A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

71
Educación secundaria para persoas adultas Páxina 1 de 71 Ámbito social Módulo 1 Unidade didáctica 3 A actividade económica das sociedades: necesidades humanas e desenvolvemento económico

Transcript of A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Page 1: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Educación secundaria

para persoas adultas

Páxina 1 de 71

Ámbito social

Módulo 1 Unidade didáctica 3

A actividade económica das sociedades: necesidades humanas e desenvolvemento económico

Page 2: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 2 de 71

Índice

1. Programación da unidade ............................ ............................................................3

1.1 Encadramento da unidade no ámbito social ................................................................. 3 1.2 Descrición da unidade didáctica ................................................................................... 3 1.3 Obxectivos.................................................................................................................... 3 1.4 Contidos de aprendizaxe .............................................................................................. 4 1.5 Actividades e temporalización....................................................................................... 5 1.6 Recursos materiais ....................................................................................................... 5 1.7 Avaliación ..................................................................................................................... 8

2. Secuencia de actividades........................... ..............................................................9

2.1 O sector primario ........................................................................................................ 12 2.1.1 Medio rural e espazo agrario............................................................................................................................12 2.1.2 A gandaría........................................................................................................................................................30 2.1.3 Recursos forestais: a silvicultura......................................................................................................................34 2.1.4 Recursos pesqueiros........................................................................................................................................34

2.2 O sector secundario.................................................................................................... 38 2.3 O sector terciario ........................................................................................................ 51

2.3.1 O comercio: interior e exterior ..........................................................................................................................52 2.3.2 O transporte .....................................................................................................................................................55 2.3.3 O turismo..........................................................................................................................................................63 2.3.4 Educación e sanidade ......................................................................................................................................64

3. Cuestionario de avaliación ......................... ............................................................70

Page 3: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 3 de 71

1. Programación da unidade

1.1 Encadramento da unidade no ámbito social

– Unidade 1 ���� Bloque 1

– Unidade 2

– Unidade 3: Actividade económica das sociedades Módulo 1

���� Bloque 2 – Unidade 4

– Unidade 5 ���� Bloque 1

– Unidade 6

– Unidade 7 Módulo 2

���� Bloque 2 – Unidade 8

– Unidade 9 ���� Bloque 1

– Unidade 10

– Unidade 11 Módulo 3

���� Bloque 2

– Unidade 12

– Unidade 13 ���� Bloque 1

– Unidade 14

– Unidade 15 Módulo 4

���� Bloque 2 – Unidade 16

1.2 Descrición da unidade didáctica

Esta unidade, denominada A actividade económica das sociedades, aborda os grandes sec-tores económicos e as diferenzas sociais que xera a súa articulación no mundo, tanto no desenvolvido como no subdesenvolvido, resultado das grandes revolucións industriais. Dedicaránselle a esta unidade didáctica 16 períodos lectivos distribuídos en catro semanas.

1.3 Obxectivos � Definir axeitadamente os termos relacionados coa unidade.

� Identificar as actividades que conforman o sector primario e as diferenzas entre mundo rural e espazo agrario.

� Identificar a dimensión humana das actividades económicas e a súa interacción co me-dio xeográfico.

� Contrastar os elementos constituíntes da paisaxe agraria.

� Clasificar os sistemas agrarios tradicionais e establecer correspondencias entre os sis-temas agrarios evolucionados.

� Sinalar a importancia actual das actividades do sector servizos e do desenvolvemento científico e tecnolóxico.

Page 4: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 4 de 71

� Formar redes conceptuais sobre a explotación forestal e a pesqueira.

� Establecer os principais focos económicos mundiais, europeos e españois, cunha aten-ción especial aos problemas da economía galega.

� Comprender que un dos aspectos fundamentais da economía actual é a industria da cul-tura e do lecer, que permitirá detallar aspectos relacionados coa linguaxe visual e coa súa importancia actual na construción da realidade social.

� Obter información de documentos audiovisuais sobre a temática da unidade, e formula-la verbalmente e por escrito.

� Interpretar correctamente a información incluída en gráficos e táboas económicas, pro-dución, etc., e expresala verbalmente e por escrito.

� Analizar a información incluída en textos escritos sobre a temática da unidade e expre-sar, verbalmente e por escrito, o seu contido fundamental.

� Diferenciar información de opinión neses textos e identificar, cando sexa posible, os in-tereses que están detrás desas formulacións.

� Interpretar adecuadamente a información incluída en mapas conceptuais sobre os secto-res económicos

� Procurar e localizar en internet e na biblioteca información icónica e escrita salientable sobre a unidade.

� Debater en grupo, respectando as normas correspondentes, sobre os documentos audio-visuais vistos e sobre temas relacionados coa unidade, como as diferenzas económicas no mundo, etc., que derivan na existencia dun primeiro e un terceiro mundo.

� Participar activamente en traballos en pequenos grupos sobre aspectos relacionados coa unidade, con procura de información en internet.

� Valorar citicamente os custos ambientais do crecemento económico e a actitude crítica ante unha economía baseada no consumismo.

1.4 Contidos � Conceptos económicos básicos: oferta, demanda, publicidade, capital, materias primas

e traballo.

� Actividades agropecuarias: da tradición á economía de mercado.

� Pesca tradicional e industrial. Os caladoiros. Crise do sector.

� Actividades secundarias. Materias primas e fontes enerxéticas. Espazos industriais a escala mundial, europea, española e galega.

� Sector terciario: primacía económica do sector dos servizos. Terciarización da activida-de económica.

� Servizos públicos e privados: comercio, transporte, turismo, sanidade e educación.

� Trazos básicos da economía galega no marco da estrutura económica española e da Unión Europea.

� Desigual distribución da riqueza e división internacional do traballo: deslocalización da actividade económica. Fluxos económicos desiguais entre as áreas centrais e as perifé-ricas.

� Lectura e interpretación de táboas, gráficos, etc. que expresen datos e conceptos eco-nómicos (PIB, renda per capita, etc.). Aplicación deses conceptos a situacións reais do contorno inmediato.

Page 5: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 5 de 71

� Realización de traballos de síntese e de indagación, utilizando información de fontes variadas e combinando formas de expresión, incluídas as que proporcionan as TIC. Transformación de información estatística en gráfica.

� Valoración crítica da división social e sexual do traballo, e rexeitamento de prexuízos racistas, xenófobos, homófobos e sexistas no mundo laboral.

� Valoración dos custos ambientais do actual modelo económico. Esgotamento dos re-cursos: necesidade dun consumo racional. Modelos económicos alternativos: desenvol-vemento sustentable e globalización alternativa.

� Elaboración de mapas conceptuais cos contidos da unidade.

1.5 Actividades e temporalización � Primeira semana: actividades 1 a 11.

� Segunda semana: actividades 12 a 21.

� Terceira semana: actividades 22 a 32.

� Cuarta semana: actividades 33 a 44.

1.6 Recursos materiais

Bibliografía

� Consellería de Educación. Libros para a educación secundaria a distancia. Ámbito da sociedade.

– Módulo 1. Unidade 2.

– Páxinas 64 a71 (Recursos hidráulicos).

– Páxinas 73 a 89 (Recursos terrestres).

– Módulo 1. Unidade 3.

– Páxinas 95 a 106 (A agricultura).

– Páxinas 111 a 113 (A gandaría).

– Páxinas 114 a 116 (A actividade pesqueira).

– Páxinas 118 a 134 (Industria e industrialización).

– Módulo 1. Unidade 4.

– Páxinas 141 a 147 (O mundo dos servizos).

– Páxinas 150 a 159 (Transportes e comunicación).

– Páxina 160 (O turismo).

– Módulo 4: Economía e traballo.

– Páxinas 12 a 22 (Elementos fundamentais das actividades económicas).

– Páxinas 26 a 37 (Indicadores económicos).

– Páxinas 42 a 54 (A industrialización).

– Páxinas 52 a 57 (A industrialización en España).

– Páxinas 58 a 60 (Obreiros e burgueses).

– Páxinas 61 a 67 (Os socialismos).

� Albert Mas, A. 3 Ciencias Sociais. Xeografía. Ecúmene. Vicens Vives. Educación Se-cundaria. A Coruña 2002. [ISBN: 84-316-6586-6]

� Bande, M. e outros, Xeografía 3º ESO. Obradoiro Santillana. Madrid, 2002.

Page 6: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 6 de 71

� Beliz Velasco, P. e outros. Cuaderno de Campo del Museo de la Minería y de la Indus-

tria de Asturias. Mina San Vicente. Cajastur/Gobierno del Principado Asturias.

[http://www.mumi.es/upload/documentos/cuadernocampo.pdf]

� Burgos, M., Fernández, V., Psima, R., Jiménez, J. Xeografía. Ciencias Sociais. 3 Edu-cación Secundaria. Proposta Didáctica. Editorial Anaya. Madrid, 2002. [ISBN: 84-667-1131-7]

� Ferrer Rtpollés, A., Martínez Ruiz, V., Pérez Moragón, R. Materiales para la clase.

Geografía II. Editorial Anaya. [ISBN: 84-460-0130-6]

� Leiro Lois, A., Daporta Padín, M. A enerxía. A Nosa Terra. Enciclopedia Temática Ilustrada nº 9. Vigo, 2002. [ISBN: 84-95350-53-X]

� O petróleo, unha riqueza envelenada. Global Express. A actividade na aula. Edición 12. Novembro de 2006.

[http://www.intermonoxfam.org/es/page.asp?id=2629]

� Café café. Intermon Oxfam. Unidade didáctica para analizar a inxusta cadea da produ-ción e a necesidade de potenciar o comercio xusto.

[http://www.intermonoxfam.org/es/page.asp?id=6]

Filmografía

� Sector primario.

– Documental Agricultura en Perú [http://es.youtube.com/watch?v=RvWrqhvbo_c]

– Ford, J. The quiet man (O home tranquilo). EEUU, 1952. O mundo rural irlandés, a través dos ollos dos habitantes de Innisfree, en realidade Cong-Galway. [http://elviajero.elpais.com/articulo/portada/Irlanda/hombre/tranquilo/elpcanviaesp/20050611elpviapor_1/Tes]

– Ford, J. The grapes of wrath (As uvas da ira). EEUU, 1941. Baseada na novela de John Steinbeck que reflicte a vida do campo estadounidense nos anos da grande de-presión do 29. Na rede hai unha guía para a lectura do libro, que serve para a visión da película [http://www.calhum.org/downloads/Spanish_final.pdf]

� Sector secundario.

– Berri, C. Germinal. Francia, 1993. Baseada na novela de Emile Zola. Longametraxe de 152' que nos amosa a dura vida dos traballadores na mina, as loitas sociais, as re-lacións entre o proletariado e o mundo capitalista, etc.

– Gil, J. Talleres Alonarti. La Artística. Curtametraxe de 26 minutos, recuperada polo CGAI, que permite coñecer o Vigo industrial dos anos vinte. O vídeo está pendura-do da súa páxina web e teñen un servizo de préstamo de copias a centros educativos só con gastos de envío.

– Lumière, irmáns. La Sortie de l'usine Lumière (A saída da fábrica Lumière). Fran-cia, 1895. [http://es.youtube.com/watch?v=MElYy4SQhxQ]

León de Aranoa, F. Los lunes al sol. España, 2002. Ambientada nunha cidade do norte pe-ninsular (filmada en Vigo) cando a crise industrial de finais do século XX. [http://www.edualter.org/material/cinemaitreball/lunes.htm]

[http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~04000699/spip/IMG/doc/FICHA_DIDACTICA_

DE_LA_PELICULA-LOS_LUNES_AL_SOL-.doc]

� Sector terciario.

Page 7: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 7 de 71

– Lumière, irmáns. L’arrivée d’un train à La Ciotat (Chegada dun tren a La Ciotat). Francia, 1896. [http://es.youtube.com/watch?v=1dgLEDdFddk&NR=1]

– Ivory, J. A room with a view (Unha habitación con vistas). reino Unido, 1986. Base-ada na novela de E.M. Foster. Historia dunha moza inglesa que viaxa por turismo a Florencia na época vitoriana.

Contorno web

� Sector primario.

– [http://www.fao.org/index_es.htm] FAO: Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación

– [http://mediorural.xunta.es/] Xunta de Galicia. Consellería de Medio Rural. Infor-mación sobre o mundo da gandaría, a agricultura, o forestal e a alimentación de Ga-licia.

– [http://webpesca.xunta.es/pescacms/opencms/WebPesca/] Xunta de Galicia. Conse-llería de Pesca.

– [http://www.undp.org/spanish/] PNUD: Programa das Nacións Unidas para o De-senvolvemento.

� Sector secundario.

– [http://www.conselleriaiei.org/ga/web/index.php] Xunta Galicia. Consellería de In-novación e Industria.

– [http://www.oecd.org/home] OCDE: Organización para a Cooperación Económica Europea.

– [http://www.opec.org/home/] OPEP: Organización de Países Exportadores de Petró-leo.

– [http://www.escolasproval.com/enerxias] Aula de enerxías renovables do IES Esco-las Proval, de Nigrán. Dispón dunha montaxe para a aula sobre a evolución das enerxías renovables e non renovables, e propón usos máis racionais.

� Sector terciario.

