A PENEIRA do Val Miñor - Nº 18

9
S ECCIÓN FEBREIRO DE 2008 1 1 BAIONA : GONDOMAR : NI GRÁN Nº 18 - AGOSTO 2009 PUBL ICACIÓN MENSUA L - 1€ Baiona Nigrán Nigrán Nigrán recuperará espazos emblemáticos Páxina 5 Baiona Potato e Kallaikoi actuarán en agosto no II Festival Berra Baiona Páxina 3 Gondomar Os sete "ex" do PP ocuparán o mesmo número de concellerías que os catro “ex” do PSOE Páxina7 Gondomar Baiona programa actividades para todos os públicos este verán “Mofa e Befa” presentan “Sempre ao lonxe" o 24 de agosto Páxina 3 Páxina 6 e 7 GONDOMAR Os terribles de Donas, tradición viva en Gondomar  O nome escollido para o CD de Gondomar foi toda unha homenaxe ao barrio de Donas onde os antigos compoñentes da banda e os seus descendentes decidiron hai anos unirse Páxina 8 Mercedes Peón actuará dentro da programación de agosto en Nigran Páxina 4

Transcript of A PENEIRA do Val Miñor - Nº 18

8/8/2019 A PENEIRA do Val Miñor - Nº 18

http://slidepdf.com/reader/full/a-peneira-do-val-minor-no-18 1/8

SECCIÓNFEBREIRODE 2008

11

B A I O N A : G O N D O M A R : N I G R Á N

N º 1 8 - A G O S T O 2 0 0 9PUBLICACIÓN MENSUAL - 1€

Baiona

Nigrán

Nigrán

Nigrán recuperará espazos emblemáticos

Páxina 5

Baiona

Potato e Kallaikoi actuarán en agosto no II

Festival Berra BaionaPáxina 3

Gondomar 

Os sete "ex" do PP ocuparán o mesmo número

de concellerías que os catro “ex” do PSOEPáxina7

Gondomar 

Baiona programa

actividades para

todos os públicos

este verán

“Mofa e Befa”presentan “Sempre ao

lonxe" o 24 de agostoPáxina 3

Páxina 6 e 7

GONDOMAR 

Os terribles de

Donas, tradición viva

en Gondomar 

O nome escollido parao CD de Gondomar foi

toda unha homenaxe ao

barrio de Donas onde os

antigos compoñentes da

banda e os seusdescendentes decidiron

hai anos unirsePáxina 8

Mercedes Peón

actuará dentro daprogramación de

agosto en Nigran

Páxina 4

8/8/2019 A PENEIRA do Val Miñor - Nº 18

http://slidepdf.com/reader/full/a-peneira-do-val-minor-no-18 2/8

 AGOSTODE 20092 OPINIÓN

Director: Guillermo Rodríguez Fdez. Edita:A Peneira Condado S.A. Enderezo: Sarmiento Rivera, 17- Tel e Fax: 986 66 09 86 // 36.860 PONTEAREAS (Galiza)Publicidade: Fran, Modesto e Departamento propio - Montaxe e deseño: Manrique Fdez. e Diego Giráldez Impresión: Tameiga Publicacións /Mos - Tlf: 986 48 74 80 - Depósito Legal: OR/57/84

Editor ia l

No último editorial falabamosda ética política. Dicíamosque non se pode gobernar de

calquera xeito nin se poden mestu-rar as churras coas merinas, porquesendo todas ovellas, nin todas sonda mesma raza. En política é preci-so manter un mínimo de coheren-cia, tanto política como ideolóxica.Dicir que nun concello non vale apolítica, que o que vale é prestarlleun bo serizo aos veciños, é como di-cir que tódolos veciños pensamos,soñamos e buscamos un mundo

igual. Non. Todos sabemos que istonon é así. Cada un de nós ten na súamente un mundo distinto, diferen-te. Logo, o político tamén debe terclaro que mundo ofrece el aos seusvotantes para que coincidan nas sú-as aspiracións sociais. Deste xeitonon habería o rexeitamento ao tra-ballo político que hoxe coñecemos.En Gondomar, terras do Val Miñor,

produciuse unha moción de censurapara derrotar ao grupo do BNG queestaba gobernando en solitario.Xunguíronse os socialistas, os pepe-ros (PP), os independentes (de quendependen?), de onde veñen?, e xun-

tos conformaron o número suficien-te de concelleiros para elixir o quepasaría a ocupar o sillón da Alcal-día. Parece que a razón era que oBNG non sacaba as cousas adiante,aínda que eles, os tres grupos, xa

“conpincharan” para non darlle ninauga ao goberno nacionalista, des-te xeito, obviamente, sen unhamaioría para tomar acordos non sepode, apenas, facer nada. Agoravan gobernar xuntos. Como aplica-rán os seus respectivos programastan dispares entre eles? Como po-derán poñerse de acordo os socia-listas cos do PP cos independenteslogo das grandes diferenzas mostra-das ata agora? O novo alcalde di queel non pertence a ningún partido;non sabemos ben que significa iso

cando ten que dirixir un equipo dehomes e mulleres politizados ata asorellas. En Gondomar houbo un se-rio problemas de corrupción políti-ca no eido do urbanismo. Que vanfacer agora con ese tema, nó gor-diano do desencontro entre socia-listas e nacionalistas? O tempo é amellor medicina para curar todosestes males. Esperemos.

