3º Boletín Asemblea Monte Alto 15M-decembro 2011

4
Boletín informativo. #15M Asemblea Popular de Monte Alto. Nº 3 - decembro 2011 WWW.15M-ACORUNA/MONTEALTO # WWW.SOMOSMONTEALTO.COM # FACEBOOK: 15M ASAMBLEA POPULAR DE MONTEALTO # [email protected] XA PAsou o 20-n. Grazas ao noso sistema electoral, tócannos 4 anos de maioría absoluta dun par- tido que ten o voto do 31% do censo electoral e o 44% dos votos emitidos, é dicir, ao que non votou, nin sequera, unha de cada 3 persoas con dereito a voto. É obvio que non nos RePResentAn. ¿ResultAdo dAs eleCCións ou do sistemA eleCtoRAl? ultimamente non se fala doutra cousa, pero dende o #15M levamos chamando varios meses a atención da cidadanía sobre o inxusto sistema de repartición de escanos que existe en españa. Varias or- ganizacións e algúns partidos políticos (os máis prexudicados) reclamaron unha mo- dificación da lei electoral para, entre outras cousas, corrixir o sistema de repartición de escanos e facelo máis proporcional. estes días vimos multitude de artigos e gráficas explicativas sobre como quedou o Con- greso dos deputados e como debería ter quedado. segundo onde o leamos, os re- sultados varían máis ou menos. existen moitos métodos para repartir os escanos no Congreso e dende logo o que recolle a lei electoral, non é, nin moito menos o máis idóneo. Por que non o é? Fundamentalmente por tres razóns: 3 as circunscripcións 3 O sistema d’Hont de reparto 3 a porcentaxe de exclusión ou barreira electoral. estes tres elementos inflúen por separado na repartición e a con- xunción dos tres lévanos a que un partido con menos votos que outro poida ter máis escanos no Congreso ou que un partido co 40% dos votos poida ter maioría absoluta. Como inflúe cada un destes tres elementos? 3 as CirCunsCripCións. na actual lei electoral, nunhas eleccións xerais españa está dividida en 52 circunscricións, as 50 provincias máis as dúas cidades autó- nomas de Ceuta e Melilla. Os partidos políticos que queren chegar ao Congreso poden presentarse en todas cantas circunscricións queiran (ou sexan capaces). en cada circunscrición, presentan unha lista de candidatos que só poden ser elixidos nela. de aí que cando recollemos a papeleta dun partido aquí, en a Coruña, a lista dese partido está conformada por políticos de aquí (da provincia). Cada provincia, reparte 2 deputados seguros e Ceuta e Melilla, un cada unha. isto suma 102 deputados, quedando 248 máis a repartir, ata o total actual de 350, que se distribúen entre as provincias en fun- ción da súa poboación. de tal maneira que, por exemplo, en a Co- ruña, se elixen 8 deputados. nas que máis, Madrid con 35 e barcelona con 31. nas que menos, Ceuta e Melilla con 1 cada unha, o que provoca que o partido que máis votos teña en Ceuta (aínda que gañe por unha papeleta), lévase ao único deputado que se asigna alí e o mesmo en Melilla, polo que todos os demais votos non valen para nada. 3 O sisteMa d’HOndt de repartO. este sistema ideouse hai máis de século e medio. É complicado ex- plicalo nun parágrafo pero podemos afirmar que está pensado para que os que máis votos teñan estean sobrerrepresentados e os que teñan menos, infrarrepresentados, co suposto obxecto de favorecer a gobernabilidade en épocas complicadas, motivo polo que se adop- tou en españa. en resumo, elimina a representatividade dalgúns partidos, prexudica aos minoritarios e beneficia aos grandes para que non teñan que negociar moito ao haber menor número de par- tidos e a maioría deles con representación insignificante. encamiña o bipartidismo. 3 a pOrCentaxe de exClusión Ou barreira eleCtOral. esta porcentaxe non está contemplada no sistema d'Hont, é un ele- mento alleo. na lei electoral recóllese que calquera partido que non teña, polo menos, o 3% nunha circunscrición determinada, queda descartado nesa circunscrición. non sempre é así, pois as leis elec- torais que regulan as eleccións autonómicas en cada autonomía son distintas; hai comunidades que recollen un 5%, outras un 6%, outras teñen máis dun baremo. A suma destes tres elementos provoca que a representación no Congreso non se corresponda coa realidade do voto.

