1.- INTRODUCIÓNcentros.edu.xunta.es/ceipaltamar/secretaria/... · Centro: Nadal, Entroido,...

32
PLAN DE CONVIVENCIA CEIP ALTAMAR 1.- INTRODUCIÓN Educar para a convivencia é a forma esencial da educación en valores, e supón o recoñecemento duns principios básicos que deben ser asumidos por todas as persoas: o respecto, a cooperación, a xustiza, a solidariedade e o desenvolvemento da autonomía persoal. Á súa vez, hai que ser conscientes de que esta cultura de convivencia esixe que se cuestione calquera tipo de discriminación, intolerancia, indiferenza, conformismo e insolidariedade. Pero esta educación para a convivencia require, máis que boas teorías, boas prácticas e presupón unha permanente invitación á acción,comezando polo comportamento e as actitudes de todas as persoas, tanto as que educan (profesorado e familia), como as que son educadas, pois sabemos que canto máis curta é a distancia entre o que dicimos e facemos, máis eficaz é o labor que realizamos. As relacións de convivencia nos centros escolares interesan non só á comunidade educativa, senón tamén a toda a sociedade, porque se trata de procesos que afectan ao alumnado, ao profesorado e ás familias, e, xa que logo, inciden no ámbito escolar; pero tamén inflúen nos ámbitos familiares e sociais. Por todo iso, para educar na solución pacífica dos conflitos, para fomentar as boas relacións interpersoais, para formar aos alumnos e alumnas como cidadáns, fai falta a sociedade enteira. Baseamos este Plan de Convivencia en seguinte normativa: Lei 4/2011 do 30 de xuño de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar. Decreto 8/2015 do 8 de xaneiro que desenvolve dita Lei. 2.-ANÁLISE DA SITUACIÓN 2.1 O CENTRO O CEIP ALTAMAR é un centro cuxa construción remóntase aos anos 60, iniciándose como un centro para alumnos internos da residencia Altamar. Posteriormente aceptou alumnos externos para finalmente constituírse nun centro público. Desde a súa creación o centro tivo que ir enfrontándose a diversos retos educativos importantes. A crecente poboación que se foi instalando ao redor do mesmo fai que a matrícula aumente considerablemente estando frecuentemente nos límites da cociente establecida na OUTUBRO 2016 PÁXINA 1

Transcript of 1.- INTRODUCIÓNcentros.edu.xunta.es/ceipaltamar/secretaria/... · Centro: Nadal, Entroido,...

Page 1: 1.- INTRODUCIÓNcentros.edu.xunta.es/ceipaltamar/secretaria/... · Centro: Nadal, Entroido, convivencia de fin de curso, excursión de fin de etapa... • Colaboración en actividades

PLAN DE CONVIVENCIA CEIP ALTAMAR

1.- INTRODUCIÓN

Educar para a convivencia é a forma esencial da educación en valores, e supón o

recoñecemento duns principios básicos que deben ser asumidos por todas as persoas: o

respecto, a cooperación, a xustiza, a solidariedade e o desenvolvemento da autonomía

persoal. Á súa vez, hai que ser conscientes de que esta cultura de convivencia esixe que

se cuestione calquera tipo de discriminación, intolerancia, indiferenza, conformismo e

insolidariedade. Pero esta educación para a convivencia require, máis que boas teorías,

boas prácticas e presupón unha permanente invitación á acción,comezando polo

comportamento e as actitudes de todas as persoas, tanto as que educan (profesorado e

familia), como as que son educadas, pois sabemos que canto máis curta é a distancia

entre o que dicimos e facemos, máis eficaz é o labor que realizamos.

As relacións de convivencia nos centros escolares interesan non só á comunidade

educativa, senón tamén a toda a sociedade, porque se trata de procesos que afectan ao

alumnado, ao profesorado e ás familias, e, xa que logo, inciden no ámbito escolar; pero

tamén inflúen nos ámbitos familiares e sociais. Por todo iso, para educar na solución

pacífica dos conflitos, para fomentar as boas relacións interpersoais, para formar aos

alumnos e alumnas como cidadáns, fai falta a sociedade enteira.

Baseamos este Plan de Convivencia en seguinte normativa:

• Lei 4/2011 do 30 de xuño de convivencia e participación da comunidade educativa

en materia de convivencia escolar.

Decreto 8/2015 do 8 de xaneiro que desenvolve dita Lei.

2.-ANÁLISE DA SITUACIÓN

2.1 O CENTRO

O CEIP ALTAMAR é un centro cuxa construción remóntase aos anos 60,

iniciándose como un centro para alumnos internos da residencia Altamar. Posteriormente

aceptou alumnos externos para finalmente constituírse nun centro público. Desde a súa

creación o centro tivo que ir enfrontándose a diversos retos educativos importantes. A

crecente poboación que se foi instalando ao redor do mesmo fai que a matrícula aumente

considerablemente estando frecuentemente nos límites da cociente establecida na

OUTUBRO 2016 PÁXINA 1

Page 2: 1.- INTRODUCIÓNcentros.edu.xunta.es/ceipaltamar/secretaria/... · Centro: Nadal, Entroido, convivencia de fin de curso, excursión de fin de etapa... • Colaboración en actividades

PLAN DE CONVIVENCIA CEIP ALTAMAR

normativa vixente.

O centro escolar non é un edificio independente, senón que está anexo á

residencia xuvenil do mesmo nome.

O edificio componse de 3 plantas. A primeira planta está ocupada por 2 aulas de

primaria: 5º e 6º, tres de infantil e sala de profesores con acceso ao anexo no que se

ubica o comedor e os despachos.

Na segunda planta atópanse as aulas de 3º e 4º de Primaria, a de Informática e o

salón de actos cedido pola residencia. O espazo actualmente é compartido a profesora

de A L e a Orientadora. Ademais é utilizado como aula de psicomotricidade de Educación

Infantil. Na terceira planta áchanse as aulas de 1º e 2º de Primaria, así como unha

pequena aula habilitada no corredor que ocupa o profesorado de PT

O centro carece de ascensor , o que impide a matriculación de alumnado con

deficiencias motoras. Esta falta de espazo impide en moitas ocasións integrar actividades

na dinámica da aula.

A Biblioteca atópase ubicada no escenario do salón de actos, neste momento

atópase en proceso de reordenación. Se ben é un espazo non reúne as óptimas

condicións para o seu funcionamento, alomenos ten ubicación fixa e desenvolverá a súa

actividade en función do uso deste espazo. Carece tamén de aulas específicas que serían

necesarias para a atención de alumnos de reforzo educativo que precisen intervención

individualizada ou para aqueles que elixiron unha alternativa á Relixión. Esta limitación

tamén fai inviable a creación de aula de convivencia. Tampouco conta o centro cun

espazo propio destinado á realización de Educación Física, sendo esta materia impartida

nos espazos cedidos polo pavillón de deportes adxacente ao centro.

O patio de recreo é cedido polo IMD durante os períodos lectivos. É utilizado polo

alumnado de Primaria mentres que o alumnado de Infantil utiliza o patio cuberto. Trátase

dun espazo que aínda que está pechado ao exterior permite o acceso dende outras

instalacións do IMD.

Desde fai anos o claustro de profesores está loitando por subsanar todas estas

deficiencias sen que polo momento se atoparan outras solucións que non sexan as do bo

facer do profesorado e do seu equipo directivo.

OUTUBRO 2016 PÁXINA 2

Page 3: 1.- INTRODUCIÓNcentros.edu.xunta.es/ceipaltamar/secretaria/... · Centro: Nadal, Entroido, convivencia de fin de curso, excursión de fin de etapa... • Colaboración en actividades

PLAN DE CONVIVENCIA CEIP ALTAMAR

O centro ten matriculados a 200 alumnos repartidos en 3 unidades de Infantil de 3,

4 e 5 anos respectivamente e 6 unidades de Primaria. Para atender a este alumnado o

centro dispón de 14 profesores de dedicación exclusiva e 2 profesores compartidos con

outros centros: unha profesora de Relixión, que vén 12 sesións á semana e unha

profesora de Audición e Linguaxe, que vén 3 días. A Orientadora tamén é compartida e só

contamos con ela 2 días á semana, o que provoca que se atrase moitísimo o diagnóstico,

orientación e actuación sobre o alumnado que o precise.