– [http://www.economiaefacenda.org/] Xunta de Galicia. Consellería de Economía e Facenda.

– [http://www.cptopt.xunta.es/portal/] Xunta Galicia. Consellería de Obras Públicas e Transporte.

– [http://www.imf.org/external/spanish/index.htm] FMI: Fondo Monetario Internacio-nal.

– [http://www.msf.es/] Médicos sen Fronteiras.

– [http://europa.eu/index_es.htm] Web institucional da Unión Europea.

– [http://portal.unesco.org/es/ev.php-URL_ID=29011&URL_DO=DO_TOPIC&URL_SECTION=201.html] UNESCO.

Novelas para traballarsobre os sectores económicos

� Carvallude, P. S.O.S. Editorial Galaxia. Costa Oeste nº 12. [ISBN: 84-8288-179-5]. Historia dun barco embarrancado na Costa da Morte con materiais contaminantes.

� Neira Vilas, X. Memorias dun neno labrego. Edicións do Castro. Narrativa. Novela au-tobiográfica do autor que nos permite coñecer a Galicia rural dos anos 30.

� Vázquez Pintor, X. Lume de biqueira. Edicións Xerais, colección Fóra de Xogo, nº 34. Vigo, 1999. [ISBN: 84-8302-388-1]. Novela xuvenil para traballar co papel que xoga o

Page 8: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 8 de 71

fútbol na sociedade actual. Ambientada en Vigo en 2001, co Celta de Vigo como centro temático.

� Veit, B.: ¡Peligro! Playa radiactiva. Editorial Espasa Juvenil, nº 8. Madrid, 1997. [ISBN: 84-239-8854-6]. Historia dun sospeitoso bidón radioactivo, un estraño asasinato e a loita de Greenpeace e a Oficina Central Alemá do Medio por evitar unha posible ca-tástrofe natural.

1.7 Avaliación

A avaliación dos aspectos procedementais realizarase a través da observación e da valora-ción das tarefas propostas na secuencia de actividades, facendo fincapé en:

� Se se identifican os principais sistemas de explotación agraria e pesqueir, así como o mercado das materias primas e dos produtos enerxéticos, a escala mundial, localizando exemplos representativos, nomeadamente nos modelos español e galego.

� Se se coñecen os trazos dos principais sistemas agrarios, das transformacións técnicas no espazo rural, dos problemas estruturais da pesca e da distribución de materias pri-mas, nomeadamente en Galicia.

� Se se identifican os tipos de industrias e se analizan as transformacións que as novas tecnoloxías están a producir na actividade industrial a escala mundial, identificando e caracterizando os principais centros de produción mundial, e valorando o desigual in-tercambio entre as áreas xeográficas.

� Se se coñecen os principais tipos de industrias e os desiguais intercambios que se pro-ducen a escala mundial entre produción e consumo.

� Se se coñece o progresivo proceso de terciarización da economía mundial, así como a importancia do papel das comunicacións e dos transportes na ordenación do territorio.

� Se se identifican criticamente situacións de discriminación laboral cara ás persoas de diferente orixe, sexo, ideoloxía, relixión, orientación afectiva e sexual, etc.

Igualmente, a valoración da participación nas actividades de grupo e nos debates realizara-se a través da súa observación. Tamén se deberá ter en conta a utilización, de modo guia-do, dos medios de comunicación (TIC) para seleccionar, utilizar e comunicar oralmente e por escrito información salientable que explique e describa trazos económicos significati-vos do mundo actual, así como dos procesos, as situacións e os problemas propios da so-ciedade global.

A avaliación dos aspectos conceptuais realizarase mediante cuestionarios, como o in-cluído no material da unidade.

Page 9: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 9 de 71

2. Secuencia de actividades S1. Presentación da unidade polo profesor ou a profesora.

A xeografía económica estuda actividades e recursos económicos dun lugar cu-nhas características predeterminadas (clima, orografía, latitude, etc.), cunha evo-lución e uns problemas condicionados polo contorno. A humanidade aproveita os recursos cultivando a terra, con asentamentos industrias, orientándose ao turismo, etc.; é dicir, adaptándose ao medio. Para os historiadores, vivimos unha terceira revolución industrial que está a mudar a economía actual dun xeito radical.

S2. Trate de descubrir como se aproveitaron os recursos en cada etapa histórica. Que frase lle corresponde a cada período?

���� [9] Séculos XX e XXI. Mundo actual.

���� [8] Século XIX. Idade Contemporánea

���� [7] Séculos XVI a XVIII. Idade Moderna

���� [6] Idade Media. Idade Media

���� [5] Grecia e Roma.

���� [4] Culturas urbanas: imperios antigos de Mesopotamia, Exipto, A China, A India, etc. Idade Antiga

Aparición da escritura

���� [3] Idade dos metais.

���� [2] Neolítico.

���� [1] Paleolítico

Prehistoria

���� Aparición e desenvolvemento do capitalismo comercial.

���� Economía depredadora; son nómades e viven da caza, a recolección e a pesca.

���� Sociedade clasista-scravista organizada arredor das cidades; deron paso a grandes civilizacións fluviais

urbanas. Base da economía: escravitude; desenvolvemento do comercio (ríos); división do traballo.

���� Sociedade clasista e escravista. Os escravos son a man de obra básica de todos os sectores económi-

cos. Gran desenvolvemento comercial (cuñan moedas, dominan o Mediterráneo) e da agricultura.

���� Economía produtora; sedentarización da vida: agricultores, gandeiros, teceláns e ceramistas. Exceden-

tes agrícolas que dan paso ao comercio de troco.

���� Actividades económicas vinculadas ao capitalismo, ao socialismo e ao Terceiro Mundo. Revolución

científico-tecnolóxica e informática. Capitalismo financeiro. Estado do benestar. Consumismo.

���� Actividades económicas baseadas no dominio e no emprego dos metais (cobre, bronce e ferro). Divi-

sión do traballo en función das actividades económicas: agricultores, gandeiros, ferreiros, teceláns...

���� Desenvolvemento da Revolución Industrial, sustentado no liberalismo económico e no gran capitalismo:

propiedade, iniciativa privada e liberdade de mercado.

���� S. XIII-XV: renace a vida urbana en burgos; actividades comerciais. S. V-XII: sociedade feudal vasaláti-

ca; feudos con economía agraria; decadencia de cidades e do comercio; economía de autosuficiencia.

Page 10: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 10 de 71

S3. A iconografía da Idade Media está chea de representacións do mundo do agro, base da organización social, política e económica. Analice a seguinte imaxe:

���� Calendario agrícola Monatsbilder Salzburger Handschrift 818 (wiki-pedia)

� Que traballos tiña o labrego en cada mes do ano? Pódeo deducir da imaxe?

� Existe hoxe algún calendario agrícola ao que a xente do rural lle faga caso?

� En León, no mosteiro de San Isidoro, hai outro famoso calendario agrícola. En que soporte? Investigue algo da súa historia.

Page 11: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 11 de 71

� Intente relacionar ou completar os seguintes refráns populares cun mes e cunha actividade. Seguen a desenvolverse neses meses? Por que se facía noutrora? E hoxe? (consultar un calendario santoral).

���� A todo porco lle chega o seu San Martiño

���� Polo Nadal cada ovella no seu curral

���� En... non te separes do braseiro

���� Por San Blas la cigüeña verás

���� Se tes pan de maio e leña para ...., bótate a durmir

���� Se queres ter boas sementeiras, por San Mateu fai as primeiras

���� Dille o labrego ao trigo: para ... espérote, amigo

Page 12: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 12 de 71

2.1 O sector primario

2.1.1 Medio rural e espazo agrario

S4. Aínda que habitualmente empregamos medio rural e espazo agrario como sinó-nimos, existen algunhas diferenzas entre ambas as expresións. Entanto que o medio rural é contraposto ao medio urbano (a cidade), e abrangue tanto as te-rras de cultivo como as de uso para o lecer, urbanizacións, fábricas, estradas, camiños, etc., o espazo agrario só está formado por aquelas superficies do te-rreo dedicadas ás actividades agrícolas, como cultivo, pradarías, bosques, etc.

� Cre que son importantes e necesarias as actividades do sector primario para as persoas?

� Fálase adoito de sistemas agrarios tradicionais e evolucionados. Cales poden ser as diferenzas?

� Todos os solos son iguais?

Page 13: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 13 de 71

� Elabore unha listaxe de termos relacionados coa agricultura.

� Na imaxe, identifique os elementos do espazo agrario e indique o seu nome.

Barrio de San Amaro (Meaño Pontevedra). Foto: MRP

� Observa na imaxe anterior algunha construción singular galega? Cal?

Page 14: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 14 de 71

S5. A paisaxe agraria é humanizada, alterada pola actividade das persoas. Pero nela non só influíron as persoas. A súa variedade débese á influencia de factores físi-cos e humanos que condicionan a actividade agraria. Complete a seguinte táboa coa axuda do profesor ou da profesora.

���� Medio físico

1.

2.

3.

4.

5.

���� Poboación

1.

1.1.

1.2.

1.3.

���� Réxime da propiedade

1.

2.

3.

4.

���� Sistema econó-mico

1.

2.

3.

���� Métodos de explotación

1.

2.

3.

4.

5.

Factores

���� Políticas agra-rias

1.

2.

Page 15: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 15 de 71

S6. As parcelas agrícolas son moi diversas, tanto polo tamaño como pola forma de pechamento ou polos cultivos.

� Lea os seguintes fragmentos, que definen algunhas das súas variantes.

O openfield cerealista dos labregos sereres

O anel de cultivo continuo, arredor do pobo, aparece dividido en parcelas non pechadas, illadas soamente por unha liña de herba silvestre. É fertilizado non só cos refugallos domésticos, senón tamén co esterco das vacas, que ao final da estación seca pasan a noite nel. Durante a esta-ción das chuvias, que é anual, unha colleita de millo pequeno soluciona o difícil problema da alimentación.

O resto do pobo está constituído por un territorio con rotación trienal de cultivos: millo peque-no tardío, cacahuetes e barbeito. Por outra banda, o cacahuete foi introducido pola colonización e, na súa maior parte, está destinado á venda. Cada folla divídese en parcelas abertas, pero no límite de dúas follas, así como ao longo dos camiños, hai un sebe espiñento ou un sebe vivo que lle impide o paso ao gando. Durante a estación húmida, o gando permanece na folla en barbeito. Durante a estación seca ocupa as dúas follas cultivadas, xa que, unha vez feita a co-lleita, a paisaxe convértese de novo en sabana (...)

Os sereres son o prototipo do pobo gandeiro (o máis occidental da grande familia de gandei-ros que están vinculados coas civilizacións de África Oriental) que soubo, grazas a unha organi-zación do pasto, crear unha civilización intensiva. Asemade, son un claro exemplo do difícil que resulta illarse unha civilización agraria indíxena das influencias que se derivan da colonización (neste caso, pola venda do cacahuete).

Derruau, M. Tratado de Xeografía Humana. Vicens Vives. Barcelona, 1972.

O bocage

É unha paisaxe de campos pechados, que se estende ao longo de toda a fachada atlántica de Europa, mesturado ás veces co openfield nalgunhas das zonas máis húmidas de Europa Cen-tral.

Caracterízase esencialmente porque cada parcela está rodeada dun valado, simultaneamente construído e plantado: cada campo está rodeado dunha elevación feita con terra; sobre esta elevación atópase unha ringleira de árbores e arbustos. A forma das parcelas chama a aten-ción: son todas compactas, case cadradas, bastante máis grandes que as do openfield (1 ha. no bocage, fronte a 0'5 ha. ou menos no openfield). Os bosques non se concentran en grandes extensións, no límite dos cultivos, como no openfield, senón que están esparexidos en peque-nas parcelas xeométricas por toda a área.

O sistema de cultivo destaca pola súa variedade. Moitas das parcelas están plantadas con ár-bores, outras dedícanse a pastos e outras están cultivadas. En resumo, esta paisaxe xustapón, nunha aparente desorde, cultivos, prados, landas e bosques: a súa característica é a variedade, como a do openfield é a uniformidade.

A dispersión do hábitat é outra característica esencial das rexións do bocage. Este feito ten como consecuencia a existencia dunha rede moi tépeda de camiños rurais.

A significación do bocage é dobre: unha protección dos cultivos contra o gando e un límite xu-rídico que legaliza a propiedade individual. A variedade da paisaxe do bocage é a resultante do individualismo. O agricultor está illado, vive en granxas perdidas no medio dos campos, só ac-cesible logo dun longo traxecto por malos camiños, cheos de lama, que discorren en zigzag en-tre as sebes. Xeralmente, os campos de cada agricultor están ao redor da granxa. O agricultor séntese dono do seu dominio e orgulloso do seu dereito de propiedade, que amosa reforzado polo sebe. Cada agricultor cultiva os seus campos como cre conveniente; do mesmo xeito, a alimentación do gando é un problema individual.

Así como o openfield resulta de antigas estruturas comunitarias, o bocage toma a súa orixe nos cercados que fan progresar a propiedade individual na Europa dos séculos XVIII e XIX".

Lebeau, R. Les grands types de structures agraires dans le monde.