description

3º Boletín da Asemblea Popular de Monte Alto 15M-decembro 2011

Transcript of 3º Boletín Asemblea Monte Alto 15M-decembro 2011

Page 1: 3º Boletín Asemblea Monte Alto 15M-decembro 2011

Boletín informativo. #15M Asemblea Popular de Monte Alto. Nº 3 - decembro 2011

WWW.15M-ACORUNA/MONTEALTO # WWW.SOMOSMONTEALTO.COM # FACEBOOK: 15M ASAMBLEA POPULAR DE MONTEALTO # [email protected]

XA PAsou o 20-n. Grazas ao noso sistema electoral, tócannos 4 anos de maioría absoluta dun par-tido que ten o voto do 31% do censo electoral e o 44% dos votos emitidos, é dicir, ao que non votou,nin sequera, unha de cada 3 persoas con dereito a voto.É obvio que non nos RePResentAn.

¿ResultAdo dAs eleCCións ou

do sistemA eleCtoRAl?ultimamente non se fala doutra cousa,pero dende o #15M levamos chamandovarios meses a atención da cidadaníasobre o inxusto sistema de repartición deescanos que existe en españa. Varias or-ganizacións e algúns partidos políticos (osmáis prexudicados) reclamaron unha mo-dificación da lei electoral para, entre outrascousas, corrixir o sistema de repartición deescanos e facelo máis proporcional. estesdías vimos multitude de artigos e gráficasexplicativas sobre como quedou o Con-greso dos deputados e como debería terquedado. segundo onde o leamos, os re-sultados varían máis ou menos. existenmoitos métodos para repartir os escanosno Congreso e dende logo o que recolle alei electoral, non é, nin moito menos omáis idóneo.

Por que non o é? Fundamentalmente por tres razóns:

3 as circunscripcións

3 O sistema d’Hont de reparto

3 a porcentaxe de exclusión ou barreira electoral.

estes tres elementos inflúen por separado na repartición e a con-xunción dos tres lévanos a que un partido con menos votos queoutro poida ter máis escanos no Congreso ou que un partido co40% dos votos poida ter maioría absoluta.

Como inflúe cada un destes tres elementos?

3 as CirCunsCripCións.na actual lei electoral, nunhas eleccións xerais españa está divididaen 52 circunscricións, as 50 provincias máis as dúas cidades autó-nomas de Ceuta e Melilla. Os partidos políticos que queren chegarao Congreso poden presentarse en todas cantas circunscriciónsqueiran (ou sexan capaces). en cada circunscrición, presentan unhalista de candidatos que só poden ser elixidos nela. de aí que candorecollemos a papeleta dun partido aquí, en a Coruña, a lista desepartido está conformada por políticos de aquí (da provincia). Cadaprovincia, reparte 2 deputados seguros e Ceuta e Melilla, un cadaunha. isto suma 102 deputados, quedando 248 máis a repartir, atao total actual de 350, que se distribúen entre as provincias en fun-ción da súa poboación. de tal maneira que, por exemplo, en a Co-ruña, se elixen 8 deputados. nas que máis, Madrid con 35 ebarcelona con 31. nas que menos, Ceuta e Melilla con 1 cada

unha, o que provoca que o partido que máis votos teña enCeuta (aínda que gañe por unha papeleta), lévase ao únicodeputado que se asigna alí e o mesmo en Melilla, polo quetodos os demais votos non valen para nada.

3 O sisteMa d’HOndt de repartO.este sistema ideouse hai máis de século e medio. É complicado ex-plicalo nun parágrafo pero podemos afirmar que está pensado paraque os que máis votos teñan estean sobrerrepresentados e os queteñan menos, infrarrepresentados, co suposto obxecto de favorecera gobernabilidade en épocas complicadas, motivo polo que se adop-tou en españa. en resumo, elimina a representatividade dalgúnspartidos, prexudica aos minoritarios e beneficia aos grandes paraque non teñan que negociar moito ao haber menor número de par-tidos e a maioría deles con representación insignificante. encamiñao bipartidismo.

