetizar un texto que describe os fundamentos e os
eventos históricos que xustifican a aparición do sistema económico
socialista.
· Analizar comparativamente un cadro de dobre entrada para
distinguir os trazos dos dous grandes sistemas económicos do século
XX: o de economía mixta de mercado e o socialista.
· Analizar os trazos do sistema socialista a partir dos postulados
marxistas e xustificar o seu fracaso como consecuencia das
contradiccións internas do propio sistema e a súa incapacidade para
resolver os problemas económicos dunha maneira real.
· Analizar os trazos do sistema de economía mixta de mercado e
valorar criticamente os fallos máis significativos e as súas
consecuencias en relación coa resolución dos principais problemas
económicos.
· Confeccionar un cadro síntese comparativo das propostas de cada
un dos sistemas económicos do século XX para resolver os principais
problemas económicos.
Actividades de avaliación
· Enumerar os principais problemas económicos. Seleccionar un deles
e describir as súas características utilizando con rigor a linguaxe
económica.
· Definir correcta e rigorosamente o concepto de sistema
económico.
· Localizar no tempo os principais sistemas económicos do pasado e
enumerar as súas características básicas.
· Xustificar económica, social e politicamente a aparición do
sistema capitalista.
· Enumerar os trazos característicos do capitalismo financeiro
durante o século XIX.
· Realizar un comentario e unha crítica persoal sobre os postulados
marxistas e xustificar a súa aparición histórica.
· Localizar a distribución xeográfica dos dous grandes sistemas
económicos ó longo do século XX.
· Valorar criticamente os trazos que definen o modelo económico
socialista e xustificar o seu fracaso histórico.
· Valorar criticamente os fallos do sistema de economía mixta de
mercado.
· Describir as solucións propostas polos dous grandes sistemas
económicos a cada un dos problemas económicos básicos de calquera
sociedade.
UNIDADE DIDÁCTICA 3: Os factores de producción
Obxectivos didácticos
· Enumerar e clasificar os factores de producción.
· Clasificar os recursos naturais e distinguilos dos bens
económicos que se derivan deles.
· Coñecer os criterios que permiten clasificar a poboación en
activa e inactiva, ocupada e desocupada e calcular as
correspondentes taxas.
· Distinguir o capital físico do capital financeiro e sinalar as
características do factor capital.
· Explicar qué se entende por fronteira de posibilidades de
producción e confeccionar a súa representación gráfica a partir de
datos sinxelos.
· Relacionar os movementos ó longo da curva que representa a
fronteira de posibilidades de producción e os desprazamentos desta
cos cambios nas asignacións de recursos.
· Relacionar os principais problemas económicos dun sistema
económico coa fronteira de posibilidades de producción.
· Explicar o significado da división do traballo e os seus efectos
sobre a realidade económica.
· Distinguir os sectores da producción e as actividades máis
importantes que se encadran en cada un deles.
Contidos
Conceptos
· capital.
· A fronteira de posibilidades de producción.
· A fronteira de posibilidades de producción e os principais
problemas económicos.
· Os avances tecnolóxicos na fronteira de posibilidades de
producción.
· A división do traballo e os sectores económicos.
Procedementos
· Cálculo de taxas de actividade, de desemprego e de
dependencia.
· Resolución de problemas relacionados co cálculo da amortización
do capital fixo.
Actitudes, valores e normas
Actividades de aprendizaxe
· Examinar a estructura da unidade.
· Evocar coñecementos previos a partir dos contidos presentados no
apartado Actividades previas.
· Ler un texto e confeccionar un resumo no que se recollan as
principais características dos recursos naturais como factores de
producción.
· Confeccionar un diagrama de bloques para diferenciar a demanda de
traballo (empresas) da oferta de traballo (consumidores).
· Memorizar comprensivamente as fórmulas que permiten calcular as
diferentes taxas porcentuais referidas á poboación activa, ocupada
e desempregada e resolver problemas sinxelos de cálculo mediante
aplicación das citadas fórmulas.
· Ler un texto e confeccionar un resumo no que se recollan as
principais características do capital como factor de producción e a
súa diferencia co capital financeiro.
· Resolver exercicios sinxelos de cálculo de amortización de bens
de capital.
· Ler un texto e observar unha gráfica para comprender toda a
información que se recolle na curva denominada fronteira de
posibilidades de producción (FPP).
· Confeccionar un breve resumo no que se relacione a FPP cos
principais problemas económicos.
· Ler un texto para distinguir os diferentes sectores económicos:
primario, secundario e terciario.
Actividades de avaliación
· Definir correcta e rigorosamente o concepto de factor
terra.
· Distinguir, a partir dun exemplo concreto, entre recursos
naturais e bens económicos.
· Enumerar recursos naturais e clasificalos en renovables e non
renovables.
· Definir correcta e rigorosamente o concepto de factor
traballo.
· Ler un texto e sintetizar as variables das que depende a demanda
de traballo por parte das empresas.
· Distinguir claramente entre poboación activa/inactiva e
ocupada/desempregada.
· Calcular a taxa de desemprego, a taxa de actividade e a taxa de
dependencia a partir de datos concretos sobre poboación.
· Definir correcta e rigorosamente o concepto de factor capital.
Distinguir entre capital físico e capital financeiro.
· Calcular a amortización dun ben de capital utilizando o método de
amortización constante.
· Describir as características da fronteira de posibilidades de
producción (FPP) e os movementos e desprazamentos que pode
sufrir.
· Xustificar a relación entre a FPP e os principais problemas
económicos.
· Identificar os sectores da producción a partir de casos
concretos.
UNIDADE DIDÁCTICA 4: As economías domésticas
Obxectivos didácticos
· Identificar a microeconomía como unha parte teórica da economía
positiva que estudia as decisións dos axentes económicos.
· Clasificar as decisións das economías domésticas en decisións de
consumo de bens, de consumo/aforro e de ocio/renda.
· Recoñecer os factores psicolóxicos e os sociolóxicos como os que
motivan as economías domésticas a consumir por enriba das
necesidades básicas.
· Explicar cómo os consumidores establecen as súas preferencias en
termos de combinacións de bens e definir as súas características
básicas: completitude, transitividade e non saturación.
· Identificar a curva de indiferencia como o instrumento gráfico
utilizado para describir as preferencias.
· Recoñecer un mapa de preferencias do consumidor e explicar o
significado das cestas de bens que se atopan sobre as curvas de
indiferencia e por riba ou por debaixo delas.
· Coñecer o concepto de restricción orzamentaria e identificar a
recta de balance como a súa forma de representación.
· Identificar as preferencias do consumidor e a restricción
orzamentaria como factores que explican por qué o consumo se
materializa nun determinado ben ou servicio e nunha determinada
cantidade.
· Describir e representar o equilibrio do consumidor e analizar os
efectos que provocan nel unha modificación da renda e/ou a
variación de prezos relativos dos bens.
· Coñecer e comprender a lei da demanda.
Contidos
Conceptos
· As preferencias dos consumidores.
· A curva de indiferencia.
