Post on 15-Feb-2021
Unha sorpresa paraROSALINA
1oCICLO DE PRIMARIA
CADERNO DE TRABALLO
Ester Casals
CADERNO DE TRABALLO
1ºCICLO DE PRIMARIA
Unha sorpresa paraROSALINA
Dirección colección: Eva QuintanaTraducción: Luísa Diéguez
Coordinación autoría: Raquel LeónCoordinación producción: Elisa Sarsanedas
Deseño cuberta: Javier ValmasedaInteriores: Lluís Torres
Agradecémo-la asesoría a Anna Bastida, doutora en Historia Contemporáneae profesora de Didáctica das Ciencias Sociais.
1ª edición: xullo 2001© Autoría: Ester Casals© Ilustracións: Àngel Sauret© INTERMÓN OXFAMRoger de Llúria, 15. 08010 BarcelonaTel (93) 482 07 00. Fax (93) 482 07 07. E-mail: intermon@intermon.org
ISBN: 84-8452-070-6Depósito legal: B.33.672-2001
Impresión: Hurope s.l.Impreso en España
Entidade colaboradora: Xunta de Galicia
Queda rigorosamente prohibida, sen a autorización escrita dos titulares do “copyright”, a reproducción total ouparcial desta obra por calquera medio ou procedemento.
Impreso en papel exento de cloro.
Ola, son Rosalina e teño 7 anos.Estiven moito tempo fóra pero estou contentade volver estar na casa.Agora contareiche onde estivene tódalas cousas que vivín.
O meu pai quedou na aldea e eu marchei coamiña nai, co meu irmán pequeño e coa miña tía.Hai días que camiñamose estamos moi cansos.¡Mira! ¡Aí vese unha aldea!
¡¡Ohh!!Pensabamos que aquí poderiamos descansar ecomer.
¡Uff! ¡¡Que frío!!Que sorte que agora xa nos poidamos quentar.Teño ganas de voltar á casa. Boto de menos ómeu pai e ós meus amigos. Quero volver xogarcos meus xoguetes, sobre todo coa miña bicicleta.
A miña nai pídeme que lle axude. Pero agoratemos que marchar de présa. Non sabemosa onde iremos.
¡¡Xa naceu o meu curmanciño!!Chámase Alexandre. É moi guapo.Como non ten berce farémoslleunha camiña de palla.
Estou enferma e dóeme moito a barriguiña.Desde hai días case non nos quedanin comida nin auga.Cando me poña benmarcharemos de aquí.
¡¡Mira!! ¡¡Un caracol!!Recórdame tanto a miña familia e a miña casa.
¡¡Xa estamos na casa!!¡¡Oh!! ¡¡A miña bicicleta!!¡¡Estou moi contenta!!
Meu pai volverá a vindeira semana. ¡¡Que ben!!¡¡Todo será coma antes!!Oxalá isto non volva ocorrer nunca máis.
24
Chámome Rosalina,teño 7 anos. Son baixiña e
non son nin delgada nin gorda.Gústame ir en bicicleta
e debuxar.
E ti,
¿como te chamas?
¿como es?
¿que che gusta facer?
24
¿Que levarías contigo se tiveses que marchar unha temporada?
Nestes debuxos hai 5 diferencias, ¿cales son?
24
Completa as frases:
Rosalina está
Rosalina non está
Rosalina ten
Eu estou cando
Eu estou cando
24
Pinta un círculo, dous círculos,... ou todos, segundo o son cheguste pouco, moito ou moitísimo.
24
Escribe tódalas cousas que necesitará Alexandre.
Debuxa a Alexandre, o curmanciño de Rosalina, durmindo nasúa cama de palla.
24
¿Que necesitamos para vivir?
24
¿Que aprendemos?Pinta as viñetas que pertencen á historia de Rosalina
24
Con Rosalina aprendín que ...
¿Que aprendemos?
¿Que che parece que se podería facer para que nenos e nenas do mundo nontivesen que vivi-la situación que viviu Rosalina?
24 23