ABC de BIO

10
1 É un comercio de ámbito nacional e de pequeno tamaño xa que existe un só supermercado, e aínda que realizan pedidos a distancia, só existe unha tenda que está en Vigo. Atópase na rúa Padre don Rúa 2, baixo-Vigo (Pontevedra). Segundo os factores de localización, podemos dicir que a localización está determinada pola proximidade ás áreas urbanas e con isto, atraer a máis clientes. É unha S.L con dous traballadores e dous xefes. A procedencia do seu capital é a través de financiacións, con préstamos. Esta tenda pertence ao sector terciario e dentro deste pertence ao subsector dos servizos dedicados ás persoas xa que se adican a vender produtos ecolóxicos aos clientes. Na visita a esta tenda, estivemos facéndolles as seguintes preguntas: -Que factores produtivos precisades para o proceso de produción (así como os recursos naturais, traballo e o capital)? Nesta empresa non producen, compran os produtos a outras empresas e despóis os venden. -Que métodos utilizades para aumentar a produtividade ou incrementar as ventas? Publicitan moito a tenda, tanto con anuncios televisivos como con folletos anunciativos. -Que tipo de contratos elaborades para garantir a estabilidade laboral dos traballadores? A maioría son contratos indefinidos salvo por algúns pequenos de obra. -Cal é o convenio colectivo que regula as condicións dos traballadores do sector? O convenio colectivo é o sector de comercio e alimentación.

description

ABC de BIO

Transcript of ABC de BIO

Page 1: ABC de BIO

1

É un comercio de ámbito nacional e de pequeno tamaño xa que existe un só supermercado, e aínda que realizan pedidos a distancia, só existe unha tenda que está en Vigo. Atópase na rúa Padre don Rúa 2, baixo-Vigo (Pontevedra). Segundo os factores de localización, podemos dicir que a localización está determinada pola proximidade ás áreas urbanas e con isto, atraer a máis clientes. É unha S.L con dous traballadores e dous xefes. A procedencia do seu capital é a través de financiacións, con préstamos.

Esta tenda pertence ao sector terciario e dentro deste pertence ao subsector dos servizos dedicados ás persoas xa que se adican a vender produtos ecolóxicos aos clientes.

Na visita a esta tenda, estivemos facéndolles as seguintes preguntas:

-Que factores produtivos precisades para o proceso de produción (así como os recursos naturais, traballo e o capital)?

Nesta empresa non producen, compran os produtos a outras empresas e despóis os venden.

-Que métodos utilizades para aumentar a produtividade ou incrementar as ventas?

Publicitan moito a tenda, tanto con anuncios televisivos como con folletos anunciativos.

-Que tipo de contratos elaborades para garantir a estabilidade laboral dos traballadores?

A maioría son contratos indefinidos salvo por algúns pequenos de obra.

-Cal é o convenio colectivo que regula as condicións dos traballadores do sector?

O convenio colectivo é o sector de comercio e alimentación.

-Este comercio ten relacións con outras empresas ou comercios?

Non ten ningún vínculo con outro comercio ou empresa.

-Cal é a situación actual do comercio?

Neste momento, é unha soa tenda de pequeno tamaño pero teñen moitos proxectos e queren ampliala con máis tendas en distintos lugares da península.

-Cales son os produtos que máis vendedes?

Especialmente os produtos frescos, e dentro destes, a froita e a verdura.

- Como surxiu a idea de facer unha tenda de produtos ecolóxicos? Hai máis na cidade?

A idea surxiu a partir dun acontecemento que lles ocorreu aos dous xefes da tenda, xa que un era alérxico á lactosa e por iso non podía comer certos alimentos, pero nos supermercados normais, os produtos que vendían para estes casos non eran cen por cen fiables xa que tiñan máis ingredientes dos que aparentaban a primeira vista. Isto levounos a investigar sobre estes

Page 2: ABC de BIO

2

alimentos e ocorréuselles a idea de crear o seu propio supermercado con produtos reais e leais a súa descrición para que outra xente que se vira na mesma situación tivera a opción de poder comprar os alimentos que necesitara.

Hai mais tendas ecolóxicas en Vigo, pero non son da mesma compañía.

-Na web vimos que fanse pedidos pola península. Isto vai ben?

A maioría dos pedidos fanse na provincia de Pontevedra porque no exterior non se realiza a suficiente publicidade, aínda así, reciben pedidos de todos os lugares da península.

-Credes que máis xente debería comprar os vosos produtos ou os clientes que tedes son abundantes?

Cremos que canta máis xente os merque mellor, pero non por os beneficios que se obteñen, se non porque é moito máis sano para os clientes alimentarse con produtos ecolóxicos e naturais e ademais o número de clientes que temos aumenta co paso do tempo.

-Considerades que tedes competencia con outras tendas?

Non hai competencia. Axudámonos unhas a outras.

-Tedes pensado ampliar o comercio nun futuro?

Sí, temos pensado ampliar o supermercado nun futuro.

-Compénsavos a venta de produtos ecolóxicos, cando hoxe en día son máis caros e teñen menos éxito?

Hai beneficio, aínda que non é tan grande como noutras tendas, sen embargo, o máis importante é a ética e o facemos sobre todo por iso máis que polo diñeiro.

-En que ano fundouse a empresa? Que vos levou a esta idea?

Fundouse en 2013. Impulsouse sobre todo pola ética e pola anécdota sucedida aos nosos xefes.

-De cantos empregados componse ABC de BIO?

Os xefes, que son dous socios. Aparte, tamén contan con outros tres traballadores.

-Con que obxectivo traballades con comercio xusto e produtos ecolóxicos?

Os produtos son de mellor calidade, aínda que a ética tamén é importante neste aspecto, queremos mellorar a alimentación da sociedade e cremos que esta é unha das mellores maneiras.

-Como levades a cabo a compra – venta de produtos?

Intentamos comprar os produtos en Vigo sempre que é posible, sempre con empresas transparentes, aínda que hai varios alimentos procedentes de Finestra, unha empresa italiana.

Page 3: ABC de BIO

-Como comprobades que os produtos son 100% ecolóxicos?

Teñen un sello ecolóxico co nome da comunidade autónoma que serve para verificar a autenticidade do produtos.

SELLO ECOLÓXICO

-Cal é o voso obxectivo?

Crecer como unha empresa e axudar a xente a mellorar a súa alimentación.

-Cales son as características máis salientables que destacaríades do voso mercado?

A transparencia, a ética que seguimos e a responsabilidade que temos en canto aos ingredientes dos alimentos.

Page 4: ABC de BIO

BIBLIOGRAFÍA Toda a nosa información que incluímos nos documendos previos a este, a obtimos da páxina web da tenda: http://www.abcdebio.es/O resto dos datos os conseguimos interrogando a dous empregados do local entre os que compre destacar a Alba, que contactou con nós e nos deu prácticamente todas as respostas ás nosas cuestións.

Page 5: ABC de BIO

Cando entrevistamos aos traballadores sacamos algunhas fotos, aquí asdeixamos

DIFERENZA ENTRE PRODUTOSECOLÓXICOS E NATURAIS

ABC de BIO

Page 6: ABC de BIO

4

Algúns dos produtos que venden: Auga salgada, herbas, especias, arroz con amorodos, Camu camu, leite fresca, produtos naturais para o pelo.

Page 7: ABC de BIO

5

Nós con dous dos empregados de ABC de BIO.

Santiago Barca Fernández Nº3

Mario Carballido Alonso Nº8

Verónica Ramil Álvarez Nº25

Cloe Vila Gómez Nº31