1. - edu.xunta.galº... · lugares do mundo. O flower’s power ... Eles lavábanse sempre usando...

17
1.TEXTO: Desvelado o «misterio da fosa atlántica» Flores mutantes para a paz mundial Santiago de Compostela Valter Simmos Correspondente en España Dende a tarde de onte o “misterio da fosa atlántica” xa non é tal e moitas explicacións vai ter que dar o Alto Mando da OTAN para convencernos da bondade da súa versión dos feitos, recollida anteriormente nestas mesmas páxinas. Dúas organizacións ecoloxistas, a galega ADEGA e a internacional «Greenpeace», ofreceron onte unha conferencia de prensa na que informaron da arriscada viaxe que, camuflados nun pequeno barco pesqueiro, fixeron ata a fosa atlántica. Unhas fermosas flores dun branco nacarado e un amplo dossier excelentemente documentado, dan proba de todo o que os ecoloxistas afirmaron na roda de prensa que, en resumo, é o seguinte: a misteriosa mancha brillante, que a OTAN atribuía a residuos de po radioactivo, estaba formada por flores. Flores dunha nova raza, xerada por mutación como consecuencia dos efectos dos verquidos nucleares. Flores que, e isto é o importante, teñen a extraordinaria calidade de transformar en afervoada pacifista a toda aquela persoa que cheire o seu penetrante arrecendo. Isto, de seguro, ha provocar nos vindeiros días serias consecuencias no panorama político mundial. Así que, á vista destes feitos, que unha nova da OTAN veu de cualificar como “fantasías propias dun grupo de extremistas iluminados”, xa se pode afirmar categoricamente que o que a OTAN destruíu onte, nun espectacular bombardeo, non foi “un po radioactivo que ameazaba á vida mariña e a longo prazo á vida das persoas”, senón o xerme do que pode ser unha nova época de paz mundial. E entón cabe preguntarse, de quen nos defende a OTAN? Traballan para a paz, como din, ou necesitan un mundo cheo de conflitos para poder subsistir? Non resulta doado vaticinar o que pode pasar a partir de agora, aínda que a ninguén se lle escapa que as cousas non van quedar como estaban. Polo de pronto, ADEGA e «Greenpeace» xa se responsabilizaron da distribución masiva de flores, que se reproducen con abraiante facilidade, a tódolos lugares do mundo. O flower’s power; o vello soño dos hippies daquela década prodixiosa que foron os anos sesenta está a piques de se cumprir: flores para a paz mundial. A. Fernández Paz: As flores radioactiva a)Divide o seguinte texto en partes e realiza un resumo de cada unha delas. b)Indica cal é o tema que se trata no texto. c)Responde: Cal é «o misterio da fosa atlántica?

Transcript of 1. - edu.xunta.galº... · lugares do mundo. O flower’s power ... Eles lavábanse sempre usando...

Page 1: 1. - edu.xunta.galº... · lugares do mundo. O flower’s power ... Eles lavábanse sempre usando xabón do caro. Non chas quería nin regaladas. ... todo foi inútil( máis, e mais,

1.TEXTO:

Desvelado o «misterio da fosa atlántica» Flores mutantes para a paz mundial

Santiago de Compostela

Valter Simmos

Correspondente en España

Dende a tarde de onte o “misterio da fosa atlántica” xa non é tal e moitas explicacións vai ter que dar o Alto Mando da OTAN para convencernos da bondade da súa versión dos feitos, recollida anteriormente nestas mesmas páxinas. Dúas organizacións ecoloxistas, a galega ADEGA e a internacional «Greenpeace», ofreceron onte unha conferencia de prensa na que informaron da arriscada viaxe que, camuflados nun pequeno barco pesqueiro, fixeron ata a fosa atlántica. Unhas fermosas flores dun branco nacarado e un amplo dossier excelentemente documentado, dan proba de todo o que os ecoloxistas afirmaron na roda de prensa que, en resumo, é o seguinte: a misteriosa mancha brillante, que a OTAN atribuía a residuos de po radioactivo, estaba formada por flores. Flores dunha nova raza, xerada por mutación como consecuencia dos efectos dos verquidos nucleares. Flores que, e isto é o importante, teñen a extraordinaria calidade de transformar en afervoada pacifista a toda aquela persoa que cheire o seu penetrante arrecendo. Isto, de seguro, ha provocar nos vindeiros días serias consecuencias no panorama político mundial.

