3º ENCONTRO DE IRMÁNS€¦ · - Informarse sobre o tema. Os cuñados senten ODIO ^cara a un...

14
3º ENCONTRO DE IRMÁNS De Persoas con discapacidade intelectual Santiago de Compostela. 16 de maio de 2015 “Investigando as nosas Emocións”

Transcript of 3º ENCONTRO DE IRMÁNS€¦ · - Informarse sobre o tema. Os cuñados senten ODIO ^cara a un...

Page 1: 3º ENCONTRO DE IRMÁNS€¦ · - Informarse sobre o tema. Os cuñados senten ODIO ^cara a un mesmo, se utilizaron no pasado unha linguaxe descalificadora ~ ^subnormal, mongolito

3º ENCONTRO

DE IRMÁNS De Persoas con discapacidade

intelectual

Santiago de Compostela. 16 de maio de 2015

“Investigando as nosas

Emocións”

Page 2: 3º ENCONTRO DE IRMÁNS€¦ · - Informarse sobre o tema. Os cuñados senten ODIO ^cara a un mesmo, se utilizaron no pasado unha linguaxe descalificadora ~ ^subnormal, mongolito
Page 3: 3º ENCONTRO DE IRMÁNS€¦ · - Informarse sobre o tema. Os cuñados senten ODIO ^cara a un mesmo, se utilizaron no pasado unha linguaxe descalificadora ~ ^subnormal, mongolito

AS EMOCIÓNS PROTAGONIZARON O

3º ENCONTRO AUTONÓMICO DE IRMÁNS E CUÑADOS

Ser irmán dunha persoa con discapacidade intelectual é unha circunstancia

complexa na que afecto e responsabilidade van unidas. Por iso, os familiares das

persoas con este tipo de discapacidade precisan apoios, información e vías de

participación nas organizacións que os representan; co fin de mantelas activas e

posibilitando un movemento asociativo responsable e reivindicativo.

Con este obxectivo, FADEMGA celebrou o seu terceiro Encontro Autonómico de

Irmáns e Cuñad@s de persoas con discapacidade intelectual, onde participaron 40

persoas procedentes de 10 entidades de toda Galicia (ACEESCA, ASPADISI,

ASPANAEX, ASPAS, ASPNAIS, ASPRONAGA, Asociación Fonte da Virxe, JUAN XXIII,

PAI MENNI e PRODEME). Este ano os seus contidos foron propostos polo Grupo de

Irmáns e Cuñad@s de FADEMGA e decidiron dar o protagonismo ás emocións, pola

súa influencia dentro das familias.

O Encontro abriuse co relatorio “Que son as emocións e como inflúen nas nosas

vidas”, a cargo de Alejandro Bello, experto en emocións do centro de terapias

“estuoche ben”, e “Un pequeno experimento emocional” onde os asistentes

puideron coñecer e experimentar o funcionamento das emocións. Pola tarde houbo

talleres onde “investigaron” sobre as súas emocións ante determinadas situacións e

experiencias persoais.

Ao finalizar o Encontro, tódolos asistentes fixaron compromisos para cumprir

durante o ano, como a constitución de novos grupos de irmáns nas entidades,

participar asiduamente nas reunións do Grupo de Irmáns da Federación ou aplicar

as dinámicas aprendidas na súa vida diaria.

Page 4: 3º ENCONTRO DE IRMÁNS€¦ · - Informarse sobre o tema. Os cuñados senten ODIO ^cara a un mesmo, se utilizaron no pasado unha linguaxe descalificadora ~ ^subnormal, mongolito
Page 5: 3º ENCONTRO DE IRMÁNS€¦ · - Informarse sobre o tema. Os cuñados senten ODIO ^cara a un mesmo, se utilizaron no pasado unha linguaxe descalificadora ~ ^subnormal, mongolito

CONCLUSIÓNS

Page 6: 3º ENCONTRO DE IRMÁNS€¦ · - Informarse sobre o tema. Os cuñados senten ODIO ^cara a un mesmo, se utilizaron no pasado unha linguaxe descalificadora ~ ^subnormal, mongolito

SOMOS EMOCIÓNS; polo tanto é fundamental recoñecelas e actuar con elas.

