A Lingua na Idade Media

21
As linguas peninsulares. Historia da Lingua Galega: a Galiza medieval. Materia de Lingua Galega 3º ESO (2007-2008) Román Cerqueiro Landín (Dpto. de Lingua do CPI don Aurelio de Cuntis) Castelo de Pambre (Palas de Rei)

description

Materiais de Aula de Lingua Galega 3º ESO (CPI don Aurelio de Cuntis)

Transcript of A Lingua na Idade Media

Page 1: A Lingua na Idade Media

As linguas peninsulares.Historia da Lingua Galega: a Galiza medieval.

Materia de Lingua Galega

3º ESO (2007-2008)

Román Cerqueiro Landín

(Dpto. de Lingua do CPI don Aurelio de Cuntis)

Castelo de Pambre (Palas de Rei)

Page 2: A Lingua na Idade Media

Lingua e sociedade Unidade 1: “As linguas da Península. O plurilingüismo” (páx. 22). Unidade 2: “A lingua galega na Idade Media” (páx. 40).

O que pasou nese tempo Unidade 2: “Galiza na Idade Media” (páx. 24-25)

CONTIDOS

O noso agradecemento aos Departamentos de Lingua Galega dos IES Otero Pedrayo (Ourense) e Aquis Celenis (Caldas de Reis) por colgar na rede os seus recursos didácticos, dos que nós tiramos proveito e adaptamos para as nosas aulas:

http://centros.edu.xunta.es/iesoteropedrayo.ourense/dptos/gal/principal.htmhttp://centros.edu.xunta.es/iesaquiscelenis/

Page 3: A Lingua na Idade Media

A EUROPA DAS LINGUASO plurilingúismo é a regra xeral en Europa. Só hai 2 estados monolingües: Portugal e Islandia. No resto coexisten máis dunha lingua.

A UE, como institución supranacional, é a organización máis políglota do mundo. 

Máis de 40 millóns de cidadáns da Unión falan cada día unha lingua non oficial do Estado en que habitan.    

Page 4: A Lingua na Idade Media

As linguas pódense ser clasificadas de moitos modos: Segundo o número de falantes: LINGUAS MAIORITARIAS OU MINORITARIAS.Segundo o estatus legal: LINGUAS OFICIAIS, LINGUAS SEN ESTADO.Segundo o estatus social: LINGUAS MINORIZADAS.

As linguas oficiais dos estados teñen un réxime xurídico adecuado e específico, están lingüisticamentre codificadas e gozan dun uso amplo escrito e oral, con presenza en todos os ámbitos legais, sociais e educativos.

Page 5: A Lingua na Idade Media

O PLURILINGÜISMO NA PENÍNSULA IBÉRICA O portugués e o español son linguas oficiais en cadanseu estado. O galego, o vasco, o catalán son linguas cooficiais nos seus territorios e o catalán tamén en Andorra. O aranés é oficial no Val d’Arán e o aragonés e o asturiano non teñen carácter oficial.

Page 6: A Lingua na Idade Media

Para responder ás preguntas dos exercicios da páx. 22 busca información en:

– Loia, guía aberta á lingua galega.

– Galipedia, a versión galega da Wikipedia.

– Lingua Mon, unha páxina multilingüe sobre as linguas

do mundo.

QUE HAI QUE FACERa. En pequenos grupos de 2-3 persoas, recoller información sobre as linguas sen estado da Península para logo facer un mural (ou unha presentación en diapos) como se indica nos exercicios 1 e 2.

b. Responder de forma individual ao exercicio 4.

c. Unha vez posta en común a información, debateremos: Como foi vista historicamente esta pluralidade no Estado Español?ENTREGA: 9 DE NOVEMBRO.

Page 7: A Lingua na Idade Media

O feudalismo presenta unha sociedade moi xerarquizada na que a nobreza señorial e eclesiástica posuía o poder mentres que o pobo debía pagarlles un FORO por cultivar as súas terras. Os artesáns e os comerciantes que vivián nos burgos opúñanse a estes privilexios.

GALIZA E A LINGUA GALEGA NA IDADE MEDIA

Page 8: A Lingua na Idade Media

O poder da Igrexa: Compostela, centro da cultura cristiá europea, o Camiño de Santiago.

Os mosteiros cirtensienses, os foros, a estrutura parroquial.

