A industrialización en Cataluña e o País Vasco...O transporte foi polo tanto a chave da industria...

4
A industrialización en Cataluña e o País Vasco O crecemento industrial catalán, unha pe- quena Inglaterra Barcelona foi un exitoso porto comercial dende a Idade Media, aínda que perdeu parte do seu poder e prestixio no século XV debido ós enfron- tamentos civís entre os artesáns e os ricos patri- cios da cidade (Conflicto entre a Busca -astilla, pobres- e a Biga -peza central de madeira, ricos- ). Coa chegada dos reis católicos e a modernidade, Barcelona foi relegada a un papel de segundo orde, dada a importancia do comercio americano e atlántico que estaban reservados a Castela; pero paradóxicamente a chegada dos Borbón ó poder liberalizou en parte o mercado interior (fi- siocracia) e foi unha oportunidade para a crea- ción manufactureira de todas as rexións españolas. Barcelona aproveitou a súa oportuni- dade. Para o nacemento dun proceso industrial: 1) Fan falta capitais. No caso de cataluña pro- veñen de negocios variopintos: - Do comercio co norte de Europa de viño e au- gardente, no que os navíos voltaban cheos de bacallao (iso facía que o transporte fose rentable e permitía acumular cartos ós futuros empresa- rios). - Do comercio de escravos, principalmente en Cuba. Grandes familias industriais catalanas co- mezaron a súa fortuna vendendo en Cuba e Porto Rico ós tan necesarios escravos. España será o último país europeo en prohibir o dito co- mercio (1866). 2) Fai falta unha revolución agrícola: Os agri- cultores da Cataluña interior comezaron a espe- cializarse e a invertir en modernizar os seus cultivos pensando no mercado. Unha vez máis foi o sector vitivinícola da costa o pioneiro e o motor. Destacan os augardentes e logo os espu- mosos (tras da praga da filoxera en Francia). Pero todo o agro catalán pasou a modernizarse e a mercantilizar a súa producción. Nas zonas de montaña xerouse un sector lanero importante que alimentaría o téxtil da cidade, e os vales do interior adicáronse a un cultivo próspero de ce- real, que era vendido a bo precio en Barcelona e as demais vilas costeiras. Un exemplo disto é que Barcelona será a sede da primeira indus- tria química de España que fabrique abonos para o campo. 3) Fai falta enerxía e transporte: A Cataluña o carbón chegou, pero resultaba moi caro, o que provocou que os talleres e fábricas se especiali- zasen no emprego da enerxía hidráulica dos múltiples ríos que baixan do Pirineo. A maioría do sector de fabricación téxtil alimentouse ener- xéticamente dos encoros e dos muiños de auga.Cataluña conta con ríos navegables e sobre todo co porto de Barcelona, cunha tradi- ción comercial longa e próspera. 4) Fai falta un mercado artellado: A conexión con Europa e con América de Cataluña non che- gou ata finais do século XVIII. Foi ahí cando a combinación de factores coma o proteccionismo dos Borbón, o baixo prezo do algodón internacio- nal e da lana nacional, e a concentración de ca- pitais na cidade permitiu o lanzamento dun sector téxtil, o das indianas, que comezou a reinvertir os seus beneficios en maquinaria e polo tanto a industrializarse. A enerxía dos ríos foi a chave da in- dustrialización de Cataluña no S. XIX.

Transcript of A industrialización en Cataluña e o País Vasco...O transporte foi polo tanto a chave da industria...

Page 1: A industrialización en Cataluña e o País Vasco...O transporte foi polo tanto a chave da industria - lización. Euskadi tiña o privilexio de non ter adua - nas co estranxeiro, era

A industrialización en Cataluña e o País VascoO crecemento industrial catalán, unha pe-quena Inglaterra

Barcelona foi un exitoso porto comercial dendea Idade Media, aínda que perdeu parte do seupoder e prestixio no século XV debido ós enfron-tamentos civís entre os artesáns e os ricos patri-cios da cidade (Conflicto entre a Busca -astilla,pobres- e a Biga -peza central de madeira, ricos-).Coa chegada dos reis católicos e a modernidade,Barcelona foi relegada a un papel de segundoorde, dada a importancia do comercio americanoe atlántico que estaban reservados a Castela;pero paradóxicamente a chegada dos Borbón ópoder liberalizou en parte o mercado interior (fi-siocracia) e foi unha oportunidade para a crea-ción manufactureira de todas as rexiónsespañolas. Barcelona aproveitou a súa oportuni-dade.Para o nacemento dun proceso industrial:

1) Fan falta capitais. No caso de cataluña pro-veñen de negocios variopintos:- Do comercio co norte de Europa de viño e au-gardente, no que os navíos voltaban cheos debacallao (iso facía que o transporte fose rentablee permitía acumular cartos ós futuros empresa-rios).- Do comercio de escravos, principalmente enCuba. Grandes familias industriais catalanas co-mezaron a súa fortuna vendendo en Cuba ePorto Rico ós tan necesarios escravos. Españaserá o último país europeo en prohibir o dito co-mercio (1866).

2) Fai falta unha revolución agrícola: Os agri-cultores da Cataluña interior comezaron a espe-cializarse e a invertir en modernizar os seuscultivos pensando no mercado. Unha vez máisfoi o sector vitivinícola da costa o pioneiro e omotor. Destacan os augardentes e logo os espu-mosos (tras da praga da filoxera en Francia).Pero todo o agro catalán pasou a modernizarsee a mercantilizar a súa producción. Nas zonasde montaña xerouse un sector lanero importanteque alimentaría o téxtil da cidade, e os vales dointerior adicáronse a un cultivo próspero de ce-real, que era vendido a bo precio en Barcelona eas demais vilas costeiras. Un exemplo disto é

que Barcelona será a sede da primeira indus-tria química de España que fabrique abonospara o campo.

3) Fai falta enerxía e transporte: A Cataluña ocarbón chegou, pero resultaba moi caro, o queprovocou que os talleres e fábricas se especiali-zasen no emprego da enerxía hidráulica dosmúltiples ríos que baixan do Pirineo. A maioríado sector de fabricación téxtil alimentouse ener-xéticamente dos encoros e dos muiños deauga.Cataluña conta con ríos navegables esobre todo co porto de Barcelona, cunha tradi-ción comercial longa e próspera.

4) Fai falta un mercado artellado: A conexióncon Europa e con América de Cataluña non che-gou ata finais do século XVIII. Foi ahí cando acombinación de factores coma o proteccionismodos Borbón, o baixo prezo do algodón internacio-nal e da lana nacional, e a concentración de ca-pitais na cidade permitiu o lanzamento dunsector téxtil, o das indianas, que comezou areinvertir os seus beneficios en maquinaria e polotanto a industrializarse.

A enerxía dos ríosfoi a chave da in-dustrialización deCataluña no S. XIX.

Page 2: A industrialización en Cataluña e o País Vasco...O transporte foi polo tanto a chave da industria - lización. Euskadi tiña o privilexio de non ter adua - nas co estranxeiro, era

Librecambismo e proteccionismo

Os conservadores (partido da alta burgue-sía e dos terratenentes) eran partidariosdo proteccionismo, unha forma de comer-cio que procura evitar a entrada de produc-tos estranxeiros e que reserva, medianteimpostos -aranceis-, o mercado nacionalpara as fábricas autóctonas.Os progresistas pola súa banda aposta-ban polo librecambismo económico, o queabarataba os productos para as clases po-pulares e que favorecía a teoría da ventaxacomparativa de David Ricardo, e obriga ámodernización das industrias (que teríanque pagar os burgueses, que polo tanto ga-ñarían menos cartos).As políticas liberais só se puxeron enpráctica uns poucos anos, especial-mente durante o Sexenio Democrático,co ‘Arancel Figuerola’ (1869).

Os intereses favorables ao proteccio-nismo eran demasiado poderosos: os de-sexos da aristocracia terratenientecoincidían cos dos industriais vascos ecatalanes. Entre todos exerceron unhaforte presión para que durante a Restaura-ción se retornase á política proteccionista.O resultado de esta política proteccionista,salvo algúns éxitos puntuais, foi ó longoprazo perxudicial:- Nos se estimulou a productividade in-dustrial nin a inversión en tecnoloxía ninmaquinaria.- O consumidor español foi empobre-cendose posto que mercar cousas eracada vez máis caro e o producido en Es-paña se vendía a precios moi altos, xa quenon se fabricaba suficiente para cubrir a po-sible demanda (non real, xa que a pobrezaimpedía acceder ós productos).

