21. ficha/as bruxas - anayainfantilyjuvenil.com · Mimpins, El gran gigante bonachón, El vicario...

12
1 As bruxas XERAIS Título: As bruxas Autor: Roald Dahl Ilustrador: Quentin Blake Editorial: Xerais Colección: Merlín Nº páxinas: 256 ISBN: 84-8302-918-9 Idade: De 11 anos en diante

Transcript of 21. ficha/as bruxas - anayainfantilyjuvenil.com · Mimpins, El gran gigante bonachón, El vicario...

Page 1: 21. ficha/as bruxas - anayainfantilyjuvenil.com · Mimpins, El gran gigante bonachón, El vicario que hablaba al revés, El rector de Nibbleswicke, El ... Esas preguntas poden ser

1

As bruxas

XERAIS

Título: As bruxas

Autor: Roald Dahl

Ilustrador: Quentin Blake

Editorial: Xerais

Colección: Merlín

Nº páxinas: 256

ISBN: 84-8302-918-9

Idade: De 11 anos en diante

Page 2: 21. ficha/as bruxas - anayainfantilyjuvenil.com · Mimpins, El gran gigante bonachón, El vicario que hablaba al revés, El rector de Nibbleswicke, El ... Esas preguntas poden ser

2

o autorRoald Dahl

Autor británico, fillo de noruegueses, nadoen Gales en 1916.Cando estala a Segunda Guerra Mundialincorpórase á Royal Air Force comopiloto de combate, pero un accidenteaéreo retírao do servicio facilitándolle adedicación á creación literaria.Neste campo escribirá novelas e contospara adultos, guións cinematográficose, sobre todo, obras para o públicoinfantil que o converten nun dos escri-tores máis lidos no último século. Entreelas podemos citar Charlie e a fábrica dechocolate, As bruxas, Matilda, James y elmelocotón gigante, Charlie y el ascensor devidrio, El dedo mágico, La maravillosa medi-cina de Jorge, ¡Qué asco de bichos!, LosMimpins, El gran gigante bonachón, El vicarioque hablaba al revés, El rector de Nibbleswicke, Elcocodrilo enorme, La jirafa, el pelícano y el zorro, Los cre-tinos, El Superzorro,Versos perversos, Cuentos en verso para niños perversos, Puchero derimas, Mi año, Boy: relatos de infancia e Volando solo.Moita da súa obra é autobiográfica, non só as últimas citadas, que teñen esa conside-ración, senón tamén as outras nas que vai deixando as pegadas daquilo que o marcoudefinitivamente como a orfandade de pai dende moi pequeno ou o seu paso polasescolas de férrea disciplina e mestres ou compañeiros crueis.Morreu o 23 de novembro de 1990.

Page 3: 21. ficha/as bruxas - anayainfantilyjuvenil.com · Mimpins, El gran gigante bonachón, El vicario que hablaba al revés, El rector de Nibbleswicke, El ... Esas preguntas poden ser

3

resumo argumentalUn rapaz queda orfo mentres pasa as vacacións en Noruega. A partir de aí vivirá coasúa avoa sempre e con ela irá aprendendo canto hai que saber das bruxas.Xuntos han de enfrontarse coa terrible Asociación de Bruxas de Inglaterra reunidasno Congreso Anual baixo a aparencia de mulleres normais que celebran unha con-vención nun hotel.O gran empeño das bruxas é exterminar aos nenos: ódianos, resúltanlles sucios efedorentos e son os seus grandes inimigos. Xustamente a Gran Bruxa acaba de ato-par a fórmula para acabar con eles. O neno, que estaba agochado na sala, escóitaa. A pesar de ser un dos primeiros aos que lles toca sufrir as consecuencias desa receitamáxica, coa axuda da súa avoa conseguirá castigar ás bruxas coa súa propia arma.Un neno convertido en rato para sempre e unha velliña que o segue a querer exacta-mente igual. As conversas entre eses dous seres doces e marabillosos, os seus planspara seguir exterminando bruxas mentres teñan vida, enchen o mundo dunha ten-rura que fai medrar a esperanza.

