1. a poesía das irmandades da fala

19
TEMA 1. A POESÍA DAS IRMANDADES DA FALA TEMA 1. A POESÍA DAS IRMANDADES DA FALA LITERATURA GALEGA DOS SÉCULOS XX E XXI LITERATURA GALEGA DOS SÉCULOS XX E XXI Lourenço Álvarez Lourenço Álvarez

description

 

Transcript of 1. a poesía das irmandades da fala

Page 1: 1. a poesía das irmandades da fala

TEMA 1. A POESÍA DAS IRMANDADES DA FALATEMA 1. A POESÍA DAS IRMANDADES DA FALA

LITERATURA GALEGA DOS SÉCULOS XX E XXILITERATURA GALEGA DOS SÉCULOS XX E XXI

Lourenço ÁlvarezLourenço Álvarez

Page 2: 1. a poesía das irmandades da fala

Recoméndase realizar o visionado desta presentaciónestando conectado a Internet. Deste xeito poderá accederse ás ligazóns que ao longo dela se propoñen

Clicando sobre estes símbolos obterase a seguinte información, procedente de distintos recursos web:

Información sobre un autor citado

Información complementaria sobre un determinado asunto

Definición ou explicación dun concepto

Arquivo de audio: poema musicado, lectura dun texto...

Page 3: 1. a poesía das irmandades da fala

A ÉPOCA DAS IRMANDADES. Contexto histórico

►► Desaparición da fidalguía rendista que acaparaba a propiedadedas terras

►► Consolidación dunha burguesía industrial e financeira

►► Adquisición progresiva da propiedade das terras por parte docampesiñado coa abolición do sistema foral

►► Desenvolvemento acelerado dos sectores secundario e terciario

►► Desprazamento de gran parte da poboación rural cara ás urbes

O inicio do século XX vén marcado por unha serie de importantes transformacións económicas e sociais

Page 4: 1. a poesía das irmandades da fala

O líder agrarista Basilio Álvarez

• Realiza unha loita radical pola abolición dos forosforos, contra o caciquismo e pola modernización do sector agrario

• Destacan as organizacións Solidaridad Gallega (1907) e Acción Gallega (1912), liderada por Basilio Álvarez

• Os postulados agraristas terán unha gran repercusión na obra de Cabanillas.

O MOVEMENTO AGRARISTA

Page 5: 1. a poesía das irmandades da fala

AS IRMANDADES DA FALA

• Fúndanse na Coruña o 18 de maio de 1916 da man de Antón Vilar Ponte.

• Recollen e potencian as aspiracións galeguistas do Provincialismo e o Re-xionalismo

• A dignificación e promoción da lin-gua galega é un dos seus principios fundamentais

• Presentan, ademais das reivindica-cións culturais, un ideario político ben definido. Supoñen o inicio do nacionalismonacionalismo

• O seu voceiro é a revista A Nosa A Nosa TerraTerra

Page 6: 1. a poesía das irmandades da fala

• Potencian o uso do galego en todo tipo de ámbitos: ensino, xustiza, prensa, actos públicos, tradución de obras da literatura universal..

• Fundan editoriais (Céltiga, Alborada, Lar, Nós... ) e publicacións periódicas en galego (A Nosa Terra, Rexurdimen-to, Nós, Ronsel…)

• Publican Algunhas normas pra a unifi-cazón do idioma galego, traballo de ca-rácter normativo, e un dicionario caste-lán-galego

• Impulsan o teatro pola súa importancia normalizadora e social: Conservatorio Nacional de Arte Galega (1918)

• Poñen en marcha o Seminario de Estudos Galegos (1923)

AS IRMANDADES: actividade cultural

O Seminario de Estudos Galegos

Institución fundamental na investi- gación da historia e cultura

de Ga- liza.

É creado por un grupo de mozos uni- versitarios, entre os que se

contan Lois Tobío, Bouza Brey e Filgueira Valverde, no outono de 1923.

Participan nel, como coordinadores dalgunhas das súas seccións, os in- telectuais máis destacados do gale- guismo: Castelao,Cuevillas e Risco, entre outros.

