1. As civilizacións fluviais - ALFAES 2...2019/09/08  · realizadas polos habitantes das cidades:...

14
1. As civilizacións fluviais 2. O Exipto dos faraóns 3. Tumbas e templos 4. Os imperios de Mesopota- mia 5. Palacios e reis

Transcript of 1. As civilizacións fluviais - ALFAES 2...2019/09/08  · realizadas polos habitantes das cidades:...

Page 1: 1. As civilizacións fluviais - ALFAES 2...2019/09/08  · realizadas polos habitantes das cidades: oleiros, tecedores, ferreiros, comerciantes, expertos nas canalizacións e obras

1. Ascivilizaciónsfluviais

2. O Exipto dos faraóns

3. Tumbasetemplos

4. OsimperiosdeMesopota-mia

5. Palaciosereis

Page 2: 1. As civilizacións fluviais - ALFAES 2...2019/09/08  · realizadas polos habitantes das cidades: oleiros, tecedores, ferreiros, comerciantes, expertos nas canalizacións e obras

118

1. AS CIVILIZACIÓNS FLUVIAISAs primeiras civilizacións históricas desenvolvéronse a partir do 3500 a.C. en Exipto, Mesopotamia, leste da India e norte da China. Denomínanse así porque empregaron a escritura por primeira vez.

As civilizacións que se desenvolveron nesas zonas presentan as seguintes características comúns:• Son civilización fluviais, é dicir, todas elas naceron e

desenvolvéronse nas beiras de grandes ríos: Nilo (Exipto), Éufrates e Tigris (Mesopotamia), Indo (India) e Huang He (China).

• Tiveron un gran crecemento da poboación grazas a un forte desenvolvemento da agricultura, favorecida pola fertilidade das terras.

• Nelas apareceron as primeiras cidades como resultado da concentración da poboación en grandes poboados e do elevado nivel tecnolóxico e organizativo que alcanzaron.

• Xurdiu a especialización e diversificación das actividades realizadas polos habitantes das cidades: oleiros, tecedores, ferreiros, comerciantes, expertos nas canalizacións e obras de irrigación... Cada un dos oficios estaba vinculado a unha determinada condición social, o que provoca a xerarquización social.

• Nestas civilizacións xurdiron os primeiros estados presididos por un poder forte –o monarca– que controlaba o territorio e a poboación, contando co apoio de funcionarios (entre os que destacaron os escribas) para a administración e do exército, tanto para defender como para expandir as fronteiras do seu reino.

• Tiña nunha relixión politeísta, é dicir, crían na existencia de varias divindades. Os sacerdotes controlaban o culto e, con frecuencia, o monarca exercía tamén como supremo sacerdote.

• Estas civilizacións inventaron a escritura, un novo elemento de comunicación que permite a creación de documentos que permanecen no tempo. A súa aparición marca a división entre a Prehistoria e a Historia. Os datos máis antigos sitúan esta invención arredor do 3500 a.C. en Mesopotamia e Exipto.

Page 3: 1. As civilizacións fluviais - ALFAES 2...2019/09/08  · realizadas polos habitantes das cidades: oleiros, tecedores, ferreiros, comerciantes, expertos nas canalizacións e obras

Actividades

119

1. Desde cando se calcula que se iniciaron os cambios que de-ron lugar ás antigas civilizacións fluviais? Por que se denomi-nan fluviais? .............................................................................

2. Que causa foi a determinante na aparición das primeiras civi-lizacións fluviais?

A escritura A gandaría

A planicie do chan A relixión

O desenvolvemento da agricultura A humidade do clima

3. Arredor de que ríos se desenvolveron as primeiras civilizacións que coñeceron a escritura? ......................................................

4. A aparición da escritura marca a división entre a Prehistoria e a Historia? Por que cres que foi tan importante este invento? Se queres, podes facer a actividade deste enderezo para coñecer o valor da escritura e os diferentes tipos das primeiras civilizacións. http://clic.xtec.cat/db/jclicApplet.jsp?project=http://clic.xtec.cat/projects/civilant/jclic/civi-lant.jclic.zip&lang=es&title=Civilizaciones+antiguas

5. Que novos oficios desempeñaban os habitantes das primeiras cidades? ...................................................................................

6. Quen exercía o poder nos primeiros estados? Con que apoios contaba? ..................................................................................