A nobreza eclesiástica

Brasóns das casas nobiliares dos Traba e os Castro

Page 9: A Lingua na Idade Media

As linguas do Estado Español

Agás o euskara, as linguas peninsulares son linguas románicas, romances ou neolatinas, é dicir, teñen a súa orixe no latín vulgar dos conquistadores romanos, ao que hai que sumar o contributo doutros pobos.

Page 10: A Lingua na Idade Media

XÉNESE DO GALEGO

Page 11: A Lingua na Idade Media

Durante a chamada “Reconquista”, o idioma que nace na Gallaecia vai estendéndose caa ao sul e recibe o nome de galego-portugués.

Page 12: A Lingua na Idade Media

Afonso VI usurpa o trono dos seus irmáns Sancho, rei de León, e García, rei de Galiza, e divide o antigo reino en dous condados entre as súas irmáns Teresa e Urraca. A batalla de San Mamede (1129) coroa a Afonso Henriques como I Rei de Portugal.

Page 13: A Lingua na Idade Media

Do latín vulgar ao galego-portugués

Lingua de reis,

lingua do pobo.

Page 14: A Lingua na Idade Media

Do monolingüismo á substitución lingüística: factores sociopolíticos.

Page 15: A Lingua na Idade Media

A substitución da nobreza galega (as

guerras dinásticas)...

e as Revoltas Irmandiñas (1461-1467).

Castelo de Narahío (Neda)

Page 16: A Lingua na Idade Media

NO S. XI, A TRAVÉS DOS PEREGRINOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO, CHEGOU DENDE

PROVENZA, NA ACTUAL OCCITANIA, A MODA DE

POETIZAR SOBRE O AMOR CORTÉS.

COMO A GUERRA CONTRA OS MOUROS XA ESTABA MOI AO

SUR, A PAZ DEIXABA Á NOBREZA MOITO

TEMPO PARA O LECER.

Os primeiros textos galego-portugueses

conservados: a cantiga “Ora faz esto senhor de

Navarra” (1198) e o documento “Noticia do Torto” (1211) e o Foro do bo burgo de Castro

Caldelas (1228

Page 17: A Lingua na Idade Media

QUE É A LITERATURA MEDIEVAL GALEGO-PORTUGUESA?

• É o conxunto de textos literarios, en prosa e fundamentalmente en verso, producidos en galego-portugués entre finais do séc. XII e mediados do séc. XIV.

etapas

Page 18: A Lingua na Idade Media

O esplendor medieval: lingua de trobadores, reis e vasalos.

Page 19: A Lingua na Idade Media

As cantigas poden ser:o Relixiosas: Cantigas de Santa María o Profanas: Cantigas de Amigo, Amor e Escarnio e maldizer.

OS TROBADORES ERAN OS NOBRES QUE COMPOÑÍAN A LETRA E MÚSICA DESTAS CANCIÓNS.

OS XOGRARES PROCEDÍAN DO VULGO E INTERPRETABAN AS OS XOGRARES PROCEDÍAN DO VULGO E INTERPRETABAN AS CANTIGAS, CHEGANDO INCLUSO ALGÚN DELES A CANTIGAS, CHEGANDO INCLUSO ALGÚN DELES A

COMPOÑER.COMPOÑER.

OS MÚSICOS DENOMINÁBANSE

MENESTREIS, A QUEN PODÍAN

ACOMPAÑAR BAILANDO …

Os personaxes clave son:

… E AS SOLDADEIRAS, MULLERES QUE ÍAN COS SOLDADOS ÁS GUERRAS.

MOI FAMOSA FOI MARÍA A BALTEIRA, SATIRIZADA NAS CANTIGAS.

Page 20: A Lingua na Idade Media
Page 21: A Lingua na Idade Media

AS CANTIGAS ATÓPANSE EN PERGAMIÑOS COMPILADOS EN CÓDICES. HAI TRES

FUNDAMENTAIS: OS CANCIONEIROS DA AJUDA, DA VATICANA E DAVATICANA E DA BIBLIOTECA

NACIONAL DE LISBOA. OUTROS SON O PERGAMIÑO VINDEL, O PERGAMIÑO

SHARRER OU O CANCIONEIRO DA BIBLIOTECA BANCROFT. AS CANTIGAS DE SANTA MARÍA GÁRDANSE NO ESCORIAL.

Pergameu do códice da Biblioteca Nacional de Lisboa

COMO CHEGOU A NÓS ESTA LITERATURA?