02b clima tempomet

18
Meteoroloxía: OS MAPAS DO TEMPO Definición. Tipos: Mapa de superficie. Mapa de altura. Elementos visibles: Isóbaras. Centros de acción. Frontes Algunhas situacións meteorolóxicas: Situación anticiclónica de verán Situación ciclónica con advección do W Gota fría Tempo do norte: onda de frío.

Transcript of 02b clima tempomet

Page 1: 02b clima tempomet

Meteoroloxía:OS MAPAS DO TEMPO

Definición. Tipos:

Mapa de superficie. Mapa de altura.

Elementos visibles: Isóbaras. Centros de acción. Frontes

Algunhas situaciónsmeteorolóxicas:

Situación anticiclónicade verán

Situación ciclónicacon advección do W

Gota fría Tempo do norte:

onda de frío.

Page 2: 02b clima tempomet

Definición• Os mapas do tempo constitúen unha fonte

de traballo básica para a climatoloxía.• Ofrecen unha visión global dos aspectos

meteorolóxicos que caracterizan o tempo atmosférico nun territorio, singularmente dos sistemas de presión.

Page 3: 02b clima tempomet

Mapas de superficie

• Os mapas de superficie son representacións cartográficas que amosan a disposición dos campos de presión ao nivel do mar. Esta configuración represéntase cunhas isoliñas que unen os puntos xeográficos coa mesma presión atmosférica denominadas isobaras.

Page 4: 02b clima tempomet

Mapas de altura• Os mapas de altura

son mapas topográficos que representan superficies de igual presión atmosférica. As isoliñas son, neste caso, isohipsas xa que unen os puntos de igual altura.

Os máis habituais son os de 300 e 500 mb (Hpa)

Page 5: 02b clima tempomet

Isóbaras.Definición

As isobaras son as liñas que unen os puntos con igual presión atmosférica nun momento dado. Polo xeral trázanse cada 4 mb (hpa). Baseándonos nelas, podemos:

• Sinalar a dirección do vento.

• Definir o gradiente de presión (a relación entre a diferencia de presión e a distancia entre dous puntos). Existe unha relación directa entre gradiente e intensidade do vento.

• Deducir as características das masas de aire que afectan a un área xeográfica determinada.

• Visualizar os centros de acción (configuracións isobáricas).

Page 6: 02b clima tempomet

Isóbaras.Configuracións isobáricas básicasA representación gráfica dos centros de acción dá orixe ás chamadas configuracións isobáricas. Dúas son as básicas

• Anticiclón (A): configuración formada por isobaras cerradas, elípticas ou circulares, que acada no centro o valor máximo de presión, que diminúe cara fóra.

• Depresión ou borrasca (B): forma definida por isóbaras cerradas, elípticas ou circulares, que acada no centro o valor mínimo de presión, que aumenta cara fóra

• Ás veces, a presión nun punto ten valores superiores ás da área cicundante, sen acadar os 1.013 mb. Falamos daquela de alta presión relativa (a).

• Noutras ocasións, a presión dun punto supera os 1.013 mb pero e inferior á da área cicundante. Trátase dunha baixa presión relativa (b). Neste caso, xeralmente, terá unha orixe térmica.

Page 7: 02b clima tempomet

Isóbaras.Outras configuracións isobáricas.

• DORSAL ANTICICLÓNICA (cuña, lomba, crista): configuración isobárica constituída por isóbaras non cerradas, prolongación dun anticiclón con forma de U invertida máis ou menos inclinada

• VALGADA-VAGUADA (suco): formada por isóbaras non cerradas como prolongación dunha depresión con forma de V máis ou menos inclinada. Ubícase xeralmente entre dous anticiclóns.

• PANTANO BAROMÉTRICO: caracterízase por presentar un gradiente moi baixo de xeito que a penas aparecen isóbaras ou fano cunhas formas pouco definidas formando pequenos núcleos, con valores próximos aos medios.

• SELA-SILLA DE MONTAR (collado, punto neutro, punto hiperbólico): configurada por isóbaras non cerradas cunha forma que lembra unha sela de montar resultante da disposición en cruz de dous anticiclóns e dúas borrascas. Se o eixo cominante é o que une os anticiclóns denomínase ponte anticiclónica. No caso contrario, falaremos de desfiladeiro de baixas presións .

• ISÓBARAS PARALELAS: feixe amplo e ben definido de isóbarras paralelas

Page 8: 02b clima tempomet

Centros de acción.Definición

• ANTICICLÓN: O aire nun anticiclón é máis estable có das áreas circundantes xa que este descende sobre a superficie dende as capas altas da atmosfera (subsidencia). Polo tanto, os anticiclóns asocianse a situacións de tempo estable e de ausencia de precipitación xa que a subsidencia dificulta notablemente a formación de nubes.

• BORRASCA (ciclón ou depresión): As borrascas asocianse normalmente con tempo inestable. Os movementos de elevación atmosférica asociados ás baixas presións facilitan a formación de nubes e as precipitacións.

Page 9: 02b clima tempomet

Centros de acción.Clasificación

ANTICICLÓNS BORRASCAS ou DEPRESIÓNS

DINÁMICOS

ANTICICLÓN DAS AZORES, de orixe subtropical e posición variable. Durante o verán ocupa posicións septentrionais e a súa presenza provoca unha significativa redución das precipitacións

DEPRESIÓN DE ISLANDIA, de orixe noratlántico, e asociada a frontes que provocan abundantes precipitacións, sobre todo no N e W peninsular.

ANTICICLÓN ESCANDINAVO, de orixe polar e xerador de masas frías, incide sobre as latitudes peninsulares en inverno.