É importante que non che consuman, é necesario identificalas, xestionalas,

transformalas e gozalas.

AS EMOCIÓNS:

Forman parte de nós.

Son a "chispa que nos mobiliza".

Son terapéuticas (compartir emocións é terapéutico).

Fanche ver o mundo dunha maneira moi diferente e máis fermosa.

Mostran o que somos, o profundo. Identifícannos.

En resumo…

"TODO AO REDOR DOS NOSOS IRMÁNS ESTÁ CHEO DE EMOCIÓNS MOI

INTENSAS...!!!"

"Resultados da nosa investigación

sobre as emocións"

Page 7: 3º ENCONTRO DE IRMÁNS€¦ · - Informarse sobre o tema. Os cuñados senten ODIO ^cara a un mesmo, se utilizaron no pasado unha linguaxe descalificadora ~ ^subnormal, mongolito

Os conflitos dos irmáns cos seus pais en relación á persoa con discapacidade adoita

provocar...

AS RELACIÓNS ENTRE IRMÁNS E PAIS. Que emocións sentimos

segundo as diferentes situacións ás que nos enfrontamos: 1

Non hai unha aceptación da situación, e

polo tanto, non se pasa o duelo.

Hai malestar e incomodidade, porque

para evitar o conflito non se esixe esa

información.

O ser escoitado e estar informado

fai desaparecer o medo e a

incertidume

SUFRIMENTO. O sufrimento está tan

arraigado neles que son incapaces de

desprenderse del.

En defensa dos nosos pais, nós témolo

máis fácil, pois contamos con máis

medios, máis servizos e información.

O diálogo cos pais….

Cando non hai diálogo Cando hai diálogo

O Futuro…. Cando os pais xa saben con quen van quedar os seus fillos.

Algúns pais senten: Pero outros:

RELAXACIÓN

ACOUGO

TRANQUILIDADE

RESPONSABILIDADE (desde o

primeiro momento)

IMPOTENCIA

COMPRENSIÓN; cando asumes o

coidado da persoa con discapaci-

dade, a túa percepción cambia e

compórtaste máis como pai que

como irmán

FRUSTRACIÓN

IRA

ESGOTAMENTO

INQUIETUDE; medo ao futuro,

como afronto a miña vida cando

sei que tarde ou cedo me teño

que facer cargo do meu irmán.

Page 8: 3º ENCONTRO DE IRMÁNS€¦ · - Informarse sobre o tema. Os cuñados senten ODIO ^cara a un mesmo, se utilizaron no pasado unha linguaxe descalificadora ~ ^subnormal, mongolito

Os cuñados...

- Observan como actúan a súa parella e a súa familia coa persoa con discapacidade,

para poder aprender a facelo.

- Informarse sobre o tema.

Os cuñados senten ODIO “cara a un mesmo”, se utilizaron no pasado unha linguaxe

descalificadora (“subnormal”, “mongolito” ...) e ALIVIO, ALEGRÍA, cando os aceptan.

Algúns irmáns….

Senten TRANQUILIDADE coas súas parellas. Na medida que elixen as súas parellas,

senten que hai moitas probabilidades de que acepten con naturalidade aos seus

irmáns con discapacidade. Os nosos irmáns son un punto central sobre o que se

moven as nosas vidas e, polo tanto, no caso de que as nosas parellas non acepta-

sen aos nosos irmáns ou viceversa, a relación non sería viable.

Senten ORGULLO por ter a oportunidade de ensinar ás parellas outra realidade.

Senten RABIA e TRISTEZA cando outras persoas desprezan ás persoas con discapaci-

dade. Moitos optan por informar e explicar a realidade das persoas con discapaci-

dade para que ese desprezo inicial desapareza.

Coincidimos en que o sentimento predominante é a PROTECCIÓN e a DEFENSA ante

calquera ofensa.

Os amigos…..

Xeralmente senten aceptación. Ás veces pensamos que é rexeitamento, e simple-

mente se trata de descoñecemento. Somos inxustos.