Page 16: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 16 de 71

A rehabilitación de socalcos (Val do Colca, Perú)

Un socalco pódese definir como unha parcela de terra cultivable cuxas pendentes foron estabili-zadas ou niveladas por medio dun muro de pedras. As vantaxes dos socalcos van alén da súa capacidade para converter en cultivable a terra en pendente. Tamén o son igualmente no con-trol da erosión, na xestión da auga, no mantemento da humidade do chan e na redución do ris-co de xeadas. Os socalcos tamén axudan a utilizar mellor as particularidades microclimáticas e ecolóxicas dos cultivos e distintos niveis de altitude. En conxunto, o cultivo en socalcos permite transformar o potencial agrícola da terra, limitado á silvicultura, en terras irrigadas e cultivables.

A rehabilitación dos socalcos realízase mediante a restauración de tres elementos: o muro de pedra, o socalco e as vías de acceso:

���� Muro de pedra: a función principal desta estrutura consiste en darlle un soporte ao socalco. O muro constrúese cavando unha gabia de de 50 centímetros de fondo ao longo das curvas de nivel, onde se colocan pedras grandes que serven de alicerce e que lle dan estabilidade ao muro. Por riba do nivel da superficie da terra continúase construíndo o muro con pedras de varios tamaños, unhas sobre outras, lixeiramente inclinadas no sentido da pendente. Na parte traseira do muro colócanse pedras máis pequenas tapando os ocos que quedan entre as grandes, para as reforzar. A altura do muro dependerá da anchura da terraza.

���� Socalco: constrúese nomeadamente a partir do chan que provén da pendente mesma que se nivelou. Algún socalcos, os máis elaborados, constitúense de varias capas ou estratos: unha está composta de pedras grandes, que serven como filtros de drenaxe, unha interme-dia, de pedras máis pequenas recubertas de arxila e area, e unha capa superior, de 50 a 80 centímetros de profundidade, de terra fértil. Os socalcos están lixeiramente inclinadas no sentido da pendente, de xeito que permitan o fluxo gradual da auga, sen causar erosión.

���� Vías de acceso: son pequenas escaleiras transversais que unen varios socalcos e facilitan o acceso. En xeral, estas escaleiras forman parte dos muros de pedras. Estas vías de acceso foron reparadas.

Os sistemas de irrigación tamén foron rehabilitados. A auga, proveniente de arroios ou do desxeamento, é almacenada en pequenos encoros augas arriba das canles de irrigación e logo distribúese dun socalco a outro".

http://www.unesco.org/mab/ekocd/spanish/peru.html

���� Faga unha táboa en que presente as semellanzas e as diferenzas entre o open-field, o bocage e os socal-cos?

���� De que lingua son orixina-rios os dous primeiros ter-mos?

Page 17: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 17 de 71

���� Onde se poderían atopar estes sistemas de cultivo?

���� Que vantaxes e inconve-nientes presenta cada sis-tema agrario reflectido nos textos?

���� A cal dos tres cre que se asemella o modelo galego?

���� En que territorio peninsular podería atopar o outro mo-delo agrario?

� Vexamos como clima e relevo condicionan a produción agraria. Velaquí os cli-mogramas dos territorios dos textos. Analice e defina cada variante climática.

[Datos tomados de http://www.meteofrance.com/ e http://www.ucm.es]

Page 18: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 18 de 71

� Cada un dos climogramas identifícase cun dos textos. Cal con cal? En que con-tinentes estamos?

� Os sereres viven do comercio do cacahuete. De que continente era orixinario este recurso agrícola? En 1987 atopáronse unhas famosa tumbas, as tumbas re-ais de Huaca Rajada. O personaxe alí soterrado levaba un colar de ouro cuxas contas imitaban grans de cacahuetes. Investigue de quen falamos. En que país está o seu museo?

� Hai un territorio en Galicia que emprega o mesmo sistema de cultivo que o Val do Colca en Perú. A que comarca nos referimos e a que produtos dedican os seus esforzos os labregos?

Page 19: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 19 de 71

S7. Tamén a arte nos permite coñecer as características económicas dun determi-nado espazo xeográfico. Aquí ten uns exemplos.

���� Título e autor da obra da esquer-da. [Pistas: francés; século XIX; escola de Barbizón; dun move-mento que reflicte nas obras a realidade tal cal é; o apelido sig-nifica pobo, nación; influíu en Courbet e en Van Gogh

���� Quen son os protagonistas da escena?

���� A que hora do día ten lugar?

���� Era doada a súa vida? En que se percibe na obra?

���� Deste pintor tense dito que interpreta a natureza, máis que reflectila. Que quere dicir esta frase?

Page 20: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 20 de 71

� A obra da dereita é dun dos artistas aos que influíu. Cal é o título da obra? Des-criba despois a escena brevemente nunha redacción dunhas dez liñas.

S8. Analice e comente a seguinte táboa sobre o número de explotacións agrícolas.

País 1990 1993 1995 1997 2000 2003 2005

���� UE (27) 15.021.03 14.478.60

���� UE (25) 9.870.96 9.687.83

���� UE (15) 7.370.04 6.989.13 6.770.67 6.238.96 5.843.05

���� Bélxica 85.4 76.33 70.98 67.18 61.71 54.94 51.54

���� Bulgaria 665.55 534.61

���� R. Checa 45.77 42.25

���� Dinamarca 81.27 73.78 68.77 63.15 57.83 48.61 48.27

���� Alemaña 653.55 606.07 566.91 534.41 471.96 412.30 389.88

���� Estonia 36.86 27.75

���� Irlanda 170.58 159.37 153.42 147.83 141.53 135.62 132.67

���� Grecia 850.14 819.15 802.41 821.39 817.06 824.46 833.59

���� España 1.593.64 1.383.91 1.277.60 1.208.26 1.287.42 1.140.73 1.079.42

���� Francia 614.00 567.14

���� Italia 2.664.55 2.488.39 2.482.10 2.315.23 2.153.72 1.963.82 1.728.53

���� Chipre 45.20 45.17

���� Letonia 140.84 126.61 128.67

���� Lituania 272.11 252.95

���� Luxemburgo 3.95 3.40 3.18 2.98 2.81 2.45 2.45

���� Hungría 966.92 773.38 714.79

���� Malta 10.99 11.07

���� P. Baixos 124.80 119.72 113.20 107.92 101.55 85.50 81.83

���� Austria 221.75 210.11 199.47 173.77 170.64

���� Polonia 2.172.21 2.476.47

���� Portugal 598.74 489.03 450.64 416.69 415.97 359.28 323.92

���� Romanía 4.484.89 4.256.15

���� Eslovenia 86.47 77.15 77.17

���� Eslovaquia 71.04 71.74 68.49

���� Finlandia 100.95 91.44 81.19 74.95 70.62

���� Suecia 88.83 89.58 81.41 67.89 75.81

���� Reino Unido 243.06 243.47 234.50 233.15 233.25 280.63 286.75

���� Noruega 70.74 58.23 53.00

���� Suíza 63.63

Page 21: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 21 de 71

http://epp.eurostat.ec.europa.eu/portal/page?_pageid=1090,1&_dad=portal&_schema=PORTAL

http://www.karolyigimnazium.hu/tananyagok/geografia/Ejercicios%20T.2%20(11).pdf

� Que é unha explotación agrícola?

� Ordene de maior a menor número de explotacións agrarias os países da táboa da páxina anterior.

1 9 17

2 10 18

3 11 19

4 12 20

5 13 21

6 14 22

7 15 23

8 16 24

� Os datos están tomados de Eurostat. Que é iso? A que se debe que non existan todos os datos de todos os países cando só fan referencia ás tres últimas déca-das?

Page 22: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 22 de 71

� Que é O PAC?

� Observe o mapamundi adxunto e intente explicar que relación existe entre as explotacións agrarias e o nivel de desenvolvemento dos países.

Fonte: http://hdr.undp.org/en/reports/global/hdr2007-2008/chapters/spanish/

Page 23: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 23 de 71

S9. As paisaxes agrarias da Terra agrúpanse en dous grandes tipos: as tradicionais e as evolucionadas. As tradicionais son as que practican unha economía de sub-sistencia, con escasa ou nula mecanización e baixa produtividade. Relacione cada termo coa descrición que lle corresponda, colocando o número axeitado na columna da dereita.

���� Itinerante ou de rozas: zonas ecuatoriais e tropicais

����

– Propia de áreas tropicais con estación seca (África e América). – Asentamentos sedentarios, baseados no sistema de regadío. – Sistema de rotación de cultivos: unha parte sen cultivar para

que recupere. O resto da parcela divídese entre varios cultivos que rotan ano a ano: hortalizas, millo, feixóns, cacahuete...

– Uso de apeiros tradicionais. O gando emprégase como forza de traballo, fertilizante para o barbeito e alimento.

���� Sedentaria con barbei-to: zonas temperadas ����

– Extremo Oriente (China, Filipinas, Camboxa, Vietnam, etc.). – Agricultura intensiva; salienta o arroz (ricicultura) nas chairas

aluviais dos ríos e nas abas das montañas. – Técnicas de cultivo moi coidadosas: acondicionamento e ali-

samento do terreo; estercadura; alcouves de plantas fertiliza-dos; inundación da parcela dedicada ao arrozal.

– Escasa mecanización e ampla man de obra que xeran dúas ou tres colleitas anuais (alta produtividade para alta poboación).

���� Rexións áridas: zonas desérticas ����

– Propia do norte de África, no Oriente Próximo e no Medio. – Enclaves humanos agrícolas no contorno dos oasis, con ma-

nanciais de auga. – Cultivos de regadío: hortalizas, verduras ou froiteiras (salientan)

os dátiles. – Pastoreo nómade, tras a auga e os pastos.

���� Ricicultura (irrigada): zonas ecuatoriais e tropicais)

����

– Bosques tropicais africanos, americanos e do sueste asiático. – Córtase ou rózase a vexetación dunha parte do bosque e déi-

xase secar, para logo queimala. – Vida seminómade. – A terra esgótase nun prazo de dous ou tres anos. – Sistema de cultivo primitivo: escasos apeiros e fertilizantes. – Cultivos: iñame, mandioca, millo, etc.

S10. A paisaxe agraria evolucionada é resultado da agricultura de mercado, que invis-te grandes capitais en avances tecnolóxicos (maquinaria, fertilizantes, pesticidas, etc.) e científicos, e obtén alto rendemento con escasa man de obra. A súa fina-lidade é o comercio. Relacione cada termo coa descrición que lle corresponda.

���� Plantacións: zonas cálidas ����

– Países colonizados polos europeos nas a idades Moderna e Contemporánea (EEUU, Canadá, Australia, Arxentina, etc).

– Ao teren na súa orixe pouca poboación xurdiron grandes plan-tacións. Monocultivo de cereais. Moi mecanizados e con gran-des investimentos, aínda que con escasa man de obra.

– En rexións como a Pampa arxentina, vinculada á gandaría extensiva para carne.

���� Agricultura europea: zona temperada ����

– América central tropical, Brasil, sueste de Asia e África tropical. – Grandes explotacións dedicadas á exportación controladas por

multinacionais de países desenvolvidos. O consumo da poboa-ción autóctona baséase na agricultura de subsistencia.

– Monocultivos extensivos: cacao, café, té, plátanos, cana de azucre, caucho, tabaco e algodón.

– Alta tecnificación e abundante man de obra (salarios baixos)

Page 24: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 24 de 71

���� Novos países: zona temperada ����

– Europa occidental (Unión Europea), Israel e áreas dos EEUU. – Os cambios agrícolas nacen no S. XVIII, cos industriais. – Estendéronse cultivos chegados de América (pataca, millo,

plantas forraxeiras, etc). – Forte tecnificación dos medios de produción. – Carácter empresarial dos labregos, altamente preparados. – Propietarios, vendedores e consumidores actúan en conxunto.

A produción de cereais no mundo

S11. Traballar con estatísticas e elaborar un mapa.

[http://www.fao.org/index_es.htm] FAO: Production of cereals and Share in World.

[http://www.caritas.es/pfw_files/cma/intranet/Mapas/paises/peters_map.gif]

Produción /1000 toneladas) % mundial

1979-81 1989-91 1999-01 2003 2004 1979-81 1989-91 1999-01 2003 2004

Bangladesh 20.983 27.987 37.960 40.876 41.044 1.33 1.47 1.82 1.96 1.81

Bolivia 663 845 1.221 1.486 1.341 0.04 0.04 0.06 0.07 0.06

Brasil 30.805 37.702 50.148 67.453 63.812 1.96 1.98 2.41 3.23 2.81

Burkina Faso 1.166 1.975 2.698 3.564 2.902 0.07 0.10 0.13 0.17 0.13

China 286.488 390.171 420.308 376.123 413.166 18.21 20.49 20.16 18.03 18.20

Colombia 3.339 4.090 3.668 4.062 4.409 0.21 0.21 0.18 0.19 0.19

Francia 46.078 57.683 63.426 54.940 70.534 2.93 3.03 3.04 2.63 3.11

India 138.182 195.478 238.012 233.406 232.360 8.78 10.27 11.42 11.19 10.23

Romanía 18.109 18.286 15.479 12.962 24.314 1.15 0.96 0.74 0.62 1.07

Senegal 850 996 1.040 1.452 1.085 0.05 0.05 0.05 0.07 0.05

E. Árabes 1 2 0 0 0 0.00 0.00 0.00 0.00 0.00

España 14.709 19.306 20.198 21.412 24.747

MUNDO 1.573.227 1.903.961 2.084.615 2.085.774 2.270.360 100.00 100.00 100.00 100.00 100.00

� No mapa físico, sitúe os países citados na táboa de datos da actividade, e mar-que en azul os países desenvolvidos, en verde países en vías de desenvolve-mento e en vermello o terceiro mundo (ver actividade S8).