DEPRESIÓN DE LIGURIA, que ocasiona precipitacións significativas no litoral mediterráneo

TÉRMICOS

ANTICICLON INVERNAL CENTROEUROPEO

DEPRESIÓN ESTIVAL DO NORTE DE ÁFRICA.

ANTICICLON INVERNAL DA PENÍNSULA IBÉRICA.

DEPRESIÓN ESTIVAL DA PENÍNSULA IBÉRICA

Page 10: 02b clima tempomet

Centros de acción.Ubicación

Page 11: 02b clima tempomet

FrontesDefinición.

As frontes son as áreas onde se produce a converxencia de dúas masas de aire de diferentes características (temperatura, humidade). A interacción entre elas provoca a elevación da masa de aire máis cálida (máis lixeira) sobre a máis fría (máis pesada). Tal elevación favorece a condensación do vapor de auga, a formación de nubes e as precipitacións.

1

2

3

4

Page 12: 02b clima tempomet

Frontes.Tipos

Fronte fría: Cando unha masa de aire frío, máis densa, avanza sobre outra de aire cálido, máis lixeira, introdúcese como unha cuña baixo esta e obriga a unha rápida elevación do aire cálido xerando nubes verticais de tipo cumulíforme que poden producir tormentas e chubieiros na liña de fronte de curta duración xa que o seu avance é moi rápido (1).

• Fronte cálida: Cando unha masa de aire cálido se despraza sobre unha de aire frío, esta actúa como unha rampa pola que o aire cálido, máis lixeiro, se eleva lentamente. Este ascenso favorece a formación de cirros en altura e de nubes estratiformes nas zonas baixas que producen choivas e chuviscas lixeiras pero constantes e duradeiras por diante da liña de fronte (2).

Page 13: 02b clima tempomet

Frontes.Tipos• Fronte estacionaria: é un límite

entre dúas masas de aire cando ningunha dá desprazado á outra. Son frecuentes en verán e asocianse, polo xeral, a prolongadas precipitacións. Pasados varios días tenden a disiparse ou convertirse en frontes frías ou cálidas (3).

• Fronte ocluída: dado que a fronte fría avanza máis rapidamente cá fronte cálida remata por alcanzala. Deste xeito, fican en superficie dúas masas de aire frío e, en altura, unha masa de aire cálido. Conseguintemente, teñen lugar choivas constantes caídas de nubes estratíformes (4).

Page 14: 02b clima tempomet

Frontes.A fronte polar

• A sucesión discontinua de frontes que bordean a Terra nas latitudes medias separando o aire polar, máis frío, do subtropical, máis quente, constitúe a fronte polar. As borrascas asociadas a ella xeran grandes precipitacións, nomeadamente no N e W da Península. En altura, a fronte polar coincide grosso modo coa circulación en altura do jet stream.

Page 15: 02b clima tempomet

Situación anticiclónica de verán

• A Península Ibérica queda baixo o influxo do anticiclón das Azores. Isto impide que as borrascas asociadas á fronte polar a afecten.

• Deste xeito, o tempo será soleado e cálido pola acción do aire trópical martítimo e do tropical continental africano.

• Non obstante, a situación pode favorecer a formación de nubosidade de carácter orográfico nas vertentes de barlovento das illas do arquipélago canario de maior altitude.

• Esta é a situación máis característica do verán

Page 16: 02b clima tempomet

• O anticiclón das Azores fica en latitudes meridionais afectando, unido a outro anticiclón continental, ao arquipélago canario. Este gozará, polo tanto, dun tempo seco e soleado.

• A Península Ibérica vese afectada por dous profundos núcleos ciclónicos ao NW das Illas Británicas e asociados a unha sucesión de frontes que separan nidiamente as masas de aire polar marítimo ao N e tropical marítimo ao S. Deste xeito as temperaturas subirán e diminuirán ao paso das diferentes frontes ao tempo que as precipitacións serán abundantes alternando ceos soleados e cubertos. A proximidade entre as isóbaras sinala ventos moderadamente fortes, singularmente na metade norte peninsular.

• Esta situación prodúcese esporadicamente durante o inverno pero pode prolongarse durante semanas.

Situación ciclónica con advección do oeste

Page 17: 02b clima tempomet

Situación anticiclónica con advección do leste e gota fría

• O mapa de superficie amosa un anticiclón que se estende dende o Atlántico acadando o sur das illas británicas e o occidente europeo incluída a Península Ibérica. Sobre o N de África e o Mediterráneo occ. Temos unha depresión asociada a unha fronte cálida e outra fría. S o litoral mediterráneo español, as isóbaras indican unha advección do leste con aire cálido e humido. Esta situación debería corresponder con tempo estable e seco con nubosidade no Levante.

• O mapa de altura sinala a formación sobre o sur da Península dunha cela de baixas presións (D.A.N.A.=Depresión Aislada en los Niveles Altos) cun embolsamento de aire frío.

• Nestas condicións, as elevadas temperaturas do Mediterráneo contibuirán a xerar unhas precipitacións breves pero torrenciais en todo o litoral mediterráneo.

• Esta situación adoita producirse en outono e primavera.

Jet stream e xénese dunha gota fría en altura

Page 18: 02b clima tempomet

Tempo do norte: onda de frío

• A combinación entre un potente anticiclon ao N e ao W da Península Ibérica e dunha profunda depresión ao N e Oeste canaliza cara o S o aire ártico. Esta situación dáse, sobre todo en inverno, prococando un descenso acusado das temperaturas e nevadas nas montañas do interior peninsular e choivas no Mediterráneo.

• Noutras épocas do ano tradúcese en caídas da temperatura e tormentas.