Tema 1 propaganda15

Post on 22-Jan-2018

153 views 0 download

Transcript of Tema 1 propaganda15

TEMA 1:O CONCEPTO DE

PROPAGANDA

Introducción

Ata agora os medios de comunicación eran o referente principal da vida política

Non marcan que pensar pero si sobre que pensar.

Agora os suxeitos políticos poden conversar e relacionarse directamente cos seus potenciais votantes

Hoxe as internet e as redes sociais son tamén espazos de loita propagandística

EVOLUCION HISTÓRICA

O termo propaganda é rexistrado por primeira vez nun dicionario en Francia, no ano 1740

O fenómeno existe desde a antigüidade

O termo xorde dentro do ámbito relixioso do catolicismo. A Sacra Congregatio de Propaganda Fide , constituída de maneira definitiva pola bula Inscrutabili Divine de 1622, emitida polo Papa Gregorio XV. Xa funcionaba desde 1572 cando o Papa Gregorio XIII comezou a reunir con frecuencia regular a tres cardeais nunha primitiva congregación para combater a acción da Reforma.

EVOLUCION HISTÓRICA

O obxectivo inmediato da Igrexa Romana era contrarrestar a crecente influencia política e ideolóxica doutras crenzas relixiosas, como o movemento luterano

Foi despois da II Guerra Mundial cando a análise científica da propaganda se consolida entre as disciplinas sociais e se instala entre a Psicoloxía, a Psicoloxía Social e a Socioloxía.

A Guerra Fría é unha guerra de propaganda.

A propaganda converteuse nun fenómeno máis político que relixioso e o uso da palabra ten adquirido un carácter pexorativo.

Definicións de propaganda

Paolo Facchi “A propaganda é un traballo de presión exercitado para influír sobre

a opinión pública e a conduta da sociedade co obxectivo de que adoite un comportamento determinado”

Jean Marie Domenach “A finalidade da propaganda é suxerir ou impor crenzas ou opinións

que a miúdo modifican os comportamentos, a forma de ser ou as conviccións filosóficas ou relixiosas das persoas”

Tipif icación do concepto de propaganda

É unha comunicación persuasiva : Trátase dunha comunicación persuasiva planeada por un emisor /es encamiñada a producir un determinado tipo de conduta nos receptores.

É unha comunicación interpersoal: Faise entre persoas pero co matiz de que moitas veces o receptor é tratado de xeito impersoal. As masas son máis facilmente manipulables. Neste caso a comunicación emotiva é máis eficaz.

Tipif icación do concepto de propaganda

A propaganda polít ica é unha comunicación de contido ideolóxico: Pertence sempre a categorías ideolóxicas ou fan referencia a grupos ideolóxicos determinados.

Pretende a perpetuación ou cambio nas estruturas de poder: En diferentes versións (local, rexional, nacional, internacional...) A intencionalidade de calquera tipo de propaganda é sempre no fondo, conquistar o poder. A propaganda é a loita polo poder a través dos medios de comunicación.

Debe conseguir a congruencia total coa a acción do persuadido: evitar contradicións entre a recepción e a acción

Tipif icación do concepto de propaganda

O conxunto destas características poderíamos resumilas nunha formulación conceptual :

“É unha forma de comunicación ideolóxica que persegue influír sobre as actitudes e as opinións dos individuos dunha determinada colectividade para perpetuar ou cambiar as estruturas do poder imperantes na mesma mediante a indución a actuar de acordo cos principios e os temas contidos na mensaxe”.

Argumentos de persuasión

Os tres conceptos básicos que resalta Aristóteles son (tres modelos de persuasión) :

  Ethos: autoridade do emisor.

Pathos: a escenificación do discurso.

Logos: O razoamento que se fai para transmitir os argumentos.

Argumentos de persuasión

Ethos:

As características do emisor do discurso, á súa capacidade para inspirar confianza ao seu auditorio. Sensible e confiable ( capaz de dar consellos razoables e pertinentes ); Sincero (non debe disimular o que pensa ou o que sabe) e Simpático ( debe mostrar que quere axudar ao auditorio)

Non todos os persuasores teñen a mesma imaxe ou capacidade, non transmiten co mesmo efecto a mensaxe. Credibilidade

Os partidos políticos buscan líderes lexitimados.

Argumentos de persuasión

Pathos: Presentación emocional da mensaxe. Diríxese máis aos

sentimentos e ás emocións.

Non é o mesmo un discurso encendido , xesticulando, con tensión, que un discurso plano. Linguaxe non verbal

Esa escenificación ten relevancia especial no discurso propagandístico.

Suscitar ira, calma, odio, medo, vergoña, indignación, agradecemento, compaixón ou envexa

Argumentos de persuasión

Logos:

É o discurso baseado na argumentación lóxica

Son aqueles aspectos que aporta o candidato para dar argumentos de carácter racional

Empregará os diferentes argumentos segundo a súa estratexia