ilustraciónQuentin BlakeNacido en Kent en 1932. Estudiou a carrei-ra de lingua inglesa en Cambridge. Duranteanos foi director do departamento de ilustra-ción do Royal College of Art, onde actual-mente é profesor honorífico.Leva publicados máis de vintecinco libros.Recibiu o Premio Nacional dúas veces e oPremio The Children´s Laureate, distinciónque recoñece a súa traxectoria e contribuciónao mundo da literatura infantil inglesa.Ilustra case a totalidade das obras de RoaldDahl, creándose unha gran complicidadeentre texto e imaxe, que dará lugar á con-xunción de dous vocabularios que forman unha única obra artística. Dahl dálle unhagran importancia á ilustración no libro, razón pola que é esixente coa calidade damesma ao tempo que ten a intuición do que os nenos queren ao respecto.Estas ilustracións caracterízanse por unha grande expresividade nun mínimo de liñas.Comunica a inocencia, a inxenuidade, a dozura, a tenrura, a admiración… colocandonas posturas máis expresivas a neto e avoa… Un traballo moi serio no que se tocan dife-rentes planos, elixindo dunha maneira magnífica os momentos a representar.

Page 4: 21. ficha/as bruxas - anayainfantilyjuvenil.com · Mimpins, El gran gigante bonachón, El vicario que hablaba al revés, El rector de Nibbleswicke, El ... Esas preguntas poden ser

4

temáticaAs bruxas

Dise que aínda que non se vexan, habelas hainas. Forman parte dos nososmedos dende sempre e teñen unha gran tradición tanto nos contos fan-tásticos coma nos populares. Son, dalgunha maneira, a representación do

mal e o engano. Fronte a elas, neste caso, Dahl coloca aos nenos, na figura de Danny,un rapaz bo, cheo de sentimentos bondadosos; o neto ideal para calquera avoa.

O afecto da avoa

Un amor eterno sexa o que el sexa. Só hai que observar como o acariñacando é rato ou escoitalos cando falan:—«Queridiño –dixo ela ao cabo–, ¿estás seguro de que non che importa

ser un rato o resto da túa vida?»—«Non me importa nada –dixen–. Non importa quen es ou que semellas se alguén chequere.»

Plan de vida

Danny e súa avoa son felices a pesar dos contratempos que teñen. Ambosqueren seguir vivindo xuntos e sos ata o final. Comparten un obxectivo navida: acabar coas bruxas, e niso pensan ocupar o tempo que lles queda…

Educación para a saúde

Ao longo do libro aparecen unha serie de temas relacionados coa saúdecomo son a hixiene e a alimentación. Certamente a avoa non é un exem-plo a poñer: non quere que o neto se bañe para non cheirarlle ás bruxas e

chega a ofrecerlle de fumar. ¡Menos mal que el é un neno responsable que se lava regu-larmente e non acepta o cigarro aducindo que é un rapaz! Tamén está presente o casode Bruno, ese neno que non para de comer nin sequera cando se converte en rata; ocomportamento da súa familia, neste caso, é totalmente negativo pois non lle pon nin-gún límite e, chegado a algún extremo, o único que fai é aplicarlle aceite de rícino.

Page 5: 21. ficha/as bruxas - anayainfantilyjuvenil.com · Mimpins, El gran gigante bonachón, El vicario que hablaba al revés, El rector de Nibbleswicke, El ... Esas preguntas poden ser

5

temáticaA relación avós/netos

É moi especial. Dende sempre uns necesitan dos outros para compartirtempo e atencións. Son relacións nas que a responsabilidade e as esixenciasnon están tan presentes e, ademais, ambos sofren menos abafo co tempo.

Vellos e novos poden, xa que logo, complementarse, compartir compañía e afecto.

As transformacións

Ó longo da vida sufrimos transformacións máis ou menos controladas:medramos e facémonos vellos. Pero hai outras súbitas, coma as que poi-dan ser consecuencia de accidentes ou estas literarias. As transformacións

que sofren os personaxes de ficción son as que nos ocupan neste caso.

Page 6: 21. ficha/as bruxas - anayainfantilyjuvenil.com · Mimpins, El gran gigante bonachón, El vicario que hablaba al revés, El rector de Nibbleswicke, El ... Esas preguntas poden ser