A pesar de todas estas deficiencias, o centro conta neste momento con case a

totalidade de servizos do que pode dispor un centro público: Servizo de Comedor, Plan

Madruga, Actividades Extraescolares cinco tardes por semana... Non conta con transporte

escolar, por tratarse dunha zona urbana situada nun dos centros neurálxicos da cidade,

cuxo alumnado procede das rúas adxacentes.

2.2. A CONTORNA DO CENTRO.

O colexio Altamar atópase situado nun dos centros da cidade de Vigo. É un centro

tipicamente urbano en cuxas inmediacións podemos atopar o Museo Liste, o pavillón de

deportes da cidade , dous centros de educación secundaria e varios centros comerciais.

Debido á expansión urbanística de Vigo, o barrio creceu moitísimo na última década, razón

esta de o aumento de matrícula no centro nos últimos cursos.

O alumnado é diverso, composto por familias de nivel socio-cultural variado,

predominando o que na actualidade enténdese como clase media. Destacar que o

alumnado inmigrante é minoritario, non chegando á porcentaxe do 10%

2.3 A CONVIVENCIA NO CENTRO

Logo da análise dos datos recollidos na última enquisa a situación actual da

convivencia no noso centro é boa e satisfactoria.

O alumnado presenta en xeral boa disposición para o respecto ás normas así

como para a colaboración nas distintas actividades programadas e participación nas

decisións coa presenza do profesorado. Consideran os aspectos máis baixos na

prevención de conflitos a axuda entre iguais e a mediación en situacións que poidan

OUTUBRO 2016 PÁXINA 3

Page 4: 1.- INTRODUCIÓNcentros.edu.xunta.es/ceipaltamar/secretaria/... · Centro: Nadal, Entroido, convivencia de fin de curso, excursión de fin de etapa... • Colaboración en actividades

PLAN DE CONVIVENCIA CEIP ALTAMAR

derivar nalgún tipo de conflito.

O profesorado manifesta que non hai problemas de convivencia e que de xurdir

algún son esporádicos, coñecen os problemas de convivencia entre o alumnado,

manteñen unha boa relación coas familias, ás que consideran que amosan interese pola

educación dos seus fillos e que atenden as súas recomendacións chegando a acordos.

Consideran moi importante traballar as normas de convivencia en clase, aplicar

rigorosamente as normas, previr conflitos e favorecer a participación do alumnado.

Perciben como causas que inflúen na conduta do alumnado a tolerancia na

sociedade e a existencia de problemas familiares.

As familias non detectan problemas de convivencia, participan nas actividades do

centro e consideran que son bos os canles de información, sentíndose parte dun

proxecto. Amosan interese no desenvolvemento dos seus fillos, apoiando as decisións do

profesorado. Consideran que teñen unha boa formación para establecer normas de

conduta na casa.

Amósanse satisfeitos co Centro e teñen altas expectativas con respecto aos

estudos dos seus fillos.

En ningún caso se levan detectado situacións de acoso. O alumnado recoñece que

as situacións nas que se producen a maioría dos conflitos son no patio e no comedor.

3.-OBXECTIVOS

3.1 OBXECTIVOS XERAIS

• Fomentar a convivencia no Centro e entre os membros da Comunidade

Educativa.

• Conseguir un clima de convivencia adecuado e que facilite a aprendizaxe.

• Desenvolver estratexias e recursos para a prevención de conflitos e a resolución

pacífica dos mesmos.

• Contribuír á información e sensibilización da Comunidade Educativa sobre a

OUTUBRO 2016 PÁXINA 4

Page 5: 1.- INTRODUCIÓNcentros.edu.xunta.es/ceipaltamar/secretaria/... · Centro: Nadal, Entroido, convivencia de fin de curso, excursión de fin de etapa... • Colaboración en actividades

PLAN DE CONVIVENCIA CEIP ALTAMAR

importancia dunha boa convivencia escolar e sobre os procedementos para

mellorala.

3.2 OBXECTIVOS PARA O PROFESORADO

• Propor medidas e iniciativas que favorezan a convivencia escolar.

• Coordinar unha liña metodolóxica de traballo cooperativo que favoreza a inclusión

de todo a alumnado respectando as súas diferenzas.

• Promover e desenvolver actividades encamiñadas a conseguir a mellora das

habilidades sociais e do fomento do diálogo e a comunicación, bases dos valores

democráticos, así como a adquisición de responsabilidades por parte do alumnado.

• Manter unha liña común na prevención, tratamento e resolución de conflitos.

• Coñecer a cualificación das condutas que perturban a convivencia e os tipos e

medidas de corrección.

• Coñecer o protocolo a seguir e as posibilidades de actuación ante un conflito:

convivencia, violencia, acoso..

3.3 OBXECTIVOS PARA O ALUMNADO

• Participar no regulamento das normas de convivencia do centro e asumir as

consecuencias derivadas do seu incumprimento.

• Aceptar as diferenzas e valoralas como algo positivo e enriquecedor, evitando

calquera tipo de discriminación.

• Utilizar o diálogo e o consenso como primeira estratexia de resolución de conflitos.

• Aprender a utilizar estratexias para resolver conflitos xerados, de xeito pacífico.

• Manifestar unha actitude de responsabilidade e respecto no uso e coidado do seu

entorno: material e instalacións.

• Facer un uso positivo da linguaxe, libre de violencia e prexuízos.

• Aprender a facer un bo uso das TICs

OUTUBRO 2016 PÁXINA 5

Page 6: 1.- INTRODUCIÓNcentros.edu.xunta.es/ceipaltamar/secretaria/... · Centro: Nadal, Entroido, convivencia de fin de curso, excursión de fin de etapa... • Colaboración en actividades

PLAN DE CONVIVENCIA CEIP ALTAMAR

3.4 OBXECTIVOS PARA AS FAMILIAS

• Participar no desenvolvemento da convivencia no centro a través dos distintos

organismos: Consello Escolar, Anpa, Observatorio da Convivencia...

• Coñecer cales son as condutas que perturban a convivencia, así como os tipos e

medidas de corrección.

• Colaborar e asumir medidas de prevención e corrección das posibles condutas

perturbadoras da convivencia.

• Asesorarse sobre como actuar adecuadamente ante un conflito ou para poder

previr os mesmos.

• Coñecer os riscos derivados dun mal uso das TICs.

3.5 OBXECTIVOS PARA O PERSOAL NON DOCENTE

• Participar no desenvolvemento da convivencia no centro a través dos distintos

organismos: Consello escolar e comisión de convivencia.

• Coñecer cales son as condutas que perturban a convivencia, e poñelas en

coñecemento do equipo directivo.

4.- ACTUACIÓNS FAVORECEDORAS DA CONVIVENCIA

A formación no respecto dos dereitos e liberdades fundamentais e no exercicio da

tolerancia e da liberdade dentro dos principios democráticos da convivencia é o eixe

fundamental sobre o que xira o proxecto educativo do noso centro, con todo o que iso

implica.

As actividades que se veñen realizando neste centro no tema da convivencia están

en relación directa ou indirecta coa mesma.

Ente as medidas que o Centro desenvolve e que favorecen a convivencia escolar

están as seguintes:

OUTUBRO 2016 PÁXINA 6

Page 7: 1.- INTRODUCIÓNcentros.edu.xunta.es/ceipaltamar/secretaria/... · Centro: Nadal, Entroido, convivencia de fin de curso, excursión de fin de etapa... • Colaboración en actividades

PLAN DE CONVIVENCIA CEIP ALTAMAR

• Alumnado:

• Posta en práctica do Plan de acollida ao alumnado de novo ingreso, co fin de

propiciar unha rápida integración do alumno/a e un bo clima coa familia do

alumnado novo.

• Participación na elaboración das normas da aula. Difusión e coñecemento das

mesmas.

• Participación nas festas, saídas, excursións, actividades complementarias…

• Profesorado:

• Metodoloxía: traballo cooperativo, axuda entre iguais, atención á diversidade,

traballo das habilidades sociais e da intelixencia emocional, traballo dos valores…

• Difusión das normas entre o alumnado e debate das mesmas.

• Difusión dos dereitos e deberes do alumnado.

• Reunións trimestrais coas familias co fin de implicalos na marcha do centro, de

crear un clima de confianza, de difundir as normas, de dar e obter información...