Page 7: 1. a poesía das irmandades da fala

• Obxectivos prioritarios: autonomía integral para Galiza, busca dunhas bases para facer posíbel un federa-lismo con Portugal.

• Institucións lexislativas e xudiciais propias, autonomía fiscal

• Cooficialidade do galego• Igualdade de dereitos da muller. • Reformas que rematen co

secular atraso da economía galega

Este programa será recollidopolo Partido Galeguista

durante a Segunda República.

AS IRMANDADES: actividade política

Page 8: 1. a poesía das irmandades da fala

O Partido Galeguista

Fundado en 1931, froito da confluencia de diversas for- zas nacionalistas de ideolo- xías heteroxéneas

Nas eleccións de 1936, obt- tén tres escanos nas cor- tes xerais, entre eles o de Castelao

Redacta un Estatuto de Au- tonomía para Galiza, que se- rá aprobado maioritariamen- te en plebiscito, a pesar de que nunca chegará a entrar en vigor

Page 9: 1. a poesía das irmandades da fala

A POESÍA NA ÉPOCA DAS IRMANDADES

Situación da poesía galega no inicio do século XX:

Continuidade temática e formal dos autores do Rexurdimento, cun progresivo deterioramento estético:

COSTUMISMO RURALISTACOSTUMISMO RURALISTA

REIVINDICACIÓN CÍVICAREIVINDICACIÓN CÍVICA

HISTORICISMO CELTISTAHISTORICISMO CELTISTA

INTIMISMO SENTIMENTALINTIMISMO SENTIMENTAL

Algúns dos autores das Irmandades, especialmente Cabanillas,incorporando esas liñas temáticas, renovan o empobrecido panora-ma, achegándose ás tendencias que dominan a lírica europea

DÚAS TENDENCIAS XERAISna poesía do primeiro terzo do séc. XX

CONTINUÍSTA RENOVADORA

Noriega VarelaNoriega VarelaLópez AbenteLópez AbenteVitoriano Taibo Vitoriano Taibo Crecente VegaCrecente Vega

Ramón CabanillasRamón Cabanillas

Page 10: 1. a poesía das irmandades da fala

NORIEGA VARELA (1869-1947)

A súa obra poética está recollida nun único volume, Do ermo, que foi aumentando entre 1904 (1ª edición, co título de Montañesas) e 1946

COMPOÑENTES DA SÚA POESÍA

a) COSTUMISMO RURALISTA COSTUMISMO RURALISTA

Enmárcase dentro da corrente do descriti-vismo paisaxista e de costumes propio da tradición decimonónica: métrica popular, temática rural, escenas costumistas

b) LIRISMO DA NATUREZALIRISMO DA NATUREZA

“ “Fale meu bisavó”Fale meu bisavó”

O que a Galicia mal queira Pon medo, así eu teña a Dios: pode vivir sosegado: na vida dos meus avós fun o vinteoito á feira un mantelo ¡era un tesouro!, e non vin unha monteira, e menos dunha onza de ouro nin un dengue colorado. non se mercaba un dos bos.

Quezais alguén me non crea: Agora campa o percal, os sombreiros de Sevilla i algunhas, que nin pra sal están de moda na aldea, teñen un carto no peto, e n'hai bonita nin fea, visten ¡que meten respeto!, que non chufe coa toquilla. i hastra se enfouzan con cal [... ]

► ► Enfatízanse as cousas humildes da paisaxe, a partir dunha visión franciscanistafranciscanista da natureza

► ► Expresión máis culta e refinada, con influenciados poetas clásicos latinos e do saudosismo; emprego de estrofas cultas, como o soneto

““Toda humilde belleza...”Toda humilde belleza...”

Vago xirón de brétema, atavíosoberbio de irta xesta, reidora,fulgurante doíña de rocío(pazo do sol e lágrima da aurora);

raiola de lunar que bica o río,flor mareliña que entre espiñas chora,ou das redes da a araña un tenue fío,toda humilde belleza me namora.