7. Que quere dicir que esas civilizacións eran politeístas? .......... .................................................................................................

Page 4: 1. As civilizacións fluviais - ALFAES 2...2019/09/08  · realizadas polos habitantes das cidades: oleiros, tecedores, ferreiros, comerciantes, expertos nas canalizacións e obras

120

2. O EXIPTO DOS FARAÓNSAo longo duns 3.000 anos, no val do río Nilo desenvolveuse a civilización do antigo Exipto, admirada pola grandiosidade das pirámides, os templos e os numerosos restos descubertos.

O Nilo marcaba a vida dos antigos exipcios. Coa inundación do verán, as augas depositaban uns limos fertilizantes que permitían que as beiras do río, en lugar de deserto, fosen hortas de alto rendemento.

O faraón era o señor de Exipto, considerado a encarnación dun deus (Horus, Amón, Ra) e, como o seu representante na Terra, exercía todo o poder (civil, militar e relixioso) e todos lle debían total obediencia.

A civilización exipcia desenvolveuse ao longo de tres milenios, desde os primeiros faraóns (3100 a.C.) ata que os romanos conquistaron Exipto (30 a.C.). Neste tempo sucedéronse épocas de esplendor e outras de decadencia nas que os faraóns non controlaban a situación. Desde o ano 715 a.C. Exipto estivo sometido a reinos estranxeiros (etíopes, asirios, persas, macedonios). Cleopatra foi a derradeira raíña dos exipcios e, tras a conquista romana, Exipto quedou incorporado ao seu imperio.

A sociedade de Exipto estaba organizado de forma piramidal: no cume estaba o faraón e, baixo el e a xeito de chanzos dunha escaleira, estaban os diferentes grupos sociais: altos maxistrados, funcionarios, sacerdotes, mandos do exército, artesáns; a gran maioría do pobo eran agricultores e na base da sociedade estaban os escravos, que non eran moi numerosos. Entre os funcionarios destacaron os escribas, que controlaban a escritura xeroglífica, unha escritura a base de debuxos que foi evolucionando ata que cada debuxo representaba un son; o material empregado era o papiro.

Os exipcios construíron numerosas cidades nas proximidades do Nilo, pero en terreos elevados que non inundasen as cheas do río. Estaban organizadas arredor dun núcleo central, polo xeral un templo, e nel estaban os principais edificios destinados á administración. Unha zona importante das cidades exipcias era o peirao, pois a maioría dos intercambios comerciais facíanse en barcos polo Nilo.

Page 5: 1. As civilizacións fluviais - ALFAES 2...2019/09/08  · realizadas polos habitantes das cidades: oleiros, tecedores, ferreiros, comerciantes, expertos nas canalizacións e obras

Actividades

121

8. Le este fragmento dunha obra do historiador grego Herodoto. Ponlle un título. En que continente está o Nilo? Como era o tra-ballo dos campesiños, segundo Herodoto? Que pasaba cando o Nilo inundaba Exipto?

Exipto é como un regalo do Nilo. [...] Non existe xente que recolla a colleita con menor esforzo. Non teñen o traballo de facer sucos na terra co arado, nin sachar, nin facer os labores que realizan os demais campesiños no cultivo das súas colleitas, pois, desbordándose o río do seu leito sen obra humana e retirado dos campos despois de regalos, o traballo queda reducido a sementar e meter nas terras os rabaños para que cubran a sementa coas súas pisadas. E feito isto, agardan tranquilamente o tempo da sega, e feita a trilla polas mesmas bestas, recollen e rematan a colleita. [...]

Cando o Nilo inunda o país, unicamente as cidades poden verse por riba das augas, semellantes ás illas do Exeo; pois o resto de Exipto convértese nun mar, e soamente elas sobresaen. Cando isto sucede, xa non navegan seguindo o curso do río, senón a través da chaira.

HERODOTO. Historias. Século V a.C.

9. Por que o faraón era o señor de Exipto e todos lle debían obediencia total? ......................................................................

.................................................................................................

10. Durante cantos milenios se desenvolveu a civilización do anti-go Exipto? Quen foi a derradeira raíña de Exipto? ..................

..................................................

..................................................

11. Por que os escribas eran un grupo social moi destacado en Exipto? Fíxate no tipo de escritura que realizaban observando esta ilustración. ..................................

...................................................

...................................................

