XXIV “MARUXA VILLANUEVA” MOSTRA DE TEATRO POPULAR · ano Maruxa Villanueva vivía para Rosalia....

Post on 24-Jul-2020

0 views 0 download

Transcript of XXIV “MARUXA VILLANUEVA” MOSTRA DE TEATRO POPULAR · ano Maruxa Villanueva vivía para Rosalia....

XXIV MOSTRA DE TEATRO POPULAR

“MARUXA VILLANUEVA”

MARUXA VILLANUEVADo 18 ao 21 de agosto ás 22:00

Lugar: Praza do CantónEntrada libre

Faro Miño

centro teatral

organiza

Maruxa Villanueva naceu en A Barrela (Carballedo) o 6 de maio de 1.906. Os seus primeiros vinte anos viviunos nesta localidade. No ano 26 emigrou a Arxentina e por casualidade encetou a súa carreira artística. En Bos Aires participou en numerosas representacións teatrais. Na televisión de Arxentina chegou a ter un programa de música galega. Naquela época foi considerada a “raíña do alalá”. No ano 49 retorna a Galicia encentando eiqui a súa andaina artística. Funda no 53 o grupo de teatro “Os Labregos”, actuando por todo Galicia e vivindo na súa casa de A Barrela e en Cercio (Pontevedra) xunto co seu marido e prestixioso autor teatral Daniel Varela Buxán. No ano 56 decide voltar a Bos Aires e retorna de novo a Galicia definiti-vamente no 62. Nesta época alternaba as estadías coa súa sobriña María Esther Victoria Varela Vázquez en Chantada — que fixera de Carmela na estrea galega (1.953) de “Se o sei non volvo a casa” co desaparecido grupo “Os Labregos”. Despois de Chantada foise “ Maruxa a Santiago onde se fixo responsable da Casa-Museo Rosalía de Castro en Padrón, dende a súa inauguración no ano 71. Dende ese ano Maruxa Villanueva vivía para Rosalia.

Ao longo da súa vida, Maruxa Villanueva recibiu diferentes distincións, premios e homenaxes, destacando a prestixiosa medalla Castelao, concedída o 28 de xullo de 1.991 e que recolleu das mans do presiden-te da Xunta, Manuel Fraga. Finou Maruxa Villanueva o 24 de novembro de 1.998 en Padrón.

Polo seu vencellamento a comarca de Ïïntada que tanto quería, o seu amor ó teatro a Rosalía de Castro e Galicia, recibiú unha lembranza e merecida homenaxe do pobo de Chantada a inmortal Maruxa Villanue-va o 20 de agosto de 1999.

CONCELLODE CHANTADA

Luns día 18: GRUPO DE TEATRO “O BATÁN” FOZ “RETIRACTIVOS”

Martes día 19: “CHARAMELA TEATRO” MELIDE “O ACHADO DO CASTRO”

Mércores día 20: AGRUPACIÓN TEATRAL “MARIÑAN” BETANZOS “MARTINI SECO”

Xoves día 21: CENTRO TEATRAL “FARO-MIÑO” CHANTADA “BAMBALÚA”

O Centro Teatral "FARO—MIÑO" organiza, co patrocinio da delegación de Cultura do Concello de Chan-tada a vintecatro edición da Mostra de Teatro Popular Maruxa Villanueva. E esta unha mostra consolidada, sendo unha referencia dentro das mostras que o longo do ano se levan a cabo en Galicia. Chantada ao longo dos tempos tivo numerosas agrupacións que, aínda esporádicamente, contribuiron a dar a coñecer ao vecindario as esencias do teatro popular, como nos deixou escrito o benquerido Anxel Gomez Mon-tero. Por outra banda, e xa máis recente, diferentes colec-tivos como foron os desaparecidos "Lumieira" ou "Agrela", ou persoeiros da nos cultura como Pablo Rubén Eyré e tamén as diferentes comisions de festas, organizaron acti-vidades teatrais de relevancia. Un pobo sin teatro e un pobo a medias. Pero para que o teatro exista con toda-las consecuencias hai que crear conciencia cun significado e mostralo como opción posïtiva para ocupar o tempo libre... Como todos os anos pasada a segunda quincena de agosto, Chantada convírtese na capital do teatro popu-lar a nivel galego, sendo un referente no arte de Talía. O noso principal desexo que disfruten e se divirtan arreo.

Faro-Miño