2.tricóptero, hidropsíquido. katia y anggy

3
Tricópteros Semellantes a polillas de tamaño pequeno; teñen ás membranosas e máis ou menos densamente pubescentes e mantidas en teito sobre o dorso en reposo. Larvas acuáticas, máis ou menos eruciformes (de eiruga) e que viven xeralmente en estoxos; corpo rematado en apéndices caudais ganchudos. A familiaridade dos tricópteros redúcese polo xeral aos estoxos portadores de larvas. Os adultos son predominantemente de coloración escura, xeralmente pardos. Non é frecuente velos voar. Descansan sobre vexetación. Moitas especies son nocturnas. As pezas bucais están adaptadas a lamer alimento fluido. Nas súas afinidades xerais son próximos ós Lepidópteros. Bioloxía: Poñen os ovos sobre a vexetación acuática ou sobre árbores que colgan. Son depositados en masas cubertas por un mucílago. Os estoxos son tubulares. Por unha abertura, a máis ancha, sobresae o insecto. A posterior soe ser máis pequena e está frecuentemente protexida por unha placa de seda perforada. A larva realiza movementos ondulatorios co abdome e mantén o seu corpo en constante contacto ca auga, saíndo fora a partir da abertura posterior do estoxo. No seu extremo a larva ten un par de pinchos que lle permiten suxeitarse ao estoxo e arrastrarse.

Transcript of 2.tricóptero, hidropsíquido. katia y anggy

Page 1: 2.tricóptero, hidropsíquido. katia y anggy

Tricópteros

Semellantes a polillas de tamaño pequeno; teñen ás membranosas e máis ou menos densamente pubescentes e mantidas en teito sobre o dorso en reposo.

Larvas acuáticas, máis ou menos eruciformes (de eiruga) e que viven xeralmente en estoxos; corpo rematado en apéndices caudais ganchudos.

A familiaridade dos tricópteros redúcese polo xeral aos estoxos portadores de larvas. Os adultos son predominantemente de coloración escura, xeralmente pardos. Non é frecuente velos voar. Descansan sobre vexetación. Moitas especies son nocturnas. As pezas bucais están adaptadas a lamer alimento fluido. Nas súas afinidades xerais son próximos ós Lepidópteros.

Bioloxía: Poñen os ovos sobre a vexetación acuática ou sobre árbores que colgan. Son depositados en masas cubertas por un mucílago.

Os estoxos son tubulares. Por unha abertura, a máis ancha, sobresae o insecto. A posterior soe ser máis pequena e está frecuentemente protexida por unha placa de seda perforada. A larva realiza movementos ondulatorios co abdome e mantén o seu corpo en constante contacto ca auga, saíndo fora a partir da abertura posterior do estoxo. No seu extremo a larva ten un par de pinchos que lle permiten suxeitarse ao estoxo e arrastrarse.

A variedade de estoxos é grande. Ás veces caracteriza a unha especie en concreto, e outras a un grupo ou familia.

Case todas as clases de materiais que poden encontrarse na auga son empregados por unha ou outras especies para a construcción dos seus estoxos.

A larva típica ten unha cabeza esclerotizada e ben desenvolvida. Teñen mandíbulas masticadoras.

As larvas viven sumerxidas, respirando na maioría dos casos por branquias traqueais filamentosas.

Page 2: 2.tricóptero, hidropsíquido. katia y anggy

Tipos de larvas:

Campodeiforme: Corpo comprimido e cabeza non inclinada en ángulo. Xeralmente non contan con estoxo.

Eruciforme: Cabeza inclinada en acusado ángulo co resto do corpo, cilíndricas, con estoxo. No primeiro segmento abdominal teñen papilas.

Consultas feitas en “Tratado de entomología IMMS”, de O.W.Richards y R.G.Davies. Ed. Omega,S.A. 1984

Katia Alvarez Mosquera y Anggy Arango Ardila

Curso 4º ESO A

Hidropsíquidos.Proxecto Ríos IES Muralla Romana porKatia Álvarez Mosquera e Anggy Xiomara Arango Ardilase encuentra bajo una Licencia Creative Commons Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Unported.