· A restricción orzamentaria e a recta de balance.
· equilibrio do consumidor.
Procedementos
· Identificación das decisións de consumo de bens a partir da
análise de casos.
· Proceso de construcción dunha curva de indiferencia.
· Análise dunha curva de indiferencia.
· Representación, mediante un gráfico bidimensional, do equilibrio
do consumidor por medio da recta de balance e das curvas de
indiferencia.
· Construcción da curva de demanda dun consumidor concreto.
Actitudes, valores e normas
· Valoración da importancia de asumir responsabilidades e tomar
decisións nun contorno económico.
· Educación do consumidor: valoración crítica das necesidades de
consumo creadas a través de técnicas abusivas.
Actividades de aprendizaxe
· Examinar a estructura da unidade.
· Evocar coñecementos previos a partir dos contidos presentados no
apartado Actividades previas.
· Repasar o diagrama de bloques analizado na unidade 1 e
identificar o obxecto de estudio da microeconomía. Memorizar
comprensivamente a súa definición.
· Ler un texto e exemplificar os diferentes tipos de decisións que
adopta un consumidor no exercicio da actividade económica.
· Ler un texto e analizar un exemplo concreto para comprender o
gran número de decisións de consumo de bens que adopta un
consumidor na súa vida cotiá.
· Ler e comprender o significado de cesta de bens e confeccionar un
resumo das características básicas das preferencias dos
consumidores.
· Construír teoricamente unha curva de indiferencia seguindo o
proceso descrito no texto.
· Analizar e xustificar as características dunha curva de
indiferencia.
· Confeccionar un mapa de curvas de indiferencia e recoñecer as
súas características gráficas.
· Confeccionar a recta de balance a partir de datos concretos sobre
a renda do consumidor e os prezos dos bens.
· Estudiar a modificación gráfica da recta de balance cando cambian
as variables das que depende (prezo dos bens ou renda do
consumidor).
· Determinar graficamente o punto de equilibrio do consumidor a
partir do mapa de curvas de indiferencia e da construcción da recta
de balance sobre el.
· Determinar graficamente a curva de demanda individual a partir
das modificacións que sofre o punto de equilibrio cando cambian as
variables das que depende.
Actividades de avaliación
· Definir correcta e rigorosamente o concepto de
microeconomía.
· Analizar e clasificar unha serie de decisións das economías
domésticas segundo sexan de consumo de bens, de consumo/aforro ou
de ocio/renda.
· Exemplificar decisións de consumo de bens que un individuo adopta
ó longo dun día da súa vida.
· Analizar casos concretos de decisións de consumo nos que se poñan
de manifesto as tres condicións básicas: completitude,
transitividade e non saturación.
· Construír teoricamente unha curva de indiferencia e definir o seu
significado.
· Interpretar un mapa de curvas de indiferencia.
· Construír teoricamente unha recta de balance e definir o seu
significado.
· Analizar a evolución que experimenta a recta de balance dun
consumidor concreto en diversos supostos de modificación do prezo
dos bens ou do seu nivel de renda.
· Determinar graficamente o punto de equilibrio do consumidor a
partir do coñecemento do mapa de curvas de indiferencia e a
construcción da recta de balance.
· Construír teoricamente unha curva de demanda individual a partir
da evolución da posición do punto de equilibrio do consumidor cando
se modifica o prezo dos bens.
UNIDADE DIDÁCTICA 5: A empresa
Obxectivos didácticos
· Determinar as razóns que xustifican a existencia das
empresas.
· Distinguir entre factores de producción fixos e variables en
función do seu comportamento ó longo do tempo.
· Explicar en qué consiste a tecnoloxía aplicada á producción e
xustificar a súa eficiencia técnica e económica.
· Definir o concepto de isocuanta e representar a tecnoloxía da
empresa mediante un mapa de isocuantas.
· Definir e representar a función de producción a partir dunha
táboa de valores na que se reflicta a evolución dun só factor
variable.
· Asociar a productividade ó comportamento da producción a curto
prazo, distinguir entre productividade total, productividade media
e productividade marxinal e calculalas en casos sinxelos.
· Explicar en qué consiste a lei dos rendementos decrecentes e
xustificala en casos sinxelos.
· Recoñecer os rendementos a escala como a forma de analizar o
comportamento da producción a longo prazo.
· Distinguir entre custo total, custo medio e custo marxinal e
calculalos en casos sinxelos.
· Distinguir entre ingreso total, ingreso medio e ingreso marxinal
e calculalos en casos sinxelos.
· Explicar en qué consiste a minimización de custos e establecer
graficamente o punto óptimo da empresa.
· Determinar graficamente os límites de rendibilidade dunha empresa
e o nivel de producción que permite a maximización dos seus
beneficios.
Contidos
Conceptos
· Dimensión temporal da producción.
· A función de producción.
· Os rendementos a escala.
· Confección e interpretación de mapas de isocuantas.
· Representación da función de producción a partir de táboas de
datos.
· Cálculo de productividades a partir de gráficas ou de táboas de
datos.
· Cálculo e representación de custos e ingresos empresariais a
partir de táboas de datos.
· Representación, mediante un gráfico bidimensional, do punto de
equilibrio da empresa por medio da recta de isocusto e do mapa de
isocuantas.
· Expresión verbal e gráfica do equilibrio da empresa en
competencia perfecta, utilizando os conceptos de custo e de ingreso
marxinal.
Actitudes, valores e normas
· Curiosidade por coñecer a utilidade e o significado dos
instrumentos da análise económica e empresarial.
· Toma de conciencia da necesidade dun comportamento planificado,
organizado e controlado para o bo funcionamento empresarial.
Actividades de aprendizaxe
· Examinar a estructura da unidade.
· Evocar coñecementos previos a partir dos contidos presentados no
apartado Actividades previas.
· Ler un texto e confeccionar un cadro resumo no que figuren as
razóns que xustifican a existencia das empresas. Exemplificar tipos
de empresas e analizar as súas motivacións.
· Observar un diagrama e ler un texto para distinguir entre planta,
empresa, industria e sector industrial.
· Analizar exemplos concretos de producción para distinguir a
dimensión temporal da producción e as características dos factores
productivos segundo o período de tempo considerado.
· Analizar cadros de datos e distinguir as tecnoloxías
economicamente eficientes das que non o son.
· Confeccionar mapas de isocuantas a partir de táboas de
datos.
· Observar a forma que adopta a función de producción e distinguir
entre productividade total, media e marxinal.
· Calcular productividades a partir de táboas de datos.
· Ler un texto e propoñer exemplos concretos para comprender
perfectamente a lei dos rendementos decrecentes.
· Analizar mapas de isocuantas e distinguir rendementos de escala
segundo sexan constantes, crecentes ou decrecentes.
· Ler un texto e algúns exemplos concretos para distinguir entre
custo total, custo medio e custo marxinal. Representar graficamente
os custos a partir de táboas de datos.
· Ler un texto para distinguir entre ingreso total, medio e
marxinal. Representar graficamente os ingresos a partir de táboas
de datos.
