01 O inicio da idade media

31
O INICIO DA IDADE MEDIA 2º ESO Roberto López

Transcript of 01 O inicio da idade media

Page 1: 01 O inicio da idade media

O INICIO DA IDADE MEDIA

2º ESO

Roberto López

Page 2: 01 O inicio da idade media

Os pobos bárbaros asentábanse máis alá das fronteiras do Imperio romano Entre os bárbaros destacaban os xermanos e os hunos Os hunos procedían das estepas asiáticas. Os xermanos habitaban ao norte e ao leste de Europa e mantiñan relacións cos romanos.

1. A FRAGMENTACIÓN DO IMPERIO ROMANO

A ameaza dos pobos bárbaros

Page 3: 01 O inicio da idade media

A crise do século III

Causas: -Os prezos dos produtos subiron. -O comercio diminuíu e a economía estancouse -Aumentaron os impostos. - Revoltas sociais de campesiños e militares. - As cidades foron saqueadas polos bárbaros. - Perda de poder dos emperadores. Consecuencias:

- Créase un clima de inseguridade. - As cidades empezaron a ser abandonadas.

- Os xermanos invaden o imperio romano.

A principios do século III o imperio romano entrou en crise

Page 4: 01 O inicio da idade media

A división do imperio e as invasións

Teodosio no ano 395 d.C. dividiu o Imperio en dúas partes:

- O Imperio Romano de occidente con capital en Roma. - O Imperio Romano de oriente con capital en Constantinopla.

Page 5: 01 O inicio da idade media

As dúas partes do imperio evolucionaron de forma moi diferente.

-En Occidente, os emperadores foron incapaces de frear aos xermanos, que crearon os seus propios reinos. No 476 d.C. Odoacro puxo fin ao Imperio Romano de occidente. -En Oriente o imperio mantívose mil anos máis, co nome de Imperio Bizantino

Page 6: 01 O inicio da idade media

2. OS REINOS XERMANOS

O territorio de Occidente dividiuse en varios reinos, en cada un deles instalouse unha tribo xermana: os francos, os visigodos, os suevos, os ostrogodos, os anglos, os saxóns…

Cada reino estaba gobernado por un rei, asesorado por un consello de nobres e guerreiros.

Rexíanse por leis

non escritas, transmitidas de forma oral

Page 7: 01 O inicio da idade media

A relación coa poboación romana Os xermanos eran unha minoría, polo que non impuxeron o seu

xeito de vida. Xermanos e romanos fóronse mesturando, polo que: Xurdiron novos idiomas Creáronse novos sistemas de leis, aínda que prevalece o

dereito romano O catolicismo impúxose como relixión.

A cultura tamén sufriu un declive. Quedan escasos restos de arte xermana: as igrexas visigodas e a ourivaría.

O mausoleo de Teodorico En Rávena

A ourivaría

Page 8: 01 O inicio da idade media

3. OS VISIGODOS

O reino visigodo no século VI

O reino visigodo entrou na península co encargo de someter a outros pobos xermánicos a cambio de terras. Acantoaron aos suevos na Galleacia, acabaron cos alanos e obrigaron aos vándalos a trasladarse a África. Fundaron un reino que tiña como capital a cidade de Toledo

Alcanzaron a plenitude na segunda metade do século VI e primeira do VII.

Son invadidos polos musulmáns no ano 711, o que provocou a fin do seu reino.

Page 9: 01 O inicio da idade media

A organización social e economía

Igrexa de San Xoán de Baños, Palencia

Tesouro de Guarrazar

Os visigodos aceptaron a lingua, a cultura e a relixión da sociedade hispanorromana. A sociedade divídese en nobres, clérigos, campesiños libres e escravos. A principal actividade económica era a agricultura.

A cultura e a arte

Constrúen pequenas igrexas de pedra. Usan arco de ferradura e bóvedas.

Page 10: 01 O inicio da idade media

Os suevos empezaron a asentarse na provincia romana da Gallaecia arredor do ano 409 e estableceron un reino independente con capital en Braga. O seu asentamento fíxose de maneira pacífica procurando a fusión coa sociedade galaico-romana. A maior parte da poboación vivía no campo e dedicábase á agricultura

A monarquía sueva era de carácter hereditario No ano 583, comezou un conflicto sucesorio entre os suevos. Esta situación foi aproveitada polo rei visigodo Leovixildo que incorporou no ano 585 o reino suevo ao reino visigodo.

