A COLECCIÓN DE INSTRUMENTOS CIENTIFICOS DOS …xelmirez.com/GuiaMus.pdf · modelos...

9
O PATRIMONIO HISTÓRICO DO I. E. S. ARCEBISPO XELMÍREZ I A COLECCIÓN DE INSTRUMENTOS CIENTIFICOS DOS GABINETES DE FÍSICA, QUIMICA E HISTORIA NATURAL DO ANTIGO INSTITUTO DE SANTIAGO Guía para unha visita

Transcript of A COLECCIÓN DE INSTRUMENTOS CIENTIFICOS DOS …xelmirez.com/GuiaMus.pdf · modelos...

Page 1: A COLECCIÓN DE INSTRUMENTOS CIENTIFICOS DOS …xelmirez.com/GuiaMus.pdf · modelos cristalográficos que representan as formas poliédricas dos minerais na natureza. GASES Diferentes

O PATRIMONIO HISTÓRICO DO I. E. S. ARCEBISPO XELMÍREZ I

A COLECCIÓN DE INSTRUMENTOS

CIENTIFICOS DOS GABINETES DE

FÍSICA, QUIMICA E HISTORIA NATURAL

DO ANTIGO INSTITUTO DE SANTIAGO

Guía para unha visita

Page 2: A COLECCIÓN DE INSTRUMENTOS CIENTIFICOS DOS …xelmirez.com/GuiaMus.pdf · modelos cristalográficos que representan as formas poliédricas dos minerais na natureza. GASES Diferentes

OS GABINTES DE CIENCIAS DO ANTIGO INSTITUTO DE SANTIAGO O IES Xelmírez posúe as Coleccións de Instrumentos e Materiais Científicos que herdou do Antigo Instituto de Segunda Ensinanza de Santiago, un dos primeiros de Galicia, que foi creado en 1845 como instituto adxunto á Universidade. Iso significaba que a Universidade compartía as aulas, os profesores e os gabinetes co Instituto, e as clases neste último preparaban os alumnos para entraren nas carreiras e facultades da Universidade. Ao longo da súa historia o Instituto, que logo se separou da Universidade, ocupou catro sedes diferentes en Santiago:

Pazo de San Xerome, na Praza do Obradoiro (1845-1847); Casa da Compañía, na Praza de Mazarelos ou da Universidade (1847-1964); San Caetano (1965-1984), sede das depen-dencias e consellerías da Xunta; Poza de Bar, no Campus Universitario Sur, dende xaneiro de 1985.

Polas aulas do Instituto pasaron alumnos e profesores que chegaron a ser importantes figuras da literatura, da ciencia e da política. Castelao, Valle Inclán, Montero Ríos ou Rodríguez Carracido, decano da facultade de farmacia de Madrid e logo reitor, foron algúns deles. Algo parecido aconteceu noutros Institutos doutras capitais de Galicia e España.

Os alumnos ingresaban a partir dos 10 anos de idade no Instituto de Santiago para cursaren os estudos de Segunda Ensinanza, que a finais do século XIX estaba organizada en Estudos Xerais e de Aplicación ás Profesións Industriais. Os Xerais incluían materias como a Historia Natural, a Física, a Química, a Cosmografía; e os de Aplicación, materias como a Agricultura ou a Química Aplicada ás Artes e Industrias. Estes estudos tiñan tres finalidades: a preparación para os estudos superiores e o paso á Universidade; a preparación para desempeñar unha profesión ou para o exercicio da industria; e proporcionar a formación xeral considerada necesaria nunha época de ilus-tración e avance científico, debido á importancia da ciencia como fonte de progreso.

Page 3: A COLECCIÓN DE INSTRUMENTOS CIENTIFICOS DOS …xelmirez.com/GuiaMus.pdf · modelos cristalográficos que representan as formas poliédricas dos minerais na natureza. GASES Diferentes

Todos estes aparellos e instrumentos científicos que podemos contemplar son na meirande parte de finais do XIX e principios do XX, e formaban parte das coleccións dos Gabinetes Física e Química e Historia natural, os antigos laboratorios. Con eles realizábanse experiencias e demostracións de cátedra, completando as clases teóricas, no ensino das materias científicas que daquela se impartían no Instituto.

En 1879 contábase cun excelente Laboratorio provisto de 287 obxectos; o gabinete de Física dispoñía de 162 aparellos; 833 en Historia Natural; a cátedra de Xeografía contaba con varios globos, esferas, mapas, cadros xeográ-ficos e históricos; para o ensino da Matemática dispoñíase de 131 obxectos; para a de Debuxo 151.

