Post on 31-Jul-2020
REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª,
ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS
PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E
SERVIZOS
Día: 23.06.2016 Hora: 10:00
A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 23 de xuño de 2016, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
A orde do día é a seguinte :
Punto 1. Designación da Ponencia encargada de elaborar o informe sobre a Proposición de Lei de medidas urxentes para a actualización do sistema de transporte público de Galicia (09/PPL-000044)
Punto 2. Preguntas orais en Comisión
2.1 48042 (09/POC-007179)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaFernández Fernández, Raúl e 5 máisSobre as medidas adoptadas polo Goberno galego para garantir a seguridade viaria nas estradas de titularidade autonómica deterioradas a consecuencia das obras de construción da liña de alta velocidade Lubián-Ourense, o protocolo de actuación para a súa reparación, así como a Administración que está a asumir as obras e os custos do seu arranxo, compromisos asinados para a súa reversión á situación orixinal ao remate das obras do AVEPublicación da iniciativa, BOPG n.º 614, do 10.03.2016
2.2 49388 (09/POC-007377)Grupo Parlamentario MixtoFernández Rodríguez, Mónica e Martínez García, María ConsueloSobre a información e as actuacións levadas a cabo pola Xunta de Galicia en relación coas verteduras, rozas e amoreamento de material asfáltico tóxico no río Baa, ao seu paso polos concellos de Cabanas e Fene, o seu impacto na calidade das augas da traída auxiliar municipal de Mugardos, así as previsións da restauración do hábitat dese río a cargo dos responsables desas actuaciónsPublicación da iniciativa, BOPG n.º 635, do 20.04.2016
2.3 50290 (09/POC-007520)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén e Jorquera Caselas, Francisco XesúsSobre as verteduras detectadas nos últimos dez anos nos lugares da
Gándara e San Marcos, da parroquia de San Pedro de Nós, no concello de Oleiros, as xestións concretas levadas a cabo por Augas de Galicia ao respecto nese período e as medidas previstas para resolver o problemaPublicación da iniciativa, BOPG n.º 642, do 11.05.2016
2.4 50979 (09/POC-007616)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén e Jorquera Caselas, Francisco XesúsSobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da colaboración económica co Concello de Ponteceso para reparar os problemas estruturais da ponte da Garga e proceder á súa rehabilitación integral, así como o establecemento de axudas para paliar os danos causados polos asolagamentosPublicación da iniciativa, BOPG n.º 656, do 08.06.2016
2.5 51003 (09/POC-007619)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaFajardo Recouso, Juan Manuel e 5 máisSobre as previsións do Goberno galego respecto da colaboración co Concello de Ponteceso para o arranxo da ponte da Garga de xeito definitivo e as razóns existentes para non atender as demandas realizadas polo Concello ao respectoPublicación da iniciativa, BOPG n.º 656, do 08.06.2016
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.
Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2016
Enrique Nóvoa López
Presidente da Comisión
RELACIÓN DE MEMBROS DE COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL,
OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE ESERVIZOS
POR ORDE ALFABÉTICA
Mesa
Vogais
PresidenteEnrique Nóvoa López P
VicepresidenteJesús Antonio Goldar Güimil P
SecretarioJuan Manuel Fajardo Recouso AGE
Jaime Castiñeira Broz PRaúl Fernández Fernández SMónica Fernández Rodríguez MAlejandro Gómez Alonso PFrancisco Xesús Jorquera Caselas BNGAntonio Mouriño Villar PJosé Antonio Sánchez Bugallo SJosé Francisco Santos Regueiro PGonzalo Trenor López PDaniel Luís Varela Suanzes-Carpegna PPatricia Vilán Lorenzo S
Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,
Medio Ambiente e Servizos
Día: 23.06.2016 Hora: 10:00
Orde do día
1. Designación da Ponencia encargada de elaborar o informe sobre
a Proposición de Lei de medidas urxentes para a actualización
do sistema de transporte público de Galicia (09/PPL-000044)
Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,
Medio Ambiente e Servizos
Día: 23.06.2016 Hora: 10:00
Orde do día
2. Preguntas orais en Comisión
Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,
Medio Ambiente e Servizos
Día: 23.06.2016 Hora: 10:00
Orde do día
2.1 48042(09/POC-007179)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Fernández Fernández, Raúl e 5 máis
Sobre as medidas adoptadas polo Goberno galego para garantir
a seguridade viaria nas estradas de titularidade autonómica
deterioradas a consecuencia das obras de construción da liña
de alta velocidade Lubián-Ourense, o protocolo de actuación
para a súa reparación, así como a Administración que está a
asumir as obras e os custos do seu arranxo, compromisos
asinados para a súa reversión á situación orixinal ao remate
das obras do AVE
Publicación da iniciativa, 614, 10.03.2016
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Á Mesa do Parlamento
Raúl Fernández Fernández, María Quintas Alvarez, Carmen Acuña
do Campo, Noela Blanco Rodríguez, Patricia Vilán Lorenzo e José
Antonio Sánchez Bugallo, deputados e deputadas pertencentes ao Grupo
Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo
152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte
pregunta para a súa reposta oral en Comisión 2.ª, Ordenación
Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos.
A construción da liña de alta velocidade Lubián – Ourense esixe un
considerable movemento de maquinaria e vehículos de gran tonelaxe.
A súa orixe e destino son as obras que se están a facer para dar soporte á
chegada da alta velocidade a Galicia no referido tramo.
Dende o comezo das obras, fai xa varios anos, o continuo e permanente
tráfico deste tipo de vehículos é visible.
É visible no circular dos vehículos, mais tamén nas pegadas que deixa na
rede viaria.
Estradas locais, provinciais, autonómicas e nacionais, que dan soporte a
este tráfico, amosan un evidente deterioro facilmente recoñecible.
De feito, as estradas autonómicas situadas neste ámbito de actuación,
aparecen parcheadas, nunha precaria labor de mantemento, para tapar
fochas e deterioracións do firme.
Esta deterioración diaria da rede viaria autonómica está a producir unha
merma da seguridade viaria co conseguinte malestar das persoas usuarias.
Mais tamén, a incógnita de como quedarán estes viais ao rematar as obras
do AVE.
Por ilo, os deputados e as deputadas que asinan formulan as seguintes
preguntas para o seu debate en Comisión:
1. Que medidas adoptou e está a adoptar o Goberno galego para
garantir a seguridade viaria nas estradas da súa titularidade
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
deterioradas como consecuencia das obras da liña de alta velocidade
Lubián – Ourense?
2. Cal é o protocolo de actuación polo que se rexe o Goberno galego
para subsanar o deterioro destas estradas?
3. Que administración está a asumir as actuacións e custos das
reparacións destas estradas ocasionadas polas obras do AVE?
4. Que compromisos ten asinados o Goberno galego para que o
patrimonio viario da Xunta de Galicia, deteriorado polas obras do
AVE, reverta a súa situación orixinal unha vez rematadas as obras do
AVE?
5. Que administración, unha vez rematadas as obras do AVE, asumirá
as actuacións e custos necesarios para retrotraer a situación das
estradas autonómicas ao seu estado orixinal?
6. Cales son as estradas autonómicas afectadas por esta situación?
Pazo do Parlamento, 3 de marzo de 2016
Asdo.: Raúl Fernández Fernández
María Quintas Alvarez
Carmen Acuña do Campo
Noela Blanco Rodríguez
Patricia Vilán Lorenzo
José Antonio Sánchez Bugallo
Deputados e deputadas do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Raúl Fernández Fernández na data 03/03/2016 16:21:44
Maria Remedios Quintas Alvarez na data 03/03/2016 16:21:52
María del Carmen Acuña do Campo na data 03/03/2016 16:21:57
Noela Blanco Rodriguez na data 03/03/2016 16:22:01
Patricia Vilán Lorenzo na data 03/03/2016 16:22:07
José Antonio Sánchez Bugallo na data 03/03/2016 16:22:13
Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,
Medio Ambiente e Servizos
Día: 23.06.2016 Hora: 10:00
Orde do día
2.2 49388(09/POC-007377)
Grupo Parlamentario Mixto
Fernández Rodríguez, Mónica e Martínez García, María Consuelo
Sobre a información e as actuacións levadas a cabo pola Xunta
de Galicia en relación coas verteduras, rozas e amoreamento
de material asfáltico tóxico no río Baa, ao seu paso polos
concellos de Cabanas e Fene, o seu impacto na calidade das
augas da traída auxiliar municipal de Mugardos, así as
previsións da restauración do hábitat dese río a cargo dos
responsables desas actuacións
Publicación da iniciativa, 635, 20.04.2016
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | POC
1
Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA.
