A Mirada da Confianza 2

16
Un programa eficaz Santiago é na actualidade un proxecto ben planificado a longo prazo, que evita os erros da improvisación. Re- forzamos o atractivo da nosa cidade, actuando en positivo sobre os seus equipamentos básicos e sobre a calidade de vida. Afondamos na cohesión social e a calidade de vida coa apertura de novos par- ques e espazos de lecer, manténdoa como unha cida- de segura e amable; cunha oferta cultural de calidade, extensa e accesible; cunha ampliación da oferta de vi- venda de protección; coa inauguración de escolas infantís; con programas de atención aos maiores e de- pendentes… Completamos con éxito o reto de transformar a cidade, combinando as súas funcións universitarias e administra- tivas co desenvolvemento turístico como destino in- ternacional e a condición de capital de Galicia; con novas implantacións industriais e a oferta de servizos especiali- zados de alto nivel. Un planificado e coidado- so traballo de sutura interna, cun urbanismo de calidade e a procura do equilibrio so- cial compatible coa constru- ción dunha imaxe de marca internacional, ligada á con- dición de Patrimonio da Hu- manidade, de referencia cul- tural europea, de destino do Camiño Xacobeo, de sede dunha universidade pluri- centenaria. Avanzamos decisivamen- te nas infraestruturas de co- nexión externa da cidade: autovías, chegada do AVE, novo aeroporto..., reducindo o lastre histórico de ser peri- feria na península. No presente vivimos tem- pos de dificultades. O con- texto global de crise tamén castiga a Compostela, aínda que considerablemente sua- vizada en relación coa me- dia galega ou española. Non é momento de esbo- zar proxectos custosos, para os que non existirán condi- cións ou recursos nos vin- deiros anos. Porén, tendo en conta a experiencia e a cohe- rencia co feito, presentamos un programa eficaz de go- berno elaborado para seguir saíndo da crise en mellores condicións, logo de aprovei- tar todas as oportunidades. Presentamos un equipo capaz e preparado para go- bernar sen improvisacións. Santiago de Compostela merece o teu voto para man- ter un goberno serio, pru- dente e con experiencia. Unha candidatura de xente de Santiago para traballar por Compostela. Bases para a recuperación económica e a creación de emprego. A firmeza dun proxecto urbano con calidade de vida. Confianza nas persoas e na convivencia.

description

Un Programa Eficaz

Transcript of A Mirada da Confianza 2

Un programa eficazSantiago é na actualidade

un proxecto ben planificado a longo prazo, que evita os erros da improvisación. Re-forzamos o atractivo da nosa cidade, actuando en positivo sobre os seus equipamentos básicos e sobre a calidade de vida.

Afondamos na cohesión social e a calidade de vida coa apertura de novos par-ques e espazos de lecer, manténdoa como unha cida-de segura e amable; cunha oferta cultural de calidade, extensa e accesible; cunha ampliación da oferta de vi-venda de protección; coa inauguración de escolas infantís; con programas de atención aos maiores e de-pendentes…

Completamos con éxito o reto de transformar a cidade, combinando as súas funcións universitarias e administra-tivas co desenvolvemento turístico como destino in-ternacional e a condición de capital de Galicia; con novas implantacións industriais e a oferta de servizos especiali-zados de alto nivel.

Un planificado e coidado-so traballo de sutura interna, cun urbanismo de calidade e a procura do equilibrio so-cial compatible coa constru-ción dunha imaxe de marca

internacional, ligada á con-dición de Patrimonio da Hu-manidade, de referencia cul-tural europea, de destino do Camiño Xacobeo, de sede dunha universidade pluri-centenaria.

Avanzamos decisivamen-te nas infraestruturas de co-nexión externa da cidade: autovías, chegada do AVE, novo aeroporto..., reducindo o lastre histórico de ser peri-feria na península.

No presente vivimos tem-pos de dificultades. O con-texto global de crise tamén castiga a Compostela, aínda que considerablemente sua-vizada en relación coa me-dia galega ou española.

Non é momento de esbo-zar proxectos custosos, para os que non existirán condi-cións ou recursos nos vin-deiros anos. Porén, tendo en conta a experiencia e a cohe-rencia co feito, presentamos un programa eficaz de go-berno elaborado para seguir saíndo da crise en mellores condicións, logo de aprovei-tar todas as oportunidades.

Presentamos un equipo capaz e preparado para go-bernar sen improvisacións.

Santiago de Compostela merece o teu voto para man-ter un goberno serio, pru-dente e con experiencia.

Unha candidatura de xente de Santiago para traballar por Compostela.Bases para a recuperación económica e a creación de emprego.

A firmeza dun proxecto urbano con calidade de vida.Confianza nas persoas e na convivencia.

María Teresa Rodríguez ÁlvarezLicenciada en Ciencias Económi-cas pola Universidade de Santiago. Traballou como asesora fiscal en Vigo. Na actualidade traballa como Técnico 1 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Mar Martín GarcíaLicenciada en Medicina, Uni-versidade Autónoma de Madrid. Foi asesora do Plan da Muller elaborado pola Consellaría de Sanidade no ano �007; respon-sable da Secretaría da Muller da Federación de Asociacións para A Defensa da Saúde Pública e vocei-ra da Plataforma Sociosanitaria de Santiago. É concelleira delegada de Benestar Social e de Igualdade.

Bernardino RamaSeoaneTécnico de Son Radiofónico. Ex-presidente da Agrupación de Deportistas Veteranos de Santia-go. Desde o ano 99 foi concelleiro de Deportes, de Infraestruturas e Equipamentos, e de Servizos Básicos (Auga, saneamento e alu-meados). Actualmente é conce-lleiro de Obras e Infraestruturas, e de Deportes, responsabilidades que compaxina co seu cargo de deputado provincial.

Xaquín Fernández LeiceagaDoutor en Ciencias Económicas. Profesor Titular do Departamento de Economía Aplicada da USC. Concelleiro entre 1999 e �007 nas áreas de Facenda e Persoal. Deputado autonómico na VII Lexislatura, secretario da área de Política Municipal da CENG, e voceiro do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE.

Mª Luisa del RíoAraújoDoutora en Ciencias Económicas e Empresariais pola USC, especiali-zada en Organización de Empre-sas e Comercialización. Profesora titular da USC e investigadora con traballos publicados sobre orientación do mercado, marke-ting internacional e turístico, e exportación en Pymes.

Beatriz Acuña ÁlvarezRealizou o Ciclo Superior de Fotografía Artística no Instituto de Artes e Oficios Artísticos Mestre Mateo e tamén ten estudos de de-seño gráfico e publicidade. Desde xaneiro de �006 está á fronte do departamento de fotografía e des-eño gráfico de Unións Agrarias.

José Ramón ReyCouseloLicenciado en Ciencias Econó-micas e Empresariais pola USC. Primeiro Curso de Procesos Polí-ticos e Sociais Contemporáneos. Especialista en Xuventude pola Escola Galega de Administración Pública. Técnico Superior I no Consello da Xuventude de Galicia. Foi vicedecano de Alumnos da Facultade de Económicas e pre-sidente do Consello da Xuventude de Galicia.

Carlos Encisa de SaEnxeñeiro Industrial pola Uni-versidade Politécnica de Madrid con especialidade en Técnicas Enerxéticas. Asesor no Centro de Formación do Profesorado de Santiago. Foi Presidente da Asocia-ción de Veciños de Tebra (Tomiño). Secretario de Política Municipal e concelleiro de Seguridade, Tráfico e Transportes e �º Tenente de Alcalde polo PSdeG-PSOE no Concello de Tomiño. Subdirector Xeral de Centros na Consellería de Educación, durante o goberno bipartito.

Mercedes RosónFerreiroFoi subdirectora da Área de Cultura do Vicerrectorado de Extensión Cultural da Universi-dade compostelá e responsable da Fonoteca Universitaria desde 1991. Como concelleira estivo á fronte das áreas de Rehabilitación e Casco Histórico; e de Centros Socio Culturais. Nestes momentos é a responsable de Urbanismo, Vivenda e Educación.

Marta Álvarez-SantullanoFernández-TrigalesLicenciada en Dereito. Actual-mente é secretaria de Estudos e Programas na Executiva Nacional do PsdeG-PSOE e voceira do Grupo Municipal Socialista. Ten ocupado as áreas de Medio Ambiente, Lim-peza e Parques e Xardíns. Actual-mente está a fronte das concella-rías de Tráfico, Seguridade Cidadá, Limpeza e Servizos. É secretaria da Xunta de Goberno Local.

Álvaro GonzálezÁlvarezRepresentante do alumnado no consello escolar do IES Antón Fraguas e na Escola Universitaria de Relacións Laborais e Recur-sos Humanos. Remata este ano o Grao en Relación Laborais e Recursos Humanos da Facultade de Santiago de Compostela.

Alfredo CarrilVelloTraballador do Centro Sociocul-tural do Castiñeiriño. Anteriormente traballou na Estación de Autobuses e nun comercio.