· Determinar o punto óptimo da empresa a partir da tanxencia entre
as liñas isocustos e o mapa de isocuantas.
· Representar graficamente ingresos e custos nunha mesma gráfica e
determinar, a partir dela, o límite de rendibilidade da empresa.
Establecer relacións entre o límite de rendibilidade e os ingresos
e custos marxinais.
Actividades de avaliación
· Enumerar e describir brevemente tres razóns que xustifican a
existencia de empresas.
· A partir dun exemplo de producción, real ou imaxinario, que se
desenvolve nun período de tempo, identificar os factores de
producción que se consideran fixos e os que se consideran variables
e xustificar a decisión.
· Propoñer exemplos de recursos tecnolóxicos tecnicamente
eficientes e recursos economicamente eficientes.
· Confeccionar un mapa de isocuantas a partir dunha táboa de
datos.
· Calcular a productividade total, a productividade media e a
productividade marxinal dunha determinada actividade a partir de
táboas de datos ou de gráficos da función de producción.
· Analizar un proceso de producción, calcular os custos e os
ingresos totais, medios e marxinais, representar graficamente
custos e ingresos e determinar o nivel óptimo de producción a
partir da análise da gráfica obtida.
UNIDADE DIDÁCTICA 6: O mercado
Obxectivos didácticos
· Definir o concepto de mercado e establecer as relacións entre a
oferta, a demanda e os prezos.
· Distinguir a demanda e a oferta individuais das de mercado.
· Enumerar as variables das que dependen a demanda e a oferta e
explicar cómo lles afectan.
· Apreciar a utilidade da cláusula ceteris paribus para a análise
económica da oferta e a demanda.
· Trazar a curva de demanda e de oferta e coñecer o significado de
cada un dos seus puntos.
· Obter a curva de oferta e de demanda de mercado a partir das
curvas individuais.
· Diferenciar entre desprazamentos e movementos ó longo das curvas
de demanda e de oferta.
· Comprender o concepto de elasticidade e aplicalo á demanda e á
oferta.
· Explicar as características do equilibrio do mercado.
Contidos
Conceptos
· A demanda.
· Modificacións da demanda agregada.
· Modificacións da oferta agregada.
Procedementos
· Construcción e análise de curvas de demanda e de oferta
individuais e agregadas.
· Construcción e análise de curvas de oferta individual e
agregada.
· Cálculo de elasticidades-prezo da oferta e da demanda.
· Interpretación gráfica do equilibrio do mercado.
Actitudes, valores e normas
· Valoración da importancia dos mecanismos económicos para o
progreso e a transformación do contorno social, económico e
político.
Actividades de aprendizaxe
· Examinar a estructura da unidade.
· Evocar coñecementos previos a partir dos contidos presentados no
apartado Actividades previas.
· Ler un texto e identificar os elementos que constitúen o mercado
e as súas características específicas.
· Confeccionar un cadro síntese no que se recolla a influencia das
variables das que depende a demanda individual.
· Observar a forma que adopta a gráfica da curva de demanda
individual e ler as súas características básicas.
· Confeccionar unha curva de demanda de mercado a partir de datos
elementais de demandas individuais.
· Ler un texto e observar unha serie de gráficas para comprender en
qué medida lle afectan algunhas variables á demanda agregada.
· Confeccionar un cadro síntese no que se recolla a influencia das
variables das que depende a oferta individual.
· Observar a forma que adopta a gráfica da curva de oferta
individual e ler as súas características básicas.
· Confeccionar unha curva de oferta de mercado a partir de datos
elementais de ofertas individuais.
· Ler un texto e observar unha serie de gráficas para comprender en
qué medida lle afectan algunhas variables á oferta agregada.
· Ler un texto para comprender en qué consiste o concepto de
elasticidade-prezo da demanda e observar unha serie de exemplos
para distinguir tipos de demanda segundo a súa elasticidade.
· Ler un texto para comprender en qué consiste o concepto de
elasticidade-prezo da oferta e observar unha serie de exemplos para
distinguir tipos de oferta segundo a súa elasticidade.
· Observar unha serie de gráficas e ler un texto no que se describe
a forma de alcanzar o equilibrio de mercado a partir de diferentes
movementos e desprazamentos das curvas de oferta e demanda
agregadas.
Actividades de avaliación
· Identificar os elementos básicos dun mercado concreto.
· Xustificar a forma que adoptan as curvas de oferta e demanda
individual dun ben e analizalas comparativamente.
· Confeccionar curvas de oferta e de demanda de mercado a partir de
datos individuais sinxelos.
· Xustificar os movementos e desprazamentos das curvas de oferta e
demanda de mercado a partir da variación dalgunha das variables que
lles afectan.
· Calcular a elasticidade de demanda e de oferta a partir de datos
sinxelos.
· Determinar o punto de equilibrio de mercado por métodos
analíticos e gráficos.
UNIDADE DIDÁCTICA 7: Clases de mercado
Obxectivos didácticos
· Distinguir as estructuras de mercado en función das súas
características.
· Identificar os trazos que definen o mercado de competencia
perfecta.
· Xustificar o comportamento das empresas nun mercado de
competencia perfecta.
· Identificar os trazos do mercado de competencia imperfecta e
sinalar as diferencias esenciais co mercado de competencia
perfecta.
· Distinguir o comportamento a curto e a longo prazo do mercado de
competencia imperfecta.
· Describir as características do monopolio, do mercado
oligopolista e o de competencia monopolista.
· Recoñecer a importancia dos acordos entre empresas oligopolistas
para evitar as guerras de prezos.
Contidos
Conceptos
· mercado de competencia imperfecta.
· oligopolio.
· Os acordos entre empresas.
· mercado de competencia monopolista.
· As barreiras de entrada.
Procedementos
· Observación do funcionamento dos mercados de bens e servicio na
práctica e contraste cos modelos teóricos.
· Análise e interpretación de curvas de demanda en diversas
situacións de mercado.
· Cálculo dos beneficios máximos a partir dos custos e dos ingresos
marxinais.
Actitudes, valores e normas
Actividades de aprendizaxe
· Examinar a estructura da unidade.
· Evocar coñecementos previos a partir dos contidos presentados no
apartado Actividades previas.
· Ler un texto e observar un diagrama de bloques para diferenciar
as distintas estructuras de mercado que van ser analizadas na
unidade.
· Ler un texto e observar un gráfico para comprender as
características dos mercados de competencia perfecta e a forma que
adopta a curva de demanda agregada. Confeccionar un cadro síntese
coas características deste mercado.
· Ler un texto e observar unha serie de gráficas para comprender o
comportamento das empresas no mercado de competencia perfecta e
xustificar o seu carácter de prezo-aceptantes.
· Ler un texto e observar un gráfico para comprender as
características dos mercados de competencia imperfecta e a forma
que adopta a curva de demanda agregada. Confeccionar un cadro
síntese coas características destes mercados.
· Ler un texto e observar unha serie de gráficas para comprender as
características do monopolio e o comportamento das empresas neste
mercado. Calcular beneficios e custos a partir de datos
concretos.