Page 6: 1. As civilizacións fluviais - ALFAES 2...2019/09/08  · realizadas polos habitantes das cidades: oleiros, tecedores, ferreiros, comerciantes, expertos nas canalizacións e obras

122

3. TUMBAS E TEMPLOS Os exipcios eran politeístas; algúns deuses eran locais,

mentres que outros eran adorados en todo Exipto, como o deus do Sol, Atón. Tamén crían no mantemento da alma mentres se conservase o corpo, merecendo un premio ou castigo polas obras realizadas nesta vida; a sentenza do xuízo do defunto era ditada polo deus Osiris. Isto explica a finalidade relixiosa e funeraria das súas obras artísticas: templos para honrar os deuses e tumbas para os mortos.

As tumbas máis coñecidas dos faraóns son as pirámides. As máis grandiosas son as que mandaron construír os faraóns Keops (146 m de altura), Kefrén e Micerinos en Gizeh, próximas ao Cairo (2570-2480 a.C.).

O faraón era conducido polos sacerdotes á pirámide, logo de ser momificado (para conservar o corpo, pois pensaban que o espírito existía mentres se mantiña o soporte físico) e quedaba depositado nun sartego na cámara funeraria, acompañado dun rico enxoval funerario (xoias, armas e utensilios que o acompañasen na outra vida). Para evitar que os ladróns descubrisen e roubasen estes tesouros, a entrada quedaba selada e no interior da pirámide abríanse galerías falsas de tipo labiríntico.

Cando as pirámides deixaron de construírse, os faraóns eran enterrados en tumbas escavadas na rocha (hipoxeos), disimuladas na ladeira dunha montaña, sen identificación exterior para protexer a momia e os tesouros do faraón sepultado dos salteadores de tumbas. Destaca a tumba do faraón Tutankhamón (1346-1337 a.C.)

Os templos eran as moradas dos deuses, representado tanto en forma humana como de animal, ou combinando corpo humano e cabeza de animal.

Hai dous tipos de templos: os construídos ao aire libre, entre os que destacan os construídos durante o Imperio Novo en Luxor e Karnak (Tebas), e os escavados na rocha (speos) que decoran a fachada con grandes esculturas sobresaíndo os realizados no reinado de Ramsés II en Abu Simbel.

Page 7: 1. As civilizacións fluviais - ALFAES 2...2019/09/08  · realizadas polos habitantes das cidades: oleiros, tecedores, ferreiros, comerciantes, expertos nas canalizacións e obras

Actividades

123

12. Por que os exipcios dedicaron tantos esforzos á construción de tumbas? Podes ter máis datos vendo este vídeo:http://www.youtube.com/watch?v=TZIHCiAhR5E&feature=channel

13. Que faraóns mandaron construír as maiores pirámides? Cantos anos hai diso? ..........................................................................

.................................................................................................

14. Que era os hipoxeos? De que faraón é o hipoxeo máis famoso? ...........................

.............................................................

.............................................................

Podes ter máis datos visualizando es-tes dous breves vídeos: http://www.youtube.com/watch?v=200HMqkN8MIhttp://www.slideshare.net/paraentretenerse/fotos-de-tutankamon-y-su-tesoro

15. Que tipos de templos construíron os antigos exipcios? ......................................................................

.................................................................................................

16. Que quere dicir que os antigos exipcios eran politeístas? Cal era o deus supremo adorado en todo Exipto? .........................

.................................................................................................

Page 8: 1. As civilizacións fluviais - ALFAES 2...2019/09/08  · realizadas polos habitantes das cidades: oleiros, tecedores, ferreiros, comerciantes, expertos nas canalizacións e obras

124

4. OS IMPERIOS DE MESOPOTAMIAMesopotamia (do grego meso, en medio de, e potamos, río, é dicir, país entre ríos) é a zona comprendida entre os ríos Tigris e Éufrates. Desde o IV milenio a.C. desenvolvéronse alí varias culturas que presentan unhas características comúns, entre as que destacan:

A construción de canais, coa finalidade de controlar as crecidas dos ríos e permitir unha agricultura de regadío, con elevados ren-dementos que favoreceron o aumento da poboación.

A escritura cuneiforme, así chamada porque era trazada co ex-tremo dunha caña cortada en forma de triángulo que deixaba un-has marcas en forma de cuña. O material sobre o que se escribía eran placas de barro fresco que logo se cocían como se fosen la-drillos. Os restos máis antigos conservados desta escritura datan, aproximadamente, do 3500 a.C.