Así que, á vista destes feitos, que unha nova da OTAN veu de cualificar como “fantasías propias dun grupo de extremistas iluminados”, xa se pode afirmar categoricamente que o que a OTAN destruíu onte, nun espectacular bombardeo, non foi “un po radioactivo que ameazaba á vida mariña e a longo prazo á vida das persoas”, senón o xerme do que pode ser unha nova época de paz mundial. E entón cabe preguntarse, de quen nos defende a OTAN? Traballan para a paz, como din, ou necesitan un mundo cheo de conflitos para poder subsistir?

Non resulta doado vaticinar o que pode pasar a partir de agora, aínda que a ninguén se lle escapa

que as cousas non van quedar como estaban. Polo de pronto, ADEGA e «Greenpeace» xa se

responsabilizaron da distribución masiva de flores, que se reproducen con abraiante facilidade, a tódolos

lugares do mundo. O flower’s power; o vello soño dos hippies daquela década prodixiosa que foron os

anos sesenta está a piques de se cumprir: flores para a paz mundial.

A. Fernández Paz: As flores radioactiva

a)Divide o seguinte texto en partes e realiza un resumo de cada unha delas. b)Indica cal é o tema que se trata no texto. c)Responde:

Cal é «o misterio da fosa atlántica?

Page 2: 1. - edu.xunta.galº... · lugares do mundo. O flower’s power ... Eles lavábanse sempre usando xabón do caro. Non chas quería nin regaladas. ... todo foi inútil( máis, e mais,

Que estrataxema seguiron as organizacións ecoloxistas para descubrir a verdade dos feitos?

Que propiedades posúen as flores?

Está de acordo a OTAN coa versión dada polos ecoloxistas? Xustifica a túa resposta.

Que é o que van facer as organizacións ecoloxistas?

d)Resume brevemente o contido do texto.

2. Traduce ao galego estas palabras

buey cordero ternero yegua potro

lechón gazapo carnero perra avispa

3. Subliña os pronomes persoais e clasifícaos en átonos(A) e tónicos (T):

Quen vos contou onte iso?

Encontreivos na casa almorzando.

Nunca volo ensinarei!

Xa se decidira a iso cando vós chegastes.

Non mas poñas aí que estorban.

Ti escribe o que che pareza.

Déillelas porque non me servían.

Eles lavábanse sempre usando xabón do caro.

Non chas quería nin regaladas.

Vostede faga o que queira.

Page 3: 1. - edu.xunta.galº... · lugares do mundo. O flower’s power ... Eles lavábanse sempre usando xabón do caro. Non chas quería nin regaladas. ... todo foi inútil( máis, e mais,

4. Le o seguinte texto e busca:

Un pronome tónico suxeito.

Dous pronomes tónicos complemento.

Un pronome átono de segunda persoa.

Un pronome atono de terceira persoa.

“Había unha vez tres homes que saíron xuntos de viaxe.

De súpeto, ao carón do camiño atoparon unha pequena moeda. Como non tiñan ningún outro

diñeiro, empezaron os tres a discutir que comprarían con ela.

- Eu quero algo doce para comer - dixo o primeiro.

- Non - dixo o segundo. Eu quero varias cousas doces para comer.

O terceiro dixo:

- Non. Eu quero algo que me apague a sede.

Un home sabio que pasaba por alí detívose e pedíronlle que arbitrase na situación.

- Elixe – dixéronlle - cal de nós debe satisfacer o seu desexo.

- Farei algo mellor - dixo o sabio - , pois podo comprometerme a satisfacer a todos.