Page 25: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 25 de 71

� A que países lles corresponde a maior porcentaxe de cereais, aos europeos ou aos norteamericanos? Terá algunha relación coas técnicas de cultivo?

� En que continente están os maiores produtores?

� Da táboa desapareceron as porcentaxes da produción española respecto da mundial. Calcule na aula.

1979-1981 (exemplo) 1989-1991 1999-2001 2003 2004

� Calcule tamén a cantidade media de quilos de cereais, no ano 2004, que lles co-rresponderían aos habitantes de Bangladesh, Burkina Faso e España, e a cada estadounidense. Cal é a media mundial?

[http://www.indexmundi.com/es/]

Bangladesh Burkina Faso España EEUU Mundo

���� Poboación 2004 144.319.628 13.925.313 40.341.462 295.734.134 6400 millóns

Colombia (exemplo)

���� Poboación: 42.954.279 Produción cereais: 4.409 miles Tm (1 Tm = 1000 kg)

���� Cantidade diaria de cereais que lle corresponde de media a cada colombiano en 2004? (1 Kg = 1000 g)

Page 26: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 26 de 71

Bangladesh

Burkina Faso

España

Estados Unidos

Page 27: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 27 de 71

� Á vista dos resultados obtidos na actividade anterior, cantos gramos diarios lle corresponderon de media a un estadounidense no mesmo ano? Compare o gran do que dispón un estadounidense e un colombiano. É un reparto equitativo?

S12. As actividades económicas estaban moi vinculadas coas actividades sociais. Imos analizar un traballo que está esmorecendo pero que noutra época foi a ba-se da vida rural: A moenda e o pan de millo.

� � � � �

O muíño moe e moe e a fariña vai na moa;

a filla do muiñeiro

pouco a pouco se namora.

O meu home foi de troula e veu cheo de fariña,

el muiñeiro non é,

eu non sei a quen arrima.

Moendo, moe que moe, moendo unha muiñada,

moendo, moe que moe,

unha mañá de xeada.

Deus cho pague churrusqueira,inda cho hei agradecer,

cando vou ao teu muíño

sempre me deixas moer.

Moendo, moe que moe, moendo unha muiñada,

moendo, moe que moe,

unha mañá de xeada.

� �

Muiñeira abrancuxada de tanto andar coa fariña,

eu ben sei dun rapaciño

que te pon coloradiña.

Todos os que cantan ben teñen posto no muíño,

os que non saben cantar

miran por un buratiño.

Fun que non fora ao muíño e non fun para moer;

fun falar coa muiñeira

non que quixo coñecer.

Non quero ser muiñeiro nin varrer o tremiñado,

que despois no outro mundo

piden contas do roubado.

���� Recollido da tradi-ción oral.

Alumnado do Cole-xio Fogar San Ro-que. Vigo, 1991

� Que partes do muíño que recolle a cantiga? Defínaas coa axuda do dicionario.

Page 28: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 28 de 71

� Segundo a historia, a que ían os mozos e mozas aos muíños? En que lugares nos reunimos hoxe cos nosos amigos? Onde cre vostede que se reunían os no-sos avós e as nosas avoas?

� Indique a idea principal de cada estrofa.

� � � � �

� �

� Existen dous tipos de muíños en Galicia, os de maquía e os de herdeiros. Defi-na ambas as tipoloxías coa axuda do dicionario. Que tipo de muíño sería no que se desenvolvería a historia do conto? Razoe a súa resposta.

Page 29: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 29 de 71

� Por parellas, crear unha estrofa final para a cantiga.

� Explique a frase: Muiñeira abrancuxada de tanto andar coa fariña. Coñece al-gún oficio actual en que se siga a empregar a fariña? Cal ou cales? Investigue os tipos de fariña (variantes de cereais) que se empregan en Galicia e para que é cada unha delas.

� Que produtos sacaba o muiñeiro do muíño e para que servían?

� Incluímos na páxina seguinte a galería de imaxes Marita, Suso e Pepe facendo

pan coa fariña do Muíño do Foxo. Como pode observar, están completamente desorganizadas. Póñalle a cada imaxe o número que lle correspondería segundo a secuencia natural, desde que chegan ao muíño ata que xa poden ir xantar co seu pan. [Fotos: Javier Diz]

Page 30: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 30 de 71

2.1.2 A gandaría

S13. As primeiras relacións que estableceu a humanidade coa fauna foron de carácter cinexético, no amplo sentido do termo, é dicir, baseada na cultura de especies silvestres, aínda que os nosos antepasados tiñan armas máis sinxelas que as actuais.

Page 31: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 31 de 71

� Conteste ás seguintes cuestións:

���� Que imaxe das anteriores formaría parte deste tipo de ac-tividades?

���� Que actividades comprende hoxe a cinexética?

� Actividade de ampliación: analice o artigo (anexo) sobre a caza do raposo en Inglaterra e a controversia xerada no país, mesmo entre os membros do Parla-mento británico e da Casa Real.

S14. A gandaría foi, xunto coa agricultura, a actividade básica da grande revolución neolítica. Na actualidade, tamén conviven algunhas formas tradicionais con ou-tras formas modernas que determinan, en moitos casos, o grao de desenvolve-mento dun país.

� Coa colaboración do profesor ou da profesora, e coa axuda do dicionario, clasi-fique as imaxes anteriores inserindo na táboa seguinte o número de cada ilus-tración na cuadrícula correspondente:

Nómade Transhumante Extensiva tradicional

���� Gandaría tradicional

Extensiva alto rendemento Leiteira semiestabulada Intensiva

���� Gandaría de mercado

� Neste caso, ordene as imaxes en función dos seguintes parámetros:

Ovina Bovina Porcina Caprina Equina Cunícula Avícola

���� Especie

Pastos naturais Pensos compostos

���� Alimentación

Page 32: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 32 de 71

S15. Os cambios nos sistemas alimentarios do gando estabulado xeraron nas últimas décadas posturas moi encontradas entre a opinión pública, por temas como o da gripe aviaria ou o mal das vacas tolas

O mal das vacas tolas: 200 mortes en once países

Segundo os datos do Rexistro Nacional de Encefalopatías Esponxiformes Transmisibles Humanas, do Instituto Carlos III, recollidos por Europa Press, ata o pasado 4 de febreiro, só tres días antes de producirse o terceiro falecemento por esta causa en España, rexistráron-se en todo o mundo 203 casos en 11 países de Europa, América do norte e Asia.

O maior número de casos correspondía ao Reino Unido, con 163 casos primarios e tres por transfusión, seguido de Francia (23), Irlanda (4), os Estados Unidos (3), os Países Bai-xos (2), Portugal (2), España (2), Italia (1), Canadá (1), Arabia Saudita (1) e Xapón (1). Só tres días despois produciuse o terceiro falecemento en España.

Unha evolución impredictible

Segundo o Instituto Carlos III, a evolución da epidemia desta doenza en humanos "é aínda impredictible" debido, entre outras causas, a que o período de incubación é descoñecido e á dificultade de interpretación da significación dos posibles casos secundarios da variante da enfermidade de Creutzfeldt-Jakob (vECJ) ou doutras patoloxías relacionadas con prións e aínda mal coñecidas.

No entanto, produciuse un marcado descenso de casos novos no Reino Unido desde 1999, e de defuncións desde o 2000, de xeito que a epidemia, tamén en Francia, parece terse limitado a números próximos ao límite inferior das predicións realizadas segundo mo-delos matemáticos que asumían períodos de incubación longos (décadas) e que estimaban que as cifras de casos totais oscilarían entre pouco máis dun centenar de persoas ata de-cenas de miles.

Disto dedúcese que o período medio de incubación é de entre 5 e 10 anos con primeiras infeccións en humanos a mediados ou a finais dos 80, cando a exposición á EEB foi máxi-ma. "Así as cousas, os casos de vECJ seguirían a ser escasos porque as medidas para eliminar a exposición en humanos se introduciron en 1989. O comezo da epidemia constitu-ída por casos de vECJ en residentes noutros países sen antecedente de estadías de media ou lde onga duración -seis meses ou máis- no Reino Unido podería suxerir máxima exposi-ción en tempo calendario posterior a 1989", sinala o instituto.

Así mesmo, expón outro posible risco, como é a transmisión da vECJ de persoa a persoa, "xa que se un grande número de persoas estivese en período de incubación da doenza, o risco potencial de transmisión podería ser importante". Segundo esta posibilidade, estas persoas, "aparentemente sas e non identificables na súa condición de portadoras, están a ser sometidas ás mesmas intervencións médicas e cirúrxicas que a poboación xeral, inclu-índo endoscopias, cateterismos, operacións cirúrxicas e doazón de sangue e tecidos. Se, como se sospeita, a distribución do axente infeccioso nos tecidos dos pacientes con vECJ é diferente á outras formas de ECJ, estas intervencións e procesos médicos poderían entra-ñar un risco moi superior ao ''case insignificante'' que clasicamente se considerou para a ECJ esporádica", engade o instituto."

[http://www.cadenaser.com/sociedad/articulo/mal-vacas-locas

-200-muertes/csrcsrpor/20080407csrcsrsoc_5/Tes]

� Procure no dicionario o significado de todos os termos marcados no texto e da palabra transxénico para logo traballar coas seguintes actividades.

���� Encefalopatía esponxiforme

���� Incubación

Page 33: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 33 de 71

���� Prión

���� Epidemia

���� Transmisión

���� Transxénico

� Lea o texto e localice dúas ou tres frases que recollan as ideas principais do ar-tigo xornalístico.

� Que causas poderían ter motivado problemas como o da gripe aviaria ou o das vacas tolas? Poden reunirse por parellas, analizar o documento e logo estable-cer un pequeno debate na aula sobre que estamos a facer mal e se é convenien-te volver a sistemas tradicionais de alimentación? Que repercusións poden ter nos animais alimentárense con transxénicos?

Page 34: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 34 de 71

2.1.3 Recursos forestais: a silvicultura

S16. A palabra silvicultura procede do latín (silvi=selva; cultura=cultivo). É a actividade económica que promove o cultivo de bosques e montes para evitar a súa degra-dación. Procúrase aproveitar os recursos que a natureza nos ofrece a cambio de renovala. Localizade na sopa de letras dez produtos que obtemos da silvicultura.

M C A R C T U L I C

K A V C O D S A O H

L Z D B R A J T L I

C A N E T D L E P C

A Ñ S A I E E X L L

O P P R Z R Ñ G M E

B O A S A A A P T B

A J P K L P O I E E

S S E D F T Y U C D

C E L U L O S A A X

2.1.4 Recursos pesqueiros

S17. A pesca é unha actividade económica baseada no aproveitamento dos recursos que ofrece o mar; depende da riqueza das augas en plancto. Relacione cada pa-labra coa definición axeitada, colocando cada letra na cuadrícula adecuada.

Letra Termo Letra Definición

A ���� Lonxa Lugares apropiados onde as capturas son máis abundantes

B ���� Pesca de altura Realizar os traballos de pesca mariña

C ���� Sonares Aparellos para detectar bancos de peixes: velocidade

D ���� Gran pesca Explotación excesiva dos recursos pesqueiros

E ���� Pesca artesanal Pesca das flotas de grandes barcos a miles de quilómetros

F ���� Flota pesqueira Rede composta de varias mallas verticais que pescan

G ���� Faenar Pesca afastada, de anos, con barcos subministradores

H ���� Trasmallo Pesca realizada só coa forza humana e aparellos antigos

I ���� Batea Instalación para a reprodución e comercialización de peixes

J ���� Caladoiro Organismos animais e vexetais que alimentan os peixes

K ���� Sobrepesca Criadeiro de mexillóns, vieiras, propio das rías baixas galegas

L ���� Augas xurisdicionais Espazo onde se vende e merca o peixe

M ���� RMS Conxunto de barcos de pesca dunha compañía ou país

N ���� Plataformas continentais Rendemento Máximo Sostible (Cota máxima de pesca)

O ���� Pesca de baixura Pesca realizada con barcos pequenos,redes, sedelas na costa

P ���� Radares Augas costeiras dun estado sobre as que exerce o control

Q ���� Piscifactoría Zona mariña que bordea os continentes

R ���� Plancto Aparellos para medir a importancia dos bancos detectados

Page 35: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 35 de 71

S18. Os océanos aseguran o 90 % das emisións de osíxeno da terra e constitúen unha reserva alimentaria de grande importancia, aínda que repartida dun xeito desigual entre os estados. Observe a táboa dos dez principais países exportado-res e dos dez importadores do mundo. Responda logo ás cuestións.