3 a pOrCentaxe de exClusión Ou barreira eleCtOral.esta porcentaxe non está contemplada no sistema d'Hont, é un ele-mento alleo. na lei electoral recóllese que calquera partido que nonteña, polo menos, o 3% nunha circunscrición determinada, quedadescartado nesa circunscrición. non sempre é así, pois as leis elec-torais que regulan as eleccións autonómicas en cada autonomíason distintas; hai comunidades que recollen un 5%, outras un 6%,outras teñen máis dun baremo.

A suma destes tres elementos provoca que a representaciónno Congreso non se corresponda coa realidade do voto.

Page 2: 3º Boletín Asemblea Monte Alto 15M-decembro 2011

WWW.15M-ACORUNA/MONTEALTO # WWW.SOMOSMONTEALTO.COM # FACEBOOK: 15M ASAMBLEA POPULAR DE MONTEALTO # [email protected]

WWW.15M-ACORUNA/MONTEALTO # WWW.SOMOSMONTEALTO.COM # FACEBOOK: 15M ASAMBLEA POPULAR DE MONTEALTO # [email protected]

#15m #15mAsemBleA PoPulAR monte Alto# # # #

na primeira columna da táboa que expoñemos, vese o resultadoreal destas eleccións. por que un partido con 333.628 votos tenmáis escanos que un partido con bastante máis do triplo de votos(1.140.242)? polo sistema de circunscricións sumado ao sistemad'Hondt. a lectura máis rápida é que o primeiro deles ten o votomoi concentrado, é dicir, eses trescentos e pico mil votos obtí-voos en só 4 circunscricións, polo que en cada unha delas é undos partidos fortes e se ve beneficiado polo sistema d'Hondt. Osegundo partido, con máis dun millón cen mil votos, conseguiu-nos repartidos en 52 circunscricións, polo que en cada unhadelas é un partido minoritario e en 50 das 52 os seus votos nonserven de nada, pois non chega en ningunha delas a obter undeputado

Cales son as propostas para cambiar isto?

Hai moitas propostas e moitas fórmulas para que a reparticiónsexa máis xusto, para que a proporción de deputados que tenun partido sexa o máis aproximada posible á porcentaxe de votosobtida. unha das fórmulas máis sinxelas para cambiar estes ele-mentos sería:

3 elimina-las múltiples circunscricións e facer de todo o terri-torio unha circunscrición única.

3 Cambia-lo sistema d'Hondt por outro de reparticiónmáis proporcional. un deles é o coñecido como resto maior.non pode ser máis sinxelo. imos facer unha breve descrición evelo cun exemplo. Contabilízase o total de votos e divídeseentre o número de deputados a repartir (neste caso, 350). Oresultado será o número de votos que "vale" cada escano.Feito isto, asígnase a cada partido o número de escanos quelle corresponde dividindo os votos que obtivo entre o "valor"de cada escano. unha vez que se asignan todos, como as divi-sións non nos darán cifras exactas, quedará unha serie de es-canos por repartir. iranse asignando dun nun ao que ten oresto maior, é dicir, ao que lle "sobraron" máis votos despois darepartición.

Vexámolo cun exemplo:

temos 5 escanos. Os votos repartíronse así: partido a 100.000votos; partido b, 65.000 votos; partido C, 55.000 votos e partidod, 30.000 votos. total, 250.000 votos, entre 5 escanos =50.000votos necesarios para obter un deputado. ao partido a, asigná-moslle os 2 escanos que lle corresponden aos seus 100.000votos, polo tanto, usou todos os seus votos e o seu resto é 0. aopartido b asignámoslle un escano (50.000 votos) pero como tiña65.000, quédalle un resto de 15.000 votos. ao partido C asigná-moslle 1 escano e quédalle un resto de 5.000 votos e o partidod non ten os votos suficientes para obter un escano (50.000)polo que ten un resto de 30.000 (todos os seus votos). reparti-mos 4 escanos, así que nos queda un por repartir. darémoslloao que teña o "resto maior", ao que lle sobraron máis votos,neste caso, o partido d con 30.000. resultado: a=2; b=1; C=1;d=1. Co sistema d'Hondt, o partido a tería comido o quintoescano co resultado de: a=3; b=1; C=1; d=0. Con ese sistemahabería un partido menos con representación e o partido a teríaunha maioría absoluta co 40% dos votos.