Foi a unha tenda próxima e, coa moeda, comprou un acio de uvas, que dividiu entre os tres.

- Pero isto é algo doce para comer!- dixo o primeiro.

- Estas son varias cousas doces para comer!- dixo o segundo.

- E isto é algo con que apagar a miña sede!- dixo o terceiro.”

5. Escribe s ou x segundo corresponda:

ei_e e_tender e_ilio e_cavadora

madei_a e_cavadora sinta_e e_pulsión

e_terno e_trañar a_ila e_tinguirse

apro_imar e_i_ir le_icolo_ía e_cepcional

e_ame e_a_erar e_hibir e_terminar

e_toupido e_tractor e_trañar e_cachanoces

6. Coloca estes adxectivos no lugar que lles corresponde

Atrevido, orgulloso, impulsivo, coidadoso, charlatán, reflexivo, triste, alegre, calado, covarde, fozón

humilde

Page 4: 1. - edu.xunta.galº... · lugares do mundo. O flower’s power ... Eles lavábanse sempre usando xabón do caro. Non chas quería nin regaladas. ... todo foi inútil( máis, e mais,

ledo

arroutado

arriscado

chafalleiro

fachendoso

SINÓNIMO CONTRARIO /ANTÓNIMO

7. Forma palabras derivadas a partir dos verbos seguintes, cos sufixos que se indican –ANTE, -ENTE, --

EIRO/A, -ADOR/A

Barullar, ocorrer, esgotar, leriar, argallar, cumprir, enredar, rexoubar, atraer, falar, esixir, brillar, aforrar,

larapetar, sufocar, urxir, abafar, suplir.

8. Define estes adxectivos.

Fachendoso:

Nugallán:

Argalleiro:

Mecoso:

Teimudo:

Laretas:

Espelido:

Page 5: 1. - edu.xunta.galº... · lugares do mundo. O flower’s power ... Eles lavábanse sempre usando xabón do caro. Non chas quería nin regaladas. ... todo foi inútil( máis, e mais,

9. Identifica o C. Directo e substitúeo polo pronome persoal átono adecuado.

Lin un libro de ciencia-ficción

Coloquei os libros no andel

Gastamos todos os aforros este verán

Trouxo de Viena estes bombóns

Fixeron os exercicios de relaxación

10. Coloca TE ou CHE nos espazos baleiros. Nalgunhas oracións tes varias posibilidades de colocalo.

Escolle a axeitada

1. ... andaba... un rato comendo... no queixo.

2. Sempre ... lembrarei..., pase o que ... pase!

3. Ese médico ... sandou... e nada ... pediu... a cambio.

4. Os reféns ... saíron... ilesos do banco.

5. Xamais ... tratarei... como un escravo, non ... queixes...

6. Por ... cantarmos... esa cantiga, puxéronnos unha multa.

7. Se cadra, foron os toxos os que ... espiñaron...

8. ...meteu... nun portal e ... tirou... a carteira.

9. De seguiren así, pouco ... van... regalar...

10. O vento ... rachou... a saia e ... deixou... toda esfarrapada.

11.Substitúe o C. Directo e o C. Indirecto polos pronomes átonos correspondentes e realiza as contraccións necesarias.

1. Dixen a Xosé todo o que opinaba.

2. Cantei a Noa e a Ana esta canción.

3. O carteiro entregou os paquetes aos destinatarios.

4. Comprei a vós un agasallo.

5. Trouxen estas flores para ti.

6. Entregaron as notas aos alumnos.

7. Regalou a ela o anel de compromiso.

8. Contou a nós todo o que sabía.

9. Paguei a multa ao policía.

10. Comprei aos nenos unha muda nova.

12. Introduce no lugar adecuado o pronome átono que vai entre parénteses. Se houbese varias

posibilidades escríbeas todas.