• Convivencia co alumnado en contextos distinto ao escolar: festas, saídas,

excursións, convivencias, festivais e celebracións…

• Centro:

• Organización de actividades para a acollida do novo profesorado desde o equipo

directivo: facilitar toda a información do centro e debatela en reunións co fin de

propiciar rapidamente a integración e de favorecer un clima de confianza.

• Difusión das normas de convivencia e revisión cada curso das mesmas,

procurando actualizalas ás novas situacións.

• Elaboración e difusión do presente Plan de Convivencia.

• Fomento da apertura do centro nas actividades máis sinaladas.

• Reunións coas familias sobre temas de interese.

• Familias:

• Participación e colaboración na organización de actividades nas celebracións do

Centro: Nadal, Entroido, convivencia de fin de curso, excursión de fin de etapa...

• Colaboración en actividades complementarias.

OUTUBRO 2016 PÁXINA 7

Page 8: 1.- INTRODUCIÓNcentros.edu.xunta.es/ceipaltamar/secretaria/... · Centro: Nadal, Entroido, convivencia de fin de curso, excursión de fin de etapa... • Colaboración en actividades

PLAN DE CONVIVENCIA CEIP ALTAMAR

5.- PROTOCOLO DE PREVENCIÓN E TRATAMENTO DO ACOSO ESCOLAR.

O fenómeno do acoso escolar vén definido como “unha conduta de persecución

física e/ou psicolóxica que realiza un alumno ou alumna contra outro, ao que elixe como

vítima de varios ataques”. Trátase, polo tanto, dunha situación continuada no tempo e de

grande intensidade, na que unha das partes se sente poderosa e asume o papel de

agresor ou acosador, en tanto que a outra, máis vulnerable, asume o papel de vítima ou

acosada.

5.1.CRITERIOS DE IDENTIFICACIÓN DO ACOSO ESCOLAR

Para poder considerar un comportamento como acoso escolar, deben cumprirse

tres criterios diagnósticos, que deben darse simultaneamente, prescindindo da

personalidade da posible vítima. Os criterios son:

A existencia de intención de facer dano.

✔ Debe existir unha vítima concreta, indefensa e unha persoa agresora que lle

fai dano conscientemente.

A repetición das condutas agresivas.

✔ A agresión crea na vítima a expectativa de poder ser branco de ataques

novamente.

✔ Existencia dunha acción agresiva repetida, durante un período longo de

tempo e de forma recorrente. Os comportamentos de abuso preséntanse

reiteradamente no tempo.

✔ É un tipo de violencia difícil de identificar debido a que o acoso case sempre

permanece oculto para as persoas adultas, mentres que o alumnado ten

coñecemento dos sucesos.

A duración no tempo.

✔ Establecemento dun esquema de abuso de poder desequilibrado entre a

vítima e a persoa agresora ou persoas agresoras.

OUTUBRO 2016 PÁXINA 8

Page 9: 1.- INTRODUCIÓNcentros.edu.xunta.es/ceipaltamar/secretaria/... · Centro: Nadal, Entroido, convivencia de fin de curso, excursión de fin de etapa... • Colaboración en actividades

PLAN DE CONVIVENCIA CEIP ALTAMAR

✔ Presenza de desigualdade de poder (desequilibrio de forzas) entre a persoa

máis forte e a persoa máis débil. É unha situación desigual, de indefensión

para a vítima. Hai un desequilibrio e un abuso de poder que impide que a

persoa acosada poida saír por si mesma da situación.

De xeito esquemático as manifestacións de acoso poden quedar resumidas no seguinte

cadro:

Tipos de acoso Modalidade de acoso Manifestación

Exclusión e marxinaciónsocial

Activa

• Non deixar participar.• Ridiculización das opinións.• Burlas.• Acoso ou xestos de asco.• Difusión de rumores ou calumnias.

Pasiva • Ignorar.• Illamento.

Agresión verbal

Directa • Insultar, alcumes ofensivos.• Resaltar defectos físicos.• Menosprezo en público.

Indirecta • Falar mal de alguén ás súas costas

Agresión física

Directa

• Pegar .• Tiróns de roupa.• Intimidación.• Extorsión.

Indirecta • Agachar cousas• Romper cousas.• Roubos.

Maltrato

Mixto • Ameazar para amedrentar.• Obrigar a facer algo con ameazas.

Acoso sexual físico • Actos.

Acoso sexual verbal • Comentarios.

Para erradicar as situacións de acoso escolar, debemos ter presente o seguinte:

• Intervir ao primeiro sinal, para que a violencia non sexa grave nin se repita.

OUTUBRO 2016 PÁXINA 9

Page 10: 1.- INTRODUCIÓNcentros.edu.xunta.es/ceipaltamar/secretaria/... · Centro: Nadal, Entroido, convivencia de fin de curso, excursión de fin de etapa... • Colaboración en actividades

PLAN DE CONVIVENCIA CEIP ALTAMAR

• A integración como prevención: o traballo propio da aula debe permitir que todo o

alumnado teña un grupo de amigos. Isto permitirá, ao mesmo tempo, mellorar a

calidade de vida no centro e aprender habilidades sociais.

• Existen tres papeis que hai que previr, intervindo con toda a comunidade educativa:

o de persoa agresora, o de vítima e o de persoa espectadora pasiva, que coñece a

violencia pero non fai nada para evitala.

5.2. PROTOCOLO DE ACTUACIÓN

1. Comunicación sobre unha posible situación de acoso escolar

Calquera membro da comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias,

persoal non docente) que teña coñecemento ou sospeitas, por calquera medio, dunha

situación de acoso sobre algún alumno ou alumna, ten a obrigación de poñelo en

coñecemento da persoa ou persoas directamente responsables do menor no centro

educativo, quen lle trasladará a información ao director ou directora. É imprescindible

coidar a confidencialidade e a discreción nos procesos de comunicación.

2. Medidas urxentes de protección á vítima

A dirección do centro establecerá as medidas urxentes oportunas de protección á

presunta vítima. Debe primar sempre o interese da presunta vítima sobre calquera outra

consideración. Estas medidas incluirán:

• Vixianza específica do alumnado implicado.

• Supervisión específica nos lugares onda poida producirse o acoso: corredores,

patio, entradas e saídas do centro...

• Medidas cautelares que impidan o contacto entre a vítima e as persoas causantes

do acoso.

• Asignación dun profesor/a responsable do apoio á vítima.

OUTUBRO 2016 PÁXINA 10

Page 11: 1.- INTRODUCIÓNcentros.edu.xunta.es/ceipaltamar/secretaria/... · Centro: Nadal, Entroido, convivencia de fin de curso, excursión de fin de etapa... • Colaboración en actividades

PLAN DE CONVIVENCIA CEIP ALTAMAR

3. Comunicación ás familias do alumnado implicado.

A dirección porá en coñecemento das familias do alumnado implicado empregando

a vía de comunicación máis rápida posible, informando dos feitos denunciados así como

das medidas adoptadas.

4. Nomeamento dunha persoa responsable das averiguacións previas.

Cando a dirección estime oportuno clarificar os feitos de cara á posible incoación

de expediente, convocará á persoa designada a unha reunión da que se levantará acta e

na que se lle facilitará a información relativa a:

• Os supostos feitos e os trámites realizados ata o momento.

• Copia dos partes de incidencias e medidas correctoras.

• Datos de absentismo escolar.

• Informes dos titores do alumnado.

As averiguacións previas realizaranse nun prazo máximo de dous días. Cando os feitos

sexan claros poderase proceder directamente á incoación de expediente.

5. Entrevista á presunta vítima.

O obxectivo desta entrevista será dilucidar a posible veracidade dos feitos

denunciados, así como proporcionarlle apoio e protección ao alumno ou á alumna, rachar

co illamento social que permitiu a aparición do acoso e, ao mesmo tempo, obter a súa

información ao respecto. Cando o alumno ou alumna entrevistado/a sexa menor de idade,

procederá que esta entrevista se produza en presenza dun adulto.

En ningún caso poderá utilizarse o que resulte desta entrevista como proba no

proceso de corrección, de iniciarse este. As entrevistas con validez no proceso de

corrección terán que realizarse previa citación formal, tal e como se establece no

procedemento xeral de expedientes do proceso de corrección.

