1.Introdución_TIC-1

8
7/23/2019 1.Introdución_TIC-1 http://slidepdf.com/reader/full/1introduciontic-1 1/8 1 Introdución aos sistemas de información e ás redes de comunicacións  Sistemas de información  Redes de comunicacións Sistemas de información  Concepto de sistema e de información   Sistemas de Información o Compoñentes dun sistema de información o Obxectivos dun sistema de información o Fluxos de información na organización   Sistemas informáticos o Categorías dos sistemas informáticos o Estrutura dun sistema informático Concepto de sistema e información Sistema: “conxunto de elementos  que, ordenadamente relacionados  entre si, contribúen a un determinado obxectivo Integrantes do sistema:  Compoñentes: Cada un dos elementos ou partes que forman o sistema  Relacións: Os compoñentes dun sistema non se acumulan de calquera modo, senón que se relacionan entre si, determinando coas súas relacións a estrutura organizativa ou arquitectura do sistema.  Obxectivo: É a finalidade para a que se concibe o sistema. Tipicamente todos os sistemas teñen un obxectivo, aínda que ás veces non é fácil de determinar. Os sistemas son limitados por definición, por tanto, poderemos identificar:   A contorna do sistema: aquilo que o rodea, dentro do cal o sistema está localizado.  Os límites do sistema: a fronteira coa súa contorna. Información: Comunicación  ou adquisición  de novos coñecementos que permiten ampliar ou precisar os datos  ou coñecementos que se posúen dunha materia determinadaDiremos por tanto que:   A información só xorde cando se produce un proceso de comunicación ou transferencia.   A información non só depende do conxunto de datos que se transmiten senón tamén da novidade que estes achegan para un determinado receptor, é dicir, da súa

Transcript of 1.Introdución_TIC-1

Page 1: 1.Introdución_TIC-1

7/23/2019 1.Introdución_TIC-1

http://slidepdf.com/reader/full/1introduciontic-1 1/8

1

Introdución aos sistemas deinformación e ás redes de

comunicacións  Sistemas de información  Redes de comunicacións

Sistemas de información  Concepto de sistema e de información   Sistemas de Información 

o  Compoñentes dun sistema de información o  Obxectivos dun sistema de información o  Fluxos de información na organización 

  Sistemas informáticos o  Categorías dos sistemas informáticos o  Estrutura dun sistema informático 

Concepto de sistema e información

Sistema: “conxunto de elementos   que, ordenadamente relacionados   entre si,contribúen a un determinado obxect ivo ”

Integrantes do sistema:

  Compoñentes: Cada un dos elementos ou partes que forman o sistema  Relacións: Os compoñentes dun sistema non se acumulan de calquera modo,

senón que se relacionan entre si, determinando coas súas relacións a estruturaorganizativa ou arquitectura do sistema.

  Obxectivo: É a finalidade para a que se concibe o sistema. Tipicamente todos ossistemas teñen un obxectivo, aínda que ás veces non é fácil de determinar.

Os sistemas son limitados por definición, por tanto, poderemos identificar:

   A contorna do sistema: aquilo que o rodea, dentro do cal o sistema está localizado.  Os límites do sistema: a fronteira coa súa contorna.

Información: “Comunicación  ou adquisic ión  de novos coñecementos que permitenampliar ou precisar os datos   ou coñecementos que se posúen dunha materiadeterminada”

Diremos por tanto que:

   A información só xorde cando se produce un proceso de comunicación outransferencia.

   A información non só depende do conxunto de datos que se transmiten senóntamén da novidade que estes achegan para un determinado receptor, é dicir, da súa

Page 2: 1.Introdución_TIC-1

7/23/2019 1.Introdución_TIC-1

http://slidepdf.com/reader/full/1introduciontic-1 2/8

2

capacidade de diminuír o nivel de incerteza ou incrementar o coñecemento doreceptor.