A historia do Instituto e a dos instrumentos científicos van parellas. O abandono das históricas sedes que ocupou o instituto en Santiago, os traslados dun edifico a outro, as inadecuadas condicións de conservación e o propio paso do tempo, foron a causa da perda e o deterioro de parte das coleccións. Despois dun importante labor de recuperación, restauración e catalogación, a Colección inaugurouse oficialmente a comezos do curso 1999-2000 e está declarada como Colección visitable pola Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura do Goberno Autónomo de Galicia. Aínda que non se conservan todos os instrumentos e aparellos existentes nos antigos gabinetes, son numerosas (cerca de 500) as pezas catalogadas actualmente e con distinto grao de conservación. Expostos nas vitrinas, móstranse uns cen aparellos e instrumentos que pertencen ás coleccións de Acústica, Agricultura, Calor, Cosmografía, Electricidade e Magnetismo, Gases e Pneumática, Hidrostática, Historia Natural (Cristalografía e Anatomía), Mecánica, Óptica e Química. Os mesmos instrumentos, e do mesmo fabricante, están presentes noutros liceos e institutos europeos que comparten connosco un patrimonio científico e cultural común. A existencia dunha colección de instrumentos científicos no centro é importante por dúas razóns: é unha testemuña material da historia da ciencia e da técnica, e un recurso didáctico único para ser incorporado ás actividades e ao programa educativo das materias científicas.

Page 4: A COLECCIÓN DE INSTRUMENTOS CIENTIFICOS DOS …xelmirez.com/GuiaMus.pdf · modelos cristalográficos que representan as formas poliédricas dos minerais na natureza. GASES Diferentes

AS COLECCIÓNS Unha orde da dirección de Instrución Pública do ano 1847 determinaba os aparatos e os instrumentos, necesarios para as demostracións de cátedra, que debían formar parte das coleccións de Física (110) e Química (41), así como as láminas murais (91) para o estudo da Historia Natural. Denominábase o "Catálogo Modelo"’. Como máis representativas e importantes daquel catálogo modelo, temos no IES "Arcebispo Xelmírez I" algúns instrumentos e pezas procedentes das coleccións dos antigos Gabinetes de Física, Química e Historia Natural. ACÚSTICA Fol acústico con tubos sonoros, que produce sons ao vibrar o aire; era utilizado para o estudo das ondas sono-ras. Fonógrafo de Edison, que reproduce os sons previa-mente rexistrados por unha agulla nun cilindro de cera. ÓPTICA Lentes, Microscopios, Espectroscopio, Lanterna de Pro-xección, utilizados para o estudo dos fenómenos pro-vocados pola luz, a formación e ampliación de imaxes, a descomposición dos raios de luz, etc... CALOR O Pirómetro de cadrante, para estudar a dilatación lon-xitudinal dos corpos, e o aparello de Ingenhouze que per-mitía demostrar a condutibilidade da calor nos distintos corpos. AGRICULTURA Un resumo das etapas da vida da abella: ovos, larvas, celiñas e diferentes tipos de individuos, así como reproducións de diversos instrumentos e máquinas utilizadas para a práctica agrícola HISTORIA NATURAL Modelos anatómicos desmontables que permiten observar os diferentes aparellos e órganos do corpo e modelos cristalográficos que representan as formas poliédricas dos minerais na natureza.

Page 5: A COLECCIÓN DE INSTRUMENTOS CIENTIFICOS DOS …xelmirez.com/GuiaMus.pdf · modelos cristalográficos que representan as formas poliédricas dos minerais na natureza. GASES Diferentes

GASES Diferentes barómetros utilizados para medir a presión atmosférica, e outros aparellos como o Tubo de Mariotte e o Frasco de Mariotte, para estudar a presión e o com-portamento dos gases. QUÍMICA Balanza de precisión, Alambique para destilación, Caixa de reactivos químicos empregados en análises sinxelas utilizadas en mineraloxía, e material de vidro, común no laboratorio. COSMOGRAFÍA Esferas armilares e globos celestes empregados na representación do sistema solar, movementos dos plane-tas, posición das estrelas no firmamento, e un Telescopio, para observar os corpos celestes. MECÁNICA Tubo de Newton para o estudo e demostración da caída dos corpos no baleiro; Máquina de Morin; Rodas con engrenaxes, e outras máquinas para o estudo do move-mento e os choques entre corpos. ELECTRICIDADE E MAGNETISMO Máquinas destinadas a producir electricidade como a Máquina eléctrica de Wimshurst e a de Carré ou a Má-quina electromagnética de Gramme. Tubos de Descarga e Ovo Eléctrico para a produción e o paso dunha chispa eléctrica nun medio no que se fixo o baleiro, ou contendo gases que se iluminan de diferentes cores. HIDROSTÁTICA Balanza hidrostática para a demostración do principio de Arquímedes. Prensa hidráulica de demostración.

