Post on 07-Jul-2015
TEORÍA DA EXPANSIÓN DO FONDO OCEÁNICO
“Desenvolvemento do sonar”. FundamentosDurante a Segunda Guerra Mundial desenvolveuse o sonar, para facer sondeos acústicos; O sonar emite un sonido e calcula a distancia ao fondo mariño a partir do tempo que tarda o sonido en
reflexarse no fondo e volver á superficie.
Os estudos batimétricos indicaron a existencia de catro rasgos importantes do fondo mariño:1) Áreas relativamente planas que cubren a maior parte do fondo a profundidades de 2 a 6 km, chamadas planicies abisais.2) Profundas depresións alongadas, chamadas fosas oceánicas, que alcanzan grandes profundidades.
3) Enormes cadeas montañosas moi extensas, llamadas cordilleiras ou dorsais oceánicas. 4) Grandes zonas de fractura que separan seccións das cadeas montañosas
TEORÍA DA EXPANSIÓN DO FONDO OCEÁNICO
En 1962 o xeofísico Harry Hess propuxo que as dorsais
eran en realidade zonas onde se creaba nova codia
oceánica (aínda non se usaba o concepto de litosfera) e
que ésta era empuxada hacia os lados polo novo material
de forma que o océano ía aumentando a súa extensión.
A idade das rochas basálticas respaldaba esta hipótese: os
basaltos do fondo oceánico eran tanto máis antigos canto
máis alonxados estaban da dorsal, e a súa idade era
mínima no mesmo eixe da dorsal
materiais antigos
materiais novos
As fosas oceánicas serían lugares da codia oceánica
(hoxe sábese que é a litosfera oceánica) desaparece
por afundimento, volvendo os materiais ao manto.
Desta forma a cantidade global de codia oceánica
(realmente litosfera oceánica) non varía ao longo do
tempo, pero sí experimenta unha continua renovación.
CONFIRMACIÓN DA TEORÍA DA EXPANSIÓN DO FONDO OCEÁNICOVINE e MATTEWS. 1965-68
E s t u d o m a g n é t ic o d o s
:f o n d o s o c e á n ic o s
A proba irrefutable que corrobora a hipótese de H.
Hess é que existe un bandeado magnético simétr ico a
ambos lados da dorsal, que só se pode explicar si a partir do eixe
da dorsal crece novo solo oceánico.
A TEORÍA DA TECTÓNICA DE PLACAS (TTP)
A TEORÍA DA TECTÓNICA DE PLACAS (TTP)
TIPOS DE BORDES DE PLACA
A) Bordes constructivos: presentan esforzos distensivos. Construen novo solo oceánico. Dorsais oceánicas (tamén chamadas fosas tectónicas)
B) Bordes destructivos: presentan esforzos converxentes ou compresivos. Destrúen o solo oceánico. Zonas de subducción (ou fosas oceánicas).
C) Bordes transformantes ou pasivos: non se crea nin destrúe solo oceánico. Rozamento entre placas. Fallas transformantes.
A. BORDES DIVERXENTES
Dorsal oceánica.
Son fendas na litosfera con vulcanismo
submarino (emiten magma) que cando solidifica
convírtese en basalto.
A zona central da dorsal chámase rift.
Rift: val alongado que divide
lonxitudinalmente unha dorsal.Está composto
por fallas de tipo directo por onde ascende o
magma.ASOCIADAS A SISMOS DE FOCO SUPERFICIAL.
B. BORDES CONVERXENTES
A) Litosfera oceánica-litosfera oceánica
Focos sísmicos: someros, intermedios e profundos. Plano de Benioff: é aquel que une todos os hipocentros dos terremotos
que se orixinan nunha zona de subducción e coincide coa litosfera que subduce.
Este plano forma 45º coa horizontal. Bolsas de magma hidratado que ascenden e forman volcáns (illas
volcánicas ou ARCOS INSULARES) Exemplos: Illas Xapón, Filipinas, Antillas, Grecia, Illas Marianas
B) Litosfera oceánica-litosfera continental
Subduce sempre a parte oceánica que é máis densa (ten Fe e Mg)Bolsas de magma hidratado que ascenden e forman volcáns.Prisma de acreción: os sedimentos ao lado do continente préganse (debido aos esforzos compresivos) e incorpóranse ao continente (formación oróxenos)Formación ORÓXENOS TÉRMICOS ou cordilleiras pericontinentais Exemplos: a cordilleira Andina.
C) Litosfera continental-litosfera continental: OBDUCIÓN
Prolongación do fenómeno B)Non subduce ningunha das 2 placas. Presencia de sismos.Ausencia de vulcanismoPrisma de acreción: sedimentos pregados entre os dous continentes.Formación oróxenos MECÁNICOSExemplos: O Himalaia.
C. BORDES PASIVOS OU TRANSFORMANTES
Fallas transformantes.Son esgazaduras do terreo que aparecen en zonas sometidas a empurres distintos.Ollo!! Non están asociadas ao vulcanismo. Só actividade sísmica.
Onde aparecen?
1. Nos bordos de placa que permiten que as placas se deslicen unha con respecto á outra en sentidos opostos
1. Seccionando transversalmente unha dorsal oceánica (non son bordes de placa)
Falla de Santo Andrés
Falla das Az ore s
OS FENÓMENOS INTRAPLACA: OS PUNTOS QUENTES
A maior parte da actividade volcánica acontece
nos bordes de placa.
O resto débese á actividade intraplaca orixinada
por plumas mantélicas.
Os puntos quentes mantéñense estáticos no
manto aínda que as placas tectónicas se movan
sobre eles.
Exemplos puntos quentes intraplaca:•Yelloswtone•Hawai, Illas Reunión…..