Agora hai que dar trigo

“Maní, manisero, maní, si tequieres por el pico divertir,cómprame un cucuruchito

de maní...” Así asubiaba o meupadriño a morriña da Habana naslongas tardes da vellez na nosaaldea de Taraza cando Cuba eraxa a memoria doce de quen con-segue regresar. En febreiro de2008, unha muller de pelo bran-co choromicaba ao meu carón noTeatro Mella da Habana ao escoi-tar o son melancólico da gaita deEdelmiro Fernández. E murmu-raba, “papaíto, así tocaba papa-íto”. O camiño de ida e volta damúsica galega que nos entrega-ron a emigración e o exilio ame-ricano tomaba corpo no espectá-culo musical Descarga ao vivo. Éo círculo que se pecha para ex-pandirse nunha explosión de cre-atividade e talento. O proxecto,froito da colaboración entre mú-sicos de ambas as dúas beiras eestreado na Habana na Feira doLibro de 2008 con Galicia como

país convidado, percorre estes

días as cidades galegas. As rum-bas, as guajiras, as habaneras,as jotas, as muiñeiras e os dan-zóns mestúranse nun repertoriode raíces históricas galego-cuba-nas sen medo á liberdade creati-va e a reinterpretación dende ojazz e o folk. E, inevitablemen-te, canda eles ven o olor azucredos xardíns da Tropical nos anoscorenta cando A Habana foi, pa-ra moitos de nós, a utopía, a ca-

sa de alén mar.

ManíRosa Aneiros

Ocamiño de ida evolta da música

galega que nosentregaron aemigración e o exilioamericano tomabacorpo no espectáculo

musical Descarga aovivo.

8/8/2019 A PENEIRA do Val Miñor - Nº 18

http://slidepdf.com/reader/full/a-peneira-do-val-minor-no-18 3/8

3BAIONA AGOSTODE 2009

 A.F./ BAIONA

Ata o próximo día 28 deagosto, o Plan Especial de Pro-tección do Casco Histórico deBaiona permanecerá exposto novestíbulo do concello para quetodos os interesados poidan re-visalo de novo. Durante estemesmo período pódense pre-sentar alegacións.

Co fin de despexar calqueradúbida e asesorar aos veciños,os técnicos de urbanismo aten-derán individualmente a quen o

solicite de 11:00 a 13:00 horasos luns, martes e mércores.

O documento introducecambios con respecto ao expos-to inicialmente xa que se incluí-ron de forma total ou parcial ca-se un centenar de alegacións

 presentadas polos veciños. Por outra banda, e dentro do catálo-go de elementos exteriores in-corporáronse edificacións (cha-lés) situados nas proximidades econstruídos a principios do sé-culo XX. Tamén lle agregaronás fichas elaboradas inicialmen-te, o tipo de obra que se pode re-

alizar en cada edificio, así comoo nivel de protección, a altura eas aliñacións previstas para ca-da vivenda.

Paralelamente á exposición  pública o documento será en-viado de novo a Patrimonio,Portos e Costas do Estado e au-tonómica para que estes orga-nismos revisen o seu contidodespois de haberse incluído oscambios citados con anteriori-dade.

Exposición pública

do Plan Especial

de Protección do

Casco Histórico

“Mofa e Befa” presentan “Sempre ao lonxe" o 24 de agosto

Baiona programa actividades para todos

os públicos este verán ANTÓN FERNÁNDEZ/ BAIONA

Como xa é habitual nesta épo-ca, Baiona acolle turistas que bus-can descando e actividades de le-cer. Moitos dos veciños e veciñasdo municipio tamén están de vaca-cións polo que a programación cul-tural ten algo de ecléctica.

Teatro e música

Despois do éxito das festas da

anunciada, celebrada estes días pa-sados, o día 6 de agosto terá lugar arepresentación Teatral "Lorquean-do Paseniño" polo grupo de teatrode Baiona Non Si? Teatro (Prazado Concello ás 23:00 h); o 7 unconcerto de Música a cargo de "OsTerribles de Donas" (Praza doConcello ás 23:00 h); o 8 será o"Día da Xuventude" con activida-des como Aventura-T, Tirolina,Ponte Tibetana, Ponte do Oso, In-chables e unha Festa da Escuma(Parque da Palma de 12:00 a 14:00h. e de 18:00 a 20:00 h.) ademais doconcerto Pop con D-Sengaño e

Jaula de grillos (Praza do Concelloás 22:00 h.); o día 9 celébranse asfestas de San Lorenzo de Belesar eo 1º "Certame Canino Baiona2009" (Parque da Palma) ademaisdun concerto do Verán a cargo daBanda de Música Municipal deBaiona (Praza do Concello ás23:00 h.); o día 10 continúan asFestas de San Lorenzo de Belesar eestá prevista unha escalada a Mon-teferro (Paseo Ribeira ás 9:00 h.) eo espectáculo de Maxia "Tolema-

xias" polo mago Teto (Praza doConcello ás 23:00 h.); o día 11 re-matan as Festas de San Lorenzo de

