A FIESTRA de Carballeda de Avia - Boletín Informativo. Páxina 8o ano 2006 o Concello de Carballeda...

4
Concello de Carballeda de Avia “Os Feitos Vense” A FIESTRA de Carballeda de Avia - Boletín Informativo. Páxina 8 Recuperando as costumes dos avós cos nenos Rúa Castelao Nº 4 32412 Carballeda de Avia - Ourense Tel: 988 48 70 00 Fax: 988 48 71 76 Web: www.carballedadeavia.com Email: [email protected] Os nenos, no Nadal disfrutaron dunha xornada nos muíños, recordando como os seus avós moían o millo para logo facer o pan. Todos xuntos moeron o gran, amasaron a fariña e fixeron o pan no forno de pedra do Pote. Logo cada neno comeu o boliño que él mesmo fixo. Esta actividade foi organi- zada no Nadal dentro do programa de Xogoteca, e sin dúbida foi enriquecedo- ra para os cativos. Un mundo máxico abriuse ante eles. A fariña branca e suave, a masa aloumi- ñada polas súas mans déixase traballar; faise pan, boliños con corrupichos, pezas, barras, fendidos ou moletes; metense no forno do Pote, pequeno en tamaño, pero grande por facer deste día unha xornada inesquecible para os nenos, que saberán apreciar por si mesmos a maestría e adicación do vello oficio dos panadeiros cando cada día enriba das mesas das súas casas os agarde o arrecendo dun boliño de pan. N o ano 2006 o Concello de Carballeda de Avia comenza un proxecto de recuperación e posta en va- lor do noso patrimonio na- tural e histórico sendo claro exemplo desta aposta a re- cuperación e conservación de 24 muíños que se atopan repartidos por todo o muni- cipio, dous deles con tella- do de pedra e que foron construídos no ano 1700. Todos eles forman a “Ruta dos Muíños” e son un ex- cepcional exemplo do patri- monio histórico e etnográfi- co deste concello. 15 muí- ños foron rehabilitados gra- cias a dous obradoiros de emprego con axuda do Fon- do Social Europeo e da Con- sellería de Traballo da Xunta de Galicia e nel par- ticiparon 66 persoas. A res- tauración dos 9 restantes levouse a cabo a traves dun proxecto que obtuvo finan- ciación europea (Interreg) e con fondos propios do con- cello. Agora o noso concello ten unha nova oferta de inter- ese turístico para os visi- tantes, co obxectivo de fo- mentar o turismo saudable, pois a visita ós muíños faise a pe a traves de camiños naturais que atravesan frondosas paisaxes de bos- ques autóctonos de carba- llos, castiñeiros, buxos e loureiros, feiticeiros fentos e altivas bidueiras, que brindan agarimo a xílgaros, paporoibos, merlos, verde- roles… un paraíso natural para acougo dos corpos e descanso das almas. Concello de Carballeda de Avia Boletín Informativo OS MUÍÑOS: dos tempos do millo ós do turismo rural. Un proxecto a longo prazo xa rematado Muíño do Puzo en Vilar de Condes A Fiestra de Carballeda de Avia Muíño de arriba en As Fermosas Interior Muíño do Portelo en Vilariño Catro anos traballando e hoxe os proxectos xa son realidade

Transcript of A FIESTRA de Carballeda de Avia - Boletín Informativo. Páxina 8o ano 2006 o Concello de Carballeda...

Page 1: A FIESTRA de Carballeda de Avia - Boletín Informativo. Páxina 8o ano 2006 o Concello de Carballeda de Avia comenza un proxecto de recuperación e posta en va-lor do noso patrimonio

C o n c e l l o d e C a r b a l l e d a d e A v i a “ O s F e i t o s V e n s e ”

A FIESTRA de Carballeda de Avia - Boletín Informativo. Páxina 8

Recuperando as costumes dos avós cos nenos

Rúa Castelao Nº 4 32412 Carballeda de Avia - Ourense

Tel: 988 48 70 00 Fax: 988 48 71 76 Web: www.carballedadeavia.com Email: [email protected]

Os nenos, no Nadal disfrutaron dunha xornada nos muíños, recordando como os seus avós moían o millo para logo facer o pan. Todos xuntos moeron o gran, amasaron a fariña e fixeron o pan no forno de pedra do Pote.

Logo cada neno comeu o boliño que él mesmo fixo. Esta actividade foi organi-zada no Nadal dentro do programa de Xogoteca, e sin dúbida foi enriquecedo-ra para os cativos.