· Confeccionar un cadro comparativo no que se sinalen as analoxías
e as diferencias entre o monopolio e o mercado de competencia
perfecta.
· Ler un texto e observar unha serie de gráficas para comprender as
características do oligopolio e o comportamento das empresas neste
mercado. Calcular beneficios e custos a partir de datos
concretos.
· Observar e analizar datos para comprender en qué consisten os
acordos entre empresas en réxime de oligopolio.
· Ler un texto e observar unha serie de gráficas para comprender as
características do mercado de competencia monopolista e o
comportamento das empresas neste mercado. Calcular beneficios e
custos a partir de datos concretos.
· Confeccionar un cadro síntese que resuma as barreiras de entrada
ás que se enfronta unha empresa que queira acceder a un mercado en
competencia monopolista.
Actividades de avaliación
· Confeccionar un cadro comparativo cos trazos dos mercados de
competencia perfecta e os de competencia imperfecta e propoñer
exemplos concretos en cada caso.
· Confeccionar as curvas de oferta e demanda de empresas en
competencia perfecta, monopolio, oligopolio e competencia
monopolista e xustificar as características de cada unha.
· Propoñer empresas reais que actúan en réxime de competencia
perfecta, monopolio, oligopolio ou competencia monopolista e
xustificar a elección en cada caso.
UNIDADE DIDÁCTICA 8: Macromagnitudes
· Recoñecer o obxecto de estudio da macroeconomía.
· Clasificar as macromagnitudes segundo se refiran ó nivel de
prezos, á producción ou ó nivel de emprego.
· Explicar en qué consiste a inflación e enumerar algúns dos seus
efectos negativos.
· Calcular o índice de prezos de consumo e a taxa de inflación a
partir de modelos económicos sinxelos.
· Definir o Producto Interior Bruto e sinalar as súas
características máis importantes.
· Distinguir entre PIB a prezo de mercado e PIB a custo de
factores.
· Describir brevemente algún método de cálculo do PIB e efectuar
ese cálculo a partir de datos sinxelos.
· Distinguir entre PIB e PNB e sinalar as diferencias cualitativas
e cuantitativas entre ambas as macromagnitudes.
· Explicar cómo se pode determinar a Renda Nacional a partir do
Producto Interior Bruto.
· Determinar a Renda Persoal Dispoñible a partir do dato da Renda
Nacional.
· Xustificar o fluxo circular da renda desde o punto de vista dos
consumidores, das empresas e do Sector Público.
· Distinguir entre macromagnitudes nominais e reais e calculalas a
partir de datos sinxelos.
· Distinguir os tipos de desemprego e definir as taxas porcentuais
relacionadas con el.
Contidos
Conceptos
· Índice de Prezos de Consumo.
· nivel de producción.
· Producto Interior Bruto (PIB).
· Métodos de determinación do PIB: do gasto, do ingreso ou da
renda, e da producción ou do valor engadido.
· Producto Nacional Bruto (PNB).
· A Renda Nacional (RN).
· A Renda Persoal Dispoñible.
· fluxo circular da renda.
· Macromagnitudes nominais e reais.
· Cálculo e interpretación de indicadores económicos básicos e
análise cualitativa dos mesmos.
· Interpretación da relación que existe entre diferentes
macromagnitudes e a súa evolución.
· Interpretación de diagramas explicativos do fluxo circular da
renda.
Actitudes, valores e normas
· Preocupación polo rigor e a obxectividade no cálculo, na análise
e na interpretación de indicadores macroeconómicos.
Actividades de aprendizaxe
· Examinar a estructura da unidade.
· Evocar coñecementos previos a partir dos contidos presentados no
apartado Actividades previas.
· Repasar o diagrama de bloques analizado na unidade 1 e
identificar o obxecto de estudio da macroeconomía. Memorizar
comprensivamente a súa definición.
· Observar un cadro no que se clasifican as principais
macromagnitudes e memorizar comprensivamente a definición de cada
unha.
· Ler un texto para comprender a relación entre o nivel xeral de
prezos e a inflación. Propoñer situacións concretas e analizar os
efectos da inflación sobre cada unha delas.
· Ler un texto descritivo sobre a forma de cálculo do IPC e a taxa
de inflación e observar un exemplo resolto no que se calculan ambas
as macromagnitudes.
· Ler e memorizar comprensivamente a definición de producto
interior bruto. Analizar e comprender as súas características máis
destacadas.
· Ler un texto e unha serie de exemplos para comprender os factores
dos que depende o PIB a prezo de mercado, calculado a partir do
método do gasto.
· Ler un texto e unha serie de exemplos para comprender os factores
dos que depende o PIB a custo de factores, calculado a partir do
método do ingreso ou da renda. Distinguir entre PIB a prezo de
mercado e PIB a custo de factores.
· Ler un texto e un exemplo resolto para comprender a forma de
cálculo do PIB a custo de factores por medio do método do valor
engadido.
· Ler un texto e observar un diagrama de bloques para comprender e
memorizar a definición de producto nacional bruto e para establecer
a diferencia entre PIB e PNB.
· Ler e memorizar comprensivamente a definición de renda nacional e
establecer a relación entre esta e o PIB a custo de factores.
· Calcular a renda persoal dispoñible, coñecida a renda nacional e
o número de habitantes dun país.
· Ler un texto e observar un diagrama de fluxo para comprender o
carácter circular do fluxo da renda e a intervención dos
consumidores, as empresas e o sector público nel.
· Observar un exemplo resolto para distinguir entre macromagnitudes
reais e macromagnitudes nominais.
· Ler un texto e elaborar un cadro síntese no que se reflictan os
diferentes tipos de desemprego existentes e as características de
cada un.
Actividades de avaliación
· Relacionar as principais macromagnitudes coas variables ás que
fan referencia.
· Xustificar os efectos da inflación sobre un axente económico de
características determinadas.
· Calcular o IPC e a taxa de inflación a partir de datos sinxelos
referidos a dous ou tres anos como máximo.
· Describir algún dos métodos empregados para o cálculo de PIB e
distinguir entre PIB a prezo de mercado e PIB a custo de
factores.
· Establecer relacións cualitativas entre o PIB e o PNB.
· Describir o fluxo circular da renda a partir dun modelo no que só
interveñan as empresas e os consumidores.
· Aplicar o deflactor do PIB para calcular o valor real desta
macromagnitude e distinguilo do seu valor nominal.
· Propoñer exemplos concretos de situacións de desemprego
estacional, friccional, estructural e cíclico.
UNIDADE DIDÁCTICA 9: As táboas input-output
Obxectivos didácticos
· Recoñecer a existencia de interrelacións entre as actividades de
consumo e as de producción.
· Interpretar o significado dos termos input e output en relación
coas actividades de producción e de consumo.
· Xustificar a necesidade de identificar os inputs intermedios á
hora de contabilizar a producción global dunha economía.
· Identificar a táboa input-output como unha representación
simplificada das interrelacións entre os sectores dunha
economía.
· Diferenciar as matrices en que se descompón a táboa input-output
e identificar o obxecto da análise de cada unha.