O nivel de coñecementos do receptor condiciona a cantidade de información  quecontén unha mensaxe. Por exemplo, a cantidade de información que contén a mensaxe“o euribor subirá en abril ” non será a mesma para un indio do Amazonas que para un

cidadán europeo que pretende contratar un crédito hipotecario

 A calidade da información é o conxunto de cualidades adicionais ás que se supoñeninherentes á información polo feito de ser novidosa. Así, podemos dicir que ainformación deberá ser correcta (a verdade), completa (toda a verdade) e relevante(nada máis que a verdade). Por exemplo, non sería de moita calidade saber que hoxevai chover á hora de decidir qué modelo de teléfono móbil vou comprar.

Sistemas de Información

“Un conxunto de compoñentes interrelacionados que permiten capturar, procesar,almacenar e distribuír a información para apoiar a toma de decisións e o control nunhaorganización”

Compoñentes dun sistema de información:

  A información: constitúe o compoñente fundamental do sistema,independentemente de que estea almacenada ou en tránsito por un medio decomunicación e do seu formato e soporte (papel, dixital, audiovisual, etc). Obtense apartir dos datos de entrada tras un proceso (manual ou automático) que producecomo resultado ou saída a información.

  Os procedementos  e prácticas habituais de traballo: en calquera organizaciónexistirá un conxunto de regras de operación que determinarán a forma en que sedeben realizar gran parte das actividades necesarias para o bo funcionamento daempresa (os procesos de negocio).

  As persoas ou usuarios: son o conxunto de individuos ou unidades que introducen,manexan ou usan a información para realizar as súas actividades en función dosprocedementos de traballo establecidos.

  Os recursos  ou equipo de soporte: é todo aquilo que se utiliza para oalmacenamento, comunicación e procesado da información (tipicamente sistemasinformáticos, pero tamén papel, bolígrafos, máquinas de escribir,...)

Obxectivos dun sistema de información:

O obxectivo xeral dun sistema de información é obter información para tomar decisiónsaxeitadas e cumprir cos obxectivos estratéxicos da organización. Pero, segundo o tipode información, pódense diferenciar distintos niveis:

  Nivel de operacións e transaccións:o  Manéxase un gran volume de información moi detalladao   Actividades diarias, transaccións e acontecementos rutineiros

(procedementos ben definidos)  Nivel Operativo:

o  Traballa fundamentalmente con información específica procedente do nivelanterior, pero máis resumida

Page 3: 1.Introdución_TIC-1

7/23/2019 1.Introdución_TIC-1

http://slidepdf.com/reader/full/1introduciontic-1 3/8

3

o  Neste nivel analízanse os resultados do nivel anterior, esencialmenterespecto dos recursos consumidos e tómanse decisións a curto prazo deconsecuencias limitadas dirixidas a refinar os procesos diarios.

  Nivel Táctico:o  Concéntrase na produción de informes de resumo con medidas estatísticas

(información comparativa máis ben que descritiva), informes de excepción,para tratar os casos que se apartan da media e outros específicos denecesidade inmediata.

o  Este nivel ocúpase da asignación efectiva de recursos a medio prazo paramellorar o rendemento da empresa.

  Nivel Estratéxico:o   A información utilizada é moi xenérica e resumida co obxectivo de predicir o

mellor para a organización no futuro, con formatos moi heteroxéneos(gráficos, resumos executivos, informes xerais, etc.)

o   As decisións tomadas neste nivel están pouco formalizadas e teñen un fortecompoñente subxectivo chegando mesmo en ocasións a sustentarse en

intuicións (heurística). Contempla o longo prazo e define as liñas mestras quedebe seguir a empresa no futuro.

Fluxos de información na organización

Na estrutura piramidal descrita prodúcense fluxos de información entre distintos niveisxerárquicos, pero tamén dentro dun mesmo nivel. Podemos distinguir os seguintestipos de fluxos:

  Fluxos verticais ascendentes: Van dun subordinado a un superior. Adoitanconsistir en informes máis ou menos formais sobre resultados das actividades eavisos de incidencias. Conteñen información sobre o pasado. Tamén podenconsistir na solicitude de ordes concretas ante imprevistos

  Fluxos verticais descendentes: De xefe a subordinado. Normalmente son ordes

(decisións e obxectivos a cumprir, plans a implantar, proxectos a desenvolver) ousolicitudes específicas de información para tomar decisións cara o futuro ou realizaralgún tipo de control.

