Post on 27-Dec-2019
A Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 9 de marzo de 2016, ás 16:30 horas, no pazo do Parlamento.
A orde do día é a seguinte :
Punto único: Preguntas orais en Comisión
1.1 46974 (09/POC-007002)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoAdán Villamarín, María do Carme e 3 máisSobre as medidas adoptadas pola Unidade Galicia Emprende para incentivar o emprendemento femininoPublicación da iniciativa, BOPG n.º 603, do 18.02.2016
1.2 47016 (09/POC-007006)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoAdán Villamarín, María do Carme e 2 máisSobre a información da Xunta de Galicia respecto da situación que está a atravesar a antiga fábrica de armas de Pedralonga, na Coruña, hoxe denominada Hércules de Armamento, as súas previsións respecto da convocatoria da reunión solicitada polos representantes dos traballadores e as actuacións que vai levar a cabo para garantir o mantemento da produción e dos postos de traballo nelaPublicación da iniciativa, BOPG n.º 603, do 18.02.2016
1.3 47134 (09/POC-007024)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaRon Fernández, José Javier e 5 máisSobre as obras que se están a levar a cabo no castelo de Monterrei, a sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Ourense ao respecto e as razóns existentes para manter pechado ao público todo o recinto, así como as previsións da Xunta de Galicia en relación coa aprobación dun plan de usos que permita o acceso do público a ese ben de interese culturalPublicación da iniciativa, BOPG n.º 607, do 25.02.2016
1.4 47291 (09/POC-007062)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaLosada Álvarez, Abel Fermín e 2 máisSobre os posibles efectos no tecido produtivo galego dos recortes orzamentarios e dos cambios na cúpula directiva levados a cabo pola empresa Pemex, o mantemento dalgunha conversa e a opinión do Goberno galego respecto da súa futura incidencia nos barcos construídos, así como na construción da súa frota menor nos estaleiros galegos e da súa base loxística no porto exterior da CoruñaPublicación da iniciativa, BOPG n.º 607, do 25.02.2016
1.5 47293 (09/POC-007063)Grupo Parlamentario MixtoMartínez García, María Consuelo e Fernández Rodríguez, MónicaSobre a realización pola Xunta de Galicia dalgunha avaliación do posible impacto ambiental do proxecto de investigación mineira "Isabela II "nos concellos de Zas, Santa Comba, Coristanco e Vimianzo e no seu tecido produtivo, e as previsións respecto da súa autorización, así como doutros proxectos de investigación ou explotación mineira en GaliciaPublicación da iniciativa, BOPG n.º 607, do 25.02.2016
1.6 47326 (09/POC-007067)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaLosada Álvarez, Abel Fermín e 2 máisSobre a potencia eólica instalada en Galicia ao abeiro das concesións do Plan eólico do ano 2010, a valoración do Goberno galego respecto dos resultados dese plan e a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en relación co concurso levado a cabo nese anoPublicación da iniciativa, BOPG n.º 607, do 25.02.2016
1.7 47350 (09/POC-007073)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaSánchez García, Antón e 5 máisSobre a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en relación coa valoración das ofertas presentadas no concurso eólicoPublicación da iniciativa, BOPG n.º 607, do 25.02.2016
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.
Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2016
Cristina Isabel Romero FernándezPresidenta da Comisión
RELACIÓN DE MEMBROS DE COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO
E TURISMOPOR ORDE ALFABÉTICA
Mesa
Vogais
PresidentaCristina Isabel Romero Fernández P
VicepresidenteMiguel Angel Tellado Filgueira P
SecretarioAntón Sánchez García AGE
María do Carme Adán Villamarín BNGPedro Manuel Arias Veira PMoisés Blanco Paradelo PNoela Blanco Rodríguez SHipólito Fariñas Sobrino PJosé Manuel Gallego Lomba SAbel Fermín Losada Álvarez SMaría Consuelo Martínez García MBerta Pérez Hernández PJosé Francisco Santos Regueiro PGonzalo Trenor López P
Reunión da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
Día: 09.03.2016 Hora: 16:30
Orde do día
1. Preguntas orais en Comisión
Reunión da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
Día: 09.03.2016 Hora: 16:30
Orde do día
1.1 46974(09/POC-007002)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Adán Villamarín, María do Carme e 3 máis
Sobre as medidas adoptadas pola Unidade Galicia Emprende para
incentivar o emprendemento feminino
Publicación da iniciativa, 603, 18.02.2016
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
María do Carme Adán Villamarín, Montserrat Prado Cores, Ana
Belén Pontón Mondelo e Tereixa Paz Franco, deputadas do Grupo
Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no
Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para a súa resposta
oral na Comisión 6ª.
Diferentes estudos, informes e enquisas recollen datos sobre a crecente
situación de precariedade laboral e traballo vulnerábel que viven as mulleres
galegas. A fenda salarial acentúase e o risco de exclusión social das mulleres
tamén é maior. Asemade, o desigual reparto de responsabilidades á hora de
asumir o traballo non remunerado, as tarefas do coidade, supón que a
maternidade sexa un factor de penalización sobre o emprego das mulleres e o
desenvolvemento pleno do seu proxecto vital.
As políticas de recortes impulsadas polo PP frearon a posta en marcha de
políticas de igualdade, tanto a nivel lexislativo como de realización de programas
concretos. Por exemplo, a paralización da Lei 2/2007, do 28 de marzo, do
traballo en igualdade das mulleres de Galiza. Así, podemos comprobar como por
unha banda, as mulleres de menos de 35 anos abandonan o mercado de traballo
porque emigran e as maiores de 45 anos están condenadas a perder o seu
emprego e tamén os anos de cotización. Ante esta situación moitas mulleres
deciden establecer os seus propios negocios ou empresas.
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Por isto formulamos as seguintes cuestións para a súa resposta oral en
comisión:
Que medidas ten adoptado a Unidade Galicia Emprende para incentivar o
emprendemento feminino?
Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2016
Asdo.: María do Carme Adán Villamarín
Montserrat Prado Cores
Ana Belén Pontón Mondelo
Tereixa Paz Franco
Deputadas do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
María do Carme Adán Villamarín na data 10/02/2016 11:15:51
María Monserrat Prado Cores na data 10/02/2016 11:15:57
Ana Belén Pontón Mondelo na data 10/02/2016 11:16:01
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
María Tereixa Paz Franco na data 10/02/2016 11:16:06
Reunión da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
Día: 09.03.2016 Hora: 16:30
Orde do día
1.2 47016(09/POC-007006)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Adán Villamarín, María do Carme e 2 máis
Sobre a información da Xunta de Galicia respecto da situación
que está a atravesar a antiga fábrica de armas de Pedralonga,
na Coruña, hoxe denominada Hércules de Armamento, as súas
previsións respecto da convocatoria da reunión solicitada
polos representantes dos traballadores e as actuacións que
vai levar a cabo para garantir o mantemento da produción e
dos postos de traballo nela
Publicación da iniciativa, 603, 18.02.2016
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
María do Carme Adán Villamarín, Montserrat Prado Cores e Francisco Xesús
Jorquera Caselas, deputadas e deputado do Grupo Parlamentar do Bloque
Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presentan
a seguinte Pregunta para resposta oral en Comisión, relativa á problemática da Fábrica
de Armas de Pedralonga (A Coruña), hoxe Hércules de Armamento (HdA).
En 2001 a antiga empresa nacional Santa Bárbara Sistemas foi vendida á
norteamericana General Dynamics, pactando unhas condicións que asegurasen o
mantemento de postos de traballo e a viabilidade industrial a través, entre outras
actuacións, da realización de diversos investimentos, do desenvolvemento tecnolóxico e a
diversificación da produción. Aquela operación foi claramente lesiva para o interese xeral.