É un vermiño de luz o amigo carodo meu nume saudoso... Antes reparona nudez adorable dunha estrela

que nas rosas dos vales, que sorríen,que nos mantos dos pinos, que se engríen,que nas blondas do mar, que se rebela.

É unha breve pucharquiñasobre un enorme penedo.

Sen fatuidade urbanamíranse naquel espelloas froriñas dun carpazo,a ramaxe dun esvedro,linda pastora de Anaigo,i as estreliñas do ceio.

É unha breve pucharquiñasobre un enorme penedo.

Page 11: 1. a poesía das irmandades da fala

RAMÓN CABANILLAS (1876-1959)

• Participa de maneira activa no movemento nacionalista, sendo membro das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos.

• Na súa poesía combina as principais liñas temáticas do Rexurdimento con algunhas das innovacións formais propias das primeiras décadas do século XX.

• Os seus poemas de ton anticaciquil e de denuncia social convérteno no poeta do poeta do move-mento agraristamove-mento agrarista, co que entra en contacto a través de Basilio Álvarez, líder de Acción Gallega.

• Alén da súa obra poética, destaca a peza teatral O Mariscal, unha reconstrución do pasado na que o mariscal Pardo de Cela se erixe en símbolo de resistencia fronte aos Reis Católicos.

Page 12: 1. a poesía das irmandades da fala

Obra de Ramón Cabanillas

A saudade nos poe- tas galegos (1920)Antífona da cantiga (1951)

A man de Santiña (1921)O Mariscal (1926)

No desterro (1913)Vento mareiro (1915) Da terra asoballada (1917) O bendito San Amaro (1926)Na noite estrelecida (1926)A rosa de cen follas (1927)Camiños no tempo (1949)Versos de alleas terras e

tempos idos (1955)Da miña zanfona (1954)Samos (1958)

EnsaioEnsaio

TeatroTeatroPoesíaPoesía

Page 13: 1. a poesía das irmandades da fala

Paisaxismo, tipos e costumes rurais, ás veces cunhaperspectiva crítica ou humorística

Temática mítica, celtismo, reivindicación nacional:Na noite estrelecida

Liñas temáticas

POESÍA LÍRICAPOESÍA LÍRICA

a) TEMÁTICA COSTUMISTAa) TEMÁTICA COSTUMISTA

Estilo simple e popular; preferencia polos versosde arte menor

b) TEMÁTICA INTIMISTAb) TEMÁTICA INTIMISTATemática amorosa, vivencias do pasado, identifica-ción coa natureza: clara herdanza rosaliana

c) TEMÁTICA CÍVICAc) TEMÁTICA CÍVICAA máis representativa: crítica radical da inxustizasocial, anticaciquismo, agrarismo, reivindicación na-cional, nunha poesía de estilo directo e coloquial

POESÍA NARRATIVAPOESÍA NARRATIVA

TARDE BAIXA

   Sol de outono no mar calmo fungue o lume; alá, lonxe, chirra un carro no camiño;canta a ágoa no rodicio do muíño e arrecende dos fiúnchos o cheirume.    Por enriba dos tellados rube o fume;esbardallan as lavercas antre o liño;roxa lúa, con fasulas de meniño,aparesce da montana sobre o cume.

   Zoa a mística campana. Nos lameirosunha flauta; a dos sapos agoireiros.Anda o trasno gargallando nos pinares.

   Van e veñen luces roxas polo monte.As rapazas van con medo cara á fonte.Bravo, céltigo aturuxo fende os ares.

““Camiño longo”Camiño longo”

Camiño, camiño longo,     Camiño, camiño longo.camiño da miña vida, A choiva, a neve e as

silvas escuro e triste de noite, enchéronme de friaxe,e triste e escuro de día... cubríronme de feridas... ¡camiño longo ¡vereda torta,da miña vida! ti onde me levas!

    Vereda, vereda torta Vereda, vereda fondaen duras laxes aberta,     de fontes tristes, sin ágoa; arrodeada de toxos, sin carballos que den sombra,crebada polas lameiras... nin chouzas que den

pousada... ¡camiño longo ¡vereda fonda,da miña vida! ti cando acabas!