Page 4: 1.Introdución_TIC-1

7/23/2019 1.Introdución_TIC-1

http://slidepdf.com/reader/full/1introduciontic-1 4/8

4

  Fluxos horizontais: Entre persoas o mesmo nivel de autoridade ou sen relaciónxerárquica directa. Adoitan consistir en informacións de coordinación para podermanexar responsabilidades compartidas. Constitúen o medio esencial paraadaptarse mellor ao mercado polo que se debe fomentar a existencia de canleshorizontais áxiles e eficaces. Son as que permiten romper a división departamentaldentro dunha organización e permiten implantar una forma de traballo baseada enprocesos (orientación ao cliente, usuario, cidadán, etc.)

Sistemas informáticos

Un Sistema Informático ou Sistema de Información Automatizado (SIA) permiteautomatizar os Sistemas de Información da empresa utilizando as tecnoloxías dainformación e comunicación ou TIC (ordenadores e redes).

Categorías de Sistemas Informáticos:

  Sistemas de Procesamento de Transaccións, que controlan as operaciónsrutineiras do día a día 

  Sistemas de Información para a Dirección (Business Intelligence ou BI ), taménchamados de apoio á toma de decisión que subministran información ao persoalexecutivo dos distintos niveis. 

  Sistemas de Información para Negocio (Enterprise Resource Planning  ou ERP): éunha aplicación de xestión empresarial que dá soporte ás distintas áreas funcionaisda empresa con vocación de integración e coordinación global. En realidade,adóitase compor dun conxunto de aplicacións ou módulos especializados en cadaárea (finanzas, recursos humanos, etc.) e que implanta á xestión de fluxos de

traballo (workflow ) entre os distintos usuarios e departamentos. Por exemplo, osERP de SAP. 

Estrutura dun sistema informático:

  Os recursos técnicos ou TIC (tecnoloxía da información e das comunicacións):parte material ou hardware   (ordenadores, compostos pola(s) unidade(s) central/isde proceso e periféricos para lectura, escritura, almacenamento e comunicación) eparte lóxica ou sof tware  (programas do sistema operativo – ou sistema de base – eaplicacións)

  Os recursos humanos: usuario final, operadores, programadores, analistas, etc.

Redes de comunicacións

  Conceptos básicos de redes de telecomunicacións o  Obxectivos dunha rede o  Conceptos sobre o proceso de comunicación 

  Normalización das redes de comunicacións o  Tipos de estándares o  Pila de protocolos TCP/IP 

  Conceptos sobre redes o  Elementos dunha rede 

Page 5: 1.Introdución_TIC-1

7/23/2019 1.Introdución_TIC-1

http://slidepdf.com/reader/full/1introduciontic-1 5/8

5

o  Tipos de redes o  Converxencia de telecomunicacións 

Conceptos básicos de redes de comunicacións

Hoxe en día é moi infrecuente encontrar ordenadores illados. Normalmente atópanseconectados entre si formando redes, sen acceso desde fóra da organización (Intranet)ou con conexión ao exterior, para todo o mundo (Internet) ou só para os clientes ecolaboradores da entidade (Extranet).

Rede de comunicacións: “conxunto de computadores ou outros dispositivosconectados   entre si mediante cables ou outros medios co fin de intercambiarinformación”

Obxectivos dunha rede:

  compartir recursos, como impresoras, unidades de almacenamento, acceso aInternet, etc.

  intercambiar información entre computadores ou outros dispositivos, como podeser ficheiros, correo electrónico, páxinas web, etc.

  distribuír carga, permitindo a varios computadores colaborar no procesamiento dedatos.

  achegar seguridade: permite establecer redundancias (información adicional paradetectar ou corrixir erros ou conexións alternativas), realizar copias de informaciónen puntos remotos, etc.

Conceptos sobre o proceso de comunicación

  Un EMISOR que envía INFORMACIÓN (MENSAXE)  dirixida a un RECEPTOR, através dunha CANLE de transmisión

   A información emítese utilizando CÓDIGOS  comprensibles polo emisor e oreceptor, mediante SINAIS físicos nuns tempos acordados (SINCRONIZACIÓN). Ainformación debe ser por tanto CODIFICADA  polo emisor e DE(S)CODIFICADA polo receptor.