Segundo os cálculos do Tribunal de Contas do Estado, o custo da privatización ascendía en
febreiro de 2007, a 499,68 millóns de euros, dos que 267,9 correspondían a aportacións
económicas realizadas pola SEPI antes da formalización do contrato, 47,4 millóns ao Plan
Corrector, 1,70 millóns a gastos directos, 181,7 ao Plan de Municionamento e 890.500
euros a reclamacións laborais e da Seguridade Social, entre outros conceptos. Porén,
General Dynamics incumpriu sistematicamente os compromisos vinculados á adquisición
de Santa Bárbara Sistemas e en xuño de 2013 pecha a fábrica da Coruña, pondo fin aos
seus 76 anos de actividade e iniciando o proceso de retrocesión das instalacións ao seu
propietario, o Ministerio de Defensa.
En 2014 o Ministerio de Defensa convocou un concurso público para a concesión
da xestión de parte das instalacións durante un período de 15 anos. En concreto
concesionáronse 127.000 metros cadrados (aproximadamente a metade dos terreos dos que
dispón o Ministerio de Defensa no recinto de Pedralonga) nos que están ubicadas as
distintas naves e talleres de produción. A empresa gañadora do concurso, Hércules de
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Armamento, prevía que a produción de armamento lixeiro representase o 44,85% das
ventas en 2015 e que tivesen tamén un peso relevante os encargos do sector aeronaútico e
de compoñentes da industria civil. Ao tempo fixábase como obxectivo que un ano despois
da adxudicación traballasen 155 persoas na factoría.
Porén, o futuro da actividade produtiva e dos postos de traballo segue cheo de
incertezas. Os/as empregados/as sofren impagos e retrasos no cobro dos salarios e a
adxudicataria da concesión ten grandes dificuldades para a posta en marcha do seu
proxecto industrial.
Esta situación motivou que o 14 de decembro de 2015 representantes da plantilla
dirixiran unha carta, debidamente rexistrada, á Consellería de Economía, Emprego e
Industria para que se convocase unha reunión conxunta para abordar a situación e
coordenar as actuacións precisas para que se manteñan os postos de traballo e a actividade
industrial.
Polas razóns devanditas formulamos as seguintes Preguntas para resposta oral
en en Comisión, relativa á problemática da Fábrica de Armas de Pedralonga (A Coruña),
hoxe Hércules de Armamento (HdA):
-Coñece a Xunta de Galiza a situación da antiga Fábrica de armas da Coruña,
hoxe Hércules de Armamento (HdA)?
-Coñece as incertezas que existen sobre o futuro da actividade produtiva e dos
postos de traballo?
-Vai atender a petición dos/as representantes da plantilla de convocar unha
reunión conxunta para abordar a situación e coordenar as actuacións precisas para que
se manteñan os postos de traballo e a actividade industrial?
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
- Vai manter reunións cos/as traballadores/as, empresa concesionaria, Concello
da Coruña e Goberno Central?
-Que accións vai desenvolver para garantir o mantemento da produción e dos
postos de traballo?
Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2016
Asdo.: María do Carme Adán Villamarín
Montserrat Prado Cores
Deputadas do G.P.do BNG
Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
María do Carme Adán Villamarín na data 10/02/2016 16:52:12
María Monserrat Prado Cores na data 10/02/2016 16:52:19
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 10/02/2016 16:52:25
Reunión da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
Día: 09.03.2016 Hora: 16:30
Orde do día
1.3 47134(09/POC-007024)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Ron Fernández, José Javier e 5 máis
Sobre as obras que se están a levar a cabo no castelo de
Monterrei, a sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso-
Administrativo nº 2 de Ourense ao respecto e as razóns
existentes para manter pechado ao público todo o recinto, así
como as previsións da Xunta de Galicia en relación coa
aprobación dun plan de usos que permita o acceso do público a
ese ben de interese cultural
Publicación da iniciativa, 607, 25.02.2016
Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO
Os deputados Xabier Ron Fernández, Ramón Vázquez Díaz, Xosé Manuel
Beiras Torrado, Antón Sánchez García, Juan Manuel Fajardo Recouso e a
deputada Eva Solla Fernández, membros do Grupo Parlamentario da
Alternativa Galega da Esquerda (EU-ANOVA), ao abeiro do recollido no
Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para a súa resposta
oral en Comisión, relativa ao peche temporal do Parador Castelo de
Monterrei.