O Téxtil, o inicio de todo

Xa na idade moderna a transformación de lá permitíafalar dunha economía relativamente próspera e in-dustriosa na cidade de Barcelona, pero coa chegadado algodón, unha materia barata e fácil de traballar,os cataláns comezaron a facer cartos de verdade. Oproducto estrela foron as indianas.

As indianasChámase así ó tecido de algodón estampado devivas cores e que se facía primeiro de forma artesa-nal e logo mecánica en Barcelona. O nome de india-nas provén de que se facían en grandísimascantidades (SXVIII) para o mercado reservado dascolonias americanas, as Indias.

A Spinning Jenny e a BergadanaA industria do algodón comezou a mecanizarse, en1784 chegan de francia varios industriais e enxeñei-ros que copian (mediante espionaxe industrial daépoca) os teares mecánicos manuais que emprega-ban os ingleses, as coñedicas coma Spinning Jenny.Isto premitía a un so fiador (antes un traballo lento etedioso, pois o fío rompe con frecuencia) alimentar otraballo de varios tecedores. A Bergadana, un inventocatalán da cidade de Berga multipicou o traballo daSpinning Jenny por catro, aínda que non podía com-petir coa Mule Jenny que empregaban os inglesesnese momento (fiaba 30 veces máis rápido que aSpinning).

A reserva de mercados e o proteccionismoPese á diferencia competitiva entre Inglaterra e Ca-taluña, a industria catalana saíu adiante grazas á re-serva de mercados que primeiro os reformistasborbóns e logo os diferentes gobernos liberais fomen-taron. Para iso xeneraronse políticas proteccionistasque cargaban de impostos ós productos estranxeirosou simplemente impedían a súa venda.A perda das primeiras colonias de América supuxo unduro golpe, pero a reserva do mercado nacional e dasantillas caribeñas foi suficiente para o enriquecimentodas clases industriais catalanas.O desenvolvemento do sector téxtil permitiu o crece-mento dunha industrialización variada e efectiva enCataluña, pero nunca competitiva. Os empresarioscataláns, antes de perder os seus negocios ou de su-frir perdas por ter que loitar polos mercados, preferíanpresionar ós políticos para acadar un mellor nivel deprotección, aínda que iso limitase o desenvolvementode sectores exportadores e mantivese nun moderadoatraso industrial ó país.

Page 3: A industrialización en Cataluña e o País Vasco...O transporte foi polo tanto a chave da industria - lización. Euskadi tiña o privilexio de non ter adua - nas co estranxeiro, era

O caso vasco, a siderurxia

O caso da industria de Euskadi é diferente, nonson os factores endóxenos (nativos) os que xe-neran a revolución, son os esóxenos (de fora, es-tranxeiros).A riqueza do País Vasco atópabase baixo a terra,o ferro, unha das principais materias primas darevolución industrial, ademais o de Viscaia ten aparticularidade de ser un dos mellores do mundopara facer aceiro dado o seu baixo contido enfósforo (agretaríase) e xofre (azufre) (favorece afraxilidade). O ferro vasco será exportado a Inglaterra engrandes cantidades, facendo dos productoresnativos os primeiros capitalistas da zona. Estesaproveitaron a Ría de Bilbao coma punto de co-municación entre o monte e o mar. Levando oferro nun principio a man (os pobres, en inverno,para gañar algo de cartos) ou en carros de ani-mais, e logo en gabarras (grandes barcazas)cara o porto.A producción de ferro local aínda se facía deforma artesanal, con carbón de leña (non o demina que xenera máis calor), en ferrerías quenon podían competir en calidade e precio coassiderurxias estranxeiras (altos fornos). Pero foise

desenvolvendo, facendo as primeiras transfor-macións en Viscaia (o ferro doce, lingotes deferro puro, que serían convertidos en aceiro enoutra parte), para abaratar custos de transporte.O transporte foi polo tanto a chave da industria-lización. Euskadi tiña o privilexio de non ter adua-nas co estranxeiro, era así un lugar perfecto parapara a exportación e o desembarco de materiasde consumo. Esta zona libre de impostos foisedesenvolvendo e xerando relacións comerciaisde ida e volta con Inglaterra, xa que o transporteera moi barato (anque controlado por empresasinglesas). Os grandes barcos británicos, pararentabilizar as viaxes de ida (voltarían co ferro),levaban carbón das minas inglesas, de alta cali-dade e a baixo prezo. Pese a que a maior parte da riqueza e do ferrofoi a Gran Bretaña, nace en vascongadas un ca-pitalismo propio:- Industria siderurxica: Ybarra Hermanos (1827),ampliouse logo a unha gran fábrica chamada‘Nuestra Señora del Carmen’ (1854) e con moitasoutras acabou fusionada en Altos Hornos de Vis-caia (1902), a grande empresa do metal vasco.- Banca: O Banco de Bilbao nacerá en 1857, econ él o sector financieiro que apoiaría o crece-mento e o crédito da zona.