   A información emitida e recibida debe ser idéntica. Evítanse erros medianteredundancia con CÓDIGOS DE CONTROL DE ERROS.

  O intercambio de información ten que estar rexido por unas normas ou

PROTOCOLOS. 

Un protocolo é un conxunto de regras e procedementos comúns normalizados ouestandarizados que gobernan o intercambio de información. 

Os PROTOCOLOS DE REDE establecen aspectos como: 

   As secuencias posibles de mensaxe que poden transmitirse durante o proceso dacomunicación.

   A sintaxe das mensaxes intercambiadas.  Mecanismos de actuación cando se detectan erros na transmisión.  Mecanismos para garantir a seguridade (autenticación, cifrado).

Normalización das redes de comunicacións

Page 6: 1.Introdución_TIC-1

7/23/2019 1.Introdución_TIC-1

http://slidepdf.com/reader/full/1introduciontic-1 6/8

6

Como se indicou os protocolos están estandarizados por un organismo denormalización.

Tipos de estándares

  Deiure 

: Establéceos un organismo oficialmente recoñecido.

Exemplo: O conxunto de protocolos do modelo OSI proposto pola ISO(International Standards Organization), representada en España por AENOR

  De facto :  Establéceos o mercado, normalmente un provedor ou grupo deprovedores, e poden ser pechados (propietarios) ou abertos (non propietarios)

Exemplo: A pila de protocolos TCP/IP utilizada en Internet

Pila de protocolos TCP/IP.

Os protocolos adoitan presentarse xuntos formando un conxunto ou pila de protocolosque cooperan entre sí. Por exemplo, o protocolo HTTP, que é o que usan as páxinasweb, apóiase no protocolo TCP que divide a mensaxe que se quere transmitir porInternet (por exemplo, unha páxina web dun servidor) en pequenos fragmentosnumerados chamados paquetes, que viaxan independentemente uns dos outros,grazas ao protocolo IP. Cada paquete leva as direccións dos ordenadores orixe edestino da mensaxe (que por iso se chaman direccións IP), os números respectivosque identifican qué aplicacións se están comunicando e que se chaman portos (porexemplo, o protocolo HTTP das páxinas web usa o porto ou socket 80), e o número desecuencia deste paquete dentro da mensaxe completa que é o que permite que o

protocolo TCP do ordenador cliente reconstruir a secuencia ordenada de paquetes damensaxe.

HTTPS, que usa o porto 443 permite transmitir, de xeito seguro, páxinas web cifradassobre Internet con autenticación e privacidade da información entre extremos,mediante o uso de encriptación SSL (Secure Socket Layer).

Page 7: 1.Introdución_TIC-1

7/23/2019 1.Introdución_TIC-1

http://slidepdf.com/reader/full/1introduciontic-1 7/8

7

Conceptos sobre redes

Elementos dunha rede.

  Medio de transmisión: O medio polo que se despraza o sinal.o  Guiados: Trátase de medios que conducen o sinal cara ao seu destino.

Normalmente trátase de cableado que transporta sinais eléctricos (cabletelefónico de pares, coaxial da televisión, de par trenzado UTP ou STP enredes locais Ethernet) ou luminosos (fibra óptica).

o  Non guiados: Trátase de medios como o aire ou o baleiro que non confinanos sinais, senón que estes se propagan libremente a través deles. Os sinaisadoitan ser de radio, microondas ou luz (infravermellos ou láser). Sonexemplos as redes sen fíos (wireless)  WiFi, a transmisión de radio, atelevisión analóxica ou dixital, os dispositivos Bluetooth ou o sistema RFID

  Dispositivos de transmisión: Elementos hardware que permiten a conexión dosdistintos dispositivos ou hosts á rede, así como o envío de mensaxes entre eles.

 Adóitanse chamar electrónica de rede ( tarxeta de rede, repetidores, módems,routers, etc).

Tipos de redes.

  Segundo a área xeográfica. o  WAN (Wide Area Network):  Rede de área extensa, que pode abarcar

100km ou máis, cubrindo países ou continentes. (Ex. RedIris).o  MAN (Metropolitan Area Network): Rede de área metropolitana, de alta

velocidade (banda ancha), cun alcance de decenas de quilómetros.