¡En pé!¡En pé!

¡Irmáns! En pé, sereos, Validos de treidores ¡Irmáns no amor á Sueviaa limpa frente erguida, a noite da Frouseira de lexendaria historia,envoltos na brancura a patria escravizaron en pé! ¡en pé dispostos da luz que cai de riba, uns reises de Castela. a non morrer sin loita!o corazón aberto Comestas polo tempo, ¡O día do Medulio a toda verba amiga, xa afloxan as cadeas… con sangue quente e roxa e nunha man a fouce ¡irmáns asoballados mercámo-lo dereitoe noutra man a oliva, de xentes estranxeiras, á libre, honrada chouza! arredor da bandeira azul ergámo-la bandeira azul ¡Xa está ó vento a bandeira azul

e branca e branca! e branca!,arredor da bandeira de Galicia, ¡E ó pé da enseña da nazón galegaA oliva nunha man, a fouce noutra,¡cantémo-lo dereito cantémo-lo dereito berremos alto e forte: a libre nova vida! a libertar a Terra! “¡A nosa terra é nosa!”

““Acción gallega”Acción gallega”

¡Irmáns! ¡Irmáns galegos! ¡Ergámonos sen medo! ¡Desde Ortegal ó Miño ¡Que o lume da toxeira a folla do fouciño envolva na fogueira fagamos rebrillar!  o pazo señorial!

Que vexa a vila podre, ¡Xa o fato de caciques coveira da canalla, ladróns e herexes fuxe a aldea que traballa ó redentor empuxe disposta pra loitar.  da alma rexional!                                                 Antes de ser escravos, Antes de ser escravos, ¡irmáns, irmáns galegos! ¡irmáns, irmáns galegos! que corra o sangue a regos que corra o sangue a regos desde a montaña ó mar.  desde a montaña ó mar. 

Page 14: 1. a poesía das irmandades da fala

É un dos mellores poemas narrativos da literatura galega

Insírese dentro da temática artúrica; ofrece unha versión galeguizada da lenda

Componse de tres sagas: “A espada Escalibor”, “O cabaleiro do santo Grial” e “O soño do Rei Artur”

Introduce elementos de inspiración modernistamodernista

É unha obra dunha grande elaboración formal, estilo culto, métrica coidada, onde se combinan os alexandrinos cos octosílabos e as sextinas rubenianas

Na noite estrelecidaÉ Merlín o profeta, o celta armoricán,dos silfos e das lumias ollado por irmán,sabedor dos encantos e os máxicos conxuros,das virtudes das herbas e dos fados escuros,que nos craros dos bosques e os baixíos costeirosdeprendéu o diviño lenguaxe dos luceiros;o bardo das idades, o da segreda cenciaque a terra fixo súa, impóndolle obedenciaás ágoas da riada, ós rochedos do cume,ás nubes da tromenta, á ardentía do lume.

Impoñente, amostrando nativa maxestade,na mirada un sereo craror de eternidade,ten ós pés -cruz de ouro, folla núa afiada-sobre o manto da neve unha fúlxida espada.Aceiro puro e virxe das entrañas da terra,cos lumes sideraes das estrelas en guerranas fragas treboantes dos lóstregos forxado,que no dolmen batido e no Xordán temprado,foille dado a unha raza de homes sans e valentes,cabeceira de pobos, guiadora de xentes,para impór unha cenza, siñalando o camiñoque por riba dos tempos leva ó trunfo diviño.

Baixo a dozura do ceoda nobre Galicia irmánonde pola nosa groriainda doirando o fogarvive aceso o lume sagrodos craros días do clan,hai unha illa encantadade rochedos coral,esmeralda verdegaiaó resplandor do luar,bicada de manseliñaságoas de limpo cristalna que as sirenas ensaianseu namorante cantarmentras os pinos lanzalesescoitan voces leviánsque chegan esmorecidasdo misterio de alén-mar.