OUTUBRO 2016 PÁXINA 11

Page 12: 1.- INTRODUCIÓNcentros.edu.xunta.es/ceipaltamar/secretaria/... · Centro: Nadal, Entroido, convivencia de fin de curso, excursión de fin de etapa... • Colaboración en actividades

PLAN DE CONVIVENCIA CEIP ALTAMAR

6. Entrevista individual ás persoas responsables do acoso.

O obxectivo desta entrevista será recoller a información dende o punto de vista da

persoa ou persoas presuntamente agresora/s, amosar a postura do centro de intolerancia

cero ante as agresións e que tome ou tomen conciencia das consecuencias da súa

posible conduta para a vítima e para eles ou elas mesmos/as. Cando o alumno ou alumna

entrevistado/a sexa menor de idade, procederá, se non está acompañado da súa familia,

que esta entrevista se produza en presenza dun adulto, tal e como se especifica no

apartado correspondente á tramitación de expedientes do procedemento corrector. Os

datos achegados pola/s persoa/s presuntamente responsable/s do acoso servirán para

constatar os feitos e valorar se realmente está ou están exercendo de acosador/es ou

acosadora/s. As entrevistas con validez no proceso de corrección terán que realizarse

previa citación formal, tal e como se establece no procedemento xeral de expedientes do

proceso de corrección.

7. Entrevista individual ás persoas observadoras

O obxectivo desta entrevista é a recollida de información das persoas

“espectadoras/observadoras”, que son os membros da comunidade educativa que poden

coñecer os feitos pero non participan activamente nestes. Cando o alumno ou alumna

entrevistado/a sexa menor de idade e non se atope acompañado da súa familia procederá

que esta entrevista se produza en presenza dun adulto. En ningún caso poderá utilizarse

o que resulte desta entrevista como proba no proceso de corrección, de iniciarse este. As

entrevistas con validez no proceso de corrección terán que realizarse previa citación

formal, tal e como se establece no procedemento xeral de expedientes do proceso de

corrección.

8. Entevista individual coas familias

• Entrevista coa familia da vítima.

Nela completarase a información aportada pola familia e para a adopción de

medidas conxuntas provisionais.

• Entrevista coa familia da persoa ou persoas responsables do acoso.

OUTUBRO 2016 PÁXINA 12

Page 13: 1.- INTRODUCIÓNcentros.edu.xunta.es/ceipaltamar/secretaria/... · Centro: Nadal, Entroido, convivencia de fin de curso, excursión de fin de etapa... • Colaboración en actividades

PLAN DE CONVIVENCIA CEIP ALTAMAR

Informarase da situación e serán informados das medidas provisionais que afecten

ao seus fillos.

9. Solicitude de asesoramento ao Departamento de Orientación e outros

profesionais ou organismos externos.

A persoa responsable pedirá asesoramento ao Orientador/a do Centro, así como

outros profesionais educativos: Inspección Educativa... ou de ser o caso externos ao

Centro.

10. Análise da información e adopción de medidas

Unha vez rematado o proceso de recollida de información, cos datos relevantes

elaborarase un documento que será presentado á dirección do centro quen precisará se

se trata dun caso de acoso. De ser o caso, acordará as medidas que cómpre adoptar.

As actuacións que constitúan acoso escolar consideraranse condutas gravemente

perxudiciais para a convivencia e deberán ser corrixidas previa instrución de expediente.

Unha vez iniciado o mesmo notificarallo:

- Ao alumnado implicado e as súas familias.

- Ao servizo de Inspección Educativa.

- Ao profesorado titor do alumnado.

Cando as situacións conflitivas transcendan dos recursos e competencias do

sistema educativo ou cando haxa indicios de condutas penais porase en coñecemento

dos servizos competentes.

11. Adopción de medidas educativas

Con independencia do resultado do expediente, unha vez rematado este a

Dirección do centro ditaminará as medidas de mellora educativa, podendo solicitar a

colaboración do Departamento de Orientación e da Comisión de Convivencia do centro.

OUTUBRO 2016 PÁXINA 13

Page 14: 1.- INTRODUCIÓNcentros.edu.xunta.es/ceipaltamar/secretaria/... · Centro: Nadal, Entroido, convivencia de fin de curso, excursión de fin de etapa... • Colaboración en actividades

PLAN DE CONVIVENCIA CEIP ALTAMAR

▪ Medidas de protección á vítima

Con independencia das medidas adoptadas con carácter urxente para protexer a

persoa presuntamente acosada, referidas na primeira fase, a protección variará en

función das necesidades peculiares do alumno ou da alumna vítima do acoso, e das

posibilidades do centro.

• Vixilancia específica das persoas presuntamente implicadas (acosada e

acosadora/s).

• Solicitude de colaboración familiar para o control e seguimento dos seus fillos ou

das súas fillas.

• Asignación dunha “persoa responsable de apoio e atención á vítima” á que a vítima

poida acudir cando o necesite.

• Concertar encontros periódicos para facer seguimento da situación.

• Organización de grupos de axuda entre iguais, formados previamente para

acompañar a posible vítima, sobre todo nos intres e lugares de maior risco

(entradas, saídas, corredores...).

• De ser necesario, cambio de grupo temporal ou definitivo da persoa ou persoas

posible/s acosadora/s, logo do oportuno expediente.

• Derivar a servizos de profesionais especializados externos as persoas implicadas,

se procede, para abordar tratamentos específicos que poidan reforzar o labor

efectuado no centro.

▪ Medidas reeducadoras para as persoas acosadoras

Como actuacións complementarias ás medidas correctoras concluídas logo do

oportuno expediente, é preciso desenvolver coa persoa ou persoas agresora/s medidas

reeducadoras coma as seguintes:

• Elaboración por parte do departamento de orientación dun programa de

habilidades sociais.

• Desenvolvemento de procedementos conciliados para a resolución de conflitos. A

opción pola conciliación suspende o inicio do procedemento de corrección da

OUTUBRO 2016 PÁXINA 14

Page 15: 1.- INTRODUCIÓNcentros.edu.xunta.es/ceipaltamar/secretaria/... · Centro: Nadal, Entroido, convivencia de fin de curso, excursión de fin de etapa... • Colaboración en actividades

PLAN DE CONVIVENCIA CEIP ALTAMAR

conduta, que se retomará no caso de que a conciliación sexa infrutuosa.

• Formación específica sobre as consecuencias da conduta: pedirlle perdón á vítima,

participar en programas de mediación, traballos escritos de reflexión e

concienciación sobre os feitos, as súas consecuencias e o xeito de compensar os

danos.

• Programas de modificación de conduta, axuda personalizada, desenvolvemento

persoal, comportamentos prosociais, estratexias de resolución de conflitos con

solucións alternativas á agresión...

• Solicitude de colaboración familiar para a vixilancia e control dos seus fillos e fillas.

• Derivación a servizos especializados externos para abordar tratamentos

específicos, se procede.

12. Seguimento e avaliación das medidas

Unha vez adoptadas as medidas previstas, levarase a cabo a través da dirección

ou da persoa na que delegue, un seguimento da situación, coa intencionalidade de que

non se volva producir e de comprobar o cumprimento e a pertinencia das medidas

adoptadas,

A este efecto, débense programar encontros periódicos, especialmente coa vítima.

A dirección debe responsabilizarse de que se leven a cabo as medidas previstas e

informará á Inspección Educativa do seu grao de consecución, segundo a temporalización

prevista.

5.3. O CIBERACOSO

O ciberacoso supón o uso e difusión de información lesiva ou difamatoria (insultos,

difamacións, ameazas, intimidación, seguimento persistente, envío reiterado de correos a

alguén que non desexa recibilos, exclusión, boicot, humillacións, spam, distribución de

datos e imaxes persoais, roubo e suplantación da identidade…) en formato electrónico a

través de medios de comunicación como o correo electrónico, a mensaxería instantánea,

as redes sociais, a mensaxería de texto a través de teléfonos ou dispositivos móbiles, a

OUTUBRO 2016 PÁXINA 15

Page 16: 1.- INTRODUCIÓNcentros.edu.xunta.es/ceipaltamar/secretaria/... · Centro: Nadal, Entroido, convivencia de fin de curso, excursión de fin de etapa... • Colaboración en actividades

PLAN DE CONVIVENCIA CEIP ALTAMAR

publicación de vídeos e fotografías en plataformas electrónicas de difusión de contidos, e

calquera outra que poida xurdir con características similares.