Contareiche o argumento desta novela (CHE)

Page 6: 1. - edu.xunta.galº... · lugares do mundo. O flower’s power ... Eles lavábanse sempre usando xabón do caro. Non chas quería nin regaladas. ... todo foi inútil( máis, e mais,

Nunca antes vin por aquí (TE)

Xa contaches este conto vinte veces (ME)

Deron xa a noticia? (CHE)

Sempre atopamos no parque (NOS)

Díxenche que chamaría mañá (TE)

Xa dixen que non tiña intención de ir ao concerto (CHE)

13. Completa as oracións cunha das palabras que se indican entre parénteses

Pero, para un pouco, ... !(o, ó, oh, ho).

... , que boa está ... auga! (á, ah, ha, a).

Non ... máis azucre. (aí, hai, ai).

Chameite varias veces…… todo foi inútil( máis, e mais, mais)

Pero, ... tan difícil de entender? (eh, é, e).

….. que me mancas! (aí, hai, ai)

Vinte pola rúa a ti…….. a túa irmá……..non me falaches.(mais, e mais, máis)

…… non está o que andas a buscar. Xa che dixen que non…. nada(hai, ai, aí)

Este traballo fixémolo eu……….. Pedro (e, e mais, máis)

14.Pon “H” onde sexa necesario

...óseo ...orfanato des...inchar vela...í ...ombreira

...irmandade ...ovado ...inchazón ...armonioso ...achado

...armonizar ...indú ...inchar in...umnao ba...ía

15. Ponlles H ás palabras que deban levalo.

…enrique pasou todo o …inverno pensando na súa amiga …elena. Desde que ela quedara …orfa, fora vivir

cunha …irmá da súa nai que traballaba nun …ipermercado da cidade veciña. Ao chegar a primavera,

decidiu ir visitala. …abía tempo que non a vía e non podía seguir esperando. Colleu o seu ve…ículo e aínda

que o día se presentaba …úmido e frío, nada …ía facer que cambiase de …idea.

16.Traduce ao galego estas palabras

Boj helecho nutria acebo

ardilla zorro salamandra roble

Page 7: 1. - edu.xunta.galº... · lugares do mundo. O flower’s power ... Eles lavábanse sempre usando xabón do caro. Non chas quería nin regaladas. ... todo foi inútil( máis, e mais,

mariquita alcornoque castaño mariposa

luciérnaga petirrojo libélula escarabajo

17.Cita o nome de cinco animais e cinco plantas que aínda non fosen mencionados neste exercicio

18.Subliña os prefixos das seguintes palabras e escribe unha palabra máis con cada un deses prefixos:

refacer

inhumano

preescolar

subdirector

descansar

19. Escribe a palabra co prefixo pre- que corresponda:

a) Dicir, anunciar algo que vai suceder no futuro.

b) Xulgar por anticipado, antes de ter motivos.

c) Etapa educativa anterior ao ensino primario.

d) Sentir ou percibir algo antes de que ocorra.

e) Ver ou supoñer con anticipación o que vai pasar.

f) Disposto, de antemán, a facer algo.

g) Primeira fase dun lavado para que quede ben.

h) Etapa da historia anterior á invención da escritura.

20.Subliña os verbos regulares neste texto:

“ Hai moito tempo, nunha illa deshabitada nas beiras do Mar Vermello, vivía un parsi en cuxo

sombreiro os raios do sol se reflectían cun esplendor máis que oriental. E o parsi vivía xunto ao Mar

Vermello con nada máis ca o seu sombreiro, o coitelo e un forno deses que non debes tocar nunca. Un

día colleu fariña, auga, pasas, ameixas e azucre e outras cousas e preparou unha torta que tiña sesenta

centímetros de ancho e noventa de alto. Era Súper Comestible, e meteuna no forno porque só a el se

lle permitía cociñar nese forno, e tívoa cocendo, cocendo ata que se puxo marrón, e emocionaba o ben

que recendía. Pero xusto cando estaba a piques de comela... R. Kipling: How the rhinoceros got his skin,

ed. Rabbit Ears (trad.)