Amada dos vellos dioses,mortos e esquecidos xa,que Sálvora lle chamaronafeitos nela a toparrepouso doce e tranquíode celestiaes afáns,inda está tendida a escadaque baixa do ceo ó chan,envolveita e recuberta do bretemoso cendalfeito de rendas garnidaspor diviños teceláns

Page 15: 1. a poesía das irmandades da fala

2

.- Le a seguinte composición e intenta deducir a súa autoría a partir das súas características. A cal das tendencias poéticas deste autor a adscribirías?

A POESÍA DAS IRMANDADES DA FALA

ACTIVIDADES

►► Temática. Vinculación coa defensa do movemento agrarista

►► Valor simbólico do pazo e do personaxe do velliño

►► O poema pódese dividir en dúas partes (versos 1-25 e 26-39): na primeira descríbesea destrución do lume e a reacción da xente e a segunda reflexiona sobre a figura do vello. Observa o contraste métrico e estilístico entre ambas (sintaxe, recursos litera-rios, ritmo, uso de verbos/substantivos...)

1

1

¡Nin rosiñas brancas, nin claveles roxos!Eu venero as froliñas dos toxos.

Dos toxales as tenues froliñas,que sorríen, a medo, entre espiñas.

Entre espiñas que o ceio agasallacon diamánte-las noites que orballa.

¡Oh do iermo o preciado tesouro!:as froliñas dos toxos son de ouro.

De ouro vello son, mai, as froliñasdos bravos toxales, ¡das devociós miñas!...

.-Busca na seguinte ligazón [BIBLIOTECA VIRTUAL GALEGA – CABANILLAS] [BIBLIOTECA VIRTUAL GALEGA – CABANILLAS] un poema re-

presentativo de cada unha das liñas temáticas da poesía lírica do autor3 .- Le o poema “Lume no pazo” da páxina seguinte e comenta os seguintes aspectos:

►► Comenta o compoñente narrativo do poema

Page 16: 1. a poesía das irmandades da fala

A POESÍA DAS IRMANDADES DA FALA

ACTIVIDADES

►► Caracterización do personaxe de Galahaz; en que aspectos se marca que é el o caba-leiro “elixido”?

►► Comenta o contido; en que parte da historia se sitúa?

2

4

►► Comenta os dous esquemas métricos diferentes do fragmento

““LUME NO PAZO”LUME NO PAZO”

Prendeu lume no pazo.A roxa labaradaalumea a campía.

Atronan as campanaso val.

Quentan o aireespesas bafaradasde fume.

Corre a xenteBerrando, atolondrada.

E un velliño, moi vello,de guedelliñas brancas,que vive de milagre,xantando cando xanta,vestido de farrapose durmindo onde cadra,—todo por mor dun preitode rendas atrasadas,no que os donos do pazodeixárono sin nada—,ollando cara ó lume,rise, barulla e fala¡de ir busca-lo gaiteiropara que toque a gaita!

Ó arde-lo cume, as tellasenroxecen e estalan.

Caien, cruxindo, as vigas,e o lume ás catro bandasenvolve a torre.

Muxende medo os bois nas coadras.

A xente rube ó adropra ver onde é a disgraciae ó mirar cara ó pazodetense amontoada.

Érguense as mans ó ceo,e sanguiñenta, tráxica,refréxase nos ollosa roxa labarada.

.- Le o fragmento entre os versos “Medianoite por filo, cando o galo cantaba” e “do ceo ten de baixar” de Na noite estrelecida que encontrarás nesta ligazón: “O cabaleiro do Sant Grial”

(páx. 72) e responde ás seguintes cuestións:

Page 17: 1. a poesía das irmandades da fala

A POESÍA DAS IRMANDADES DA FALA ESQUEMA PARA IMPRIMIR

AS IRMANDADES DA FALA

- Continuidade temática e formal dos autores do Rexurdimento, cun progresivo deterioramento estético: costumis- mo ruralista, historicismo celtista, intimismo sentimental e reivindicación cívica

- Dúas tendencias xerais na poesía do primeiro terzo do séc. XX: continuísta (Noriega Varela, Crecente Vega) e re- novadora (Ramón Cabanillas)

