02c o nacemento de europa

24
O NACEMENTO DE EUROPA 2º ESO Roberto López

description

2º ESO Ciencias Sociais, Unidade 2: O nacemento de Europa

Transcript of 02c o nacemento de europa

Page 1: 02c o nacemento de europa

O NACEMENTO DE EUROPA

2º ESO

Roberto López

Page 2: 02c o nacemento de europa

1. OS REINOS XERMANOS

O territorio de Occidente dividiuse en varios reinos, en cada un deles instalouse unha tribo xermana: os francos na actual Francia, os visigodos e os suevos en Hispania, os ostrogodos e lombardos en Italia, os anglos e os saxóns en Britania

No ano 476 os xermanos venceron ao último emperador romano de Occidente e o imperio romano de Occidente deixou de existir.

Page 3: 02c o nacemento de europa

O mausoleo de Teodorico en Rávena

A ourivaría

A organización dos reinos xermanos Cada reino estaba gobernado por un rei, asesorado por un

consello de nobres e guerreiros. A sucesión de guerras provocaron un ambiente de inseguridade.

As cidades foron saqueadas e a poboación foi a vivir ao campo A economía pasou a basearse case exclusivamente na

agricultura e a gandaría. O comercio case desapareceu. A cultura tamén sufriu un declive. Quedan escasos restos de

arte xermana: as igrexas visigodas e a ourivaría. Os xermanos, a pesar de ser unha minoría, adoptaron o latín e o

cristianismo

Page 4: 02c o nacemento de europa

Os suevos empezaron a asentarse na provincia romana da Gallaecia arredor do ano 410 e estableceron un reino independente. O seu asentamento fíxose de maneira pacífica procurando a fusión coa sociedade galaico-romana. A maior parte da poboación vivía no campo e dedicábase á agricultura

A monarquía sueva era de carácter hereditario No ano 583, comezou un conflicto sucesorio entre os suevos. Esta situación foi aproveitada polo rei visigodo Leovixildo que incorporou no ano 585 o reino suevo ao reino visigodo.

Os Suevos

Tumbas antropomorfas suevas

Page 5: 02c o nacemento de europa

Os Visigodos

O reino visigodo no século VI

O reino visigodo conquistou a Península Ibérica no ano 415.

Entraron na península co encargo de someter a outros pobos xermánicos a cambio de terras. Arrinconaron aos suevos en Gallaecia, acabaron cos alanos e obrigaron aos vándalos a trasladarse a África.

Fundaron un reino que tiña como capital a cidade de Toledo

Alcanzaron a plenitude na segunda metade do século VI e primeira do VII.

Son invadidos polos musulmáns no ano 711, o que provocou a fin do seu reino.

Igrexa de San Xoán de Baños, Palencia

Tesouro de Guarrazar

Page 6: 02c o nacemento de europa

2. O IMPERIO CAROLINXIO

No século VIII, o reino franco pasou a ser o máis importante de Occidente. Conseguiron derrotar e impedir o avance musulmán no ano 732.

O imperio de Carlomagno

Un dos seus reis foi Carlomagno, que conquistou moitos territorios en Centroeuropa, Italia e o norte da península Ibérica. Era tan poderoso que foi nomeado emperador

Page 7: 02c o nacemento de europa

O imperio de Carlomagno (o imperio carolinxio) estaba dividido en distintos condados e marcas. Os condes e os marqueses que gobernaban estes territorios xuraban fidelidade ao emperador e debían obedecerlle. Enviaba funcionarios (missi dominici) para controlalos.

O goberno do imperio carolinxio

A vida era bastante atrasada: as cidades eran pequenas e a economía baseábase na agricultura e a gandaría.

Page 8: 02c o nacemento de europa

A disolución do imperio carolinxio

No século IX, o imperio carolinxio dividiuse en tres partes e deixou de existir.

Page 9: 02c o nacemento de europa

3. O FEUDALISMO

A segunda metade do século IX e o século X foi unha época de inseguridade en Europa. Tiveron lugar as invasións de tres pobos: os viquingos, os maxiares ou húngaros e os sarracenos.

O imperio carolinxio desapareceu e Europa fragmentouse en numerosos reinos.

A orixes: as segundas invasións

Page 10: 02c o nacemento de europa

O feudalismo: características

É un sistema social con tres características:

Cada nobre tiña total autoridade nas súas terras. O rei só tiña poder nas terras que eran súas.

Os nobres aceptaban a primacía do rei mediante un pacto de vasalaxe.

Ao mesmo tempo, os nobres podían ter vasalos propios

Cerimonia investidura

A situación de inseguridade en Europa da lugar ao feudalismo. Os reis eran moi débiles, non tiñan exércitos e os campesiños buscaron a protección dos nobres.

Page 11: 02c o nacemento de europa

A sociedade medieval dividíase en grupos, chamados estamentos.

Había tres estamentos: os nobres, os clérigos e os traballadores.

Unha sociedade estamental

Os nobres e os clérigos eran estamentos privilexiados, pois non pagaban impostos, non realizaban traballos manuais, poden levar armas e controlaban os principais postos.

Os traballadores eran un estamento non privilexiado.