Page 8: 1. - edu.xunta.galº... · lugares do mundo. O flower’s power ... Eles lavábanse sempre usando xabón do caro. Non chas quería nin regaladas. ... todo foi inútil( máis, e mais,

21. Analiza os seguintes verbos como no exemplo:

pagaramos: 1ª p. de plural do antepretérito do verbo pagar.

Traballará

comiches

aplaudide

escribisen

correriades

falabamos

chamo

varran

cantou

partirán

varrías

22. Corrixe as letras que deban ir en maiúscula:

“A dra. branco vivía na avda. de castrelos, moi cerca da casa de uxía. todos os días saía da casa co seu

carriño da compra, chegaba ao mercado, saudaba, compraba o necesario e saía. logo paraba na cafetería

triana e pedía un café. lía o periódico e marchaba para a casa. a doutora era unha muller de costumes

fixos, por iso ninguén entendeu que lle puido pasar aquel día no que todo cambiou.”

23.Pon minúsculas cando non sexan necesarias maiúsculas:

– Había uns turistas Alemáns que se perderon no Monte Pindo.

– O Concelleiro está preocupado pola contaminación do Río Sar.

– Todos os Mércores de Febreiro vai vir un Profesor novo.

– A Señora Luísa chegou tarde porque estaba cortada a Rúa das Hedras.

– O Martes coñecín uns rapaces Ingleses.

24.A seguinte estrofa é un sirventés. Analízaa e deduce o seu esquema métrico e se son versos de arte

maior ou menor:

Un vello, arrimado nun pau de sanguiño,

o monte atravesa de cara ao pinar

Vai canso; unha pedra topou no camiño

e nela sentouse pra folgos tomar.

Page 9: 1. - edu.xunta.galº... · lugares do mundo. O flower’s power ... Eles lavábanse sempre usando xabón do caro. Non chas quería nin regaladas. ... todo foi inútil( máis, e mais,

25.Métrica e estrofas En cada poema: a) Mide os versos, identifica as sinalefas e indica se os versos son de arte maior ou menor. b) Analiza a rima e di se é asonante ou consonante. c) Identifica o tipo de estrofa. Poema 1 A lúa é velliña, de branco cabelo, de engurras de ouro e de olliños cegos.

Luís Amado Carballo Versos de arte: Rima: Clase de estrofa:

Poema 2 O aire puro da mañá proclama o seu dereito a entrar en cada casa.

Celso E. Ferreiro

Versos de arte: Rima: Clase de estrofa:

Poema 3 Botar unha cometa1 era guindar os soños todos pola • estra. Era poñer a ialma2 por enriba das pólas máis ergueitas da fraga. Era andar cos miñatos no alto voo suspenso sobor3 da paz dos campos. Era ter —cousa meiga!— o corazón atado cun longo fío á terra.

Xosé M.ª Álvarez Blázquez 1 Papaventos. 2 Alma. 3 Sobre. Versos de arte:

Rima: Clase de estrofa:

Poema 4 Chamo á porta do amor na noite escura e está o teu corazón coa luz prendida, a túa man socórreme a ferida e cúrame o teu labio a desventura.

Antón Avilés de Taramancos Versos de arte: Rima: Clase de estrofa:

Page 10: 1. - edu.xunta.galº... · lugares do mundo. O flower’s power ... Eles lavábanse sempre usando xabón do caro. Non chas quería nin regaladas. ... todo foi inútil( máis, e mais,

26.Traduce ao galego estas palabras:

Fuegos artificiales palomitas matasuegras

Estallido noria regaliz

27.Pon en PRESENTE DE SUBXUNTIVO os verbos que están entre parénteses.