A fixación das leis por escrito, O rei de Babilonia, Hammurabi, ordenou recompilar as leis existentes e fixalas por escrito no que se considera a primeira compilación de leis da historia; este Códi-go de Hammurabi, redactado arredor do 1740 a.C., está baseado na lei do talión (dente por dente e ollo por ollo). Foi un importante avance social porque así se evitaba a libre interpretación da tradi-ción oral por parte dos xuíces.

Existencia de reis poderosos, moitos deles con carácter divino, que exerceron un poder total coa axuda dun exército poderoso e numerosos funcionarios.

Relixión politeísta, con deuses principais e deuses locais protec-tores das cidades e dos seus habitantes. As primeiras divindades identificábanse con forzas da natureza; foron representadas con formas humanas e asumiron o papel que lles asignaban os sacer-dotes. Algúns reis identificáronse coa divindade, e todos eles pre-sentáronse como favoritos dos deuses para dirixir os seus pobos.

Os pobos que se asentaron en Mesopotamia foron: os sumerios, acadios, asirios, babilonios e persas. No ano 331 a.C. Alexandre o Grande incorporou esta zona ao seu imperio.

Imperio Cronoloxía Cidades destacadas Reis principaisAcadio 2350-2270 a.C. Akad, Kish Sargón I, NarasinBabilónico antigo 1792-1595 a.C. Babilonia HammurabiAsirio medio 1375-1047 a.C. Assur Asurubalit IAsirio novo 935-612 a.C. Asaur, Ninive Asurbanipal I, Asurnasirpal IINeobabilónico 612-539 a.C. Babilonia NabucodonosorPersa 539-331 a.C. Persépole, Susa Ciro II

Principais imperios asiáticos que dominaron Mesopotamia.

Page 9: 1. As civilizacións fluviais - ALFAES 2...2019/09/08  · realizadas polos habitantes das cidades: oleiros, tecedores, ferreiros, comerciantes, expertos nas canalizacións e obras

Actividades

125

17. Que significa Mesopotamia? En que zona xeográfica se loca-liza? Neste breve vídeo podes ver unha panorámica das civili-zación mesopotámicas.http://www.youtube.com/watch?v=bV1WCdPBQXo&feature=channel

.................................................................................................

.................................................................................................

18. Que papel desempeñaron os ríos no desenvolvemento das culturas mesopotámicas? ........................................................

.................................................................................................

19. Como se denomina a escritura mesopotámica? En que material se realizaba? ............................................................................

.................................................................................................

20. Por que é importante o Código de Hammurabi? Este código establece o sistema da lei do talión; fíxate neste fragmento e explica en que consiste este sistema. .......................

..................................................................

O primeiro código de leis escritas

— Se un señor rebentou un ollo a outro señor, rebentaráselle o seu ollo.— Se un señor desprendeu dun golpe un dente dun señor da súa mesma categoría, desprenderáselle dun golpe un dos seus dentes.— Se un fillo pega a seu pai, cortaráselle a man.— Se a esposa dun señor é sorprendida deitada con outro home, serán atados os dous e botados á auga.

Código de Hammurabi. c. 1752 a.C.

21. Que pobos se asentaron en Mesopotamia antes da conquista do territorio por Alexandre o Grande? ......................................

.................................................................................................

O deus Shamash entrega a Hammurabi o código

Page 10: 1. As civilizacións fluviais - ALFAES 2...2019/09/08  · realizadas polos habitantes das cidades: oleiros, tecedores, ferreiros, comerciantes, expertos nas canalizacións e obras

126

5. PALACIOS E REIS

As culturas que se desenvolveron na área de Mesopotamia cons-truíron os edificios máis importantes en ladrillo, un material facil-mente erosionable, por iso son escasos os restos conservados.

As construcións máis destacadas nas cidades mesopotámi-cas eran:

• Os palacios, residencia dos reis e a súa Corte. Eran de enor-mes proporcións e estaban organizados en torno a un patio.

• Os templos, formados por un conxunto de prazas, habitacións e plataformas ás que se accedía mediante ramplas. Neste conxunto destacaba o cigurat, unha torre graduada en varios niveis e rematada nun santuario que podía servir tamén de observatorio do firmamento.