Un mundo máxico abriuse ante eles. A fariña branca e suave, a masa aloumi-ñada polas súas mans déixase traballar; faise pan, boliños con corrupichos, pezas, barras, fendidos ou moletes; metense no forno do Pote, pequeno en tamaño, pero grande por facer deste día unha xornada inesquecible para os nenos, que saberán apreciar por si mesmos a maestría e adicación do vello oficio dos panadeiros cando cada día enriba das mesas das súas casas os agarde o arrecendo dun boliño de pan.

N o ano 2006 o Concello de Carballeda de Avia

comenza un proxecto de recuperación e posta en va-lor do noso patrimonio na-tural e histórico sendo claro exemplo desta aposta a re-cuperación e conservación de 24 muíños que se atopan repartidos por todo o muni-cipio, dous deles con tella-

do de pedra e que foron construídos no ano 1700. Todos eles forman a “Ruta dos Muíños” e son un ex-cepcional exemplo do patri-monio histórico e etnográfi-co deste concello. 15 muí-ños foron rehabilitados gra-cias a dous obradoiros de emprego con axuda do Fon-do Social Europeo e da Con-

sellería de Traballo da Xunta de Galicia e nel par-ticiparon 66 persoas. A res-tauración dos 9 restantes levouse a cabo a traves dun proxecto que obtuvo finan-ciación europea (Interreg) e con fondos propios do con-cello. Agora o noso concello ten unha nova oferta de inter-ese turístico para os visi-tantes, co obxectivo de fo-mentar o turismo saudable, pois a visita ós muíños faise a pe a traves de camiños naturais que atravesan frondosas paisaxes de bos-ques autóctonos de carba-llos, castiñeiros, buxos e loureiros, feiticeiros fentos e altivas bidueiras, que brindan agarimo a xílgaros, paporoibos, merlos, verde-roles… un paraíso natural para acougo dos corpos e descanso das almas.

Concello de Ca rballeda de Av ia

Boletín Informativo

OS MUÍÑOS: dos tempos do millo ós do turismo rural.

Un proxecto a longo prazo xa rematado

Muíño do Puzo en Vilar de Condes

A Fiestra de Carballeda de Avia

Muíño de arriba en As Fermosas Interior Muíño do Portelo en Vilariño

Catro anos traballando e hoxe os proxectos xa son realidade

Page 2: A FIESTRA de Carballeda de Avia - Boletín Informativo. Páxina 8o ano 2006 o Concello de Carballeda de Avia comenza un proxecto de recuperación e posta en va-lor do noso patrimonio

F eito o traballo de recuperación e restauración do noso patrimonio,

dende o Concello de Carballeda de Avia, somos conscientes, que esa idea necesita un novo impulso. Co apoio do Ministerio de Medio Ambiente do Go-berno de España conseguimos crear o maior grupo de sendeiros da provincia de Ourense, os “ Camiños Naturais de Carballeda de Avia”. Gracias a xestión do Concello de Carballeda de Avia, o Goberno de España inviste máis de un millón de euros na recuperación de 30 kilómetros de camiños que son parte do noso patrimonio natural e aquitectóni-co.

A FIESTRA de Carballeda de Avia - Boletín Informativo. Páxina 2

Temos o mayor grupo de sendeiros da provincia de Ourense

Un proxecto a longo prazo xa rematado

Empedrado sendeiro en Abelenda

A gora, Carballeda de Avia é un dos lugares turísticos con máís encanto

natural e paisaxístico. Tres rutas son o novo encanto e futuro motor económico da nosa terra:

A Ruta dos Muiños: percorre todos os muiños restaurados na marxe do río, o que achegará visitantes ós pobos de Abelenda, Vilar de Condes, As Fermosas, Vilariño, Saa, Os Prados, Muimenta e Ve-ronza, entre unha vegetación densa e exuberante de frondosas árbores, a natureza latexa ante os ollos do visitante.

A Ruta dos Bolos: percorre os bolos graníticos e en Faramontaos terá unha gran área recreativa que cal mudos xigantes prehistóricos, en extrano equilibrio vixían a miste-riosa paisaxe ó caer do solpor.

A Ruta dos Cabalos: chega ata a área recreativa nas Laceiras e ten as vistas máis fermosas do Ribei-ro, como si dun balcón se tratara, a panorámica feiticeira acubilla ó visitante que se sente fascinado polos fermosos cabalos que vagan libres, sen rumbo por esta natura-za ancestral, salvaxe e misterio-sa.

Catro anos traballando e hoxe os proxectos xa son realidade

Muíño de Trigás en Abelenda

Páxina 7 A FIESTRA de Carballeda de Avia - Boletín Informativo.

