A escultura na Roma clásica

41

Transcript of A escultura na Roma clásica

Trazos xerais da escultura romana A nota máis característica das obras escultóricas romanas é o seu marcado carácter

realista, fronte á idealización da Grecia clásica. Ao romano non lle interesaba tanto reflectir corpos perfectos e fermosos que respondesen a uns canons estéticos, senón achegarse o máis posible á Natureza, á realidade das cousas. De aí a importancia do retrato

Os materiais empregados polos escultores romanos con preferencia foron o mármore e o bronce. En menor medida a madeira e outro tipo de pedras

O tema predilecto da escultura romana é o home, pero entendido como cidadán, é dicir como un individuo que ocupa un determinado posto na sociedade e nas institucións políticas. Neste sentido cabe interpretar o desenvolvemento do retrato e as esculturas que se fixeron para exaltar a un determinado personaxe (emperadores, persoas importantes, etc). Non interesa representar un modelo ideal de beleza, como ocorría en Grecia e cando aparecía un personaxe idealizado, como as representacións dos emperadores, queríase ante todo acentuar o seu poderío e carácter superior

Existen poucas referencias a artistas individuais, xa que o ar tista era un funcionario ao servizo do poder; cando fai esculturas (retratos ou relevos históricos) non é para alardear do seu estilo persoal, senón para enxalzar ao seu cliente ou a unha autoridade pública. Nas esculturas non se admiraban as calidades do artista senón que a súa función é exhibir o poder e a grandeza de Roma e os seus gobernantes

O retrato A escultura romana era esencialmente retratista Os romanos tiveron en común cos etruscos, a gran importancia que lle deron ao culto aos

mortos. Foron moi afeccionados a gardar imaxes dos seus antepasados (“imagenes maiorum”), feitas en cera ou barro sobre unha máscara que se puña sobre o rostro do defunto

Este costume de deixar constancia das faccións da cara: nariz, queixo, pómulos, *etc, tal como era realmente incidiu grandemente no desenvolvemento do retrato

A imitación desas imaxes en cera fixéronse outras en mármore, que son as que nos chegaron. Ademais era unha práctica común pintar os retratos para acentuar a expresión de vida. Cando se deixaron de pintar usáronse outros efectos, como tallar o *iris e a pupila dos ollos, e nos bustos (esculturas ata o peito) empregáronse diversos tipos de pedras *policromadas (varias cores, coa intención de imitar o natural)

Tipos de retratos: Retratos de corpo enteiro, represéntanse en diversas posturas:

O que se mostra de pé é o máis común O sedente (sentado). É propio de muller O ecuestre -menos frecuente- constituía unha prerrogativa imperial Retratos nos que o personaxe aparecía envolvido nunha toga (retratos “togatos”) Retratos nos que o individuo estaba cuberto por unha coraza (retratos

“toracatos”) Nos retratos funerarios femininos, as figuras de muller mostrábanse cubertas por

unha toga e un manto, que lles envolvía a cabeza

Mención especial merecen: Os retratos dos emperadores. Neles mostrábase os emperadores facendo

alarde e ostentación do poder que representaban: Como cónsules (máxima maxistratura republicana). Levaban o manto

consular (forma de representación “togata”) e levantaban o brazo en sinal de arenga ao pobo

Como soldado (forma de representación “toracata”), aparece coa típica vestimenta militar e en actitude de pedir silencio para a “adlocutio” ou arenga ao exército

Como pretor (lexislador e administrador de xustiza) portaban un rolo coas leis na man

Como “pontifex maximus” (pontífice máximo, o principal cargo relixioso) tiñan un manto estendido pola cabeza e unha patena na man

Cando se mostra heroizado (ou divinizado, os emperadores presentábanse semiespidos e cunha coroa de loureiro na cabeza (como Xúpiter)

O retrato

A etapa republicana:

Durante esta etapa resalta o sentido de realidade, que se pon de manifesto no acentuadas que aparecen as faccións do rostro nos personaxes retratados

Os retratos desta fase presentaban un tipo de busto: Escultura, que comprendía desde a cabeza ao peito, curta, case triangular e

en que non se deixaba apreciar o vestido. O pelo dispúñase curto, moi plano dando a impresión de que estaba sen peitear

En canto ás mulleres o peiteado facíase cunha raia no medio Deste período resaltan os retratos de:

Pompeio Cicerón César (un de busto, outro toracato de tipo consular)

O retrato

Il Arringator

Xulio César

Pompeio

Retrato Barberini

Época imperial:

Nos primeiros anos do Imperio Romano resaltan representacións escultóricas que combinan a realidade (individualización do rostro) con certa idealización (apréciase sobre todo nos corpos)

Son significativas as esculturas que se fixeron do emperador Augusto, ao que se lle tende a representar con certo aire de idealización, non como un efecto estético senón para dar máis realce á súa figura e calidades políticas (aparecer como un bo gobernante, intelixente e poderoso). Estes aspectos quedaron reflectidos en: Augusto “Prima Porta” (descuberto en Ostia cara ao 20 a. C.) ou Claudio heroizado

O retrato na época dos Flavios: Vespasiano, Tito, Domiciano- (69-96 d. C.). Unha novidade do retrato desta época que perdurará en anos sucesivos foi o movemento lateral da cabeza, rompendo o frontalismo de retratos anteriores. Ademais o tamaño do busto aumentou, comprendendo peito, ombreiros e o comezo dos brazos. O pelo dispúñase cara adiante con guechos sobre a fronte e de forma plana. Ademais deuse, en xeral, un maior realismo en comparación á etapa de Augusto

