Vocabulario sobre Exipto e Mesopotamia - WordPress.com · columna ou piar e sobre o que descansa a...

Post on 19-Aug-2020

11 views 0 download

Transcript of Vocabulario sobre Exipto e Mesopotamia - WordPress.com · columna ou piar e sobre o que descansa a...

Vocabulario sobre Exipto e Mesopotamia

Territorio habitado por unha comunidade humana, delimitado por unhas fronteiras e gobernado por unha autoridade política.

Estado

Estado rexido por un monarca con título de emperador (rei de reis). Estado que domina territorios e estados veciños, aínda que non estea rexido por un emperador.

Imperio

Do grego “theos” (deus ou divino) e “cracia” (goberno). Forma de goberno onde o monarca exercía un poder absoluto por considerarse representante da divindade na terra.

Teocracia

Monarca do antigo Exipto, encarnación dun deus, e que exercía un poder total sobre os seus súbditos.

Faraón

Funcionarios do antigo Exipto que dominaban a escritura xeroglífica e que se encargaban de transmitir as ordes e anotar por escrito todos os asuntos importantes.

Escribas

Escritura exipcia a base de debuxos que foi evolucionando ata que cada debuxo representou un son. Utilizaba o papiro como soporte, pero tamén se esculpían e pintaban xeroglíficos en moitos monumentos.

Escritura xeroglífica

Conxunto de pezas (xoias, cerámicas, armas…) que se depositaban nas tumbas antigas xunto ao cadáver, xeralmente para acompañalo na vida de ultratumba.

Enxoval funerario (“ajuar”)

Elemento arquitectónico, xeralmente formado por motivos decorativos, situado na parte superior dunha columna ou piar e sobre o que descansa a arquitrabe ou a base dun arco. Na arquitectura exipcia, as formas máis frecuentes son as do capitel papiriforme (como a pranta do papiro) e o lotiforme (forma de flor de loto pechada).

Capitel

Elemento vertical de sostén, xeralmente, de sección cilíndrica, formada por base (parte inferior), fuste (parte central) e capitel (parte superior).

Columna

Torre graduada ou escalonada en varios niveis e rematada nun santuario que podía servir tamén de observatorio do firmamento. Monumento típico de moitas cidades mesopotámicas.

Cigurat ou Zigurat