As esculturas representaban os reis e os deuses están realiza-das para ser vistos de fronte, con brazos pegados ao corpo, moi ríxidos e prestan escasa atención á anatomía.

Os relevos, cos que se decoraron os muros dos templos e pala-cios, narraban escenas de guerra e cazarías reais, abundando tamén as representacións de touros con ás e cabeza humana que se colocaban á entrada dos palacios. Uns estaban realizados en pe-dra e outros en ladrillo vidrado.

Palacio de Persépole(s. V a.C.).

Relevo en ladrillo vidrado do Palacio

de Susa (s. V a.C.).

Page 11: 1. As civilizacións fluviais - ALFAES 2...2019/09/08  · realizadas polos habitantes das cidades: oleiros, tecedores, ferreiros, comerciantes, expertos nas canalizacións e obras

Actividades

127

22. En que material se realizaron a maioría das construcións me-sopotámicas? Un dos palacios dos que se conservan máis restos é o de Persépole, do que podes coñecer máis datos se ves o vídeo: http://www.youtube.com/watch?v=x-frvoYY09U&feature=related .

.................................................................................................

23. Que é un cigurat? Podes coñecer mellor o seu significado vendo o vídeo: http://www.youtube.com/watch?v=7zxwlHotjhg .................

.................................................................................................

Cigurat.

24. Fíxate nas obras da leoa ferida e no touro alado e indica que cualificativos darías a cada unha delas: realista, simbólica, dramática, expresiva, imaxinativa, irreal, estática, anatómica, decorativa...? ......................................

...........................................................

...........................................................

Page 12: 1. As civilizacións fluviais - ALFAES 2...2019/09/08  · realizadas polos habitantes das cidades: oleiros, tecedores, ferreiros, comerciantes, expertos nas canalizacións e obras

128

AutoavaliaciónTema 8

Exipto e Mesopotamia

Responde a estas cuestións.

1. Desde cando se calcula que se iniciaron os cambios que de-ron lugar ás antigas civilizacións fluviais? Por que se denomi-nan fluviais? .............................................................................

.................................................................................................

2. Arredor de que ríos se desenvolveron as primeiras civiliza-cións que coñeceron a escritura? ............................................ .................................................................................................

3. Que causa foi a determinante na aparición das primeiras civili-zacións fluviais?

A escritura A gandaría

A planicie do chan A relixión

O desenvolvemento da agricultura A humidade do clima

4. Quen exercía o poder nos primeiros estados? Con que apoios contaba? ..................................................................................

.................................................................................................

5. Por que o historiador Herodoto dicía que Exipto é un don do Nilo? .........................................................................................

.................................................................................................

6. Como se denomina a escritura mesopotámica? En que material se realizaba? ............................................................................

.................................................................................................

7. Que é un cigurat? .....................................................................

.................................................................................................

8. Por que os escribas eran un grupo social moi destacado en Exipto? .....................................................................................

.................................................................................................

Page 13: 1. As civilizacións fluviais - ALFAES 2...2019/09/08  · realizadas polos habitantes das cidades: oleiros, tecedores, ferreiros, comerciantes, expertos nas canalizacións e obras

129

AutoavaliaciónTema 8

Exipto e Mesopotamia

Para comprobar a túa aprendizaxe, consulta a información do tema e anota o

número de: Acertos Erros

9. Por que os exipcios dedicaron tantos esforzos á construción das súas tumbas? ....................................................................

.................................................................................................

10. Que é un hipoxeo? De que faraón é o hipoxeo máis famoso?

.................................................................................................

.................................................................................................

11. Por que é importante o Código de Hammurabi? Que sistemas de castigos establece? .............................................................

.................................................................................................

12. Analiza e comenta esta pintura exipcia: Que cres que representa? Que elemen-tos permiten diferenciar os personaxes representados? Como representou o ar-tista a posición do corpo? Que cores em-pregou? Que tipo de signos aparecen no fondo? ...................................................

...............................................................

...............................................................

...............................................................

13. O busto da raíña Nefertiti está considera-do como unha das pezas máis valiosas da arte exipcia. Fíxate ben nel e trata de dar razóns para que sexa considerado así. .........................................................

...............................................................

...............................................................

...............................................................

Page 14: 1. As civilizacións fluviais - ALFAES 2...2019/09/08  · realizadas polos habitantes das cidades: oleiros, tecedores, ferreiros, comerciantes, expertos nas canalizacións e obras