Un equipo de Santiago para traballar por Compostela

con Confianza

Guadalupe RodríguezSilvaLicenciada en Psicoloxía. Foi directora do Centro Sociocultural “Aurelio Aguirre”; coordinadora dos Centros Socioculturais da zona sur de Santiago e Presi-denta da Asociación de Mulleres Progresistas “Alba”. Desde �007 encargouse da concellaría de Educación e despois de Relacións Veciñais e Normalización Lingüís-tica. É Secretaria de Políticas de igualdade na Executiva Provincial do PSdeG- PSOE.

Xosé Ángel BaqueiroCanabalForma parte da Corporación desde 1991. foi concelleiro de Tráfico, Seguridade Cidadá, Festas, Comu-nicación e Centros Socioculturais, Xuventude e Tenente de Alcalde. Neste último mandato estivo á fronte dos departamentos de Festas e Xuventude. É secretario de Políticas Municipais na Agrupa-ción local do PSdeG-PSOE.

Rosario Valledor PuenteNacida en A Fonsagrada. Licencia-da en Filosofía. Técnico superior do INEM. Secretaria de Adminis-tración Autonómica de FSP-UGT Galicia (1996-�007). Directora de Operacións de Portos de Galicia (�007-�009)

Elena BorrásCarneroTécnico Superior en Administra-ción. Actualmente é Directora Comercial dunha importante fábrica galega do sector do metal. Encamiñou toda a súa carrei-ra profesional cara un ámbito comercial.

Carlos NievesVicenteLicenciado en Ciencias Económicas e Empresariais. Traballou no Banco de Madrid e foi profesor de Conta-bilidade e Administración na Escola do SEAR-PPO de Santiago e xeren-te da Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago. Desde á súa chegada a Raxoi no ano 87 foise ocupando sucesivamente de case todas as áreas de goberno. No último mandato estivo á fronte da Concellaría de Mobilidade e Transportes.

María SesarVázquezDiplomada en Maxisterio. Profeso-ra de Educación Primaria no CEIP Vite I. Secretaria da Asociación de Viúvas Rosalía de Castro. Membra da Asociación Cultural Cantigas e Agarimos.

Francisco Reyes SantiásLicenciado en Dereito. Doutor en Ciencias Económicas. Master en Dirección e Organización de hos-pitais e Servizos de Saúde. Entre �001 e �005 foi asesor económi-co da Consellería de Sanidade. Membro do staff de Dirección na Unidade de Epidemioloxía Clínica no CHUS. De 1998 á actualidade, investigador no Instituto Univer-sitario de Ciencias Neurolóxicas “Pedro Barrié de la Maza” da USC.

Gonzalo MuíñosSánchezBUP, FP� Rama Administrativa, Adestrador de Fútbol Nivel II. Des-de xullo de 199� traballa en Autos Lobelle como xefe de postventa e actualmente como Responsable de Calidade e Medioambiente. Xerente do Club A. Lobelle Fútbol Sala desde o ano �00�.

María de los ÁngelesGómez BugalloTécnico Superior en Relacións La-borais; en Xestión Medioambiental e Desenvolvemento Sostible; e en Protocolo de Corporacións Locais. Traballadora da Federación de Ser-vizos Públicos da UGT de Galicia desde o ano 1994. Secretaria de Organización e Acción Electoral da agrupación local do PSdeG-PSOE.

Alba Mariño IglesiasLicenciada en Dereito pola USC, e na actualidade realiza o Posgrao: “Experto en Dereito Urbanísti-co e Ordenación do Territorio”. Monitora de Actividades de Tempo Libre. Socorrista en Instalacións Acuáticas e Espazos Acuáticos Naturais. Mediadora Social para líderes asociativos e veciñais. Técnico en Prevención de Riscos Laborais.

Ceferino Díaz DíazLicenciado en Ciencias Económi-cas. Profesor de Economía Apli-cada. Compaxina a súa actividade académica coa política. No 1978 ingresa no PSdeG-PSOE, forman-do parte do Colectivo Socialista Galego. Participou activamente nas negociacións para a elabo-ración e reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia. Voceiro dos socialistas no Parlamento galego do 81 ao 89. Parlamentario entre o 89 e o 97. Na actualidade é depu-tado no Parlamento español pola provincia de A Coruña.

Daniel CouseloVieitesDiplomado en inglés pola Univer-sidade de Cambridge. Empresario nos ramos de hostalería e aseso-ramento empresarial. Presidente da Asociación Pymes de Santiago e Comarca.

Un goberno de confianza

presentaunequipoquegarantetodasasáreasdegoberno coa mesma eficaciae confianza que os socialis-tas vimos desenvolvendo enCompostelaentodososnososmandatos.Unhalistacoapro-porción xusta de experiencia

e renovación,preparadaparagobernar e satisfacer as de-mandas e necesidades de to-dososcomposteláns.

A candidatura de Xosé A.Sánchez Bugallo para con-correr ás eleccións do 22 demaio combina a experiencia,

achegada polas persoas quexa exerceron responsabilida-despúblicas,connovasincor-poraciónsdeprofesionaisqueparticipan da política localcunha visión renovada, ade-mais dunha excelente prepa-

Xosé A. Sánchez Bugallo racióntécnicaepolítica.Unhacandidaturadefuturoquede-mostra que os socialistas so-moscapacesdesumarasvon-tadesdasmellorestendenciasdacidade,paracrearomellordosequiposposibles.

4

Grazas aos programas e proxec-tos dos gobernos socialistas en Santiago acadamos un alto nivel de calidade urbana e a saída da crise obríganos a manter un similar nivel de esixencia. O perfil da cidade é unha riqueza que debemos coidar e potenciar, porque ten valor social e económico, e porque facilita a crea-ción de emprego. Pero, sen dúbida, o elemento central dos próximos anos será a creación de emprego, a consolidación da base económica diversificada da cidade e a organi-zación e coordinación dos recursos.

Até o de agora a Compostela lle sucedían fenómenos que, de xeito afortunado, sustentaban unha diná-mica urbana: a masificación uni-versitaria, a centralidade sanitaria, a sede da Xunta de Galicia e a expan-sión administrativa, a consolidación do fenómeno Xacobeo, acompañado dun boom turístico… O Concello de Santiago impulsou ou participou no deseño e execución destes procesos, acompañounos e racionalizounos, conseguindo optimizar os seus efec-tos, en beneficio da cidade.

A organización dos recursos

Hoxe temos unha situación nova, propia de comunidades maduras: dependemos, no esencial, de nós mesmos. Da capacidade proxectiva, emprendedora, dinámica, da nosa sociedade. Tanto para afianzar no-vas ideas converténdoas en realida-de, como para nun sentido colectivo definir a dotación das infraestruturas e servizos que a cidade precisa, para obrigar as distintas administracións a contribuír para a súa execución.

Na confianza no futuro, nós dá-moslle ao Concello un papel central na organización das enerxías sociais que permitan acadar un novo esta-dio no desenvolvemento urbano. Un papel de liderado que obriga a organizar a participación social, pero que tamén esixe ao Concello a capacidade de concertar obxectivos e políticas coas restantes adminis-tracións.

Contaremos nos vindeiros anos coas condicións precisas para dar o salto a ese novo estadio. Un solo industrial preparado. Listas as co-nexións externas por estrada, ferro-carril ou ar. Unha imaxe internacio-nalmente difundida, asociada aos valores de calidade e saber facer. Unha poboación de alto nivel for-mativo. Trátase de organizar estes recursos para producir resultados en emprego, e creación de riqueza.

Debemos apoiarnos nas especia-lizacións funcionais tradicionais para construír unha posición com-petitiva máis sólida. A USC terá que reinventarse, para ser viable e contribuír a converter Compostela nunha verdadeira cidade do coñece-mento, a innovación e investigación de excelencia, da que nazan empre-sas innovadoras que transformen a base empresarial da cidade.

A USC está nunha encrucilla-da e apoiarémola para convertela nunha institución de referencia na que a calidade e a proxección inter-nacional sexan criterios esenciais. Debemos ver a Universidade como un activo estratéxico da cidade. A enorme cualificación da poboación compostelá ten que envorcarse so-bre o espazo do emprendemento e o emprego.

Isto inclúe o mundo sanitario. Entre o Hospital Clínico Universi-tario, a Facultade de Medicina e o Campus Vida da USC existe unha grande oportunidade de futuro. Non só cómpre manter a calidade do ni-vel asistencial e docente. Cómpre construír unha rede que se proxecte na investigación e na innovación, que defina un dos vectores de cre-cemento da nosa cidade.

Compostela configúrase cada vez máis como unha cidade acolledo-ra para a creatividade en diversos campos. Creadores do mundo da

comunicación, da produción de contidos televisivos, da confección, das diversas manifestacións artís-ticas atopan unha atmosfera ade-cuada, orixinal e cosmopolita, con capacidade de abrirse ao exterior, sobre a que cómpre tamén edificar o futuro.

A recente especialización turísti-ca ten que resistir a dura proba da coincidencia dun longo período sen Xacobeo até 2021 e a continuidade dos efectos dunha crise global. A cidade ten que despregar todos os

seus encantos e acertar na súa es-tratexia de posicionamento exterior (máis cultural, máis moderna) para superar esta difícil circunstancia.