Mónica Fernández Rodríguez e Consuelo Martínez García, deputadas do
Grupo Parlamentar Mixto, ao abeiro do disposto no Regulamento da
Cámara, presenta a seguinte Pregunta para a súa resposta oral na Comisión
2ª Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos
Tivemos coñecemento a través da cidadanía e os medios de comunicación de
sucesivas agresións ao río Baa ao seu paso polos concellos de Cabanas e
Fene.
Así, o pasado 5 de abril un tractor rozou completamente a zona de policía e a
canle do río Baa na parte leste do polígono industrial de Vilar do Colo. Ao
parecer non é a primeira vez que se realiza unha roza tan agresiva sen que
leve aparellada unha recuperación ou actuación na zona que amorteza os
danos ao ambiente e á canle.
Sobre o 10 de marzo, produciuse unha vertedura que Augas de Galicia e
Seprona investigaron tras a aparición dunha sustancia con aspecto espumoso
e de cor branca no río Baa de orixe descoñecida, no tramo entre Fene e
Mugardos. Con toda seguridade proveniente dalgunha empresa, ao ser
localizada tamén na zona do polígono Vilar do Colo.
No pasado ano, o Concello de Cabanas, nunha parcela da súa propiedade no
devandito polígono industrial, realizou unha vertedura de materiais sobre o leito
do río Baa que mereceu un expediente sancionador. Tamén a asociación de
amigos do río Baa denunciou en abril de 2015 o incremento da contaminación
sobre as augas que sofre nos últimos anos e a súa degradación.
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | POC
2
Hai seis anos, unha empresa amoreou 135.000 Tn de asfalto tóxico (non
reciclado e declarado perigoso e non válido para a construción por conter
alcatrán de ulla, substancia prohibida polas directivas europeas) enriba mesmo
do río Baa. Actualmente o concello de Cabanas tramita a súa recualificación no
seu Plan Xeral de Ordenación Municipal e na devandita parcela non marcou as
preceptivas proteccións de Augas, nin Augas de Galicia lle exixiu tal protección.
A Xunta de Galicia, como autoridade competente, é tamén directamente
responsable destes feitos e ten a potestade administrativa de reposición dos
danos tal e como se establece na Lei 26/2007, de 23 de outubro, de
Responsabilidade Medioambiental. A Lei de Augas refundida polo Real Decreto
Lexislativo 1/2001 prohibe as verteduras e os movementos de terras que
afecten as canles dos ríos e Augas de Galicia é competente para a autorización
e control das verteduras e actuacións que afecten as correntes de auga.
Polo exposto, as deputadas que subscriben, formulan as seguintes preguntas
á Xunta para a súa resposta oral en Comisión:
Abriu expedientes sancionadores ás responsables polas verteduras e
polas actuacións devanditas?
Coñece outras verteduras ou actuacións que afectaran ao río Baa e
quen foi o seu causante?
Afectan estas verteduras e actuacións á calidade da auga da traída
auxiliar municipal de Mugardos bombeada augas abaixo no Seixo, en
Mugardos?
Ordenoulles ás responsables das verteduras e as actuacións medidas
de obrigado cumprimento para previr ou evitar novos danos ao río Baa?
En caso afirmativo, adoptaron as responsables as correspondentes
medidas?