· Distinguir a actuación dos sectores económicos nas súas vertentes
de productores e de demandantes e recoñecer a súa situación na
táboa input-output.
· Distinguir entre input intermedio e demanda final.
· Identificar os sectores finais dunha economía.
· Interpretar os datos globais que aparecen en cada unha das
matrices e xustificar a forma de cálculo en cada caso.
· Interpretar os datos globais da táboa input-output e establecer
as equivalencias oportunas entre empregos e recursos e entre
consumo total importado e importacións equivalentes.
· Obter valores de macromagnitudes a partir dos datos consignados
na táboa input-output.
Contidos
Conceptos
· A producción e as relacións intersectoriais.
· A táboa input-output: introducción.
Procedementos
· Lectura e interpretación de táboas intersectoriais.
· Determinación da renda de equilibrio nun sistema económico con
sector privado, sector público e sector exterior.
Actitudes, valores e normas
Actividades de aprendizaxe
· Examinar a estructura da unidade.
· Evocar coñecementos previos a partir dos contidos presentados no
apartado Actividades previas.
· Ler un exemplo extraído da vida cotiá para chegar a comprender a
interdependencia da actividade económica. Propoñer outros exemplos
semellantes.
· Ler un texto descritivo dunha determinada actividade económica e
identificar os inputs e os outputs empregados en cada fase do
proceso productivo.
· Comprobar a imposibilidade de sumar os custos totais de cada
sector productivo para calcular as macromagnitudes estudiadas, dada
a existencia de inputs de sectores que son outputs dotros e, polo
tanto, que se contabilizan dúas veces. Observar o aspecto xeral e a
estructura dunha táboa input-output simplificada.
· Analizar a matriz de consumos intermedios e comprobar a
coherencia dos datos que se reflicten nela.
· Analizar a matriz de empregos finais e comprobar a coherencia dos
datos que se reflicten nela.
· Analizar a matriz de inputs primarios e comprobar a coherencia
dos datos que se reflicten nela.
· Integrar os datos das tres matrices analizadas e comprobar a
coherencia global da táboa input-output.
Actividades de avaliación
· Completar unha táboa input-output incompleta e comprobar a
coherencia dos datos reflectidos nela.
UNIDADE DIDÁCTICA 10: O diñeiro e o sistema monetario
Obxectivos didácticos
· Coñecer a evolución do concepto de diñeiro ó longo da historia e
as funcións que cumpre nun sistema económico actual.
· Identificar as principais institucións financeiras e analizar o
papel que desenvolve o sistema financeiro e bancario na
actualidade.
· Enumerar as funcións do Banco de España e describir as operacións
que realiza.
· Interpretar un balance simplificado do Banco de España ou de
calquera outra entidade bancaria pública ou privada.
· Sinalar os elementos compoñentes da base monetaria e explicar os
instrumentos que utiliza o Banco de España para controlala.
· Distinguir entre base monetaria e oferta monetaria.
· Identificar os motivos que levan ós axentes económicos a demandar
diñeiro e sinalar os inconvenientes que supón a súa posesión.
· Enunciar as variables das que depende a demanda de diñeiro e
explicar cómo inflúen sobre ela.
· Explicar mediante un exemplo a creación de diñeiro
bancario.
· Comprender a función que desenvolve o coeficiente de caixa e a
súa relación co multiplicador bancario.
· Distinguir entre diñeiro legal ou fiduciario e diñeiro
bancario.
Contidos
Conceptos
· A demanda monetaria.
· multiplicador bancario.
Procedementos
· Análise dun balance axustado do Banco de España, distinguindo a
fonte e os usos da oferta monetaria.
· Identificación dos principais instrumentos de control da oferta
monetaria dos que dispón o Banco de España.
· Descrición do proceso de creación de diñeiro bancario a partir de
modelos simplificados.
Actitudes, valores e normas
· Preocupación polo rigor e a obxectividade na análise e na
interpretación de cuestións económicas, tratando de evitar
explicacións esquemáticas e simplistas.
Actividades de aprendizaxe
· Examinar a estructura da unidade.
· Evocar coñecementos previos a partir dos contidos presentados no
apartado Actividades previas.
· Confeccionar un friso histórico no que se indique a evolución do
concepto de diñeiro ó longo da historia, segundo as necesidades
impostas polo intercambio de bens.
· Ler e memorizar comprensivamente as funcións do diñeiro.
· Confeccionar un cadro síntese no que se reflicten as principais
institucións que configuran o sistema financeiro español e as
funcións máis importantes de cada unha.
· Ler e memorizar comprensivamente as funcións que desempeñaba o
Banco de España ata a entrada en vigor do Banco Central
Europeo.
· Ler un texto para comprender en qué consiste a base monetaria,
cáles son os seus principais compoñentes e a súa diferencia coa
oferta monetaria.
· Analizar criticamente as razóns que moven os axentes económicos a
demandar diñeiro e valorar as vantaxes e os inconvenientes de
posuílo.
· Ler unha serie de exemplos encadeados nos que se pon de manifesto
o proceso de creación de diñeiro bancario. Propoñer outros exemplos
semellantes partindo dun coeficiente de caixa diferente.
· Ler comprensivamente un texto para establecer as relacións entre
o multiplicador bancario e o coeficiente de caixa.
· Ler un texto para distinguir entre o modelo teórico proposto e o
modelo real e as diferencias entre diñeiro legal e diñeiro
bancario. Xustificar razoadamente por qué non coincide o diñeiro
emitido polo banco central co diñeiro bancario.
Actividades de avaliación
· Xustificar o comportamento económico nos procesos de intercambio
nun momento determinado da historia, real ou imaxinario. Describir
a función do diñeiro nese momento concreto.
· Enumerar as institucións que constitúen o sistema financeiro
español.
· Enumerar as funcións do Banco de España, ata o establecemento do
Banco Central Europeo.
· Distinguir entre base monetaria e oferta monetaria.
· Xustificar as vantaxes e os inconvenientes da demanda de diñeiro
a partir de situacións concretas propostas de antemán.
· Describir o proceso de creación de diñeiro polas entidades
bancarias e xustificar a importancia do coeficiente de caixa neste
proceso.
UNIDADE DIDÁCTICA 11: O sector público e a política económica
Obxectivos didácticos
· Distinguir o conxunto de administracións, organismos e empresas
públicas que dependen do sector público segundo os distintos
criterios de sectorización.
· Coñecer os principais obxectivos do sector público.
· Distinguir os instrumentos que utiliza o sector público para
intervir na economía.
· Distinguir entre política fiscal e política monetaria.
· Definir o concepto de Orzamentos Xerais do Estado, determinar os
seus compoñentes e explicar o seu proceso de elaboración.
· Clasificar o gasto público e os ingresos públicos.
· Recoñecer o carácter progresivo do Imposto sobre a Renda das
Persoas Físicas.
· Identificar e distinguir as categorías de bens segundo o tipo
impositivo de IVE aplicable.
· Valorar a importancia do sector público na distribución da renda
e nos fallos do mercado.