A consolidación da Cidade da Cultura e a súa integración co espa-zo urbano son tarefas a completar. Novos recursos turísticos deben ser mobilizados, outros mercados in-terpelados, desenvoltas iniciativas imaxinativas de promoción. A co-nexión ferroviaria de alta velocida-de coa meseta, prevista para 2015, e a consolidación do aeroporto como referencia en Galicia son pezas esenciais.

O noso programa fai do desenvol-vemento e diversificación da base económica, a partir das especiali-zacións actuais, a clave para conse-guir afianzar o proxecto urbano. De afianzar unha cidade con calidade de vida para traballar e dispor de tempo de cultura e lecer.

O elemento central dos próximos anos será

a creación de emprego, a consolidación da base económica.

Apoiaremos a USC para convertela nunha institución de referencia na calidade.

Afianzaremos unha cidade con calidade de vida para traballar

e dispor de tempo de cultura e lecer.

Cidade da Cultura

Facultade de Xornalismo no Campus Norte.

5

Sr. Bugallo, toda a transfor-mación da cidade é froito dos proxectos creados polos equipos socialistas, aínda é posible pre-sentar ideas novas?

Ten vostede a resposta no pro-grama que publicamos na web. Nós partimos da consideración de que Santiago de Compostela é unha cidade viva e dinámica. Ese mes-mo dinamismo obriga a planificar cun horizonte ben definido, pero tamén a administrar o presente e crear proxectos novos, adecuados ás circunstancias históricas de cada momento. A cidade actual é unha cidade pensada por nós hai máis de dúas décadas. A cidade do futuro pensámola agora. Iso é o que re-flicte o programa que presentamos. Queremos que Santiago siga sendo unha cidade pensada, produto das ideas e da reflexión, ben planifica-da e axustada á realidade, sen im-provisacións oportunistas nin fan-tasías imposibles de cumprir.

A impresión é que as súas pro-postas forman parte dun proxec-

to global. Estamos falando de continuísmo?

Estamos falando de continuidade duns plans que amosan excelentes resultados. Dunha experiencia que aconsella continuar sementando e recollendo froitos adecuados para acadar calidade de vida nunha cida-

de ben organizada para vivir e tra-ballar. Representamos un proxecto global que se vai actualizando cos obxectivos claros e o norte que se persegue. Mire vostede, cando os cidadán nos entregaron as chaves da cidade, esta era unha casa en non moi bo estado, hoxe podemos

ofrecerlles aos amigos que nos vi-sitan unha excelente residencia con calidade de vida. Non vexo por ningures o motivo para cambiar. Imos seguir restaurando o que es-taba mal, imos continuar coidando e embelecendo os xardíns, poñere-mos un mellor ascensor, unha pin-tura máis adecuada no salón, am-pliaremos con novas dependencias para cubrir novas necesidades, etc. Iso é continuísmo? Eu diría que é continuidade coherente e pruden-te xa que as cousas van razoable-mente ben, incluso nos tempos de crise.

Influíu a crise na elaboración do seu programa?

Naturalmente. Vivimos tempos de dificultades e a resposta políti-ca ten que concordar con esa rea-lidade. O contexto global de crise tamén incide en Compostela, aínda que considerablemente suavizado en relación coa media galega e es-pañola. Pero hai que ser prudentes. Contamos con planificacións e pre-visións ata 2024, sabemos a cidade que queremos, e conseguirémola para legar aos nosos fillos, porén agora non é momento de esbozar proxectos custosos para os que non existirán condicións ou recursos nos vindeiros anos. Esa é a reali-dade, hai un proxecto homoxéneo e unha adecuación prudente ás circunstancias que nos toca admi-nistrar. Os elementos centrais dos próximos anos serán a creación de emprego, poñer as condicións para que se produza, a diversificación

económica da cidade e continuar cos programas de axuda e protec-ción aos máis necesitados.

Quere isto dicir que hai que gardar os grandes retos para me-llor ocasión?

En absoluto. Os grandes retos seguen vixentes no programa. A chegada do AVE, a construción da estación intermodal, os novos solos empresariais, as novas ur-banizacións de vivenda protexida, a recuperación para a cidade das Brañas do Sar, a conexión do cen-tro histórico coa Cidade da Cultura mediante o teleférico, a ampliación da AP-9, o metro lixeiro a Lavaco-lla, a circunvalación norte-oeste-sur, o saneamento integral, a cola-boración coa USC, o fomento do turismo, da industria e o comercio, etc. Hai grandes retos no programa, porque esas grandes realizacións nunca son froito dun mandato, non poden selo. O que lle digo é que sería un fracaso anunciado facer agora propostas inadecuadas. Non sería crible. O noso labor, entre outras moitas obrigas, debe ser implicar outras administracións nestes proxectos, a meirande parte deles xa están en marcha, e conver-telos en realidades a curto e medio prazo. Sen présas pero sen pausas. No mandato que agora remata con-seguimos investir en Santiago máis de oitenta millóns de euros en ple-na crise e non endebedamos o Con-cello, baixamos a débeda de oitenta e un millóns a sesenta e sete. De-bemos ser unha das poucas cidades de España que pode presentar este resultado económico.

Que agarda do día 22 de maio?Espero obter de novo a confian-

za dos meus veciños, non polos servizos prestados, non polo feito ate agora, senón polo que falta por facer, polo programa que presen-tamos. Eu pídolles o voto porque Santiago de Compostela merece un goberno serio, coherente, austero, con experiencia e cun programa claro e ben deseñado.

Santiago de Compostela merece un goberno serio, coherente, austero, con experiencia e cun programa claro e ben deseñado.

Xosé A. Sánchez Bugallo:

O Alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, preséntase á reelección coa satisfacción de ter cum-prido cos cidadáns con honestidade e desenvolvendo un traballo a prol da cidade, dun xeito absolutamente leal con todos, tanto con aqueles que lle outorgaron o seu voto como cos que optaron por outra forza polí-tica. A tolerancia, o diálogo e a firmeza semellan ser liñas do seu proceder.

Queremos que Santiago siga sendo unha

cidade pensada, sen improvisacións

oportunistas nin fantasías imposibles

de cumprir.

“A cidade do futuro presentámola agora”

Contamos con planificación e previsión ate 2024. Sabemos a cidade que queremos e a conseguiremos.

6

Impulsaremos o desenvolvemento económico

O futuro do desenvolvemento económico da cidade baséase no binomio innovación-competitividade. A súa consecución depende do efecto conxunto dunhas políticas empresariais activas respecto da innovación, da cualificación dos recursos humanos, da dotación de recursos físicos e de coñecemento e da transferencia efectiva deste, nunha contorna cultural creativa, emprendedora e innovadora.

MELLORAREMOS A OFERTA DE SOLO EMPRESARIAL

1. Impulsando o Parque Empresarial da Sionlla que inclúe a Cidade do Transporte e está servido pola estación ferroviaria de mercadorías da Miñata.

2. Impulsando o desenvolvemento do Parque Científico-Tecnolóxico e das Telecomunicacións Cidade da Imaxe.

3. Promovendo a oferta de naves e locais en réxime de alugueiro.4. Fomentando a creación de reservas de uso de solo especificamente in-

dustrial nos parques empresariais.

Campus Sur.

Polígono da Costa Vella.

ELEVAREMOS O NIVEL DOS RECURSOS HUMANOS1. Utilizando a Oficina de Promo-

ción Económica:• Como observatorio da econo-

mía e do emprego para o segui-mento das demandas de forma-ción.

• ParaelaborarunPlandeForma-ciónparaoEmpregoquenutradepersoalcualificadoo tecidoempresarialdeCompostela.

2.No ámbito da educación supe-rior:• Apoiaremos a USC para cons-

truír a súa oferta de titulacións de acordo coa demanda social e a especialización.

• Daremos o noso apoio ás ofer-tas formativas específicas cun alto grao de especialización nos ámbitos do sector audiovisual, xestión de empresas e turismo.

• Reclamaremos da Xunta unha solución á consideración como oficial da formación proporcio-nada polo Centro Superior de Hostalaría.

3.A través do Consello de Forma-ciónProfesionaleOcupacional:• Impulsaremos a coordinación

das accións formativas no ám-bito comarcal.

• Avogaremos pola formación en Centros de Traballo.

• Transmitiremos a necesidade de oferta formativa de ciclo su-perior exposta polas empresas pertencentes a sectores cun im-portante asentamento no con-cello.

• Buscaremos a cobertura das ne-cesidades de desenvolvemento profesional dos pequenos em-presarios e traballadores autó-nomos.

• Apoiaremos a formación en no-vas tecnoloxías, especialmente nos eidos das enerxías renova-bles, TIC e servizos a terceiros.

7

PROMOCIONAREMOS A INNOVACIÓN E O DESENVOLVEMENTO EMPRESARIAL

1. Estableceremos unha alianza es-tratéxica permanente entre o Con-cello e a Universidade de Santia-go.

2. Apoiaremos o proxecto CAMPUS VIDA, especialmente a simbiose denominada UNIVERCIDADE. O Concello colaborará na urbani-zación e humanización dos espa-zos e facilitará a construción dos edificios previstos, entre eles a Fa-cultade de Medicina.

3. Promoveremos a constitución do Clúster de Coñecemento Biosani-tario para favorecer a creación de empresas de base tecnolóxica que exploten comercialmente os resul-tados da investigación.