Belesar e haberá cinema na rúa coa proxección de "Kung-Fu Panda"(Praza do Concello ás 23:00 h.); odía 12 o protagonismo será para oteatro coa obra "Contos do Linier"de Cándido Pazó, polo grupo de te-atro de Baiona "Os Trompiños"(Praza do Concello ás 23:00 h.); odía 13 haberá obradoiros de cien-cia e maxia (Paseo de Ribeira de11:30 a 13:30 h. e de 18:00 a 21:00h.) e un concerto a cargo da CoralPolifónica "Baiona a Real" (Praza

do Concello ás 22:30 h.); o día 14será a actuación do Coro de HomesVoces Baionesas (Praza do Conce-

llo ás 23:00 h.); o día 15 o monolo-gista Toño presenta "El diablo so- bre ruedas" (Praza do Concello ás23:00 h.); o día 16 terá lugar unconcerto a cargo do Orfeón Canto-rum e a Agrupación Musical de Be-lesar (Praza do Concello ás 23:00h.); o día 17 haberá cine na rúa coa

  película "Australia" (Praza doConcello ás 23:00 h.); o día 18 terálugar o concerto de "GuipsyJazz"

 por Miñor Swing (Praza do Conce-llo ás 23:00 h.); o día 19 un concer-

to polo cantautor Javier Gonzálezque presentará "Cancer de Tiem-

 po" (Praza do Concello ás 23:00

h.); o día 21 será o "Dia do Turis-ta"; o día 22 inaugúrase a VIII Feriade Artes Plásticas (Paseo da Pal-ma-todo o día) e haberá un Festivalde Flamenco (Praza do Concello ás23:00 h.); o día 23 celebrarase unconcerto de Piano "Entre Tangos yHabaneras" (Praza do Concello ás23:00 h.); o día 24 o grupo “Mofa eBefa” representará a obra "Sempreao lonxe" (Praza do Concello ás22:00 h.).

(Continúa na páxina 8)

Mofa e Befa.

 A.F./ BAIONA

O colectivo xuvenil Berra  presentou ante os medios decomunicación os carteis dosdous festivais que organiza nacomarca de Val Miñor. Para oxoves 20 de agosto, a cita seráen Baiona, co II Festival Be-rra Baiona. Terá lugar no Par-que da Palma a partir das 22horas e nesta edición a lista é

  ben atractiva. Actuarán os

grupos Potato (Euskadi), Ala-medadosoulna Show (Ma-drid), Dakidarría (Nigrán) eKallaikoi (Baiona). Ademáis

  pola tarde haberá a primeiramostra de grupos emerxentes

do Val Miñor.

II Festival Berra Nigrán

Uns días antes, os 13, 14 e 15

de agosto celebrarán o II FestivalBerra Nigrán, onde participarán6eiskafes, Iratxo, Sundayers,Bodega Bodega, Alimaña HC,Skarmento, Oferta especial, Mo-tor Perkins, Tanghana Show,

Bastards on Parade e Fainoti. Es-te festival terá lugar en Praiaamérica, Nigrán. Haberá activi-dades variadas como perfoman-

ces, obradoiros, malabares, cu-cañas e arte na praia. Os concer-tos comezarán a partir das 22 ho-ras.Aentrada aos dous festivaisé gratuita. Haberá carpa por seo tempo non acompaña.

Potato e Kallaikoi actuarán en agostono II Festival Berra Baiona

Dakidarría.

Oxoves 20 de agosto, a cita será en Baiona onde

actuarán os grupos Potato (Euskadi),

Alamedadosoulna Show (Madrid), Dakidarría (Nigrán)

e Kallaikoi (Baiona).

8/8/2019 A PENEIRA do Val Miñor - Nº 18

http://slidepdf.com/reader/full/a-peneira-do-val-minor-no-18 4/8

 AGOSTODE 20094 N IGRÁN

 A.F.E./ NIGRÁN

Despois do éxito de Fía naRoca o pasado mes de xullooutra veterana da escena gale-ga, Mercedes Peón, traerá omellor do seu repertorio a Ni-grán. Será o día 22 de agosto ás22 horas no Campo das Redesde Panxón.

A programación de verándeste ano é, segundo o conce-lleiro de Cultura, o nacionalis-ta Anxo Valverde, modesta

  polo estado económico doconcello pero interesante poloseu contido.

O mes comezou coa Festade San Fiz na que actuaron aAgrupación Musical Lira SanMiguel de Oia e as orquestrasVerano Azul e a Cé OrquestraPantasma para seguir cuncon-certo o día 4 no que participa-ron dende gaiteiros, anima-ción infantil, concerto de mú-sica pop-rock (Aposteriory ouMinhor Swing Band) ata o folk de Brath.

Teatro

Para estes días os que visi-ten Nigrán terán oportunidadede ver teatro o día 8 coa com-

 pañía de teatro Fulano, Men-gano e Citano. Aobra é "Arte"e será ás 22:00 horas no Cam-

 po das Redes de Panxón. Unhacrítica en clave de humor aomundo da arte contemporánea.

Máis teatro haberá o día 24de agosto coa compañí a TeatroLope de Vigo que traerá a Ni-grán a obra "Ide todos ao infer-no". Será ás 22:00 horas noCampo das Redes de Panxón.Unha proposta plástica de dis-curso innovador.

Aínda haberá outra oportu-nidade de ver outra obra o día27 coa compañía Mofa e Befaque estreará a obra "Sempre aolonxe". Ás 22:00 horas noCampo das Redes de Panxón.Unha interesante reflexión so-

 bre a “fauna” humana.

Bandas de música e regueifas

Para os máis tradicionaishaberá bandas de música os dí-as 9 (Banda de Música deMougás, ás 12:30 horas en SanCampio de A Ramallosa) e 16(Banda de Música de Belesar.

Ás 12:30 horas no torreiro defestas de As Angustias).