As obras de rehabilitación do Castelo de Monterrei co obxectivo de
convertelo en hotel, que coñecen, desde os seus mesmos inicios, as críticas de
todas as organizacións con preocupación pola preservación do noso patrimonio
cultural, como a Plataforma en Defensa do Castelo de Monterrei, coñecen un
novo capítulo no errado e sospeitoso comportamento mercantilista da Xunta de
Galicia.
En efecto, non só a Xunta entregou por un tempo de 75 anos un Ben de
Interese Cultural e un Monumento Nacional a unha empresa, Paradores S.A.,
en situación de ERE desde novembro de 2012, con acordo entre as partes de 2
de xaneiro de 2013, senón que as obras seguen realizándose baixo o silencio
mantendo o acceso a todo o recinto pechado, sen que a cidadanía poda
acceder e gozar dun Ben de Interese Cultural.
Sábese que proseguen as obras na Torre das Damas, onde se pretende
facer un Mirador e un xardín con plantas aromáticas e, no entanto, a cidadanía
non pode acceder a ningunha das partes do castelo. Preguntámonos se ditas
obras gardan o debido respecto para coa sentenza que ditou o Xulgado do
Contencioso-Administrativo nº 2 de Ourense o 3 de decembro de 2015 que
anula por ser contrarios a Dereito os acordos do Concello de Monterrei do 9 de
maio de 2014 polos que se concedía licenza á Axencia de Turismo de Galicia
para a adecuación e rehabilitación da fortaleza de Monterrei como hotel-
parador. Esta sentenza ilegaliza as obras que destinan o castelo a hotel-
parador. O cambio de usos, igualmente censurado e denunciado, está
pendente dunha decisión da Audiencia Nacional.
O presidente Núñez Feijóo dixo o 7 de agosto de 2015, logo da súa
inauguración como parador que o parador-castelo estaba “na mellor rede de
hoteis de Europa”. Preguntámonos se o destino dun Ben de Interese Cultural é
permanecer pechado durante varios meses ao ano. Este feito demostra que
non ten ningún sentido a conversión do castelo en parador, cando o vello
parador, a uns escasos 500 metros, xa coñece peches temporais que exceden
o acordado en xaneiro de 2013, de tal forma que CC.OO. denuncia máis
recortes en persoal e salarios, resultando que o parador de Monterrei non ten
previsto abrir ata o 29 de marzo de 2016.
Censuramos as palabras do presidente da Xunta de Galicia que
demostran un desprezo á nosa cultura: “Levabamos tempo buscando un
contido que permanecera no tempo e que fixera de altavoz de Monterrei”. Ese
contido xa existía, e vén dado pola súa propia condición de Ben de Interese
Cultural e había que procurar un Plan Director de Usos respectuoso con esa
condición e non entregalo a unha empresa en delicada situación económica.
Demóstrase a absoluta incompetencia da Dirección Xeral de Patrimonio
Cultural, incapaz de procurar un uso público, participativo e social a un Ben de
Interese Cultural.
Por todo o exposto, este grupo parlamentario formula a seguinte
pregunta para a súa resposta oral en comisión:
1) De que forma as obras que se realizan na actualidade no Castelo de
Monterrei se corresponden co ditado na sentenza do xulgado do
Contencioso-Administrativo nº 2 de Ourense?
2) Por que se mantén pechado ao público todo o recinto?
3) Quen sufraga unhas obras que en dita sentenza son definidas como
contrarias a dereito e que representan unha agresión inxustificable
ao noso patrimonio cultural?