Contidos
Conceptos
· A política económica.
· gasto público.
Procedementos
· Análise e interpretación de informacións extraídas dos Orzamentos
Xerais do Estado, a Comunidade Autónoma ou o Concello e de
programas de actuación das entidades públicas.
· Preparación e realización de debates, negociacións e toma de
decisións simuladas sobre cuestións controvertidas de política
económica.
· Articulación da política fiscal e monetaria e a súa relación coa
evolución de magnitudes macroeconómicas.
Actitudes, valores e normas
· Educación moral e cívica: valoración dos impostos progresivos e
doutros instrumentos redistributivos como elementos de equidade e
solidariedade.
Actividades de aprendizaxe
· Examinar a estructura da unidade.
· Evocar coñecementos previos a partir dos contidos presentados no
apartado Actividades previas.
· Ler un texto e observar un diagrama de bloques para comprender a
estructura e a composición do sector público español. Analizar
organismos, entidades e empresas dependentes do sector público e
clasificalas segundo o seu ámbito de actuación, a súa función
económica e o tipo de institución.
· Confeccionar un cadro síntese que resuma os obxectivos do sector
público a partir da lectura dun texto descritivo.
· Ler un texto e analizar unha serie de cadros para distinguir a
política microeconómica e a política macroeconómica como formas de
intervención do sector público na economía.
· Ler un texto descritivo do proceso de elaboración dos Orzamentos
Xerais do Estado e elaborar un resumo deste proceso.
· Observar un cadro representativo dalgunhas partidas do gasto
público e clasificar unha serie de gastos segundo se trate de
gastos correntes, gastos de investimento ou doutros gastos.
· Observar unha serie de cadros e gráficos para distinguir os
impostos directos dos indirectos e comparar os trazos
característicos do IRPF e do IVE. Clasificar diferentes ingresos
públicos segundo se trate de ingresos ordinarios ou
extraordinarios.
· Ler un texto descritivo da relación entre o sector público e o
funcionamento dos mercados.
Actividades de avaliación
· Definir os conceptos de empresa pública e de administración
pública e establecer as súas analoxías e as súas diferencias.
· Enumerar organismos, administracións e empresas que dependen do
sector público e clasificalos segundo o seu ámbito territorial de
actuación.
· Xustificar algúns dos principais obxectivos que se propón o
sector público na súa actuación macroeconómica.
· Describir o proceso de elaboración dos Orzamentos Xerais do
Estado.
· Distinguir entre gastos correntes, gastos de investimento e
outros gastos e poñer exemplos representativos de cada tipo.
· Analizar comparativamente o IRPF e o IVE e establecer as súas
analoxías e as súas diferencias fundamentais.
· Enumerar posibles actuacións do sector público fronte a
determinados fallos do mercado previamente propostos.
UNIDADE DIDÁCTICA 12: Crise, desemprego e inflación
Obxectivos didácticos
· Describir as características e as fases dun ciclo
económico.
· Xustificar os desprazamentos das curvas de oferta e demanda
agregadas na fase de expansión e na fase de recesión dun ciclo
económico.
· Definir o desemprego como concepto e explicar a forma de
medilo.
· Enumerar os tipos de desemprego e explicar en qué consiste cada
un.
· Enunciar e describir as consecuencias económicas e sociais do
desemprego.
· Xustificar as políticas de promoción do emprego.
· Definir o concepto de inflación e distinguir entre inflación de
demanda e inflación de custos.
· Explicar en qué consiste a relación entre os salarios e a
inflación e describir a espiral salario-prezos.
· Describir, mediante exemplos, algúns dos efectos negativos que
produce a inflación.
· Describir as grandes crises económicas de noso século —a crise de
1929 e as dúas crises do petróleo (1973 e 1979)— e xustificar as
políticas económicas que se tomaron en cada caso.
Contidos
Conceptos
· A inflación.
· Grandes crises e actuación do sector público.
· A crise de 1929: o sector público debe intervir.
· As crises do petróleo de 1973 e 1979.
Procedementos
· Análise comparativa e avaliación crítica de informacións dos
medios de comunicación social sobre un mesmo feito ou fenómeno
económico, diferenciando entre datos, opinións e prediccións.
· Realización de pequenas investigacións ou estudios monográficos
sobre cuestións de actualidade económica, utilizando información
obtida de distintas fontes.
· Presentación ó grupo de breves exposicións sobre problemas
económicos de actualidade.
Actitudes, valores e normas
· Educación moral e cívica: valoración das implicacións da
inflación e a súa relación co desemprego, sinalando os seus
aspectos positivos e negativos.
· Educación moral e cívica: actitude crítica ante as desigualdades
económicas.
Actividades de aprendizaxe
· Examinar a estructura da unidade.
· Evocar coñecementos previos a partir dos contidos presentados no
apartado Actividades previas.
· Observar unha gráfica representativa dun ciclo económico e ler un
texto para distinguir as sucesivas fases polas que pasa a
actividade económica ó longo do tempo. Observar gráficas
representativas dos desprazamentos das curvas de oferta e demanda
agregadas na fase de expansión económica.
· Ler un texto e observar un gráfico PIB-tempo para identificar a
fase de crise ou recesión e recoñecer as súas características.
Observar gráficas representativas dos desprazamentos das curvas de
oferta e demanda agregadas nesa fase.
· Evocar os tipos de desemprego e ler un texto no que se describen
as súas consecuencias económicas e sociais. Observar unha gráfica e
ler un texto para establecer a relación entre a evolución dos
salarios e a do desemprego. Ler un texto no que se describen
distintas políticas gobernamentais de promoción do emprego.
Clasificar situacións de desemprego segundo o seu tipo.
· Evocar o concepto de inflación. Ler un texto e observar dúas
gráficas prezo-cantidade para distinguir a inflación de demanda e a
inflación de custos. Observar unha serie de exemplos resoltos que
ilustran a denominada espiral salario-prezos. Confeccionar un cadro
síntese no que se resuman as consecuencias da inflación e se leve a
cabo unha análise crítica de cada unha delas.
· Ler dous textos para comprender as causas e as consecuencias
económicas e sociais da crise de 1929 e as crises do petróleo de
1973 e 1979. Analizar criticamente as consecuencias destas dúas
últimas crises.
Actividades de avaliación
· Interpretar o diagrama representativo dun ciclo económico e
distinguir entre a fase expansiva, o auxe, a fase de recesión e a
depresión.
· Analizar o desprazamento das curvas de oferta e demanda agregada
nunha situación concreta e identificalas segundo se trate dunha
fase expansiva ou recesiva do ciclo.
· Interpretar unha gráfica na que se establece a relación entre os
salarios e o desemprego.
· Distinguir entre inflación de demanda e inflación de custos e
representalas graficamente utilizando curvas prezo-cantidade.
· Analizar a influencia da inflación en situacións concretas da
vida cotiá e da vida empresarial propostas previamente.
· Explicar, por medio dun exemplo concreto, a espiral
salario-prezos.
· Describir algunha das grandes crises económicas do século XX e
analizar as súas causas e as súas consecuencias.