3 elimina-la porcentaxe de exclusión. se houbese unha cir-cunscrición única sería obrigatorio, posto que un escano valería o0,29% dos votos (aprox.). polo tanto, non se podería eliminar a nin-guén cun 1% (xa que lle corresponderían 3 escanos máis ou menos),moito menos cun 2 ou un 3%. de feito, nestas eleccións, só 5 partidostiveron máis do 3% dos votos.

O resultado das eleccións, con estes cambios, sería o que vemos nasegunda columna da táboa.

Así é noso sistema electoral e esta é unha das formas de cam-bialo. Hai outras moitas fórmulas, por exemplo, mesmo sistema derepartición e que o voto en branco conte para o Congreso, é dicir, quehaxa o equivalente en escanos baleiros (terceira columna da táboa).Outras fórmulas apuntan por camiños intermedios, como que a cir-cunscrición non sexa única pero non haxa tantas, por exemplo, cir-cunscrición autonómica. Outras opcións intermedias serían que unhaparte dos deputados se asignasen por provincia (por exemplo un) e oresto, a nivel nacional, etc. Hai moitas fórmulas e a que temos é, senlugar a dúbidas, unha das peores.

entón, por que non se modifica?

Porque este sistema mantén o bipartidismo, obviamente, o bipartidismo mantén este inxusto sistema. g

Page 3: 3º Boletín Asemblea Monte Alto 15M-decembro 2011

WWW.15M-ACORUNA/MONTEALTO # WWW.SOMOSMONTEALTO.COM # FACEBOOK: 15M ASAMBLEA POPULAR DE MONTEALTO # [email protected]

O obxectivo desta enquisa, realizada pola asemblea popular do #15M de Monte alto, era coñecer dunha forma directa e de primeira manos problemas reais, do día a día, dos pequenos comerciantes e pemes do noso barrio. tratamos de fuxir de sesudos análise científicos,representacións de diferentes colectivos ou asociacións, e se facer o que caracteriza ao move-mento #15M, dar voz ao individuo, paraentre todos e todas chegar a posibles solucións.

a esta enquisa responderon 80 comerciantes da zona, unha alta participación, se temos en conta que non se realizou entre a hostalaría,que se ben comparten moita da problemática, presentan certas diferenzas e queriamos centrarnos no comercio máis tradicional, tan ca-racterístico do noso barrio. da lectura destas podemos extraer as seguintes conclusións.

Análise enquisA Pequeno ComerCio

se es un pequeno comerciante ou con-sumidor e te interesa participar, con-tacta con:

[email protected]

realizando calquera comentario e indi-cándonos que día e hora consideraríasconveniente realizar a asemblea de co-merciantes.

1. Principais problemas

as grandes superficies comerciais e as prin-cipais cadeas de supermercados, que au-mentaron de forma exponencial e senexcesivo control nos últimos anos, foronconsideradas un dos principais problemasna práctica totalidade de enquisados. en se-gundo lugar as queixas son relativas á fis-calidade e impostos aos que estánsometidos, así como a dificultade do accesoao crédito.

Outros problemas apuntados foron a faltade aparcadoiros, as dificultades para acarga e descarga de mercadoría (multas ehorario escaso), a competencia desleal, osprodutos importados de baixa calidade e osprezos establecidos polos provedores. algúntamén apuntou un exceso de burocracia áhora de iniciar unha nova actividade comer-cial.

2. motivos na caída das vendas

aquí vólvese sinalar ás grandes superficiescomo as maiores causantes desta. Outrosmotivos sinalados son a falta de traballo, afalta de liquidez e a desconfianza dos cida-dáns provocadas pola actual situación decrise na que vivimos, así como a propia des-motivación do comerciante.

tamén apuntan a un cambio nos hábitos doconsumidor que lles conduce cara ás gran-des superficies, especialmente no relativoao aparcadoiro (escaso ou caro no pequenocomercio, abundante e gratuíto nas grandessuperficies) aos horarios, competencia deprezos e posibilidades de promoción.