4) É o diñeiro público de galegos e galegas empregado nunha
rehabilitación que beneficia única e exclusivamente a unha empresa
do Estado?
5) Cre a Xunta de Galicia que a conversión do Castelo nun Hotel-
Parador que se mantén pechado varios meses ao ano é beneficiosa
para a cidadanía galega?
6) Ten previsto a Xunta de Galicia un Plan de Usos que permita á
cidadanía galega acceder ao Ben de Interese Cultural?
7) Vai reverter a Xunta de Galicia a actual situación e recuperar para a
cidadanía galega un Ben de Interese Cultural?
En Compostela, a 11 de febreiro de 2016.
Asdo. Xabier Ron Fernández
Asdo. Ramón Vázquez Díaz
Asdo. Xosé Manuel Beiras Torrado
Asdo. Antón Sánchez García
Asdo. Eva Solla Fernández
Asdo. Juan Manuel Fajardo Recouso
Asinado dixitalmente por:
Jose Javier Ron Fernandez na data 12/02/2016 10:30:13
Ramón Vázquez Díaz na data 12/02/2016 10:30:22
Xosé Manuel Beiras Torrado na data 12/02/2016 10:30:30
Anton Sánchez García na data 12/02/2016 10:30:33
Eva Solla Fernández na data 12/02/2016 10:30:37
Juan Manuel Fajardo Recouso na data 12/02/2016 10:30:43
Reunión da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
Día: 09.03.2016 Hora: 16:30
Orde do día
1.4 47291(09/POC-007062)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Losada Álvarez, Abel Fermín e 2 máis
Sobre os posibles efectos no tecido produtivo galego dos
recortes orzamentarios e dos cambios na cúpula directiva
levados a cabo pola empresa Pemex, o mantemento dalgunha
conversa e a opinión do Goberno galego respecto da súa futura
incidencia nos barcos construídos, así como na construción da
súa frota menor nos estaleiros galegos e da súa base
loxística no porto exterior da Coruña
Publicación da iniciativa, 607, 25.02.2016
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Á Mesa do Parlamento
Abel Losada Alvarez, José Manuel Gallego Lomba e Noela Blanco
Rodríguez, deputados e deputada pertencentes ao Grupo Parlamentario
dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do
Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte pregunta
para a súa reposta oral en Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e
Turismo.
O escenario económico mundial estase complicando de maneira acelerada,
sobre todo dende a segunda metade do derradeiro 2015, afectando con
especial intensidade a determinados sectores económicos e as economías
emerxentes. Un dos máis afectados é o petrolífero; a continua baixada do
prezo do petróleo dende fai ano e medio está levando a que algunhas das
grandes empresas produtoras se vexan obrigadas a unha política radical de
redución de custos.
Unha destas empresas é a mexicana PEMEX que ten levado a cabo un
fortísimo recorte de gastos, que recaeu sobre todo na inversión en refino,
gastos correntes e contratas. Este escenario non parece que vaia a mellorar
a curto prazo, xa que o prezo do petróleo non vai medrar de maneira
importante nos próximos meses, con prezos baixos e demanda moderados
en China ou Europa.
Esta empresa mexicana acumulou ao peche do 2015 perdas de 20.000
millóns de dólares (18.700 millóns de euros), o dobre do ano 2014, falamos
do peor resultado da súa historia. Atópase moi afectada pola crise do cru e
cunha produción en declive, neste contexto a compañía busca saída nos
axustes orzamentarias, o despido masivo e o rescate estatal. Esta axuda do
estado mexicano trouxo consigo o cambio completo do staff directivo da
empresa, o que introduce importantes incertezas ante a nova xestión.
En Galicia, a pesares de ter anunciada a construción dun terceiro flotel en
setembro de 2015, nada se sabe a día de hoxe. E fontes da industria naval
viguesa son moi escépticas ante as posibilidades da súa construción.