Evolución do volume de comercio do porto de Bilbao (1857-1927), por Natividad de la Puerta en Cien Años de Comercio en el Puerto de Bilbao

Millóns de Toneladas

Page 4: A industrialización en Cataluña e o País Vasco...O transporte foi polo tanto a chave da industria - lización. Euskadi tiña o privilexio de non ter adua - nas co estranxeiro, era

O caso vasco, a siderurxia (cont.)

A lei de desamortización do subsolo de 1868 foio último intento por parte dos progresistas en Es-paña para activar a industria e o comercio me-diante esta fórmula. Antes, todas as minas eranpropiedade da coroa, pero dende ese momentopodían caer en mans privadas.Iso foi o pistoletazo de saída para que os inver-sores, principalmente estranxeiros (franceses eingleses) comezaran a comprar, prospectar e ex-plotar os ricos xacementos de chumbo, ferro,mercurio, cobre, cinc, e máis. A chegada destesestranxeiros rematou coa falta de capitais e decoñecementos que impedían a explotación, peroaxudados por un ferrocarril radial, estes metaisacabaron na industria estranxeira, en vez de con-formando unha propia.

Houbo tímidos intentos en Andalucía, que prontofecharon ante a competencia internacional e ocaro da enerxía (fan falta 4 toneladas de carbónpara fabricar unha de ferro, é mellor mover oferro, polo tanto). Pero o certo foi que a chegada de inversión, téc-

nica e a exportación de materias primas come-zou a introducir en España unha cultura do capi-talismo e a semente da actividade industrial,aínda que fose de baixo valor engadido.Euskadi foi a única que puido manter un sectorde producción de aceiro con altos fornos e con-vertedores Bessmer, onde estaba a maior parteda ganancia. Ademais, desenvolveu industriasparalelas:- Ferrocarril (tardíamente, non chegou ó procesode 1855).- Naval (a pesca de altura)- Sector armamentístico (que se desenvolvería aplena potencia coa chegada da Primeira GuerraMundial).As pouco poboadas terras vascas precisaron degrandes cantidades de man de obra en poucotempo, iso xerou unha grande migración campocidade e por suposto unha enorme migración denon vascos, o que provocou a sensación de in-vasión e de perda dos valores que sería motordo nacionalismo máis radical, cun sentemento deautodefensa, creación de Sabino Arana e o PNV.

As sirgueras, mulleres que mo-vían barcos tirando de cordas

Sabino Arana e o Partido Nacionalista Vasco

Ideolóxicamente comezará no carlismo e na defensa dos foros, pero prontoprenderá nel a idea do nacionalismo. Estudiou de maior euskera, que non co-ñecía, e pronto comezou a incluir nel verbas novas e a escribir libros e xornais.en 1894 deseñou a Ikurriña (bandeira actual de Euskadi).En 1895 funda o Partido Nacionalista Vasco (PNV, que aínda existe hoxe), deideas nacionalistas-separatistas, ultracatólicas, racistas (ideoloxía propia daépoca romántica na que vivía), e tamén machistas.Para xustificar a existencia da raza vasca, e polo tanto do dereito de crear unhanación, Arana, non dubidou en mesturar realidade con mito.Para Arana os vascos ocupan un territorio a cabalo entre Francia e España, que in-clúe a actual Navarra, Euskadi e o País Vasco-Francés (parte da Gascuña).Inventa unha orixe mítica para diferenciarse dos españois (coñecidos coma make-tos), o primeiro vasco sería Túbal (que significaría Aitor), o suposto neto de Noé (apersonaxe da Biblia). Esta raza recoñeceríase por diferencias xenéticas (no RH ne-gativo e en particularidades no cráneo) que hoxe en día parecen descartadas.O outro gran piar da identidade vasca, o idioma, para Arana, estaba en perigo polachegada de moitos españois a traballar á Viscaia, e debía ser protexido e fomentado.