(Exemplo, rede dun campus ou dun polígono industrial)o  LAN (Local Area Network): Rede de área local, limitada a unha oficina,departamento, edificio ou conxunto de edificios en moi poucos quilómetros.Chamase WLAN a unha LAN sen fíos.

o  PAN (Persoal Area Network):  Rede de área persoal, de alcance moireducido, con tecnoloxías como Bluetooth ou infravermellos.

  Segundo a organización xerárquica o  Rede cliente-servidor : Uns nodos (computadores ou periféricos),

denominados SERVIDORES, ofrecen servizos ou recursos aos demais,denominados CLIENTES ou ESTACIÓNS DE TRABALLO. Poden serservidores de disco, de impresión, web, de acceso a Internet, etc.

o  Rede entre iguais (peer to peer  ó P2P): Todos os nodos (computadores ouperiféricos) poden recibir e enviar información, actuando indistintamentecomo clientes ou servidores.

  Segundo o propietario da rede.o  Redes privadas: O propietario dispón da rede para o seu uso propio.o  Redes públicas: O propietario, denominado operador de telecomunicacións,

aluga os servizos da rede. Un exemplo é a RTB (rede de telefonía), as liñasde datos X.25 ou FR (Frame Relay), etc.

o  Redes privadas virtuais (VPN):  O cliente aluga os servizos dunha redepública de forma permanente, simulando a existencia dunha rede privada.Permite a extensión da rede local sobre unha rede pública ou non controlada

(p.e. Internet). Úsase para conexión punto a punto entre oficinas remotas(p.e. as entidades bancarias) ou para conexión de postos remotos a travésde canles seguras (túneles) mediante cifrado.

Page 8: 1.Introdución_TIC-1

7/23/2019 1.Introdución_TIC-1

http://slidepdf.com/reader/full/1introduciontic-1 8/8

8

  Segundo a agregación da rede.o  Redes de acceso: Permiten o acceso dun usuario aos servizos ofrecidos

polo provedor (operador de telecomunicacións). Adóitase denominar “aúltima milla” a ligazón ao domicilio do usuario. Utiliza tecnoloxías de mediosguiados (como RDSI, ADSL, cablemódem, a propia rede eléctrica, fibraóptica, etc) ou non guiados (sen soporte material, como WiMAX, GSM, WiFi,Bluetooth, etc.)

o  Redes de transporte ou troncais: É a rede propiedade do operador quepermite a prestación dos servizos, transportando as mensaxes de moitosusuarios desde e cara as redes de acceso, pero sen ter aboados conectadosdirectamente. Adoita tratarse de liñas de moi alta capacidade. Utilizatecnoloxías como ATM ou SDH.

Converxencia de telecomunicacións 

 A converxencia tecnolóxica consiste na integración dentro dun mesmo dispositivo de

tecnoloxías inicialmente identificadas con servizos independentes. Velaí uns exemplos:   VoIP: A Voz sobre IP consiste na transmisión de voz a través dunha rede de datos

con protocolo IP. Evita ter que dispor de redes distintas para voz e datos. Cadadispositivo (computador ou teléfono) ten a súa propia dirección IP. 

  TDT: A Televisión Dixital Terrestre aplica tecnoloxía dixital ao sinal de televisión,para logo transmitila por medio de ondas hercianas terrestres , é dicir, aquelas quese transmiten pola atmosfera sen necesidade de cable ou por satélite e recíbensepor medio de antenas UHF convencionais.

  GPS: O sistema Global Positioning System é un sistema de posicionamento quepermite determinar a posición a partir dunha serie de satélites que emiten un sinal

coa súa posición e hora, que é recibida polo dispositivo GPS. A partir dos sinaisrecibidos (como mínimo 3), o dispositivo GPS é capaz de triangular e calcular a súaposición. Combinado cun sistema de información xeográfica (GIS: sistemacartográfico ou de mapas) permite prestar un servizo de navegación paradesprazarse de forma eficiente, rexistrar rutas e obter información de tráfico, depuntos de interese, etc.