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | POC
3
Ten previsto restaurar o hábitat do río Baa á custa dos responsables
para cumprir coa directiva europea de calidade das augas?
Ten en conta Augas de Galicia nas súas inspeccións que o río Baa
desemboca na ría de Ferrol, declarada sensible ante as autoridades
europeas?
Pazo do Parlamento, a 08 de abril de 2016
Asdo.: Mónica Fernández Rodríguez Deputada do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia.
Asdo.: Consuelo Martínez García Voceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia.
Asinado dixitalmente por:
Mónica Fernández Rodríguez na data 08/04/2016 09:59:25
María Consuelo Martínez García na data 08/04/2016 09:59:35
Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,
Medio Ambiente e Servizos
Día: 23.06.2016 Hora: 10:00
Orde do día
2.3 50290(09/POC-007520)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén e Jorquera Caselas, Francisco Xesús
Sobre as verteduras detectadas nos últimos dez anos nos
lugares da Gándara e San Marcos, da parroquia de San Pedro de
Nós, no concello de Oleiros, as xestións concretas levadas a
cabo por Augas de Galicia ao respecto nese período e as
medidas previstas para resolver o problema
Publicación da iniciativa, 642, 11.05.2016
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
Ana Belén Pontón Mondelo e Francisco Xesús Jorquera Caselas,
deputada e deputado do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego
(BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, formulan a seguinte
Pregunta para resposta oral na Comisión 2ª, relativa aos verquidos que
afectan á parroquia de Nós (Oleiros) nas zonas de A Gándara e San Marcos.
Os lugares da Gándara e San Marcos, na parroquia de Nós (Oleiros), están
sometidos desde hai anos a múltiples e repetidos verquidos que pasan pola rede
de saneamento procedentes do Polígono Industrial do Espírito Santo, ubicado no
límite entre os veciños concellos de Sada e Cambre. Estes verquidos desbordan
os sumidoiros, contaminan o río e incluso acceden a vivendas, mesmo polos
desaugues sanitarios, causando graves danos e inseguridade entre a veciñanza.
Mesmo houbo persoas que se tiveron que desprazar das súas vivendas habituais
por temor de risco sanitario.
Nun dos últimos verquidos, producido o día 7 de abril deste ano,
mobilizouse á Policía Local de Cambre e Oleiros, Policía Autonómica,
Emerxencias 112 e técnicos de Augas de Galicia e descubriuse como saían
“augas nauseabundas” dunha arqueta situada diante das instalacións da empresa
Discefa. Dita arqueta foi precintada no momento.
Despois deste verquido, que foi o noveno no que vai de ano, aínda se
produciu outro de menor envergadura o día 10 de abril.
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
O Concello de Cambre confirmou o 8 de abril que se está investigando ás
empresas Discefa e Isidro de la Cal. Técnicos de Cambre e de Augas de Galicia
acudiron a realizar análises das depuradoras, caudalímetros e augas do interior e
do exterior das instalacións para a súa análise.
Estas empresas xa foran sancionadas con anterioridade. No ano 2.006 o
Concello de Cambre ordenou suspender a actividade de Discefa por carecer de
autorización de verquido e incumprir a licenza, aínda que reabriu ao ano seguinte
ao darse o problema por solucionado. No ano 2011 o Concello anunciou que
sancionaba con 10.000 euros á empresa “Isidro de la Cal” por verquidos, ademais
de precintarlle ás instalacións, o que finalmente non se produciu.
Polas razóns devanditas, formulamos as seguintes Preguntas para
resposta oral na Comisión 2ª, relativas aos verquidos que afectan á parroquia de
Nós (Oleiros) nas zonas de A Gándara e San Marcos:
-Coñece a Xunta de Galiza a existencia de verquidos que afectan á
parroquia de Nós (Oleiros) nas zonas de A Gándara e San Marcos?
-Coñece a Xunta de Galiza que en 2016 xa se levan producidos dez
verquidos?
-Sabe que estes verquidos se produciron, en distintas ocasións, nos
últimos dez anos?