4. Optimizaremos a contribución mu-nicipal para a consolidación do viveiro de empresas xa en funcio-namento (UNINOVA), que facilite as spins off.

5. Garantiremos a existencia de es-pazos para a implantación de em-presas de base científica e transfe-rencia de tecnoloxía.

6. Traballaremos para que Galicia conte en Santiago de Compostela cun centro que faga da creativi-

dade na cociña e da innovación na hostalaría a súa razón de ser, a partir do Centro Superior de Hos-talaría, situado na Barcia.

Acompañamento a empresas establecidasA consolidación das unidades em-presariaisenfuncionamentoe,polomenos,tanimportantecomoacrea-cióndenovasempresas.1. Crearemos o Punto Único Empre-

sarial para centralizar a informa-ción ás empresas e facilitarlles o acceso a:• Diferentes programas de I+D+i

e de calidade.• Estímulos á internacionaliza-

ción das empresas compostelás.• Posibilidades de cooperación

empresarial como vía para com-partir recursos, reducir gastos e riscos e obter máis presenza nos mercados.

• Plans de apoio específicos para as Pemes, os autónomos, as mi-croempresas e as empresas da economía social.

2. Impulsaremos os novos instru-mentos de financiamento que

ofrece a banca alternativa na súa versión de banca ética cooperati-va.

3. Contribuiremos á promoción das empresas da cidade e servirémos-lles como interlocutor nas redes nacionais e internacionais.

Atracción de investimentos 1. Asumiremos a promoción econó-

mica da cidade no exterior a tra-vés dunha Guía de Servizos 2.0.

2.Coordinaremosacaptacióndein-vestimentosempresariaisencola-boraciónconoutrosorganismoseasociacións.

3.Estableceremosservizosdeapoioanovosproxectosquesupoñanaprimeira implantacióndaempre-sanoConcello.

4.Divulgaremosaaltaaccesibilida-dedacidade.

5.Poremos en valor a dispoñibili-dadedeimportantesservizosad-ministrativoseinstitucionaisqueteñenpresenzaenSantiago.

6.Faremosvisibleopapelestratéxi-coqueaUSCtennaxeracióndecoñecementoeasúatransferenciaaotecidoempresarial.

FAVORECEREMOS O EMPRENDEMENTO

Coordinaremos a oferta formativa en emprendemento nos distintos ni-veis educativos, en colaboración con Eduemprende, Cámara de Comercio, Uniemprende, BIC Galicia, sindicatos, colexios profesionais e IGAPE, entre outras. Promoveremos a extensión do viveiro de empresas do centro de FP de Lamas de Abade a cando menos outros dous centros.

Apoiaremos os emprendedores con diversos programas e traballaremos para crear unha sociedade de capital risco, en colaboración con outras en-tidades e institucións, para facilitar o acceso dos emprendedores e as pe-quenas empresas locais aos créditos.

FAREMOS DO EMPREgO UNHA PRIORIDADE

Inserción sociolaboral A creación de emprego de cali-

dadeéunharesponsabilidadecom-partidaportodasasadministraciónspúblicas. Malia que os recursos ecompetenciasdosconcellossonmoilimitadas,todasasacciónspropostascaraaodesenvolvementoeconómi-co e o emprendemento procuran ainserciónsociolaboraldoscompos-teláns e compostelás, pero acadalaprecisadeacciónsespecíficas.1. Favoreceremos a inserción socio-

laboral das persoas desemprega-das, priorizando os colectivos con especiais dificultades de inser-ción.

2. A través da Oficina de Promoción Económica colaboraremos direc-

tamente coas áreas de informa-ción para o emprego, orientación e oferta de recursos para o autoe-mprego. Apoiaremos o desenvol-vemento de novos xacementos de emprego, fundamentalmente no terceiro sector. Fortalecere-mos o servizo de intermediación laboral.

Impulso ás iniciativas locais de emprego (ILE)

Merecerán especial atenciónaquelas iniciativas empresariaisque teñan por obxecto a creacióndepostosde traballoparaparados,mozos enprocurado seuprimeiroempregooutraballadoresenactivoqueesteanenriscodeparo.

Polígono do Tambre.

Viveiro de empresas da Cámara de Comercio.

8

REDUCIREMOS A PRESIÓN SObRE A CIDADE HISTÓRICA E AMPLIAREMOS

O ESPAzO DE ATRACCIÓN PARA OS VISITANTES

1. Establecendo a conexión entre o espazo urbano e a Cidade da Cultura por medio da construción dun teleférico. E o establecemento dun itine-rario peonil que, desde a cidade histórica, os Ensanches do Sur, Fontiñas e Pontepedriña, a través do parque das Brañas do Sar, permita acceder ao monte Gaiás.

2. Estableceremos unha estratexia para a dinamización turística dos xar-díns e espazos verdes fomentando o uso da bicicleta para o despraza-mento entre parques.

SANTIAgO, DESTINO URbANO EUROPEO

DE PRIMEIRA ORDE1. Relanzaremos a cidade como des-

tino de congresos a través do San-tiago Convention Bureau, a coor-dinación coa USC e Turgalicia, e o diálogo co Foro de Directores de Hotel.

2. Promocionaremos o turismo gas-tronómico procurando a consoli-dación dos programas existentes e planificando outros novos.

3. Consolidaremos a posición da ci-dade como plató cinematográfico.

4. Apoiaremos os Encontros Interna-cionais de Literatura de Viaxes.

5. Impulsaremos o turismo idiomáti-co en colaboración coa USC.

6. Implantaremos unha política de grandes eventos na busca da es-tabilidade turística en épocas de baixa demanda.

AMPLIACIÓN E COORDINACIÓN DA OFERTA DE EDIFICIOS DE INTERESE

TURíSTICO1. Ampliaremos a oferta museística. Abriremos o Museo das Peregrina-

cións e da Cidade. Incorporaremos o Museo Luís Iglesias. Impulsare-mos o Centro de Interpretación da Catedral.

2. Poremos en marcha o Parque Arqueolóxico do Castriño de Conxo e o Castelo da Rocha.

3. Reformaremos o recinto de Amio como complemento ás actividades do Palacio de Congresos e para cumprir funcións suplementarias no ám-bito da programación cultural e musical, no ocio de fin de semana ou outros.

• Consolidaremos as conexións e frecuencias coas principais com-pañías áreas de países emisores de visitantes. Xestionaremos outras novas.

• Promoveremos a construción por parte da Xunta dun metro lixeiro que una a estación do AVE co aeroporto.

• Fomentaremos o uso da terminal vella para complementar as ofer-tas existentes en Compostela.

LAVACOLLA, AEROPORTO

CENTRAL DO NOROESTE

• Lideraremos unha rede de cidades dos Camiños de Santiago, que poida actuar como lobby diante das diversas administracións.

• Rehabilitarase o Camiño Francés no termo municipal, potenciando o espazo de recepción do Monte do Gozo e impulsando o Centro de Inter-pretación do Camiño e das Peregrinacións.

FORTALECEMENTO DA PRESENzA DA CIDADE NO CAMIñO DE SANTIAgO

Ampliaremoso atractivo turístico

Como unha das actividades económicas máis importante da cidade, o turismo constituirá unha das nosas prioridades. O noso reto, conforme ao establecido no Plan Estratéxico de Turismo de Santiago 2015, é lograr o reposicionamento global de Santiago como destino turístico de primeira orde internacional mediante o desenvolvemento de produtos e servizos atractivos e o fomento da excelencia. Reforzaremos a imaxe cultural e moderna para a consecución dun posicionamento do destino desenvolvendo unha política comercial que reforce a idea de cidade “europea”, “acolledora”, “cultural” e “máxica” que pretendemos vincular a Compostela. Traballaremos coas asociacións do sector para mellorar a sinalización da oferta hostaleira.

Parque de Belvís.

Peregrinos no Camiño.

Mercado de Amio.

Plano do teleférico.

Lonxitude: 2,6 km.

Frecuencia: cada 14 seg.

Recorrido completo: 12 min.

FUTURO PERCORRIDO DO TELEFÉRICO

Liña 1 BelvísLiña 2 AVE

Gaiás 8 pilastrasGaiás 6 pilastras

MOSTEIRODE BELVÍS

Xiro

LIÑA 2

LIÑA 1

9

Estenderemose intensificaremosa calidade do proxecto urbano Os socialistas tivemos a honra e a responsabilida-

de de dirixir durante vinte e catro anos unha ex-traordinaria transformación da cidade recoñecida dentro e fóra como excepcional e singular.Continuaremos o proxecto nas mesmas liñas mar-cadas no PXOM:• Cunha acción pública dirixida a facilitar a pro-

visión de vivenda asequible, preparando o solo necesario destinado á vivenda de protección.

• Fomentando o alugueiro como forma de acceso á vivenda.

• Potenciando Emuvissa. • Participando activamente nas políticas de reha-

bilitación. • Coa provisión de solo empresarial ben comuni-

cado e de calidade.• Concluiremos os parques empresariais en mar-

cha: Parque Empresarial da Sionlla, segundo sector de Costa Vella e de Formarís, con capaci-dade para acoller uns 10.000 empregos.