A ACEPTACIÓN DA PARELLA E DOS AMIGOS. MEDO, PREOCUPACIÓN,

ANSIEDADE, INSEGURIDADE, pola reacción que poida ter a persoa con

discapacidade.

Este tipo de emocións levan a que actuemos de determinada maneira:

2

Page 9: 3º ENCONTRO DE IRMÁNS€¦ · - Informarse sobre o tema. Os cuñados senten ODIO ^cara a un mesmo, se utilizaron no pasado unha linguaxe descalificadora ~ ^subnormal, mongolito

A MATERNIDADE E A PATERNIDADE. 3 Ante a posibilidade de que nos digan que pode ter discapacidade sentimos…

MEDO, INSEGURIDADE, INCERTEZA, polo resultado de “a proba”.

ANGUSTIA, CONFUSIÓN, DESCONCERTO, por non saber que decisión tomar.

TRANQUILIDADE, ACOUGO, cando se ten clara a opción.

CONFIANZA e SEGURIDADE na medida que “sei que pode ser feliz” e que a discapa-

cidade non ten porqué ser un impedimento.

Non é o mesmo decidir como pai, que como irmán.

O aborto para evitar o sufrimento pódese equiparar á sobreprotección máxima. Uns

avogan por cesar o embarazo en caso de discapacidade intelectual e outros segui-

rían adiante, pero só en casos concretos de discapacidade. Cada caso é diferente e

non hai respostas únicas.

Page 10: 3º ENCONTRO DE IRMÁNS€¦ · - Informarse sobre o tema. Os cuñados senten ODIO ^cara a un mesmo, se utilizaron no pasado unha linguaxe descalificadora ~ ^subnormal, mongolito
Page 11: 3º ENCONTRO DE IRMÁNS€¦ · - Informarse sobre o tema. Os cuñados senten ODIO ^cara a un mesmo, se utilizaron no pasado unha linguaxe descalificadora ~ ^subnormal, mongolito

COMPROMISOS

Page 12: 3º ENCONTRO DE IRMÁNS€¦ · - Informarse sobre o tema. Os cuñados senten ODIO ^cara a un mesmo, se utilizaron no pasado unha linguaxe descalificadora ~ ^subnormal, mongolito

"Comprométome a fomentar a

participación dos socios da miña

entidade, a facilitarlles o

coñecemento e as ferramentas

necesarias para que se involucren

no movemento asociativo”

- ASPRONAGA -

"Traer polo menos un irmán

máis de ACEESCA"

"Crear un grupo de irmáns e cuñados

na nosa asociación” - ASPADISI -

COMPROMISOS DO ENCONTRO: Froito desta xuntanza, irmáns e

cuñados fixáronse compromisos para cumplir o vindeiro ano. A

continuación deixámosvos cos principais retos asumidos para o

próximo Encontro….

Page 13: 3º ENCONTRO DE IRMÁNS€¦ · - Informarse sobre o tema. Os cuñados senten ODIO ^cara a un mesmo, se utilizaron no pasado unha linguaxe descalificadora ~ ^subnormal, mongolito

"Comprométome a formarme, informarme e a participar máis" -JUAN XXIII -

"Comprométome a colaborar

máis elaborando/propoñendo

actividades no grupo de

irmáns de FADEMGA (falar

un pouco máis e escoitar

menos ;) - ASPRONAGA -

"Eu comprométome a informarme

máis no que concierne ás

actividades de irmáns/cuñados de

FADEMGA e a promover máis

actividades no grupo de irmáns/

cuñados da miña asociación"

- JUAN XXIII -

"Comentar con meus irmáns

que se animen a vir aos

seguintes Encontros e que

participen. Apoiar a creación

dun grupo de irmáns e

participar nel" - ASPAS -

Page 14: 3º ENCONTRO DE IRMÁNS€¦ · - Informarse sobre o tema. Os cuñados senten ODIO ^cara a un mesmo, se utilizaron no pasado unha linguaxe descalificadora ~ ^subnormal, mongolito