-Que xestións concretas desenvolveu Augas de Galiza nos dez últimos
anos, dende que se detectaron os verquidos?
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
-Que medidas ten previsto desenvolver para solucionar este problema?.
Santiago de Compostela, 4 de Maio de 2016
Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo
Portavoz s. do G.P do BNG
Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Ana Belén Pontón Mondelo na data 04/05/2016 19:02:02
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 04/05/2016 19:02:14
Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,
Medio Ambiente e Servizos
Día: 23.06.2016 Hora: 10:00
Orde do día
2.4 50979(09/POC-007616)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén e Jorquera Caselas, Francisco Xesús
Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da
colaboración económica co Concello de Ponteceso para reparar
os problemas estruturais da ponte da Garga e proceder á súa
rehabilitación integral, así como o establecemento de axudas
para paliar os danos causados polos asolagamentos
Publicación da iniciativa, 656, 08.06.2016
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
Ana Belén Pontón Mondelo e Francisco Xesús Jorquera Caselas, deputada e
deputado do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro
do disposto no Regulamento da Cámara, formulan a seguinte Pregunta para a súa
resposta oral na Comisión 2ª, relativa á situación da Ponte da Garga en Ponteceso.
A Ponte da Garga é unha ponte de indubidábel valor patrimonial, catalogada, e
que ademais está en uso, cumprindo unha funcionalidade social real ao comunicar
directamente os núcleos de Anllóns e A Garga, e por extensión ás parroquias
circundantes.
Trátase dunha ponte do século XIX, de dous vans, executados con arcos de
medio punto lixeiramente rebaixados, de doelas de cantería de granito. Os seos están
formados por cachotería e posúe un tallamar central en ángulo, formado con cantería de
granito. O acceso realízase mediante dúas ramplas a cada lado da ponte. O paso superior
posúe gran anchura e proteccións laterais, constituíndo unha estrada de asfalto. Os
peitorís pertencen a unha actuación posterior, executados con pezas de cantería.
A ponte, pese a súa beleza e valor patrimonial e atoparse nun entorno natural de
grande fermosura, sufriu co paso do tempo un importante proceso de degradación.
Dunha banda existen na contorna e na propia ponte elementos descontextualizados que
deterioran a súa imaxe, entre os que cabe destacar a existencia de distintos aparellos de
medida da calidade das augas colocados por Augas de Galiza, que están apoiados na
estrutura e proximidades da ponte. Ademais na cantería da ponte foi medrando
abondosa vexetación. A estas deficiencias súmase o deterioro da calzada e diversas
fendas na tallamar da ponte.
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Estas deficiencias víronse fortemente agravadas polas dúas importantes
enchentes do río Anllóns no último ano, provocando entre outros problemas estruturais,
a evolución imparable das fendas no tallamar e estrutura da ponte, o fallo da
cimentación do tallamar e o xiro do mesmo provocando o reasentamento do arco dereito
e un aumento importantísimo das fendas na calzada e outras partes da ponte. Froito
desta situación o concello tivo que adoptar a decisión de cortar o tráfico rodado na ponte
ao deixar de reunir as condicións máis elementais de seguridade.
Esta situación de corte do tráfico na ponte provoca numerosas disfuncións na
vida cotiá dos/as veciños/as, que se ven obrigados/as a dar unha volta de sete
quilómetros co correspondente prexuízo económico e de perda de tempo. A isto súmase
a situación das persoas con problemas de discapacidade, que para se desprazar
dependen doutras para uns desprazamentos de metros que se converten en imposibles ao
depender do automóbil e doutras persoas, ou os prexuízos que esta situación provoca no
reparto de mercadorías, nos traballos en leiras próximas e un longo etcétera. Situacións
que inciden na calidade de vida dos/as veciños/as, que ven reducidas e encarecidas as
súas posibilidades de comunicación.