Aínda que o ciberacoso se perpetra en moitas ocasións fóra do espazo físico do

centro escolar, este, ao ter coñecemento da situación e sempre que estean implicados

algúns dos seus alumnos ou alumnas, ten a obriga de actuar coa mesma consideración

de acoso escolar, sempre que as condutas realizadas a través de medios electrónicos,

telemáticos ou tecnolóxicos teñan conexión coa vida escolar.

1. Criterios de identificación de ciberacoso

• A situación perdura no tempo. Quedan excluídas as accións puntuais que, aínda

que puidesen ser un delito, non constitúen ciberacoso.

• Adoita existir contacto ou relación previa no mundo físico entre vítima e persoa ou

persoas acosadora/s.

• Existe intención de causar dano, aínda que non sempre se dá nos primeiros

estadios do proceso.

• Realízase mediante o emprego de medios TIC.

2. Protocolo de actuación

• Conservar as probas do ciberacoso durante todo o tempo, sexa cal fose a forma na

que se manifeste. Para esta conservación poderán capturarse pantallas en modo

imaxe e vídeo, imprimir páxinas, copiar ficheiros... aspecto que deberá realizarse

antes de iniciar calquera actuación coa posible persoa agresora ou persoas

agresoras.

• Tratar de identificar as posibles persoas autoras do ciberacoso (atopar o seu

enderezo IP, acudir a especialistas en informática e ás forzas e corpos da

seguridade do Estado), pero, en todo caso, sen lesionar os dereitos de ningunha

persoa.

• Contactar coa compañía do medio empregado para cometer o acoso (compañía de

teléfono, propietario do dominio ou sitio web etc.) coa finalidade de coñecer o

OUTUBRO 2016 PÁXINA 16

Page 17: 1.- INTRODUCIÓNcentros.edu.xunta.es/ceipaltamar/secretaria/... · Centro: Nadal, Entroido, convivencia de fin de curso, excursión de fin de etapa... • Colaboración en actividades

PLAN DE CONVIVENCIA CEIP ALTAMAR

procedemento que cómpre seguir para obter a información necesaria.

• Se é o caso, denunciar o acoso ás forzas e corpos de seguridade do Estado que

dispoñen de unidades de delitos informáticos (Policía Nacional, Garda Civil e

Policía Autonómica).

• Todas estas accións deberán estar enmarcadas na máis absoluta discreción e

confidencialidade.

A información recollida ademais detallará:

• Relación co ámbito escolar.

• Natureza e gravidade da situación.

• Efectos producidos.

6,-NORMAS DE CONVIVENCIA DO CENTRO.

6.1. ENTRADAS

6.1.1 ENTRADAS POLA MAÑÁ

- A entrada ao colexio por parte do alumnado de Primaria farase con

puntualidade ás 9:00 h. co fin de respectar o desenvolvemento da actividade

docente e o traballo de todos os membros da comunidade educativa.

Dirixirase á súa aula unha vez toque o timbre de entrada, de forma ordenada

sen correr nin berrar polos corredores e escaleiras.

- O alumnado non poderá entrar nas instalacións antes das 9:00 agás os

usuarios do servizo de aula matinal.

- Os nenos e nenas de Educación Infantil entrarán a partir das 9:00 h., unha

vez teña entrado o alumnado de Primaria, e ata as 9:10. As familias

acompañaranos ata a porta de entrada onde os recibirá unha mestra de

Educación Infantil que lles indicará o lugar onde deberán dirixirse.

- En ningún caso as familias acompañarán aos alumnos ao interior das

instalacións, procurando non obstaculizar o paso do resto do alumnado.

- Os pais/nais só poderán acceder ao Centro para a realización de xestións

en Secretaría ou na Anpa unha vez que teña entrado o alumnado.

OUTUBRO 2016 PÁXINA 17

Page 18: 1.- INTRODUCIÓNcentros.edu.xunta.es/ceipaltamar/secretaria/... · Centro: Nadal, Entroido, convivencia de fin de curso, excursión de fin de etapa... • Colaboración en actividades

PLAN DE CONVIVENCIA CEIP ALTAMAR

- A incorporación do alumnado ao longo da mañá, por causas debidamente

xustificadas farase no momento en que cheguen ao centro, tendo en conta

que será recomendado ás familias que se incorporen preferiblemente nos

cambio de clase.

6.1.2 ACCESO ÁS AULAS

- O profesorado de garda ocupará o espazo correspondente á entrada

coidando que esta se faga de forma ordenada. Só recollerá recados das

familias para transmitir ás titoras correspondentes en casos urxentes.

- O resto do profesorado procurará esperar na aula correspondente ao

alumnado ou no seu defecto acompañalo coidando que ningún alumno entre

só na aula.

- Cando soe o timbre que sinala o fin do recreo, o alumnado ocupará o

espazo correspondente a cada curso tanto no patio de Infantil como no de

Primaria con dilixencia para facilitar unha entrada rápida ás aulas. Farao en

primeiro lugar o alumnado de Primaria por orden quedando para o último

lugar o grupo que tivese clase co profesora de de garda de recreo de ser o

caso. A continuación fará a entrada o alumnado de Infantil.

- Dirixiranse directamente ás aulas, sen pasar polos aseos, de xeito

ordenado sen correr nin berrar.

6.2. SAÍDAS

6.2.1 SAÍDAS AO COMEDOR

- En Educación Infantil o profesorado sairá ás 13:50 co grupo de alumnos

cos que tivera clase a última hora. As monitoras do servizo de comedor

recollerán previamente na aula ao alumnado usuario deste servizo.

- En Educación Primaria o timbre soará ás 14:55 para prepararse para a

saída. Esta farase ás 14:00h. Sairán en primeiro lugar os usuarios de

comedor que se dirixirán ao patio cuberto, seguindo as indicacións das

monitoras.

OUTUBRO 2016 PÁXINA 18

Page 19: 1.- INTRODUCIÓNcentros.edu.xunta.es/ceipaltamar/secretaria/... · Centro: Nadal, Entroido, convivencia de fin de curso, excursión de fin de etapa... • Colaboración en actividades

PLAN DE CONVIVENCIA CEIP ALTAMAR

6.2.2 SAÍDAS AO REMATE DAS CLASES

- O profesorado que tivera clase na última sesión cun grupo de alumnos

será o encargado da saída do alumnado directamente á rúa.

- En Educación Infantil será entregado directamente ás familias ou

responsables acreditados na porta de entrada. Deberán recollelos e deixar

libre a pasarela para a saída do alumnado de Primaria.

- En Primaria o profesorado acompañará á pasarela de entrada e vixiará que

son recollidos polas súas familias. Ningún alumno poderá permanecer só na

pasarela de acceso. En caso de atraso na recollida por parte das familias o

profesorado que teña clase a última hora será o responsable de poñerse en

contacto con eles e procurar a atención ao alumno.

- Cando sexan recollidos por outras persoas as familias deberán asinar un

documento identificándoas e aportando copia do DNI no Centro.

- O alumnado de 5º e 6º, poderá abandonar o recinto escolar ao remate das

clases sempre que conte coa autorización debidamente asinada dos pais ou

titores legais.

6.2.3 SAÍDAS DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

- A saída das actividades extraescolares no horario de tarde de (16:00 a

18:00) será na porta de entrada, entregando directamente o alumnado ás

familias por parte das monitoras que desenvolvan a actividade.

6.2.4 SAÍDAS DURANTE O PERÍODO LECTIVO

- Se algún alumno/a precisa saír do Centro, farao acompañado dos seus

pais ou adulto en quen deleguen presentando autorización firmada polos

mesmos. Antes de abandonar o Centro deberán asinar o documento de

saída que estará á súa disposición na mesa do conserxe.

OUTUBRO 2016 PÁXINA 19

Page 20: 1.- INTRODUCIÓNcentros.edu.xunta.es/ceipaltamar/secretaria/... · Centro: Nadal, Entroido, convivencia de fin de curso, excursión de fin de etapa... • Colaboración en actividades

PLAN DE CONVIVENCIA CEIP ALTAMAR

6. 3. USO DO MATERIAL E AS INSTALACIÓNS

- O alumnado fará uso responsable do coidado do material escolar e das

instalacións coidando o orden e limpeza dos mesmos. Os desperfectos orixinados

por neglixencia do alumnado serán subsanados polos pais/nais ou responsables do

alumnado.