3. Autocrítica

neste sentido aprecian unha pobre adapta-ción aos novos tempos, un individualismo efalta de compañeirismo crecentes, así comounha escasa especialización e nalgúns casosun trato non adecuado ás demandas docliente.

4. demandas ás institucións

O máis demandado é a promoción do pe-queno comercio, seguido da racionalizacióndos horarios e regulación das grandes su-perficies. tamén solicitan cursos de forma-ción (especialmente por parte da Cámara deComercio á que se ven obrigadas a pagarsen apenas recibir prestacións ou a prezos

excesivamente elevados). solicitan cambiosen impostos xunto cunha fiscalidade conmenores trabas burocráticas. Outras de-mandas a nivel máis local, é a mellora nosaccesos, a falta de aparcadoiros, a limpezadas rúas, e nalgún caso a presenza de poli-cía de barrio para mellorar a seguridade.

5. evolución

en opinión dun gran número de comercian-tes a evolución do pequeno comercio debeir encamiñada á especialización de produtose servizos e á utilización das novas tecnolo-xías. tamén creen necesaria unha maior co-operación de comerciantes a través decooperativas de compras ou agrupación deservizos, proporcionar un trato próximo aocliente e establecer conexións e colabora-ción coas distintas asociacións do barrio.

6. en que lle podemos axudar comoAsemblea de barrio?

se ben, algúns responderon que en nada,outros consideran adecuado o que preste-mos o noso apoio á realización e difusión deactividades e propostas, así como na con-cienciación da xente e autoridades. taménlles parece interesante a idea de realizarunha asemblea temática.

7. Propostas da Asemblea

n enviar unha copia deste informe a ao Concello e aos partidos que for-man parte da actual corporación municipal.

n dar a coñecer esta enquisa aos medios de comunicación.

n propoñer a realización dunha asemblea de comerciantes, onde se poidaestablecer un debate sobre a actual situación e iniciar un camiño cara ássolucións. sería interesante abrila tamén ao consumidor/a e estableceras demandas deste.

n invitar á reflexión sobre os hábitos de consumo actuais e os de cada-quén a nivel particular. preguntarnos que supoñería a perda do comerciona vida cotiá dos nosos barrios e cidades. g

#15m #15mAsemBleA PoPulAR monte Alto# # # #

#15m #15mAsemBleA PoPulAR monte Alto# # # #

Page 4: 3º Boletín Asemblea Monte Alto 15M-decembro 2011

WWW.15M-ACORUNA/MONTEALTO # WWW.SOMOSMONTEALTO.COM # FACEBOOK: 15M ASAMBLEA POPULAR DE MONTEALTO # [email protected]

segundo o Consello xeral do poder xudicial foron628 persoas as que perderon as súas casas no pri-meiro trimestre de 2011, o que parece prognosticaruns resultados bastante peores con respecto aoano pasado para cando remate 2011. stop des-afiuzamentos estima que dende 2007 a 2011 sevan producir 500.000 desafiuzamentos en toda es-

paña. eses datos chocan cos do Observatorio Municipal da vivendano ámbito de Cidade Vella e peixaría, presentado en novembro doano pasado, que determinou que existen preto de 20.000 vivendasbaleiras na cidade, é dicir o 18% do parque inmobiliario coruñés.

por todo iso, ao longo e ao largo da xeografía española xurdirongrupos sociais dispostos a para-la sangría de desafiuzamentos, con-tando coa colaboración de moitos colectivos, como por exemplo asplataformas de afectados pola Hipoteca (que loitan tamén por poñerfin aos abusos da banca).

stop desafiuzamentos a Coruña naceu no marco do movemento15M, e colaborou cos compañeiros do 15M de Ferrol para evitar undesafiuzamento en xullo no barrio de Caranza, logrouse o apraza-mento (aínda sen data) da poxa dunha veciña de Monelos en se-tembro (sen traballo, divorciada, con dous fillos, tería perdido a súacasa e a dos seus sogros avalistas), e secundaron unha manifesta-ción a nivel nacional a finais do devandito mes.

Colaboración coa suspensión dun desafiuzamento en tui.

Consecución dun compromiso de negociación con bankinterpara solucionar o caso dunha veciña xa desafiuzada á que oseu avogado e procurador non notificaron nada durante todoo proceso (motivo polo que perderon as súas pertenzas e apa-rellos persoais).

aprazamento da poxa dun veciño de Cambre presentandounha proposta de financiamento axeitada ás posibilidades doafectado.