Se de tradición falamos na-da mellor que recuperar o anti-go costume dos desafíos ou re-gueifas. O martes 18 de agosto

teremos unha magnífica opor-tunidadecoa actuación dos re-gueifeiros do Centro Culturalde Valladares ás 22:00 horasno Campo das Redes de Pan-xón.

Mercedes Peón

Pero se temos que salientar algunha actuación desta pro-gramación de agosto prepara-da pola concellería de culturade Nigrán, esta é a presenza deMercedes Peón. A cantante emulinstrumentista é dende lo-go todo un referente da músicamoderna folk Galega, ten unestilo moi particular, unha for-ma de facer e unha personali-dade que destacan sobre o es-cenario.

  Na súa xa longa carreiramusical. Foi profesora de mú-sica, canta, compón, toca a

guitarra, a pandeireta, o clari-nete… durante anos adicouse arecorrer Galiza escoitanto po-los pobos á xente as súas can-cións populares. Coñecidaademais polas súas colabora-

cións con outros artístas e en poñer música a series de tele-visión, Mercedes Peón é ade-mais unha profunda coñece-dora da nosa tradición.

A súa música é un profun-do mestizaxe no que se identi-fican desde rítmos árabes e

 portugueses a o máis tradicio-nal célta.

Sihá é o seu último disco,que inclúe dez composicións

  propias. Segue mantendo a proposta coa que comezou, re-cuperar a música tradicionaldesde unha mirada contempo-ránea. Apréciase unha evolu-ción cara a música electrónica,experimentando con máis per-cusións programadas que tra-dicionais.

Semana Cultural de Parada

Con motivo da XVI Sema-na Cultural de Parada entre o 5e o 8 de agosto terán lugar di-ferentes actuacións, todas a

 partir das 21:30 horas. O día 5haberá unhademostración dosalumnos do Ximnasio CentroCultural Bolos da Carrasca; odía 6 actuarán os grupos Airesde Santos (Gaitas) e Flores do

Galiñeiro (Baile); o día 7 ac-tuación das Pandereteiras doSobreiro e Cores do Sobreiro(Gaitas); e para o día 8 deagosto están previstos BolosCeltas a partir das 16h.

Mercedes Peón actuará dentro da

programación de agosto en Nigran

A programación de verán deste ano é, segundo o

concelleiro de Cultura, o nacionalista Anxo Valverde,

modesta polo estado económico do concello pero

interesante polo seu contido.

8/8/2019 A PENEIRA do Val Miñor - Nº 18

http://slidepdf.com/reader/full/a-peneira-do-val-minor-no-18 5/8

5N IGRÁN AGOSTODE 2009

 A.F.E./ NIGRÁN

O concello de Nigrán quererecuperar algúns dos espazosmáis emblemáticos do munici-

  pio. O arco visigótico de Pan-xón; a ponte románica da Rama-llosa; o parque da Carrasca e a

 batería de Monteferro son os ca-tro enclaves elixidos nos que es-tiveron traballando alumnos ealumnas do máster de renova-ción urbana da Universidade deSantiago de Compostela (USC)durante estes meses. Na presen-tación dos estudos, realizada haiuns días e na que estiveron pre-sentes tamén o alcalde, EfrénJuanes, o concelleiro de urbanis-mo, Juan González, e represen-tantes de asociacións veciñais, asconclusións facilitadas coincidí-an na necesidade de actuar nesteslugares polo seu estado de dete-rioro e abandono.

Arco visigótico

Un dos elementos históricosmáis importantes de Nigrán, oarco visigótico de Panxón, estásituado nun entorno degradadomália ser un Ben de Interese Cul-tural. Este monumento está data-do a finais do século VII e en1932 quedou situado no entorno

do templo votivo de Panxón,obra do arquitecto porriñés An-tonio Palacios. A actuación pre-vista nesta zona ten intención defacilitar un novo acceso ao arco emellorar o entorno do propio

templo para que os visitantes non

teñan problemas de visibilidadeao visitalo.

A Ramallosa

Se falamos de entornos conalto valor hitórico non teremosoutro remedio que situarnos nundos puntos de entrada ao munici-

  pio con máis personalidade: aRamallosa. Punto divisorio entreos concellos de Baiona e Nigrán,a parte que corresponde a este úl-timo vai a dar a unha pequena

 praza que na actualidade é máisun aparcadoiro que un lugar de

 paso veciñal. A actuación nestelugar reducirá o acceso a vehícu-los e mudará a pavimentaciónademais de situar en varios pun-tos mobiliario urbano.

Monteferro

Adefensa deste enclave natu-ral foi e é fundamental para veci-ños e concello. Unha vez detida aimplantación de novas urbaniza-cións os traballos de mellora noentorno encamiñáronse ao estu-do das edificacións militares quese sitúan nel. As baterías coloca-das polo dictador FranciscoFranco despois de rematada aGuerra Civil atópanse hoxe en

día nun claro estado de abando-no. No estudo realizado polosalumnos do master da USC che-gouse a conclusión de que eranecesario a eliminación dalgun-has das edificacións, mantendo

as baterías e colocando carteisindicativos da historia e o signi-ficado do lugar. Mais a interven-ción en Monteferro non queda aí.

  No proxecto de rehabilitaciónestá prevista a continuación dal-gún dos camiños de circunvala-ción e a colocación de parquinsde bicicletas para facilitar o ac-ceso ecolóxico ao lugar.