6.4. ASISTENCIA E PUNTUALIDADE

- Permitirase a entrada á clase ata as 9.10 h. sempre que non sexa de modo

habitual.

-Se a chegada ao colexio se produce máis tarde de esa hora, o alumnado deberá

permanecer na aula de informática, realizando tarefas propostas polo profesorado

da aula de referencia e a cargo do profesorado de garda ata o comezo da seguinte

sesión.

- As faltas de asistencia do alumnado serán xustificadas pola familia o día que se

incorporen ao Centro, segundo o modelo dispoñible na Secretaría e na páxina web.

Ademais axuntarán os documentos acreditativos. Poderán xustificar 2 días ao mes

de ausencia do alumno por enfermidade leve ou imprevisto. Todas as demais

deberán axuntar documento acreditativo, de non ser así consideraranse como non

xustificadas. Cando o número de faltas non xustificadas supere os dous días ao

mes, iniciarase un expediente de absentismo segundo protocolo de absentismo

escolar.

- Cando un alumno/a vaia a ausentarse por un imprevisto ou razóns familiares

durante un período de tempo que exceda as faltas que poidan ser xustificadas

polas familias ( máis de catro días), deberán comunicalo por escrito á Dirección con

antelación mínima de quince días indicando o motivo e duración da mesma. Tamén

o comunicarán á titora co fin de que poida programar tarefas a realizar de ser o

caso. En calquera caso activarase o protocolo de absentismo cando o alumno se

reincorpore.

- O alumnado que deba permanecer convalecente no domicilio, por prescrición

médica, por un período de tempo superior a un mes ou que padeza algunha

enfermidade crónica que sexa a causa de faltas de asistencia ao centro de seis ou

OUTUBRO 2016 PÁXINA 20

Page 21: 1.- INTRODUCIÓNcentros.edu.xunta.es/ceipaltamar/secretaria/... · Centro: Nadal, Entroido, convivencia de fin de curso, excursión de fin de etapa... • Colaboración en actividades

PLAN DE CONVIVENCIA CEIP ALTAMAR

máis días continuados ao mes dentro dun período mínimo de seis meses,

comunicarao ao centro iniciando así o procedemento de solicitude de educación

educativa domiciliaria. En todos os casos contarase co preceptivo informe médico.

6.5. INDUMENTARIA PERSOAL

- Todos os membros da comunidade educativa, amosarán decoro e propiedade na

súa indumentaria dentro do recinto escolar ou nas actividades complementarias

organizadas polo Centro.

- É responsabilidade das familias que o alumnado veña aseado e vestido

axeitadamente segundo as actividades que se vaian realizar.

- É obrigatorio o uso de chándal e zapatillas deportivas na clase de educación

física.

- As familias encargaranse de marcar as prendas para poder recuperalas

facilmente en caso de pérdida.

- A gorra do centro deberán levala posta en todas as actividades realizadas fóra do

recinto escolar. Ademais de cumprir a súa función de protexelos do sol , resulta

tamén un instrumento de seguridade a hora de localizar facilmente aos alumnos

do colexio . No entanto ,o uso de gorras dentro das aulas non estará permitido.

- E recomendable non vir vestidos cos uniformes dos equipos de fútbol, xa que non

se considera roupa axeitada para asistir a clase.

- O uso de signos externos que denoten filiación política ou relixiosa serán

tolerados sempre que non se faga ostentación das mesmas, co fin de evitar

conflitos e favorecer a convivencia.

6.6. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

- Ao longo do curso realizaranse as actividades complementarias recollidas e

aprobadas na PXA.

- O alumnado participará nas actividades e convivencias organizados polo Centro

implicándose coa súa atención e respecto evitando molestias.

- Todas aquelas que se realicen fóra do recinto escolar precisarán autorización

OUTUBRO 2016 PÁXINA 21

Page 22: 1.- INTRODUCIÓNcentros.edu.xunta.es/ceipaltamar/secretaria/... · Centro: Nadal, Entroido, convivencia de fin de curso, excursión de fin de etapa... • Colaboración en actividades

PLAN DE CONVIVENCIA CEIP ALTAMAR

escrita e asinada polos pais/nais ou titores legais do alumnado. O modelo será

facilitado polo profesorado informando da actividade, o lugar e horario previsto

para a súa realización, así como o importe da mesma. A autorización deberá ser

devolta ao colexio co importe da actividade pegado na mesma, á maior brevidade

posible.

- O alumnado que non conte coa correspondente autorización no poderá participar

nela, permanecendo no Centro no grupo de alumnos máis próximo por idade,

desenvolvendo as actividades escolares específicas que lle asigne o profesorado.

- Nas convivencias de fin de curso que abranguen toda a xornada escolar, se as

familias non autorizan a saída, deberán cumprimentar o documento de autorización

indicando se van a acudir ao Centro ou permanecerán na casa.

- Nas saídas de máis dun día de duración, o alumnado terá que dispoñer da

correspondente autorización asinada pola familia, independentemente de ter

abonado o importe de dita viaxe. Se as familias non autorizan a saída, deberán

cumprimentar o documento de autorización indicando se van a acudir ao Centro ou

permanecerán na casa, durante a duración da mesma.

- A viaxe de fin de Primaria, organizada polas familias, un profesor ou profesora do

Centro acompañará ao pai/nai responsable de dita organización.

- En todas as saídas o alumnado será acompañado por un profesor por cada 20

alumnos. No caso de que só participe un grupo clase, aínda que se cumpra a ratio

profesorado/alumnado, serán acompañados por outro/a profesor/a con

dispoñibilidade horaria. Cando non sexa posible, o profesorado responsable da

actividade proporá a participación de pais ou nais que elixirá entre as familias do

alumnado participante na actividade.

- Un alumno pode ser privado da asistencia a unha saída complementaria se o seu

titor/a, considera necesaria a medida. Dita medida será convenientemente

informada por o profesor responsable ante a Dirección do Centro e a familia.

- O uso das instalacións do Centro por parte de asociacións, corporacións ou

entidades sen ánimo de lucro, deberá ser solicitado á Dirección do Centro e

aprobado polo Consello Escolar nos termos que establece a lexislación vixente.

Ten que contar tamén co informe positivo da Inspección Educativa e do Xefe

OUTUBRO 2016 PÁXINA 22

Page 23: 1.- INTRODUCIÓNcentros.edu.xunta.es/ceipaltamar/secretaria/... · Centro: Nadal, Entroido, convivencia de fin de curso, excursión de fin de etapa... • Colaboración en actividades

PLAN DE CONVIVENCIA CEIP ALTAMAR

Territorial.

6.7. USO DE APARATOS ELECTRÓNICOS

- Como norma xeral non está permitido o uso de dispositivos electrónicos (tablets,

teléfonos móbiles, consolas...) por parte do alumnado. Asímesmo tampouco se

permitirá o seu uso por parte do resto da comunidade educativa no horario de clase

ou garda ou en reunións de titoría. Cando a actividade a realizar requira o uso

destes dispositivos serán debidamente xustificado polos titores.

- Se o alumnado precisara traer ao colexio teléfono, por razóns excepcionais

debidamente xustificadas, entregarao apagado á titora que llo devolverá ao remate

das clases.

6.8. CAPTACIÓN E DIFUSIÓN DE IMAXES E GRAVACIÓNS

- Ás familias solicitaráselles no momento da matrícula o permiso de utilización da

imaxe do alumno/a para a súa utilización con fines pedagóxico/didáctico e para as

publicacións do Centro. Para elo asinarán un único documento para toda a

escolarización. Dito documento custodiarase xunto ao expediente.

- Ao principio de cada curso as titorías aseguraranse da situación do permiso de

uso de imaxes.

- Nas actividades complementarias organizadas dende o Centro, será o

profesorado o responsable da captación e uso das imaxes para a súa publicación.

- Nas actividades nas que participen as familias (convivencia de fin de curso,

festas, celebracións, festivais...), serán estas as responsables do uso que fagan

das imaxes.

6.9. ATENCIÓN AO ALUMNADO ENFERMO OU ACCIDENTADO

- As familias coidarán de comunicar e ter actualizados os datos ou circunstancias

persoais ou familiares que sexa preciso ser consideradas (datos persoais,

enfermidades, sentencias, convenios...) especialmente os teléfonos de urxencia

por se fose preciso.