UNIDADE DIDÁCTICA 13: Comercio internacional e balanza de
pagamentos
Obxectivos didácticos
· Distinguir as dúas ramas en que se divide a economía
internacional.
· Recoñecer a división internacional do traballo como o fundamento
do comercio internacional e analizar as súas vantaxes e os seus
inconvenientes.
· Enumerar as causas que propiciaron o incremento actual do
comercio internacional.
· Valorar criticamente as posturas proteccionista e librecambista
respecto ó comercio internacional.
· Explicar en qué consiste un arancel e distinguir os tipos de
aranceis que se poden aplicar.
· Xustificar a utilidade das medidas de fomento á
exportación.
· Recoñecer as subbalanzas que compoñen a balanza de pagamentos e
as partidas que se inscriben en cada unha delas, segundo sexan
ingresos ou pagamentos.
· Valorar o principio contable da partida dobre á hora de analizar
os resultados da balanza de pagamentos.
· Xustificar as consecuencias dun déficit prolongado na balanza por
conta corrente dun país.
· Explicar o funcionamento do mercado de divisas nun contexto de
cambio flexible e noutro de cambio fixo.
Contidos
Conceptos
· Proteccionismo e librecambismo.
· Os aranceis.
· Balanza por conta financeira.
· Axuste final da balanza.
Procedementos
· Interpretación e análise dos datos esenciais da balanza de
pagamentos española.
· Interpretación da evolución da balanza de pagamentos española coa
evolución da reserva de divisas e o endebedamento exterior.
Actitudes, valores e normas
· Educación moral e cívica: actitude crítica ante as desigualdades
económicas.
Actividades de aprendizaxe
· Examinar a estructura da unidade.
· Evocar coñecementos previos a partir dos contidos presentados no
apartado Actividades previas.
· Ler un texto descritivo dos trazos básicos da economía
internacional, memorizar comprensivamente a súa definición e as
dúas ramas nas que se divide.
· Ler un texto para comprender que o fundamento do comercio
internacional radica na división internacional do traballo e
propoñer exemplos concretos para establecer analoxías entre este
fundamento e o que existe entre o comercio interno e a división do
traballo. Ler un texto para recoñecer as causas e as razóns do
desenvolvemento do comercio internacional nos nosos días.
· Observar dous cadros e ler os textos que os acompañan para
distinguir as razóns que xustifican as posturas fronte ó comercio
internacional: proteccionismo e librecambismo. Valoralas
criticamente e buscar unha postura intermedia que resulte
conciliadora.
· Ler e memorizar comprensivamente a definición de política
comercial. Confeccionar un cadro resumo que conteña as principais
barreiras a que se ve sometida a importación de productos
estranxeiros e as medidas de fomento da exportación de productos do
propio país.
· Ler un texto e observar unha serie de cadros para distinguir as
subbalanzas que compoñen a balanza de pagamentos e recoñecer este
instrumento contable como a mellor forma de analizar a actividade
económica dun país en relación co comercio internacional.
· Ler un texto no que se describen as características e o
funcionamento básico do mercado de divisas. Observar unha serie de
gráficas e ler os textos que as acompañan para distinguir o
comportamento dese mercado segundo se rixa por un tipo de cambio
fixo ou por un tipo de cambio flexible.
Actividades de avaliación
· Enumerar actividades económicas da vida cotiá e empresarial que
son posibles gracias ó comercio internacional.
· Confeccionar un cadro comparativo que recolla os trazos máis
significativos do proteccionismo e do librecambismo, analizar
criticamente cada unha destas posturas e xustificar razoadamente a
propia.
· Valorar criticamente as barreiras á importación e redactar un
breve comentario acerca da equidade do arancel ad valorem fronte ó
arancel específico.
· Describir de forma xeral a balanza de pagamentos, as subbalanzas
máis importantes e xustificar o principio contable de partida
dobre.
· Describir, con axuda de gráficas, o comportamento do mercado de
divisas cando se guía por tipos de cambio fixos.
UNIDADE DIDÁCTICA 14: Relacións económicas internacionais
Obxectivos didácticos
· Establecer o obxectivo fundamental e as preocupacións principais
da Organización de Nacións Unidas (ONU).
· Enunciar a finalidade e os principios fundamentais de actuación
do Acordo Xeral de Aranceis e Comercio (GATT).
· Explicar os obxectivos da Organización para a Cooperación e o
Desenvolvemento Económico (OCDE) e os dos organismos que dependen
dela.
· Determinar as funcións do Fondo Monetario Internacional
(FMI).
· Analizar as causas do fracaso da Comisión Económica para América
Latina e o Caribe (CEPALC).
· Definir o concepto de sistema monetario e identificar o Sistema
Monetario Internacional como o sistema de tipos de cambio e
pagamentos internacionais existente entre todos os países do
mundo.
· Identificar as características dos países desenvolvidos,
subdesenvolvidos, do centro, da periferia e dos países de economías
de planificación central.
· Recoñecer a importancia do papel das materias primas, a ecoloxía
e o nivel de endebedamento na economía.
Contidos
Conceptos
· A Organización das Nacións Unidas (ONU).
· Acordo Xeral de Aranceis e Comercio (GATT).
· A Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico
(OCDE).
· Fondo Monetario Internacional (FMI).
· A Comisión Económica para América Latina e o Caribe
(CEPALC).
· Os cárteles internacionais.
· A economía mundial.
· papel das materias primas na economía.
· Os problemas ecolóxicos.
· Análise das distintas estratexias de desenvolvemento
económico.
· Preparación e presentación ó grupo de breves exposicións sobre
problemas económicos de actualidade, incorporando opinións e xuízos
propios, de forma clara e axustada, con argumentos razoados e con
referencia a exemplos e datos apropiados.
Actitudes, valores e normas
· Educación ambiental: Valoración do ambiente como recurso
económico escaso e como elemento importante na calidade de
vida.
· Actitude favorable a reflexionar criticamente sobre as propias
ideas e valores.
· Educación moral e cívica: actitude crítica ante as desigualdades
económicas.
Actividades de aprendizaxe
· Examinar a estructura da unidade.
· Evocar coñecementos previos a partir dos contidos presentados no
apartado Actividades previas.
· Ler un texto e confeccionar un diagrama de fluxo para distinguir
os diferentes niveis de integración económica que se poden dar
entre países. Analizar as relacións de España con outros países e
clasificar estas relacións en función do nivel de integración
económica que se dá.
· Observar un diagrama de fluxo para comprender a existencia de
múltiples organismos internacionais de cooperación política e
económica.
· Confeccionar un cadro síntese no que figuren os trazos máis
significativos, os obxectivos propostos e os logros alcanzados por
diferentes organismos de cooperación, a partir da lectura dos
textos nos que se describen:
· A ONU e os seus organismos dependentes (FAO e UNCTAD).
· O GATT.
· A OCDE e os seus organismos autónomos (AIE e CAD).
· O FMI.
· Os cárteles internacionais, de modo especial a OPEP.