Cooperación para lograr que se aprobase unha moción no Con-cello de Cambre para instar ao goberno do estado a modificara lei Hipotecaria co fin de regular a dación en pagamento (en-trega da vivenda a cambio da cal quede saldada a débeda) eadoptar as medidas necesarias para evitar os desafiuzamentospor motivos económicos. g

O pasado 26 de setembro foi convocadapola Rede de Asembleas de Barrios eVilas do 15m de A Coruña, unha concen-tración para "denunciar recortes en materiade educación que se están a xeneralizar nonoso país, en especial en Galicia", que tivolugar na praza de pontevedra, diante doinstituto eusebio da Guarda.

a administración, neste caso a subdelega-ción do Goberno en a Coruña, prohibiu ex-presamente ese exercicio do dereito dereunión, “alegando unicamente que a co-municación foi realizada fóra de prazo, e senxustificar as causas da urxencia da convo-catoria".

O lugar da reunión certamente non podíaimpedir a circulación de vehículos, e menosaínda de peóns, xa que o sitio dedicado éun ámbito totalmente peonil, e polo xeral noque se reúne, sobre todo a mocidade.

Por que se prohibiu? porque xa se fixocando foi convocada unha manifestacióncontra a reforma constitucional, e taménporque é un xeito máis de por trabas aosdereitos, aínda que todo son suposiciónsposto que a potestade discrecional foi exer-cida de forma arbitraria.

Como os dereitos hai que conquistalos,

prohibición. parece claro que estamosdiante de decisións totalmente partidistaspolos poderes públicos, máis implicados enrestrinxir indebidamente dereitos funda-mentais que en fomentar o dereito de infor-mación e o debate político.Concluír que seguimos a defende-la prima-cía do estado de dereito, fronte a actua-cións despóticas das autoridadesgobernativas, sexan do signo político quesexan, e que a rede de asembleas de ba-rrios e Vilas do 15 M de a Coruña continuarápromovendo o debate público, o fomento daliberdade de expresión e o uso do dereitode reunión por parte da cidadanía, contra aditadura dos mercados e contra a imposi-ción dunha visión unicamente neoliberalpara a loita contra o paro e as desigualda-des sociais e económicas, mentres que con-sideramos que é posible e viable unhasaída social da crise. g

aínda que lle pese aos poderes públicos, re-correuse a resolución ditada pola subdele-gación do Goberno aos tribunais de xustiza.

para non perder a obxectividade, soamentenos referiremos á sentenza ditada polo tri-bunal superior de xustiza de Galicia o pa-sado 28 de outubro de 2011, quen porsegunda vez consecutiva, volvía da-la razónao 15M de a Coruña, xa que considera quehoubo unha total falla de xustificación naprohibición da concentración, ao non entraresta a valora-los motivos da urxencia daconvocatoria.

esta ausencia de xustificación -sinala otribunal- supón unha infracción do principiode proporcionalidade que debe presidir asposibles limitacións de dereitos fundamen-tais que, neste caso, é o dereito de reunión.

Como xa se adiantou, é a segunda vez

consecutiva que seprohibe o exerciciodo dereito de reu-nión ao 15M en aCoruña, é a se-gunda vez que otribunal superiorde xustiza de Gali-cia que revoga a

extracto da sentencia. en castelán porque publicámo-la orixinal.

Contacto de stop desafiuzamentos a Coruña:tlf. 656256391 / correo: [email protected] Facebook, twiter e n-1.

A CidAdAníA Ante A AdministrACión

pero non foi ata o mes de novembro cando a súa loita se viu inten-sificada e os seus logros multiplicados:

WWW.15M-ACORUNA/MONTEALTO # WWW.SOMOSMONTEALTO.COM # FACEBOOK: 15M ASAMBLEA POPULAR DE MONTEALTO # [email protected]

#15m - monte Altose hai algún tema que queiras que apareza en próximos boletíns ou se tes algunha achega, non o dubides, contacta en:[email protected]

Cando me teñas lido, non me tires, seguro que coñeces a alguén máis a quen lle intereso. pásame.