6

actividadesDo libro

• ¿Cal é o nome do rapaz protagonista? De non atopalo, deberás poñerllo ti.• ¿En que países vive? Busquemos algún parágrafo nos que apareza a descrición deseslugares e leámoslla aos demais.• ¿De onde se di que viñeron as bruxas? ¿Por que será?• A avoa era moi especial. Podes buscar datos que o demostren.• ¿Cantos nenos, que desapareceron víctimas das bruxas, coñeceu a avoa? • ¿Por que non debe lavarse moito segundo súa avoa?• Vai tomando nota de tódolos detalles, tal e como a avoa lle vai explicando, para reco-ñecer as bruxas.• ¿Como se dan conta as bruxas da proximidade dos nenos?• «En Noruega hai máis bruxas que en Inglaterra, pero as inglesas son as máis crueisdo mundo», di a avoa. ¿Como argumenta esta afirmación? • ¿Que é o peor que lle pode pasar a un neno?• ¿Que será un bruxólogo? ¿Coñeces algún?• ¿Cada canto tempo se celebra o Congreso de Bruxas e quen asiste a el?• ¿Cal é a característica –que sinala a avoa– das bruxas americanas?• ¿Que peixes se pescan en Noruega? Podes atopar a resposta no libro ou buscala noutros.• ¿Que usaban como cebo a avoa e seu irmán cando pescaban?• Expliquemos en que consiste a Sociedade Secreta de Bruxas e que fai a Gran BruxaSuprema de Todo o Mundo.• «Temos bruxa no barrio», di a avoa despois de primeiro encontro que tivo o nenocunha delas. ¿Como foi?• Nas vacacións de verán tiñan pensado viaxar a Noruega pero a pneumonía que sofrea avoa impídello. ¿A onde irán daquela?• A avoa regálalle un par de ratos brancos que el adestra. ¿Que trucos lle ensina? ¿Conque se axuda? Ser o dono dun circo de ratos brancos é o soño da súa vida, pero xur-dirán contratempos. ¿Cales?• ¿A que responden as siglas RSPCN?• ¿Cantas mulleres habería no congreso da RSPCN?• ¿A que chamará nenicidas? Crea outras palabras seguindo a mesma fórmula.• ¿Que é o Facedor de Ratos de Acción Retardada?• Aínda que a meirande parte do libro está narrado en primeira persoa, hai momen-tos determinados nos que o neno nos fala directamente aos lectores, usando a segun-da persoa. Buscade algún.• ¿Cal é o plan que a gran bruxa preparou para acabar cos nenos? ¿Que é o que con-sideras máis cruel dese plan?• A Gran Bruxa díctalles a receita ao resto das bruxas. Redáctao a modo dunha recei-ta tradicional co seu debuxo correspondente.

Page 7: 21. ficha/as bruxas - anayainfantilyjuvenil.com · Mimpins, El gran gigante bonachón, El vicario que hablaba al revés, El rector de Nibbleswicke, El ... Esas preguntas poden ser

7

actividades• Describe a Bruno Jenkins.• ¿Que estratexias utilizan as bruxas para atrapar ao protagonista na Salón de Baile?• ¿A que se chama «que te fritan»?• Nalgún caso tense realizado un concurso entre os lectores dun libro en base a for-mular interrogantes dos que sabemos as respostas despois de lelo. Esas preguntaspoden ser realizadas polo alumnado que vai participar, polo profesorado ou, nestecaso, aproveitando as que aparecen nesta ficha… Pódense establecer diferentes faseseliminatorias e contar cunha final.

Do que aparece no libro

• Comeza o libro cun apunte tocante ás bruxas no que se nos avisa de que as bruxasdos contos de fadas non son as verdadeiras. As de verdade «…visten traxes normais eseméllanse moito ás mulleres normais. Viven en casas normais e fan traballos nor-mais». De aí que sexa tan difícil descubrilas. Debemos lembrar que a súa característi-ca principal é que odian aos nenos e o que o seu obxectivo é desfacerse deles. Sabidoisto, ¡poñámonos á tarefa de descubrir bruxas! Non debe ser tan complicado. Fai a túapropia lista de personaxes reais ou de ficción que che parezan bruxas.• Tamén se nos di que a bruxa non é unha criminal das que colle a policía, senónalguén quen ten poderes, maxia nos dedos, e te pode facer desaparecer. Vexamos casosde nenos e nenas desaparecidos; vexamos como fan os seus pais para tentar atopalos.Observemos e, nalgún momento, podemos colaborar nesas tarefas.• Explícasenos que as bruxas son sempre mulleres, igual que os trasnos e os vampirosson sempre homes. ¿Estás dacordo nisto? Podedes disentir e ir colocándolle o sexo queconsideredes máis conveniente a cada unha desas criaturas.• Tamén se nos di que a bruxa é a criatura máis perigosa da terra, xustamente porquenon o parece. Daquela faiche dubidar e nunca terás a seguranza de se realmente estásante unha bruxa ou unha encantadora señora. Imaxina que non puideses distinguirentre un tigre e un can; isto colocaríache nunha situación realmente arriscada.Seguramente tes experiencias en relación a persoas –animais, cousas…– que non erano que parecían e o desconcerto e a desconfianza que deixaron en ti. Falade diso.• O narrador estase dirixindo aos lectores –nenos e nenas–; vai falando en segunda per-soa deste perigo e mesmo lles fai desconfiar da profesora que lles poida estar lendo estelibro pois é improbable que ela sexa bruxa pero non imposible. Expliquemos a diferen-cia entre improbable e imposible. Logo poderemos xogar con ese prefixo que vai creandopalabras contrarias e buscar a maior cantidade posible delas coa axuda do diccionario.• Despois dese primeiro capítulo de aviso, o narrador vai contarnos a súa propia historia:como morren os seus pais cando el só conta sete anos, os seus encontros coas bruxas e oxeito que tivo de salvalo a súa marabillosa avoa. ¿Como imaxinades todo isto antes de lelo?