Mentres, o Goberno galego, tan exuberante non seus discursos de
propaganda nos primeiros tempos da aparición no horizonte económico
galego de PEMEX, agora mantén un silencio que aos socialistas, e aos
traballadores e traballadoras do sector nos preocupa fondamente.
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Por todo o exposto, os deputados e a deputada que asinan formulan as
seguintes preguntas para o seu debate en Comisión:
1. Ten coñecemento, oficial ou oficioso, dos posibles efectos que os
recortes orzamentarios levados a cabo pola empresa PEMEX podan
ter no tecido produtivo galego?
2. Ten coñecemento, oficial ou oficioso, dos posibles efectos que o
cambio na cúpula directiva da empresa PEMEX poda ter no tecido
produtivo galego?
3. Ten mantido o Goberno galego conversacións coa empresa PEMEX,
ou con empresas da súa propiedade en Galicia, sobre estas dúas
cuestións?
4. Considera o Goberno galego que os recortes e os cambios no
organigrama da empresa poden afectar ao futuro dos barcos
construídos?
5. Considera o Goberno galego que os recortes e o cambio no
organigrama poden afectar a futura construción de flota menor de
PEMEX en estaleiros galegos?
6. Considera o Goberno galego que os recortes e o cambio no
organigrama poden afectar a futura construción dunha base loxística
de PEMEX no porto exterior de A Coruña?
7. Ten o Goberno galego algunha estratexia para afrontar os posibles
efectos que os recortes e o cambio no organigrama anunciados pola
empresa PEMEX podan ter no tecido produtivo galego?
Pazo do Parlamento, 16 de febreiro de 2016
Asdo.: Abel Losada Alvarez
José Manuel Gallego Lomba
Noela Blanco Rodríguez
Deputados e deputada do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Abel Fermín Losada Álvarez na data 16/02/2016 11:19:46
José Manuel Gallego Lomba na data 16/02/2016 11:19:54
Noela Blanco Rodriguez na data 16/02/2016 11:19:59
Reunión da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
Día: 09.03.2016 Hora: 16:30
Orde do día
1.5 47293(09/POC-007063)
Grupo Parlamentario Mixto
Martínez García, María Consuelo e Fernández Rodríguez, Mónica
Sobre a realización pola Xunta de Galicia dalgunha avaliación
do posible impacto ambiental do proxecto de investigación
mineira "Isabela II "nos concellos de Zas, Santa Comba,
Coristanco e Vimianzo e no seu tecido produtivo, e as
previsións respecto da súa autorización, así como doutros
proxectos de investigación ou explotación mineira en Galicia
Publicación da iniciativa, 607, 25.02.2016
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | POC
1
Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA.
Consuelo Martínez García e Mónica Fernández Rodríguez, deputadas
pertencentes ao Grupo Parlamentar Mixto, ao abeiro do disposto no
Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte Pregunta para
a súa contestación en Comisión.
Outro proxecto de investigación mineira á procura de ouro, prata e metais afíns
(recursos da sección C), ameaza unha vez máis a bisbarra de Soneira.
O pasado venres 15 de xaneiro, a Consellería de Economía, Emprego e
Industria publicaba no DOG a aprobación da solicitude presentada o 20 de
xuño de 2011 pola sociedade Grupo M-FM, S.L., de permiso de investigación
mineira Isabela II nº7121 de 156 cuadrículas mineiras situadas nos municipios
de Zas, Santa Comba, Coristanco e Vimianzo.
A superficie afectada é de 43.6 quilómetros cadrados que se encadran dentro
da zona coñecida como cinto de ouro de Malpica-Tui.
Nos Concellos o público non dispón da información necesaria para facer
alegacións, e para ver o expediente é necesario trasladarse ata A Coruña.