- En caso de accidente dun alumno será o responsable da súa atención en primeira

OUTUBRO 2016 PÁXINA 23

Page 24: 1.- INTRODUCIÓNcentros.edu.xunta.es/ceipaltamar/secretaria/... · Centro: Nadal, Entroido, convivencia de fin de curso, excursión de fin de etapa... • Colaboración en actividades

PLAN DE CONVIVENCIA CEIP ALTAMAR

instancia o profesorado que nese momento estea na clase ou na garda. Deberá

trasladar o/a alumno/a ao botiquín para prestar os primeiros auxilios.

- Procederase se é o caso a lavar a ferida con auga, suero fisiolóxico e antiséptico,

aplicando vendaxes sinxelas en pequenas feridas aberta; aplicación de bolsas de

xeo.

- Cando a ferida ou golpe sexa menos grave a titora chamará á familia para que

recolla ao alumno e o traslade a un centro sanitario se o considera oportuno. No

caso de non poder contactar coa familia será un membro do Equipo Directivo o que

chame ao 061 e o acompañe.

- Cando o golpe ou ferida sexa grave chamarase ao 061 e seguiranse as

indicacións ata a chegada das asistencias. Ao mesmo tempo avisarase ás familias.

En caso de que estas non poidan chegar ao Centro será un membro do Equipo

Directivo o que acompañe ao alumno ao Centro sanitario ata a chegada da familia.

- Como norma xeral non se administrará medicación ao alumnado. No caso de

enfermidades que impliquen risco vital, a familia comunicará a situación aportando

xunto co medicamento, informe médico no que expresamente indique modo de

aplicación e dosificación. Dita medicación será custodiada na Dirección. As familias

serán as responsables de manter actualizada a medicación e de repoñela antes de

sobrepasar a data de caducidade.

- Os accidentes graves e menos graves quedarán recollidos no Rexistro de

incidencias do centro. Será responsable da súa redacción o profesorado ou monitor

que acompañara ao alumnado no momento do accidente, previa información á

titora e Dirección.

7.- CONDUTAS CONTRARIAS Á CONVIVENCIA E A SÚA CORRECCIÓN.

- O centro dispón dun rexistro de incidencias que calquera membro da comunidade

escolar pode solicitar na dirección do centro e rexistrar o incidente ou falta

correspondente. Dito rexistro será o que determine a reiteración das faltas as normas de

convivencia polos distintos membros da comunidade escolar.

- Recomendase non empregar na medida do posible ningún castigo de carácter colectivo.

OUTUBRO 2016 PÁXINA 24

Page 25: 1.- INTRODUCIÓNcentros.edu.xunta.es/ceipaltamar/secretaria/... · Centro: Nadal, Entroido, convivencia de fin de curso, excursión de fin de etapa... • Colaboración en actividades

PLAN DE CONVIVENCIA CEIP ALTAMAR

- As condutas contrarias as normas de convivencia do Centro serán corrixidas de acordo

coa súa gravidade e considerando a situación en condicións persoais de quen non

respectou estas normas de convivencia.

- As correccións que se apliquen deberán ter un carácter educativo e recuperador e

garantir o respecto os dereitos de todos os membros da comunidade educativa.

- Segundo a gravidade diferenciarase entre condutas leves contrarias as normas de

convivencia do Centro e condutas gravemente prexudiciais para a convivencia no Centro.

7.1.CONDUTAS CONTRARIAS AS NORMAS DE CONVIVENCIA.

● O incumprimento xeral das normas de convivencia referidas neste regulamento

● As faltas de asistencia a clase sen xustificar.

● As faltas de puntualidade.

● A falta de respecto ao profesorado, persoal do centro o compañeiros/as.

● A agresión ou vexación a compañeiros.

● Os destrozos nas instalacións ou moblaxe.

● Faltas leves no servizo de comedor.

● Abandonar o recinto escolar sen permiso.

● As familias que cheguen tarde co alumnado ao centro deberan xustificalo e se a

situación se repite comunicarase a dirección que abrirá e comunicará o informe

pertinente a familia afectada.

As condutas contrarias as normas de convivencia do Centro poderán ser

corrixidas con:

● Apercibimento verbal ou por escrito.

● Realización de tarefas que contribúan a mellora e desenvolvemento das

actividades do Centro, de reparación do dano causado e de limpeza, dentro e fora

do horario lectivo.

● Suspensión do dereito a participar en actividades extraescolares ou

OUTUBRO 2016 PÁXINA 25

Page 26: 1.- INTRODUCIÓNcentros.edu.xunta.es/ceipaltamar/secretaria/... · Centro: Nadal, Entroido, convivencia de fin de curso, excursión de fin de etapa... • Colaboración en actividades

PLAN DE CONVIVENCIA CEIP ALTAMAR

complementarias temporalmente.

● Comparecencia ante a dirección que decidirá a apertura dun informe sobre faltas

leves do alumno que figurará no libro de rexistro de incidencias.

● Serán competentes para determinar as sancións o profesorado de garda, os

titores e profesorado especialista e a dirección do centro.

Garantías procedimentais:

● As condutas leves contrarias as normas de convivencia no centro prescribirán no

prazo de cinco meses e dun curso para outro.

● O alumno ou os seus pais poderán reclamar ante o órgano sancionador ou

inmediatamente superior a aquel que impón a sanción.

7.2. CONDUTAS GRAVEMENTE PERXUDICIAIS PARA A CONVIVENCIA DO

CENTRO

● A reiteración de condutas contrarias as normas de convivencia do centro

previamente rexistradas no libro de incidencias do centro.

● A falta de disciplina, respecto e ofensas graves contra os membros da

comunidade educativa.

● A agresión grave física ou moral contra os outros membros da comunidade

educativa.

● Os danos e destrozos intencionados causados nas instalacións e moblaxe do

centro.

● O incumprimento das sancións impostas.

● Os actos inxustificados que perturben gravemente o normal desenvolvemento

das actividades no centro ou que sexan prexudiciais para a saúde ou a integridade

persoal dos membros da comunidade educativa.

● Faltas graves no servizo de comedor.

OUTUBRO 2016 PÁXINA 26

Page 27: 1.- INTRODUCIÓNcentros.edu.xunta.es/ceipaltamar/secretaria/... · Centro: Nadal, Entroido, convivencia de fin de curso, excursión de fin de etapa... • Colaboración en actividades

PLAN DE CONVIVENCIA CEIP ALTAMAR

As condutas gravemente prexudiciais para a convivencia no Centro poderán ser

corrixidas con:

● Sempre coa apertura de expediente informativo rexistrado con falta grave no

rexistro de incidencias do centro.

● Sempre coa comunicación necesaria a familia

● Calquera das sancións recollidas para as condutas contrarias as normas de

convivencia no centro.

● Suspensión do dereito de utilización de determinados servizos complementarios.

● Suspensión do dereito de utilizacións de determinadas actividades lúdicas.

● Suspensión do dereito de asistencia o centro segundo marca a lei

● Cambio de centro.

● O órgano competente para corrixir inicialmente as condutas gravemente

prexudiciais para a convivencia será a Dirección do centro.

● Se a dirección o considera necesario ou calquera dos que interveñen no

incidente o solicitan, intervirá a Comisión de convivencia do centro.

● Se fose necesario tomar decisións sancionadoras que leven a suspensión do

dereito de asistencia ao centro do alumnado ou de utilización dos servizos

complementarios, será necesaria a convocatoria do Consello Escolar.

● Todas as condutas graves gravemente prexudiciais para a convivencia do centro

deberan ir acompañadas dun expediente informativo rexistrado no libro de rexistro

de incidencias do centro.

● Todos os membros da comunidade educativa estamos suxeitos a este

regulamento interno e as medidas derivadas de condutas contrarias ou prexudiciais

para a convivencia do centro.

Garantías procedementais:

● Da apertura do expediente a un alumno/a darase conta os pais ou titores legais.