Óxala…………pronto teus pais (CHEGAR)

Non creo que………………..todos (IR)

Non me importa que ela……………o que estou a dicir(OÍR)

Espero que os de primeiro ……………de excursión a Lugo (IR)

Túa nai quere que …………..os deberes antes de comer (FACER)

Espero que eles…………….antes ca nós (SAÍR)

Estou desexando que………………… festa en Boiro (HABER)

Espero que a televisión………………….dentro do moble (CABER)

28.Escribe o INFINITIVO, XERUNDIO e PARTICIPIO destes verbos

INFINITIVO XERUNDIO PARTICIPIO

BATIAMOS

FUCHES

LESTES

HOUBEMOS

SENTES

COSPEN

VIU

VEU

Page 11: 1. - edu.xunta.galº... · lugares do mundo. O flower’s power ... Eles lavábanse sempre usando xabón do caro. Non chas quería nin regaladas. ... todo foi inútil( máis, e mais,

29. Conxuga estes verbos nos tempos que se indican. AMAR COMER VIVIR

PRES. Ind. PRET.IMP.I PRES. Subx PRET.IMP.Subx PRET.PERF.Ind. FUTURO Ind.

CANTAR SUBIR CABER

PLUSCUAMP PRET.PERF.Ind PRES. SUBX CONDICIONAL FUTURO Ind. PRET.IMP.Ind.

30.Pon en PRESENTE DE INDICATIVO os verbos que están entre parénteses.

El………………..todos os días esa costa (SUBIR) Nós……………….moito con esa películas (DIVERTIRSE) Esta mañá…………….un sol espléndido (LUCIR) Teu irmán……………………..a esperar por ti (SEGUIR) Teus pais ………………por calquera motivo (DISCUTIR) As autoridades…………………..do perigo (ADVERTIR) Eses rapaces……………. continuamente(MENTIR) Non che …………………..que me digas iso (CONSENTIR) ……………… o cola-cao ao café. (PREFERIR) Ti…………….a vaca todas as mañás (MUXIR)

Page 12: 1. - edu.xunta.galº... · lugares do mundo. O flower’s power ... Eles lavábanse sempre usando xabón do caro. Non chas quería nin regaladas. ... todo foi inútil( máis, e mais,

31.Transforma as frases encabezándoas polo adverbio quizais. Exemplo : marcharei hoxe: quizais marche…

1. Concluirei os traballos preparatorios.

2. Convencerémolos de contado.

3. Traduciremos algúns textos do italiano.

4. Nomearemos os máis capacitados para este posto.

5. Con tanto ruído na rúa tolearedes.

6. Amontoarán todo, coma sempre, no cuarto.

7. Roerá todo o queixo.

8. Moeredes o millo xa co novo muíño.

9. No xantar de mañá riremos coas túas historias.

10. Eles crerán todas as túas afirmacións.

32. Cambia as frases para a persoa indicada.

1. Non damos rematado a tarefa a tempo. (el...)

2. Facemos demasiadas cousas a un tempo. (ti...)

3. Non cabemos dentro dos seus esquemas organizativos. (eu...)

4. Sempre facedes as mesmas falcatruadas. (el...)

5. Estamos cansos de te aturar, meu vello! (eu...)

6. Dicimos sempre o que pensamos. (el...)

7. Non somos quen de resistirmos os seus ataques. (ti...)

8. Non sabes qué facer con tantos cartos. (eu...)

9. Sodes do máis esperto. (eu...)

10. Non valen para afrontaren estas responsabilidades. (eu...)

33. Pon o verbo que vai entre parénteses en presente de indicativo.

1. O que nós (DICIR)............................ vai á misa. 2. (ESTAR).................................. agardando a que me poñas a inxección e comezo a cansarme. 3. Xa que non (FACER)....................................... .falta aquí, voume. 4. Cando ti me (VIR)..................................... ver, algo raro acontece. 5. Como (VER).........................., xa cho teño todo en orde. 6. (IR)................................... todo recto e despois colledes á esquerda. 7. Eu (POÑER)................................ do bolso a metade do orzamento da sociedade. 8. Cando el (POÑER)............................. cara de ferreiro, hai que liscar. 9. Se ti (POÑER)........................................ outro tanto, acepto. 10. Iso non (SER).............................. conveniente para vostede.