Principais exportadores de peixe Principais importadores de peixe

1994 2004 % (1) 1994 2004 Porcentaxe

���� China 2320 6637 11.1 ���� Xapón 16140 14560 - 1.0

���� Noruega 2718 4132 4.3 ���� EEUU 7043 11967 5.4

���� Tailandia 4190 4034 -0.4 ���� España 2639 5222 7.1

���� EEUU 3230 3851 1.8 ���� Francia 2797 4176 4.1

���� Dinamarca 2359 3566 4.2 ���� Italia 2257 3904 5.6

���� Canadá 2182 3487 4.8 ���� China 856 3126 13.8

���� España 1021 2565 9.6 ���� R. Unido 1880 2812 4.1

���� Chile 1304 2484 6.7 ���� Alemaña 2316 2805 1.9

���� P. Baixos 1346 2452 5.5 ���� Dinamarca 1415 2286 4.9

���� Vietnam 484 1403 17.4 ���� Corea 718 2233 12.0

���� Total 10 5.3 ���� Total 10 3.4

���� Resto mundo 26267 35897 3.2 ���� Resto mundo 13104 22202 5.4

���� Total mundo 47511 71508 4.2 ���� Total mundo 51167 75293 3.9

(1) Porcentaxe de incremento medio anual na década 1994-2004. Datos en millóns de dólares, obtidos do in-forme da FAO The States of World Fisheries and Aquaculture 2006.

� Conteste ás seguintes cuestións:

���� En que continente se sitúa cada un deles?

���� Cantos dos maiores exportadores son euro-peos?

���� Cantos pertencen a países en vías de desen-volvemento ou desenvol-vidos? (Véxase mapa ac-tividade S8)

Page 36: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 36 de 71

� Que países forman parte de ambas as táboas? Como é posible que o mesmo pa-ís sexa un dos maiores exportadores e ao tempo importador? Razoe a súa res-posta para cada país.

� Que países foron os que aumentaron en maior proporción a importación de peixe? E na exportación?

� Calcule a cantidade total exportada e importada polos dez países da táboa e in-clúa os datos nela. Fíxese logo na cantidade de peixe que se move no resto do mundo (teña en conta que se contabilizan 247 países en total). Semellan pro-porcionadas as cantidades?

Page 37: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 37 de 71

� Que tipo de industria xera a transformación do peixe?

� Cite algún porto pesqueiro importante de Galicia? Onde están os caladoiros máis importantes aos que se dirixe a flota galega?

� Sen dúbida, o porto máis importante de Galicia, e un dos máis importantes do mundo, é o de Vigo. Analicémolo nesta noticia de prensa. Debatan na aula o que é a WFE e a finalidade da Axencia Comunitaria. Poden procurar informa-ción en internet.

A Axencia de Control abre as súas portas en Vigo

A Axencia Comunitaria de Control da Pesca abriu as súas portas en Vigo. Coincidindo coa inauguración da sede da Axencia en Vigo, a WFE (World Fishing Exhibition) unha lona de 20 por 15 metros no edificio lindeiro que anuncia a celebración da próxima edi-ción da exposición en Vigo. O deseño, realizado por Ipho Estudo Gráfico, representa o tema central sobre o que ha versar a WFE, a sustentabilidade da pesca, e reflicte a im-portancia do porto de Vigo como principal centro de descargas de pesca.

A Axencia Comunitaria de Control da Pesca creouse en abril de 2005 tras unha deci-sión do Consello de Ministros, que considerou necesario a posta en marcha deste orga-nismo para mellorar o cumprimento da Política Común de Pesca. A Axencia reforza a aplicación uniforme e efectiva das normas mediante a coordinación das actividades de inspección e control dos estados membros, así como a través da posta en común dos medios estatais e comunitarios. Dentro dos grandes obxectivos da axencia atópase a loita contra a pesca ilegal, non regulada e non declarada, un dos retos da xestión pes-queira, posto que a pesca IUU está a xerar importantes perdas en relación aos recursos pesqueiros, minando a súa explotación sustentable e pondo en xaque a rendibilidade das pesqueiras.

[http://www.worldfishingexhibition.com/noticia.php?idNoticia=32]

Page 38: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 38 de 71

2.2 O sector secundario

S19. O sector secundario comprende as actividades económicas cuxo produto se destina ao consumo, tras a transformación das materias primas. Entre as súas actividades destacan a minería, a produción enerxética, a construción e a indus-tria. Esas materias primas, das que falabamos, poden ter distinta orixe e xeran distintas industrias.

� Insira no oco que lle corresponda do cadro os termos desta listaxe: liño, corti-za, carne, ovos, petróleo, xofre, tabaco, cacao, conservas, titanio, carbón, al-godón, seda, fosfatos, diamantes, chumbo, granito, mármore, remolacha azu-creira.

� Tipoloxía de industrias: alimentaria, téxtil, papeleira, construción, química, petroquímica, siderúrxica, transporte, electrodomésticos.

Orixe mineral Orixe animal Orixe vexetal

Non enerxéticos Enerxéticos

���� Materia prima

���� Industria

S20. Para transformar as materias primas en produtos semielaborados ou elaborados cómpre enerxía. Complete a táboa coas non renovables, de uso cotián.

Fontes de enerxía

Renovables, ou limpas, ou tradicionais Non renovables

Solar

Fotovoltaica

Hidráulica

Eólica

Xeotérmica

Term

osolar M

areomotriz

Biom

asa

Page 39: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 39 de 71

S21. “Enerxías renovables = enerxías limpas”. Cada vez fálase máis deste tipo de enerxía, pero son tan antigas como a propia vida na terra. Identifique algunha delas nas seguintes imaxes.

� Cal é a fonte de enerxía en cada un dos casos? (Escriba o nome no oco).

� Por que cre que se lles chama limpas ou tradicionais?

� Todas as imaxes foron obtidas en Galicia, salvo a segunda pola esquerda (Fo-rum de Barcelona). Mais, cales destas enerxías se utilizaron noutrora e cales seguen a empregarse hoxe?

� Hai dous enxeños, nas imaxes, que se substituíron no tempo. Sabe cales son?

Page 40: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 40 de 71

S22. Mais, se tradicionalmente utilizabamos enerxías limpas, cando se produciu o cambio?

Coa revolución industrial do século XVIII mudáronse radicalmente os hábitos enerxéticos no mundo. Procuráronse enerxías con maior poder calorífico: na pri-meira revolución industrial empregouse o carbón de coque, entanto que na segun-da foi substituído polo petróleo.

� Describa as dúas imaxes, que recollen formas de explotación dos dous recursos enerxéticos. Infórmese en internet ou na biblioteca.

Mina de lignito (As Pontes)

S23. Os protagonistas do petróleo. Analice e compare os documentos.

Petróleo. Que pasou coas sete irmás?

O mercado petroleiro mundial cambiou desde a época en que a expresión "as sete irmás", indicaba o poder das principais empresas. Con todo, malia o desenvolvemento actual das empresas públicas nacionais, aquelas irmás, hoxe máis concentradas, seguen a ser as do-nas da maior tallada da renda petroleira mundial.

Dúas notas recentes do Financial Estafes fan referencia á historia das sete irmás e á súa conversión en catro grandes (cinco ou seis segundo o analista). As notas do diario inglés van dirixidas a convencernos de que agora existen novas sete irmás, que son as Petroleiras Públicas Nacionais (PPN). Ao actualizar o nome de sete irmás algúns intentan asimilalas aos orixinais sette sorelle, así denominadas por Enrico Mattei, que dominaron os mercados cos seus golpes de estado, con invasións e pillaxes, e coa provocación de guerras entre nacións e as súas balcanizacións (lémbrense as guerras verdadeiramente intestinas entre Bolivia e Paraguai, e entre Ecuador e Perú, e a división do Oriente medio realizada por Lawrence de Arabia). (...)

Entre 1911 e 1969, ano da creación da OPEP, o dominio das sete irmás foi absoluto. En 1911 a Standard Oil de John D. Rockefeller dividiu a súa personalidade xurídica en 34 pe-troleiras, pero non alcanzou a rozar a concentración financeira do Manhattan Bank e dos outros bancos que financiaban as petroleiras (Chase, Morgan, Continental, etc.).

As numerosas fillas da Standard Oil de Rockefeller (Exxon de Nova Jersey, Mobil de Nova York, Chevron de California, e Texaco) coa Gulf Oil, dos tamén banqueiros Mellon, confor-maron as cinco petroleiras estadounidenses das seven sisters, xunto ás británicas Shell (con socios neerlandeses) e British Petroleum.

Despois de 1928, co acordo de Achnacarry, en Escocia, estableceuse o oligopolio plane-tario ao imporse unha secreta declaración de paz entre as fillas da Standard Oil, a Gulf Oil e

Page 41: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 41 de 71

as empresas británicas, co que se constituíu o máis grande consorcio (financeiro e petrolei-ro) da historia mundial. Estas compañías asentan o seu dominio en todas as partes extra-endo crus, producindo combustibles, montando refinarías, oleodutos, bancos e financeiras internacionais que se espallan por todas as partes, e establecendo as dúas bolsas mundiais de cru, unha en Nova York (Nymex) e a outra en Londres (IPE).

Ante semellante poder, os países petroleiros tomaron decisións para defender os seus re-cursos. Así nace a OPEP, fortalecida desde 2001, para resgardar prezos e cotas de extrac-ción. Así tamén se crean as PPN, como fixo Arxentina moito tempo antes, cando o 14 de decembro de 1907 nacionaliza a vea descuberta o día anterior e en decembro de 1910 de-signa a dirección administradora da explotación do petróleo que explorou, extraeu, destilou e transportou (sen a formalidade empresarial de EPF, que adoptou en 1923). Inglaterra ta-mén elixiu este camiño, cando na primeira guerra mundial e a instancias do lord do almiran-tado W. Churchill, constitúe a BP sobre a base dunha pequena empresa londiniense e do xigante Angloiranian Oil , logo privatizada por M. Thatcher nos anos oitenta. Outra etapa fo-ron as nacionalizacións das veas, como tamén o fixeron México e Bolivia nos anos trinta e Irán, no seu lembrado 20 de marzo de 1951. Agora inténtase crear a OPEP do gas, esta-blecer unha bolsa de cru en Irán, investir en xigantes fondos financeiros asociando países como a China, Rusia, Venezuela, Irán e outros. Á súa vez, en 1973, os países importadores e ex-exportadores (como os Estados Unidos) crean a Axencia Internacional de Enerxía (AIE), que consiste nunha anti-OPEP, reinician as invasións aos países con petróleo, e utili-zan o BM e ao FMI para controlar os préstamos aos países (...).

Félix Ferreiro. El Correo de la Diáspora.

Boletín 191. Bos Aires, 12 de marzo de 2007

Membros da OPEP (países exportadores de petróleo)

Evolución do prezo do petróleo

Page 42: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 42 de 71

� Que son as "sete irmás"?

� Que é a OPEP?

� Nunha liña do tempo, estableza os principais acontecementos citados no texto e que marcaron a evolución das empresas relacionadas co petróleo.

� En que continentes se concentran os maiores produtores de petróleo?

� Cite cinco países que dependan totalmente da importación do petróleo, por ca-receren de recursos propios.

Page 43: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 43 de 71

� Nas últimas décadas téñense producido varias crises do petróleo: a de 1973, a invasión de Iraq en 2003 e a máis recente de 2007. Na última gráfica son per-fectamente perceptibles. Como? Marque estes períodos cun círculo vermello.

� A que outra fonte de enerxía están vinculadas as veas de petróleo? Busque en internet.

� Sinale cunha cruz no mapa os lugares mencionados no texto

Impactos ambientais: as mareas negras

S24. As fermosas costas galegas xa coñecen os devastadores efectos deses mortífe-ros accidentes que provocan o derramamento de hidrocarburos ao medio mari-ño. Así quedan na memoria o Polycommander (Illa Monteagudo, Cíes, 1970), o Urquiola (A Coruña, 1976), o Andros Patria (Malpica,1978) o Mar Exeo (Torre de Hércules - A Coruña, 1992) e o Prestige (mar adentro, 2002). Non podemos es-quecer o "Casón", cargado con mercadorías perigosas (costas de Fisterra, 1987).

Porto do Covelo, 17 novembro de 2002 (...)

"Vas ver, Lela, hoxe aconteceu algo terrible. Se o viras habíaste arre-guizar tamén (...) Nunca pensei chegar a ver ao pai chorando, todos chorando de impotencia, e as ondas enzoufando de negro os cons de Mar de Ardora. As ondas remexían contra as pedras unha masa escu-ra e pegañenta, de dúas cuartas de grosor. É coma o chapapote, coma o piche das estradas. Pégase a todo e non hai quen o mova, mata to-do. Alá foron os percebes, os das mellores pedras, as que o pai e os compañeiros gardaban para apañalos no Nadal. Adeus marisco, adeus peixe, adeus mar. O Covelo amañeceu hoxe cuberto de fuel (...)

Unha maldición, Leliña, isto semella a fin do mundo, a escuma das ondas é amarela, da cor do mexo, o cheiro alcatrea, o vento mete máis é máis contra toda a costa, da punta Coelleira á punta do Rincho, e tamén no cabo de Corrubedo, no de Touriñán, en Muxía, en Camelle, en Malpica, ata Caión (...) toda a Costa da Morte está sendo arrasada. Estamos como baixo os efectos dun bombardeo de veleno, cos ollos secos de tanto chorar e aínda sen poder acreditar en tanto espanto como vemos".

