A poesía das Irmandades da Fala. Escolma Noriega...

5
A poesía das Irmandades da Fala. Escolma Noriega Varela Diante dos que atruxan forte... Diante dos que atruxan forte me planto, i en verso escribo pra manifestar que vivo contento coa miña sorte. Vou velliño, son pastor, non me separo da serra, e, se é verdá que hai máis terra, dudo que seña mellor. Todo o que teño de meu é non cobiza-lo alleio; abóndame Dios do ceio que nunhas pallas naceu. Gardo a habenza do seu dono, mais eu son quen leva o ramo: ¡canté, se puidera o amo prender coma min no sono! Nunha chabola baixiña nacín, tras daquela pena; n'hai grileira tan pequena, pero, ¡que diabro!, é miña. Xa foi dos meus bisavós, ¡moi natural que alí viva! e, con todo que é cativa, inda ten seu ben de Dios. Se queredes visitala, abofellas me acomoda; n'hedes ver cousa que á moda deba un carto da alcabala. Escano pra me sentar, pubela para durmir, un candil pra me alumar e non hai máis que pedir. Quero o que moito convén prá salvación, i éme igual que as cosechas pinten mal ou que os froitos rendan ben. Toco esta frauta, de buxo, i a paz dos ermos alabo, porque cando a folga acabo naide ceiba un aturuxo. Ó ve-la neve no cume da Frouseira, xunto leña, e veña o inverno que veña descuido a carón do lume. E de vrau? ¡Quixera o rei de España, pró seu regalo, auga das fontes que calo, sombra das pravias que eu sei! Do ermo Teño amores na montaña Teño amores na montaña teño moza montañesa, que ma deparou un santo no turreiro dunha festa. Déronlle as rosas de maio roxa color prás meixelas, branca, volainiña branca, seique inda é máis que as folerpas, e de folerpos de neve penso que debeu ser feita, xa que o sol i as nordesías no ma logran ver morena. Teño amores na montaña, teño unha moza brañega, que, se cos ollos feitiza, o corazón me estonteia c'aquelas palabras doces, i aquelas surrisas meigas das nenas repinicadas, orgullo das cumes ermas. Miña santiña bonita, ¡Dios, que ma deu, ma defenda!, pois pra min non hai ceio, se non me caso con ela. ¡Heime casar!; os solteiros sempre andan nas malas lenguas, i eu quero vivir con honra, xa que non teño outra herencia. Heime casar, ¡non que logo!, i heime casar na aldea, miña nai, porque alí moran as poucas almas sinxelas, que sacan o pan da boca pra socorrer a pobreza. Despois buscarei casiña, unha casiña terrea con cortello, pra criar dous bacoriños da teta, ¡i a facer pares de zocas!, que se me canga, abofellas, mellor que escribir en verso na doce fala gallega. Do ermo A brétema A brétema, ¿tú sabes?, é ceguiña: os piñeirales pouco a pouco explora, e anda sempre descalza, e se se espiña, sangrar, non sangra; pero chorar, chora... Chora copiosamente a probresiña! como chorou Xesús, cal chora a aurora, e en mans do sol é cada lagrimiña derramada unha estrella brilladora... Lagrimiñas preciosas!, recollelas mil veces se me ocorre, pra con elas facer... (se xa non soño, ¿que eu faría?) ¿Unha sarta me pides? Lograreina, ¡como un rei a quixera pra unha reina!, como nunca se veu na xoiería. Do ermo

Transcript of A poesía das Irmandades da Fala. Escolma Noriega...

Page 1: A poesía das Irmandades da Fala. Escolma Noriega Varelagalegonoleliadoura.weebly.com/uploads/1/4/4/2/14421632/escolma... · Ó ve-la neve no cume da Frouseira, xunto leña, ... Unha

A poesía das Irmandades da Fala. Escolma

Noriega Varela

Diante dos que atruxan forte...Diante dos que atruxan forteme planto, i en verso escribopra manifestar que vivocontento coa miña sorte.

Vou velliño, son pastor,non me separo da serra,e, se é verdá que hai máis terra,dudo que seña mellor.

Todo o que teño de meué non cobiza-lo alleio;abóndame Dios do ceioque nunhas pallas naceu.

