2. mel e fel en prodeso

1
Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo Para todos os que participastes activamente en Namorando de Ferrol. Para Mª Xosé Martínez, Fran e Celia, que deixaron a súa pegada nos nosos corazóns. Para a calidade do pavillón, dos vestiarios e das mesas de pimpón. Para os que usan os encerados dixitais. Para o magnífico traballo das limpadoras que manteñen limpo o instituto. Para os concursos de Dinamización. Para as actividades complementarias e a actuación de Lilí Berlín, por exemplo. FEL FEL FEL FEL FEL FEL FEL para os profesores que nos esixen demasiado, cama se só nos tivésemos que ocupar da súa materia FEL para os compañeiros que molestan aos demais e non respectan o material de todos. FEL para os adictos ás tecnoloxías: viven só por e para as máquinas! FEL para os exames pola tarde. FEL para os borradores que están feitos un noxo e para as persianas que non abren. FEL para os que non manteñen limpos e coidados o instituto e a cidade. FEL para o incumprimento da hora de lectura por parte dalgúns profesores FEL para a herba das pistas que está sen cortar e cando cae un balón é difícil de ver. DESPEDIDA Rematou o curso e os membros do Equipo de Dinamización Lingüística queremos agradecer a colaboración a todos os integrantes da Comunidade educativa que participaron connosco, sen eles o noso labor sería practicamente imposible. Estamos moi satisfeitos do resultado da maioría das actividades que se realizaron e que axudaron a darlle visibilidade á nosa lingua de maneira interdisciplinar e globalizada, pois nunca contamos coa colaboración de tantos departamentos. Ademais das actividades xa clásicas de visita de escritores, cine, teatro, saídas culturais, recitados, club debate, exposicións, xogos... este ano desenvolvemos dous proxectos novos : Namorando de Ferrol e Correspondentes xuvenís que nos permitiron navegar en galego en novos mares e enrolar na nosa tribulación a novos “ mariñeiros da linguaxe” como dicía Celso Emilio. O achegamento á nosa cidade e a información de primeira man sobre todos os temas de interese para os rapaces foron os eixos sobre os que rodaron estes proxectos. O curso que vén seguiremos bogando con ilusión e esperamos seguir contando convosco. Feliz verán! Dirección: EDLG (Carme Fernández e Corona Tato) e equipo redactor (Irene Arto, Mateo Buján, Sandra Díaz, Darío García, Sara González, Laura Lage, María Prieto Saavedra, Mª Prieto Solano, Marta Rodríguez, María Suárez e Nerea Teijeiro) Colaboradoras imprescindibles: Mª José Beceiro, Mª Xosé Martínez, Victoria Piñeiro, Mª Ríos, Fran e Jose, Montse. SUMARIO: PORTADA MELES E FELES MÚSICA CINE COLABORACIÓNS ARTE E DESASTRE ENTREVISTAS NAMORANDO DE FERROL PERSOEIROS QUEN É QUEN AS VIÑETAS DE FRAN DESPEDIDA Moitas grazas a todos os colaboradores e colaboradoras de Nós, Tamén. Seguimos contando convosco.

Transcript of 2. mel e fel en prodeso

Page 1: 2. mel e fel en prodeso

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

Para todos os que participastes activamente en Namorando de Ferrol.

Para Mª Xosé Martínez, Fran e Celia, que deixaron a súa pegada nos

nosos corazóns.

Para a calidade do pavillón, dos vestiarios e das mesas de pimpón.

Para os que usan os encerados dixitais.

Para o magnífico traballo das limpadoras que manteñen limpo o instituto.

Para os concursos de Dinamización.

Para as actividades complementarias e a actuación de Lilí Berlín, por

exemplo.

FEL FEL FEL FEL FEL FEL FEL para os profesores que nos esixen demasiado, cama se só nos tivésemos que ocupar da

súa materia

FEL para os compañeiros que molestan aos demais e non respectan o material de todos.

FEL para os adictos ás tecnoloxías: viven só por e para as máquinas!

FEL para os exames pola tarde.

FEL para os borradores que están feitos un noxo e para as persianas que non abren.

FEL para os que non manteñen limpos e coidados o instituto e a cidade.

FEL para o incumprimento da hora de lectura por parte dalgúns profesores

FEL para a herba das pistas que está sen cortar e cando cae un balón é difícil de ver.

DESPEDIDA Rematou o curso e os membros do Equipo de Dinamización Lingüística queremos agradecer a colaboración a todos os integrantes da Comunidade educativa que participaron connosco, sen eles o noso labor sería practicamente imposible. Estamos moi satisfeitos do resultado da maioría das actividades que se realizaron e que axudaron a darlle visibilidade á nosa lingua de maneira interdisciplinar e globalizada, pois nunca contamos coa colaboración de tantos departamentos. Ademais das actividades xa clásicas de visita de escritores, cine, teatro, saídas culturais, recitados, club debate, exposicións, xogos... este ano desenvolvemos dous proxectos novos : Namorando de Ferrol e Correspondentes xuvenís que nos permitiron navegar en galego en novos mares e enrolar na nosa tribulación a novos “ mariñeiros da linguaxe” como dicía Celso Emilio. O achegamento á nosa cidade e a información de primeira man sobre todos os temas de interese para os rapaces foron os eixos sobre os que rodaron estes proxectos. O curso que vén seguiremos bogando con ilusión e esperamos seguir contando convosco.

Feliz verán!

Dirección: EDLG (Carme Fernández e Corona Tato) e equipo redactor (Irene Arto, Mateo Buján, Sandra Díaz, Darío García, Sara González, Laura Lage, María Prieto Saavedra, Mª Prieto Solano, Marta Rodríguez, María Suárez e Nerea Teijeiro) Colaboradoras imprescindibles: Mª José Beceiro, Mª Xosé Martínez, Victoria Piñeiro, Mª Ríos, Fran e Jose, Montse. SUMARIO:

PORTADA MELES E FELES MÚSICA CINE

COLABORACIÓNS ARTE E DESASTRE ENTREVISTAS NAMORANDO DE FERROL

PERSOEIROS QUEN É QUEN AS VIÑETAS DE FRAN DESPEDIDA

Moitas grazas a todos os colaboradores e colaboradoras de Nós, Tamén. Seguimos contando convosco.