Page 13: 1. - edu.xunta.galº... · lugares do mundo. O flower’s power ... Eles lavábanse sempre usando xabón do caro. Non chas quería nin regaladas. ... todo foi inútil( máis, e mais,

34.Traduce ao galego estas palabras

freír colar moler rallar batir

tostar salar endulzar hervir adobar

rellenar desayunar exprimir atragantarse

35.Subliña os adverbios destes textos. Trasládaos ao cadro segundo o significado que expresen:

Ben sei que non hai nada Hoxe ou mañá , quen pode dicir cando?,

novo en baixo do ceo, pero quizais moi logo,

que antes outros pensaron viranme espertar e, en vez dun vivo,

as cousas que ora eu penso atoparán un morto.

Follas Novas: R. de Castro

De lugar

De tempo

De modo

De cantidade

De afirmación

De negación

De dúbida

36.Traslada tamén estes adverbios ao cadro anterior:

Moito, onte, aquí, alí, dentro, devagar, sempre, aínda, menos, fóra, pouco, cerca, arriba, diante, mal, amodo, si, máis, abofé, nunca, seica.

37.Agrupa todas as palabras que sexan sinónimas:

Embaixo, preto, cerca, engorde, seica, arriba, adiante, arestora, ben, encima, agora, debaixo, a dereitas, antano, diante, outrora, paseniño, acaso.

Page 14: 1. - edu.xunta.galº... · lugares do mundo. O flower’s power ... Eles lavábanse sempre usando xabón do caro. Non chas quería nin regaladas. ... todo foi inútil( máis, e mais,

38.Escribe os adverbios que signifiquen o contrario dos que aquí aparecen:

Algures______________mellor________________enriba___________________moito______

Diante_______________onte_________________antes____________________hogano_____

Sempre______________si_____________________fóra____________________paseniño____

39.Explica cales son as características dun texto teatral tirando exemplos deste fragmento.

A escea desenvólvese na botica. Cando se ergue o pano aparece Lela debruzada no mostrador,

apreixando unha botelliña na man, e o boticario –tamén debruzado– a falar con Lela. Trátase de

representar un palique amoroso.

LELA: Eu non sei que me dá este home..., porque xa fai moito tempo que debía estar na casa.

O BOTICARIO: Pois calisquera día douche un feitizo de namorar e vólvote toliña. Como me chamo Saturio

que o fago!

LELA: Eso sería unha traiduría...!

O BOTICARIO: Así Deus me salve como che reviro o sentido cun bebedizo!

LELA: Con non tomar xaropes desta botica...!

O BOTICARIO: Tamén che podo dar polvos seguidores, ou píldoras de malicia, que son máis ardentes. LELA: Vaites, vaites con Don Saturio, que quer chegar polo atallo...! I entón, vostede xa non atopa maneira

de namorar polas boas...?

O BOTICARIO: Os peixes e as mulleres cóllense con artimañas... E como eu xa vou indo algo vello...!

LELA: Un vello raposo e con moita esperencia; pero a min non me colle, non. Se fose un boticario legal e

honrado... veríamos...

O BOTICARIO: Pois... queréndome polas boas xa non che fago a traiduría. Ti escolle!

Castelao: Os vellos non deben de namorarse

40.Agora indica cales son os principais subxéneros teatrais. Define cada un deles.

Page 15: 1. - edu.xunta.galº... · lugares do mundo. O flower’s power ... Eles lavábanse sempre usando xabón do caro. Non chas quería nin regaladas. ... todo foi inútil( máis, e mais,

41.Puntúa correctamente o seguinte texto.

En ningunha das outras casas saíu ninguén a mirar o que pasaba o dono do can (que despois souben que era a anana Rosa dos Chantos) non deu sinais de vida non se acendeu unha luz non se oíu unha voz nin Oreste nin a súa muller nin os seus fillos se ergueron da cama era a noite a noite impoñía o seu dominio e xa se sabe que a noite é invencible e que na noite o lobo é o amo só un coro de cans protestaba furiosamente ata quedaren todos roucos arrastrando os pés volvemos ao leito.