Gardo a habenza do seu dono,mais eu son quen leva o ramo:¡canté, se puidera o amoprender coma min no sono!

Nunha chabola baixiñanacín, tras daquela pena;n'hai grileira tan pequena,pero, ¡que diabro!, é miña.

Xa foi dos meus bisavós,¡moi natural que alí viva!e, con todo que é cativa,inda ten seu ben de Dios.

Se queredes visitala,abofellas me acomoda;n'hedes ver cousa que á modadeba un carto da alcabala.

Escano pra me sentar,pubela para durmir,un candil pra me alumare non hai máis que pedir.

Quero o que moito convénprá salvación, i éme igualque as cosechas pinten malou que os froitos rendan ben.

Toco esta frauta, de buxo,i a paz dos ermos alabo,porque cando a folga acabonaide ceiba un aturuxo.

Ó ve-la neve no cumeda Frouseira, xunto leña,e veña o inverno que veñadescuido a carón do lume.

E de vrau? ¡Quixera o reide España, pró seu regalo,auga das fontes que calo,sombra das pravias que eu sei!

Do ermo

Teño amores na montañaTeño amores na montañateño moza montañesa,que ma deparou un santono turreiro dunha festa.Déronlle as rosas de maioroxa color prás meixelas,branca, volainiña branca,seique inda é máis que as folerpas,e de folerpos de nevepenso que debeu ser feita,xa que o sol i as nordesíasno ma logran ver morena.Teño amores na montaña,teño unha moza brañega,que, se cos ollos feitiza,

o corazón me estonteiac'aquelas palabras doces,i aquelas surrisas meigasdas nenas repinicadas,orgullo das cumes ermas.Miña santiña bonita,¡Dios, que ma deu, ma defenda!,pois pra min non hai ceio,se non me caso con ela.¡Heime casar!; os solteirossempre andan nas malas lenguas,i eu quero vivir con honra,xa que non teño outra herencia.Heime casar, ¡non que logo!,i heime casar na aldea,

miña nai, porque alí moranas poucas almas sinxelas,que sacan o pan da bocapra socorrer a pobreza.Despois buscarei casiña,unha casiña terreacon cortello, pra criardous bacoriños da teta,¡i a facer pares de zocas!,que se me canga, abofellas,mellor que escribir en versona doce fala gallega.

Do ermo

A brétemaA brétema, ¿tú sabes?, é ceguiña:os piñeirales pouco a pouco explora,e anda sempre descalza, e se se espiña,sangrar, non sangra; pero chorar, chora...

Chora copiosamente a probresiña!como chorou Xesús, cal chora a aurora,e en mans do sol é cada lagrimiñaderramada unha estrella brilladora...

Lagrimiñas preciosas!, recollelasmil veces se me ocorre, pra con elasfacer... (se xa non soño, ¿que eu faría?)

¿Unha sarta me pides? Lograreina,¡como un rei a quixera pra unha reina!,como nunca se veu na xoiería.

Do ermo

Page 2: A poesía das Irmandades da Fala. Escolma Noriega Varelagalegonoleliadoura.weebly.com/uploads/1/4/4/2/14421632/escolma... · Ó ve-la neve no cume da Frouseira, xunto leña, ... Unha
Page 3: A poesía das Irmandades da Fala. Escolma Noriega Varelagalegonoleliadoura.weebly.com/uploads/1/4/4/2/14421632/escolma... · Ó ve-la neve no cume da Frouseira, xunto leña, ... Unha
Page 4: A poesía das Irmandades da Fala. Escolma Noriega Varelagalegonoleliadoura.weebly.com/uploads/1/4/4/2/14421632/escolma... · Ó ve-la neve no cume da Frouseira, xunto leña, ... Unha

Sono dourado(I)¡Ou meu sono labrego! Unha casiñapreto do río, ó abrigo dos pinales,con piorno e alboios nos curralese palleiros na eira e na curtiña.

Ó pé da casa un muíño cantareiroó son da lira de ágoa que enche o caño,baixo o maino agarimo dun castañoe os amorosos brazos dun cruceiro.

Todo ó longo da aberta do muíñotortas e vellas cepas de albariñocos asios mestos no bendito outono.