Unha imaxe vale máis que mil palabras: O traballo dos alumnos dos obradoiros de emprego Pena Corneira I e II

Un proxecto a longo prazo xa rematado

Restaurando o muíño da Pontiña en Saa Muíño da Pontiña de Saa restaurado

Restaurando o muíño da cima en Vilariño Área do muíño do fondo en As Fermosas

Fervenza dos muiños de Veronza Muíño pequeno e muíño da cima en Veronza

Page 3: A FIESTRA de Carballeda de Avia - Boletín Informativo. Páxina 8o ano 2006 o Concello de Carballeda de Avia comenza un proxecto de recuperación e posta en va-lor do noso patrimonio

A FIESTRA de Carballeda de Avia - Boletín Informativo. Páxina 6

Unha parte moi importante do noso patrimonio histórico son os canastros. Antiga-mente eran lugar de encontro dos veciños e de almacen do millo. Despois de anos en estado de abandono, os propietarios dos canastros de Vilar de Condes e Conce-llo de Carballeda de Avia deciden colaborar xuntos na recuperación desta fermosa riqueza arquitectónica. Os resultados son feitos: os canastros xa son un gran atrac-tivo para os visitantes. Co esforzo económico do Concello de Carballeda de Avia e coa colaboración dos veciños, os Canastros de Muimenta serán o próximo obxectivo na promoción e consolidación do turismo rural.

OS CANASTROS: Veciños e Concello colaboran na recuperación do patrimonio histórico do pobo de Vilar de Condes

Un proxecto a longo prazo xa rematado

Os propietarios dos canastros o día da inauguración

Catro anos traballando e hoxe os proxectos xa son realidade

A emoción descóbrese na faciana dos veciños cando o alcalde e o concelleiro les poñen na man a chave do seu remozado canastro… no seu pensamento re-cordos de mozos e nenos, de boas e malas colleitas, de esfollas, de labras,… de tempos e recordos por todos queridos atrapados agora nas pedras dos ve-llos canastros. Os foguetes estoupan no ceo, os canastros son parte da historia e da vida de Vilar de Condes.

Páxina 3 A FIESTRA de Carballeda de Avia - Boletín Informativo.

Traballos Realizados Financiado por Importe

Restauración 16 muíños polos obradoiros de emprego. Anos 2006/2007 e 2008/2009

Consellería de Traballo 1.150.000 €

Concello 100.000 €

Restauración 4 muíños máis a través de Fon-dos Europeos. Programa Interreg. Ano 2007

Fondos Europeos 200.000 €

Concello 50.000 €

Restauración 4 muíños cos programas de co-operación e co programa Lousa. Ano 2009

Consellería de Traballo 400.000 €

Concello 100.000 €

Restauración Canastros de Vilar de Condes Ano 2008

Consellería Cultura 10.000 €

Concello 40.000 €

TOTAL INVERSIÓN EN 4 ANOS MÁIS DE 3 MILLÓNS DE EUROS

Rutas Senderismo. Camiños Naturais. Ano 2010 Ministerio M. Ambiente 1.100.000 €

Cadro de Inversións realizadas para o proxecto en catro anos

Recuperando o emprego e incentivando a economía da zona

Un proxecto a longo prazo xa rematado

H ay que ter en conta tamén que este gran proxecto permitiu xerar

emprego e incentivar a economía da zona durante 2 anos, dando formación e traballo a 80 familias do municipio a través de dous obradoiros de emprego, ou traballando nas propias brigadas municipais.

N a restauración dos 24 muíños in-vestironse nos últimos 4 anos máis

de 2 millóns de euros, realizando os participantes unha gran labor, respeta-da e apreciada pola xente de Carballe-da de Avia. Gracias ós veciños que par-ticiparon nesta restauración, agora vol-ven a ser unha parte interesante do pa-trimonio de Carballeda de Avia.

Alumnos do Obradoiro traballando

Persoal das brigadas facendo empedrado do muíño do puzo en Vilar de Condes

Fomento do ecoturismo como un recurso máis para complementar a potencialidade deste concello

Page 4: A FIESTRA de Carballeda de Avia - Boletín Informativo. Páxina 8o ano 2006 o Concello de Carballeda de Avia comenza un proxecto de recuperación e posta en va-lor do noso patrimonio

A FIESTRA de Carballeda de Avia - Boletín Informativo. Páxina 4

Entrevista a Etelvino Vieitez: “A fariña do muíño é a mellor”

Un proxecto a longo prazo xa rematado

E telvino Vieitez é un agricultor xubilado de Abelenda das Penas.