• Prepararemos un novo espazo empresarial no sur de Amio.

MELLORA DA CALIDADE URbANA DOS bARRIOS• Propoñemos as seguintes actuacións prioritarias:

1. O Castiñeiriño: Urbanización do núcleo de Lamas de Abade.2. Conxo: Urbanización da rúa do Penedo e de Pai da Cana.3. San Lázaro: Urbanización da rúa do Cubelo.4. Choupana-Santa Marta: Urbanización da rúa da Espiñeira.5. Vite: Urbanización da rúa Carlos Maside e Blanco Amor.6. Vista Alegre: Urbanización da rúa Parque de San Xoán.7. Meixonfrío: Urbanización da rúa da Cañoteira e da rúa das Mulas.8. Almáciga: Urbanización da rúa de Enfesta e instalación dun ascensor

que comunique a rúa do Pino coa Estación de Autobuses.9. San Pedro: Urbanización da rúa Batalla de Clavijo e Puente La Reina.10. Sar: Urbanización da rúa da travesa de Ponte de Sar.11. Cancelas: Urbanización da rúa 25 de xullo.12. Fontiñas: Continuar coa mellora das rúas e das vías públicas.

• Crearemos unha Concellería de Medio Rural que debe formular e xestionar un Plan de Actuación Municipal integral e plurianual, que será formulado contando coas opinións e a participación dos veciños, e FERUSA.

COMPOSTELA, CIDADE VERDE

Continuando o camiño desenvol-vido, centrarémonos na mellora dos usos dos parques e na recuperación de novos espazos:• Recuperación ambiental e acon-

dicionamento da Selva Negra.• Parques urbanos de Penama-

ría, Outeiro das Cancelas, Volta do castro, Torrente e Castro de Conxo.

• Contribuír á reurbanización do Campus Sur da USC.

• Facer das Brañas do Sar o gran parque urbano de Compostela.

• Crearemos no parque de Belvís un espazo adaptado para o paseo de cans.

• Transformar en Senda Verde o antigo trazado ferroviario desde a estación da Sionlla até o remate do termo municipal.

• Modernización e renovación da rede de saneamento completando as grandes actuacións previstas: re-novación dos colectores intercep-tores, completando o saneamento dos núcleos rurais. A EDAR de Silvouta debe ser obxecto de lici-tación inmediata, cos máis eleva-dos estándares técnicos.

• Incentivar a implantación de sis-temas de depuración local nos nú-cleos rurais nos que o Concello de Santiago é pioneiro en Galicia.

Urbanización Santa Marta.

UN URbANISMO INTEgRAL E DE CALIDADE

Pretendemos avanzar na pla-nificación dun desenvolvemento baseado na integración urbana, na diversidade social e de actividades, na mobilidade sostible, integrador das periferias e difusor da calidade de vida. • Impulsar os plans parciais na

Agra dos Campos e Monte do Gozo e xa en tramitación o do Monte do Seixo.

• Enriquecer a cidade co desenvol-vemento de pequenos polígonos.

• Continuar actuando na cidade histórica, especialmente coa me-

llora das vellas travesías Pasto-riza-San Roque, Virxe da Cerca, San Clemente-Pombal así como os eixes Carretas-Entrerríos e Pa-tio de Madres-Castrón Douro-Pi-telos e a praza da Universidade.

• Reforma da praza do Matadoiro, facilitando un acceso directo ao parque de Belvís.

• Completar o programa de reur-banización do Ensanche nas rúas pendentes. Remodelar a praza de Galicia de acordo co Plan de Mo-bilidade. Impulsar a Estación do AVE.

• Impulsarase o Parque Científico Tecnolóxico. O Campus de Ciencias da Saúde, peza clave do Campus Vida da USC, resolvendo o realoxa-mento das vivendas existentes.

• Construción do Instituto de Ciencias do Patrimonio, centro estatal de referencia do Consello Superior de Investigacións Científicas.

SOLO DE CALIDADE PARA A ECONOMíA DO COñECEMENTO

10

O tráfico e a seguridadeMObILIDADE URbANA

O Concello elaborou un plan de mobilidade no que participaron to-dos os axentes sociais implicados. Un plan de consenso co obxectivo claro de facer da cidade un lugar máis confortable, saudable e sos-tible.1. Potenciaremos o sistema de

transporte individualizado en bicicleta aumentando a rede de puntos de alugueiro e realizan-do o plan director.

2. As vías de sentido único englo-badas no casco urbano pasarán a ser zonas 30.

3. Promoción do uso do coche compartido, en colaboración cos outros concellos da comar-ca.

4. Promoción da mobilidade me-diante vehículos eléctricos, coa instalación de “electrolineiras” no ámbito urbano.

5. Asegurar a fiabilidade do trans-porte público informando do paso exacto por cada parada. Comprometémonos a colo-car 30 postes informativos no próximo mandato.

6. Instalación a bordo dos autobu-ses dun sistema de aviso sonoro e visual da próxima parada.

7. Revisión viaria, en función do Plan de Mobilidade Urbana, dos traxectos das principais li-ñas do transporte urbano.

8 Impulsar o carril bus para me-llorar as frecuencias.

9. Traballaremos pola conexión mediante teleférico da Estación Intermodal e a Cidade da Cul-tura.

10. Análise e mellora da sinaliza-ción da cidade.

11. Mellora na accesibilidade para as persoas de mobilidade redu-

cida no tocante ás infraestrutu-ras de transporte.

12. Completaremos a rede semafó-rica con son.

13. Revisión da mobilidade no ru-ral, optimizando os recursos e mellorando o servizo existente.

14. Impulsaremos a unificación do esquema tarifario da ORA. Ampliaremos as prazas reser-vadas para residentes.

15. Potenciación dos aparcadoiros de bordo da cidade, mellorando a conexión por medio do trans-porte urbano, revisando a polí-tica de tarifas e procurando as localizacións máis útiles.

16. Faremos unha proposta para a reordenación da xestión do aparcadoiro do CHUS que faci-lite o cumprimento da súa fun-ción de servizo aos usuarios e traballadores do hospital.

SEgURIDADE CIDADÁO papel do Goberno Local é

esencial na garantía da seguridade e o libre exercicio dos dereitos ci-dadáns. Non se trata só de diagnos-ticar problemas, o noso compromi-so pasa por achegar solucións:1. Traballar no fomento da media-

ción e da xustiza de proximidade nas súas diferentes vertentes: co-munitaria, penal e familiar.

2. Fortalecer a coordinación coas Forzas de Seguridade, facilitando o intercambio de información, co

obxecto de previr a delincuencia e mellorar a seguridade cidadá.

3. Potenciar o papel da Policía Lo-cal en materia de mediación so-cial, en colaboración cos Servi-zos Sociais.

4. Impulsar a renovación tecnolóxi-ca dos servizos da Policía Local.

5. Reforzar as competencias da Po-licía Local nas funcións de Poli-cía Xudicial.

6. Continuar coas políticas de con-trol do ocio nocturno.

SEgURIDADE VIAL 1. Continuaremos co desenvolvemento da Ordenanza de Residentes, para

priorizar o uso do espazo de aparcamento en superficie polos residentes dos barrios.

2. Fortalecer a coordinación coas Forzas de Seguridade, co obxecto de pre-vir a accidentalidade no tráfico, a través de controis conxuntos co C.N.P. e coa Garda Civil.

3. Potenciar a colaboración cos centros escolares, garantindo unha aten-ción próxima á comunidade escolar.

4. Poñer as novas tecnoloxías ao servizo dos cidadáns, transmitindo a in-formación de tráfico en tempo real a través das pantallas dixitais que a DXT instalou una cidade. Instalando o sistema de foto roxo en cru-zamentos, evitando o colapso dos mesmos, e mellorando o acceso ao Casco Histórico a través do sistema de control de accesos.

MObILIDADE METROPOLITANASantiago de Compostela en ca-

lidade de cidade cabeceira da súa área metropolitana debe ter en con-ta esta circunstancia para planificar a súa mobilidade. Propoñemos as accións seguintes:1. Unha vez máis presentación á

Xunta do proxecto de creación do Consorcio de Transportes na Área Metropolitana de Santiago de Compostela para mellorar o servizo.

2. Traballaremos para a confor-mación dunha liña integrada de transporte urbano e interurbano entre Os Ánxeles (Brión) e o Po-lígono do Tambre.

3. Proposta de creación de superfi-cies de estacionamentos disuaso-rios en orixe.

4. Proporemos á Xunta a necesida-de de coordinar de maneira efi-ciente os servizos de transporte nas zonas rurais.

5. Traballaremos para optimizar a conexión con autobús desde o centro da cidade co aeroporto de Lavacolla, reducindo o número de paradas intermedias e aumen-tando a frecuencia.

6. Priorizaremos a conexión da es-tación do AVE co aeroporto me-diante o metro lixeiro definido no PXOM.

Control de acceso ao Casco Histórico en San Francisco.

Autobús urbano.

11

Unha cidade inclusivae participativa As actuacións en materia de benestar social están orientadas

polos seguintes principios: universalidade, prevención, atención e integración, cooperación coas outras administracións e coas entidades asociativas para, traballando en rede, maximizar a efectividade das políticas sociais.