A Carrasca

Este parque, hoxe arrodeado polos vehículos que mesmo che-gan a poñer en perigo aos peóns,debería facilitar o aproveitamen-to social. Así o entenderon no

 proxecto presentado xa que man-

teñen o campo de bolos e o da pe-tanca que centralizan o lugar.Eliminaríase, iso si, un dos pasos

 para coches e mudaríase o pavi-mento para que éstes reduzan avelocidade. Tanto nesto como noretso de proxectos os estudantesdo master contaron coa opinióntanto do concello, que lles facili-tou os lugares, como dos propiosveciños.

Agora so queda buscar a fi-

nanciación precisa para acome-ter estes proxectos de rehabilita-ción que darían certa unidade aomunicipio. Ésta foi a promesaque realizou na presentación o

 propio alcalde Efrén Juanes.

Nigrán recuperará

espazosemblemáticos

8/8/2019 A PENEIRA do Val Miñor - Nº 18

http://slidepdf.com/reader/full/a-peneira-do-val-minor-no-18 6/8

 AGOSTODE 20096 GONDOMAR  

 ANTÓN F. ESCUREDO/ GONDOMAR

-Cal foi a primeira medida

que tomou como alcalde de

Gondomar?

-Tendo este tempo de choivae o deterioro das estradas, foi alimpeza das cunetas. Nalgunhasestradas, polo seu abandono, assilvas raiaban os coches. Tamén

  procedimos á limpeza de rúas.Coincidíu tamén co San Benito equixemos limpar un pouco a vila.Foron medidas de choque. Fala-mos coa empresa Geseco paraque nos botara unha man. Busca-mos tamén maquinaria para alimpeza. O criterio a seguir foi odas festas. Comezamos en Vin-

cios porque as festas comezabanalí. Despois pasamos a Chaín,Morgadáns, Couso, ... polo me-nos que cando a xente chegue áfesta non vexa lixo acumulado.

-Como se atopou o concello

a súa chegada. Confirmou a

idea de "desorganización" que

denunciaba antes da moción?

-Quero facer punto e aparte.Baixo ningún concepto quero en-trar en guerras dialécticas de "ti ofacías mal" ou "ti o facías peor".Houbo un cambio e hai que face-lo mellor. Pero tamén hai que

 pensar que somos doce persoasque temos maioría e debemos re-mar nunha mesma dirección.Tentaremos facer cousas que an-tes, se cadra por estar en mino-ría... non quero meterme nese te-ma. Non quero facer leña da ár-

  bore caida. Non me gustan os protagonismos. Entendo que por ser alcalde debo sair nos xornais

 pero se por min fora garantízolleque non saía. O que si teño sonuns obxectivos. Se consigo reali-zalos todos ou unha parte nestesdous anos ben, senón marcharei

 para casa. Non estou agarrado aosillón.

 Non quero críticas ás persoas.

Estou sorprendido por algún ra-dical que me chamou de todo...

 pero eu creo nas persoas. Por iso,ata que se demostre o contrario,

 penso que todos queremos facer as cousas o mellor posible. Nin

eu nin ninguén está en poder daverdade absoluta, Tampouco os

outros partidos.-Que obxectivos serían

eses?

-Primeiro o Plan Xeral. Undos motivos da moción foi o PlanXeral. Non o PXOM que din por aí da corrupción... eu quero apro-veitar o traballo de campo feitoaqui, levalo á Xunta de Galiciacon toda a transparencia do mun-do e que me digan se vale ou nonvale. Se ese traballo dos topógra-fos, enxeñeiros, vale de algo, eu

 penso que si, que me digan que éo que aproveito e me corrixan oque está mal feito. Quero a tutela

da Xunta e a partir de aí comezar a funcionar. Se o Plan non valeentón haberá que tirar con él e fa-celo de novo. Pero alguén ten quecomezar. Non podemos estar adiscutir do sexo dos anxos. Euentendo, por pura lóxica, que deaí se poden aproveitar moitascousas. Sei que nesta lexislaturanon vai a dar tempo, asinaría ago-ra mesmo se fóra posible, peroestaría en marcha. Hai trescentas

  persoas agardando polas licen-zas. Nalgúns casos en termos dra-máticos, con préstamos pedidos,desesperados. Estou recibindoxente todos os días e hai que aten-delos e darlles unha solución. Haique solucionar a parálise econó-mica do concello. Páranme na rúacarpinteiros, albaneis, e me dinque non ven futuro e o concelloten a súa responsabilidade.

Outro obxectivo é A Pasaxe. Nós temos unha zona industrialque está con moitos problemas.

  Nós non temos solares, temosempresas e traballadores. Por isoentendo que ten prioridade. Xa fi-xen os primeiros contactos coaXunta para que me reciban. Que-ro ir da man dos empresarios daPasaxe para dicirlles que temos

un problema moi gordo. Corre-mos o perigo de que pechen em-

 presas e non veñan novas.En terceiro lugar estaría a pis-

cina municipal. Vamos a retomar o tema pero non é o máis impor-

tante. Entendemos que para Gon-domar é beneficioso contar cun-ha infraestrutura así pero hai ou-tros por diante. Temos o tema dosaneamento. No século XXI non

 pode estar case a metade do mu-nicipio con foxas asépticas, coque supón de contaminación dasaugas. Amoitos alcaldes non llesgusta porque está enterrado, nonse mira. Aínda que esté enterradoao final a xente acabará recoñe-cendo que é unha obra boa. Aminnon me importa e vou a seguir ne-sa liña. Seguirei conseguindo di-ñeiro para sanear as parroquias.

Tampouco vou facer milagres.Este tema non se soluciona endous días.