Agora con case 87 anos lembra os tempos nos que ía moer ó muíño coa súa nai, e síntese satisfeito de volve-los a ver rehabilitados e en uso. Os muíños de Abelenda servían para moer o cereal das parroquias de Abe-lenda e Muimenta. Etelvino relátanos que só uns cantos eran donos dos muí-ños, mentres que os outros tiñan que moer de maquía, pagando unha cota en especie.

Vostede viña de pequeno a moer o gran, lémbrase de cómo era aquilo? Eu lémbrome de vir con miña nai, por-que eran as mulleres as que se encar-gaban de vir moer. Mentres se moía facíamos o lume. Se nos tocaba a tan-dada de noite, ela levaba o candil na cabeza. Entón tamén moían de noite? Si si, lémbrome de vir de noite aquí, coa miña nai. Como decía, ela levaba o candil na cabeza. Durante todos os días do ano había turnos de día e de noite, si a unha familia lle tocaba moer de día a outra tocáballe de noite. Cando deixou de vir a xente a moer aquí? Fai máis de 40 anos. Agora a xente case non cultiva, e ademais a xente foi mer-cando os muíños eléctricos para as ca-sas. Foise ao práctico, pero fariña co-mo esta, a do muíño, non hai. Cales son mellores, os muíños de pe-dra ou os eléctricos? Por suposto, son mellares os muíños de pedra. Ademáis, dependendo como co-loques a moa fai diferente fariña. A fa-

riña para as galiñas é mais gorda e a fariña para a bica é mais fina. Enton a xente facía pan coa fariña? A xente facía a bica. Algunha xente, a máis rica, tiña o forno de pedra na casa e facían o pan. E solo se moía millo? Non. Antigamente botábase moito cen-teo e moíase no muíño. Había xente que recollia ata 200 mollos de centeo. E o que non tiña muíño, como facía? A xente que non tiña muíño iba ó muí-ño de maquia, e pagábaselle ó dono en especie, é decir, dábanlle unha parte do millo que levaban. Na Abelenda había 2 muíños de maqu-ía. Moía o dono do muíño para toda a xente e a cambio quitáballe un pouco de millo como cobro polo servicio de moer.

Foto de Etelvino nun dos muíños de Trigás

Páxina 5 A FIESTRA de Carballeda de Avia - Boletín Informativo.

Entrevista a Marcial Rodríguez: “Comer pan de trigo era un luxo”

Un proxecto a longo prazo xa rematado

Vostede moía gran nestes muíños? Si, eu nacín nos Prados e alí tamén ti-ñamos muíños. Pero casei con 25 anos aquí nas Fermosas e viña moer con mi-ña sogra neste muíño. Aquí tamén se moía de noite? Si, pero solo no inverno. No verán non se podía porque a auga era moi escasa. Os muíños tiñan unhas pozas que se pe-chaban as 7 ou 8 da tarde para acumu-lar a auga. Logo polo día podíase moer coa forza da auga que se acumulara nas pozas de noite. E mentres se moía, que facían? No inverno cendíamos o lume para quentarnos. Había muíños nos que había que espe-rar a que acabara de moer porque si se acababa o gran seguían moendo e de-rramábase a moa. Noutros non era necesario porque tiñan un sistema que paraba ó acabarse o gran e así podíamos deixalos a moer e ir facer outro traballo. Vostede acórdase da construcción dalgún dos muíños? O que eu usaba é o máis antigo e xa o

acordo feito. Pero un tío meu fixo un-muíño e unha poza para a sua familia. Constrúírono uns canteiros de Muimen-ta. Meu tío chamábase Camilo Rodrí-guez e tiña moita familia. E como tiña un muíño solo para eles? Porque era unha familia moi grande e tiñan que comer. O millo que moían era todo pa comer. Iban á feira a Riba-davia e vendían a fariña para poder comprar aceite, e outros productos básicos, pero todo “tasadiño”. Logo compraban o pan de trigo para eles e os rapaces, que era un luxo naqueles tempos comer pan de trigo. E non había muíños de maquía aquí nas Fermosas? Si claro. Este muíño de meu tío era de maquía. A quen non tiña muíño él mo-íalle a cambio de un pouco de fariña.

Foto de Marcial no muíño onde él moía

M arcial Rodríguez é un agricultor xubilado de As Fermosas. Con-

tanos que él é do pobo dos Prados pe-ro que casou nas Fermosas e viña mo-er con súa sogra fai máis de 55 anos. Explica como había que aproveitar no verán a auga nestes muíños das Fer-mosas porque era escasa. Utilizaban unhas pozas que pechaban pola noite para que acumularan auga para logo polo día poder moer o gran.