E un ferrado de terra por facendapra prantío e xardín, libre de renda,diesmo a Dios, sin foreiro nin máis dono.

(IV)Ás traicións e ás inxurias xordo e cegosobre todas as cousas deste mundoarrolar meu amor, nobre e profundo,á redención do escravo chan gallego.

E si un día felís contra a inxusticianos agros celtas o cramor se escoita,ser dos primeiros en abri a loitabaixo a santa bandeira de Galicia.

Seguila sempre, e lavar o ultraxedese feudal, sangrento vasallaxeque lle impón, contra lei, a irmán castela,

ou no aberto combate malferido,ó pé dun valo vello e frorecido,unha mañán de sol, morrer por ela!

¡Miserere!

Morre abafada a Galiciabaixo a pouta castelán:temos fame de xusticia;fame de lobos e de can.¡Probe de nós!¡Dios nos colla da súa man!

Saien os vapores cheos;nenos e homes que se van:cai o pedrizo dos ceose deixa arrasado o chan.¡Probe de nós!¡Dios nos colla da súa man!

Ó chegar ó Samartiñoos foreiros voltarán:ni-esquecerán o camiñoni-as rendas esquecerán.¡Probe de nós!¡Dios nos colla da súa man!

No-hai erbas pra darlle ó gandonin queda palla do vran:os automovis bruandocarretera adiante van¡Probe de nós!¡Dios nos colla da súa man!

Xuraron nas eleicciósfaguer a vida levián:ruben as contribuciós;o ano que vén dobrarán.¡Probe de nós!¡Dios nos colla da súa man!

A corenta reás o milloe non se atopa ni-un gran:eles... dándolle ó sarillo,faguendo como que fan,¡Probe de nós!¡Dios nos colla da súa man!

Temos frío nos osose no-hai follato nin lan:choran os fill iños nosospedindo quentura e pan¡Probe de nós!¡Dios nos colla da súa man!

¡Temos frío! ¡Temos medode erguer o sacho na man!¡Bebemos o viño acedoe xa a sangre é solimán!¡Probe de nós!¡Probe dos probes sin pan!¡Dios nos colla da súa man!

Poema descritivo que segue o tópico do “beatus ille” ao facer unha descrición dos beneficios da vida na natureza máis pura. O campo é descrito cun ton combativo e comprometido co fin de se ver, nun futuro, libre da escravitude e de Castela

Poema comprometido e combativo en que o autor nos sinala os problemas do agro e da emigración. Contrapón Galicia con España (vv. 1-2) e o labrego co fidalgo. Repárese nas exclamacións e na reiteración do refrán. A través delas vemos o poeta exaltado e irónico.

Lume no pazo

Prendéu lume no pazo.

A roxa labaradaalumea a campía.

Atronan as campanaso val.

Quentan o aireespesas bufaradasde fume.

Corre a xente,berrando, atolondrada.

Ó arde-lo cume, as tellasenroxecen e estalan.

Caien, cruxindo as vigase o lume ás catro bandasenvolve a torre.

Muxende medo os bois nas coadras.

A xente rube ó adropra ver onde é a desgraciae, ó mirar cara ó pazo,detense amontoada.

Érguense as mans ó ceoe sanguiñenta, tráxica,refréxase nos ollosa roxa labarada.

E un velliño, moi vello,de guedelliñas brancas,que vive de milagre,xantando cando xanta,vestido de farrapose durmindo onde cadra,-todo por mor dun preitode rendas atrasadas,no que os donos do pazodeixárono sin nada-,ollando cara ó lumerise, barulla e falade ir busca-lo gaiteiropara que toque a gaita!

Poesía prosaica descritiva e narrativa, centrada no agrarismo. Repárese nas sinestesias visuais e auditivas dos primeiros versos. Divídese claramente en dúas partes ben diferenciadas.

Page 5: A poesía das Irmandades da Fala. Escolma Noriega Varelagalegonoleliadoura.weebly.com/uploads/1/4/4/2/14421632/escolma... · Ó ve-la neve no cume da Frouseira, xunto leña, ... Unha

A princesa roiba

Reza un merlo no soutofrorido de cereixosrelixioso ofertorioduns místicos amores.Pasa un vento de bicosque vai buscando beixos,como enxame de abellasque vai buscando frores.