- Fúndanse na Coruña o 18 de maio de 1916 da man de Antón Vilar Ponte.- Recollen e potencian as aspiracións galeguistas do Provincialismo e o Rexionalismo- A dignificación e promoción da lingua galega é un dos seus principios fundamentais- Presentan, ademais das reivindicacións culturais, un ideario político ben definido. Supoñen o inicio do nacionalismo- O seu voceiro é a revista A Nosa Terra -Fundan editoriais que permitirán a publicación en galego: Céltiga, Alborada, Libredón, Lar, Nós e crean publicacións periódicas en galego: A Nosa Terra, Rexurdimento, Nós, Ronsel…- Publican Algunhas normas pra a unificazón do idioma galego, traballo de carácter normativo, e un dicionario caste- lán-galego

SITUACIÓN DA POESÍA GALEGA NO INICIO DO SÉCULO XX

- A súa obra poética está recollida nun único volume, Do ermo- Compoñentes da súa poesía:

► Costumismo ruralista: enmárcase dentro da corrente do descritivismo paisaxista e de costumes propio da tra- dición decimonónica: métrica popular, temática rural, escenas costumistas

► Lirismo da natureza: enfatízanse as cousas humildes da paisaxe, a partir dunha visión franciscanista da nature- za, expresión máis culta e refinada, con influencia dos poetas clásicos latinos e do saudosismo; emprego de es- trofas cultas, como o soneto

NORIEGA VARELA

Page 18: 1. a poesía das irmandades da fala

RAMÓN CABANILLAS

- OBRAS PRINCIPAIS:

► Poesía lírica: No desterro, Vento mareiro, Da terra asoballada, A rosa de cen follas ► Poesía narrativa: Na noite estrelecida► Teatro: O mariscal

- LIÑAS TEMÁTICAS:

► Poesía lírica: Estilo simple e popular; preferencia polos versos de arte menor

► Costumista: Paisaxismo, tipos e costumes rurais, ás veces cunha perspectiva crítica ou humorística

► Intimista: Temática amorosa, vivencias do pasado, identificación coa natureza: clara herdanza rosaliana

► Cívica: A máis representativa: crítica radical da inxustiza social, anticaciquismo, agrarismo, reivindica- ción nacional, nunha poesía de estilo directo e coloquial

► Poesía narrativa: Temática mítica, celtismo, reivindicación nacional: Na noite estrelecida- NA NOITE ESTRELECIDA:

É un dos mellores poemas narrativos da literatura galega Insírese dentro da temática artúrica; ofrece unha versión galeguizada da lenda Componse de tres sagas: “A espada Escalibor”, “O cabaleiro do santo Grial” e “O soño do Rei

Artur” Introduce elementos de inspiración modernista É unha obra dunha grande elaboración formal, estilo culto, métrica coidada, onde se combinan

os alexandrinos cos octosílabos e as sextinas rubenianas

Page 19: 1. a poesía das irmandades da fala

(1)(1) M. AMOR COUTO e outros, M. AMOR COUTO e outros, Lingua e literatura 2º de bacharelato, Lingua e literatura 2º de bacharelato, Consorcio editorial galego, Vigo, 2009 (páx.190) Consorcio editorial galego, Vigo, 2009 (páx.190)

(2)(2) M. AMOR COUTO e outros, M. AMOR COUTO e outros, Lingua e literatura 2º de bacharelato, Lingua e literatura 2º de bacharelato, Consorcio editorial galego, Vigo, 2009 (páx.196) Consorcio editorial galego, Vigo, 2009 (páx.196)

PROCEDENCIA DAS IMAXES EMPREGADASPROCEDENCIA DAS IMAXES EMPREGADAS

Colocando o punteiro sobre as imaxes, vense as referencias das páxinas web de onde foron tiradas. Picando nelas, accédese directamente a esas páxinas

(1)(1) (2)(2)

(3)(3)

(3)(3) R. CABANILLAS, R. CABANILLAS, Obras completas- 1Obras completas- 1, ed. Akal, Madrid, 1979 (páx.364), ed. Akal, Madrid, 1979 (páx.364)