Tamén está o proxecto dunMultiusos onde están as escolas.Eliminariamos o que hai, que éunha trapallada falando en prata,e Gondomar quedaria rematadonese sentido. Tampouco son par-tidario de obras faraónicas. Se haicartos farase. Eu son un xestor,gústame chamar ás portas e con-

seguir financiación. De todos osxeitos a miña prioridade son as

  parroquias. Ata agora estabanabandonadas da man de Deus,Todo se facia na vila. Só tiñan un-ha limpeza ao ano e catro luces.

Gustariame ir facendo pequenascousas nas parroquias. Non tole-rias. Se fas caso do que che pide axente... Pero é importante ter asestradas limpas, luces en condi-

cións, as pequenas cousas que se-mellan parvadas pero que fan avida agradable á xente. Que senota cando non a teñen.

-Ten algunha data prevista

para esa reunión coa Xunta de

Galicia?

-Case a teño confirmada. Se-guramante porémonos en contac-to a finais deste mes. O que teñoclaro é que chamarei as veces que

faga falta para que me reciban.Un alcalde ten que seguir ese ca-miño.

-Foi difícil distribuir as con-

cellerías deste novo goberno ou

xa se partía dun acordo previo?

-Partíase dun acordo para or-ganizarse. Como todos os princi-

 pios foi dificultoso porque nece-sitas días para adaptarte. Pero enrealidade os compañeiros poñenmoita dedicación, tempo e entu-

siasmo que é o que eu quero.-Como viviu o momento do

Pleno da moción de censura?

Pensa que xa pasou a crispa-

ción entre os veciños?

-Ese dia non estaba preocupa-

do nin con medo, sabía que non  pasaría nada, pero si fatidiado.Preguntábame porque estaba pa-sando iso. Preoucupado porqueeu realmente sempre fun unha

 persoa que me levei ben con todoo mundo. Teño amigos no BNG,no PSOE, no PP... sempre me le-vei moi ben co anterior alcalde esígome levando ben pola miña

 parte. Teño confianza con moití-sima xente do BNG. Excepto conalgún radical, sexa do BNG, oPSOE ou mesmo do PP, xenteque son cuadriculadas e que pen-san que as cousas son como que-

ren eles ou non son. Co resto non.Mesmo creo que algúns pensanque eu son "un mal menor". Por iso eu digo que non quero meter-me en polémicas porque xeran"mal rollo", enemizades. Coñezoá maior parte da xente, de antesnon de agora, sei como son. Oque quero é sair á rúa e poder to-mar un café con calquera. Oarranxo dunha estrada non enten-de de siglas políticas, entende de

xestión.Entendo que unha moción de

censura é frustrante, tanto para osque saen como para os que en-tran. Convírtese en algo que nongusta pero é legal. Ao principio a

Martín Urgal, alcalde de Gondomar 

‘A partir de agora non

hai siglas políticas’

Teño amigos no BNG, no PSOE, no PP... sempre me levei moi ben co anterior 

alcalde e sígome levando ben pola miña parte. Teño confianza con moitísima xente

do BNG. Excepto con algún radical, sexa do BNG, ou PSOE ou mesmo do PP, xente

que son cuadriculadas e que pensan que as cousas son como queren eles ou non son. Coresto non. Mesmo creo que algúns pensan que eu son "un mal menor".

Desde a moción de censura presentada o pasado sete de xullo é o novo

alcalde de Gondomar. Un mes despois A Peneira do Val Miñor quixo saber 

de primeira man como está a levar a situación e cales son os seus

obxectivos ata a fin da lexislatura. Aténdenos no seu despacho, o mesmo

que empregaba o anterior alcalde, Antonio Araúxo. Fala sen complexos e

só nótase tenso cando se lle pregunta polos acontecementos que o levaron

a ese posto.Sabe que agora toca convencer con feitos e non con palabras.

 Nas vindeiras eleccións saberase se a poboación acepta ou non este

cambio.

8/8/2019 A PENEIRA do Val Miñor - Nº 18

http://slidepdf.com/reader/full/a-peneira-do-val-minor-no-18 7/8

7GONDOMAR   AGOSTODE 2009

REDACCIÓN/ G ONDOMAR

O novo concelleiro de Cul-tura, Ignacio Troncoso, man-tén a programación cultural

deseñada pola anterior edil na-cionalista Fátiam Rodríguez.Abriu o mes de agosto a com-

 pañía catalana Tricicle "Clow-nic-100% Tricicle" e os días 7e 8 de agosto poderemos ver aThe Pinga Teatro cos espectá-culos "Casting Tour" e "Unharosa no xardín" no AuditorioLois Tobio e previo pago daentrada.

O venres 14 de agosto e odomingo 16, a partires das22.30 no Parque da Coelleirade Gondomar, Caixanova co-

 patrocina o Cinema na Rúa enGondomar, as proxeccións se-rán "Kung Fú Panda" e "Mam-ma mía".

Pero na mesma fin de se-mana, o sábado 15 de Agosto,ás 22.30 na Praza da Alamedahaberá unha actuación dobrededicada á música tradicional:"Os Carunchos" e "Tanxedo-ras". Gaiteiros e pandereteirasde sona actuando xuntos delei-tarán ao público e presentarános seus últimos traballos dis-cográficos.