Page 6: A COLECCIÓN DE INSTRUMENTOS CIENTIFICOS DOS …xelmirez.com/GuiaMus.pdf · modelos cristalográficos que representan as formas poliédricas dos minerais na natureza. GASES Diferentes

OS INSTRUMENTOS E AS COLECCIONS As coleccións de instrumentos dos Institutos de Segunda Ensinanza formaban parte dos

chamados medios materiais (de cada gabinete) para a instrución. Materiais necesarios

para a ensinanza das materias científicas Física, Química, Agricultura, Historia Natural.

Empregábanse nas experiencias de cátedra como complemento das clases teóricas na

descrición dos fenómenos naturais, demostración das leis e principios da física e

química. Tamén tiñan unha moi importante función de divulgación dos avances

logrados naquela época pola Ciencia e a Técnica.

• Relaciona mediante frechas un instrumento situado na primeira columna coa

colección á que pertence da segunda columna:

Instrumento Colección

Espectroscopio

Alambique

Prensa Hidraúlica

Planetario

Gato ou Cric

Aro de Delezene

Frasco de Mariotte

Fonógrafo de Edison

Modelo Clástico

Cosmografía

Calor

Mecánica

Óptica

Química

Agricultura

Acústica

Hidrostática

Historia Natural

Electricidade e Magnetismo

Gases e Pneumática

Page 7: A COLECCIÓN DE INSTRUMENTOS CIENTIFICOS DOS …xelmirez.com/GuiaMus.pdf · modelos cristalográficos que representan as formas poliédricas dos minerais na natureza. GASES Diferentes

• Cubre a ficha técnica dos seguintes instrumentos e materiais científicos que eran

habituais nos Gabinetes de Física, Química e Historia Natural dos Institutos,

indicando o nome e a colección á que pertencen, a marca do construtor, a materia na

que era empregado e a súa función didáctica, é dicir para que era utilizado no

instituto:

Nome do aparello, peza ou instrumento: ……………….

..........................................................................................

Colección: ........................................................................

Nome do construtor: ........................................................

Función didáctica e materia: ............................................

...........................................................................................

..........................................................................................

Page 8: A COLECCIÓN DE INSTRUMENTOS CIENTIFICOS DOS …xelmirez.com/GuiaMus.pdf · modelos cristalográficos que representan as formas poliédricas dos minerais na natureza. GASES Diferentes

Nome do aparello, peza ou instrumento:

.................................................................

Colección: ..............................................

Nome do construtor: ...............................

Función didáctica e materia: .....................

....................................................................

...................................................................

Nome do aparello, peza ou instrumento:

.................................................................

Colección: ..............................................

Nome do construtor: ...............................

Función didáctica e materia: ...................

.................................................................

.................................................................

Page 9: A COLECCIÓN DE INSTRUMENTOS CIENTIFICOS DOS …xelmirez.com/GuiaMus.pdf · modelos cristalográficos que representan as formas poliédricas dos minerais na natureza. GASES Diferentes

SOPA DE LETRAS Non é fácil recordar o nome de todos os aparellos deste pequeno museo, pero si poderás

buscar na sopa de letras polo menos dez palabras relacionadas cos instrumentos

científicos dos Gabinetes do Antigo Instituto de Santiago, e que hoxe forman parte do

Patrimonio Histórico e Cultural do Xelmírez I.

A J P L A N T E R N A O E G

B A N G E T L Z A G E B O A

C L E P A T R I M O N I O B

B A L A N Z A B R A P O S I

G M A N T E O L L O K P B N

E B A S T H E O C Z O I A E

A I D O C I T S A L C L R T

R Q I T E L A P I L P A O E

M U T Y N I Ñ A O U R O M S

I E R P D Ñ L F Q A E K E P

L C R I S T A L G A N S T I

A X P E S L E N T E S A R J

R E Z Y F O N O G R A F O F

X E G E N G R A N A X E C A

Para rematar, utilizando internet, busca máis información sobre algúns dos instrumentos

cuxos nomes atopaches na sopa de letras.