Dende o Sindicato Labrego Galego advirten que este non é o único proxecto
mineiro que está a desenvolver a Administración. Nos concellos de Santa
Comba e Zas, empresas filiais da canadense Edgewater solicitaron os
permisos de investigación para ouro denominados Grixoa, Vilar e Monte
Castelo que afectan a 1.680 hectáreas; e na comarca de Bergantiños as Julias.
Moitos son os permisos de investigación, e proxectos de explotación en
tramitación en Galiza: A mina de tantalio de Forcarei (a maior de Europa), a da
Terra Cha, os de Seixo de Erinsa na comarca de Ordes Compostela, ou todos
os permisos de ouro da montaña de Lugo (A Fonsagrada, Baleira, Baralla,
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | POC
2
Becerreá, ...).
Polo exposto, as deputadas que subscriben, formulan as seguintes preguntas
para a súa resposta oral en Comisión:
Avaliou a Xunta de Galicia as consecuencias medioambientais que o
proxecto Isabela II vai ter para os concellos afectados?
Avaliou a Xunta de Galicia a repercusión que terá no tecido produtivo dos
concellos afectados o permiso para a explotación mineira Isabela II?
Vai autorizar a Xunta de Galicia a explotación mineira Isabela II?
Ten a Xunta previsto outorgar outros permisos de investigación ou
explotación mineira en Galiza?
Pazo do Parlamento, a 16 de febreiro de 2016
Asdo.: Consuelo Martínez García Voceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia. Asdo.: Mónica Fernández Rodríguez Deputada do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia. Asinado dixitalmente por:
María Consuelo Martínez García na data 16/02/2016 11:37:42
Mónica Fernández Rodríguez na data 16/02/2016 11:37:50
Reunión da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
Día: 09.03.2016 Hora: 16:30
Orde do día
1.6 47326(09/POC-007067)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Losada Álvarez, Abel Fermín e 2 máis
Sobre a potencia eólica instalada en Galicia ao abeiro das
concesións do Plan eólico do ano 2010, a valoración do
Goberno galego respecto dos resultados dese plan e a sentenza
do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en relación co
concurso levado a cabo nese ano
Publicación da iniciativa, 607, 25.02.2016
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Á Mesa do Parlamento
Abel Losada Alvarez, José Manuel Gallego Lomba e Noela Blanco
Rodríguez, deputados e deputada pertencentes ao Grupo Parlamentario
dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do
Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte pregunta
para a súa resposta oral en Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e
Turismo.
O sector eólico galego vén sufrindo continuos ataques por parte dos
gobernos do Partido Popular, tanto no goberno de Galicia, como no de
España. Unha mestura de ideoloxía e negocio levaron ao Goberno do Sr.
Feijóo a anular o concurso eólico desenvolvido polo anterior goberno,
polas supostas “tachas de legalidade” detectadas en teoría pola asesoría
xurídica.
As diferentes visións que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tivo
ante as demandas presentadas polas empresas perdedoras desencadearon
que o proceso acabase no Tribunal Supremo, que en xuño do ano 2015 xa
sentenciou que a supresión foi ilegal porque a Xunta de Galicia incorreu
nunha “desviación de poder”, insistimos, ideoloxía e negocio.
É un feito obxectivo que este novo concurso, e posteriormente a nova
regulamentación estatal paralizaron literalmente o sector. A incerteza
regulamentaria é o principal inimigo da inversión. Os socialistas
denunciamos en múltiples ocasións a arbitrariedade e as nefastas
consecuencias económicas de estas decisións políticas da dereita; que non
tiñan máis obxectivos que a reafirmación ideolóxica, e o negocio para
aqueles que mantiñan relacións privilexiadas co poder político.
E o tempo vai dándonos lamentablemente a razón, pero mentres un sector
económico estratéxico para Galicia está literalmente paralizado. Nos
últimos días o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de anular os
resultados do concurso eólico de 2010 e obriga á Xunta de Galicia a valorar
outra vez as ofertas, coa imposición, ademais, de volver practicamente ao
principio de todo.