· Ler e memorizar comprensivamente a definición de sistema
monetario e analizar a diferencia entre un sistema de cambios fixos
e un de cambios flexibles. Comprender o concepto de moeda de
referencia. Ler un texto no que se describe a evolución do Sistema
Monetario Internacional.
· Analizar un cadro síntese para distinguir entre países
desenvolvidos e subdesenvolvidos, da periferia e do centro, de
planificación central e de economía mixta de mercado.
· Valorar criticamente os principais problemas que lle afectan á
economía mundial a partir da lectura dos respectivos textos onde se
describen: o papel das materias primas e os problemas do seu
esgotamento, a conservación do medio e os problemas ecolóxicos
derivados da actividade económica, e as dificultades que supón o
endebedamento internacional para o desenvolvemento dos países máis
pobres.
Actividades de avaliación
· Identificar situacións de cooperación económica entre países,
reais ou ficticias, e clasificalas segundo o nivel de integración
que presentan.
· Seleccionar algún dos organismos estudiados (FAO, UNCTAD, GATT,
OCDE, FMI, CEPALC) e describir a súa composición, o seu
funcionamento e os obxectivos que persegue.
· Valorar criticamente algún dos grandes problemas que lle afectan
á economía mundial: esgotamento das materias primas, conservación
do medio, endebedamento dos países pobres...
UNIDADE DIDÁCTICA 15: A Unión Europea
Obxectivos didácticos
· Coñecer a orixe do proceso de integración europea e as fases
polas que este atravesou.
· Comprender a estructura organizativa actual da Unión Europea: as
súas institucións e órganos máis importantes.
· Identificar os trazos que caracterizan a Unión Europea en canto a
poboación e producción.
· Coñecer as características da estructura productiva da Unión
Europea, así como a importancia relativa que teñen os diferentes
sectores productivos nela.
· Xustificar a necesidade dunha Política Agrícola Común, valorar os
seus resultados e as sucesivas reformas que sufriu.
· Enumerar as liñas básicas de actuación da Unión Europea en
materia de política industrial común.
· Recoñecer a importancia da política ambiental común e da política
común de protección dos consumidores e enunciar os obxectivos
fundamentais de cada unha.
Contidos
Conceptos
· Tratado de Roma.
· Europa a partir de Maastricht.
· As institucións da Unión.
· Consello Europeo.
· Parlamento Europeo.
· As políticas comúns: agraria, industrial, ambiental e de
protección dos consumidores.
Procedementos
Actitudes, valores e normas
· Educación ambiental: valoración do medio como recurso económico
escaso e como elemento importante na calidade de vida.
Actividades de aprendizaxe
· Examinar a estructura da unidade.
· Evocar coñecementos previos a partir dos contidos presentados no
apartado Actividades previas.
· Observar un cadro síntese e memorizar comprensivamente as datas
correspondentes ós acontecementos principais do proceso da unidade
europea. Ler e valorar positivamente os obxectivos que impulsaron
este proceso. Confeccionar un friso histórico no que se sinale o
momento no que cada un dos países europeos se integraron na
Comunidade Europea ou solicitaron a súa integración. Observar un
mapa de Europa para comprender o estado actual do proceso de
integración.
· Ler un texto e observar un diagrama de fluxo para comprender a
composición e as funcións das diferentes institucións que compoñen
a Unión Europea: a Comisión Europea, o Consello da Unión, o
Consello Europeo, o Parlamento, o Tribunal de Xustiza e os
diferentes comités de asesoramento.
· Observar un mapa de Europa e localizar nel as rexións máis ricas
e máis pobres. Ler un texto no que se describe a política rexional
da Unión e os diferentes fondos destinados ó reequilibrio económico
rexional.
· Confeccionar un cadro resumo no que figuren os trazos
característicos das distintas políticas comúns emprendidas pola
Unión Europea (agrícola, industrial, ambiental e de protección ós
consumidores) a partir da lectura dos textos descritivos
correspondentes.
Actividades de avaliación
· Elaborar unha redacción na que se describa o proceso de
integración europea desde o final da II Guerra Mundial ata o
Tratado de Maastricht.
· Elixir algunha das institucións da Unión Europea e describir a
súa estructura e as súas funcións.
· Describir os trazos característicos da política económica
rexional establecida pola Unión Europea e os fondos destinados ó
reequilibrio das rexións máis pobres.
· Elixir algunha das políticas comúns (agrícola, industrial,
ambiental ou de protección ós consumidores) e describir os seus
trazos. Valorar criticamente o impacto da política seleccionada
sobre a economía do noso país.
UNIDADE DIDÁCTICA 16: A moeda única europea
Obxectivos didácticos
· Describir o concepto e a finalidade do Sistema Monetario
Internacional.
· Avaliar a utilidade dunha moeda única.
· Coñecer e avaliar o impacto económico da implantación da moeda
única en España e en Europa.
· Distinguir entre o ecu e o euro en canto se refire á súa
funcionalidade.
· Enumerar e xustificar os criterios europeos de converxencia
económica.
· Valorar criticamente o ingreso de España na Unión Europea.
· Coñecer o calendario da entrada en vigor do euro.
· Valorar o código de boas prácticas.
· Coñecer e diferenciar os distintos billetes e moedas euro.
· Converter as pesetas en euros.
Contidos
Conceptos
· Os criterios de converxencia económica.
· Valoración da entrada de España na UEM.
· euro.
· Cálculo de equivalencias pesetas-euros e viceversa.
Actitudes, valores e normas
· Valoración da entrada de España na Unión Económica e
Monetaria.
Actividades de aprendizaxe
· Examinar a estructura da unidade.
· Evocar coñecementos previos a partir dos contidos presentados no
apartado Actividades previas.
· Observar un exemplo resolto no que se aprecian as vantaxes e os
inconvenientes do tipo de cambio variable entre diferentes moedas.
Ler un resumo histórico no que se aprecia o proceso de unificación
da moeda que vai desde o ecu ata o euro. Reproducir un cadro no que
se recollen as fases do proceso de unión monetaria, os períodos de
duración de cada unha e os obxectivos que se pretenden alcanzar.
Analizar cadros nos que se reflicte a data de ingreso na Unión
Europea e na Unión Económica e Monetaria dos 15 países
membros.
· Ler un breve resumo do proceso seguido por España ata chegar á
integración europea. Analizar os criterios de converxencia de
Maastricht e confeccionar un cadro síntese coas vantaxes e cos
inconvenientes da integración de España na Unión, de modo que se
posibilite unha valoración crítica desta.
· Observar un mapa de Europa para identificar os países membros da
UE e os que constitúen a UEM. Ler un texto para comprender o
calendario de implantación do euro.
· Analizar e valorar criticamente os compromisos que constitúen o
código de boas prácticas que facilita a substitución das pesetas
por euros.
· Observar o símbolo do euro e comparalo cos doutras moedas (o
dólar ou o ien). Ler un texto e observar unha imaxe para
identificar e recoñecer as características comúns e diferenciais
dos billetes e moedas euro que circulan actualmente por
Europa.
· Observar un diagrama de