OS SUEVOS

Tumbas antropomorfas suevas

Page 11: 01 O inicio da idade media

4. A EVOLUCIÓN DO IMPERIO BIZANTINO

No ano 476 desapareceu o imperio romano de Occidente. O imperio romano de Oriente resistiu os ataques xermanos e seguiu desenvolvéndose durante mil anos, co nome de imperio bizantino.

A capital do imperio era a cidade de Constantinopla

O imperio bizantino alcanzou o seu máximo explendor en época de Xustiniano que gobernou xunto á súa esposa Teodora (século VI).

Page 12: 01 O inicio da idade media

Mapa do imperio bizantino

Na súa época de máximo esplendor, o imperio bizantino estendíase por Oriente Medio, o leste e o sur de Europa e o norte de África.

Page 13: 01 O inicio da idade media

O imperio bizantino tiña unha sólida organización: • Gobernado por un emperador ou basileus • Axudado por funcionarios e diplomáticos • Poderoso exercito • Unhas mesmas leis: Código de Xustiniano.

Primeiro os lombardos, despois os visigodos e máis tarde os musulmáns conquistaron gran parte do territorio bizantino.

Con posterioridade os turcos foron conquistando o resto do territorio, ata que no ano 1453 conquistaron Constantinopla.

Unha sólida organización

A longa decadencia

Page 14: 01 O inicio da idade media

Alzado da cidade

Construída polo emperador Constantino no ano 330 a imaxe de Roma

Situada no estreito do Bósforo, controla as rutas comerciais entre Europa e Asía.

Mapa de situación de Constantinopla

Constantinopla

Page 15: 01 O inicio da idade media

5. A SOCIEDADE E CULTURA BIZANTINAS A sociedade bizantina Estructura piramidal:

Page 16: 01 O inicio da idade media

A importancia das cidades

As cidades bizantinas (Constantinopla, Éfeso e Tesalónica) estaban entre as máis importantes da época. Son a sede da igrexa, do goberno e exercito. Tamén son centro de produción e comercio

As cidades eran o centro das actividades económicas. O comercio e a artesanía tiveron un gran desenvolvemento. As moedas bizantinas eran aceptadas en todo o Mediterráneo As rutas comerciais bizantinas

Page 17: 01 O inicio da idade media

Un imperio ortodoxo

A relixión foi a cristiá ortodoxa.

No ano 1054 produciuse o Cisma de Oriente, polo que a a Igrexa bizantina ou ortodoxa, separase da Igrexa católica

A relixión impregnaba a vida e a cultura do imperio bizantino.

A bóveda: a imaxe do Pantocrátor no mosteiro de Daphni

A hospitalidade de Abraham e o Sacrificio de Isaac en San Vital de Rávena

Page 18: 01 O inicio da idade media

A cultura e a arte

O imperio bizantino desenvolveu unha arte moi rica. Destacan as igrexas, coma a basílica de Santa Sofía (en Constantinopla), e os mosaicos. Elementos

arquitectónicos: a planta de cruz grega e a cúpula

Exterior de Santa Sofía

Detalle dun mosaico

O grego era o idioma oficial

Page 19: 01 O inicio da idade media

6. A ORIXE DO ISLAM

O islam naceu en Arabia. Arabia a comezos do século VII atopábase poboada por tribos nómades. A súa relixión era politeísta e a Meca era a súa cidade sagrada.

Mahoma era un comerciante árabe (coñecedor das relixións xudía e cristiá, ambas monoteístas), que se sentiu chamado por Deus para predicar unha nova relixión, o islam.

O berce do islam

Mahoma foi perseguido polos habitantes da Meca polo que fuxe a Medina onde trunfa a súa relixión. É o que se coñece como Héxira (ano 622) que marca o inicio da era musulmana.

Miniatura árabe que representa a Mahoma nos brazos da súa nai. Museo Topkapi de Estambul.

Page 20: 01 O inicio da idade media

Os musulmáns cren na existencia dun só deus, Alá, e consideran que Mahoma é o principal profeta.