A Xunta de Galicia e o seu presidente, falaban dun Plan industrial que
entón aspiraba a mobilizar 6.000 millóns de euros en investimentos, e crear
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
12.000 postos de traballo, o que todos os axentes económicos e políticos
sabemos que non se ten producido en absoluto, mais alá da abrumadora
publicidade e a propaganda.
Pero non só foi un sonoro fracaso económico “a posteriori”, senón que o
propio proceso foi unha verdadeira chapuza técnica. Os informes da
Comisión de valoración encargada de analizar as propostas revelaron meses
despois que a inmensa maioría destas tiñan erros, que houbo moitas
dúbidas sobre a aplicación dos criterios, e que se deron por boas promesas
de investimento que non traían consigo a creación de emprego. Neste
contexto de incompetencia política e propaganda non era posible un
resultado positivo para o país.
Por todo o exposto, os deputados e a deputada que asinan formulan as
seguintes preguntas para o seu debate en Comisión:
1. Cal ten sido a potencia eólica instalada en Galicia ao amparo das
concesións do Plan eólico de 2010?
2. Que valoración fai o Goberno galego dos resultados económicos do
Plan eólico de 2010 en termos de potencia eólica instalada?
3. Cal ten sido a inversión industrial realizada ao amparo das
concesións do Plan eólico de 2010?
4. Que valoración fai o Goberno galego dos resultados económicos do
Plan eólico de 2010 en termos de inversión industrial realizada?
5. Cantos teñen sido os postos de traballo creados ao amparo das
concesións do Plan eólico de 2010?
6. Que valoración fai o Goberno galego dos resultados económicos do
Plan eólico de 2010 en termos de postos de traballo creados?
7. Cal é valoración do goberno galego ante a sentencia do TSXG que
considera nulo o concurso eólico de 2010, e obriga a puntuar de novo
as ofertas presentadas?
Pazo do Parlamento, 16 de febreiro de 2016
Asdo.: Abel Losada Alvarez
José Manuel Gallego Lomba
Noela Blanco Rodríguez
Deputados e deputada do G.P. dos Socialistas de Galicia
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Asinado dixitalmente por:
Abel Fermín Losada Álvarez na data 16/02/2016 14:11:09
José Manuel Gallego Lomba na data 16/02/2016 14:11:15
Noela Blanco Rodriguez na data 16/02/2016 14:11:21
Reunión da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
Día: 09.03.2016 Hora: 16:30
Orde do día
1.7 47350(09/POC-007073)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Sánchez García, Antón e 5 máis
Sobre a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
en relación coa valoración das ofertas presentadas no
concurso eólico
Publicación da iniciativa, 607, 25.02.2016
Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA
Os deputados Antón Sánchez García, Xosé Manuel Beiras Torrado, Juan M. Fajardo Recouso,
Ramón Vázquez Díaz, Xabier Ron Fernández e Eva Solla Fernández, pertencentes ao Grupo
Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), ao abeiro do disposto no artigo
156 do Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en
Comisión.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de dar un novo varapau á Xunta de Galicia
ao respaldar a demanda presentada por Capital Energy en contra das valoracións das ofertas
presentadas ao concurso eólico. A sentenza di que as valoracións das propostas feitas “non se
axustan a dereito”, poñendo así en entredito os criterios da Consellería para o reparto e obrigando
practicamente a recomezar de novo o proceso xa que o TSXG comparte a súa "disconformidade"
polo xeito en que en se levaron a cabo as puntuacións para conseguir os parques e considera que a
Xunta está obrigada á "retroacción das actuacións á fase de valoración da oferta".
Por todo o exposto, o Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda presenta a seguinte
Pregunta, para a súa resposta oral en Comisión:
Que vai facer a Xunta de Galicia ante este fallo xudicial na súa contra?
Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2016.
Asinado dixitalmente por:
Anton Sánchez García na data 16/02/2016 17:57:04
Xosé Manuel Beiras Torrado na data 16/02/2016 17:57:11