A situación das mulleres galegas
Transcript of A situación das mulleres galegas
![Page 1: A situación das mulleres galegas](https://reader034.fdocuments.es/reader034/viewer/2022051101/588365081a28ab536b8b5257/html5/thumbnails/1.jpg)
A SITUACIÓN DAS MULLERES GALEGAS
≠CREA8DEMARZO
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
![Page 2: A situación das mulleres galegas](https://reader034.fdocuments.es/reader034/viewer/2022051101/588365081a28ab536b8b5257/html5/thumbnails/2.jpg)
UNHA MULLER TEN QUE TRABALLAR 11 ANOS MÁIS QUE UN HOME PARA PERCIBIR A MESMA PENSIÓN.
As traballadoras galegas perciben 5.332 euros menos de salario que os homes.
![Page 3: A situación das mulleres galegas](https://reader034.fdocuments.es/reader034/viewer/2022051101/588365081a28ab536b8b5257/html5/thumbnails/3.jpg)
A fenda salarial no noso país é do 24,7%. As diferenzas salariais entre homes e mulleres aumentaron após o estourido da crise económica en 2008. Así o reflicte o estudo publicado por UGT e intitulado 'Traballar igual cobrar igual'.
![Page 4: A situación das mulleres galegas](https://reader034.fdocuments.es/reader034/viewer/2022051101/588365081a28ab536b8b5257/html5/thumbnails/4.jpg)
Este feito obriga ás mulleres a traballar 80 días máis cada ano para obteren a mesma remuneración económica que os varóns e a prolongar a súa vida laboral durante 11 anos máis que eles para percibir a mesma pensión de xubilación. Destarte, mentres unha muller precisa 46 anos e medio de cotización, un home precisa tan só 35.
![Page 5: A situación das mulleres galegas](https://reader034.fdocuments.es/reader034/viewer/2022051101/588365081a28ab536b8b5257/html5/thumbnails/5.jpg)
A combinación de crise e desigualdade tradúcese en “menos mulleres traballadoras” – as taxas de desemprego atinxen máis a elas – e unha “maior fenda salarial”.
![Page 6: A situación das mulleres galegas](https://reader034.fdocuments.es/reader034/viewer/2022051101/588365081a28ab536b8b5257/html5/thumbnails/6.jpg)
A precariedade laboral agrava a tendencia. Neste senso as traballadoras con contrato a tempo parcial atinxe o 75 % das mulleres no conxunto do Estado español. No seu caso “nunca perciben salarios que superen os 11 mil euros brutos ao ano”, afirman desde UGT.
![Page 7: A situación das mulleres galegas](https://reader034.fdocuments.es/reader034/viewer/2022051101/588365081a28ab536b8b5257/html5/thumbnails/7.jpg)
Por sectores, a fenda salarial faise máis grande no ámbito científico. Actividades adiministrativas e auxiliares e actividades sanitarias e servizos sociais, onde a diferenza dos salarios supera o 30 % a nivel estatal.
AS MULLERES TEÑEN QUE TRABALLAR 85 MÁIS AO ANO PARA CONSEGUIR O MESMO SALARIO
A fenda salarial aumentou dous puntos desde que comezou a crise
![Page 8: A situación das mulleres galegas](https://reader034.fdocuments.es/reader034/viewer/2022051101/588365081a28ab536b8b5257/html5/thumbnails/8.jpg)
As traballadoras galegas perciben o 23,4% menos que os seus compañeiros homes, unha diferenza que se agranda canto maior é a estabilidade laboral.
As mulleres cobran menos que os homes polo simple feito de seren mulleres. No concreto, perciben un salario o 23,4% menor obrigándoas a traballar 9 anos máis que un varón se queren obter pensión máxima após xubilárense.
![Page 9: A situación das mulleres galegas](https://reader034.fdocuments.es/reader034/viewer/2022051101/588365081a28ab536b8b5257/html5/thumbnails/9.jpg)
O salario dunha traballadora no noso país supón o 11,6% menos do que a media do estado situándose Galiza como o cuarto territorio cos salarios --para elas-- máis baixos. Asemade, de acordo co ritmo no que mingua a fenda entre os salarios das mulleres e os homes, "habería que agardar 70 anos para conseguir a igualdade de remuneración" que fixa a normativa internacional.
![Page 10: A situación das mulleres galegas](https://reader034.fdocuments.es/reader034/viewer/2022051101/588365081a28ab536b8b5257/html5/thumbnails/10.jpg)
Esta realidade non muda en función da modalidade contractual. Neste senso, canto maior é a estabilidade laboral, maior é a diferenza entre os salarios dos homes e das mulleres pasando do 13,7% naqueles contratos temporais ao 24,8% nos indefinidos. A diferenza mantense en todas as faixas de idade e reverte, consecuentemente, na contía das prestacións sociais e tamén nas pensións abocándoas a elas a menores ingresos que os homes cando fican sen traballo ou deixan de traballar.
![Page 11: A situación das mulleres galegas](https://reader034.fdocuments.es/reader034/viewer/2022051101/588365081a28ab536b8b5257/html5/thumbnails/11.jpg)
MÁIS DATOS SIGNIFICATIVOS:
A división sexual do traballo aboca ás mulleres ao papel de coidadoras.
Un 84 % das mulleres fronte ao 16 % dos homes deixan de traballar após un ano de ser nais.
![Page 12: A situación das mulleres galegas](https://reader034.fdocuments.es/reader034/viewer/2022051101/588365081a28ab536b8b5257/html5/thumbnails/12.jpg)
MOCIDADE: A FENDA SALARIAL ENTRE MULLERES E HOMES É DE 1.700 €
A media dos salarios d@s moz@s galeg@s entre 16 e 29 anos é de 9.463 euros/ano. Mais se 'debullamos' a arroba, os números mostran a fenda existente en razón de xénero mesmo no que atinxe ao mercado laboral da mocidade. Así, os mozos teñen un soldo por riba dos 10.300 euros. O das mozas fica nos 8.600. Así pois, 1.700 euros de diferenza entre os ingresos dun home e unha muller en idades entre 16 e 29 anos no mercado laboral galego.
![Page 13: A situación das mulleres galegas](https://reader034.fdocuments.es/reader034/viewer/2022051101/588365081a28ab536b8b5257/html5/thumbnails/13.jpg)
DESIGUAIS ATÉ NO DESEMPREGO
Unha diferenza aínda maior en determinados sectores, como os do comercio, a industria, as actividades financeiras ou os medios de comunicación, onde os salarios femininos supoñen apenas o 70% dos masculinos. Outrosí sucede coas prestacións de desemprego, apenas o 82% das percibidas polos home.
![Page 14: A situación das mulleres galegas](https://reader034.fdocuments.es/reader034/viewer/2022051101/588365081a28ab536b8b5257/html5/thumbnails/14.jpg)