Caride, R: A negrura do mar. Xerais.

Page 44: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 44 de 71

Petróleo vertido ao mar (miles de TM)

Limpando chapapote do Prestige (Punta Balea, Carnota) Profesorado e alumnado do IES Pedra da Auga (Ponteareas). Foto X.M. Atanes

� Para os científicos a "marea negra" é unha das formas de contaminación máis graves? Que argumentos esgrimirán para esta postura?

� Cal é a causa máis importante de que chegue petróleo ao mar? Daquela, como se comprende a opinión dos científicos?

Page 45: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 45 de 71

� En que anos houbo un maior número de vertidos ao mar? Corresponden con algunha guerra nos países produtores de petróleo? Busque información en in-ternet.

� Que peculiaridades tivo o afundimento do Prestige para que se considere un fi-to na historia dos desastres naturais?

� Que sensacións transmite Ramón Caride no seu relato? E as imaxes?

� As imaxes son de alumnado (maior de idade) e profesorado dun instituto gale-go que a véspera de Nadal foron limpar chapapote. Que lle parece a súa actitu-de? Que motivacións poderían telos impulsado a actuar así no seu período de vacacións? Este tipo de colaboracións tivo tamén moitas críticas, por que?

Page 46: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 46 de 71

� No mapa presentamos varios barcos que reflicten os grandes desastres galegos. Póñalle o nome correspondente a cada un deles e marque cun punto a vila de referencia. Escriba logo o nome da vila.

Tipos de industrias

S25. Poderíase dicir que a industria é unha actividade económica tan antiga como o home, xa que este sempre buscou transformar as materias primas para as adap-tar ás súas necesidades. Pero a industria moderna iníciase na Inglaterra de me-diados do século XVIII, na chamada Revolución industrial, co desenvolvemento dunha forma de traballo baseada no emprego de maquinaria avanzada, grande cantidade de enerxía (especialmente carbón) e fábricas ateigadas de mulleres, nenos e homes (o proletariado) que carecían de dereitos. Esta nova industria or-ganizouse en función das materias primas e das fontes de enerxía.

� Marque se as seguintes afirmacións son correctas ou non. Redacte axeitada-mente as incorrectas.

Afirmación V / F Reformulación (se procede)

���� As fábricas caracterízanse por usar maquinaria, man de obra especializada e grandes investimentos

���� As industrias clasifícanse (pola función da materia prima e do mercado ao que se dirixen en industrias de base, de bens de equipamento e lixeiras

���� A industria de base transforma materias primas en produtos semielaborados: industria química pesa-da, metalúrxica (siderúrxica, do automóbil..)

Page 47: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 47 de 71

���� A de bens de equipamento transforma produtos da industria base en maquinaria e aparellos. Está en complexos industriais. Man de obra cualificada e grandes investimentos (construción, electromecáni-ca, aeronáutica, minaría, naval, telecomunciacións, aeroespacial, altos fornos...)

���� A industria lixeira transforma materias primas ou produtos semielaborados en obxectos para o con-sumo: electrónica, automobilística, química, edito-rial, téxtil, confección...

���� Os teléfonos móbiles, os computadores, as conso-las de xogos, a televisión... son produtos da indus-tria de base

���� A empresa encárgase de organizar o capital. Orga-nízanse por tamaño (grandes, medianas e peque-nas); polo capital (público, privado ou mixto); pola organización (sociedades anónimas e limitadas)

���� Os polígonos industriais son espazos amplos e ben comunicados para a situación de empresas e in-dustrias

���� Os parques tecnolóxicos son espazos onde se asentan as industrias de base

S26. Existen outros xeitos de concentración empresarial. Coa axuda do dicionario, re-lacione ambas as columnas colocando a letra no lugar axeitado.

Letra Termo Letra Definición

A ���� Taylorismo ���� CARTEL

B ���� OPEP ���� Control dun mercado ou produto

C ���� OPA ���� Participación no capital social dunha SA

D ���� Acción ���� Control dun sector do mercado por unha empresa

E ���� Concentración horizontal ���� Oferta Pública de Accións/Absorción

F ���� Concentración vertical ���� Traballo en cadea

G ���� Monopolio ���� Sociedade Estatal de Participación industrial (SEPI)

H ���� Oligopolio ���� Unión de empresas do mesmo sector ou produto

I ���� Trust ���� Investigación, desenvolvemento e innovación

J ���� Hólding ���� Varias empresas coa mesma dirección e igual fin

K ���� I+d+i ���� Empresa con control de toda as fases de produción dun produto

Page 48: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 48 de 71

S27. Análise dunha paisaxe industrial.

As actividades industriais, situadas nun punto concreto da xeografía, supoñen unha alteración da paisaxe natural pola intervención das persoas. Presentamos dous modelos para analizar. Cómpre escoller un deles e as frases máis axeitadas, en cada caso. Tamén, contestar brevemente, nos casos que corresponda.

Aínda que se propoñen dous modelos concretos de Galicia, a táboa está pensada para analizar calquera imaxe do noso territorio. Propomos que, se hai unha zona industrial no contorno do alumno ou da alumna, se faga sobre ela a actividade.

���� Paisaxe (subliñe a correcta) – Costeira ou de interior. – Solo natural ou recheo. – Relevo accidentado ou suave. – Hidrografía?

���� Factores de localización (pode subliñar máis dun) – Próxima ás materias primas. – Man de obra abundante, cualificada e a bo prezo. – Existe unha tradición industrial na zona. – Existe iniciativa empresarial que favorece o investimento

ou apoio do Estado. – O mercado absorbe a súa produción industrial. – Posúe unha boa rede de transportes.

���� Outras actividades na zona. – Zonas urbanas ou residenciais. – Zonas agrícolas. – Zonas comerciais. – Zonas de lecer.

���� Industria. – Polígono industrial, parque tecnolóxico, industria illada. – Industria de base, de bens de equipamento, industria li-

xeira de bens de consumo.

���� Fontes de enerxía (marque as correctas) – Petróleo. – Enerxía eléctrica. – Enerxía solar.

���� Infraestruturas ou servizos complementarios. – Existe depuradora de augas residuais. – Incineradora de residuos

���� Describir as imaxes

���� Valorar a importancia do sector industrial no seu enclave, en Galicia , en España, a nivel mundial:

Fotos superiores: Vista do Estaleiro Barreras e da Zona Portuaria de Bouzas (Vigo). Fotos: MRP.

Fotos inferiores: Fábrica Bernardo Alfageme (Foto: MRP). Interior fábrica conservas anos 20 (Co-lección Concello de Vigo)

Page 49: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 49 de 71

S28. Visión do documental "Talleres Alonarti. Sociedad La Artística". Curtametraxe de 26 minutos, de produción galega (guión e fotografía de José Gil). Trátase dun dos primeiros documentais que recolle o traballo das mulleres galegas na indus-tria conserveira, rodado en 1928 en Vigo.

[http://www.cgai.org/index.php?seccion=visionado_ficha.php&id_pelicula=2655&id_seccion=5&pagina=3]

[http://www.alonarti.com/es/historia.php]

[http://www.anfaco.es/webs/museo/modulo_pres.htm]

É interesante cotexalo coa película filmada polos irmáns Lumiére, tamén da saída dunha fábrica.

[http://es.youtube.com/watch?v=MElYy4SQhxQ]

� Analizar os traballos que desempeñan homes e mulleres. Comparalos co repar-to de tarefas actuais. Permanecen as diferenzas entre sexos que se aprecian no documental?

� Describir o proceso de fabricación "da folla de lata á lata de conserva". Facer unha curta redacción coa información recollida.

Page 50: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 50 de 71

Áreas industriais do mundo

S29. O desenvolvemento do sector secundario é desigual entre continentes, países e mesmo territorios dentro dun mesmo país. Observe o mapa.

� Identifique cada cor da lenda, sabendo que as tres definicións son: grandes áre-as industriais, importantes áreas industriais e areas industriais menores.

� Que continente concentra máis actividade industrial? Son empresas nacionais ou multinacionais? Que motivos fan atraentes eses países para os investidores?

� En que continentes apenas hai actividade industrial? Que problemas xorden por mor desta carestía? É a mesma explicación para todos os continentes na mesma situación? Por que?

� Hai maior concentración industrial nas costas dos continentes ou no interior? Por que? En que océano hai unha maior concentración industrial?

Page 51: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 51 de 71

2.3 O sector terciario

S30. O sector terciario é o máis evolucionado desde as últimas décadas do século XX ata os nosos días, xa que houbo un traspaso da poboación dos outros sectores económicos cara ao terciario, ao sector servizos. Observe as seguintes gráficas.

[https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/fields/2012.html]

Canadá 2007 R. D. Congo

Alemaña 2007 China 2007

� Que país vive fundamentalmente da agricultura? É un país desenvolvido? Ten costa? Ten boas comunicacións marítimas? Localíceo no atlas.

� En que país o sector primario é escaso ou case nulo? É un país desenvolvido? Está ben situado xeograficamente? Ten boas comunicacións?

� Como sería a frase completa: "Canto maior é o índice de poboación dedicada ao sector __ � __ maior é o desenvolvemento do país. Canto maior é o índice do sector __ � __ menor é o desenvolvemento do país

Page 52: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 52 de 71

S31. As actividades do sector terciario caracterízanse por seren moi heteroxéneas, in-tanxibles e inmateriais, imposibles de almacenar, preto do consumidor, teren un alto nivel de mecanización.

Estas características levan a organizalas en catro grupos: servizos sociais, servizos de distribución, servizo de empresas e servizos ao consumidor.

Como unha chuvia de ideas, o profesor ou a profesora intentará que entre todos acheguen ideas sobre que servizos formarían cada un dos bloques.

S32. Vivimos nunha sociedade de grandes contrastes, motivados polos diferentes ni-veis de ingresos que xeran enormes desigualdades, entre distintos continentes, entre distintos países ou individuos.

S33. Como coñecemos o grao de desenvolvemento económico e social a nivel mun-dial? Existen uns indicadores. Atope no dicionario que queren dicir estes acróni-mos e de que son indicadores.

���� PIB

���� PIB real por habitante

���� IDH

2.3.1 O comercio: interior e exterior

S34. Complete os espazos baleiros cos termos da listaxe:

Troco – mercadoría – moeda – salario - balanza comercial – comercio xusto – sal – ex-portacións – comprador – forza de traballo – importacións – cubrir necesidades – vende-dor/a – acumulación – supermercados – Silleda.

O comercio é unha actividade moi antiga que establece lazos de contacto entre distintas

culturas. O sentido orixinal do comercio é obter os bens e servizos que non temos para

XXXXXXXXX XXXXXXXXX, para iso realizábase un intercambio directo de produtos, ao

que chamamos XXXXXXXXX. Co tempo foron aparecendo produtos como medio de pago:

o XXXXXXXXX (de aí deriva salario), a pementa, o gando, os grans de cacao.... Cando

ten forma de pezas pequenas de metal cuñado, se lle chama XXXXXXXXX.

No sistema capitalista actual para que haxa comercio é precisa a presenza dun

XXXXXXXXX que oferta a XXXXXXXXX ao XXXXXXXXX nun mercado. No comercio inte-

rior, é dicir, dentro das fronteiras dun país, existen : mercados fixos, grandes cadeas co-

merciais (XXXXXXXXX, hipermercados; mercados centrais de abastecemento, pequenos

comercios, feiras de mostras (como a famosa galega de XXXXXXXXX), comercio ambu-

Page 53: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 53 de 71

lante...

Tamén se establecen relacións comerciais con outros países, o que se coñece como co-

mercio exterior, é dicir, vendas de produtos nacionais ou XXXXXXXXX, e compras de pro-

dutos do exterior ou XXXXXXXXX. A diferenza en positivo ou en negativo entre ambos

parámetros é o que se coñece como XXXXXXXXX.

Hogano, o sentido do comercio perverteuse. O seu obxecto xa non é servir á sociedade

senón ser un medio de XXXXXXXXX por parte dunha minoría social. Ata a XXXXXXXXX é

medible co XXXXXXXXX.

Varias organizacións non gobernamentais e Nacións Unidas, estase a buscar unha forma

alternativa de comercio coñecida como XXXXXXXXX, para establecer unha relación co-

mercial voluntaria e xusta entre produtores e consumidores.

S35. A mundialización do comercio xerou fluxos comerciais de materias primas, ma-nufacturas, servizos, capitais... e acordos de cooperación económica. Relació-neos coas siglas ou cos acrónimos colocando a letra na cuadrícula axeitada.

Letra Termo Letra Definición

A ���� UE ���� Unión do Magreb Árabe

B ���� MERCOSUR ���� Unión Europea

C ���� ANZCERTA ���� Mercado Común de América do Sur

D ���� UMA ���� Acordo de Libre Intercambio Norteamericano

E ���� ASEAN ���� Asociación de Nacións do Sueste Asiático

F ���� ALENA ���� Acordo Australia-Nova Zelandia

G ���� CAN ���� Mercado Común Centroamericano

H ���� MCCA ���� Comunidade Andina de Nacións

S36. As relacións comerciais de España son basicamente cos seus veciños inmedia-tos. Analice a seguinte gráfica

Exportacións a... Importacións de...