O sábado 21 de Agosto e xa pensando na mocidade, o poli-facético e recoñecido interna-

cionalmente "Tonhito de Poi ea Rasa Loba" (excompoñentedos Herdeiros da Crus) estarána partires das 22.30 en concer-to no escenario montado noParque da Coelleira de Gondo-

mar.Pero non remata aquí a pro-

gramación de verán. Entre o18 e o 30 de agosto, a partiresdas 22.30 h., as parroquias po-

derán gozar dun pequeno ciclode nove proxeccións de cine-ma ao ar libre onde se presen-tarán nove películas de estrenodiferentes, unha en cada em-

 prazamento.E como peche das activida-

des no casco urbano neste ve-rán, o sábado 22 de Agosto a

 partires das 22.30 no escenariomontado no Parque da Coellei-

ra, terá lugar a II Edición doFestival Rock'no'Río'09. entreos grupos participantes estánconfirmados Moon Cresta,Blue Jeans, Ted Striker, ou In-logic… entre outros.

xente protesta pero ao final pou-co a pouco vaise diluindo. Gusta-riame voltar ao de antes, a char-lar, a tomar un viño sen siglas por diante. Se faláramos a nivel auto-

nómico de correntes ideolóxicasentón si porque decides o futurodunha sociedade. Pero a nivel lo-cal... somos persoas. Estaremosaqui un anos pero non te vas per-

 petuar. Ao sair estarás na rúa, econvivirás cos demáis, comosempre. Entón, para que pelexar-nos? Eu son moi autocrítico. Se

 penso que os obxectivos que me poño non os cumplo ou non meatopo a gusto non me importa di-cir "señores, aqui teñen as cha-ves" e marchar para casa.

Lamento o estado de crispa-ción que viviu Gondomar. Pre-tendo ser alcalde para todo o

mundo. As portas están abertas.

Xa pasou por aqui xente que esti-vo na manifestación e eu encan-tado de atendelos. Gustaríametransmitir unha mensaxe de tran-quilidade.

-Como quedaron as rela-cións co PPtendo en conta a si-

tuación despois da moción de

censura?

-Eu non pertencía a ningún partido político. Non teño carnéde ningún partido, vou nunha lis-ta. Espero que non haxa distan-ciamento porque eu penso cha-mar á porta de Xunta, Deputa-ción, como un concello máis e su-

 poño que me atenderán. Non de- bería de haber distanciamento.

-E os seus socios de gober-

no?

-Aínda non están fora do seu partido. Supoño que teñen derei-

to a recurrir. Están nesa fase. No

momento en que decidimos pre-sentar a moción e coller a maio-ría para empezar a gobernar. Eusempre fun moi claro con eles elles dixen: a partir de agora non

hai siglas políticas. A partir deagora ten que haber un equipo degoberno, doce persoas que o úni-co que nos interesa é Gondomar 

 polo que temos que traballar nunmesmo sentido. Reunirnos, facer 

 prioridades, non andar a pelexar.Se non fose así non me arriscabaa estar no punto de mira de nin-guén e recibir insultos. A idea égobernar e tirar para adiante.Que despois cando falten un oudous meses para as eleccións ca-da un queira posicionarse... é ló-xico. Mentras non haxa elec-cións no horizonte aqui temosque traballar todos no mesmo

sentido.

Música e teatro protagonizan o verán

cultural de Gondomar REDACCIÓN/ GONDOMAR

Días despois da moción con-tra o ex-alcalde do BNG Antón

Araúxo, presentada por seis dossete ex-concelleiros do PP, catrodo PSdeG-PSOE e o edil de Mo-ve Gondomar, o reparto das dife-rentes áreas de responsabilidademunicipal xa está pechada. Noreparto semella saír mellor para-da a formación que lidera Alfon-so de Lis xa que con menos con-celleirs acada igual número decompetencias. El mesmo farasecargo das concellerías de Urba-nismo e Patrimonio. Os ex-socia-listas, José C. Cabaleiro e Ma-nuel Gómez, encargaranse dasconcellarías de Limpeza, Seguri-dade e Medio Ambiente e a de Ví-as e Obras, respectivamente. Aconcelleira Teresa Pereira, taménex-militante socialista, asume adirección da área de Servizos So-ciais e de Muller. As concelleríasque corresponden aos ex-conce-lleiros do PP, ademais da alcaldía

 por Martín Urgal e Facenda por Carlos Silva, complétanse coaárea de Saneamento que pasa aser de José A. Rodríguez, e Igna-cio Troncoso que se ocupará deCultura, Relacións Veciñais eFestexos. As concelleiras NataliaSalgueiro e Elena Oliveira dirixi-rán os deportes. O líder de Move

Gondomar Manuel Núñez asu-me a relación cos medios, Turis-mo, Industria e Gobernación. Ta-mén pasa a ser o coordinador doexecutivo.

Os Carunchos.

Osábado 15 de Agosto, ás 22.30 na Praza da

Alameda haberá unha actuación dobre dedicada á

música tradicional: "Os Carunchos" e "Tanxedoras".