O libro sagrado é o Corán e A Meca é a cidade máis sagrada. Os musulmáns teñen cinco obrigas fundamentais:

A profesión de fe. A oración cinco veces ao día. A peregrinación á Meca. O xaxún no mes de Ramadán. A esmola.

Os fundamentos da relixión islámica

O Corán tamén establece normas de comportamento:

Permite a poligamia, prohibe comer carne de porco, beber alcol e os xogos de azar.

Páxinas dun exemplar do Corán

Page 21: 01 O inicio da idade media

A mesquita é o edificio en que oran os fieis.

A mesquita

Page 22: 01 O inicio da idade media

Minarete. Torre desde a que se chama á oración cinco veces ao día

Patio, onde se situa a fonte de ablucións

Sala de columnas onde os fieis oran

A mesquita de Córdoba

Mihrab,

Muro da quibla, onde está o mihrab nicho baleiro situado en dirección á Meca

Page 23: 01 O inicio da idade media

O Islam expandiuse na Idade Media pola conquista militar. Por iso, creouse un imperio islámico, cuxa máxima autoridade era o califa.

O islam na Idade Media tivo varias etapas Califato ortodoxo primeiros catro califas parentes directos de

Mahoma. Etapa Omeia. Trasládase a capital a Damasco. Etapa Abasida. Trasládase a capital a Bagdad. Etapa de desintegración. Os turcos convértense no pobo máis

poderoso e o imperio vaise desintegrando.

7. A EXPANSIÓN DO ISLAM

Page 24: 01 O inicio da idade media

Mapa da evolución do Islam

Page 25: 01 O inicio da idade media

Mesquita

Zoco

Baños

Arrabaldes

Alcázar

Reconstrucción dunha cidade islámica medieval

A civilización islámica foi fundamentalmente urbana. As cidades máis importantes foron Damasco, Bagdad, Córdoba e O Cairo.

Page 26: 01 O inicio da idade media

A economía sustentábase en tres actividades: A agricultura coñeceu un gran desenvolvemento (técnicas de

regadío, novos cultivos: arroz, laranxa, azafrán…)

Nos desertos vivían pastores nómades A artesanía islámica era de gran calidade: cerámica, armas, tecidos…

O comercio foi moi intenso, tanto por terra como por mar.

Nora de época andalusí en Córdoba Medios de transporte

Page 27: 01 O inicio da idade media

8. A SOCIEDADE E CULTURA ISLÁMICAS Unha sociedade heteroxénea Sociedade moi heteroxénea e desigual. Conviven distintas relixións: musulmáns, xudeus e cristiáns distintas etnias: bérberes, árabes, eslavos, …

División social baseada en criterios económicos: Aristocracia. Teñen o poder político e económico. (Árabes) Notables: Formado por comerciantes, artesáns con obradoiro propio e pequenos propietarios rurais. Nivel económico medio. Non interveñen en política. Maioría da poboación. Constituído por pequenos vendedores ambulantes, artesáns e campesiños sen propiedades

As mulleres estaban sometidas á autoridade do seu pai, ou do seu home. Coidaban os fillos e a casa.

Page 28: 01 O inicio da idade media

O desenvolvemento cultural

Os musulmáns desempeñaron un papel moi importante no desenvolvemento cultural da humanidade Trouxeron innovacións doutros pobos: fabricación do papel,

o compas, a pólvora … Realizaron innovacións propias en astronomía, matemáticas

e medicina Crearon bibliotecas nas que recolleron obras dos autores clásicos gregos e latinos

Operación de apendicite Astrónomos nun observatorio Tamén escriben obras de gran beleza

Page 29: 01 O inicio da idade media

A arte islámica

Construíase con materiais pobres e pouco duradeiros, que se recubrían cunha decoración abundante e moi fermosa.

Page 30: 01 O inicio da idade media

Elementos: diferentes tipos de arcos entre os que destacan os de ferradura e polilobulados; cubertas planas de madeira e tamén pechadas con cúpulas.

Ferradura

Polilobulados

Medio punto

Ferradura apuntado

Plana

Cúpula de mocárabes

Cúpula de nervios

Page 31: 01 O inicio da idade media

Preocupación por crear ambientes agradables e frescos: xogos de luz e sombra, gusto pola auga.