100915 Acollida refuxiados

1

Click here to load reader

Transcript of 100915 Acollida refuxiados

Page 1: 100915 Acollida refuxiados

O PSOE de Vilalba solicitará ao Concello que habilite

instalacións públicas para acoller a refuxiados

Os socialistas piden ao equipo de goberno que colabore e se coordine coa

Xunta e o Goberno central para que Vilalba poda dar asilo a refuxiados da guerra

en Siria

“Tal e como están a facer outros municipios, pedimos que se preparen os

dispositivas de acollida ante unha traxedia de tal magnitude”

Vilalba, 8 de setembro de 2015

O Grupo Municipal Socialista proporá ao Concello de Vilalba que se sume ás

denominadas “cidades-refuxio” poñendo a disposición instalacións municipais para

amparar a refuxiados que se amorean día a día nas fronteiras europeas fuxindo da

guerra en Siria. Os socialistas pedirán no próximo pleno ordinario que o Concello

colabore coa Xunta de Galicia, a FEMP e o Estado, como municipio acolledor,

estudando a posibilidade de ofrecer asilo a moitos dos seres humanos que están a

sofrir as graves consecuencias deste conflito. Por outra banda, tamén solicitarán que

se xestione e coordine unha lista de familias ou entidades dispostas a colaborar no

amparo dos refuxiados.

“Non estamos a falar dunha cuestión de vontade, senón de primeira necesidade ante o

éxodo de miles de personas coas que temos a obriga de dar unha resposta

contundente e solidaria”, afirmou a portavoz dos socialistas, Elba Veleiro. Desde o

grupo municipal, pedirán tamén o desenvolvemento dunha campaña de sensibilización

sobre a necesidade de contar cunha política de asilo como parte esencial da

democracia, garantindo o respecto á dignidade e aos dereitos humanos, procurando

asemade previr a aparición de actitudes racistas ou xenófobas.

A guerra de Siria está provocando unha das crises máis graves de refuxiados dos

últimos tempos, perdurando esta traxedia ao longo de máis de catro anos. Non

obstante, nas últimas semanas se produciu unha grande masa de movementos

migratorios cara as fronteiras europeas; tan só no último semestre de 2015, seis mil

persoas solicitaron asilo en España, as mesmas que durante todo o 2014, segundo

datos da ACNUR. “Tal e como están facendo moitas das comunidades autónomas e

municipios de todo o Estado, pedimos que o Concello de Vilalba prepare os

dispositivos de acollida pertinentes e colabore ante esta traxedia que precisa da

solidariedade de todos os pobos”, rematou Veleiro.