42.Traduce ao galego

pértiga jabalina gradas agujetas zancadilla entrenador calambre vestuario chute silbato canasta pabellón

43.Substitúe o subliñado por estas preposicións: agás, malia, canda, perante, onda, dende

Se queredes que vos atendan é conveniente que vaiades connosco

Marta e mais eu coñecémonos desde hai bastante tempo.

Creo que non vai ser quen de repetir esas parvalladas diante de miña irmá

Chegaron todos a tempo menos Xurxo que, como sempre, veu tarde.

A moto foille parar mesmo ao lado do taller.

Es máis bruto ca un arado, a pesar de que te cras tan culto.

44.Escribe o verbo que corresponde a cada substantivo: xute, chifre, apupo, caneo, despexo, cesto. Cal deles é sinónimo de driblar?

45.Substitúe o subliñado por unha preposición ou locución preposicional:

perante, durante, sen, mediante, agás, canda, onda, segundo, malia

– Chegou ao mesmo tempo ca nós e pasou alí a tarde enteira, no mesmo sitio ca Isabel.

– Ninguén conseguiu entrar a non ser ti! Pero foi por medio da túa tía.

– A pesar de atrasarse un pouco, aínda puido firmar o contrato estando diante o notario.

– Desde o punto de vista de André, é mellor quedar privados de recreo ao longo de todo o mes.

Page 16: 1. - edu.xunta.galº... · lugares do mundo. O flower’s power ... Eles lavábanse sempre usando xabón do caro. Non chas quería nin regaladas. ... todo foi inútil( máis, e mais,

46.Subliña as contraccións nas que haxa algunha preposición e indica por que palabras está formada cada unha:

Nestas vacacións, polas tardes, penso ir á praia cos amigos. Alí xuntarémonos cuns rapaces que xa coñecemos doutros anos e aproveitaremos o tempo ao máximo. Diso estou segura! Dalgúns non sei nada dende hai tempo, pero acórdome ben deles. E moito levo pensado nalgún! Si, naquel tan guapo; dese lémbrome máis. Pero dentro duns días...

47.No seguinte texto, subliña as preposicións e rodea as contraccións:

Agardarei deica mañá por ti. Logo habemos falar acerca de todo o que pasou, mais analizando o problema por riba e por debaixo, por diante e por detrás. Pensas acaso que volver canda min é unha mostra de perdón? Nin se che pase pola cabeza, máis ben tes as cousas en contra. Unha cousa é a lóxica rivalidade entre compañeiros de armas e outra é que lle mandes mensaxiñas ao móbil de Sara: para min isto entra no terreo da confrontación. Mediante que escusas te vas explicar?: os nervios previos ao exame, o temporal en Fisterra ou un testo que che caeu na cabeza...? Veña, home!, como di o Pemán, entre ti e mais eu..., mar montañosa, chaval!

48.No texto anterior localiza conxuncións copulativas, disxuntivas e adversativas.

49.En que casos hai que empregar dous puntos?

50.E os puntos suspensivos?

51.Completa o texto con comas, dous puntos e signos de interrogación e admiración:

Saíu na clase o tema do bilingüismo. Todos querían falar porque a pregunta da mestra era provocadora

—Quen de vós se sente bilingüe

Xenaro que sempre se distinguía pola ambigüidade das súas intervencións contestou

—Pois eu por unha parte si pero pola outra case que non.

—A ver se te aclaras un día destes para variar —berrou Anxos desde o fondo da aula.

—Pois sabes o que che digo —retrucou Xenaro—, que se os propios entendidos non se poñen de acordo como queres que teña eu as cousas claras

—É certo —dixo a mestra nun ton conciliador—. As opinións dos lingüistas difiren. Por iso é moi importante que contedes como vos sentides vós. Repito a pregunta quen se considera bilingüe

Silencio total.

Page 17: 1. - edu.xunta.galº... · lugares do mundo. O flower’s power ... Eles lavábanse sempre usando xabón do caro. Non chas quería nin regaladas. ... todo foi inútil( máis, e mais,