ATENCIÓN Á DEPENDENCIA1. Impulsaremos a coordinación dos

servizos sociais e o sistema galego de benestar para favorecer un fun-cionamento áxil que simplifique o proceso burocrático e mellore a atención.

2. Impulsaremos un pacto local po-los servizos sociais entre Xunta de Galicia, deputacións e concellos.

3. Reforzaremos as medidas orienta-das á prevención.

Favoreceremos a mobilidade e a accesibilidade.1. Elaboraremos un mapa e unha

guía de accesibilidade.2. Redactaremos unha ordenanza de

accesibilidade universal para ga-

rantir o uso de edificios, espazos e medios públicos.

3. Seguiremos coa adaptación dos edificios e dependencias munici-pais.

4. Impulsaremos a información adap-tada para as persoas con discapaci-dade sensorial impresa en Braille.

5. Favoreceremos a progresiva incor-poración das necesidades das per-soas con diversidade funcional no sistema de transporte público.

6. Completaremos o parque de taxis accesibles.

7. Proseguiremos co programa de Eliminación de Barreiras no Fo-gar, conseguindo axudas doutras administracións.

8. Continuaremos coa colaboración con entidades para facilitar a cons-trución de vivendas e de edificios adaptados.

Favoreceremos a integración sociolaboral.1. Fomentaremos o acceso ao empre-

go público municipal establecendo probas adaptadas.

2. Incluír nos polígonos industriais espazos para apoiar iniciativas sen ánimo de lucro que fomenten a integración laboral de persoas con discapacidade.

PERSOAS MAIORESReforzar a permanencia no seu contorno.1. Impulsaremos un programa de

Talón Restaurante para per-soas maiores, en colaboración con aqueles establecementos que desexen adherirse a el, que per-mita ofertar un servizo de restau-ración a prezos bonificados para cidadáns que o necesiten. Este programa funcionará de xeito complementario, en condicións de cofinanciamento, a outras so-lucións xa en marcha.

2. Programa de acollemento inter-xeracional.

3. Reforzar o programa de axuda a domicilio.

4. Pór en marcha un programa de apoio a asociacións e entidades que prestan servizos de atención a persoas con autonomía persoal limitada e a coidadores e coida-doras.

5. Aumentar o número de prazas en centros de día cedendo solo ás entidades xestoras e á Xunta de Galicia.

INCLUSIÓN SOCIALPara adaptarnos á nova situación de crise imos adecuar os programas

e reestruturar as prestacións, co obxectivo de mellorar a eficacia e a efi-ciencia do servizo nun momento de axuste orzamentario.

Programa de acompañamento e realoxamento 1. Actuacións en materia de inclusión residencial en réxime de alugueiro

para unidades familiares como alternativa á ocupación dunha infravi-venda e peche o derrube das mesmas unha vez baleiras.

2. Seguimento do coidado ou deterioración das vivendas de promoción públicas ocupadas.

3. Mediación e intervención nos conflitos de veciñanza pola falta de adaptación.

PROgRAMAS DE INTERVENCIÓN

FAMILIARA unidade de intervención fami-liar, creada neste mandato, é unha unidade específica que se amosou eficaz para abordar as relacións intrafamiliares, así como para a atención a menores en conflitos. Comprometémonos a reforzar esta unidade así como programas que desenvolve.

APOSTA POLA PARTICIPACIÓN

CIDADÁEn Santiago de Compostela apos-tamos pola participación activa da cidadanía porque considera-mos que é un factor indispensa-ble para favorecer a identidade, a cohesión e a diversidade dos ci-dadáns/ás.A mellor forma de facelo é a tra-vés de un tecido asociativo activo e participativo, que ten a cidade como referente e os intereses dos colectivos que representan como obxectivos claros para o traballo e a mellora social. Para lograr a participación que-remos facilitar e implicar os ci-dadáns/ás en novas dinámicas de acción social, en procesos de debate e opinión activos para a toma de decisións importantes para a cidade, e é por este motivo polo que creamos a Concellaría de Participación Cidadá e a Casa das Asociacións na antiga esta-ción de ferrocarril de Cornes.

INNOVACIÓN E PRESENzA SOCIAL• Posicionar socialmente a Área

Municipal de Benestar Social como instrumento de mellora da calidade de vida dos cidadáns.

• Reforzaremos a estrutura de es-pazos de participación.

• Continuaremos cos mecanismos de apoio á acción das entidades sociais.

• Desenvolveremos programas de cooperación coas entidades so-ciais.

Parque con aparatos para maiores.

Casa das Asociacións en Salgueiriños.

Casa do Asociacionismo en Conxo.

COMPROMISO COA IgUALDADE1. Promoveremos cambios de estereotipos sociais 2. Continuaremos coa tarefa e o debate sobre a repartición do tempo e a

conciliación familiar,laboral e persoal.3. Continuaremos potenciando servizos como o de canguros, o respiro de

mulleres que coidan dependentes así como as actividades para nenos/as en tempos de vacacións.

4. Colaboraremos coas asociacións e colectivos que traballan na mellora das condicións das mulleres.

5. Facilitar o acceso das mulleres ás novas tecnoloxías.

1�

Unha cidade sa, saudable e en forma A política sanitaria local debe fundamentarse nun Santiago habitable con calidade

de vida no que se faga un uso axeitado dos recursos naturais.O actual goberno autonómico aplica un modelo sanitario que provoca a saturación das instancias sanitarias públicas. Nos dous últimos anos empeoraron na área de Compostela os indicadores asistenciais e aumentaron as listas de espera cirúrxica e de consulta.A calidade na asistencia sanitaria foi un dos elementos identificadores da nosa cidade e debe ser un compoñente principal da súa boa calidade de vida. Non debemos permitir retrocesos no nivel asistencial e do seu buque insignia, o Hospital Clínico Universitario.

INFRAESTRUTURAS SANITARIASReivindicamos ante a Administración sanitaria autonómica as seguintes

estruturas e servizos básicos:1. O reforzo da rede de Atención Primaria coa posta en marcha dos centros

de saúde previstos en Galeras e Conxo, para os que o Concello xa puxo a disposición os terreos.

2. Un hospital de media estadía, para garantir un adestramento nas habilida-des básicas despois de deixar o hospital de agudos e antes de retornar ao domicilio.

3. Un Plan de mellora da asistencia especializada para os hospitais da rede pública e vinculados.

INFRAESTRUTURAS DEPORTIVAS1. Impulsaremos unha instalación deportiva en Santa Marta que comple-

mente a oferta existente en Santa Isabel e no Multiusos do Sar, con fór-mulas de colaboración público privada.

2. Impulsaremos a instalación do Centro da Auga na zona de Monte do Gozo-Aríns. Esta iniciativa segue condicionada á captación de recursos procedentes do ámbito privado.

3. Seguiremos modernizando os pavillóns polideportivos cun programa de anualidades que priorice os máis antigos ou con máis necesitados.

4. Dotaremos de desfibriladores as instalacións de maior aforo e afluencia.5. Promoveremos o uso dos parques como espazos para a práctica do de-

porte.6. Impulsaremos unha colaboración estable coa USC en materia de depor-

tes para utilización das súas instalacións. Apoiaremos a USC para obter os terreos en Poza de Bar destinados a prácticas deportivas.

7. Estudaremos coas asociacións representativas a posibilidade de destinar terreos para instalacións deportivas nos polígonos industriais.

8. Promoveremos circuítos seguros para a práctica deportiva da bicicleta.9. Promoveremos o uso durante a fin de semana do Monte Pedroso como

espazo seguro para a práctica deportiva e de lecer.10. Promoveremos espazos para probas de atletismo de campo a través, de

descenso libre en bicicleta e de BMX nos Monte do Gozo e Monte Pe-droso.

PROgRAMASDEPORTIVOS

1. Fomentaremos a utilización de es-pazos públicos xa existentes para programas que combinen deporte e saúde, dirixidos a colectivos es-pecíficos (terceira idade, discapa-citados,…).

2. Fomentaremos as escolas depor-tivas de aprendizaxe de deportes minoritarios (artes marciais, ci-clismo de descenso, bádminton, tenis de mesa, ...).

AS ACCIÓNS EN MATERIA SANITARIANo ámbito das competencias

municipais:1. Priorizaremos o control sanitario

do medio ambiente. Instalare-mos unha rede de medición da contaminación atmosférica, en liña coa normativa europea.

2. Fomentaremos os foros ou plata-formas sociais para concienciar sobre o uso responsable dos re-cursos naturais.

4. Melloraremos a atención ás per-soas con discapacidade, actuan-do nos distintos ámbitos que fa-vorecen a súa integración.

5. Elaboraremos o Plan Municipal de Saúde.

6. Potenciaremos os programas de información e educación sanita-ria.

7. Apostaremos polo fomento de estilos de vida saudables me-diante a promoción da activi-dade física, o fomento do enve-llecemento saudable e o desen-volvemento de programas para mozos.

8. Desenvolveremos o Plan de Edu-cación para a Saúde nos centros educativos afondando na idea de Escolas Promotoras de Saúde.