Baixo o goberno de Tito estendeuse un determinado tipo de peiteado feminino. Consistía nunhas grandes fileiras de rizos dispostos na parte de diante da cabeza e que caían sobre a fronte. A talla estaba feita a trépano (instrumento utilizado para perforar). Exemplo:

A Dama da permanente. Suposta filla de Tito, chamada Xulia, que popularizou este peiteado

O retrato

Época imperial:

Baixo o emperador Hadriano (117-138) hai que salientar o influxo de artistas helenísticos. En canto aos trazos estilísticos do retrato cómpre mencionar:

Os cabelos e as barbas estaban máis marcados; o relevo acentuouse (o que se denomina “estilo fondo”)

Comezou a xeneralizarse o uso da barba

O iris e a pupila marcábanse con liñas concéntricas

Empezáronse a combinar pedras de diferentes cores para acentuar o realismo

Non se utilizou a pintura para marcar máis o realismo

Exemplos: Retratos de Hadriano. Iniciou o costume da barba. Resaltar o marcado do cabelo en

relación a etapa precedentes Retrato de Antínoo “Farnesio”. Foi o favorito de Hadriano e deu a súa vida para

protexer ao emperador cando se atopaba en Exipto. A súa traza mostra a influencia e perduración do clasicismo grego do s. V a. C.

O retrato

Época imperial:

Na época dos Antoninos: Antonino, Marco Aurelio, Cómodo(138-193). Nos retratos mantívose a tendencia a realzar o pelo e a barba, formando considerables rizos.

Tamén se sinalaron o iris e a pupila. Deste período o máis destacado é:

Retrato ecuestre de Marco Aurelio (s. II a. C)

Retrato de Cómodo, no que se exhibe a este personaxe divinizado como Hércules, cunha pel de león que lle cobre a cabeza e unha maza na man. A talla céntrase no pelo, barba, iris e pupila. O busto esténdese xa ata o ventre. Os brazos móstranse de forma completa

Retrato de Caracalla. Maniféstase a esta figura imperial coa cabeza virada, co cabelo rizado e unha barba incipiente e certa penetración psicolóxica ao transmitirnos o seu certo carácter impetuoso con ese cello engurrado

Comezos do s. IV:

Tendeuse cara a unha esquematización de trazos, na liña que logo definiu a escultura bizantina. Isto pódese evidenciar en:

Retrato de Constantino (s. IV). É de gran tamaño. Ten unha evidente simplicidade de trazos en relación aos retratos feitos en tempos anteriores: o pelo está pouco marcado (parece amazocado), a barba desaparece, os ollos son enormes e parecen desorbitados)

O retrato

Hadriano

Constantino

O relevo histórico tivo a súa orixe en Oriente e, máis en concreto, nas grandes culturas da Antigüidade, como foron a exipcia, mesopotámica (relevos asirios) e a persa

Nestas civilizacións -igual que ocorrería en Roma- o relevo utilizouse para conmemorar un feito, narrar algún acontecemento histórico de carácter relevante co obxecto de exaltar a figura do monarca. Para os romanos foi normalmente o obxectivo principal difundir xestas e fazañas dos emperadores, para que fosen admiradas polo pobo

Nos relevos de carácter histórico buscáronse efectos pictóricos como a perspectiva (é dicir, adecuar o tamaño das figuras segundo a distancia dun punto dado) e outros efectos para darlle profundidade

Ademais é preciso sinalar que as composicións eran moi recargadas e nelas concédese importancia a elementos como a paisaxe e o pintoresco (describe vivamente as cousas)

Etapas: Época Republicana:

Relevo de Domicio Enobarbo (“Domitius Ahenobarbus”) (s. II a. C.)

O relevo histórico

Época imperial: Relevos do Ara Pacis de Augusto (s .I a. C.- s. I d. C.) Relevos do Arco de Tito (75 d. C.) Relevos da Columna de Traxano (s. II d. C.)

Os relevos dos sarcófagos Ao difundirse o rito da inhumación dos cadáveres sobre todo a partir do s. I d.C. (por influencia

da corrente filosófica do estoicismo) potenciouse a realización de sarcófagos (costume etrusco pero pouco utilizada en Roma ata comezos do s. II)

Estaban decorados con relevos, que se situaban nas tres frontes que eran visibles (o encostado á parede permanecía sen labrar). Tallábanse normalmente en mármore, nun só bloque de pedra (algúns son xigantescos). Neles o relevo adoitaba estar moi marcado (altos relevos). A temática que representan son asuntos de carácter relixioso, con significado mortuorio, neles abundaba tamén a decoración arquitectónica (arcos, columnas) e a de motivos vexetais. Entre as escenas que se representaban estaban as de fazañas bélicas que acompañaban a fama inmortal aos soldados vitoriosos; a loita ou a caza, que aluden á morte; a nave e o tridente, que representaban o mar por onde pasaría a alma (lagoa Estixia de Caronte); episodios mitolóxicos (Exemplo: o rapto de Proserpina levada aos infernos por Plutón); escenas dionisíacas asociadas á vide e á hedra, símbolos da inmortalidade, etc.

A partir do s. II os relevos nos sarcófagos dividíronse en secuencias ou escenas separadas por arcos e columnas.

Exemplo:

Sarcófago Ludovisi (fins s. III d. C.)

O relevo histórico

Sarcófago Ludovisi