Fío a fío debullasúa madeixa a fontebarbullando chorosao verso lexendariodo Paxe do casteloaforcado na Pontee da Reina encantadano pazo solitario.

Nas follas dos salgueirospelexas e chilidos.Un trasno luxuriosoestala en gargalladasollando, sobre o espellodas augas, os despidoscorpos, cristal e neve,dun fato de driadas.

Nos cálices das rosashai comunión de orballo.Mentras no rexio alcázarxunta o valeiro tronopor ela espera a corte,á sombra dun carballotexe a Princesa roibaun encaixe de sono.

A Basilio Álvarez

¡Sementador! O trigo dos veiralesmostra as espigas mestas e douradas,i as segadoras fouces, afiadas,teñen tráxico brilo de puñales.

O teu verbo, estalante nos pinales,troca, ó chegar ás chouzas das valgadas,os salaios das gorxas abafadasen ruxidos guerreiros e triunfales.

A aldéa erguéuse co craror da auroraagardando a siñal, e non sosegaen axexo da loita vingadora.

¡Xa a lus do sol do mediodía cega,sementador! ¡Sementador, xa é horade da-lo berro e comenza-la sega!

Soneto cívico exaltado e centrado no agrarismo e na loita (metaforicamente “sega”) dun pobo unido. Vai dedicado ao fundador e líder de Acción Gallega, Basilio Álvarez, denominado metaforicamente “sementador”.

A rosa derradeira

¡Oh! coidador dese xardín vizosoonde as froles relocen; ¿por quetraballas? Eu tamén no verde mantodas ilusións bordei tolo e ansioso.

Deixei o corazón agarimosona fontenla beber do amor, do santoamor que entoa paseniño o cantode arrescendente frolecer ditoso.

Pro ti, amante do xardín, non sabescomo chegou a pouta treizoeirado triste outono fungador, i-as chaves

na outura despechou da neboeira;i-entrando no meu peito as negras avesarrincaron a rosa derradeira.

Gonzalo López Abente

Gandareira

Na terra de Nemancos,miña terra natal,unha gándara esquiva,despoboaba e chan,con dous carballos tortose tres pinos irmáns.Inverno, frío e brétema,nun tristeiro seráne un ventiño molladoque vén do vendaval.As toxeiras cativas,desmedradas asaz,abalan quedamentenaquela soedáque agariman os brúosdo lonxaneiro mar.Unha vereda brancapor ela un home a andar,e sete corvos negrosbatendo as negras ás,agoirantes e ferosa voar e a voar.

Gonzalo López Abente, Nemancos (1929)

Os dous ramallos

Na beira do carreiroen onde baixa o escairo pró camiñonaceron dous ramallos: un de espiñoe outro de ameneiro.

O carreiro esvaraba,e todo o que pasaba,pra baixar ó camiñobotaba as mans ó humilde ramalliñoe ó de espiño ninguén, porque espiñaba.E foi así moi diferente a sortedos ramallos da beira do carreiro:murchouse o ramalliño de ameneiroe criouse o de espiño rexo e forte.

Xosé Crecente Vega, Codeseira (1933)

Poema con influencias modernistas e cunha certa ambientación exótica

Brúa o mar

A flor de inverno é de neve, o azul do ceo, embazado:ña Mai-Terra aterecida ten un canto amargurado.

Brúa o mar! As ardentías escáchanse nas rompentes,i os cons afoutos agachan as súas cristas valentes.

Xeme o salgueiro dolente sob o beixo da xeada,i un alongado lamento baixa do castro á valgada.

Brúa o mar! As furibundas olas, en inxente traza,érguense outas e soberbas nunha espantosa ameaza.

A forteza do carballo esmorece ca friaxe,nos cumios ispidos prende a tristura da paisaxe.

Brúa o mar! Cada bruído é unha cega imprecación,cada ola que se desfai, un berro de maldición.

Pola terra andan as almas a padecer i a chorar;mais nos cantís e nas furnas, cons e barras brúa o mar.

Brúa o mar! Rouco, arrabiado, nunha tolemia abraiante,a inmensidade é unha luita tremebunda e arrepiante.

Vitoriano Taibo