9. Adoptaremos os Informes de Impacto en Saúde para todo tipo de intervención urbanizadora.

10. Desenvolveremos no ámbito das drogas accións de prevención se-cundaria.

11. Comprometémonos na preven-ción do alcoholismo xuvenil e no desenvolvemento de alternativas de ocio fronte ao seu consumo.

13. Desenvolveremos o Programa Thao-Saúde Infantil para pro-mover hábitos de alimentación saudábeis.

A CIDADE EN FORMACada vez máis o deporte é un dos

vectores de organización da socie-dade. Na cidade conflúen os prac-ticantes ocasionais, os habituais por libre, os clubs que estruturan o deporte afeccionado, ás diversas idades, aos clubs de elite e a todos debe prestar atención o Concello.

Neste sentido, debemos xestio-nar as infraestruturas municipais para ampliar a práctica do deporte, establecendo así mesmo un marco de acordo coa USC que facilite a incorporación de feito das súas ins-talacións como unha oferta aberta aos cidadáns.

COLAbORACIÓN COS CLUbS1. Asesoraremos desde o servi-

zo municipal de deportes aos clubs da cidade nas distintas fases de tramitación de petición e xustificación de subvencións ás administración públicas, así como na procura de recursos materiais, humanos e económi-cos.

2. Estableceremos un marco de-finido de axudas aos clubs re-

ferentes da cidade que valore a súa achega ao deporte de base.

3. Colaboraremos coas diferen-tes federacións deportivas para desenvolver cursos que permi-tan que todos os adestradores e educadores sexan titulados.

4. Promoveremos a realización de cursos de primeiros auxilios e de prevención de riscos médi-cos aos clubs da cidade.

Hospital Clínico.

Pistas de padel.

INFORMACIÓN1. Fomentaremos a difusión da pro-

gramación deportiva da cidade a través da páxina web municipal.

2. Potenciaremos unha Gala do De-porte Compostelán na que serán premiados os mellores clubs e deportivos do ano.

3. Potenciaremos a chegada a Com-postela de eventos deportivos de primeiro nivel dentro do panora-ma nacional e internacional. Santa Isabel.

1�

Educar para crecer persoale socialmente Compostela declárase cidade educadora e, polo tanto,

asume un reto e unha coresponsabilidade de gran proxección social: estender as políticas educativas máis alá do marco escolar como un eixe transversal dentro do proxecto de cidade no que estamos empeñados desde hai moitos anos.

CONSELLO MUNICIPAL

DE EDUCACIÓNReforzaremos a presenza da co-

munidade educativa compostelá, cunha representación das escolas infantís e a formación permanente de persoas adultas, así como am-pliaremos a presenza doutras ins-tancias educativas da cidade, máis alá da educación regrada.

REDE MUNICIPAL DE ESCOLARIzACIÓN

A Rede Municipal de Escolarización é un instrumento de información e de xestión da escolarización en educación infantil, primaria e secundaria.1. Favorecerá un marco de colaboración entre administracións.2. Informará sobre toda a oferta educativa de Santiago. 3. Realizará un seguimento da realidade da educación en Compostela que

permita unha mellor planificación.4. Informará das actividades complementarias e extraescolares.

O REFORzO DA EDUCACIÓN INFANTIL

1. Dotaremos de escolas infantís O Castiñeiriño e Santa Marta.2. Abrirase a nova escola 0-3 anos de Meixonfrío-Salgueiriños.3. Poñeremos en marcha unha experiencia piloto de apertura en horario

nocturno dunha escola infantil municipal.

LOITA CONTRA AS EXCLUSIÓNS

O noso compromiso pasa por unha maior transversalidade nas ac-tuacións dos servizos municipais e a coordinación coas asociacións e co-lectivos que traballan neste ámbito.

Desenvolveremos novas liñas de actuación en:1. Prevención dos riscos na infancia,

as agresións a menores e a súa ex-clusión social.

2. Apoio a programas de colectivos e asociacións que traballan con menores e adolescentes en situa-ción de risco.

3. Prevención do absentismo e fra-caso escolar.

4. Aulas de capacitación curricular para persoas mozas con necesida-des de retomar o ensino despois do abandono temporal do mesmo.

MODERNIzACIÓN DOS CENTROS

• Trasladamos de forma reiterada á Consellería de Educación a ne-cesidade dunha planificación da actualización e modernización das infraestruturas educativas, que ten que desenvolver de acor-do co Concello.

• Seguiremos a apoiar, dentro das competencias municipais, os programas existentes que facili-tan a compatibilidade entre a ac-

tividade laboral de pais e nais e a escola, como Madrugadores ou Comedores Escolares. Demanda-remos da Xunta de Galicia a súa implicación substituíndo cando sexa preciso as ANPAS no seu labor.

• Poremos en marcha a ludoteca das Fontiñas.

• No Centro de Interpretación do medio rural da Portela programa-

remos actividades de extensión escolar en contacto coa natureza.

• Reforzaremos a Escola Munici-pal de Música, buscando a cola-boración co Auditorio de Galicia, a Banda Municipal e a Rede de centros de educación musical.

• Continuaremos creando zonas de xogo infantís seguras, co obxec-tivo de manter espazos de rela-ción interxeracionais.

FORMACIÓN PROFESIONALCompostela conta cunha boa

oferta formativa no terreo profesio-nal, bastante diversificada, pero no contexto actual de crise económica e do emprego é necesario mellorar a conexión do sector educativo co sector produtivo.1. Traballaremos para estender a

cando menos dous centros máis de FP o programa de viveiro de empresas.

2. Insistiremos diante da Xun-ta sobre a necesidade de dotar de novos espazos adecuados á Escola Oficial de Idiomas, que permita atender a enorme demanda existente. A posta a disposición de terreos na ave-nida de Bilbao, realizada polo Concello, debería permitir aten-der esta demanda da sociedade compostelá.

Centro Sociocultural de Fontiñas.ACTIVANDO

A XUVENTUDEEste apartado do programa recolle así algunhas accións específicas, que

resaltamos, e remite ao tempo aos apartados temáticos nos que se desen-volven outros proxectos.1. Compromiso de manter e mellorar os programas de acción xuvenil que

xa funcionan.2. Reactivación do Centro de Información Xuvenil.3. Apoio á educación afectivo/sexual.4. Comprometémonos a manter os espazos de uso dos mozos e mozas (Cen-

tro Xuvenil Municipal do Ensanche, o Local 10 para o ensaio de grupos musicais).

5. Ampliaremos estas infraestruturas co CENTRO XOVE DE CREACIÓN CULTURAL para conxugar nun só espazo a músicos, pintores, actores, fotógrafos, poetas, deseñadores e xente que goza das artes en xeral.

6. Fomentaremos que existan espazos para actividades xuvenís nos centros socioculturais de referencia (Fontiñas, Conxo, Vite).

7. Poñeremos en marcha un portal mozo de alugueiro, onde se oferten vi-vendas nese réxime, intentando fomentar a ocupación das vivendas des-ocupadas. Este portal, servirá así mesmo para poñer en contacto moz@s que busquen compartir piso.

8. Fomentaremos a existencia dunha bolsa de aloxamento alternativo, onde os moz@s poidan compartir vivenda con anciáns ou persoas discapaci-tadas.

9. Colaboraremos con outras administración na potenciación do transporte nocturno, os xoves, venres e sábados, para reducir o risco de accidentes.

14

O valor do patrimonio e da cultura

CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO • Manteremos a Cidade Histórica

como unha realidade viva, man-tendo poboación suficiente e rexuvenecendo a súa idade me-dia.

• Melloraremos o asesoramento en relación cos edificios, a in-formación, axudas e apoio aos particulares para a posta en uso e mantemento dos edificios.

• Traballaremos, na medida das posibilidades económicas, para impulsar a implantación do pro-grama de edificios tutelados.

• Desenvolveranse iniciativas de bolsas de alugueiro.

• Redactaremos un Plan de dina-mización de usos para orientar a oferta comercial, para conseguir implantacións que atendan ás necesidades da poboación resi-dente e produzan valor engadi-do.

• Impulsaremos unha Ordenanza de usos e no que atinxe a locais en planta baixa, as axudas pú-blicas á rehabilitación deberán ligarse co uso.

• O Plan Director de infraestru-turas desenvolverá a política de renovación dos recursos enerxé-ticos da cidade histórica.

NOVOS EQUIPAMENTOS• Demandaremos a Xunta de Galicia a licitación inmediata do Centro de

Saúde previsto en Galeras.• Efectuaremos unha oferta adecuada de aparcadoiros para residentes en

horario nocturno na contorna da cidade histórica, pero tamén daremos solución a residentes e comerciantes.

• Realizaremos pequenas intervencións para incorporar ao uso público espazos verdes singulares, algunha zona deportiva ou espazos de lecer.

• Iniciaremos as actuacións nas Hortas, co obxecto de convertelas nun espazo de lecer.

• Actuaremos sobre a praza do Matadoiro, facilitando a conexión entre a Porta do Camiño e o parque de Belvís.

APOSTA POLA CULTURA E A CREACIÓN1. Propomos a creación dun Foro de coordinación dos operadores culturais

de Compostela, para potenciar ao máximo o uso dos recursos e infraes-truturas.