OUTUBRO 2016 PÁXINA 27

Page 28: 1.- INTRODUCIÓNcentros.edu.xunta.es/ceipaltamar/secretaria/... · Centro: Nadal, Entroido, convivencia de fin de curso, excursión de fin de etapa... • Colaboración en actividades

PLAN DE CONVIVENCIA CEIP ALTAMAR

O expediente recollerá a información firmada polos afectados

● Para a apertura de expediente a persoal non docente, profesorado ou outros

membros da comunidade educativa reunirase a Comisión de Convivencia do centro

con carácter de urxencia.

● A dirección do centro e/ou Consello Escolar comunicaran as sancións aos

interesados

8. PROTOCOLO DE MEDIACIÓN

A mediación é unha estratexia de intervención imparcial para a resolución de

conflitos, na que unha terceira persoa axuda ás partes implicadas a alcanzar un acordo

satisfactorio para as partes. Ten un carácter preventivo, resolutivo e reparador na xestión

de calquera conflito.

A Comisión de convivencia proporá á Dirección as persoas que formarán parte do

equipo de mediación.

Entendemos que a mediación:

- Ten un valor educativo en si mesmo, xa que ensina que existen outras vías,

distintas do enfrontamento, para resolver los problemas.

- Con ela o alumno aprende a escoitar as razóns da outra parte.

- Axuda a reforzar a parte positiva da persoa.

Non serán susceptibles de mediación aqueles conflitos que deriven nun

procedemento sancionador de condutas graves, aínda que si pode desenvolverse como

medida educativa complementaria.

O proceso de mediación caracterízase por:

• Voluntariedade: tanto as partes en conflito como a persoa mediadora acoden

voluntariamente a ela e poden renunciar en calquera momento do proceso.

• Imparcialidade: a persoa mediadora é dinamizadora do proceso, arbitra, marca os

OUTUBRO 2016 PÁXINA 28

Page 29: 1.- INTRODUCIÓNcentros.edu.xunta.es/ceipaltamar/secretaria/... · Centro: Nadal, Entroido, convivencia de fin de curso, excursión de fin de etapa... • Colaboración en actividades

PLAN DE CONVIVENCIA CEIP ALTAMAR

límites e emprega técnicas que faciliten o diálogo e o acordo entre as partes.

• Confidencialidade: todos os implicados teñen a obriga de gardar en secreto da

información confidencial que se obteña no proceso.

O protocolo a seguir para o uso deste servizo será:

1. Poden solicitar os servizos dun mediador calquera membro da comunidade

educativa.

2. Serán obxecto de mediación todas as cuestións entre os membros da

comunidade educativa que afecten á convivencia entre os mesmos, sempre e

cando non sexan derivadas de condutas graves que requiran un procedemento

sancionador.

3. As solicitudes dos servizos dun mediador presentaranse ante a Dirección. Nese

momento indicarase o motivo da mediación así como todos os datos necesarios

para levala a cabo.

4. Ante un problema entre alumnos, calquera profesor poderá, con coñecemento do

titor ou titores, remitir aos alumnos afectados ante un mediador.

5. A Dirección fixará a persoa encargada de levar a cabo a mediación así como o

día e a hora da mesma. Á hora de seleccionar a persoa mediadora teranse en

conta as seguintes condicións:

a. Se entre as persoas a mediar figuran pais de alumnos buscarase

que a mediación sexa levada a cabo por pais de alumnos.

b. Se as persoas entre as que hai que mediar son alumnos buscarase a un

profesor ou alumno que, na medida do posible, non teña ningunha relación

directa cos alumnos.

c. Un mediador poderá obxectar o participar nunha mediación.

6. O mediador encargado dunha mediación disporá de 48 horas para preparar a

mediación, nese tempo recabará toda a información da que se dispoña sobre o

alumnado obxecto da mediación.

7. Do acordo alcanzado entre as partes darase conta ao titor ou titores dos

OUTUBRO 2016 PÁXINA 29

Page 30: 1.- INTRODUCIÓNcentros.edu.xunta.es/ceipaltamar/secretaria/... · Centro: Nadal, Entroido, convivencia de fin de curso, excursión de fin de etapa... • Colaboración en actividades

PLAN DE CONVIVENCIA CEIP ALTAMAR

alumnos para o seguimento do seu cumprimento.

8. Unha vez realizada a mediación, o mediador fará un informe da mesma no que

aparecerá, entre outras cousas, os acordos aos que chegaron as partes. Nel tamén

aparecerá a forma na que se vai realizar o seguimento dos acordos alcanzados.

9. NORMAS DA COMISIÓN DE CONVIVENCIA.

A Comisión de convivencia será presidida pola Directora e estará composta por

representantes das familias, profesorado e persoal non docente na mesma proporción na

que estean representados no Consello Escolar.

O nomeamento dos membros integrantes corresponde á Dirección a proposta dos

sectores representados no Consello Escolar. Non necesariamente teñen que pertencer a

este.

Reunirase a lo menos unha vez por trimestre con carácter ordinario e de xeito

extraordinario cantas veces sexa convocada pola presidencia ben por iniciativa propia ou

ben por petición de polo menos dun terzo dos seus membros. De cada reunión

levantarase acta por parte dun dos membros da Comisión.

As funcións da Comisión de Convivencia son as seguintes:

a) Elaborar o Plan de Convivencia incorporando as iniciativas de cada sector nos

procesos de elaboración, seguimento e avaliación.

b) Adoptar as medidas preventivas para garantir os dereitos de todos os membros da

comunidade educativa así como o cumprimento das normas de convivencia do

Centro.

c) Impulsar accións dirixidas á promoción da convivencia, fomentando actitudes que

favorezan a igualdade entre homes e mulleres a igualdade de trato e a resolución

pacífica de conflitos.

d) Propor ao Consello Escolar medidas para mellorar a convivencia.

e) Coñecer o cumprimento das medidas correctoras e o grao de cumprimento da

normativa vixente.

OUTUBRO 2016 PÁXINA 30

Page 31: 1.- INTRODUCIÓNcentros.edu.xunta.es/ceipaltamar/secretaria/... · Centro: Nadal, Entroido, convivencia de fin de curso, excursión de fin de etapa... • Colaboración en actividades

PLAN DE CONVIVENCIA CEIP ALTAMAR

f) Dar conta polo menos dúas veces no curso das actuacións desenvolvidas así

como das correccións e medidas disciplinarias impostas.

g) Propor persoas que poidan formar parte do equipo de mediación.

h) Elaborar unha memoria anual que analice a convivencia e conflitividade no Centro.

Dita memoria incorporárase á memoria de fin de curso e enviada ao Servizo de

Inspección Educativa.

Cando a Comisión o considere oportuno poderá solicitar o asesoramento dos

profesionais do Departamento de Orientación, profesorado titor do caso que se trate, e

doutros profesionais segundo a problemática de que se trate.

10.- MECANISMOS DE COORDINACIÓN.

A Comisión de Convivencia nas súas reunións preceptiva analizará e informará ao

Claustro e Consello Escolar da situación da convivencia no Centro ao tempo que proporá

medidas necesarias para mellorala.

A través da Comisión de Coordinación Pedagóxica recabará información para a

elaboración dos Plans anuais.

11.- DIFUSIÓN DO PLAN DE CONVIVENCIA.

O presente Plan unha vez aprobado polo Consello Escolar darase a coñecer a toda

a comunidade educativa a través de:

• Sesións de titoría co alumnado.

• Reunións de nais/pais de inicio de curso.

• Membros da directiva da ANPA.

• Circulares informativas.

• Actividades complementarias.

12.- SEGUIMENTO, AVALIACIÓN E MELLORA DO PLAN.

Ao remate de cada curso a Comisión de Convivencia levará a cabo a avaliación do

Plan a través de:

• Grao de implantación e consecución dos obxectivos propostos.

OUTUBRO 2016 PÁXINA 31

Page 32: 1.- INTRODUCIÓNcentros.edu.xunta.es/ceipaltamar/secretaria/... · Centro: Nadal, Entroido, convivencia de fin de curso, excursión de fin de etapa... • Colaboración en actividades

PLAN DE CONVIVENCIA CEIP ALTAMAR

• Actuacións realizadas e implicación de toda a comunidade educativa.

• Formación, asesoramento e recursos utilizados.

• Valoración dos resultados, conclusións e propostas para os cursos sucesivos.

• Avaliación dos procesos en función dos resultados obtidos.

Vigo, 18 de abril de 2017

Asdo:

A Directora

Ángeles Rodríguez Carrera

OUTUBRO 2016 PÁXINA 32