País Porcentaxe País Porcentaxe

���� Francia 19'3 % ���� Alemaña 15'0 %

���� Alemaña 11'4 % ���� Francia 14'5 %

���� Portugal 9'4 % ���� Italia 8'5 %

���� Reino Unido 8'5 % ���� Reino Unido 5'8 %

���� Italia 8'4 % ���� Países Baixos 4'9 %

���� EEUU 4'0 % ���� China 4'3 %

���� Países Baixos 3'1 % ���� Bélxica 3'7 %

���� Bélxica 2'8 ���� Portugal 3'3 %

���� Outros ���� Outros

Page 54: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 54 de 71

� Calcule que porcentaxe de importación queda para os demais países?

� Esquecemos indicar na gráfica o título “importación e exportación”. Escriba o termo correcto en cada gráfica.

� Con que países son máis fluídas as relacións comerciais españolas? Que me-dios de transporte se empregarán fundamentalmente en cada caso?

Page 55: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 55 de 71

� Escriba no mapa de Europa o nome dos países europeos mencionados na táboa. Coloree en verde os que exportamos e marque con trazos negros dos que im-portamos. En que sector europeo se concentran estas relacións comerciais? Lo-go escriba o nome de todos os mares que bañen os territorios marcados.

2.3.2 O transporte

S37. O transporte permite o movemento de pasaxeiros e mercadorías por todos os lugares do planeta. Estes desprazamentos poden realizarse por distintos me-dios. Estudemos algunhas variantes.

� Cite un medio de transporte que cumpra estas características:

���� Individual

���� Colectivo

���� Contaminante

���� Non contaminante

���� Público

���� Privado

���� Terrestre

���� Marítimo

���� Fluvial

���� Aéreo

� Cal é o que máis emprega na súa vida cotiá? Defínao empregando varios ter-mos da táboa anterior.

Page 56: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 56 de 71

Os medios terrestres

S38. Os primeiros transportes terrestres foron os de tracción animal pero, coa Revolu-ción Industrial do século XVIII, o panorama cambiou radicalmente. A aplicación da máquina de vapor á locomotora (ferrocarril) permitiu viaxar a longas distan-cias con maior seguridade, abaratando os custos, ampliando a carga e reducin-do o tempo.

Observe os dous mapas que seguen sobre a evolución da implantación do ferroca-rril en España, e logo conteste.

Page 57: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 57 de 71

� Observando o mapa de abaixo, que reflicte o trazado actual do ferrocarril? Que características definirían o trazado español?

� Cales son os territorios, comunidades ou rexións peor comunicados?

� Desde o século XIX, na Península desenvolvéronse dous núcleos industrias importantes: Cataluña (industria téxtil) e País Vasco e o Cantábrico (siderúrxi-co-mineira), con focos mineiros tamén importantes en Andalucía. É perceptible nos mapas? Como?

� No mapa de abaixo podemos observar unha liña azul que está comezando a trazarse, son as novas liñas férreas, coñecidas como TAV. Que significa o ter-mo? Que vantaxes ofrece sobre o ferrocarril tradicional? E inconvenientes? Ci-te catro cidades que estean xa comunicadas co TAV. E Galicia, ten TAV? Bus-que algún artigo en internet que fale do tema.

Page 58: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 58 de 71

S39. Coa invención do motor de explosión revolucionouse o transporte terrestre, apa-receron os automóbiles, motocicletas, autocares, camións, autobuses... Lea o seguinte fragmento.

A grandes trazos, a situación do transporte por estrada na UE15 só pode caracterizarse polos seguintes fei-tos: ���� A distancia total percorrida polos vehículos triplicouse nos últimos 30 anos. ���� No ano 2000 había 469 turismos por cada 1000 persoas, fronte aos 232 de 1975. ���� O volume do transporte de mercadorías creceu un 34 % entre 1991 e 2000. O transporte de mercadorías por estrada representou aproximadamente o 75 % do total da Unión Europea no ano 2000, fronte ao 50 % en 1970".

[http://www.revistaindice.com/numero17/p14.pdf]

� Cales son os grandes inconvenientes deste transporte? E as grandes vantaxes?

���� Inconvenientes

���� vantaxes

� Ante a forte suba do barril de petróleo, estase a falar doutra fonte de enerxía para mover os vehículos? Cal? Que inconvenientes presenta esta fonte de ener-xía nos vehículos? Vantaxes?

���� Inconvenientes

���� vantaxes

� Tamén é posible atopar nalgunha gasolineira un cartel de biodiésel. Busque o significado do termo e posibles produtos de que obtelo.

� Consulte un mapa de estradas da Península. O seu trazado garda algunha rela-ción co trazado das vías férreas? Existe algún eixo de artellamento de ambos trazados? Cal? Por que se faría así?

Page 59: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 59 de 71

Os medios marítimos e fluviais

S40. É unha forma de transporte cunha forte tradición histórica e que na actualidade ocupa o primeiro lugar no transporte de mercadorías pesadas ou de gran volume a longas distancias. Tamén ten unha gran importancia no transporte de pasaxei-ros. Presenta o problema da lentitude e da gran cantidade de produtos perigosos que transportan co correspondente perigo para o medio natural.

A seguinte imaxe é da instalacións portuarias de Bouzas, na ría de Vigo. Identifi-que os detalles: tipo de barco, utilidade, curiosidades...

O medio aéreo

S41. Constitúe o medio de transporte máis moderno, rápido e cómodo nas medias e longas distancias. Empregado para o transporte de persoas (turistas, xente de negocios...) e de mercadorías, na conquista do espazo, etc. Conta cunha infra-estrutura en terra, o aeroporto, que debe estar ben comunicada por vía terrestre, e o seu persoal debe ser moi especializado. Valoremos os aeroportos españois.

� Cos datos da táboa de datos de viaxeiros nos aeroportos españois do ano 2007, que atopará máis adiante, elabore un diagrama de barras.

Page 60: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 60 de 71

� Agrupe os aeroportos en función das motivacións dos pasaxeiros para realizar os voos a cada unha das cidades: turística, económica/laboral, xestións admi-nistrativas...

� Os aeroportos galegos ocupan un lugar importante dentro do territorio peninsu-lar?

� Que nome propio teñen os tres aeroportos galegos?

� Son fundamentalmente aeroportos peninsulares ou insulares os dez primeiros? Razóns.

Page 61: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 61 de 71

Cidade Pasaxeiros

���� 1. Madrid-Barajas 52.143.275

���� 2. Barcelona 32.800.570

���� 3. Palma Mallorca 23.227.983

���� 4. Málaga 13.590.537

���� 5. Gran Canaria 10.354.858

���� 6. Alacante 9.120.819

���� 7. Tenerife Sur 8.639.341

���� 8. Valencia 5.929.916

���� 9. Lanzarote 5.626.580

���� 10. Xirona 4.848.619

���� 11. Eivisa 4.765.121

���� 17. Santiago C. 2.050.121

���� 22. Vigo 1.405.968

���� 24. A Coruña 1.266.804

[http://www.puertos.es/es/index.html]

S42. No mapa mudo da Península Ibérica sitúe os principais portos comerciais e os principais aeroportos das listaxes que seguen:

� Aeroportos: Santiago, Vigo, Asturias, Madrid-Barajas, Bilbao, Sevilla, Xerez, Málaga, Almería, Murcia, Valencia, Reus, Barcelona, Xirona, Andorra, Me-norca, Palma, Eivisa, Lanzarote, Tenerife, Fuerteventura e Gran Canaria.

Page 62: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 62 de 71

� Zonas portuarias: Vigo, Marín e ría de Pontevedra, Vilagarcía, A Coruña, Fe-rrol-San Cibrao, Avilés, Xixón, Santander, Bilbao, Pasajes, Barcelona, Tarra-gona, Castellón, Valencia, Alacante, Cartaxena, Almería, Málaga, Motril, Ba-día de Alxeciras, Ceuta, Melilla, Baleares, Santa Cruz de Tenerife, As Palmas.

� Trace o contorno de Portugal e sitúe o aeroporto e o porto das cidades de Porto, Aveiro e Lisboa.

Autoestradas da información

S43. O terceiro milenio estase a caracterizar polo desenvolvemento das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC). A información distribúese axiñaa o bo e para o malo, a través de ordenadores, satélites, cables de fibra óptica...

Internet, as vídeo-conferencias, o videoteléfono, o correo electrónico, etc., cam-biaron non só as relacións sociais, senón tamén o comercio, a banca, etc. Hoxe ca-se todo pode xestionarse desde a propia casa. O reparto no mundo das conexións é dispar; mesmo dentro dun mesmo espazo territorial existen grandes desigualda-des. Observe os datos:

Espazo xeográfico Conexións internet 2006 Poboación 2006

���� Mundo 1.018.057.389 6.525.170.264

���� Unión Europea 247.000.000 456.953.258

���� Estados Unidos 208.000.000 298.444.215

���� China 137.000.000 1.313.973.713

���� Xapón 87.540.000 127.463.611

���� India 60.000.000 1.095.351.995

���� Brasil 42.600.000 188.078.227

���� Alemaña 38.600.000 82.422.299

���� Corea do sur 34.120.000 48.846.823

���� Reino unido 33.534.000 60.609.153

� Compare o número de conexións a internet coa poboación dos territorios. Que estados están realmente avanzados no mundo das conexións a internet?

� As últimas noticias saídas en prensa, en marzo de 2008 confirman que a China alcanzou a cifra de 233 millóns de internautas, co que superou os EEUU, que se mantiña en 216 millóns. Comparando cos datos da táboa, cre que é un núme-ro significativo, respecto á poboación do país?

Page 63: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 63 de 71

� Existe a censura en internet? A que país ou países se lles acusa de practicala?

� Cando falamos de revolución tecnolóxica, no campo dos videoxogos, aparellos electrónicos, computadores, etc., pensamos nun país concreto. É un dos que es-tá na lista? Cal? Por que se terá especializado tanto neste tipo de industria?

2.3.3 O turismo

S44. Existen diversos tipos de turismo que varían segundo a intencionalidade. Intente identificar as imaxes cos seguintes modelos:

Sol e praia – montaña – rural – relixioso – negocios ou congresos – balneario ou saúde – comercial – artístico-cultural – de recreo e ecolóxico, ou ecoturismo. Ta-mén podemos clasificalo en turismo de interior ou de costa.

Page 64: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 64 de 71

S45. Os principais fluxos turísticos diríxense a Europa, o Caribe, o sueste asiático e o norte de África. Nesta táboa pode observar, na primeira columna, os dez primei-ros países do mundo por número de visitantes. Na segunda podemos ver os in-gresos dos países que figuran entre os dez que obteñen máis beneficios do tu-rismo.

País Continente Chegada de

turistas (millóns) Ingresos xerados (miles de millóns) 2006

���� Francia 79'1 85.7

���� España 58'5 51.1

���� EEUU 51'1 85.7

���� China 49'6 33.9

���� Italia 41'1 38.1

���� Reino Unido 30'7 33.7

���� Alemaña 23'6 32.8

���� México 21'4 - Australia (8º)

���� Austria 20'3 16.9

���� Rusia 20'2 - Turquía (9º)

� Indique na columna da esquerda en que continente podemos atopar cada un dos países citados. Axúdese dun atlas xeográfico.

� Na columna da dereita ordene, con números, os países por maior número de ingresos. Australia e Turquía aparecen na listaxe dos dez con máis ingresos, pero non nos máis visitados.

� Que buscarán os turistas nestes países? Tipo de turismo principal.

2.3.4 Educación e sanidade

S46. Moitas son as leis que recoñecen o "dereito á educación a todos os cidadáns do mundo", aínda que iso non quer dicir que se cumpra. Leamos algunha delas:

Declaración universal dos dereitos humanos Artigo 26

���� 1. Toda persoa ten dereito á educación. A educación debe ser gratuíta, polo menos no concernente á instrución elemental e fundamental. A instrución elemental será obrigatoria. A instrución técnica e profesional haberá de ser xeneralizada; o acceso aos estudos superiores será igual para todos, en función dos méritos respectivos.

���� 2. A educación terá por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana e o fortalecemento do res-pecto aos dereitos humanos e ás liberdades fundamentais; favorecerá a comprensión, a tolerancia e a amizade entre todas as nacións e todos os grupos étnicos ou relixiosos, e promoverá o desenvolvemento das actividades das Nacións Unidas para o mantemento da paz.

���� 3. Os pais terán dereito preferente a escoller o tipo de educación que haberá de darse aos seus fillos.