Page 12: 02c o nacemento de europa

Relacións entre os estamentos

Page 13: 02c o nacemento de europa

Os reis eran moi débiles e non podían protexer a poboación. Por iso, os condes, duques e marqueses do imperio Carolinxio acabaron actuando como donos das terras que gobernaban e lograron transmitir o poder aos seus fillos.

4. UNS REIS DÉBILES

Ante a desorde provocada polas guerras os campesiños buscaron a protección dos nobres.

A cambio de protección, os campesiños tiñan que traballar para o señor. Así xurdiu a sociedade feudal.

Page 14: 02c o nacemento de europa

Os poderes do rei A clave do poder real residía nos lazos persoais que

establecía cos nobres. Os nobres recoñecen a autoridade do rei e o seu papel

como mediador: primus inter pares. O exercito real é reducido. Depende dos exércitos

privados dos seus vasalos. A principal fonte de ingresos proviña do seu feudo.

A corte real A curia ou consello Real eran un grupo

de persoas que axudaban ao monarca nas tarefas de goberno.

Na Idade Media, a corte era itinerante e os reis non tiñan unha capital fixa.

Page 15: 02c o nacemento de europa

5. A NOBREZA. Nobres e cabaleiros

Non todos os nobres son igual de poderosos Algúns son donos de grandes feudos e riquezas Outros so posuían as súas armas e o seu cabalo

A súa actividade principal era a guerra, para a que se adestraban continuamente.

En caso de guerra eran convocados polo rei e acudían cos seus vasalos formando unha mesnada.

Os fillos dos nobres recibían educación militar desde nenos como paxes e escudeiros dun nobre importante.

Torneo

Mesnada

Page 16: 02c o nacemento de europa

As damas

A función fundamental das mulleres nobres era casar e ter fillos.

Os matrimonios eran concertados polos pais dos noivos

As mulleres que permanecen solteiras ingresaban en mosteiros.

As mulleres dirixían os labores dos serventes, educaban os fillos máis pequenos, bordaban e tecían.

Page 17: 02c o nacemento de europa

As terras dividíanse en dúas partes: A reserva era a parte da terra

explotada polo propio señor. Os mansos eran anacos de terra que o

nobre lle concedía aos campesiños a cambio do pagamento de rendas.

Nos feudos, os señores impartían xustiza e cobraban impostos.

6. O FEUDO O feudo ou señorío eran as terras que os nobres recibían a

cambio de xurarlle fidelidade ao rei.

Feudo

Nas terras do feudo estaban o castelo do señor, as aldeas en que vivían os campesiños e as terras de cultivo.

Page 18: 02c o nacemento de europa

Na idade media , o cristianismo era a relixión maioritaria.

A Igrexa estaba encabezada polo Papa. O Papa podía excomungar os reis.

O clero regular estaba

formado polas ordes relixiosas, constituídas polos monxes e as monxas

Os bispos e os sacerdotes

formaban o clero secular.

7. O PODER DA IGREXA. Organización

Page 19: 02c o nacemento de europa

A influencia da Igrexa

A igrexa tiña un gran poder -Os papas interviñan nos asuntos dos Estados cristiáns. -Os mosteiros eran donos de moitas terras -A igrexa cobraba rendas aos seus servos. -Os campesiños pagaban o décimo a igrexa. -Interviña en aspectos da vida: bautizo, matrimonio, … -Os cristiáns tiñan unha serie de obrigas: asistir a misa, rezar, … -As campás das igrexas regulaban as tarefas cotiás e horas de traballo. -O calendario seguía as festas relixiosas -A igrexa interviña nas guerras: treguas de Deus e cruzadas

Page 20: 02c o nacemento de europa

A expansión da cristiandade

Entre os séculos XI e XIII a Europa cristiá ampliou as súas fronteiras

Page 21: 02c o nacemento de europa

Nesta época, o 90 % da poboación vivía e traballaba no campo. Moi poucos campesiños eran propietarios das súas terras. A

maioría vivía en pequenas aldeas e traballaba as terras dun nobre ou dun mosteiro.

8. OS CAMPESIÑOS: servos e libres

Dentro dos campesiños temos que distinguir entre: Os campesiños servos estaban

sometidos completamente á autoridade do seu señor. A condición de servos herdábase de pais a fillos.

Había campesiños libres. Estes traballaban os mansos do señorío e pagaban o décimo á Igrexa.

Page 22: 02c o nacemento de europa

O traballo no campo

O traballo dos campesiños era moi duro. Todos traballaban, incluídos nenos e anciáns.

A produción agrícola era baixa. Cultivaban sobre todo cereais e legumes.

Como non tiñan fertilizantes, so cultivaban a metade das terras, a outra metade deixábase en barbeito Rotación bienal. Cada ano descansaba a metade da terra de cultivo.

Page 23: 02c o nacemento de europa

Viven en aldeas, en casas pobres, feitas de adobe, madeira e canas. Os mobles eran escasos. Compartían o espazo cos seus animais domésticos

Os campesiños eran autosuficientes.

A vida da familia campesiña

O seu nivel de vida era baixo. Comían mal, non tiñan menciñas e a mortalidade era moi alta.

Page 24: 02c o nacemento de europa

Esquema sobre a sociedade estamental