Page 8: 21. ficha/as bruxas - anayainfantilyjuvenil.com · Mimpins, El gran gigante bonachón, El vicario que hablaba al revés, El rector de Nibbleswicke, El ... Esas preguntas poden ser

8

actividades• Podemos distribuírnos en dous grupos de traballo: un buscará documentación sobreNoruega e outro sobre Inglaterra. Logo elixiremos uns portavoces que presentarán ainformación.• A avoa é unha gran narradora de contos. Non esquezas que moita outra xente podeselo, pero para descubrilo terás que aprender a escoitar. Despois poderás compartir costeus compañeiros e compañeiras as historias, tal e como fai o noso protagonista quenos avisa do perigo das bruxas despois de oír á súa avoa.• Pódense realizar algunhas sesións de contacontos por parte da avoa ou avó dalgúndos alumnos ou dalgunha outra persoa que queira pasar pola aula.• Aparecen comparacións do tipo de «un mundo exterior tan negro coma o chapa-pote», «estar subido a un castiñeiro coas follas novas era como estar nunha grande covaverde», «a avoa é coma un vello paxaro forte», «rolaba o r na boca coma se fora unhafritura de coiro de porco quente antes de cuspilo», «as súas voces eran coma un corode tornos de dentista renxendo uns contra outros», «a súa voz era cortés e doce comao xarope», «queimaban como se fosen ladrillos quentes»… Podedes xogar a manter undos termos e cambiar o outro, ou crear comparacións propias tentando que sexan omáis orixinais posible.• Unha das nenas que as bruxas raptaron aparece nun cadro, móvese por el sen queninguén se dea conta e mesmo vai cambiando de idade ao longo do tempo. Esta podeser unha idea xenial para crear unha historia: alguén que pasa a vivir nun cadro. Paraisto, o primeiro que debemos facer é buscar un cadro que nos guste e, a continuación,meter nel o nosa personaxe por medio dunha montaxe.• Outra das nenas foi convertida en galiña e os pais tivérona vivindo no galiñeiro. Denovo podemos xogar facendo montaxes e colocando a cara de alguén na cabeza dunanimal. Unha vez teñamos lista a ilustración podemos comezar a escribir a historia.Esta última actividade pode lembrarnos un relato de Gabriel García Márquez tilulado«Un señor muy viejo con unas alas enormes» e que está publicado con ilustracións deCarme Solé Vendrell. Lerllo á rapazada será abrirlle unha porta a un escritor e a unestilo moi especial.• Lembremos en que se converten os outros nenos desaparecidos. Logo podemos veren que se nos ocorre que se poderían transformar outros rapaces e crear novas histo-rias.• A avoa é pouco convencional, ás veces parece que ten máis sentidiño o neno ca ela,coma cando o anima a fumar puros e el dille que aínda é moi novo para iso. ¿Acórdastedalgún outro detalle?• O neno fai conxecturas tentando adiviñar como perdeu a avoa o polgar. ¿Cales?Agora pensa ti…• Un dos poucos xogos do neno que se recollen neste relato é a construcción dunhacabana nunha árbore. Falade destas cabanas, de se as tendes ou non, se vos gustarían…Podedes realizar deseños ou maquetas de cabanas deste tipo que logo expoñeredes.

