Somos piratas

Post on 24-May-2015

747 views 0 download

description

Proxecto piratas

Transcript of Somos piratas

SOMOS PIRATAS!

Aula de infantil.CEIP Ricardo Gasset do Incio

Curso 2013-14

Xustificación

Este proxecto levóuse a cabo no 1º trimestre na aula de infantil con nen@s de 3 e 5 anos. Para inicialos na metodoloxía de traballo por proxectos na que aprenden de maneira máis motivadora porque son copartícipes na elección, realización e toma de decisións sobre as tarefas e actividades que se realizan.

ALAAA… UN COFRE DO TESOURO!

O martes 24 de setembro cando chegamos á nosa clase tiñamos enriba da mesa unha sorpresa. Era un cofre do tesouro!. Enviáranolo a nosa amiga Solaina a fada do verán xunto co seu libro de recordos.

O CONTIDO DO BAÚL

Abrímolo e vimos que dentro había unha morea de cousas interesantes: un barco pirata, un conto, disfraces, un caderno de bitácora, unha botella cunha mensaxe, xogos mariños, cunchas….

DIALOGAMOS NA ASEMBLEA

Falando, falando… decidimos investigar sobre aqueles regaliños e o que máis nos gustou foi a idea de aprender cousas sobre piratas.

EMPEZAMOS!

Para empezar estivemos averiguando que sabíamos xa sobre piratas. E pouco a pouco foron aparecendo algunhas cousiñas máis que queríamos saber.

CARTA ÁS FAMILIAS

Decidimos poñernos a buscar información, obxectos e cousas relacionadas cos piratas en libros e contos, na biblioteca da aula, en internet, en pelis…. E entre todos redactamos e escribimos unha carta para pedirlles axuda ás nosas familias.

RECANTO DOS PIRATAS

Aos poucos días xa tiñamos unha morea de obxectos para o recanto dos piratas que montamos na aula: libros que contan cousas da vida e dos barcos piratas, roupas e complementos de piratas, a bandeira negra cos ósos e a caveira, armas, películas, e contos, mooooitos contos de Peter Pan.

CARTA DO PIRATA METEPATA

Na seguinte semana chegou á nosa clase unha carta do pirata Metepata contándonos que sabía pola súa amiga “Campanilla”, a dos contos de Peter Pan, que estabamos interesados en saber cousas sobre a vida dos piratas. Así que nos invitaba a convertirnos en piratas e formar parte da súa tripulación.

XURAMENTO E CARNET DE PIRATA

Para iso tiñamos que facer o xuramento pirata e cambiar os nosos nomes por outros máis axeitados para os piratas. E así fixemos o noso carnet de piratas.

O NOSO BARCO PIRATA

Convertémonos en Piratas e subímonos ao noso barco, navegando rumbo aos mares do Sur. Na procura de aventuras!.

MENSAXE NUNHA BOTELLA

Logo duns días máis chegou á clase unha mensaxe nunha botella. Era a mensaxe dun náufrago, contándonos que os piratas o abandonaran nunha illa deserta onde tiñan agochado un tesouro.

Cada un de nós fixo a súa propia e un debuxiño segredo para meter na botella dun compañeir@.

BEBERAXE CONTRA O ESCORBUTO

A nosa amiga a pirata Malapata escribíunos unha mensaxe contándonos que estaba enferma debido ás malas condicións da vida que levan os piratas no mar. Pois como pasan tanto tempo no barco comen moi mal, e xa que non probou verduras nen froitas en moitos meses enfermou de ESCORBUTO e agora non pode navegar. Como está preocupada por nós envióunos unha receita para que nós preparemos na clase unha beberaxe contra esta terrible enfermidade á que todos os piratas temen. E así o fixemos!: con mel das nosas colmeas e zume de laranxa repleto de vitamina C non temos medo ningún a pillar o escorbuto.

O MAPA DO TESOURO

Certo día apareceu na clase un MAPA DO TESOURO e unha nota da pirata Malapata dicíndonos que debíamos partir rumbo á illa da árbore das follas grandes atravesando o noso patio. Para iso elaboramos cada un o noso propio mapa, para poder buscar ese tesouro agochado interpretando as instrucións do mapa e coa axuda do catalexo que fixeramos días atrás, cruzar os mares e as illas en busca do cofre do tesouro. Alí, como bos piratas que somos, repartimos o tesouro que atopamos a partes iguais entre tod@s.

O NOSO COFRE DO TESOURO!

Todo bo pirata ten o seu cofre particular.Nós non imos ser menos, así mans á obra con materiais de reciclaxe e adornos sinxelos creamos o noso propio.Nel imos gardando aqueles pequeniños tesouros que día a día imos xuntando na escola.

MURAL DOS PIRATAS

Cada día somos piratas máis expertos. E como xa sabemos tantas cousas decidimos facer un mural con todo o que fomos vendo e aprendendo, onde recollemos información sobre ónde viven, cómo visten, qué comen, nomes de piratas famosos, tipos de piratas…

O LIBRO DOS PIRATAS

Ademais con toda a información imos completando unha morea de páxinas coas que creamos o noso propio libro de piratas.

CONTO PIRATA: Félix o pirata despistado.

Unha das cousas que máis nos gustan son os contos.Atopamos un ben fermoso e moi chistoso.Tanto no gustou que nos puxemos a ilustralo cos nosos propios debuxiños e pasámolo en grande facéndoo.

A COLECCIÓN DE CUNCHAS

Como mariños que somos gústannos moito as cunchas do mar e dedicámonos a facer unha colección na nosa aula, para iso tivemos que contalas, agrupalas, ordenalas, clasificalas por formas ...

A VISITA DOS NENOS MAIORES

Cando as nenas e nenos da aula de 1º e 2º ciclo se enteraron do noso interese polos piratas, decidiron axudarnos e un par de veces viñeron a visitarnos á nosa aula a contarnos as cousas que eles atoparon sobre os piratas.

Moitas grazas compis!

Estamos xa a piques de rematar.Esta foi unha grande aventura.Agora é tempo de marchar pero non vos preocupedes que en novas historias nos volveremos atopar.

ATA LOGO!