[http://www.un.org/spanish/aboutun/hrights.htm]

Page 65: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 65 de 71

Constitución Española (1978) Artigo 27

���� 1. Todos teñen o dereito á educación. Recoñécese a liberdade de ensino. ���� 2. A educación terá por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana no respecto aos principios

democráticos de convivencia e aos dereitos e liberdades fundamentais. ���� 3. Os poderes públicos garanten o dereito que asiste aos pais para que os seus fillos reciban a formación reli-

xiosa e moral que estea de acordo coas súas propias conviccións. ���� 4. O ensino básico é obrigatorio e gratuíto. ���� 5. Os poderes públicos garanten o dereito de todos á educación, mediante unha programación xeral do ensino,

con participación efectiva de todos os sectores afectados e a creación de centros docentes. ���� 6. Recoñécese ás persoas físicas e xurídicas a liberdade de creación de centros docentes, dentro do respecto

aos principios constitucionais. ���� 7. Os profesores, os pais e, no seu caso, os alumnos intervirán no control e xestión de todos os centros sostidos

pola Administración con fondos públicos, nos termos que a Lei estableza ���� 8. Os poderes públicos inspeccionarán e homologarán o sistema educativo para garantir o cumprimento das

Leis ���� 9. Os poderes públicos axudarán aos centros docentes que reúnan os requisitos que a Lei estableza ���� 10. Recoñécese a autonomía das Universidades nos termos que a Lei estableza

[http://constitucion.rediris.es/legis/1978/ce1978.html]

� Todos os españois teñen hoxe garantidos os seus dereitos a formarse e a edu-carse? Todos os cidadáns vivos tiveron sempre as mesmas oportunidades?

� Que principios son comúns entre a Constitución Española e a Declaración dos Dereitos Humanos?

Page 66: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 66 de 71

S47. Desde a Unesco fíxose a promesa no ano 2000 de que no 2015 habería "educa-ción para todos". Un recente informe amosa que os avances non están tan pró-ximos aos obxectivos propostos como se desexaría. Lea o texto e analice logo o seu contido.

O mundo lonxe das metas do milenio para a educación: Nicaragua á zaga

Axencia EFE. Desde París. 29 de novembro de 2007

O mundo vai polo bo camiño cara á educación para todos (EPT) en 2015, promesa feita en Dakar hai sete anos pola comunidade internacional, pero as carencias en educación básica, alfabetización, paridade e profesorado son inmensas, segundo o Informe de Seguimento 2008 da UNESCO. De momento, só 51 países dos 129 en que foi posible avaliar o Índice de Desenvolvemento da EPT (IDE) "lograron ou están a piques de lograr" os seus catro obxectivos máis cuantificables, segundo os expertos independentes que elaboraron o documento.

A universalización do ensino primario, a alfabetización de persoas adultas, a paridade entre sexos e a calidade educativa son os catro criterios deste índice clave que establece tres niveis e sitúa 53 países en posición interme-dia, e "polo menos" 25 moi lonxe de dos obxectivos globais da EPT. Noruega, o Reino Unido, Eslovenia, Suecia, Corea do Sur e Italia abren o primeiro grupo de países, onde figuran numerosos estados de Europa e América do Norte, e onde España e Cuba –nas posicións 18 e 23, respectivamente– encabezan a rexión latinoamericana, se-guidos de Arxentina (27), Chile (37) e México (48).

A escolarización primaria "adoita ser alta" no grupo intermedio, que abren Malta (52), Armenia (53) e Uruguai (54). Neste grupo teñen moita presenza árabe, e da rexión están Panamá (63), Venezuela (64), Perú (65), Ecuador (71), Bolivia (72), Paraguai (75), Brasil (76), Colombia (78), República Dominicana (84), O Salvador (95) e Honduras (97). Péchano Camboxa (103), Guatemala (102), e Nicaragua (104), pero dada a "escasa calidade da educación" ou os baixos niveis de alfabetización de adultos, o valor do IDE baixa, e se non cambia frustrará os obxectivos de 2015 para decenas de países.

Chad pecha a terceira categoría do IDE, aberta pola India (105), Iraq (106), Bangladesh (107), Laos (108) e Ma-rrocos (109), pero de neto predominio africano. O grupo de 25 países é sen dúbida maior, pero non hai estatísticas para certos "estados fráxiles", en conflito ou posconflito, cuxo nivel educativo "é moi limitado", segundo o informe.

En calquera caso, para o subdirector xeral de Educación da UNESCO, Nicholas Burnett, "é evidente" que a adop-ción de políticas idóneas e o maior gasto nacional en educación, apoiado pola axuda exterior, "están a cambiar de forma decisiva a vida de millóns de nenos en moitos países".

Pola súa banda, o director xeral da UNESCO, Koichiro Matsuura, resalta que "imos polo bo camiño" cara á EPT, e por iso xorden "problemas máis complexos", como os de "levar a instrución aos máis vulnerables e desfavoreci-dos, mellorar as condicións da aprendizaxe e incrementar a axuda á educación".

Entre os progresos detectados o informe subliña que o número de escolarizados en primaria "aumentou enorme-mente desde 2000"; que as nenas "son máis numerosas que nunca"; e que o gasto en educación e a axuda "au-mentaron" tamén. Con todo, revela que a insuficiente calidade educativa, o alto custo da escolaridade e o alto e persistente nivel de analfabetismo de adultos afastan a moitos países dos obxectivos de Dakar.

O informe adianta que sen unha reorientación, máis de 90 países –de 172 avaliados– non conseguirán cumprir en 2015 con outro dos criterios vitais da EPT, a paridade entre os sexos, en particular nos Estados Árabes e en Asia. No entanto, en Latinoamérica, EEUU e Europa Occidental comézase a ver un "fenómeno" novo, polo que "as mo-zas serán máis numerosas que os mozos" en secundaria.

Entre outras observacións inquietantes, os expertos amosan a "considerable diminución" da axuda prestada en 2005 á educación básica dos países de ingresos baixos, que entre 2000 e 2004 se multiplicou "por algo máis de dous", aínda que se ignora se é un dato só puntual ou o inicio dunha tendencia.

No informe "deplórase", ademais, que Gobernos e doadores tendan a "privilexiar" a educación primaria, "en de-trimento" da atención á primeira infancia, á educación preescolar e á alfabetización. Así mesmo, témese que 72 dos 101 países avaliados nin sequera consigan en 2015 "reducir á metade" o seu índice de analfabetismo.

Os expertos constataron, igualmente, que a axuda exterior á educación "segue moi por baixo" dos 11.000 millóns de dólares anuais necesarios, e lamentan que esta non se centre "con suficiente prioridade nos países do África Subsahariana e os 35 "estados fráxiles"."

[http://www.radiolaprimerisima.com/noticias/22277]

� Cales son os catro obxectivos da campaña "Educación para todos"?

Page 67: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 67 de 71

� Na listaxe realizada pola Unesco, en que continente se concentra un maior ín-dice de alfabetización? E de analfabetismo?

� Cales son os grandes fallos que impiden conseguir os acordos de Dakar, se-gundo a Unesco?

� Que logros foron detectados?

� Que son "estados fráxiles" segundo o texto?

Page 68: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 68 de 71

� Segundo datos da fundación Intervida a comezos do ano 2008 había 774 mi-llóns de adultos analfabetos no mundo, dos que 150 vivían na África subsaha-riana. Teña en conta que a poboación mundial está próxima aos 6.700 millóns de habitantes. Que porcentaxe da poboación mundial é analfabeta? Que por-centaxe é subsahariana?

Formulación

� Por que os nenos e nenas do mundo subdesenvolvido non poden ir á escola? Indique se son ou non acertadas estas respostas.

Afirmación Si / Non

���� As nenas e mulleres en xeral deben dedicar unha media de catro horas para coller auga, un ben escaso e lonxe dos núcleos rurais

���� Longas guerras civís que converten os nenos e as nenas en soldados involuntarios, como o caso de Mozambique, e que limitan o número de mestres para a súa formación

���� O terceiro mundo é eminentemente rural e resulta imposible chegar a todos os núcleos de poboa-ción con escolas

���� Os nenos e as nenas do terceiro mundo non teñen interese en aprender a ler e escribir. Non o precisan para a súa vida cotiá

� Que consecuencias ha ter para estes nenos e estas nenas non ir á escola?

Page 69: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 69 de 71

A sanidade

S48. A sanidade é un dos grandes servizos básicos do sector terciario. O seu reparto mundial é moi desigual. Analice os documentos que se acompañan e compare a situación do mundo coa sanidade española. Ten problemas, pero son compara-bles coa situación mundial? Coñece algún outro organismo ou ONG que velen pola saúde dos máis desfavorecidos?

Andazos epidémicos

���� 10 de xullo de 2008. Un caso de febre hemorráxica de Marburgo importado de Uganda nos Países Baixos.

���� 23 de xuño de 2008. Intoxicación por chumbo en Senegal.

���� 19 de xuño de 2008. Gripe avia-ria: situación en Indonesia .

���� 18 de xuño de 2008. Poliomielite en Nixeria e África occidental e centra.

A crise sanitaria agrava a desespe-ranzadora situación humanitaria en

Etiopía

2008 -- O aumento da desnutrición e a ameaza de andazos epidémicos exacerban a crise humanitaria en Etiopía. A OMS está a colaborar co Goberno e con asociados en pro da saúde para prestar apoio en todo o país a 4,6 millóns de persoas que necesitan imperiosamente socorro sanitario de emerxencia.

"... a asistencia sanitaria esencial baseada en métodos e tecnoloxías prácticos, cientificamente fundados e socialmente aceptables, posta ao alcance de todos os individuos e familias da comunidade mediante a súa plena participación e a un custo que a comunidade e o país poidan soportar, en todas as etapas do seu desenvolvemento cun espírito de responsabilidade e autodetermina-ción. A atención primaria forma parte integrante do sistema nacional de saúde, do que constitúe a función central e o núcleo principal, e do desenvolvemento social e económico global da comunidade. Representa o primeiro nivel de contacto dos indivi-duos, a familia e a comunidade co sistema nacional de saúde, leva o máis preto posible a atención de saúde ao lugar onde residen e traba-llan as persoas, e constitúe o primeiro elemento dun proceso permanente de asistencia sanitaria."

Organización Mundial da Saúde [http://www.who.int/es/]

Médicos sen fronteiras [http://www.msf.es/]

Declaración de Alma-Ata, da Confe-rencia Internacional sobre Atención Primaria de Saúde 1978 (OMS)

Page 70: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 70 de 71

3. Cuestionario de avaliación

1. Os factores físicos que máis inflúen na configuración dun espazo agrario son:

� O clima, o relevo e o solo.

� O clima, o solo e a presión demográfica.

� O arrendamento e a parcería.

� O clima, o relevo e a deforestación.

2. Os sistemas agrarios tecnificados baséanse na aplicación de tecnoloxía á agricultura:

� Con maquinaria , fertilizantes, praguicidas e cultivos especializados.

� Para o autoconsumo.

� Con moitos traballadores, fertilizantes, cultivos especializados e praguicidas.

� Non se tecnificou o mundo agrario.

3. As materias primas son:

� Produtos de orixe natural que as persoas transforman, a través das actividades industrias, noutros máis aptos para o consumo.

� Calquera elemento que poida utilizarse para satisfacer unha necesidade huma-na.

� Recursos naturais con que as persoas poden producir enerxía para mover as in-dustrias, os transportes, etc.

� Produtos obtidos do proceso industrial.

4. As fontes de enerxía renovable atopámolas:

� No vento, na biomasa, no uranio, no petróleo.

� No sol, no mar, no uranio, no gas natural.

� No sol, no mar, no vento e nas plantas.

� No sol, no petróleo, no vento, no gas natural.

5. O sector terciario comprende actividades que:

� Non producen bens materiais, senón que se basean en actividades encamiñadas a prestar servizos (comercio, transportes, sanidade, etc.).

� Non producen bens materiais e non se basean na prestación de servizos, como as finanzas, o comercio, etc.

� Producen bens materiais e baséanse na prestación de servizos como a sanidade ou os transportes.

� Producen bens materias, pero non na prestación de servizos como a sanidade, o comercio, etc.

Page 71: A actividade económica das sociedades: necesidades humanas ...

Páxina 71 de 71

6. Os medio de transporte permiten...

� Traslado dun punto a outro de persoas, materias primas e produtos elaborados.

� Movemento dun lugar a outro de persoas, materias primas e información.

� Intercambio de información entre puntos moi distantes do planeta.

� Todas as respostas anteriores son correctas.

7. O comercio xusto é:

� Intercambiar directamente os produtos entre produtores e consumidores.

� Darlles un prezo xusto aos produtos e que os beneficios favorezan tanto a pro-dutores como a consumidores.

� Liberar os mercados mundiais e que todo o mundo poida vender os seus produ-tos sen trabas arancelarias.

� Venda de produtos aumentando o número de intermediarios para que se bene-ficie o maior número de persoas do primeiro mundo.

8. As actividades de lecer son:

� As relacionadas co turismo.

� As relacionadas co "botellón".

� As dedicadas a fins de recreo e a prestación de servizos, como os museos, o ci-ne, o teatro, os restaurantes, os centros deportivos...

� As que se realizan durante o tempo que non empregamos para traballar, é dicir, durante o tempo libre.

9. O turismo é unha das actividades máis importantes do sector terciario, xa que:

� Supón unha importante fonte de riqueza, activa outros sectores económicos e xera numerosos empregos.

� O turismo non é unha actividade importante.

� Malia non proporcionar grandes beneficios económicos, favorece a aparición de postos de traballo.

� Supón unha importante fonte de riqueza, aínda que apenas xera postos de tra-ballo e provoca unha alta contaminación nos países que o recibe.

10. Os principais fluxos turísticos internacionais realízanse entre:

� Xapón, a China e os Estados Unidos.

� A Unión Europea, América latina e o Oriente próximo.

� África, América e o Sueste Asiático.

� Os Estados Unidos, Xapón e os países da Unión Europea.