2. Propomos a elaboración dun Plan municipal de cooperación privada no desenvolvemento cultural da cidade que poida servir para dar base a unha acción de financiamento da acción cultural.

3. Impulsaremos a creación e as industrias culturais: • Co establecemento de circuítos estables de difusión. Dando cabida

na programación propia do Concello a creadores e actividades.• Co establecemento de estratexias de colaboración en actividades for-

mativas.• Co apoio a feiras urbanas con base na creación artística.• Co vínculo entre a produción propia e a oferta turística que efectúa o

Concello.

INTEgRAR A CIDADE E

A CIDADE DA CULTURAMalia a “Cidade da Cultura” ser

un proxecto responsabilidade da Xunta.1. Propoñemos redefinir os espa-

zos e infraestruturas da Cidade da Cultura cunha actuación co-ordinada e eficiente de comple-mentariedade.

2. Relacionar a acción cultural da cidade histórica coa da Cidade da Cultura e artellar un proxecto unitario.

3. Resolver a conexión física peonil entre a Cidade Histórica e a Ci-dade da Cultura, por medio de in-fraestruturas non agresivas como o teleférico xa proposto dende o Consorcio.

PRIORIzAREMOS A CULTURA DO

PATRIMONIO HISTÓRICO

1. O Museo de Santiago e das Pe-regrinacións debe configurarse como o gran proxecto cultural do C.H. dos vindeiros anos.

2. Será esencial aproveitar o tra-ballo que se vai derivar do Plan Director da Catedral.

EVENTOS DE RELEVANCIA INTERNACIONAL1. Cómpre continuar potenciando

as experiencias de “Cineuropa”, “Curtocircuíto”, “Festival de Mú-sicas Contemplativas”, “Compos-tela Organum Festival”, “LITVI” Encontro Internacional de Litera-turas de Viaxes ou o Festival de Música Medieval “ITINERE”.

2. Propomos a creación dun Festival Internacional de Teatro.

3. Defendemos a potenciación de “Música en Compostela”, a con-solidación de festivais nacidos de

iniciativas de salas alternativas, como o Festival de Danza de Rúa (En pé de pedra), o Festival Alter-nativa, o Festiclown ou o Festival de Maxia.

4. Promoveremos a existencia dun-ha Feira en materia de artes plás-ticas, en colaboración cos galeris-tas e co CGAC,

5. Estudaremos a posibilidade de ce-lebrar algún evento de relevancia arredor do mundo da moda e o deseño.

POTENCIACIÓN DA CULTURA DE bASE • Consolidar e manter activos os

múltiples programas e activida-des da Rede de Centros Socio-culturais.

• Rematar a construción dos cen-tros de Santa Marta, Cancelas e Romaño-Vista Alegre e abrir un centro no Casco Histórico.

• Regulamentar a utilización do uso das instalacións por parte das asociacións para que se faga de un xeito mais igualitario.

• Compromiso coa lingua e a cul-tura de Galicia. Promover a lin-gua nos servizos comerciais e de restauración.

• En convenio coa Universidade, acordar a etiquetaxe de todas as especies arbóreas dos parques da cidade.

• Apoiar a produción, edición e di-fusión da cultura galega.

Fonte restaurada de San Clemente.

Animación de rúa.

Comercio no Casco Histórico.

As nosas propostas concrétanse en recuperar a Cidade Histórica por medio da renovación das infraestruturas urbanísticas, na inclusión nas políticas patrimoniais das accións medioambientais e na acumulación de novo patrimonio a través das grandes actuacións derivadas das infraestruturas de transporte e comunicación para acometer na década.

Museo de Santiago.

15

Compostela, CapitalHai catro anos propuñamos consolidar a relevancia de Santiago de Compostela en galicia converténdoa en porta dunha comunidade dinámica e innovadora, centro dun interland amplo e dunha comarca viva e en crecemento, ademais do despregue das consecuencias propias do seu estatus xurídico como Capital de galicia. O balance destes catro anos é compensado: moi satisfactorio en termos de infraestruturas, cos avances en materia de vías de comunicación terrestre, ferroviaria e aérea, e de menores avances en termos institucionais. Cómpre ter en conta os avances e as eivas á hora de formular as nosas propostas para os vindeiros anos, que organizamos nos dous eixes citados:

INSTITUCIONAL1. Desenvolver plenamente o Es-

tatuto da Capitalidade, con es-pecial atención a un réxime de financiamento que contemple a integridade dos custos da capi-talidade.

2. Incluír no Estatuto de Autono-mía de Galicia a condición de capital de Compostela, como é habitual nas restantes comuni-dades autónomas.

3. Radicar en Compostela delega-cións de todas as consellerías da Xunta de Galicia, que permita evitar o desprazamento aos ha-bitantes de Santiago e da súa área de influencia.

4. Preservar o papel do Consorcio da Cidade como instrumento de colaboración entre institucións.

5. Colaborar coa USC, en todos os ámbitos, con plena cooperación no proxecto de CampusVida e na defensa da Facultade de Me-dicina.

6. Impulsar a participación muni-cipal na xestión da terminal ae-roportuaria de Lavacolla.

7. Impulsar a articulación política da comarca, utilizando os ins-trumentos previstos na lexisla-ción local.

8. Establecemento dunha estra-texia de relación turística pri-

vilexiada con Vilagarcía de Arousa, como capital do Salnés, que a conforme como Porto de Compostela.

9. Propoñemos o reforzamento da planta xudicial de Santiago:• Con dous novos xulgados da

xurisdicción contencioso-ad-ministrativa.

• Cunha Sección da Audiencia.• Cun Xulgado do Mercantil

que dea servizo a todo o sur da provincia da Coruña.

• Cun novo edificio dos xulga-dos, dotado de aparcadoiro.

• Coa implantación en Compos-tela do Tribunal de Instancia.

INFRAESTRUTURAS1. Xa temos grandes proxectos de

infraestruturas nun estado avan-zado. O seu remate está garanti-do nos vindeiros meses. Trátase de velar para que non haxa atra-sos inxustificados.• Antes de final de ano inaugu-

raremos a remodelación do ae-roporto de Lavacolla, estuda-mos os usos da vella terminal e promovemos o parque empre-sarial previsto en Lavacolla.

• Pero tamén o Eixo Atlántico de Alta velocidade e o remate do AVE a Ourense neste ano 2011, que converterán a Com-postela no nó ferroviario cen-tral da alta velocidade galega. E que terá a súa continuidade na conexión coa Meseta.

• Debemos impulsar decidida-mente a construción da esta-ción intermodal prevista e an-ticipar a realización da liña do metro lixeiro que a conectará directamente co aeroporto.

• Promoveremos a construcción da Estación de Mercadorías de Santiago no Parque Empresa-rial da Sionlla.

• E impulsar o remate da autovía Santiago-Lugo, que comple-ta a conexión con autovía ou autoestrada de xeito directo co resto das cidades de Galicia nos prazos previstos.

2. Pero debemos facer avanzar os proxectos de infraestrutura com-

prometidas e que son de enorme interese para Compostela. En re-lación coa Administración xeral do Estado destacamos dúas: • A duplicación da AP 9 a oito

carrís no seu tránsito polo con-cello, que debe garantir, en colaboración coa Xunta de Ga-licia, a adecuada conexión coa Cidade da Cultura así como unha nova saída Santiago nor-te-norte que conecte co Orbital de Compostela.

• A nova depuradora, que debe ser licitada de inmediato.

3. Para completar a articulación da comarca de Compostela deman-daremos nos vindeiros anos: • A duplicación da N-550 ao

oeste do Monte Pedroso, de Sigüeiro á Picaraña.

• A realización da previsión do Plan MOVE para conectar adecuadamente As Galanas e Cacheiras.

• A realización do chamado Orbital entre A Sionlla e San Marcos, que conectaría os po-lígonos industriais do norte de Compostela entre si, coa au-troestada AP-9 e coa autovía a Lugo e Lavacolla.

• A inmediata realización da va-riante de Aradas, que ligará o Polígono do Tambre coa estra-da de Santa Comba.

• Tras a ampliación de carrís no treito Ponte San Lázaro–Avda.

de Asturias e a inmediata in-auguración do Túnel do Hó-rreo–avenida de Lugo, com-pre abordar a duplicación do enlace de acceso ao Polígono do Tambre.

• Remodelación da glorieta alta de Fontiñas e execución do acceso desde ela á Cidade da Cultura.

• Impulsar a construción do paso inferior da rotonda de Conxo.

• A consolidación de catro ca-rrís no vial Sar-Pontepedriña, coa incorporación dunha nova rotonda que dea acceso á Esta-ción Intermodal.

4. Para articular máis eficazmente o interland máis amplo de Com-postela é preciso impulsar as se-guintes iniciativas: • A conexión entre Compostela

e a Costa da Morte, prevista no Plan MOVE, que debería iniciarse neste mandato.

• A recepción pola Xunta de Galicia da estrada Composte-la-Carballo, que permitiría o seu reacondicionamento.

• Completar a autovía a Noia e á Estrada, ao longo deste man-dato.

• Pedir a gratuidade total da autovía Santiago - Ourense, evitando a discriminación que hoxe experimentan os viaxei-ros entre Lalín e Compostela.

www.bugallo.es