Por todo o devandito, formúlanse as seguintes preguntas para resposta oral na
Comisión 2ª, relativas á situación da Ponte da Garga en Ponteceso:
-Vai a Xunta de Galiza colaborar co concello de Ponteceso, habilitando a
partida económica correspondente, para adoptar medidas de urxencia ante os graves
problemas estruturais da ponte da Garga, co fin de evitar o risco de ruína da ponte e de
restablecer a comunicación directa entre os núcleos de Anllóns e A Garga?
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
-Vai colaborar co concello de Ponteceso, habilitando a partida económica
correspondente, para proceder á reparación dos problemas estruturais da ponte da
Garga e á súa rehabilitación integral, recuperando os seus valores patrimoniais?
-Vai establecer con urxencia as axudas pertinentes para paliar os prexuízos
causados polas inundacións no concello de Ponteceso?
Santiago de Compostela, 30 de maio de 2016
Asdo. Ana Belén Pontón Mondelo
Portavoz do G.P. do BNG
Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz s. do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Ana Belén Pontón Mondelo na data 30/05/2016 13:45:28
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 30/05/2016 13:45:33
Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,
Medio Ambiente e Servizos
Día: 23.06.2016 Hora: 10:00
Orde do día
2.5 51003(09/POC-007619)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Fajardo Recouso, Juan Manuel e 5 máis
Sobre as previsións do Goberno galego respecto da
colaboración co Concello de Ponteceso para o arranxo da ponte
da Garga de xeito definitivo e as razóns existentes para non
atender as demandas realizadas polo Concello ao respecto
Publicación da iniciativa, 656, 08.06.2016
Á MESA DO PARLAMENTO
Juan Manuel Fajardo Recouso, Ramón Vázquez Díaz, Eva Solla Fernández, Antón
Sánchez García, Xosé Manuel Beiras Torrado e Xabier Ron Fernández, deputados e
deputada do Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (ESQUERDA
UNIDA-ANOVA), ao abeiro do disposto no artigo 156 do Regulamento da Cámara,
presentan a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión.
As inundacións sufridas no conxunto do país, durante o pasado mes de marzo, teñen
provocado numerosos desperfectos no conxunto de concellos afectados, un dos máis
significativos é o producido sobre a Ponte da Garga na parroquia de Anllóns (San Fins) no
concello de Ponteceso, que como consecuencia das riadas ocasionadas neses días
incrementou de forma moi considerable o seu deterioro e, sobre todo, coa presenza, logo
desa data, de danos estruturais tanto no pano como nos piares centrais da ponte, danos que
poñen en risco a súa integridade e que a fan perigosa para o uso diario.
Este deterioro obrigou a que no presente mes o concello pechase a ponte ao tráfico rodado,
situación que afecta a ducias de veciñas e veciños que teñen que utilizar un desvío de máis
de 7 km para acceder ás súas vivendas e situación que tamén afecta ao subministro ou
servizos como a recollida de lixo. A pesar de todo isto, dende a Xunta de Galicia non
tiveron a ben nin visitar a zona, nin facilitar os técnicos para o estudo da situación, nin
ningunha outra actuación; de feito, só existe silencio e inacción por parte da
administración autonómica ante este grave contexto.
.
Por todo isto, Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), formula a seguinte
pregunta para a súa resposta oral en Comisión:
1.ª) Ten previsto o Goberno galego establecer algún tipo de colaboración co
concello de Ponteceso co obxectivo de arranxar de forma definitiva esta ponte?
2.ª) Cal é o motivo polo que dende a Xunta de Galicia se teña desatendido
calquera solicitude de axuda, información ou apoio ante as demandas concretas
sobre este tema realizadas dende o Concello de Ponteceso?
Santiago de Compostela, 30 de maio de 2016.
Asinado dixitalmente por:
Juan Manuel Fajardo Recouso na data 30/05/2016 17:29:48
Eva Solla Fernández na data 30/05/2016 17:29:57
Xosé Manuel Beiras Torrado na data 30/05/2016 17:30:04
Anton Sánchez García na data 30/05/2016 17:30:08
Ramón Vázquez Díaz na data 30/05/2016 17:30:12
Jose Javier Ron Fernandez na data 30/05/2016 17:30:15