Page 9: 21. ficha/as bruxas - anayainfantilyjuvenil.com · Mimpins, El gran gigante bonachón, El vicario que hablaba al revés, El rector de Nibbleswicke, El ... Esas preguntas poden ser

9

actividades• Ás veces, os nomes tapan a realidade dicindo o contrario do que representan, nunhaespecie de contradicción absurda. Isto sucede coa Real Sociedade para a Prevención daCrueldade cos Nenos. ¿Decátaste dalgún outro caso?• O soño do rapaz era ter un circo. ¿Cal é o teu? ¿Que queres ser de grande?• «O sangue xeóuseme nas veas», «boteime a tremer enteiriño»… ¿Que máis sentes ticando te asustas moito?• Canto máis poderosa é unha bruxa menos se nota que o é. Cando a Gran Bruxa sequita a máscara vese a súa cara espantosa, cunha mirada de serpe… O neno queda hip-notizado polo horror porque hai algo podre e antinatural nesa muller. ¿Que é o quemáis che horroriza a ti?• O mítin das bruxas, con todas elas aclamando e seguindo á Gran Bruxa, pode lem-brarche algún outro acto público como…• A Gran Bruxa fala dunha maneira estraña. A ver se es capaz de explicar cal é a normadese código.• «¡Es fantabulosa!», dinlle as bruxas á súa xefa. ¿Como crean esa palabra? ¿Seriadescapaces de inventar outras utilizando o mesmo método?• Inventemos unha receita, como fixo a gran bruxa; pero a nosa servirá para un bo fin. ¿Quese vos ocorre? ¿Facer feliz a todo o mundo, pacificar a terra, acabar coas enfermidades…?• ¿Coñeces alguén que, como Bruno Jenkins, estea sempre comendo? ¿Ou alguén tancruel como el cando ía queimando as formigas coa lupa?• O terror poñíalle ás nos pés ao noso protagonista, os nervios poñíanlle cóxegas noestómago, a ledicia poñíalle bolboretas nas mans… ¡Continúa ti!• Cóntasenos a transformación de neno a rato. Hai outras moi famosas coma A meta-morfose escrita por Kafka, da que nos pode ler un fragmento o profesor.• O neno é capaz de poñerse a reflexionar sobre a diferencia entre ser neno e rato, oque ten de bo cada un dos estados. Podemos atopar este texto na páxina 138 e, des-pois de repasalo, opinar entre todos.• «A miña avoa é un humano, pero sei de certo que ela me quererá sempre, sexa o quesexa», di o noso rato-neno. Esa seguridade no afecto da avoa non pode deixar de sor-prendernos e marabillarnos, pois certamente a velliña quereríao aínda que só foseterra. Falemos dese amor que está por riba do que se é, de como se é, do que se espe-ra dun, de se cubre ou non as expectativas…• Os nenos protagonistas das novelas de Roald Dahl son bos e, ademais, teñen ideasxeniais. ¿Cal é a gran idea deste?• Cando quere dicir como era o fedor das bruxas, di que lle lembra ao cheiro dos ser-vicios públicos de homes na estación de ferrocarril. Buscade aquilo que vos cheiremoito, os cheiros insoportables… E, para contrarrestar, anotade tamén aqueles aromasque vos atraian, os recendos que vos gusten.• No Entroido e, sobre todo, no día de halloween, hai costume de disfrazarse de bruxa.Explica como vestirte e maquillarte.

Page 10: 21. ficha/as bruxas - anayainfantilyjuvenil.com · Mimpins, El gran gigante bonachón, El vicario que hablaba al revés, El rector de Nibbleswicke, El ... Esas preguntas poden ser