Os sete ‘ex’ do PP

ocuparán o mesmo

número de

concellerías que os

catro ‘ex’ do PSOE

8/8/2019 A PENEIRA do Val Miñor - Nº 18

http://slidepdf.com/reader/full/a-peneira-do-val-minor-no-18 8/8

Director: Guillermo Rodríguez Fdez.. Edita: EDICIÓNS A PENEIRA CONDADO S.A.Enderezo: Sarmiento Rivera, 17- Tel e Fax: 986 66 09 86 // 36 860 PONTEAREAS (Galiza) Coordinadora:Antón Fernández

Publicidade: Departamento propio - Impresión: Tameiga Publicacións /Mos - Tlf: 986 48 74 80 - Depósito Legal: OR/57/84

A Peneira

na Rede

 Este Xornal faise con papel reciclado

[email protected]

(ven da páxina 3)

A programación de veránde Baiona continúa o martes25 de agosto cunha "Noite deFado" a cargo da fadista por-tuguesa Raquel Peters (Prazado Concello ás 22:00 h.); odía 26 maís humor co mono-loguista "Micky McPanthon"(Praza do Concello ás 22:00h.); o día 27 haberá un concer-to de Gaitas" a cargo dos gai-teiros do Monte Boi e Amigos(Praza do Concello ás 23:00h.); o día 28 a Banda de Músi-

ca Municipal de Baiona cele-  brará un concerto de verán(Praza do Concello ás 22:00h.); o día 29 terá lugar un Fes-tival de Danza a cargo da Es-cola de Danza Vila de Baiona(Praza do Concello ás 22:00h.); o día 30 clausúrase a VIIIFeria de Artes Plásticas e ce-lébrase a Romaría Virxe daRocha cunha Sardiñada Cam-

  pestre para, posteriormente,gozar da actuación da Or-questra de Saxos de Redonde-la (Praza do Concello ás22:00 h.); o día 31 de agosto

remata o mes coa música me-xicana dos mariachis "Rayode Jalisco" (Praza do Conce-llo ás 22:00 h.).

Para setembro

O concello tamén adian-tou a información para o mesde setembro. O día 1 haberácine na rúa coa proxección da

 película “Hancock” (Praza doConcello ás 22:00 h.); o día 2terá lugar un espectáculo in-fantil coa representación de:“Home Orquestra” por TroulaAnimación (Praza do Conce-llo ás 22:00 h.); o día 3 máiscine de rúa coa película “Dique si” (Praza do Concello ás22:00 h.); o día 4 actuará omonologuista galego PepoSuevos (Praza do Concello ás22:00 h.); o día 5 celébrase oXIII Festival Folclórico Baí-ña 2009 (Praza do Concello ás20:00 h.); o día 6 un monólo-go a cargo do humorista Os-waldo Digón (Praza do Con-cello ás 22:00 h.); o día 12 ac-tuará o Coro de Homes “Vo-ces Baionesas” e a Coral deSan Sebastián (Praza do Con-cello ás 20:30 h.); para rema-

tar a programación deste mesde agosto os días 25 e 26 cel e-

  brarase a Romaría de SanCosme e San Damián.

 A.F.E./ GONDOMAR

Manter viva a tradición é undos elementos característicosda nosa terra. En toda a súa xe-ografía numerosas persoascontinúan a demostrar que má-lia a introducción de sons defóra aqui seguímonos divertin-do co noso. É o caso da charan-ga “Os Terribles de Donas” quelevan décadas levando alegríaa todos os recunchos de Galiza.Hai uns días presentaron o seu

  primeiro traballo discográficoque se editou grazas ao interesedemostrado polo anterior equi-

 po de goberno de Gondomar e a profesionalidade de Pai Músi-ca, unha das principais empre-sas musicais do país que ten,

  precisamente, o seu enderezonesta vila do Val Miñor.

Abrullido

O nome escollido para o CDde Gondomar foi toda unha ho-menaxe ao barrio de Donas on-de os antigos compoñentes da

  banda e os seus descendentes

decidiron hai anos unirse e on-de ensaian todos os xoves polatarde. E iso débese ao afán dafamilia Sousa por manter vivaunha tradición musical que xavai pola terceira xeración.

Dous fillos de Claudino, o fun-dador, Manuel e Jesús, tomarona testemuña, xunto co sobriñonetos Verónica e Xurxo, quecon 17 anos é o benxamín daagrupación. A eles sumouseJaime Estévez, que compón no-vos temas e levou a cabo o tra-

 ballo de lembrar as vellas me-lodías para pasalas a partitura.

Patrimonio inmaterial

A obra editada por Pai Mú-sica e gravada en Casa d e Tolosinclúe un libro escrito polo

 profesor Santiago Veloso. Erade xustiza que unha banda quetanto sonou en innumerablesacontecementos quedase re-xistrada nunha gravación paraque no futuro non quede no es-

quecemento unha mostra do  patrimonio inmaterial do ValMiñor.

E quen é un gran defensor de toda esta riqueza da culturagalega, o profesor do IES “Te-

rra de Turonio” Santiago Velo-so, non se quedou á marxe do

 proxecto, tendo en conta que éo autor dun libriño sobre a his-toria da charanga que se vende-rá xunto co disco compacto.

Os Terribles apúntanse asíás novas tecnoloxías, aquelasque no pasado lles foron des-

 prazando aos poucos, cando os  potentes amplificadores dosgrupos de verbenas empezarona provocar o esquecemento dascharangas e despois, nas últi-mas décadas, a música enlatadadas discotecas fixo que os in-térpretes deixasen de ser im-

 prescindibles.

Xira

O traballo presentouse en

Gondomar o día 24 de xullo eten xa reservadas varias datascomo o día 7 de agosto en Baio-na e mesmo fóra do país, en Pa-redes de Coura, para o vindeiromes de setembro.

Os terribles de Donas,

tradición viva en Gondomar 

Onome escollido para o CD de Gondomar foi toda

unha homenaxe ao barrio de Donas onde os

antigos compoñentes da banda e os seus descendentes

decidiron hai anos unirse e onde ensaian todos os xoves

 pola tarde.