10

actividades• Busquemos os nomes de bruxas e bruxos famosos. Indaguemos a súa historia.• Nalgunha época as mulleres que eran acusadas de bruxería morrían na fogueira.¿Recordas algún destes casos?• As bruxas levarán co seu pau, o neno e a súa avoa acabarán aplicándolles a súa pro-pia medicina. ¿Tes observado isto nalgunha outra ocasión?• A avoa diríxese ao neto con diferentes nomes afectivos: queridiño, ceo, meu ben…Enumera outras maneiras cariñosas de chamalo.• Un rato no comedor ou na cociña sofre realmente perigo, por iso a avoa axúdaofacéndolle decatarse de que ten un rabo que pode utilizar para agarrarse, algo no queel non caera. Convértete no teu animal preferido e escribe unha historia en primeirapersoa contando como utiliza todo o seu corpo.• «O meu era un mundo de alfombras, patas de mesa e de cadeiras, e pequenos recan-tos tras dos mobles grandes. Non se podía abrir unha porta pechada e non se podíaacadar algo que estivese enriba da mesa.» Convertidos no animal decidido na activi-dade anterior, faredes unha redacción que comece igual que esta: «O meu era unmundo de…»• Cando o noso neno-rato está na cociña móvese coma un acróbata tal cal, coma se elformase parte dese circo de ratos do que quería ser dono. Ademais, infórmase de algoque nunca deberían saber os clientes dun restaurante. ¿A que cres que nos estamosreferindo?• Os camareiros na cociña van dicindo os pedidos, nomeando os pratos… ¿Cantascomidas diferentes seriades capaces de ir enumerando?• A figura da avoa, tal como aparece nos debuxos e nos é presentada no texto, repre-senta a tenrura, cos seus zapatos negros pasados de moda con fibelas e botóns, as rou-pas cos encaixes… ¿Con que representarías ti a tenrura?• No conto da Cincenta os ratos convértense en carroza… Debaixo da cama da granbruxa hai sapos; ¿en que adoitan converterse estes? Repasemos esas historias de enmei-gados.• A avoa vai inventando trebellos para lle facer a vida un pouco máis sinxela: escalei-riñas estreitas e altas para subir ás mesas, un aparato abridor de portas, un sistemaenxeñoso para prender a luz… Se te converteses no animal que pensastes, ¿que tipo detrebellos tería que inventar para ti a avoa?• A avoa compara as bruxas coas abellas pois, cando morre a raíña, hai outra dispostaa tomar o relevo. Acabaron coas bruxas inglesas e coa gran bruxa, pero pronto haberáunha nova xefa; e quedan en pé o resto das bruxas do mundo… hai un momento dedesesperanza cando o pequeno rato-neno se dá conta de que non venceron ás inimi-gas, pero logo artellan un plan que durará o resto das súas vidas, un plan no que inter-virán tamén gatos e que será divertido e emocionante. ¿De que se trata?• Pódese ir resumindo cada un dos capítulos despois da lectura, contarllo uns a outros,escribilo… Áo tempo, pódenselle cambiar os títulos, facéndoos máis longos e descri-

Page 11: 21. ficha/as bruxas - anayainfantilyjuvenil.com · Mimpins, El gran gigante bonachón, El vicario que hablaba al revés, El rector de Nibbleswicke, El ... Esas preguntas poden ser

11

actividadestivos, no estilo de De como son as bruxas verdadeiras e do difícil que é distinguilas…• ¿Que terá pasado con Bruno? ¡Inventade o final da súa historia!• Elixide a ilustración que máis vos guste e explicade a razón.• ¿A que momento da historia corresponde a ilustración da portada?• Para decorar a aula, mentres estamos lendo o libro, podemos facer un móbil de bru-xas que poida mover o vento.• ¡Continuade agora vos a novela e ide adiantando que pasará!

Do libro

• Podemos buscar outros libros de Roald Dahl e facer unha exposición con eles.• O normal é que, se este libro lles gustou, se animen a ler outros deste autor polo quedebemos darlles esa oportunidade téndoos á man.• Se algún compañeiro ou compañeira xa os coñece porque os teña lido poderá facer-nos unha presentación ou recomendación dalgún dos títulos.• No fondo, estamos ante a historia dun neno orfo de nai que vive unicamente coa súaavoa. Esta situación pode dar pé a outras historias de orfos famosos, os títulos das calespoderán ser achegados polo alumnado.• O gran tema do libro son as bruxas. Podemos buscar libros que traten sobre as bru-xas ou nos que elas aparezan como personaxes. Podemos tamén buscar datos acercadesta temática nalgunha enciclopedia.• Podemos buscar contos nos que interveñan os ratos, dende O frautista de Hamelínata A ratiña presumida, O rato Pérez…

Page 12: 21. ficha/as bruxas - anayainfantilyjuvenil.com · Mimpins, El gran gigante bonachón, El vicario que hablaba al revés, El rector de Nibbleswicke, El ... Esas preguntas poden ser

12

Pedidos a:

Comercial Grupo AnayaP o l í g o n o d e B e r g o n d o1ª Travesía - Parcela B115.165 Bergondo (A Coruña)Telf.: 981 795 656 / Fax: 981 795 660

EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA

XERAISDoutor Marañón, 12. 36211 VigoApartado Postal 1446. 36200 VigoTeléfonos (986) 21 48 88 - 21 48 80T e l e f a x : ( 9 8 6 ) 2 0 1 3 6 6Correo electrónico: [email protected] t t p : / / w w w . x e r a i s . e s /

© Pilar Sampedro Martínez, 2003© Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2003Depósito legal: VG. 942-2003